Maria Balteira, a Woman Crusader to Outremer

Esther Corral Díaz

A viaxe a Ultramar forma parte dun ciclo, ao que alude un conxunto de composicións e que teñen como antecedentes as chanson de croisade/cansó de crozada ultrapireinaicas, no que non se incita á cruzada, senón que se critica aos falsos peregrinos que din participar nestas travesías. A famosa soldadeira Maria Balteira, sobre a que tamén xira unha serie de composicións, será deostada pola súa suposta peregrinación en dúas cantigas de escarnio de dous poetas que viven na corte de Alfonso X, Peroda Ponte e P. Amigo de Sevilla. Analízanse estes textos e a figura literaria de Maria Balteira, desde a posible documentación histórica que podería reflectir a súa existencia real, e tendo en conta as cantigas que fan referencia a esta personaxe.