Variación gráfica na lírica profana galego-portuguesa: T vs. BV

Helena Bermúdez Sabel

Esta breve contribución presenta un estudo de caso moi específico en que se constata a variación gráfica existente entre o Pergaminho Sharrer (T) e os códices da rama italiana da tradición, é dicir, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B) e o Cancioneiro da Vaticana (V). O obxectivo desta achega é a xustificación metodolóxica da colación para o estudo das particularidades gráficas dun testemuño. A comparación e análise presentadas foron realizadas a través de métodos computacionais.