
O Códice de Florencia das Cantigas de Santa María (B.R. 20). Transcrición Paleográfica
O primeiro volume da serie ArGaMed presenta a transcrición paleográfica do Manuscrito de Florencia das Cantigas de Santa Maria (Biblioteca Nazionale Centrale, Banco Rari 20). A edición vai precedida dunha presentación do estado do manuscrito na actualidade, dos criterios que guiaron esta opción editorial e dos criterios de edición.