O alumnado pode solicitar nos prazos establecidos ou posteriormente, de concorrer causas imprevisibles e sobrevidas, a dispensa de asistencia a clase, mediante unha solicitude motivada e acreditada.
As causas para a solicitude da dispensa ás clases son:
a) Enfermidade grave ou tratamentos médicos inaprazables que impidan a presenza do/da estudante no centro. Esta circunstancia deberá estar acreditada polo servizo de saúde.
b) Embarazo de alto risco, ter menores a cargo de ata 3 anos de idade e coidado de persoas dependentes a cargo ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade, debidamente acreditados.
c) Prestación de servizos por conta allea ou por conta propia debidamente acreditada (alta no Réxime Xeral ou no de Autónomos da Seguridade Social, copia do contrato de traballo ou dos encargos a realizar, copia do recibo de pago da última cotización).
d) Situación de acoso, violencia de xénero ou similar así como supostos de adopción de medidas cautelares ditadas en procesos xudiciais e expedientes disciplinarios.
e) Calquera causa de forza maior debidamente acreditada a xuízo da Xunta de centro ou comisión competente.
f) Estudantado con necesidades educativas especiais solicitando a adaptación do sistema de avaliación.