Ir o contido principal

Outono BioFest

30.09.2024-04.10.2024 | 09.00h-20.30h

Santiago de Compostela

Durante a semana do 30 de setembro ao 4 de outubro, divulgarase a actividade da Facultade de Bioloxía a través de exhibicións nos corredores do centro, visitas a laboratorios, charlas ou mesas redondas

Facultade de Bioloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Bioloxía. FOTO: Santi Alvite

Na semana do 30 de setembro ao 4 de outubro desenvólvese a segunda edición do Outono Biofest, coa que se pretende dar a coñecer a investigación que se realiza na facultade de Bioloxía e no CIBUS. O programa de actividades inclúe dende visitas ao acuario (haberá listas na conserxería para anotarse) e aos laboratorios dos grupos de investigación en horarios prefixados ata un café-coloquio con novas investigadoras organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, charlas e actuacións musicais. 

O martes e mércores pola mañá haberá mesas de exhibición tanto de grupos de investigación como de distintas asociacións (COBGA, BIOGA, INVESTIGAL, GALBIOTEC)  no corredor da facultade, que serán complementadas coa exhibición de pósteres de congreso recentes dos diferentes grupos de investigación e charlas de 15 minutos sobre as liñas de investigación propias de cada grupo diante destes últimos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2024.