Orden y desorden en el cancionero gallego-portugués B

Pilar Lorenzo Gradín

Os apógrafos italianos B e V ofrecen a partir dun determinado momento unha alteración significativa na disposición de xéneros e autores, alteración que pode ser aproveitada para comprender os diversos niveis que se superpuxeron no devir da tradición manuscrita galego-portuguesa. Neste caso, a contribución céntrase na análise codicolóxica dun sector do cancioneiro B, en concreto no que recolle a produción de Martin Soarez (ca. 1200-1260), trobador ao que a crítica considerara como un dos integrantes do arquetipo da tradición. Se ben a maior parte da súa produción poética corrobora dita afirmación, os seus textos satíricos presentan unha transmisión manuscrita pouco lineal. O noso estudo achega unha serie de probas encamiñadas a demostrar que as cantigas de escarnio e maldizer do trobador portugués ofrecen unha estratigrafía en tres niveis, o que testemuña a heteroxeneidade de fontes e compiladores que confluíron no denominado subarquetipo α (ca. 1325-1350).