Uso de sistemas de crecemento en suspensión en medios líquidos no contexto de embrioxénese somática de vide (Vitis vinífera L.)
Autoría
A.A.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
A.A.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Realizouse un estudo bibliográfico sobre a embrioxénese somática en vide (Vitis vinifera L.) utilizando sistemas de cultivo en suspensión (medios líquidos). Para iso realizouse un enfoque histórico sobre a embrioxénese, onde se analizou que tipos de cultivo en suspensión leváronse a cabo na vide e que vantaxes representan estes con respecto á embrioxénese en medios sólidos. Mediante a comparativa dos diferentes traballos publicados en relación a esta temática pódense extraer unha serie de vantaxes dos cultivos en suspensión entre as que destacan as seguintes: a produción de maior cantidade de materia vexetal en moito menos tempo, o crecemento celular máis uniforme que facilita a sincronización dos embrións ou a maior eficiencia de cara a programas de transformación xenética entre outras. Ademais, o establecemento de cultivos enbrioxénicos en suspensión, é esencial para o escalado mediante biorreactores, tecnoloxía que proporcionará unha mellora dos procesos embrioxénicos tanto na actualidade como de cara ao futuro. Así mesmo, desenvólvese o futuro das técnicas de embrioxénese combinadas con outras ciencias ou disciplinas como pode ser a intelixencia artifical ou o BigData que se pode aplicar para automatizar procesos de produción vexetal e de diferentes xenotipos a nivel industrial reducindo o seu custo.

Dirección
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Titoría)
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)

Construción de vectores de expresión para proteínas fluorescentes con localización subcelular específica.
Autoría
I.A.P.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
I.A.P.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
A visualización das dinámicas subcelulares é fundamental para numerosos estudos de bioloxía celular. Unha das aproximacións máis empregadas é a expresión de proteínas fluorescentes como a proteína verde fluorescente mellorada (eGFP, Enhanced Green Fluorescent Protein), proteína fluorescente amarela mellorada (eYFP, Enhanced Yellow Fluorescent Protein), Cerulean ou proteína fluorescente vermella de Discosoma sp. (DsRed), que permiten seguir a distribución intracelular en tempo real mediante microscopia de fluorescencia. Para dirixir estas proteínas a compartimentos específicos, utilízanse sinais de localización como secuencias de importación mitocondrial (MTS), exportación nuclear (NES) ou localización nuclear (NLS). Este traballo tivo como obxectivo construír unha biblioteca de vectores de expresión en Saccharomyces cerevisiae para proteínas fluorescentes con localización subcelular definida, así como validar a súa expresión mediante microscopia de fluorescencia. Empregáronse técnicas de clonación Gateway, purificación de vectores, transformacións en bacterias e lévedo e análise por microscopia. Os resultados obtidos indican que, das proteínas analizadas, eGFP foi a que mostrou un sinal máis claro. As proteínas Cerulean e DsRed presentan sinais difíciles de distinguir da autofluorescencia, sen poder diferenciar do fondo celular. En canto aos sinais de localización, coa eGFP comprobouse expresión coherente coa sinal mitocondrial e coa de exportación nuclear, mentres que a secuencia de localización nuclear sufriu unha mutación que impediu a súa análise. A obtención dunha biblioteca funcional de vectores fluorescentes permitirá estudos de colocalización e dinámica subcelular en lévedo, contribuíndo á análise funcional de proteínas e á comprensión de procesos celulares complexos.

González Blanco, Miguel (Titoría)
González Blanco, Miguel (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Vogal)

Uso de compost de residuos vexetais para a recuperación de solos urbanos compactados
Autoría
I.B.R.
Grao en Bioloxía (3ªed)
I.B.R.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
O estudo busca analizar o impacto integral da aplicación de compost de residuos verdes nas propiedades dun solo urbano compactado. Os resultados comparáronse cunha referencia non compactada, compactada non tratada e tratado con solo importado e analizados a través do lente da avaliación integral da saúde do solo da Universidade de Cornell. A aplicación de compost aumentou significativamente os valores de Carbono activo, N e C total, fósforo dispoñible, capacidade de intercambio catiónico (CIC), estabilidade de agregados (EA), porcentaxe de materia orgánica (MO) e proteína total; tamén demostrou un efecto positivo no contido de micronutrientes, respiración, pH, condutividade eléctrica (CE), catións intercambiables e propiedades hídricas. O traballo demostra que a aplicación de compost de residuos vexetais pode mellorar a saúde de solos urbanos compactados.

PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Titoría)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
Función molecular e biolóxica dos factores de transcrición AP-1 na desmielinización das células de Schwann e reparación dos nervios periféricos.
Autoría
S.B.B.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
S.B.B.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
As células de Schwann, encargadas de formar as vaíñas de mielina no sistema nervioso periférico, espertan un gran interese científico polo seu papel protagonista na rexeneración axonal tras unha lesión traumática, adquirindo un fenotipo reparador. Porén, os mecanismos que regulan esta reprogramación aínda non se coñecen completamente. O factor de transcrición c-Jun, pertencente á familia AP-1, foi identificado como regulador central do proceso. Investigacións previas do laboratorio identificaron outros membros da familia, como Fra1 e Fra2, que tamén amosan un incremento significativo nos niveis de ARN tras lesión. Ademais, estudos previos sinalan que o silenciamento de FRA1 dificulta a rexeneración axonal. Estes achados indican que FRA1 e FRA2, xunto con c-Jun, poderían formar parte dun grupo de factores de transcrición AP-1 que actúan como reguladores mestres. Este estudo pretende comprender o papel biolóxico e molecular de FRA1 e FRA2, caracterizando a resposta das células de Schwann a lesións no nervio ciático en modelos murinos con deleción de ambos xenes. Para isto realizáronse qPCRs e Western Blot, detectándose cambios significativos na expresión de Olig1 e Ngf, así como da proteína ATF3, entre ratos de xenotipo salvaxe e con silenciamento xénico, sen observarse alteracións na eliminación de proteínas de mielina. A nivel fisiolóxico, avaliouse a integridade dos nervios en rexeneración mediante imaxes de microscopía electrónica, sen atopar diferenzas entre grupos. Tamén se realizaron ensaios preliminares de inmunofluorescencia, aínda que será necesario aumentar o tamaño da mostra para confirmar a validez dos resultados. Estes achados suxiren que FRA1 e FRA2 desempeñan un papel específico na rexeneración axonal, aínda que o efecto observado foi menos marcado do agardado. É fundamental continuar investigando a rexeneración a prazos máis longos para determinar se estas proteínas inflúen na recuperación completa tras a lesión.

Woodhoo , Ashwin (Titoría)
AYUSO GARCIA, PAULA Cotitoría
Woodhoo , Ashwin (Titoría)
AYUSO GARCIA, PAULA Cotitoría
Tribunal
Gómez Tato, Antonio M. (Presidente/a)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)

Desenvolvemento de nanocápsulas biomiméticas funcionalizadas para o estudo da internalización e rutas intracelulares de nanopartículas
Autoría
D.C.N.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
D.C.N.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
O mundo da nanotecnoloxía é un sector en desenvolvemento e de gran interese debido aos grandes avances que permite achegar a moi diversos ámbitos. Atendendo ao sector da nanobiotecnoloxía, as nanopartículas destacan como vectores para entregar fármacos en distintas terapias. Para este proxecto, préstase atención aos nanosistemas biomiméticos como vectores con propiedades únicas e especialmente útiles na entrega da súa carga a células. Así pois, desenvolvéronse nanovesículas biomiméticas baseadas na membrana celular de células A549, referidas como cellsomas, e se encapsularon nestes nanopartículas de ouro con distintos graos de ubiquitinación co obxectivo de modificar a internalización celular das nanopartículas e poder estudar a súa localización intracelular. O emprego de técnicas de microscopía electrónica, espectroscopía e análise de seguimento de nanopartículas permitiu caracterizar os cellsomas obtidos, mentres que o uso de citometría de fluxo e microscopía confocal permitiu estudar a internalización das nanopartículas e cellsomas así como a súa localización no interior das células. Os resultados obtidos mostran que a síntese e a caracterización son factibles e exitosas, e que as nanopartículas de ouro conseguen entrar tanto nos cellsomas como nas células. Ademais, a ubiquitinación parece axudar na captación das nanopartículas, e a encapsulación das nanopartículas nos cellsomas consegue cambiar a súa localización intracelular.

DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Titoría)
PELAZ GARCIA, BEATRIZ Cotitoría

CID FERNANDEZ, MARIA MAGDALENA (Presidente/a)
LÓPEZ FABAL, ADOLFO (Secretario/a)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Vogal)

Caracterización dos xenes COL4A3-COL4A5 nunha cohorte de pacientes con enfermidade glomerular
Autoría
L.C.V.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
L.C.V.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
As enfermidades renais hereditarias están presentes nunha porcentaxe moi baixa na poboación. En concreto, o proxeccto céntrase no estudo de enfermedades glomerulares, que son aquelas que se desenvolven debido a defectos na membrana basal glomerular, nos que están implicadas alteracions nos xenes de coláxeno tipo IV. Os xenes COL4A3-COL4A5 poden presentar unha gran cantidade de variantes, algunhas delas sen efectos patoxénicos, pero moitas outras implicadas no desenvolvemento de patoloxías como o Síndrome de Alport. As probas xenéticas permítennos realizar un diagnóstico temperán deste tipo de patoloxías, tanto en pacientes con síntomas moi severos como noutros con sintomatoloxía máis leve ou incluso asintomáticos. A evolución e perfecionamento destas técnicas de diagnóstico permítennos realizar análises más precisas deste tipo de patoloxías, desenvolver terapias para o seu tratamento e así mellorar a calidade de vida e benestar dos afectados. Así, o presente estudo busca realizar unha búsqueda e análise exhaustiva das diferentes variantes patoxénicas que poidan estar implicadas no desenvolvemento destas nefropatías, co obxectivo de ofrecer diagnósticos precisos de cara ao futuro.

CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Titoría)
GARCIA MURIAS, MARIA Cotitoría
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Titoría)
GARCIA MURIAS, MARIA Cotitoría
Tribunal
FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO (Presidente/a)
Pozo Míguez, Iago (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)

p107 e o seu papel na progresión de MASLD a MASH nun modelo murino de esteatohepatite inducida por dieta.
Autoría
G.A.C.S.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
G.A.C.S.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
A enfermidade do fígado graxo asociada á disfunción metabólica (MASLD) é unha das manifestacións máis comúns da síndrome metabólica, un grupo de trastornos derivados da obesidade, hipertensión e resistencia á insulina. Esta enfermidade pode progresar cara a estadíos máis graves como a esteatohepatite asociada ao metabolismo (MASH). Estudos recentes do noso laboratorio demostraron que a ausencia de p107 produce unha mellora no metabolismo hepático. Aínda así, o seu papel na progresión da enfermidade de MASLD a estadíos máis avanzados como MASH e fibrose aínda non foi descrito. Por este motivo, o obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é analizar se a ausencia global de p107 ten efecto no desenvolvemento de MASLD a MASH nun modelo murino de esteatohepatite inducida por dieta. Para comprobalo, avaliáronse parámetros histolóxicos e moleculares relacionados co metabolismo lipídico e a fibrose hepática. Os resultados obtidos suxiren que a ausencia global de p107 se asocia cunha redución da acumulación de lípidos no fígado, aínda que podería favorecer a progresión cara á fibrose. Estes achados indican que p107 podería desempeñar un papel importante no avance da enfermidade hepática a estadíos máis graves, abrindo novas liñas de investigación para comprender mellor os mecanismos implicados.

TOVAR CARRO, SULAY AMPARO (Titoría)
TOVAR CARRO, SULAY AMPARO (Titoría)
Tribunal
Gómez Tato, Antonio M. (Presidente/a)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
Gómez Tato, Antonio M. (Presidente/a)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
Caracterización bioquímica, molecular e funcional dun modelo en 3D a partir de células mesenquimais epicárdicas
Autoría
M.C.T.
Grao en Bioloxía (3ªed)
M.C.T.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
As alteracións metabólicas derivadas da obesidade contribúen decisivamente ao desenvolvemento das enfermidades cardiovasculares. Neste contexto, o tecido adiposo epicárdico destaca polo seu papel activo na disfunción cardíaca, a través da secreción de sinais parácrinas, endócrinas e vasócrinas que afectan ao miocardio e á vasculatura coronaria. Tanto o tecido adiposo epicárdico como o subcutáneo conteñen células mesenquimais cun marcado potencial para inducir procesos de adipoxénese e anxioxénese implicados na remodelación cardíaca e na progresión da enfermidade. Partindo da hipótese de que un sistema tridimensional (3D) permitiría reproducir con maior fidelidade a interacción entre estes procesos, deseñouse e caracterizouse un modelo 3D de cultivo celular a partir de células mesenquimais illadas de tecido adiposo subcutáneo e epicárdico de pacientes sometidos a cirurxía cardíaca. Avaliáronse distintas matrices extracelulares e aplicáronse tratamentos específicos para inducir os procesos de diferenciación. A caracterización morfolóxica e funcional do modelo realizouse mediante microscopía óptica, inmunofuorescencia, análise de expresión xénica por PCR en tempo real e análise proteica mediante Western Blot. Os resultados obtidos confirmaron a capacidade do modelo para reproducir de forma integrada os procesos de adipoxénese e anxioxénese, evidenciando diferenzas en función da orixe tisular. O tecido adiposo subcutáneo mostrou unha maior capacidade adipoxénica e organización tridimensional, mentres que o tecido epicárdico presentou un perfil máis inflamatorio e unha estrutura menos cohesionada. A resposta anxioxénica foi discreta en ambos casos. Ademais, observáronse diferenzas estruturais e funcionais entre matrices, destacando Matrigel como a máis eficaz na formación de esferoides estables. Estes modelo representa unha ferramenta preclínica útil para estudar a interacción entre os procesos de adipoxénese e anxioxénese nos distintos tecidos, así como para explorar novas aproximacións terapéuticas en patoloxías cardiovasculares.

BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Titoría)
Eiras Penas, Sonia Cotitoría
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Titoría)
Eiras Penas, Sonia Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
González Blanco, Miguel (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
González Blanco, Miguel (Vogal)
Efecto do incremento da temperatura sobre a recombinación dos segmentos xenómicos de betanodavirus
Autoría
M.C.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
M.C.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
O virus da necrose nerviosa (VNNV) é o axente causal da encefalopatía e retinopatía en numerosas especies de peixes, tamén denominada ERV ou VNN (necrose nerviosa viral). Ao longo da súa historia foi a causa de importantes taxas de mortalidade e perdas económicas para a acuicultura. É un membro da familia Nodaviridae e do xénero Betanodavirus, un virus espido, cuxo xenoma segmentado componse de dúas cadeas monocatenarias positivas de ARN. O segmento de maior tamaño, ARN1, codifica a polimerasa viral (proteína A) e un ARN subxenómico (ARN3) que sintetiza dúas proteínas non estruturais (B1 e B2), mentres que o ARN2 codifica as proteínas da cápside. A clasificación dos betanodavirus está baseada nunha secuencia do ARN2 que establece os catro xenotipos: red-spotted grouper, striped jack, barfin flounder y tiger puffer nervous necrosis virus (RGNNV, SJNNV, BFNNV y TPNNV, respectivamente). Ademais, no sur de Europa identificáronse recombinantes SJNNV/RGNNV e RGNNV/SJNNV. A distribución dos catro xenotipos está determinada pola súa tolerancia a temperatura da auga, un parámetro que se pode ver alterado polo cambio climático. Neste traballo realizouse un análise para determinar se a temperatura inflúe de forma significativa na recombinación dos xenotipos SJNNV e RGNNV. Para isto, levouse a cabo a coinfección de ambos virus a 25 e 30 grados centígrados, a proxenie foi clonada e analizada empregando técnicas de PCR cuantitativa. Os resultados evidenciaron que a temperatura de 25 grados favorece a produción de ARN1 do xenotipo SJNNV e podería propiciar a formación de recombinantes SJNNV/RGNNV. Pola contra, a temperatura de 30 grados favorece a dominancia do xenotipo RGNNV/RGNNV.

BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
SOUTO PEREIRA, SANDRA Cotitoría
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
SOUTO PEREIRA, SANDRA Cotitoría
Tribunal
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
Estudo do impacto da interleucina-6 nos ritmos circadianos: avaliación dos neuropéptidos do núcleo supraquiasmático e a expresión de xens do reloxo circadiano.
Autoría
A.D.L.
Grao en Bioloxía (3ªed)
A.D.L.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Introdución: A interleucina-6 (IL-6) é unha citocina pleiotrópica cun rol central na regulación inmunolóxica e o metabolismo enerxético. Os seus niveis amosan oscilacións diarias que inflúen en compoñentes esenciais do sistema circadiano, o cal suxire unha función integradora na sincronización entre os ritmos biolóxicos e a homeostase metabólica. Aínda que algunhas das súas funcións amosan variacións segundo o sexo, o papel específico da IL-6 na integración dos sistemas circadiano e metabólico aínda non foi explorado en profundidade. Hipótese: Exponse que IL-6 participa na regulación circadiana e metabólica de forma diferencial segundo o sexo, afectando mecanismos chave de sincronización fisiolóxica. Obxectivos: O obxectivo principal é esclarecer o papel da IL-6 na conexión entre os ciclos circadianos e metabólicos. Para iso, avaliarase tamén a influencia de neuropéptidos sincronizadores, en particular, o péptido intestinal vasoactivo (VIP), como posibles mediadores en devandita coordinación, prestando especial atención ás diferenzas segundo o sexo. Metodoloxía: Realizouse o fenotipado circadiano e metabólico de ratos control e deficientes en IL-6 (IL6KO) de ambos os sexos. Leváronse a cabo análises moleculares en músculo e hipotálamo para esclarecer unha posible vía de comunicación entre sinais circadianas e metabólicas mediadas por esta citocina. Ademais, o estudo de VIP permitiu establecer o seu papel chave na sincronización do núcleo supraquiasmático (NSQ). Resultados: A deficiencia de IL-6 afecta os ritmos de actividade locomotora circadiana de maneira dependente do sexo, alterando a sincronización á luz en machos e ao período endóxeno en condicións de escuridade en ambos os sexos. Estes efectos asociáronse cunha diminución de VIP no NSQ en machos IL6KO, mentres que en femias os seus niveis mantivéronse estables. Estes achados, xunto cos resultados das análises moleculares nos tecidos, sitúan á IL-6 como unha mediador chave na plasticidade circadiana e a súa regulación sexo-dependente, destacándoa como unha potencial diana terapéutica para tratar trastornos asociados coa desalineación circadiana.

BARCA MAYO, OLGA (Titoría)
GONZALEZ VILA, ANTIA Cotitoría
BARCA MAYO, OLGA (Titoría)
GONZALEZ VILA, ANTIA Cotitoría
Tribunal
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
Efecto metabólico da administración central dun inhibidor de Pyk2 en roedores obesos
Autoría
M.F.A.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
M.F.A.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
Nas últimas décadas, a obesidade converteuse nun grave problema de saúde pública en todo o mundo, polo que a identificación de novas dianas que poidan dar lugar a novos tratamentos terapéuticos é de vital importancia. Estudos previos determinaron que Pyk2 está involucrada en varias enfermidades nas que a sintomatoloxía presenta alteracións no equilibrio enerxético. Porén, o seu papel na obesidade non foi estudado en profundidade. Polo tanto, o obxectivo deste traballo é estudar o efecto da administración central dun inhibidor de Pyk2 sobre o balance enerxético en ratos obesos. Os nosos resultados amosan unha diminución do peso corporal nestes ratos, que se explica por unha redución da inxestión de alimento tras a administración intracerebroventricular dun inhibidor de Pyk2. No tecido adiposo branco e no fígado, as rutas do metabolismo lipídico e da B-oxidación mostran un forte mecanismo de compensación fronte á perda de peso, aínda que se detectou a nivel molecular un aumento da expresión do receptor Badr3 no tecido adiposo branco e unha diminución de PPARg no fígado. Porén, a administración crónica do inhibidor de Pyk2 non induce un aumento dos marcadores de termoxénese no BAT. En conxunto, os nosos achados proporcionan a primeira evidencia experimental que apunta a un papel clave de Pyk2 no sistema nervioso central na regulación do equilibrio enerxético.

QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
AL-MASSADI IGLESIAS, OMAR Cotitoría
QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
AL-MASSADI IGLESIAS, OMAR Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Vogal)
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Vogal)
Papel de SIRT3 nas neuronas AgRP sobre a regulación do metabolismo da glucosa.
Autoría
P.F.A.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
P.F.A.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
A sirtuina 3 (SIRT3) é un sensor enerxético mitocondrial ben coñecido que desempeña un papel clave en múltiples accións biolóxicas, incluíndo o metabolismo enerxético e da glicosa. Aínda que se ten demostrado que a SIRT3 hipotalámica regula a homeostase enerxética, o seu papel específico no control da glicosa e da sensibilidade á insulina segue sendo pouco coñecido. Neste estudo, exploramos o efecto da modulación de SIRT3 en neuronas AgRP (proteína relacionada co agutí) do hipotálamo sobre a homeostase da glicosa e a sensibilidade á insulina. Para iso, xeráronse modelos murinos con perda de función de SIRT3 nas neuronas AgRP co obxectivo de caracterizar o metabolismo da glicosa e estudar o seu mecanismo de acción a nivel molecular. Observouse que a ablación de SIRT3 nas neuronas AgRP promoveu unha intolerancia á glicosa e unha menor sensibilidade á insulina tanto en ratos machos delgados como en ratos con obesidade inducida pola dieta. Estes efectos están mediados por un empeoramento da sinalización de AKT no fígado, músculo e tecido adiposo branco. En conxunto, os nosos achados establecen un papel protector de SIRT3 nas neuronas AgRP mediado por AKT para o control das alteracións da glicosa inducidas pola obesidade.

As diatomeas como indicadores de contaminantes emerxentes en augas continentais
Autoría
U.F.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
U.F.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Os ecosistemas acuáticos continentais atópanse gravemente ameazados polo impacto antrópico, sendo os contaminantes emerxentes unha das principais preocupacións actuais. Tradicionalmente, o control da calidade das augas baseábase unicamente en parámetros físicoquímicos, pero nas últimas décadas promoveuse a caracterización do estado ecolóxico, unha perspectiva máis realista sobre o grao de alteración dos ecosistemas. Esta postura require o uso de organismos bioindicadores, entre os cales as diatomeas acadaron especial relevancia pola súa sensibilidade á contaminación, diversidade taxonómica e ubicuidade. Este traballo avalía o potencial e os desafíos actuais do uso de diatomeas como ferramenta para a detección e seguimento de contaminantes emerxentes. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica sistemática nas bases de datos Web of Science e Scopus. Realizáronse una serie de análises bibliométricos simples e unha exploración sobre o coñecemento nos ámbitos dos contaminantes emerxentes e o uso das diatomeas como bioindicadores. Detectouse un crecente interese polo uso de diatomeas, especialmente en medios lóticos e para o estudo de medicamentos como contaminantes, especialmente dos antibióticos. Estes achados evidencian o crecente potencial das diatomeas como bioindicadores de contaminantes emerxentes, aínda que a súa implementación efectiva require superar importantes desafíos metodolóxicos e desenvolver novas aproximacións específicas para estes contaminantes.

LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Titoría)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL Cotitoría
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Titoría)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
Papel dos lncRNAs e proteínas de unión a RNA na enfermidade hepática
Autoría
H.F.H.
Grao en Bioloxía (3ªed)
H.F.H.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
A enfermidade hepática crónica xera no fígado unha resposta fibroxénica como resultado da activación das células estelares hepáticas, que resulta nunha acumulación de matriz extracelular no fígado como mecanismo de reparación do tecido danado. Este proceso atópase altamente regulado a múltiples niveis, un destes mecanismos de regulación menos estudado é o exercido por algúns lncRNAs na activación das células estelares hepáticas. Neste Traballo de Fin de Grao afóndase no papel funcional de LncRNA-C1 no desenvolvemento de fibrose hepática, co obxectivo de valorar o seu posible uso en terapias de enfermidade hepática crónica. Con este obxectivo en mente, analízanse mediante técnicas histolóxicas e Western Blot os niveis de proteínas marcadoras de activación de células estelares hepáticas e fibrose hepática, como coláxenos e alfa-SMA, en dous modelos murinos, o de ligadura de conduto biliar, que emula a colestase hepática humana, e o de a alimentación con dieta restritiva en metionina e deficiente en colina, que emula a enfermidade do fígado graxo asociado a disfunción metabólica en ratos nos que se eliminou o xene LncRNA-C1. Previamente, utilizando modelos de silenciamento xénico transitorio, o grupo conseguira demostrar unha implicación do xene LncRNA-C1 no desenvolvemento de dano e fibrose hepática no modelo murino de colestase. Neste traballo, observamos unha maior activación das células estelares hepáticas in vivo tras a ligadura de conduto biliar en ratos carentes do xene LncRNA-C1, utilizando técnicas histolóxicas, cando este dano se estende durante un período superior a 20 días. Propóñense ao final do traballo posibles melloras nos protocolos, así como novos modelos capaces de producir un dano crónico de maior magnitude, para estudar o impacto da ausencia de LncRNA-C1 no desenvolvemento da enfermidade hepática crónica.

VARELA REY, MARTA MARIA (Titoría)
VARELA REY, MARTA MARIA (Titoría)
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
González Blanco, Miguel (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
González Blanco, Miguel (Vogal)
Efecto da reprogramación parcial química na proxeria.
Autoría
B.F.M.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
B.F.M.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
O Síndrome de proxeria de Hutchinson Gilford está provocado por unha acumulación de lámina A farnesilada na envoltura do núcleo, o que produce un fenotipo envellecido temperán nas células. Este fenotipo identifícase por unha parada do ciclo celular, unha morfoloxía irregular do núcleo e unha identidade senescente. Existen certas estratexias propostas para reverter o envellecemento celular centradas na reprogramación parcial das células, entre as que destaca o uso de pequenas moléculas químicas como a tranilcipromina e o RepSox. Estas moléculas actúan a nivel de regulación epixenética e da ruta de sinalización do factor de crecemento transformante beta, modificando polo tanto a expresión xénica e mellorando o fenotipo envellecido. Neste traballo preténdese determinar a efectividade destes compostos químicos en fibroblastos dérmicos humanos que presentan unha acumulación de lámina A na envoltura nuclear. Para iso, realízanse ensaios de senescencia e de proliferación celular para determinar a correcta indución da enfermidade e, posteriormente, o efecto do tratamento proposto. Ademais, tamén se realiza unha análise de expresión xénica para determinar o efecto do tratamento sobre as marcas epixenéticas. A indución da enfermidade foi exitosa, como se demostrou mediante ensaios de clonoxenicidade e observación por microscopía. Ademais, o efecto da tranilcipromina e de RepSox mostrou ser beneficioso, xa que se observa unha melloría nos marcadores de senescencia, tanto xenéticos (CDKN1A, GDF-15 e SERPINE-1) como enzimáticos (actividade galactosidasa) tras unha semana de tratamento.

VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Collado Rodríguez, Manuel Cotitoría
DA SILVA ALVAREZ, SABELA Cotitoría
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Collado Rodríguez, Manuel Cotitoría
DA SILVA ALVAREZ, SABELA Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Vogal)
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Vogal)
Aplicación dos ficocoloides das algas mariñas na industria
Autoría
Y.F.P.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Y.F.P.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Os ficocoloides son polisacáridos que se localizan na parede celular das macroalgas vermellas e pardas, con capacidade para alterar as propiedades reolóxicas das solucións acuosas nas que se atopan. Esta revisión bibliográfica céntrase no estudo dos tres ficocoloides principais para a industria (carraxenano, agar e alxinato) e do seu papel en diversos sectores desta. Desta maneira, analízanse características como a súa estrutura e propiedades, que se relacionan directamente coas súas actividades e aplicacións. Así mesmo, examínase o potencial destes compostos, o que permitiu a súa incorporación en moitos ámbitos da industria, como a industria alimentaria, a farmacéutica ou a cosmética, entre outros. Ademais, analízase o estado actual da industria ficocoloide e discútense as súas expectativas. Evidénciase o sorprendente potencial que presentan os ficocoloides na industria. Neste traballo, demóstrase o crecente interés pola súa investigación e a demanda cada vez maior por produtos baseados nestes compostos. Aínda así, o estado actual da industria non segue o mesmo ritmo, creando unha situación comprometedora para o futuro dos ficocoloides neste sector.
Os ficocoloides son polisacáridos que se localizan na parede celular das macroalgas vermellas e pardas, con capacidade para alterar as propiedades reolóxicas das solucións acuosas nas que se atopan. Esta revisión bibliográfica céntrase no estudo dos tres ficocoloides principais para a industria (carraxenano, agar e alxinato) e do seu papel en diversos sectores desta. Desta maneira, analízanse características como a súa estrutura e propiedades, que se relacionan directamente coas súas actividades e aplicacións. Así mesmo, examínase o potencial destes compostos, o que permitiu a súa incorporación en moitos ámbitos da industria, como a industria alimentaria, a farmacéutica ou a cosmética, entre outros. Ademais, analízase o estado actual da industria ficocoloide e discútense as súas expectativas. Evidénciase o sorprendente potencial que presentan os ficocoloides na industria. Neste traballo, demóstrase o crecente interés pola súa investigación e a demanda cada vez maior por produtos baseados nestes compostos. Aínda así, o estado actual da industria non segue o mesmo ritmo, creando unha situación comprometedora para o futuro dos ficocoloides neste sector.
Dirección
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Titoría)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
Análise do fenotipo neurolóxico en ratos con deleción de Nae1 en astrocitos: efectos sobre a función neuronal e astrocítica.
Autoría
B.F.R.
Grao en Bioloxía (3ªed)
B.F.R.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Os astrocitos son células esenciais para manter a homeostase cerebral, a neurotransmisión e a integridade da barreira hematoencefálica. Tamén desempeñan un papel fundamental na resposta neuroinflamatoria, adoptando fenotipos reactivos a estímulos patolóxicos. Este traballo estudou un modelo de rato cunha mutación astrocítica que induce a neuroinflamación. A microglía, como principal célula inmunitaria do sistema nervioso central, participa nesta resposta, amplificando o efecto inflamatorio. A nedilación é unha modificación postraducional que media a unión da proteína NEDD8 a proteínas diana. Este mecanismo controla procesos como a resposta ao estrés e a degradación de proteínas. O enzima NAE1 inicia esta cascada activando NEDD8, que pode modificar a estabilidade das proteínas diana e dirixilas ao proteasoma. Xerouse un modelo de rato condicional e inducible coa deleción do xene Nae1 en astrocitos da subpoboación GLAST. Tras a indución da recombinación con tamoxifeno, os ratos tiveron unha esperanza de vida de aproximadamente 10 semanas e desenvolveron alteracións fenotípicas. Estudos previos de proteómica no hipotálamo revelaron niveis elevados de citocinas proinflamatorias. Polo iso, o obxectivo deste estudo foi determinar os núcleos hipotalámicos onde se localiza a neuroinflamación e avaliar a integridade da barreira hematoencefálica. A inmunofluorescencia realizouse con anticorpos contra GFAP (un marcador de astrogliose), IBA1 (un marcador de microglía activada) e CD45+ (un marcador leucocitario). Os resultados mostraron unha elevación de todos estes marcadores nos ratos mutantes, o que indica neuroinflamación e infiltración de leucocitos desde o sistema inmunitario periférico, suxerindo alteracións na barreira. A causa desta inflamación non está determinada, o que destaca a necesidade de comprender o efecto da deleción de Nae1 nos astrocitos. Outros modelos con delecións de Nae1 en neuronas adultas non mostraron fenotipos aparentes. Este estudo destaca a importancia tanto dos astrocitos como do proceso de nedilación.

Gene drives para o control de plagas:unha recapitulación
Autoría
D.F.F.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
D.F.F.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
O control de pragas representa un dos principais desafíos para a saúde pública, a agri-cultura e a conservación da biodiversidade. Nas últimas décadas, o desenvolvemento de tecnoloxías xenéticas como os gene drives abriu novas posibilidades para o control es-pecífico e sostido de especies diana. Este traballo ten como obxectivo realizar unha re-visión bibliográfica e unha análise crítica dos métodos de control de pragas baseados na tecnoloxía gene drive, comparándoos coas estratexias convencionais e avaliando as súas implicacións ambientais e sociais. Analízanse os principais mecanismos moleculares empregados, os tipos de gene drives desenvolvidos ata o momento, as súas limitacións técnicas, así como os riscos ecolóxi-cos asociados á súa liberación. Así mesmo, compáranse as vantaxes e os inconvenien-tes respecto dos métodos tradicionais como os pesticidas, e identifícanse os principais retos éticos, regulatorios e científicos que condicionan a súa aplicación futura. Os resultados desta revisión suxiren que, aínda que os gene drives presentan un poten-cial significativo como ferramenta de control, o seu uso implica desafíos técnicos non resoltos e unha considerable incerteza ecolóxica. Conclúese que a súa implementación debe levarse a cabo baixo marcos de gobernanza internacional sólidos, guiados pola evidencia científica, o principio de precaución e unha participación pública activa.

GARCIA SUAREZ, CARLOS (Titoría)
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Titoría)
Tribunal
CID FERNANDEZ, MARIA MAGDALENA (Presidente/a)
LÓPEZ FABAL, ADOLFO (Secretario/a)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Vogal)
CID FERNANDEZ, MARIA MAGDALENA (Presidente/a)
LÓPEZ FABAL, ADOLFO (Secretario/a)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Vogal)
Recuperación e optimización de auga na industria madereira
Autoría
A.G.B.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
A.G.B.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A escaseza de auga doce e as esixencias ambientais impulsaron á industria madeireira a buscar procesos máis sostibles. Este Traballo Fin de Grao realizouse na planta de Fibranor (grupo Finsa) e centrouse en estudar a viabilidade de recuperar auga no sistema de depuración de gases (WESP) durante a produción de taboleiros MDF. Realizáronse balances de masa e enerxía en tres escenarios (situación actual, arrefriamento de gases e recuperación por condensación), apoiados en análises psicrométricas e na caracterización de mostras de auga do sistema. As mostras foron analizadas para avaliar a súa posible reutilización no proceso. Os resultados indican que é tecnicamente posible recuperar ata 7.600 L/h de auga. Non obstante, a súa elevada carga contaminante require un tratamento previo, como a oxidación avanzada, para poder reutilizala. Esta estratexia permitiría reducir o consumo hídrico e mellorar a sustentabilidade da planta.

BALBOA MENDEZ, SABELA (Titoría)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Titoría)
Tribunal
CID FERNANDEZ, MARIA MAGDALENA (Presidente/a)
LÓPEZ FABAL, ADOLFO (Secretario/a)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Vogal)
CID FERNANDEZ, MARIA MAGDALENA (Presidente/a)
LÓPEZ FABAL, ADOLFO (Secretario/a)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Vogal)
Posta a punto dun método de purificación e secuenciación de fragmentos longos de ADN a partir de mostras biolóxicas con baixo contido celular.
Autoría
A.G.L.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
A.G.L.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
A secuenciación de lectura longa ofrece vantaxes para o estudo de variantes estruturais e rexións repetitivas do xenoma humano, pero a súa aplicación en mostras con baixo contido de ADN require protocolos optimizados. Este traballo propón a hipótese de que unha combinación adecuada de métodos de preservación, lise e amplificación permitiría obter ADN de calidade para secuenciación de terceira xeración. Para elo, comparáronse tres métodos de conservación do tecido (conxelación a -80 graos, fixación con solución PAXgene sen parafina e inclusión en parafina tras PAXgene), avaliáronse dúas estratexias de lise (proteinase K fronte ao kit comercial REPLI-g Single Cell) e aplicouse unha estratexia de amplificación xenómica completa e preparación de bibliotecas deseñada para preservar a estrutura do ADN. A metodoloxía combinou cuantificación por fluorometría, avaliación de integridade mediante electroferogramas en TapeStation, amplificación isotérmica, desramificación enzimática, purificación magnética e preparación de librerías para posterior secuenciación. A combinación de conxelación ou fixación sen parafina e lise mediante proteinase K preservou fragmentos de ADN de alto peso molecular e integridade óptima. A estratexia de amplificación e limpeza reteu eficientemente o ADN enriquecido, e a corrida en MinION xerou datos con cobertura e calidade axeitadas para identificar variantes estruturais. Estes resultados validan o protocolo proposto para mostras de baixo input e sentan as bases para a súa aplicación en contornos clínicos e en estudos baseados en tecnoloxías de lectura longa.

CASTRO TUBIO, JOSE MANUEL (Titoría)
RODRIGUEZ CASTRO, JORGE Cotitoría
CASTRO TUBIO, JOSE MANUEL (Titoría)
RODRIGUEZ CASTRO, JORGE Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Vogal)
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Vogal)
Edición xenética de embrións somáticos de castiñeiro para conferir tolerancia a Phytophthora cinnamomi Rands
Autoría
E.G.S.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
E.G.S.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Castanea sativa Mill. é unha especie altamente versátil, de gran importancia ecolóxica, económica e cultural en toda Europa. Porén, enfróntase a ameazas graves como as enfermidades da tinta e do cancro, causadas por Phytophthora cinnamomi e Cryphonectria parasitica, respectivamente, e cuxa severidade aumentou nos últimos anos debido ao cambio climático. O desenvolvemento da edición xenética mediante a tecnoloxía CRISPR/Cas9 permitiu realizar mutacións dirixidas de maneira eficiente e precisa. Unha estratexia prometedora de edición xenética para conferir tolerancia a patóxenos consiste en inactivar xenes de susceptibilidade nas plantas. Neste Traballo de Fin de Grao, investigouse o silenciamento do xene de susceptibilidade CsPMR4, que codifica unha calosa sintase, mediante CRISPR/Cas9. Para iso, transformáronse embrións somáticos de dúas liñas embrioxénicas de castiñeiro (CI-9 e CI-3) utilizando a cepa Agrobacterium tumefaciens EHA105 que portaba unha construción CRISPR/Cas9 dirixida ao xene CsPMR4. Tras dez semanas, observáronse explantos resistentes á kanamicina unicamente na liña CI-9 (6,7 %). Para avaliar a eficiencia da edición e identificar os tipos de mutacións, realizouse unha amplificación do xene mediante PCR, seguida dunha secuenciación Sanger xunto coa análise do grao de mutación mediante o software TIDE. En cinco das sete liñas embrioxénicas analizadas confirmouse a edición, e catro delas presentaron unha alta eficiencia de edición (maior que o 93%). Para avaliar a tolerancia das liñas obtidas ao oomiceto Phytophthora cinnamomi, realizouse un ensaio de infección con embrións somáticos utilizando todas as liñas illadas. As maiores taxas de supervivencia obtivéronse nas liñas CI-9-PMR4-4, CI-9-PMR4-4BIS e CI-9-PMR4-6, todas cunha porcentaxe superior ao 50%.

SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Titoría)
Corredoira Castro, María Elena Cotitoría
SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Titoría)
Corredoira Castro, María Elena Cotitoría
Tribunal
Gómez Tato, Antonio M. (Presidente/a)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
Gómez Tato, Antonio M. (Presidente/a)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
Avaliación do efecto do corpo cetónico beta-hidroxibutirato no metiloma de liñas celulares de cancro de mama humano.
Autoría
L.I.R.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
L.I.R.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A obesidade é unha enfermidade crónica, complexa e multifactorial que se converteu nun problema de saúde pública mundial e está asociada a un maior risco de desenvolver diversas comorbilidades, incluído o cancro. Para o diagnóstico, o método máis empregado é o índice de masa corporal, aínda que existen técnicas máis precisas para avaliar a composición corporal. Entre as estratexias terapéuticas, a dieta cetoxénica moi baixa en calorías (VLCKD) acadou un papel destacado porque promove a perda de peso a expensas da masa graxa e induce un estado de cetose nutricional. Ademais, a obesidade xera un microambiente inflamatorio e estrés oxidativo, causado por tecido adiposo disfuncional, así como alteracións epixenéticas, que foron propostas como posibles vínculos mecanísticos entre esta condición e as súas enfermidades asociadas, como o cancro. A hipótese é que os corpos cetónicos poderían interferir favorablemente co desenvolvemento tumoral ao regular os mecanismos epixenéticos, especialmente a metilación do ADN. Polo tanto, o obxectivo principal deste traballo foi avaliar in vitro como os corpos cetónicos, concretamente o beta-hidroxibutirato, afectan o metiloma das liñas celulares de cancro de mama humano MCF-7 e MDA-MB-231. Para o estudo, realizouse unha análise bioinformática e estatística dos cambios no metiloma de mostras de ADN derivadas de liñas celulares tumorais de mama tratadas. Estas mostras hibridáronse no MethylationEPIC BeadChip Infinium (Illumina). Identificáronse un total de 292.180 sitios CpG metilados diferencialmente con perfís epixenéticos distintos en MDA-MB-231 e 153.458 en liñas celulares MCF-7, o que indica que os corpos cetónicos poden modular a metilación do ADN dun xeito específico do subtipo celular, o que apoia a idea de que poden desempeñar un papel beneficioso no desenvolvemento tumoral.

CRUJEIRAS MARTINEZ, ANA BELEN Cotitoría
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
CRUJEIRAS MARTINEZ, ANA BELEN Cotitoría
Tribunal
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Presidente/a)
CASTRO TUBIO, JOSE MANUEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)

Efecto de mepolizumab sobre o proteoma sérico de baixa abundancia de pacientes con asma eosinofílica grave.
Autoría
A.M.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
A.M.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
A asma eosinofílica grave (SEA) representa un subtipo do fenotipo T2alto, caracterizado por inflamación persistente mediada por eosinófilos e resistencia ao tratamento convencional con corticosteroides inhalados. A interleucina 5 (IL-5) xoga un papel clave na activación, maduración e supervivencia dos eosinófilos, sendo por tanto unha diana terapéutica de fármacos biolóxicos como mepolizumab (anticorpo anti-IL5). Este traballo avalía o efecto do tratamento con mepolizumab sobre o proteoma sérico de baixa abundancia en pacientes con SEA, recrutándose mostras de controis sans e asmáticos en catro momentos: antes do tratamento (T0) e ás 4, 16 e 32 semanas tras o seu inicio (T4, T16, T32). As mostras tratáronse con DTT para eliminar o proteoma de alta abundancia e mediante espectrometría de masas (LC-MS/MS) e a técnica SWATH-MS, observouse que os controis sans e os pacientes ao final do tratamento (T32) mostraban un perfil similar. Da mesma maneira, os perfiles de antes (T0) e ás 4 semanas (T4) do tratamento mostraban semellanza. Detectáronse sobreexpresadas nos T0 as proteínas APOH e PROS1, relacionadas coa coagulación, e SERPINA1 e SERPINA3, en relación a resposta de fase aguda. Ambas xunto coa SERPINA6, tamén sobreexpresada, indicaron alto poder preditivo (AUC superiores a 0.8), sendo esta última a que podería ter maior implicación nas diferencias entre os controis sans e os T0, e entre os T0 e os T32.

NIETO FONTARIGO, JUAN JOSE (Titoría)
NIETO FONTARIGO, JUAN JOSE (Titoría)
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
González Blanco, Miguel (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
González Blanco, Miguel (Vogal)
Estudo de péptidos fluorescentes non aromáticos (GlowsSticks)
Autoría
J.N.S.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
J.N.S.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
A fluorescencia non aromática é un fenómeno pouco estudado mediante o cal aqueles compostos que no presentan grupos aromáticos tradicionais son capaces de producir emisions no espectro UV/Vis. O uso de péptidos con estas propiedades como marcadores para microscopía podería suplir moitos de los inconveniente dos fluoróforos orgánicos ou proteicos, como a GFP. Para este traballo sintetizaronse, purificaron e mediron mediante espectroscopía de fluorescencia variantes de 5UOI-W14, un péptido que presenta fluorescencia non aromática, con modificaciones no seu extremo N-terminal, para valorar o seu uso como marcador e determinouse que adicións en este causan unha perda significativa das propiedades fluorescentes do composto. Ademáis, seguindo a mesma metodoloxía, observouse a fluorescencia de diferentes proteínas comerciais. A partir destas medicións, apreciouse unha banda de emisión anómala na pepsina arredor dos 450 nm, o que a fai susceptible de ser empleada como posible marcador en futuros estudios. Por último, realizáronse ensaios de expresión en células HELA dos péptidos fluorescentes (E4R4)4 e (E4R4)9 para avaliar a sua capacidade de marcaxe in vitro e determinar si sucesivas adicións do motivo E4R4 aumentaban a súa emisión. Os resultados obtidos non foron concluintes debido á baixa concentración dos produtos no cultivo.

VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Titoría)
VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Titoría)
Tribunal
Gómez Tato, Antonio M. (Presidente/a)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
Gómez Tato, Antonio M. (Presidente/a)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
Estudo da Comunidade de Diatomeas no Río Lor: Análise da Variabilidade e Riqueza a Nivel Local
Autoría
D.O.S.
Grao en Bioloxía (3ªed)
D.O.S.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
No presente estudo caracterízanse a composición, estrutura e variabilidade local da comunidade de diatomeas en distintos puntos de mostraxe do río Lor ao seu paso por Seoane do Courel (Lugo). O obxectivo principal é identificar a localidade máis diversa e representativa deste tramo do río, o que a convertería no lugar de maior interese para o seguimento a longo prazo. Ademais de realizar os inventarios de especies e cuantificar os patróns de diversidade alfa (é dicir, riqueza) e diversidade beta (é dicir, disimilitude biótica) entre as catro localidades estudadas, tamén se infire a calidade da auga en cada localidade, empregando a presenza/ausencia de diferentes especies como indicativo de posibles perturbacións nas condicións que habitan. Tamén se realiza un estudo baseado en estimadores non paramétricos para determinar se o esforzo de mostraxe aceptado como estándar para estudos de diversidade específica en comunidades epilíticas de auga doce (n = 500 valvas) é adecuado para a correcta caracterización da comunidade. Finalmente, elaborouse un catálogo fotográfico das especies identificadas cuxa abundancia relativa supera o 1%, co fin de facilitar a monitorización futura da comunidade.

GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Titoría)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL Cotitoría
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Titoría)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL Cotitoría
Tribunal
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA (Secretario/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)

Avaliación da actividade antimicrobiana dun extracto natural fronte a microorganismos causantes de enfermidades odontolóxicas e obtención dunha formulación farmacéutica activa
Autoría
A.P.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
A.P.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Os biofilms son asociacións de comunidades bacterianas adheridas a unha superficie sólida e embebidas nunha matriz que lles aporta protección e resistencia. Estas estruturas, comúns en ambientes bióticos e abióticos, representan un gran desafío no tratamento de enfermidades orais, podendo provocar a perda do dente, óso e tecido de soporte. Este traballo plantea o deseño dun colutorio baseado nun extracto natural de flora galega rico en polifenois. O obxectivo é avaliar a súa capacidade para inhibir o crecemento e formación de biofilm fronte a bacterias odontopatóxenas como Streptococcus mutans e Enterococcus faecalis, respectando a microbiota oral. Realizáronse ensaios de actividade antimicrobiana empregando resazurina como indicador redox, que se reduce a resorufina fluorescente en presenza de células viables. En canto á inhibición de biofilm, empregouse cristal violeta para a cuantificación da biomasa adherida á superficie do pocillo. Os resultados mostran unha maior efectividade do extracto fronte a S. mutans, tanto á hora de inhibir a viabilidade celular como a formación de biofilm. Fronte a E. faecalis o efecto do extracto foi limitado, xa que non formaba biofilm cuantificable e tampouco se observou unha gran redución da súa viabilidade. Deseñáronse varias formulacións preliminares con diferentes proporcións do extracto e varios compoñentes comúns na industria cosmética. Finalmente, obtívose unha formulación con boa actividade antimicrobiana e capacidade de redución de biofilm, respectuosa coa microbiota oral e compatible co uso diario como terapia preventiva.

Miguel Bouzas, María Trinidad de (Titoría)
Gómez Calvo, Lorena Cotitoría
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Titoría)
Gómez Calvo, Lorena Cotitoría
Tribunal
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
Avaliación do despregamento inducido termicamente da proteína recombinante PrPC do rato de monte vermello que presenta unha mutación patóxena causante da enfermidade por prións
Autoría
R.P.L.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
R.P.L.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
Os prións son axentes infecciosos compostos unicamente por proteína, e causan enfermidades neurodexenerativas fatais. A súa patoxenicidade está asociada á conversión da proteína priónica desde a súa conformación celular ata unha conformación infecciosa e mal pregada, que forma agregados amiloides. Existen mutacións que provocan unha maior propensión a desencadear enfermidades priónicas. Unha delas é a substitución do residuo de glutamato por lisina na posición 200 (E200K). Neste contexto, iniciouse un estudo para avaliar o despregamento inducido por calor da proteína priónica recombinante do rato de monte vermello que presenta o polimorfismo de isoleucina no residuo 109 e a mutación E200K. Expresouse e purificouse a proteína priónica do rato de monte para realizar experimentos de espectroscopía de Resonancia Magnética Nuclear (RMN) e Dicroísmo Circular (DC). Mediante RMN avaliarase o proceso de despregamento térmico e a súa reversibilidade, mentres que os espectros de DC permitirán identificar cambios na estrutura secundaria da proteína. Os resultados compararanse cos obtidos para a versión silvestre da proteína priónica do rato de monte vermello. Descubiuse que a proteína mutante se comporta de forma significativamente distinta á súa versión silvestre. Aínda que ambas proteínas presentan unha estabilidade térmica similar, os cambios provocados polo despregamento só son reversibles na variante mutante E200K. A reversibilidade é practicamente total, e os cambios observados tras o quecemento parecen deberse a un maior contido en lámina-B. Espérase que estes resultados contribúan a comprender como se produce a conversión da proteína priónica desde a súa isoforma celular ata a súa isoforma patóxena.

RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Titoría)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Titoría)
Tribunal
FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO (Presidente/a)
Pozo Míguez, Iago (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO (Presidente/a)
Pozo Míguez, Iago (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
Identificación de bacterias potencialmente patóxenas na microbiota de ameixa asociadas a mortalidade polo incremento da temperatura da auga.
Autoría
M.R.D.A.L.
Grao en Bioloxía (3ªed)
M.R.D.A.L.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
A produción de moluscos bivalvos en Galicia, en especial da ameixa babosa (Venerupis corrugata), experimentou un notable descenso durante os últimos anos, posiblemente relacionado cos efectos do cambio climático. O aumento da temperatura da auga pode provocar un desequilibrio da microbiota destes bivalvos, favorecendo a proliferación de bacterias oportunistas do xénero Vibrio, responsables da enfermidade denominada vibriosis. Este traballo ten como obxectivo detectar a presenza de bacterias potencialmente patógenas presentes na microbiota da ameixa babosa tras un evento de aumento da temperatura da auga. Para iso, realizouse un ensaio no que se expuxeron ameixas a un aumento de temperatura, de 15 ºC (control) a 20 ºC, desencadeando un brote de mortalidade asociado a unha disbiosis. Illáronse bacterias tanto de exemplares sans como dos afectados, e realizouse unha análise fenotípico en relación coa presenza de factores de virulencia: hemólisis, actividade gelatinasa, lipasa e produción de sideróforos. Os resultados indicaron un incremento de illados bacterianos cunha maior frecuencia e intensidade destas actividades a partir das ameixas sometidas a estrés térmico, evidenciando unha microbiota enriquecida en bacterias potencialmente patógenas. Ademais, avaliouse a utilidade da detección por PCR dos xenes frpA e abtA, implicados no transporte dos sideróforos piscibactina e anfibactina, como posibles marcadores moleculares preditivos de mortalidade. Conclúese que a produción de anfibactina está estreitamente relacionada cunha maior virulencia bacteriana, o que suxire o seu valor como indicador temperán para detectar brotes infecciosos.

LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)
BALADO DACOSTA, MIGUEL Cotitoría
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)
BALADO DACOSTA, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
Determinación de posibles interaccións xenéticas entre versións desreguladas de YEN1 e xenes implicados na eliminación de adutos covalentes ADN proteína
Autoría
L.R.F.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
L.R.F.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
O mantemento da estabilidade xenómica depende dun amplo conxunto de mecanismos de reparación do ADN, entre os que se atopan as nucleasas específicas de estrutura. En Saccharomyces cerevisiae, a endonucleasa Yen1 desempeña un papel esencial como resolvasa de unións de Holliday, e a súa actividade está exhaustivamente regulada ao longo do ciclo celular. Diversos estudos demostraron que versións desreguladas de Yen1, con expresión constitutiva ou non fosforilables, poden resultar tóxicas se acceden prematuramente ao ADN durante a fase S. Neste contexto, a expresión dunha variante catalíticamente inactiva de Yen1 (Yen1ON-ND) mantén dita toxicidade, o cal suxire a posible formación de aductos proteína ADN, unha lesión altamente obstrutiva para a replicación e transcrición. Este Traballo de Fin de Grado plantexa se a sobreexpresión de factores implicados na resolución de entrecruzamentos proteína ADN (DPCs) pode suprimir a toxicidade. Para ilo, clonáronse os xenes WSS1, CDC48 e DDI1 mediante o sistema de clonación Gateway e intentaron expresarse constitutivamente en S. cerevisiae. WSS1 codifica unha proteasa dependiente de ADN que actúa sobre DPCs en colaboración coa ATPasa Cdc48, encargada de segregar proteínas sumoiladas ou ubiquitinadas da cromatina. Pola súa parte, DDI1 podería actuar de forma redundante cando as vías principais fallan. Aínda que non se logrou determinar a interacción entre as proteínas de interese e Yen1ON-ND, os resultados obtidos suxiren toxicidade da sobreexpresión constitutiva de WSS1 e o traballo senta as bases para o estudo do potencial supresor de WSS1, CDC48 e DDI1 baixo promotores inducibles alternativos.

Desenvolvemento de sistemas dirixidos de indución de apoptosis
Autoría
A.R.R.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
A.R.R.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A comunicación intercelular desempeña un papel chave na resposta ao dano en tecidos. A regulación de procesos como a morte celular programada ou a senescencia, tradicionalmente considerados como mecanismos independentes, é esencial para a correcta reparación e rexeneración do tecido danado. Neste contexto, estudos recentes no noso laboratorio expuxeron que certas formas de morte celular poderían inducir senescencia en células veciñas a través de sinais paracrinas. Este traballo propúxose explorar esa hipótese empregando un sistema de apoptosis controlada, independente da mitocondria, baseado na activación inducida da caspasa 9. Para iso, xerouse unha liña de células TC1 modificadas para expresar unha versión inducible da caspasa 9 (iCasp9-GFP), activada mediante o composto dimerizador AP20187. As células apoptóticas foron expostas a fibroblastos primarios embrionarios murinos mediante cultivos in vitro con medios condicionados, sistemas transwell e co-cultivo directo, tras o cal avaliouse a posible indución de senescencia. En todos os casos, os resultados mostraron que a indución de apoptosis non foi suficiente para activar de maneira paracrina un fenotipo senescente nas células diana, en contraste cos controis positivos de células inducidas a senescencia mediante tratamento con quimioterapéuticos tradicionais. Estes achados permiten desligar o proceso de morte celular da sinalización que o acompaña, suxerindo que é esta sinalización (e non a apoptosis en si mesma) a responsable de inducir senescencia paracrina, sendo posibles detonantes outros factores como a disfunción mitocondrial ou o contexto inmunolóxico. O estudo ofrece un marco útil para seguir explorando a complexa interacción entre a morte celular e a senescencia, con potenciais implicacións terapéuticas en enfermidades asociadas ao envellecemento ou á rexeneración tisular.

¿As estatísticas de danos do lobo á gandaría poderían considerarse un indicador axeitado do impacto sobre a cabana gandeira?
Autoría
J.R.V.
Grao en Bioloxía (3ªed)
J.R.V.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Existen datos acerca do impacto do lobo sobre a gandaría que xestiona a administración e que son xeradas a partir das denuncias e reclamacións presentadas polos gandeiros, os cales son compensados polos danos causados. Este traballo busca determinar se as estatísticas de danos ao gando por ataques de lobos poden considerarse un indicador preciso e se existen métodos alternativos máis fiables. O obxectivo principal consiste en valorar estas estatísticas e comparalas con outros métodos, como a análise de excrementos para estudar a dieta e o uso de colares GPS. Para este fin, realizouse unha revisión bibliográfica de estudos sobre a predación do lobo e a súa dieta. Aínda que as estatísticas de danos son útiles, non sempre reflicten con precisión o impacto real do lobo sobre o gando, xa que poden verse influenciadas por factores como denuncias fraudulentas por parte dalgúns gandeiros ou cabezas de gando que sen localizar, entre outros. Os estudos sobre a dieta amosan que non é posible diferenciar se a causa da morte da presa foi por un evento de predación ou por carroñeo, o que dificulta ofrecer datos precisos. Porén, mediante a monitorización dos lobos con colares GPS poderíanse xerar datos moito máis fiables e sen sesgos. Este estudo sería útil para comprobar se os cartos investidos pola administración en compensacións por danos correspóndese cos datos reais de predación do lobo sobre o gando.

DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Titoría)
LLANEZA RODRIGUEZ, LUIS ALADINO Cotitoría
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Titoría)
LLANEZA RODRIGUEZ, LUIS ALADINO Cotitoría
Tribunal
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA (Secretario/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA (Secretario/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Deseño de biorrefinerías por modelado. Caso de estudo do bagazo de cervexa
Autoría
P.S.M.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
P.S.M.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta unha aproximación ao deseño preliminar dunha biorrefinería, baseada na definición e optimización dunha superestrutura. O caso de estudo utiliza o bagazo de cervexa (BSG), o subproduto maioritario da industria cervexeira. A partir dunha revisión bibliográfica, identificáronse múltiples rutas de valorización e, posteriormente, seleccionáronse e caracterizáronse estas tecnoloxías orientadas ao aproveitamento de diferentes fraccións do residuo. As distintas alternativas de valorización foron integradas nunha superestrutura, a cal permitiu comparar as múltiples propostas identificadas para a obtención de diferentes produtos con valor comercial. Neste contexto, avaliouse o uso do BSG como materia prima en transformacións mediadas por microorganismos mediante o uso de modelos metabólicos a escala xenómica (GEM). Estes permitiron realizar un cribado dos organismos recollidos na literatura, identificando posibles fontes de carbono, produtos potenciais e os seus rendementos. Finalmente, tras a formulación do problema da superestrutura con OUTDOOR e a súa resolución, determinouse a ruta máis favorable desde o punto de vista económico. Entre as diversas solucións exploradas e comparadas, identificáronse como procesos máis favorables: 1) o compostaxe directa do BSG, 2) a extracción de compostos fenólicos seguida da dixestión anaerobia da fracción non aproveitada, e 3) a extracción de proteínas xunto cunha transformación biolóxica mediada por Saccharomyces cerevisiae. Deste xeito, a metodoloxía proposta demostrou ser unha ferramenta robusta, flexible e replicable, con potencial para ser aplicada nas etapas temperás do deseño de biorrefinerías orientadas á valorización de distintos residuos agroindustriais.

MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Titoría)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Presidente/a)
CASTRO TUBIO, JOSE MANUEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Presidente/a)
CASTRO TUBIO, JOSE MANUEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)
Análise das poboacións de linfocitos no bazo e na cavidade peritoneal de rodaballos vacinados
Autoría
L.S.M.
Grao en Bioloxía (3ªed)
L.S.M.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Neste traballo de investigación, co propósito de analizar a resposta inmunitaria en rodaballos tras a inmunización con antíxenos de Philasterides dicentrarchi ou con ficoeritrina, levouse a cabo un estudo das poboacións de linfocitos B IgM+ e de linfocitos T no bazo e nos cúmulos célula-vacina da cavidade peritoneal en rodaballos vacinados. Para determinar a presenza destas células linfoides, utilizáronse técnicas de inmunofluorescencia e de hibridación in situ para identificar as células B IgM+ e T aos 4, 7, 14 e 21 días tras a inmunización. A inmunización xerou unha intensa proliferación de linfocitos B IgM+ no tecido linfoide asociado aos centros melanomacrofáxicos (M-LAs) a partir do día 4, incrementándose ata o día 7. A partir do día 14, reduciuse o número e a actividade proliferativa das células B nos M-LAs. En canto ás células T, estas adoptan unha posición periférica en torno aos M-LAs, interactuando coas capas máis externas dos linfocitos B. Por outro lado, observouse a migración de células B e T á cavidade peritoneal, localizándose nos cúmulos células-vacina que se forman na mesma como consecuencia da inmunización.

LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Titoría)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
Transformación de vide para inducción de embrioxénese somática
Autoría
P.D.S.P.
Grao en Bioloxía (3ªed)
P.D.S.P.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
A transformación da vide é unha vía prometedora para a mellora xenética, dificultada pola baixa eficiencia da organoxénese e a embrioxénese. Este estudo explorou a posibilidade de activar estes procesos mediante a expresión de reguladores do desenvolvemento, como WUSCHEL2 e LEAFY COTYLEDON2, xa que estes demostraron ter éxito noutras especies. A expresión destes xenes conseguiuse mediante o ensamblaxe de construcións GreenGate e o uso dun protocolo de transformación con Agrobacterium tumefaciens tanto en vide coma en tabaco. Ademais, o promotor do xene OLEOSIN4 utilizouse como marcador da embrioxénese somática debido ao seu alto nivel de expresión nos calos embrioxénicos. Os resultados indicaron que, nas condicións probadas, a expresión de LEAFY COTYLEDON2 non foi suficiente para activar a embrioxénese somática e que WUSCHEL2 non induciu a organoxénese directa na vide. Estes achados subliñan a dificultade da rexeneración nas variedades 'Thompson Seedless' e 'Albariño' e a necesidade de axustar factores como o tipo de tecido, a fase de desenvolvemento e a forza dos promotores utilizados. Aínda así, o estudo senta as bases para o deseño de protocolos de transformación xenética máis eficaces nas vides, esenciais para a súa mellora biotecnolóxica.
A transformación da vide é unha vía prometedora para a mellora xenética, dificultada pola baixa eficiencia da organoxénese e a embrioxénese. Este estudo explorou a posibilidade de activar estes procesos mediante a expresión de reguladores do desenvolvemento, como WUSCHEL2 e LEAFY COTYLEDON2, xa que estes demostraron ter éxito noutras especies. A expresión destes xenes conseguiuse mediante o ensamblaxe de construcións GreenGate e o uso dun protocolo de transformación con Agrobacterium tumefaciens tanto en vide coma en tabaco. Ademais, o promotor do xene OLEOSIN4 utilizouse como marcador da embrioxénese somática debido ao seu alto nivel de expresión nos calos embrioxénicos. Os resultados indicaron que, nas condicións probadas, a expresión de LEAFY COTYLEDON2 non foi suficiente para activar a embrioxénese somática e que WUSCHEL2 non induciu a organoxénese directa na vide. Estes achados subliñan a dificultade da rexeneración nas variedades 'Thompson Seedless' e 'Albariño' e a necesidade de axustar factores como o tipo de tecido, a fase de desenvolvemento e a forza dos promotores utilizados. Aínda así, o estudo senta as bases para o deseño de protocolos de transformación xenética máis eficaces nas vides, esenciais para a súa mellora biotecnolóxica.
Dirección
SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Titoría)
SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
Cetáceos das Costas de Galicia: saúde das poboacións, posibles ameazas e estratexias de conservación
Autoría
A.S.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
A.S.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Os cetáceos cumpren un papel esencial nos ecosistemas mariños como bioindicadores do estado ambiental e reguladores tróficos. A costa galega, destacada pola súa elevada biodiversidade, alberga unha notable diversidade de especies actualmente ameazadas por distintas presións antrópicas. Este traballo constitúe unha revisión do coñecemento histórico e científico sobre as poboacións de cetáceos en Galicia, identificando as principais ameazas que afrontan e avaliando as estratexias de conservación existentes ou potenciais. Entre os factores de risco máis relevantes destacan a captura accidental, o aumento do tráfico marítimo, a contaminación (acústica e química) e os efectos derivados do cambio climático. Como medidas prioritarias propóñense a mellora na xestión das Áreas Mariñas Protexidas, o desenvolvemento de tecnoloxías de mitigación e a aplicación efectiva de marcos normativos específicos. Tamén se subliña a necesidade de programas de seguimento sistemático e do fomento da educación ambiental e a implicación social. Este estudo ofrece unha síntese actualizada que pode servir de base para o deseño de políticas de conservación adaptadas ao contexto galego e aliñadas cos compromisos internacionais en materia de biodiversidade mariña.

BASELGA FRAGA, ANDRES Cotitoría
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Titoría)
BASELGA FRAGA, ANDRES Cotitoría
Tribunal
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA (Secretario/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA (Secretario/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Impacto da integración somática de LINE-1 sobre a estrutura do ARN en tumores humanos
Autoría
L.S.P.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
L.S.P.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Os elementos transpoñibles (TEs) son secuencias de ADN capaces de cambiar a súa localización dentro do xenoma que os contén, nun proceso coñecido como transposición. Os TEs clasifícanse en dous tipos segundo o seu mecanismo de transposición: transposóns de ADN e transposóns de ARN, tamén chamados retrotransposóns. Nos mamíferos, adoitan representar arredor do 50 % do xenoma. Como consecuencia final da transposición, a integración destas secuencias pode provocar mutacións xenéticas, influíndo tanto na evolución das especies como no desenvolvemento de enfermidades como o cancro. De feito, estudos recentes demostraron que a retrotransposición está moi activa nalgúns tumores humanos. A nivel transcricional, observouse que a integración de retrotransposóns pode alterar o empalme do ARN ou favorecer o inicio ou a finalización alternativa da transcrición. Non obstante, os mecanismos mutacionais a nivel do ARN foron pouco estudados debido ás limitacións das tecnoloxías de secuenciación de lectura curta (as máis empregadas ata o momento). Este estudo ten como obxectivo avaliar o impacto da integración de retrotransposóns, principalmente de elementos LINE-1 (L1), na estrutura dos transcritos en tumores humanos. Para iso, empregamos secuenciación directa de ARN mediante tecnoloxía de lectura longa, co fin de obter os transcriptomas de tres tumores humanos con altas taxas de mobilización de retrotransposóns. Despois, analizamos os datos con técnicas bioinformáticas para detectar posibles alteracións no procesamento do ARN. A nosa análise identificou integracións somáticas de LINE-1 asociadas con estruturas aberrantes de ARN, incluíndo exonización de retrotransposóns e finalización prematura da transcrición. Estas observacións poñen de manifesto o potencial da integración somática de retrotransposóns para impactar na expresión e función xénica no cancro, abrindo o camiño a futuros estudos que afonden nestes mecanismos mutacionais e na súa posible contribución ao desenvolvemento tumoral.

Búsqueda de lncRNAs implicados no desenvolvemento da enfermidade hepática.
Autoría
P.S.G.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
P.S.G.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A fibrose hepática é un proceso cicatricial progresivo que altera a arquitectura e función do fígado. As células estreladas hepáticas (CEH) e o factor de crecemento transformante-beta (TGF-ß) son protagonistas clave nesta progresión. Baixo a hipótese de que certos ARN longos non codificantes poderían modular dita activación, neste traballo plantexouse a análise dos cambios transcripcionais inducidos por TGF-ß mediante RNA-Seq a partir de librerías xeradas por ribodepleción na liña celular de CEH LX-2. A análise de control de calidade revelou un problema técnico na creación das librerías, o que conlevou ao desenvolvemento dun método de filtrado máis exhaustivo e personalizado ao contexto dos datos, que foi posible grazas á existencia de datos equivalentes obtidos a partir de librerías xeradas por selección de transcritos poliadenilados. Finalmente, identificáronse 2651 xenes con expresión diferencial, dos cuales 521 corresponden a ARN longos non codificantes. Destacan, a sobreexpresión do xen mitocondrial MT-ND6 y do regulador GPRACR, asociado á sintese de coláxeno. Tamén destaca a regulación á baixa de xenes codificantes de histonas, implicados na organización da cromatina. Estes resultados amplían o coñecemento dos mecanismos que dirixen a fibrose hepática e sinalan novas dianas diagnósticas e terapéuticas.

ESQUINAS ROMAN, EVA MARIA Cotitoría
VARELA REY, MARTA MARIA (Titoría)
ESQUINAS ROMAN, EVA MARIA Cotitoría
Tribunal
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Presidente/a)
CASTRO TUBIO, JOSE MANUEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Presidente/a)
CASTRO TUBIO, JOSE MANUEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)
Tecnoloxía Organ-on-a-chip e as súas aplicacións en enfermidades neurodexenerativas
Autoría
A.T.G.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
A.T.G.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
As enfermidades neurodexenerativas teñen unha elevada incidencia e prevalencia na poboación. O seu crecemento é exponencial, debido ao aumento da esperanza de vida, xa que, o envellecemento é o principal factor de risco para desenvolver este tipo de patoloxías. Por iso, a investigación e o desenvolvemento de novas metodoloxías para tratar de comprender a etioloxía e os mecanismos destas enfermidades ou a mellora de estratexias farmacolóxicas para os pacientes supón un desafío para a comunidade científica. Unha das cuestións máis relevantes é o perfeccionamento dos modelos de enfermidade tanto os modelos in vitro ou in vivo. Neste contexto, hai aproximadamente 15 anos, nacen os organ-on-a-chip, como ferramenta metodolóxica innovadora que ofrece novas posibilidades para abordar as devanditas enfermidades e exporse como método complementario aos xa existentes. Este traballo ten como obxectivo describir en profundidade a tecnoloxía organ-on-a-chip, determinar a súa aplicabilidade no campo da neurociencia e contrastar a información cun investigador referente no campo. Para iso realizouse unha revisión bibliográfica apoiándose en publicacións recollidas nas bases de datos PubMed e Google Scholar entre os anos 2015-2025 e unha entrevista ao Prof. Josep M. Canals Coll. Os resultados obtidos indican que os organ-on-a-chip son dispositivos tridimensionais que combinan microfluídica cunha gran variedade de tipos celulares. Son modelos versátiles, dinámicos, reproducibles e estandarizables para o replicado de enfermidades neurodegenerativas uni/multifactoriais. Actualmente, pódense considerar unha ferramenta complementaria en estudos de biotoxicidade e seguridade farmacolóxica xunto aos modelos animais, aínda que, sen dúbida son unha perspectiva de futuro moi prometedora, para a industria farmacéutica aínda presentan importantes limitacións para esta abordaxe.

DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
LOPEZ LOPEZ, ANDREA Cotitoría
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
LOPEZ LOPEZ, ANDREA Cotitoría
Tribunal
FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO (Presidente/a)
Pozo Míguez, Iago (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO (Presidente/a)
Pozo Míguez, Iago (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
Expresión de proteínas asociadas a seipina en fibroblastos primarios de pacientes con PELD
Autoría
G.V.A.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
G.V.A.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
As lipodistrofias constitúen un conxunto de enfermidades raras, caracterizadas pola perda anormal e progresiva de tecido adiposo. A lipodistrofia conxénita xeneralizada de tipo 2 está causada por variantes no xene BSCL2, responsable de codificar a proteína seipina, e está estreitamente asociada coa encefalopatía de Celia, unha enfermidade neurodexenerativa infantil. A expresión e detección precisas da seipina son tecnicamente complexas. O obxectivo principal deste traballo é desenvolver un método eficaz e fiable para avaliar a expresión e detección da seipina en fibroblastos primarios derivados de pacientes con encefalopatía de Celia, co fin de afondar na súa función e papel patolóxico. Para este propósito, establecéronse cultivos primarios de fibroblastos de tres pacientes e un suxeito de control. Posteriormente, realizouse a extracción e cuantificación de proteínas, así como a comparación de dous sistemas de transferencia de Western blot: o método tradicional e o sistema Bis-Tris. Ademais, avaliáronse varios anticorpos comerciais, xunto con dous anticorpos personalizados, para determinar cal permitiría cuantificar de forma fiable a seipina. Os resultados indicaron que o sistema Bis-Tris proporciona unha maior eficiencia e que só un dos anticorpos (LI International Short Antigen, específico para a isoforma mutada) permitiu a identificación das bandas proteicas esperadas.

ARAUJO VILAR, DAVID Cotitoría
SANCHEZ IGLESIAS, SOFIA Cotitoría
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Titoría)
ARAUJO VILAR, DAVID Cotitoría
SANCHEZ IGLESIAS, SOFIA Cotitoría
Tribunal
FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO (Presidente/a)
Pozo Míguez, Iago (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO (Presidente/a)
Pozo Míguez, Iago (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
Epixenética do estrés: mecanismos e evidencia de transmisión xeracional
Autoría
J.V.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
J.V.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
Os factores ambientais poden inducir modificacións epixenéticas que alteran a expresión xénica sen cambiar a secuencia do ADN, destacando o estrés polo seu impacto actual na saúde mental. Sempre que escapen aos dous procesos de reprogramación na liña xerminal en cada xeración, as modificacións poden afectar tanto interxeracional como transxeracionalmente, o que podería contribuír á predisposición a trastornos psicolóxicos en xeracións futuras. Desta forma, explórase a aceptación xeralizada de que o estrés deixa unha pegada epixenética que afecta ás xeracións posteriores, analizando a evidencia dispoñible, os mecanismos moleculares implicados (metilación do ADN, modificación de histonas e ARN non codificante) e o seu funcionamento, así como os factores que condicionan a súa aparición e transmisión. A revisión bibliográfica mostra que a exposición a factores ambientais durante xanelas de vulnerabilidade, onde o epixenoma é especialmente sensible, incrementa a probabilidade de que as modificación epixenéticas afecten á liña xerminal. Con todo, mentres que os estudos revisados fundamentan a herdanza epixenética interxeracional tanto en modelos animais como en humanos, só un experimento en ratas achega probas moleculares directas dunha transmisión epixenética transxeracional provocada polo estrés.

Alteracións na barreira hematoencefálica (BHE) na caquexia asociada ao cancro.
Autoría
L.V.V.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
L.V.V.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
A caquexia asociada ao cancro é un síndrome multifactorial que altera o estado metabólico do paciente. A resposta inflamatoria sistémica inducida polo tumor pode afectar á integridade da barreira hematoencefálica (BHE) orixinando unha desregulación do sistema nervioso central que contribúe á progresión da caquexia. Comprender a relación entre a caquexia asociada ao cancro e a BHE podería contribuír a mellorar o seu manexo clínico e reducir as súas posibles complicacións neurolóxicas. A hipótese do traballo expón que un modelo in vitro sinxelo de BHE permite estudar as alteracións inducidas polos factores circulantes presentes no soro de ratos con caquexia inducida por cancro. O obxectivo deste traballo foi avaliar o efecto destes soros sobre a estrutura da BHE. Para isto, utilizouse un modelo in vitro de BHE baseado en células bEnd.3 que foron tratadas con soros de ratos con carcinoma pulmonar de Lewis ou soros de ratos control. Avaliouse a viabilidade celular empregando 3-(4,5-dimetiltiazol-2-il)-2,5-difeniltetrazol (MTT), a produción de especies reactivas de osíxeno (ERO) mediante citometría de fluxo, as alteracións na estrutura da barreira endotelial mediante a determinación da resistencia eléctrica transendotelial (TEER) e a expresión de proteínas de unións estreitas (TJs) mediante Western blot. Os principais resultados indican que, á concentración utilizada, os soros procedentes de ratos con caquexia non inducen unha diminución significativa da viabilidade celular e non provocan un aumento significativo na produción ERO, aínda que tenden a reducir a TEER tras exposicións prolongadas das células endoteliais, pero sen xerar cambios significativos na expresión de proteínas de unión estreita. Por tanto, a hipóteses non puido validarse de forma definitiva, senón que se precisan estudos con maior potencia estatística empregando diferentes concentracións de soro para obter resultados máis concluíntes.

VIÑA CASTELAO, MARÍA DOLORES (Titoría)
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA Cotitoría
VIÑA CASTELAO, MARÍA DOLORES (Titoría)
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Vogal)
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Vogal)
Avaliación da actividade antiviral dos distintos líquidos iónicos fronte ao virus da necrose nerviosa viral (NNV) e ao virus da viremia primaveral da carpa (VVPC)
Autoría
M.M.V.B.
Grao en Bioloxía (3ªed)
M.M.V.B.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
Os líquidos iónicos (ILs) son compostos formados exclusivamente por ións, con propiedades fisicoquímicas que os fan potencialmente útiles en aplicacións biomédicas. Neste traballo avaliouse a actividade antiviral de dous líquidos iónicos, Betaína TFSI e AMIM Cl, fronte a dous virus relevantes na acuicultura: o virus da necrose nerviosa viral (NNV), sen envoltura, e o virus da viremia primaveral da carpa (VVPC), un virus con envoltura. Realizáronse ensaios de citotoxicidade en liñas celulares específicas, así como probas de inhibición da adsorción e da replicación viral. Os achados demostran que algúns líquidos iónicos teñen capacidade para interferir no ciclo replicativo viral, o que suxire o seu potencial como ferramentas innovadoras para o control de enfermidades infecciosas no ámbito acuícola.
Os líquidos iónicos (ILs) son compostos formados exclusivamente por ións, con propiedades fisicoquímicas que os fan potencialmente útiles en aplicacións biomédicas. Neste traballo avaliouse a actividade antiviral de dous líquidos iónicos, Betaína TFSI e AMIM Cl, fronte a dous virus relevantes na acuicultura: o virus da necrose nerviosa viral (NNV), sen envoltura, e o virus da viremia primaveral da carpa (VVPC), un virus con envoltura. Realizáronse ensaios de citotoxicidade en liñas celulares específicas, así como probas de inhibición da adsorción e da replicación viral. Os achados demostran que algúns líquidos iónicos teñen capacidade para interferir no ciclo replicativo viral, o que suxire o seu potencial como ferramentas innovadoras para o control de enfermidades infecciosas no ámbito acuícola.
Dirección
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
SOUTO PEREIRA, SANDRA Cotitoría
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
SOUTO PEREIRA, SANDRA Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
González Blanco, Miguel (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
González Blanco, Miguel (Vogal)
Multimerización de epítopos da glicoproteína de HIV xeradores de anticorpos amplamente neutralizantes con IC-Tagging
Autoría
N.V.A.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
N.V.A.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
O virus da inmunodeficiencia humana (HIV) continúa sendo un dos principais retos no ámbito da saúde pública mundial, debido á súa alta variabilidade xenética e á dificultade para desenvolver unha vacina eficaz. Un dos enfoques máis prometedores céntrase na indución de anticorpos amplamente neutralizantes (BNAs), capaces de recoñecer epítopos conservados da glicoproteína da envoltura do virus. Porén, estes epítopos presentan unha baixa inmunoxenicidade que limita a súa capacidade de indución dunha resposta inmune efectiva. Neste traballo desenvolveuse un sistema baseado na tecnoloxía IC-Tagging, adaptada para favorecer a multimerización dos epítopos e mellorar a súa presentación ao sistema inmunitario. Para ilo, deseñáronse dúas construcións que conteñen epítopos do HIV recoñecidos por BNAs, que se expresaron empregando o sistema de expresión de baculovirus en células de insecto e que se encapsularon nas esferas formadas polo sistema. A produción dos baculovirus recombinantes realizouse a partir de bácmidos verificados por PCR e a expresión das proteínas foi confirmada mediante SDS-PAGE, Western Blot e inmunofluorescencia. A análise dos resultados confirmou a correcta expresión das proteínas de interese e a súa encapsulación eficiente nas esferas formadas pola proteína muNS-Mi e sec-muNS-Mi. Estes resultados validan o sistema IC-Tagging como unha plataforma eficaz para a multimerización de epítopos, establecendo así as bases para futuros desenvolvementos de inmunóxenos máis potentes fronte ao virus da inmunodeficiencia humana.

MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Titoría)
BARREIRO PIÑEIRO, NATALIA Cotitoría