
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos. Imaxes, textos e contextos
Obxectivos e competencias
Os obxectivos resumidos do título son os seguintes:
- Proporcionar un panorama plural e integrador da cultura europea medieval.
- Capacitar os estudantes para establecer relacións recíprocas entre os principais eixes que configuran o Máster: histórico, artístico e lingüístico-literario.
- Facilitar que o alumnado adquira un coñecemento completo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos medievais.
- Incidir no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos medievais.
- Formar investigadores que contribúan ao desenvolvemento cultural europeo a través da interpretación crítica e da correcta transmisión do patrimonio cultural medieval.
- Contribuír ao desenvolvemento cultural de Galicia mediante a correcta valorización, interpretación e contextualización do legado medieval que posúe.
Deseguido, recóllense os obxectivos ampliados (extracto traducido da epígrafe 3º da Memoria para a solicitude de verificación do título):
Conforme ao disposto na Lei 3/2007 de 22 de marzo, os obxectivos xerais do Máster definíronse tendo en conta os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, os principios de igualdade de oportunidades e accesibilidade universal das persoas con discapacidade (Lei 51/2003 do 2 de decembro) e os valores propios dunha cultura da paz e democráticos (Lei 27/2005 de 30 de novembro).
Así mesmo, consideráronse os obxectivos xerais sinalados nos Descritores de Dublín, incluídos no MECES (Marco Español de Cualifaciones para la Educación Superior), que enuncian as cualificacións xerais que o estudantado debe conseguir ao finalizar cada un dos ciclos da nova estrutura dos estudos de Educación Superior:
- DD1: Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- DD2: Aplicación de coñecementos e comprensión a través de capacidades de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares.
- DD3: Capacidade de emitir xuízos, integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información incompleta.
- DD4: Capacidade de comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados.
- DD5: Habilidades de aprendizaxe: estudar dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Segundo os principios apuntados, os principais obxectivos do Máster proposto son os seguintes:
- Ofrecer unha visión plural e integradora da cultura europea medieval nas súas diversas manifestacións (DD1, DD2).
- Capacitar os estudantes para establecer relacións recíprocas entre os principais eixes que configuran o Máster: histórico, artístico e lingüístico-literario (DD2, DD3, DD5).
- Capacitar os alumnos para que adquiran un coñecemento exhaustivo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos medievais (DD1, DD2, DD5).
- Proporcionar aos estudantes os fundamentos metodolóxicos e críticos que lles permitan acceder ao exercicio da actividade investigadora cunha formación versátil e interdisciplinar (DD1, DD2, DD3, DD4, DD5).
- Capacitar o alumnado no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos medievais, así como indicar a súa utilidade na práctica investigadora e na divulgación do patrimonio cultural (DD1, DD2, DD5).
- Dotar os estudantes das destrezas fundamentais para aproveitar e aplicar os coñecementos adquiridos á correcta interpretación e difusión do legado cultural medieval (DD1, DD2, DD5).
- Capacitar os estudantes para abrir vías de investigación novas no ámbito dos estudos medievais (DD3, DD4).
- Facer posible que os estudantes cos seus traballos de investigación contribúan ao desenvolvemento cultural europeo a través da interpretación crítica e a correcta transmisión do patrimonio cultural medieval nas súas diversas manifestacións (DD3, DD4, DD5).
- Contribuír ao desenvolvemento cultural de Galiza mediante a correcta valorización, interpretación e contextualización do legado medieval que posúe (DD3, DD4, DD5).
3.1 Competencias xerais e específicas que os estudantes deben adquirir durante os seus estudos, e que serán exixibles para outorgar o título. As competencias propostas deben ser avaliables. Deberán terse en conta os principios recollidos no artigo 3.5 deste real decreto.
- CX1: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo;
- CX2: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
- CX3: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
- CX4: Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar progresando na súa formación dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo;
- CX5: Que os estudantes sexan capaces de estableceren as pertinentes interrelacións entre as diversas disciplinas que integran o Máster;
- CX6: Que os estudantes posúan habilidade comunicativa oral e escrita na difusión do patrimonio europeo medieval;
- CX7: Que os alumnos saiban aplicar as ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas propias dos estudos medievais;
- CX8: Que os alumnos teñan capacidade de síntese e análise na exposición dos contidos;
- CX9: Que os estudantes sexan capaces de aplicar o xuízo crítico no dominio da bibliografía xenérica e específica relativa ao ámbito dos estudos medievais;
- CX10: Que os estudantes posúan as destrezas fundamentais para aplicar os coñecementos adquiridos á valoración e difusión do patrimonio europeo medieval.
Competencias específicas:
- CE1: Adquisición de coñecementos precisos sobre fenómenos relativos aos cambios históricos, artísticos e literarios producidos en Europa durante o período medieval.
- CE2: Capacidade para situar en sincronía e diacronía os fenómenos sociais, estéticos e económicos dentro do contexto da Europa medieval, con xuízo para discernir as analoxías e diferenzas que se producen nas diversas zonas obxecto de estudo.
- CE3: Capacidade para propor alternativas viables a cuestións problemáticas relativas á investigación no patrimonio medieval europeo.
- CE4: Capacidade para elaborar un discurso histórico, artístico e/ou filolóxico de tipo crítico en calquera ámbito da docencia ou da investigación.
- CE5: Aptitude para promover iniciativas investigadoras que dinamicen a nivel social a valoración do patrimonio cultural medieval.
- CE6: Capacidade para dirixir equipos humanos con intereses académicos e investigadores na cultura medieval e a súa difusión.
- CE7: Habilidade para realizar propostas novas no ámbito da conservación e interpretación do patrimonio cultural medieval nas súas diversas manifestacións.
- CE8: Dominio da terminoloxía específica aplicada á investigación nos estudos medievais.
- CE9: Manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao ámbito investigador dos estudos medievais.
- CE10: Capacidade para establecer a relevancia e prioridade de cuestións e problemas que xurdan durante o exercicio da actividade investigadora.
- CE11: Facer posible que os estudantes coas súas investigacións contribúan ao desenvolvemento cultural europeo a través da correcta interpretación e transmisión do patrimonio medieval nas súas diversas manifestacións culturais.
- CE12: Contribuír de modo especial ao desenvolvemento de Galiza mediante a correcta valorización, interpretación e contextualización do legado cultural medieval que posúe.
3.2 Garantiranse, como mínimo, as seguintes competencias básicas, no caso do Doutoramento, e aqueloutras que figuren no Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior, MECES:
- Que os estudantes demostren unha comprensión sistemática dun campo de estudo e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con devandito campo;
- Que os estudantes demostren a capacidade de concibir, deseñar, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade;
- Que os estudantes realicen unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, do que parte mereza a publicación referenciada nacional ou internacionalmente;
- Que os estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas;
- Que os estudantes saiban comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral acerca das súas áreas de coñecemento;
- Que se lles supoña capaces de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento;
- Que os estudantes demostren ao longo da investigación capacidade para establecer relacións mutuas entre os tres eixes principais que configuran o programa: histórico, artístico e lingüístico-literario;
- Que sexan capaces de relacionar a cultura medieval coa doutros períodos históricos;
- Que sexan capaces de abrir vías de especialización novas no ámbito dos estudos medievais;
- Que a súa formación avanzada contribúa ao desenvolvemento cultural europeo a través da correcta transmisión e interpretación crítica do patrimonio histórico e cultural da Idade Media europea.