Livro de Tristan e Livro de Merlin. Estudio, edición, notas e glosario.

Pilar Lorenzo Gradín, José António Souto Cabo (coords.)

Recolle este volume a edición, paleográfica e crítica, dos fragmentos do Livro de Tristan galego e do Livro de Merlin portugués, ambos datados no século XIV. Consta dun estudo introductorio que dá conta do cultivo e difusión da materia bretona no occidente peninsular, e dunha análise literaria na que, partindo das fontes francesas, se tenta establecer a canle de transmisión dos romans de oïl polo noroeste ibérico. O estudo dos textos complétase cun elenco de personaxes e lugares mencionados nas narracións tristaniana e merlinesca, cunha nota lingüística e cun glosario de voces (aspectos, estes últimos, que axudan a situar xeográfica e cronoloxicamente as versións do Tristan e do Merlin).