Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Salón de Actos
José M. Cotos, Jose A. Taboada

O experto José M. Martínez Torres imparte o 8 de maio na ETSE o seminario 'Da cascada ao áxil: A evolución real do desenvolvemento de software'. Martínez está certificado como Scrum Master e Agile Coach con máis de 7 anos de experiencia, facilitando equipos multidisciplinares en contornas Agile. É experto en Scrum, Kanban, Lean e mellora continua, cunha forte orientación a resultados, calidade e motivación do equipo. Actualmente desenvolve o seu traballo en ABanca como o ScrumMaster de 3 equipos en entorno bancario, con soporte transversal en Git/GitLab, CI/CD e SonarQube. É ademais o responsable de revisións técnicas de calidade (SQAs), análise de métricas, e documentación de procesos.
O Curso consta de 2 h presenciais nos que se pretende facer ver ao alumnado dende un punto de vista completamente real (empresarial) as diferencias entre os ciclos de desenvolvemento de software mais clásicos (Cascada) e os áxiles (Scrum), e como dende a empresa se aplican ambos. Na materia de XPI abórdase esta necesidade a partir da metodoloxía PMI, pero non é a única. Scrum aporta á xestión un grado de axilidade e calidade na xestión, introducindo o concepto de mellora continua.
O desenvolvemento de software evolucionou significativamente nas últimas décadas, pasando de enfoques ríxidos e secuenciais a metodoloxías máis flexibles e adaptativas. Nesta charla, explorarase como cambiaron as metodoloxías de desenvolvemento dende o modelo en Cascada ata as metodoloxías áxiles máis utilizadas hoxe en día.
Analizaremos:
• Os inicios do desenvolvemento de software: como xurdiron as metodoloxías tradicionais como Cascada e o seu impacto na industria.
• A necesidade do cambio: por que os modelos ríxidos comezaron a fallar fronte á crecente demanda de rapidez e innovación.
• A revolución áxil: principios do Manifesto Áxil e como metodoloxías como Scrum e Kanban transformaron o xeito en que se constrúe software.
• Casos reais e leccións aprendidas: como estas metodoloxías foron aplicadas con éxito (e fracasos) en empresas tecnolóxicas.
• O futuro do desenvolvemento: tendencias emerxentes como DevOps, metodoloxías híbridas e a influencia da intelixencia artificial na xestión de proxectos.
Esta charla será unha oportunidade para entender non só a teoría detrás destas metodoloxías, senón como se aplican na práctica, que desafíos enfrontan os equipos de desenvolvemento hoxe en día e que podemos esperar no futuro do software.
Avaliación: Presencia obrigatoria. Non precisa avaliación.
Lugar de inscrición: enviar correo electrónico a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) cos seguintes datos: Nome, Titulación, Curso