Traducción al castellano de las Cantigas de Santa María de Alfonso X El Sabio

Elvira Fidalgo Francisco

A tradución das cantigas de Santa María que aquí se ofrece responde unicamente o desexo de facilitar a comprensión dunhas composicións cuxo sentido puidese resistirse a aqueles lectores que non están habituados á lectura dun texto en galego no seu estadio medieval, polo que se primou o sentido do relato sobre a musicalidade das estrofas alfonsinas. Por iso preséntase unha tradución en prosa, aínda que se tentaron marcar as secuencias correspondentes aos versos que se sinalan con barras oblicuas (/), a repartición do contido polas estrofas correspondentes e destacouse o refrán con letra cursiva. A tradución foi feita respectando no posible o texto da cantiga.