O volume Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica, coordinado por Mariña Arbor, ofrece unha descrición da lírica profana galego-portuguesa situándoa nas súas coordenadas histórico-políticas e culturais, ofrécese unha selección de textos das orixes acompañadas de tradución ao galego moderno, fornécese un estudo sobre a música destes textos e achégase unha reportaxe fotográfica (artística) da área na que se iniciou o cultivo desta poesía.
A publicación é resultado do proxecto de investigación Patrimonio cultural de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal: Valoración e Innovación (GEOARPAD III-PILOTO 1-LÍRICA). Más información