
No volume establécese o corpus lírico do trobador portugués don Afonso Sanchez (ca. 1289-1328), fillo bastardo e favorito de don Denis de Portugal, seguindo os procedementos críticos vixentes para a literatura románica medieval. A fixación dos textos fai acompañada por un completo estudo biográfico do autor e da súa época, por unha detallada análise literaria das súas cantigas e por una exhaustiva anotación filolóxica delas, que se engloban nos tres grandes xéneros líricos: cantiga de amor, cantiga de amigo e cantiga de escarnio. Don Afonso Sanchez debate, ademais, nunha singular tensó co tamén trobador Vasco Martins de Resende, do que tamén se trazan as coordenadas biográficas.