Descifrando o papel central de p38alfa no control da homeostase enerxética e as súas implicacións nas enfermidades metabólicas.
Autoría
A.A.G.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)

Data da defensa
18.07.2025 11:55
18.07.2025 11:55
Resumo
A quinasa p38alfa participa en múltiples procesos celulares, incluída a regulación do metabolismo enerxético. Estudos previos do grupo analizaron a súa función no núcleo arcuato (ARC) do hipotálamo, unha rexión clave para o control da homeostase enerxética, a inxesta e o metabolismo da glicosa. Para iso, eliminouse p38alfa nas dúas principais poboacións neuronais presentes no núcleo ARC, as neuronas AgRP e as neuronas POMC. Comprobouse que unha eliminación nas neuronas POMC provoca unha perda de peso corporal, mentres que a eliminación de p38alfa nas neuronas AgRP provoca un aumento do peso corporal en ratos. Isto suxire unha regulación diferencial do metabolismo corporal dependente do tipo neuronal no que se elimine p38alfa, o que resalta a relevancia de estudar en profundidade as implicacións fisiolóxicas desta quinase. O presente traballo centrouse en analizar as consecuencias periféricas e a relación entre a eliminación de p38alfa nas neuronas AgRP en ratos alimentados cunha dieta estándar, e a súa influencia sobre tecidos metabolicamente relevantes como o fígado, o tecido adiposo branco (WAT) e o tecido adiposo pardo (BAT). Con tal fin, estudáronse os tres tecidos desde o punto de vista histolóxico, pero tamén se estudou a expresión de proteínas relacionadas coa termoxénese, como UCP1 (Proteína desacoplante 1), e de proteínas relacionadas coa lipólise hepática, como LPL (lipoproteinlipase), mediante as técnicas de Western blot e q-PCR. A nivel morfolóxico, obsérvase un incremento do tamaño dos adipocitos, tanto en WAT, BAT como no fígado, naqueles ratos onde se eliminou p38alfa nas neuronas AgRP. En canto á avaliación dunha posible diminución da termoxénese como posible explicación ao incremento de peso destes animais, non se atoparon diferenzas significativas en BAT, e observouse unha tendencia á redución da expresión de UCP1 en WAT. A nivel hepático, detectouse un aumento na acumulación de lípidos, confirmado por tincións específicas e acompañado dunha alteración na expresión de FGF21 (Factor de crecemento fibroblástico 21), o que suxire unha posible vía de compensación metabólica mediada por este. En definitiva, este traballo profundou nos mecanismos de comunicación intertisular mediados por p38alfa no hipotálamo, e no seu papel na regulación do metabolismo, para contribuír á comprensión da fisiopatoloxía da obesidade.

Dirección
MUÑOZ PATIÑO, ANA MARIA (Titoría)
FOLGUEIRA COBOS, CINTIA Cotitoría
MUÑOZ PATIÑO, ANA MARIA (Titoría)
FOLGUEIRA COBOS, CINTIA Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rivadulla Fernández, Juan Casto (Presidente/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Secretario/a)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Vogal)

Engorde de rodaballo (Scophthalmus maximus) en Stolt Sea Farm. Planta de Quilmas
Autoría
L.M.A.L.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
L.M.A.L.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
Data da defensa
11.02.2025 12:00
11.02.2025 12:00
Resumo
A produción de rodaballo en Galicia converteuse nunha industria clave e unha fonte de emprego, destacando o papel de empresas como Stolt Sea Farm. Este Traballo Fin de Máster introduce o proceso productivo do rodaballo, así como a estrutura organizativa e instalacións coas que conta a planta de Quilmas para lograr unha produción eficiente. Profúndase nas funcións do departamento de benestar, centrándose no control sanitario da granxa e nas principais patoloxías que a afectan. Así mesmo, descríbense as tarefas do departamento de produción, facendo especial énfase na xestión da alimentación e o control da densidade poboacional.

BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
Castaño Varela, Iria Cotitoría
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
Castaño Varela, Iria Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Vogal)
Estudo da dinámica trófica estacional do mesozooplancto nun ecosistema de afloramento costeiro (ría da Coruña) utilizando isótopos estables en tecidos completos e aminoácidos
Autoría
C.A.S.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
C.A.S.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
Data da defensa
27.06.2025 10:00
27.06.2025 10:00
Resumo
Este estudo analiza a ecoloxía trófica da comunidade mesozooplanctónica da Ría da Coruña, unha zona costeira caracterizada por unha forte influencia dos afloramentos estacionais. Mediante a análise isotópica de tecidos completos e compostos específicos de aminoácidos individuais (CSIA-AA), estimáronse as posicións tróficas do mesozooplanctónico, TPGlx e TPAla, o que permite diferenciar entre os fluxos tróficos clásicos (herbivorismo) e os que inclúen o bucle microbiano. Integráronse datos ambientais e meteorolóxicos (temperatura, salinidade, nutrientes, clorofila a e índice de afloramento) de mostraxes mensuais de 1995, 2004, 2015 e 2021. Os resultados mostran variabilidade estacional nas posicións tróficas: valores máis baixos durante os períodos de afloramento, o que indica a prevalencia da herbivorismo sobre outras estratexias tróficas, mentres que se observan valores máis altos no inverno, o que reflicte unha maior complexidade trófica e influencia microbiana. As análises de correlación e PCA mostraron que esta estacionalidade no TP do mesozooplancto estaba determinada principalmente pola variabilidade ambiental asociada ao afloramento (temperatura, clorofila a e concentración de nutrientes disoltos). Este traballo demostra que o uso de CSIA-AA, xunto coa análise de variables ambientais, é unha ferramenta eficaz para estimar con maior precisión a estrutura trófica en ecosistemas peláxicos e altamente dinámicos debido á influencia dos fenómenos de afloramento, que teñen un impacto directo na base da rede trófica e, polo tanto, na funcionalidade dos ecosistemas.

DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Titoría)
Viana González, Inés Cotitoría
Rodríguez Ramos, Tamara Cotitoría
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Titoría)
Viana González, Inés Cotitoría
Rodríguez Ramos, Tamara Cotitoría
Tribunal
BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)

Caracterización molecular de células nai pluripotentes inducidas derivadas de pacientes con CADASIL
Autoría
D.A.T.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
D.A.T.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 11:55
18.07.2025 11:55
Resumo
CADASIL (Arteriopatía Cerebral Autosómica Dominante con Infartos Subcorticais e Leucoencefalopatía) é unha enfermidade cerebrovascular hereditaria causada por variantes patóxenas (VPs) no xene NOTCH3. No presente traballo empregáronse liñas de células nai pluripotentes inducidas humanas (hiPSCs) derivadas de pacientes con diferentes VPs, xunto cun suxeito control, co obxectivo de analizar a súa utilidade no modelado in vitro da enfermidade. Os obxectivos principais foron, por unha banda, caracterizar as hiPSCs xeradas, incluíndo a expresión de marcadores pluripotentes, así como a súa capacidade de diferenciación dirixida ás tres liñaxes embrionarias (endoderma, mesoderma e ectoderma). Por outra banda, estudouse a acumulación aberrante da proteína Notch3 asociada á patoloxía nas hiPSCs mediante ensaios de inmunofluorescencia co fin de analizar posibles diferenzas entre os pacientes e o suxeito control. Estes estudos preliminares permitiron validar a calidade e estabilidade das liñas hiPSCs xeradas, un paso fundamental para o seu uso en futuros modelos celulares e no estudo dos mecanismos moleculares implicados en CADASIL.

Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Titoría)
CAMPOS PEREZ, FRANCISCO Cotitoría
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Titoría)
CAMPOS PEREZ, FRANCISCO Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Ferreira Faro, LilianRosana (Presidente/a)
Spuch Calvar, Carlos (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)

Engorde de Rodaballo (Scophthalmus maximus) en Stolt Sea Farm. Planta de cultivo de Lira.
Autoría
A.B.F.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
A.B.F.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
Data da defensa
11.02.2025 12:00
11.02.2025 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster expón as actividades realizadas durante o meu período de prácticas na planta de cultivo de rodaballo de Lira (Carnota), pertencente á empresa acuícola Stolt Sea Farm. Inclúese unha introdución sobre a situación actual da acuicultura e a importancia do cultivo do rodaballo (Scophthalmus maximus). Ademais, descríbense as instalacións e a organización da granxa, así como as principais patoloxías detectadas na planta. Detállanse as tarefas desempeñadas nos departamentos de Benestar e Produción, destacando a importancia do control sanitario e dunha xestión eficiente da alimentación para garantir o desenvolvemento óptimo do cultivo e mellorar os resultados produtivos.
O presente Traballo de Fin de Máster expón as actividades realizadas durante o meu período de prácticas na planta de cultivo de rodaballo de Lira (Carnota), pertencente á empresa acuícola Stolt Sea Farm. Inclúese unha introdución sobre a situación actual da acuicultura e a importancia do cultivo do rodaballo (Scophthalmus maximus). Ademais, descríbense as instalacións e a organización da granxa, así como as principais patoloxías detectadas na planta. Detállanse as tarefas desempeñadas nos departamentos de Benestar e Produción, destacando a importancia do control sanitario e dunha xestión eficiente da alimentación para garantir o desenvolvemento óptimo do cultivo e mellorar os resultados produtivos.
Dirección
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
Castaño Varela, Iria Cotitoría
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
Castaño Varela, Iria Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Vogal)
Relación da densidade da cigala (Nephrops norvegicus) coas características dos sedimentos na plataforma continental galega
Autoría
M.B.G.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
M.B.G.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
Data da defensa
25.02.2025 10:00
25.02.2025 10:00
Resumo
A cigala, Nephrops norvegicus (Linnaeus, 1758) é unha especie de gran interese comercial con unha larga tradición de explotación nas augas galegas que experimentou un gran declive nas últimas décadas. Estes organismos teñen unha capacidade de desprazamento moi limitada, habitando en tobeiras escavadas no sedimento, e sendo a natureza deste un dos parámetros que determinan a súa presencia ao condicionar a construción destas estruturas. O seguinte traballo busca analizar a relación entre a densidade da poboación de cigala en Galicia (subdividida en dous seccións (norte e sur) diferenciadas por o paralelo 43 norte), o porcentaxe da fracción fina de sedimento (mostrada mediante dous métodos: colector e draga) e outros parámetros abióticos. Constatouse que a presenza e abundancia da cigala no norte e sur está condicionada por o porcentaxe de limo e arxila. Ademais, observouse que existe unha relación tipo “domo” entre a abundancia de cigalas e o porcentaxe da fracción fina na zoa norte mostrada por colector, mestras que na zoa sur esta relación é menos evidente. A maiores, observouse unha relación no lineal coa profundidade e un acusado descenso na abundancia da cigala ao longo do tempo.

Otero Villar, Jaime Cotitoría
González Herraiz, Isabel Cotitoría
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Titoría)
Otero Villar, Jaime Cotitoría
González Herraiz, Isabel Cotitoría
Tribunal
BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Determinación de contaminantes ambientais en plumas e egagrópilas de cegoña branca (Ciconia ciconia) en Galicia
Autoría
M.B.P.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
M.B.P.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Data da defensa
27.06.2025 12:00
27.06.2025 12:00
Resumo
A persistencia de contaminantes ambientais como o mercurio (Hg) e os pesticidas organoclorados supón unha ameaza significativa para a fauna silvestre, especialmente para as especies situadas nos niveis tróficos superiores. Neste estudo avaliouse a utilidade da cegoña branca (Ciconia ciconia) como biomonitor da presenza destes compostos en Galicia, mediante a análise de matrices non invasivas (plumas e egagrópilas) recollidas en nove localidades con distintos usos do solo. O obxectivo foi cuantificar os niveis de Hg e pesticidas, determinar a matriz máis axeitada para a biomonitorización e explorar posibles relacións coa actividade antrópica. Os resultados amosaron a presenza universal de Hg nas mostras analizadas, con concentracións significativamente superiores no raquis fronte ás barbas das plumas, o que suxire unha acumulación endóxena vía sanguínea durante a formación das estruturas. Pola contra, as egagrópilas presentaron concentracións marcadamente inferiores e maior variabilidade, o que limita a súa eficacia como matriz bioindicadora. En canto aos pesticidas, detectáronse 11 compostos diferentes, incluíndo substancias prohibidas dende hai décadas (DDT, lindano, dieldrina), o que evidencia a súa persistencia ambiental. As concentracións foron xeralmente baixas, e non se identificaron niveis de risco para a especie. A análise de compoñentes principais (PCA) suxeriu certos agrupamentos en función da carga contaminante e do uso do solo, observándose as maiores concentracións nas zonas de agricultura e gandería intensiva. Estes resultados consolidan o valor das plumas como ferramenta fiable e non invasiva para a monitorización de contaminantes persistentes en aves silvestres e contribúen a unha mellor comprensión da distribución espacial da contaminación en contextos agrarios.

FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Titoría)
VARELA RIO, ZULEMA Cotitoría
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Titoría)
VARELA RIO, ZULEMA Cotitoría
Tribunal
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)

Modulación da actividade EEG en repouso mediante tACS theta-gamma en deterioración cognitiva subxectiva e deterioración cognitiva leve. Implicacións para as redes de memoria no envellecemento.
Autoría
F.C.P.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
F.C.P.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 16:05
18.07.2025 16:05
Resumo
A estimulación transcraneal por corrente alterna (tACS) é unha técnica non invasiva que permite modular a actividade oscilatoria cerebral. Neste estudo aplicouse tACS con axuste theta-gamma (6 Hz-80 Hz), un patrón asociado a procesos de memoria episódica e de traballo, os cales vense alterados en etapas temperás da deterioración cognitiva. Vinte e dous adultos con deterioración cognitiva subxectiva (DCS) ou leve (DCL) participaron nun deseño intra-suxeito, aleatorizado e contrabalanceado, no que recibiron dúas condicións de intervención (real vs. sham), consistentes en oito sesións consecutivas de tACS (20 min sobre o córtex prefrontal dorsolateral esquerdo), combinadas con adestramento cognitivo, separadas por un período de lavado de 6 a 12 semanas. Rexistrouse EEG en repouso con ollos pechados en tres momentos: unha medida de liña base antes de iniciar as intervencións, e dous rexistros posteriores, tras finalizar cada unha das condicións (tACS real e sham). Os datos de EEG foron preprocesados e analizados para extraer a potencia nas bandas theta e gamma. Posteriormente, realizáronse ANOVAs de medidas repetidas cos factores sesión, intervención e eléctrodo. A análise revelou diferenzas significativas na potencia theta en rexións parietais (F (1,21) = 8.48, p = .008) e temporais (F (1,21) = 6.57, p = .018), cun aumento significativo da potencia theta media (rango definido: 5.5-6.5 Hz) en P3 (p = .047) e da potencia theta focal (rango definido: 5.9-6.1 Hz) en T7 (p = .043) tras a condición de tACS real. Non se observaron efectos comparables nos eléctrodos homólogos do hemisferio dereito nin na condición sham. Non se atoparon efectos significativos na banda gamma. Estes resultados achegan evidencia preliminar de que a tACS con axuste theta-gamma pode modular a actividade theta en repouso en áreas vinculadas ás redes frontoparietal e frontotemporal, implicadas en funcións de memoria. Este achado podería ter implicacións para futuras estratexias de intervención non invasiva en etapas temperás da deterioración cognitiva.

GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
CORREA JARABA, KENIA SHAILY Cotitoría
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
CORREA JARABA, KENIA SHAILY Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Presidente/a)
CESPON GONZALEZ, JESUS (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

Engorde de robaliza (Dicentrarchus labrax) e sargo (Sparus aurata) en Bersolaz-Cooke, España
Autoría
A.C.A.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
A.C.A.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
Data da defensa
13.06.2025 10:00
13.06.2025 10:00
Resumo
Durante o período de prácticas desenvolvido en Bersolaz, pertencente ao grupo Cooke Spain, foi posible observar o funcionamento xeral dunha granxa de engorde dedicada ao cultivo intensivo de sargo (Sparus aurata) e robaliza (Dicentrarchus labrax) en gaiolas flotantes na costa mediterránea, aínda que foi posible observar e participar en diferentes departamentos como a alimentación e o mantemento, puxéronse especial énfase no departamento de saúde, no que se realizou seguimento e diagnóstico neses meses centrado en enfermidades como a síndrome de inverno, a fotobacteriose ou a esparicotilose na sargo ou, no caso da robaliza, tamén se centrou na prevención da fotobacteriose e no seguimento da maduración gonadal dos machos e o control da morte súbita por maduración (SMS). No departamento de alimentación, puiden monitorizar o seu crecemento e realizar cambios nas formulacións de alimentos, adaptándoos ás necesidades cambiantes tanto de crecemento como de tratamento de enfermidades. No departamento de mantemento, observei actividades como o cambio de redes, a substitución de estacas e boias, e a eliminación de mortaldade, considerando este departamento como o corazón da empresa. Esta experiencia permitiume consolidar coñecementos teóricos e desenvolver habilidades prácticas clave para o meu desenvolvemento no sector da acuicultura.

Castellar Carranza, Eva María Cotitoría
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
Castellar Carranza, Eva María Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Vogal)
Cultivo de salmón atlántico (Salmo salar) en MOWI Ireland
Autoría
L.C.G.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
L.C.G.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo fin de máster (TFM) presenta unha visión xeral do cultivo de salmón atlántico (Salmo salar) na empresa MOWI Ireland, a partir das prácticas externas realizadas nos seus departamentos de “Fish Health” ou saúde nos peixes e “Cleaner Fish” ou peixes limpadores. Abórdanse as principais patoloxías detectadas, como AGD, CGD, SRS, PD e tenacibaculose, así como os métodos diagnósticos (qPCR, necrópsias, revisións de saúde) e as estratexias terapéuticas e preventivas (vacinación, tratamentos con auga doce, peixes limpadores). Ademais, coméntase o papel do fitoplancto e de eventos como as floracións de algas nocivas (HABs) na saúde dos peixes, e detállanse os procedementos de monitorización ambiental. O TFM enfatiza a importancia da xestión sanitaria integrada para mellorar o benestar animal, reducir o uso de antibióticos e garantir a sustentabilidade do sistema produtivo.

Vesanto , Sandra Cotitoría
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
Vesanto , Sandra Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Vogal)
Búsqueda de fármacos reguladores do programa de mielinización en células de Schwann.
Autoría
J.C.B.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
J.C.B.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 11:55
18.07.2025 11:55
Resumo
As células de Schwann son células gliais especializadas do sistema nervioso periférico que elaboran a vaíña de mielina ao largo de axóns de gran tamaño. Isto permite a condución saltatoria do impulso nervioso e proporciona soporte trófico e metabólico a estes axóns. Calquera defecto na vaíña de mielina tanto por alteracións das células de Schwann como polo entorno nervioso, ben sexa debido a enfermidades xenéticas ou adquiridas, poden provocar transtornos neurolóxicos moi debilitantes e incluso fatais, como a enfermidade de Charcot-Marie-Tooth. Na actualidade, non existe cura ou tratamento farmacolóxico axeitado para estas enfermidades. Nun cribado farmacolóxico preliminar, identificáronse varios fármacos de molécula pequena que poden modular a indución da mielinización en células de Schwann in vitro, que foron validados en ensaios secundarios de confirmación de hits. Ademais, estudouse como algúns destes fármacos modulan a expresión de ARNm e proteínas esenciais para a formación da vaíña de mielina, téndose atopado resultados prometedores. Os fármacos estudados pertencen á biblioteca Prestwick, conformada na súa maioría por fármacos aprobados para o seu uso por distintas axencias de regulación de medicamentos, o que facilitaría a súa introdución en clínica. Este traballo constitúe un punto de partida cara a procura de novas opcións terapéutticas efectivas fronte neuropatías periféricas, que actualmente carecen de tratamentos farmacolóxicos eficaces.

Woodhoo , Ashwin (Titoría)
Woodhoo , Ashwin (Titoría)
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rivadulla Fernández, Juan Casto (Presidente/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Secretario/a)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Vogal)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rivadulla Fernández, Juan Casto (Presidente/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Secretario/a)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Vogal)
Benestar animal e producción en Stolt Sea Farm, Lira (Carnota)
Autoría
P.C.P.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
P.C.P.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
Data da defensa
13.06.2025 10:00
13.06.2025 10:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster expón a experiencia adquirida durante o período de prácticas na pranta de engorde de rodaballo de Stolt Sea Farm en Lira. Fálase da empresa, mais concretamente sobre a planta de Lira, facendo unha revisión dos traballos levados a cabo polos distintos departamentos alí presentes e profundizando nas patoloxías que afectan á granxa. Por último, faise unha posta en valor das prácticas e se propoñen melloras.
Este Traballo Fin de Máster expón a experiencia adquirida durante o período de prácticas na pranta de engorde de rodaballo de Stolt Sea Farm en Lira. Fálase da empresa, mais concretamente sobre a planta de Lira, facendo unha revisión dos traballos levados a cabo polos distintos departamentos alí presentes e profundizando nas patoloxías que afectan á granxa. Por último, faise unha posta en valor das prácticas e se propoñen melloras.
Dirección
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
Castaño Varela, Iria Cotitoría
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
Castaño Varela, Iria Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Vogal)
Análise funcional do perfil proteómico de vesículas extracelulares derivadas de cultivos neuronais humanos
Autoría
M.C.C.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
M.C.C.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 11:55
18.07.2025 11:55
Resumo
As vesículas extracelulares (EVs) son micropartículas membranosas segregadas ao espazo extracelular por todos os tipos celulares. Aínda que as EVs foron consideradas orixinalmente como vehículos para a eliminación de moléculas de refugallo, actualmente recoñécese a súa implicación en múltiples procesos fisiolóxicos e patolóxicos. No ámbito da Neurociencia, as EVs comezaron a ser utilizadas como unha potencial fonte de biomarcadores para o diagnóstico, prognóstico e monitorización terapéutica de diversas enfermidades neurolóxicas. Ademais, as EVs presentan características óptimas como posibles vectores para a entrega de fármacos ao cerebro. Por iso, sería interesante caracterizar as EVs non só en condicións fisiolóxicas senón tamén patolóxicas. O uso de modelos in vitro como os cultivos celulares podería ser interesante debido ás súas vantaxes mecanísticas e a súa capacidade de producir proteínas similares ás sintetizadas in vivo. O obxectivo do presente estudo consistiu en realizar unha caracterización funcional das EVs producidas por diferentes liñas neuronais humanas derivadas de neuroblastomas: IMR-32, SK-N-BE(2) e SH-SY5Y mediante espectrometría de masas (LC-MS/MS). Para iso, realizouse unha análise bioinformático das proteínas identificadas co fin de avaliar os termos GO asociados (i.e., procesos biolóxicos, compoñentes celulares e funcións moleculares). Os resultados obtidos suxeriron que as EVs derivadas de cultivos neuronais reflicten características esenciais das EVs como a súa heteroxeneidade, a súa dependencia da orixe e estado fisiolóxico da célula parental ou o seu papel fundamental na comunicación intercelular. Ademais, observouse un enriquecemento de diferentes procesos específicos en cada unha das liñas neuronais. En xeral, os cultivos neuronais poderían ser un bo modelo in vitro para estudar o contido proteico das EVs derivadas de neuronas, especialmente naquelas situacións nas que a simplicidade do ambiente puidese considerarse un aspecto vantaxoso.

LABANDEIRA GARCIA, JOSE LUIS (Titoría)
Cantero Lorente, José Luis Cotitoría
LABANDEIRA GARCIA, JOSE LUIS (Titoría)
Cantero Lorente, José Luis Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Ferreira Faro, LilianRosana (Presidente/a)
Spuch Calvar, Carlos (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Ferreira Faro, LilianRosana (Presidente/a)
Spuch Calvar, Carlos (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
Factores determinantes da distribución invernal da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) na costa galega
Autoría
S.E.D.P.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
S.E.D.P.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Data da defensa
21.02.2025 09:30
21.02.2025 09:30
Resumo
As poboacións de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) en Galicia están en declive. A poboación galega adoita ter a condición de residente durante todo o ano, o que permite estudar a súa distribución non só como poboación reprodutora, senón tamén como poboación invernante. Este estudo busca determinar os factores ambientais meteorolóxicos e físicos que inflúen na presenza e abundancia desta especie no litoral galego durante os meses de inverno. A presenza da píllara das dunas ven determinada por factores climáticos relativos á temperatura, como o rango de temperatura diaria e a media anual da mesma, mentres que as variables asociadas ás precipitacións non parecen condicionar a presenza desta especie no litoral galego. Pola súa banda, a abundancia pódese explicar por factores físicos, que caracterizan as praias onde hai maior número de exemplares. A presenza dunha lagoa asociada e a lonxitude da praia mostraron ser os factores que máis inflúen na abundancia de exemplares invernantes. Pola súa banda, a presenza de cordón dunar influíu negativamente na abundancia destas aves.

FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
BASELGA FRAGA, ANDRES (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)

A Espectrometría de Masas MALDI TOF como Método Rápido, Fiable e Económico para a Identificación de Bacterias Asociadas a Bivalvos e Peixes
Autoría
A.E.A.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
A.E.A.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
Data da defensa
27.06.2025 10:00
27.06.2025 10:00
Resumo
España é un referente en acuicultura pola diversidade de especies cultivadas, sendo Galicia a principal rexión produtora de mexillóns e ameixas. Porén, o sector enfróntase a importantes desafíos sanitarios, especialmente relacionados con enfermidades de orixe bacteriana. Actualmente, o método máis empregado para a identificación bacteriana é a secuenciación do xene 16S rDNA, aínda que a súa aplicación rutinaria vese limitada polo alto custo e o tempo requirido. Neste contexto, o presente estudo avalía a eficacia da espectrometría de masas MALDI TOF como alternativa rápida e fiable para a identificación de bacterias asociadas á microbiota de peixes e moluscos de Galicia. Analizáronse 348 cepas bacterianas, tanto de colección como illadas, e consideráronse tres variables diferentes: medio de cultivo, tempo de incubación e temperatura. Realizáronse réplicas técnicas (n = 3) e biolóxicas (n = 10), o que resultou nun total de 653 ensaios distribuídos en 10 placas diana. As mostras procesáronse mediante o sistema MALDI-TOF Biotyper MBT smart, e os espectros obtidos comparáronse coa base de datos de Bruker. Ademais, xeráronse 70 Perfiles de Espectros Principais (MSP) utilizando o software Mass Up, cos que se construíu unha base de datos personalizada (GiPA1). Obtívose unha identificación satisfactoria en 200 cepas: 119 con alta confianza (score 2,00) e 81 con confianza media (score entre 1,70 e 1,99), cunha elevada concordancia respecto á secuenciación do xene 16S rDNA (índice Kappa = 0,89). As especies identificadas pertencen principalmente aos xéneros Vibrio, Photobacterium, Aeromonas, Pseudoalteromonas e Shewanella, aínda que se observaron limitacións na discriminación a nivel de especie nalgúns casos, debido á falta de perfís espectrais específicos na base de datos de Bruker e unha menor capacidade de identificación en cepas con máis de sete días de cultivo. Os resultados demostraron que o MALDI TOF é unha ferramenta eficaz, rápida e reproducible para a identificación bacteriana no contexto da acuicultura. Presenta unha alta capacidade operativa, podendo procesar decenas ou centos de mostras por día, o que o converte nunha ferramenta ideal para laboratorios de diagnóstico acuícola. A súa implementación podería optimizar os procesos diagnósticos e contribuír a unha xestión máis eficiente do sector.

BARJA PEREZ, JUAN LUIS (Titoría)
BARJA PEREZ, JUAN LUIS (Titoría)
Tribunal
BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Consecuencias ecolóxicas da expansión de Rugulopteryx okamurae na interacción entre os peixes e o hábitat bentónico na Madeira.
Autoría
A.E.C.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
A.E.C.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
Data da defensa
27.06.2025 10:00
27.06.2025 10:00
Resumo
A macroalga Rugulopteryx okamurae foi recoñecida como unha das especies invasoras máis problemáticas nos ecosistemas mariños do Mediterráneo occidental e do Atlántico nororiental nas últimas décadas. A súa rápida expansión e elevada cobertura altera significativamente a comunidade bentónica, xerando efectos en cascada sobre outros grupos faunísticos aínda non estudados. Neste traballo avalíase o impacto da especie na estrutura e nas interaccións da comunidade de peixes bentónicos na costa sur de Madeira. Para iso, utilizáronse cámaras de vídeo submarinas coas que se documentou a presenza, o interese, o uso como refuxio e a actividade de forraxeo (tempo de desenvolvemento e número de mordeduras) nesta e noutra macroalga arbustiva da zona en tres zonas e tratamentos diferentes: ASP (parcelas dominadas por Asparagopsis taxiformis), RGX (parcelas dominadas por R. okamurae) e RGXASP (cunha cobertura aproximada do 50% de ambas as dúas especies). Os resultados indican que, en termos de estrutura da comunidade, non existen diferenzas significativas entre os diferentes tratamentos. Porén, detectáronse certos patróns en interaccións como a presenza e o uso de refuxios, onde R. okamurae non semella xerar un efecto negativo evidente sobre a comunidade de peixes. Non obstante, a taxa de forraxeo e o número de mordeduras foron considerablemente menores en áreas con alta cobertura de R. okamurae, o que suxire que esta macroalga e/ou a súa fauna asociada non representan un recurso de alto valor nutricional, podendo alterar a estrutura trófica en escenarios de monopolización, como os observados noutras áreas invadidas. Este estudo destaca a necesidade de continuar co seguimento da expansión de R. okamurae nas costas invadidas para mitigar os seus potenciais impactos na funcionalidade do ecosistema.

Florido Capilla, Marta Cotitoría
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Titoría)
Florido Capilla, Marta Cotitoría
Tribunal
BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Desenvolvemento e validación dun novo paradigma comportamental para o estudo da comunicación sociosexual no peixe cebra (Dario rerio)
Autoría
N.T.F.G.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
N.T.F.G.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
Data da defensa
27.06.2025 10:00
27.06.2025 10:00
Resumo
O recoñecemento da identidade individual e sexual dos congéneres é fundamental para regular o comportamento social e adaptativo en animais. Este recoñecemento sociosexual, mediado principalmente por sinais visuais e olfativas, modula interaccións reprodutivas, xerárquicas e territoriais mediante a sincronización de procesos hormonais e neuronais. Aínda que a comunicación multisensorial foi amplamente documentada en especies modelo, como Mesocricetus auratus e Drosophila melanogaster, o seu estudo en peixes é aínda limitado. Neste contexto, o peixe cebra (Danio rerio), consolidouse como un modelo experimental excepcional debido ao seu pequeno tamaño, rápido ciclo de vida, alta taxa reprodutiva, baixo custo de mantemento e facilidade para a manipulación xenética. O presente estudo centrouse en desenvolver e validar unha novo paradigma experimental para a análise de discriminación socio-sexual no peixe cebra, mediante o estudo da súa capacidade para distinguir entre distintos tipos de congéneres. Para iso avaliouse como os machos e as femias de peixe cebra respondían a diferentes estímulos socio-sexuais, avaliando tanto a súa preferencia sexual como o seu comportamento exploratorio fronte a sinais visuais, olfativas ou a combinación de ambas. Os resultados indicaron que o recoñecemento sociosexual dos machos depende principalmente de sinais olfativas no recoñecemento dos seus congéneres. Pola contra, as femias non mostraron unha preferencia definida, o que podería estar relacionado co seu papel menos activo no cortexo e cun maior investimento na avaliación do contexto social e ambiental antes de tomar decisións reprodutivas. Ademais, os elevados niveis de exploración observados de forma consistente en todos os ensaios, xunto cos resultados dos experimentos control, nos que os individuos non mostraron preferencia algunha cando se lles presentaban congéneres do mesmo sexo, apoiaron a validez do paradigma experimental empregado.

Espigares Puerto, Felipe Cotitoría
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Titoría)
Espigares Puerto, Felipe Cotitoría
Tribunal
BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Efecto da inducción de defensas por metil jasmonato e a influencia da familia na concentración e emisión de terpenos en individuos novos de Pinus pinaster Ait.
Autoría
R.F.T.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
R.F.T.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Data da defensa
21.02.2025 09:30
21.02.2025 09:30
Resumo
A produción e liberación de compostos químicos defensivos é unha das estratexias das plantas para defenderse dos seus agresores. Nos piñeiros, a produción e emisión de terpenos é unha función clave tanto para a resistencia directa como indirecta. Con todo, aínda se coñece moi pouco sobre os factores que modulan a emisión deses compostos. Avances neste campo poderían levar a interesantes aplicacións na mellora da saúde dos bosques. Neste traballo estudo de forma experimental os cambios na emisión e no contido foliar de terpenos volátiles que se producen despois da inducción de defensas en piñeiros xoves. A inducción realizámola mediante a aplicación de metil-jasmonato (MeJa), unha fitohormona clave na sinalización do dano provocado por insectos herbívoros. Utilizamos plantas de catro familias, co que podemos obter información sobre a posible variabilidade xenética. Seleccionáronse 32 plantas xoves que pertencen a 4 familias de medio-irmás. O experimento realizouse en 4 bloques, que contiñan dúas plantas de cada familia (n=8), nunha cámara de cultivo. Os volátiles recolléronse con trampas de carbono activado conectadas a bombas de fluxo de aire. Realizouse un muestreo de terpenos volátiles e foliares antes e 5 días despois da aplicación de (MeJa) a baixa concentración (5 mM) a metade das plantas. Os mono- e sesquiterpenos contidos nas agullas e nas trampas de volátiles analizaronse mediante cromatografía de gases con detector de ionización de chama (GC-FID). Para identificar a influencia das variables sobre os terpenos, realizáronse modelos lineais generalizados (GLMs) de efectos fixos, e o coeficiente de correlación calculouse utilizando o modelo de Pearson. De forma constitutiva, antes da inducción, atopamos un efecto significativo da familia para a concentración de terpenos totais, monoterpenos e sesquiterpenos. Cinco días despois da aplicación da inducción, non atopamos cambios significativos na concentración foliar, aínda que si unha maior variabilidade entre plantas. O efecto familiar sobre a concentración mantívose para os terpenos totais e monoterpenos, e ademais para estas dúas categorías tamén se identificou un efecto significativo da interacción entre familia e tratamento. A inducción produciu un incremento significativo na emisión de monoterpenos e dos terpenos totais, de maneira que a taxa de emisión nas plantas inducidas foi 3.6 veces maior que nas de control. Atopamos correlación significativa entre a concentración foliar e a taxa de emisión inducida só para o monoterpeno 3-careno, pero para ningún outro composto. A emisión de terpenos parece ser un mecanismo inducido dependente de MeJa rápido e sensible, activado mesmo cando exposto a baixas concentracións de MeJa. O efecto familiar ten unha gran influencia na concentración de terpenos volátiles nas follas, e mantense despois de 5 días de exposición das plantas a baixas concentracións de MeJa. A interacción FamxMeJa indica unha diferente sensibilidade ao MeJa entre familias que se debería considerar. O procedemento experimental parece adecuado para estudos futuros.

Sampedro Pérez, Luis Cotitoría
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Titoría)
Sampedro Pérez, Luis Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
BASELGA FRAGA, ANDRES (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
BASELGA FRAGA, ANDRES (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
Efecto da composición molecular da turba na acumulación de mercurio en turbeiras boreais e atlánticas: a composición da turba realmente importa
Autoría
A.F.G.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
A.F.G.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Data da defensa
27.06.2025 12:00
27.06.2025 12:00
Resumo
As turbeiras ombrotróficas son recoñecidas como valiosos arquivos naturais para a reconstrución da deposición atmosférica de mercurio. Este estudo investiga a relación entre a concentración de Hg e a composición da materia orgánica da turba (POM) mediante a comparación de dúas turbeiras xeograficamente e bioclimaticamente contrastadas: Store Mosse, unha turbeira boreal no sur de Suecia, e Chao de Lamoso, unha turbeira atlántica no noroeste de España. As concentracións de mercurio foron cuantificadas mediante un Analizador Directo de Mercurio (DMA-80), mentres que a composición da POM e o grao de humificación foron avaliados mediante espectroscopía de infravermello con transformada de Fourier (FTIR). Os índices espectrais e a análise de compoñentes principais trasposta (tPCA) revelaron padróns contrastados na composición da POM entre ambos sitios. A correlación observada entre as concentracións de Hg e as fraccións ricas en polisacáridos suxire que a materia orgánica lábil xoga un papel chave na retención de Hg e pon de manifesto a influencia dos factores climáticos e bioxeoquímicos específicos de cada sitio. Estes resultados salientan a importancia de incorporar a análise da composición molecular da turba nas futuras avaliacións da deposición de mercurio, especialmente no contexto do cambio climático en curso e da degradación das turbeiras.

MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Titoría)
MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Titoría)
Tribunal
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)
Constancia nun mundo cambiante: estrutura da comunidade de aves do estiario do río Anllóns (A Coruña) a longo prazo
Autoría
R.I.M.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
R.I.M.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Data da defensa
21.02.2025 09:30
21.02.2025 09:30
Resumo
O obxectivo deste estudo foi analizar os cambios a longo prazo (2001-2023) na estrutura dunha comunidade de aves passeriformes, tanto durante a invernada como durante a reprodución, nun carrizal situado no estuario do río Anllóns (A Coruña, NO España) a partir de datos de anelamento. Para a comunidade invernante esperábase a priori un cambio de procedencia das aves (con menor representación de aves de latitudes altas) no contexto do quecemento moderno. Para ese efecto seleccionáronse as 7 especies con información máis completa e estudouse a variación no tempo do tamaño medio (e da varianza) da corda alar, a oitava primaria (P8), o tarso e a cociente ala/tarso. Para a comunidade reprodutora esperábase en principio un cambio de composición causado polo aumento xeralizado das poboacións de xabarín Sus scrofa ligado ao abandono do mundo rural. Para contrastar esa hipótese analizáronse os cambios temporais no índice de Shannon e a variación nas abundancias relativas das 9 especies reprodutoras. En ningunha das especies seleccionadas para o contraste da primeira hipótese se atoparon probas de cambio na procedencia das aves, empregando como proxy o tamaño corporal. No caso da segunda hipótese, o índice de Shannon mantívose constante no tempo e as abundancias relativas da comunidade tampouco seguiron un patrón temporal consistente. Concluímos que, en contra do esperado, ambas as comunidades (invernante e reprodutora) non cambiaron apenas durante o período de 22 anos de estudo. Dita constancia suxire unha ausencia de efecto dos cambios no clima das últimas décadas e apunta á ausencia de cambios ambientais substanciais no estuario durante o período de reprodución. Os profundos cambios ecolóxicos asociados ao abandono do ámbito rural nas últimas décadas non parecen afectar á zona de estudo, probablemente porque hai xa máis de 40 anos que deixou de cultivarse, a xulgar polas imaxes aéreas dispoñibles do século XX, e a sucesión vexetal atópase nun estadío avanzado. Os xabaríns, poderían non ter influído sobre a comunidade reprodutora ao tratarse de aves que non crían estritamente sobre o chan, aínda que nalgúns casos si nidifican moi preto deste.

MARTÍNEZ ABRAÍN, ALEJANDRO (Titoría)
Maestro Saavedra, Miguel Ángel Cotitoría
MARTÍNEZ ABRAÍN, ALEJANDRO (Titoría)
Maestro Saavedra, Miguel Ángel Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
BASELGA FRAGA, ANDRES (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
BASELGA FRAGA, ANDRES (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
Xestión sanitaria na acuicultura do salmón Atlántico. Experiencia en MOWI ASA, Irlanda.
Autoría
G.J.B.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
G.J.B.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
Data da defensa
11.02.2025 12:00
11.02.2025 12:00
Resumo
O documento describe a xestión sanitaria na acuicultura do salmón atlántico en MOWI ASA, Irlanda. Detállanse os procesos clave como a selección e manexo do stock reproductor, a fecundación e incubación dos ovos, o control de saúde, a vacunación e a bioseguridade. Tamén abórdase enfermidades comúns como a septicema rickettsial, a tenacibaculose e a enfermidade amebiana branquial, así como as estratexias de control, como o uso de peixes limpiadores. Finalmente, destácanse desafíos como a proximidade entre estacións de cultivo e a necesidade de reducir o uso de antibióticos mediante a administración de vacunas.
O documento describe a xestión sanitaria na acuicultura do salmón atlántico en MOWI ASA, Irlanda. Detállanse os procesos clave como a selección e manexo do stock reproductor, a fecundación e incubación dos ovos, o control de saúde, a vacunación e a bioseguridade. Tamén abórdase enfermidades comúns como a septicema rickettsial, a tenacibaculose e a enfermidade amebiana branquial, así como as estratexias de control, como o uso de peixes limpiadores. Finalmente, destácanse desafíos como a proximidade entre estacións de cultivo e a necesidade de reducir o uso de antibióticos mediante a administración de vacunas.
Dirección
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
Vesanto , Sandra Cotitoría
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
Vesanto , Sandra Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Vogal)
Caracterización de xenes HSP e calibrado de qRT-PCR en Mytilus galloprovincialis
Autoría
L.L.P.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
L.L.P.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
Data da defensa
11.02.2025 12:00
11.02.2025 12:00
Resumo
O cambio climático é un factor que se prevé que afecte negativamente ao cultivo de mexillón (Mytilus galloprovincialis) en Galicia. Para que a industria poida enfrontarse a este desafío é necesario coñecer os mecanismos moleculares que presenta esta especie para resistir á calor. As proteínas hsp (heat shock proteins) son cruciais na resposta ao estrés térmico e mantemento da homeostase celular nestas condicións. Malia iso, non existen análises comparativas da súa expresión xénica ante distintas condicións de estrés térmico. Este traballo establece as bases para levar a cabo dita análise mediante a caracterización de xenes HSP, estudo filoxenético da familia xénica e calibrado de primers específicos para PCR cuantitativa. Localizáronse e secuenciáronse dez xenes potencialmente involucrados na resposta ao choque térmico, e a súa análise filoxenética mostrou o agrupamento interespecífico dos xenes ortólogos en función do tipo de xene HSP antes que en función da especie. Seleccionáronse e calibráronse con éxito primers para o estudo de seis xenes HSP e un xene control housekeeping, e estableceuse o seu patrón estandarizado e a súa eficiencia para a súa análise por qRT-PCR. Estes resultados permiten construír un marco teórico e práctico para medir a expresión diferencial de xenes HSP de resposta ao choque térmico, sobre distintos tratamentos experimentais de lotes de mexillón desenvolvidos in vitro.

Presa Martínez, Pablo Cotitoría
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
Presa Martínez, Pablo Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Vogal)
Aproximación ao estudo dos otolitos en Danio rerio
Autoría
T.M.C.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
T.M.C.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
Data da defensa
25.02.2025 10:00
25.02.2025 10:00
Resumo
Determinar a idade dos peixes nos medios naturais é fundamental para comprender a súa bioloxía e a ecoloxía e os otolitos, ao rexistrar aneis de crecemento, representan unha ferramenta valiosa neste proceso. Non obstante, a súa fiabilidade debe ser validada en cada especie. Este estudo analiza o uso de otolitos como método de estimación da idade en peixe cebra (Danio rerio) e a súa relación co crecemento real do organismo. O peixe cebra ten tres pares de otolitos (lapillus, asteriscus e sagitta), pero debido á fraxilidade da sagitta, a análise centrouse nos dous primeiros. Os resultados mostran que o lapillus é o otolito máis axeitado para a estimación da idade, xa que o seu número de aneis é correlaciona mellor coa idade real do peixe (R2 lapillus = 0,6909 vs.R2asteriscus = 0,6481). Sen Porén, os modelos de crecemento xerados mostran que o lapillus, aínda que prevé a lonxitude máxima máis precisa (L∞ = 2,87 cm fronte a 2,96 cm do modelo real), sobreestima a taxa de crecemento (k = 8,46 anos fronte a 2,03 anos no modelo real), indicando que medra máis rápido en proporción ao peixe. Por outra banda, o asterisco prevé unha taxa de crecemento máis próximo ao real (k = 2,79 anos), pero sobreestima a duración máxima esperado (L∞ = 3,95 cm vs. 2,96 cm do modelo real). Isto suxire que o asterisco óptimo para predicir a idade, non reflicte con precisión o tamaño final do organismo. Dado o número de peixes empregados, 18, estes datos e a fiabilidade dos modelos obtidos poderían mellorar aumentando o tamaño da mostra, incluíndo peixes máis vellos e optimizando o técnicas de visualización de anel. Neste sentido, realizáronse experimentos con colorantes como o vermello de alizarina (ARS) e tetraciclina (TC-H) que se incorporan ao otolito durante o seu crecemento. Os resultados obtidos tamén foron insuficientes, polo que foi necesario un mellor axuste concentracións utilizadas. En conxunto, os resultados indican que o crecemento da os otolitos en peixe cebra seguen un patrón alométrico e suxiren que a periodicidade de A formación do anel cambia coa idade: en individuos novos (menos de 94 días) o Os aneis aparecen case a diario, mentres que nos adultos (máis de 371 días) fórmanse cada 2-3 días, o que podería estar afectando á exactitude das estimacións. En conclusión, aínda que o lapillus parece ser o mellor indicador de idade no peixe cebra, O seu uso aínda require axustes para mellorar a precisión. As investigacións futuras deberían céntrase en optimizar a lectura de anel e perfeccionar os modelos de crecemento para lograr estimacións máis fiables.

Rey Sanz, Javier Cotitoría
Marí Beffa, Manuel Cotitoría
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Titoría)
Rey Sanz, Javier Cotitoría
Marí Beffa, Manuel Cotitoría
Tribunal
BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Resposta termoxénica ao frío nunca modelo de desmielinización periférica
Autoría
M.M.G.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
M.M.G.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 11:55
18.07.2025 11:55
Resumo
O tecido adiposo pardo (BAT) encárgase da termoxénese non asociada aos arrepíos do organismo. A súa capacidade termoxénica débese á súa aptitude para disipar a enerxía obtida na cadea transportadora de electróns en forma de calor, grazas á proteína desacopladora UCP1. A actividade do BAT está modulada polo sistema nervioso simpático (SNS), ademais de por diferentes rutas hormonais. Existen múltiples patoloxías do sistema nervioso periférico (SNP) que alteran a transmisión do impulso nervioso aos órganos periféricos e que tamén afectan á percepción das aferencias procedentes destes órganos, necesarias para manter a homeostase corporal. Entre elas atópase a enfermidade de Charcot-Marie-Tooth (CMT), a enfermidade neurodexenerativa hereditaria máis común. Na actualidade, non se ten constancia da afectación nestes pacientes da modulación da actividade termoxénica do BAT, aínda que si se teñen reportado síntomas relacionados coa incapacidade para modular a temperatura corporal en función de estímulos externos noutras enfermidades de etioloxía semellante, como a sindrome de Guillain-Barré. Neste estudo, atopamos diferenzas na resposta termoxénica aguda e crónica en ratos con CMT1A en comparación con ratos sans WT. Finalmente, as nosas análises funcionais, moleculares e morfolóxicas demostran varias alteracións significativas na resposta termoxénica do BAT tras a exposición ao frío.

VARELA REY, MARTA MARIA Cotitoría
Woodhoo , Ashwin (Titoría)
VARELA REY, MARTA MARIA Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rivadulla Fernández, Juan Casto (Presidente/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Secretario/a)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Vogal)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rivadulla Fernández, Juan Casto (Presidente/a)
ADRIO FONDEVILA, MARIA FATIMA (Secretario/a)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Vogal)
Comportamento xerminativo post-incendio de especies de matogueira, e proxección do seu nicho ecolóxico en contextos climáticos actuais e futuros
Autoría
R.M.B.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
R.M.B.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Data da defensa
27.06.2025 12:00
27.06.2025 12:00
Resumo
A Península Ibérica presenta unha elevada incidencia de incendios forestais,especialmente no noroeste, sendo as matogueiras os ecosistemas máis afectados, con preto do 60 % da superficie queimada. As especies asociadas a estas formacións enfróntanse a perturbacións recorrentes, afectando ao banco de sementes, e comprometendo a rexeneración. No contexto actual de mudanza climática, prevese unha modificación no réxime de incendios, que variará segundo a rexión, podendo aumentar a exposición dalgunhas especies a este tipo de perturbacións. Neste sentido, a modelización de nicho ecolóxico constitúe unha ferramenta útil para analizar o posible solapamento entre as áreas potenciais futuras de distribución das especies e as zonas con maior incidencia de lume. Este traballo ten como obxectivo avaliar a resposta de catro especies de matogueira (Cytisus commutatus, Erica erigena, Erica vagans e Vaccinium myrtillus) aos incendios forestais, integrando a análise do nicho ecolóxico coa resposta xerminativa. Para iso, deseñouse un experimento no que se aplicaron tratamentos de temperatura, fume, cinza e carbón sobre as sementes, avaliando a porcentaxe e velocidade de xerminación.Paralelamente, realizouse unha modelización do nicho ecolóxico actual e futuro, empregando dous modelos bioclimáticos distintos. Os resultados revelaron respostas diferenciais. V. myrtillus mostrouse moi sensible ao lume, con inhibicións marcadas e sen ningún tipo de estimulación, mentres que as outras tres especies responderon positivamente a temperaturas moderadas. Ademais, E. erigena e E. vagans tamén responderon positivamente ao fume. As inhibicións máis fortes déronse con temperaturas elevadas e altas concentracións de cinza. A velocidade de xerminación só sufriu cambios con E. erigena. A modelización de nicho indica solapamentos actuais entre as especies, e contraccións importantes no futuro. Evidéncianse solapamentos con zonas de elevada incidencia de lume para as especies, a excepción de E. erigena, na que se observa o fenómeno contrario. Integrando todos os coñecementos, queda claro que V. myrtillus, podería ver as súas poboacións mermadas. Porén as outras tres ao presentar estratexias para combater o lume, fainas máis resilientes e beneficiaríaas nun futuro escenario de mudanza climática.

REYES FERREIRA, OTILIA (Titoría)
SERRANO PEREZ, LUIS MIGUEL Cotitoría
Cruz de la Fuente, Óscar Cotitoría
REYES FERREIRA, OTILIA (Titoría)
SERRANO PEREZ, LUIS MIGUEL Cotitoría
Cruz de la Fuente, Óscar Cotitoría
Tribunal
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)
Efecto da intervención musical en persoas con deterioro cognitivo
Autoría
N.N.D.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
N.N.D.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 16:05
18.07.2025 16:05
Resumo
Introdución: O deterioro cognitivo constitúe un desafío sociosanitario crecente, ligado ao envellecemento poboacional. Ademais das alteracións cognitivas, a ansiedade e os cambios emocionais poden limitar a participación social e afectar a identidade da persoa, repercutindo tamén no seu contorno máis próximo. Neste contexto, as intervencións non farmacolóxicas, como a música, xorden como opcións seguras para promover o benestar e fortalecer o vínculo coa propia historia. Obxectivos: Analizar o impacto dunha intervención musical na ansiedade, calidade de vida, benestar e participación de persoas con deterioro cognitivo, así como estudar a súa relación previa coa música. Material e métodos: Este estudo, de deseño cuasiexperimental sen grupo control, analizou o efecto dunha intervención musical grupal en persoas con deterioro cognitivo, realizada nunha asociación local mediante sesións participativas que integraban canto, creación musical e movemento acompasado. Toda a intervención foi deseñada cun enfoque inspirado na cultura popular e no vínculo co mar. Empregáronse ferramentas validadas para avaliar a ansiedade (Hamilton), calidade de vida (QoL-AD), benestar (MiDAS), relación coa música (MRQ) e participación (MTED). Resultados: Na poboación do estudo (n=17), tras a intervención observouse unha tendencia á diminución dos niveis de ansiedade total (inicio 5,4 + 2,93 ; final 4,5 + 2,65; p=0,10), sendo o cambio maior na ansiedade psíquica ca na somática. Detectouse un posible impacto positivo na calidade de vida (QoL AD inicio 37,4 + 2,31 e final 37,7 + 2,13; p=0,374), incrementándose o valor de varios ítems. Observouse un aumento na valoración do benestar relacionado coa intervención musical (MiDAS) ao longo das catro sesións. O MRQ mostrou unha gran variabilidade na relación previa das persoas participantes coa música. Por último, observouse un incremento nos niveis de participación entre a primeira sesión (MTED 16,2 + 3,71) e a última sesión (MTED 16,6 + 3,64), especialmente no grao de comunicación ao longo da sesión. Conclusión: Estes achados suxiren un posible efecto beneficioso dunha intervención musical neste grupo poboacional e poñen de manifesto a necesidade de implementalas.

Ferreira Faro, LilianRosana (Titoría)
Spuch Calvar, Carlos Cotitoría
Ferreira Faro, LilianRosana (Titoría)
Spuch Calvar, Carlos Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Presidente/a)
CESPON GONZALEZ, JESUS (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Presidente/a)
CESPON GONZALEZ, JESUS (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Interacción entre o sistema homeostático e o sistema hedónico no control da conduta alimentaria
Autoría
D.J.N.Y.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
D.J.N.Y.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 18:50
18.07.2025 18:50
Resumo
A interacción dinámica entre os sistemas homeostático e hedónico regula a inxesta de alimentos nos individuos. Para comprender como se relacionan estes dous sistemas, desenvolveuse un modelo computacional que explora diferentes mecanismos de interacción entre eles. O sistema homeostático modelouse mediante un conxunto de ecuacións diferenciais que representan a variación temporal de substancias como a grelina e a leptina, que son clave na regulación da sensación de fame e saciedade. O modelo matemático simula de forma realista o sinal de fame baseándose en principios fisiolóxicos, reflectindo como o corpo xestiona o seu equilibrio enerxético. Complementariamente, o sistema hedónico representouse mediante un sistema de aprendizaxe por reforzo, seguindo o enfoque Q-Learning. O axente que integra este sistema explora un ambiente de grella e alí aprende a localizar e consumir alimentos en función da recompensa, ou pista hedónica, obtida para cada acción. Para cada estado do axente, a pista hedónica calcúlase a partir dos valores Q asociados a cada posible acción. O valor Q reflicte a recompensa esperada despois de realizar unha determinada acción nese estado. O estudo, mediante simulación, céntrase na integración destes dous sinais: o sinal de fame calculado polas ecuacións diferenciais do sistema homeostático e o sinal hedónico xerado polo sistema de aprendizaxe por reforzo do axente. Dado que o comportamento do axente está influenciado tanto pola súa necesidade fisiolóxica como pola desexabilidade dos alimentos, identificar o mecanismo de integración de ambos os sistemas é clave para comprender e predicir a toma de decisións con respecto á inxesta de alimentos. O obxectivo principal deste traballo é simular e probar varias hipóteses sobre como interactúan estes dous sistemas. Por exemplo, o obxectivo é explorar escenarios nos que un sistema pode dominar o outro, onde hai sinais que inflúen en ambas as direccións, analizar a dinámica das oscilacións da inxesta e comprender como as variacións nos parámetros clave de cada sistema afectan o comportamento alimentario xeral. Esta abordaxe híbrida ofrece unha ferramenta para investigar a complexa relación entre a necesidade biolóxica e o pracer na regulación da alimentación.

Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Titoría)
Sánchez Vila, Eduardo Manuel (Titoría)
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Presidente/a)
Pérez Fernández, Juan (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Presidente/a)
Pérez Fernández, Juan (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Optimización e validación do emprego de metabarcoding para a caracterización de comunidades de coleópteros epifíticos
Autoría
S.P.V.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
S.P.V.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
A escaseza de taxónomos expertos con coñecementos sobre varios grupos biolóxicos dificulta a identificación de especies e o seguimento de comunidades. O metabarcoding permite paliar este problema ao identificar numerosos individuos simultaneamente mediante a secuenciación de marcadores xenéticos. Porén, esta técnica non sempre posibilita a detección de todas as especies nin a estimación precisa da abundancia. Unha das causas é a variación na biomasa dos espécimes, que afecta á cantidade relativa de ADN aportada por cada un. Isto pódese minimizar separando os individuos por tamaño, mais aumenta o custo de secuenciación. Unha alternativa máis económica é a realización dunha mestura (coñecida como pooling) dos lisados dos distintos grupos de tamaño. Outro factor que afecta aos resultados é a afinidade dos cebadores (primers) coas secuencias de ADN, polo que é importante determinar os primers específicos para o grupo de interese. O obxectivo deste traballo é optimizar e validar a técnica de metabarcoding para determinar a composición de comunidades de coleópteros epifíticos, testando a validez de alternativas máis económicas. Para iso, separáronse os espécimes en tres categorías de tamaño e identificáronse morfoloxicamente. As mostras procesáronse mediante tres procedementos de metabarcoding distintos: un que secuencia as mostras por tamaño e dous que empregan un pooling. Os métodos de pooling difiren no criterio usado para determinar o volume de lisado de cada tamaño: un utiliza valores de abundancia mentres o outro usa unha relación (4:16:80) que introduce un maior volume de lisado dos exemplares pequenos. Trala secuenciación, analizouse o inventario taxonómico obtido e calculáronse distintas facetas da diversidade a partir dos resultados dos métodos moleculares usados e da identificación morfolóxica, comparándoos entre si. Antes da secuenciación, escolleuse o primer más efectivo para este tipo de mostras e testouse a posibilidade de usar un só par. O metabarcoding aportou un inventario da comunidade similar á identificación morfolóxica, detectando menos xéneros, mais cunha maior resolución taxonómica. A secuenciación por tamaños demostrou ser o método que proporciona resultados máis similares ao morfolóxico, detectando entre un 5% e un 9% máis de xéneros que os métodos de pooling. Porén, ningún dos métodos de secuenciación aportou estimas precisas de abundancia, afectando incluso á distribución da abundancia e aos valores dos índices de diversidade. Isto indica que o metabarcoding con secuenciación por tamaños é o método óptimo para estudos de presenza e ausencia, mais non é recomendable para estudos de abundancia.

GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Titoría)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA Cotitoría
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Titoría)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA Cotitoría
Tribunal
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)
Departamento de Calidade, Trazabilidade e Medio Ambiente nunha planta de procesado para unha granxa piscícola
Autoría
M.R.D.C.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
M.R.D.C.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
Data da defensa
13.06.2025 10:00
13.06.2025 10:00
Resumo
O presente traballo céntrase e describe as diversas actividades realizadas durante o período de prácticas na empresa Stolt Sea Farm (SSF), concretamente nunha planta de procesado no Departamento de Calidade, Trazabilidade e Medio Ambiente. A continuación, detallaranse diversos conceptos teóricos relacionados coa calidade, trazabilidade e seguridade alimentaria para contextualizar e establecer unha base que permita comprender as diferentes actividades e procedementos realizados nas prácticas. Ademais, estas prácticas permiten entender como funciona unha planta de procesado e envasado, así como as diferentes fases da produción, que van desde a recepción do peixe, a súa manipulación, ata o seu posterior transporte e venda. Tamén se describen os distintos controis e procedementos levados a cabo durante as prácticas que permiten garantir a calidade, trazabilidade e seguridade alimentaria dos produtos de SSF.

González García, Mª Luz Cotitoría
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
González García, Mª Luz Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
PEREIRA DOPAZO, CARLOS (Vogal)
A modelización de nicho como ferramenta para a conservación de fentos relictos Dryopteris guanchica Gibby et Jermy. e Dryopteris aemula (Aiton) Kuntze ante a mudanza climática
Autoría
P.R.O.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
P.R.O.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Data da defensa
21.02.2025 09:30
21.02.2025 09:30
Resumo
Dryopteris guanchica e Dryopteris aemula son dúas especies ameazadas de pteridófitos con carácter relicto, asociadas a bosques húmidos de influencia oceánica. Co obxectivo de entender os factores que determinan a súa distribución este traballo aproxímase ás características do seu nicho bioclimático mediante modelización de nicho ecolóxico (ENM) para inferir a súa posible distribución pasada desde o Pleistoceno tardío así como a futura en diferentes escenarios de mudanza climática. Ao mesmo tempo, o nicho ecolóxico estudouse con maior detalle xeográfico mediante atributos ecosistémicos funcionais (EFAs), para avaliar aspectos relativos á conservación das especies. A revisión de material de herbario, empregado para incorporar presenzas territoriais aos modelos revelou, para alén de numerosas determinacións incorrectas, a existencia de exemplares de D. guanchica cunha morfoloxía atípica, cuxo nicho foi analizado de forma independente. Os resultados suxiren que D. aemula sempre presentou unha distribución máis ampla ao longo do arco Atlántico europeo, mentres que D. guanchica é constante en presentar unha distribución mais restrinxida e fragmentada. A illa de Madeira, a illa de Tenerife no arquipélago canario e a costa noroeste da Península Ibérica emerxen como potenciais refuxios clave na historia das dúas especies. As proxeccións futuras mostran importantes contraccións de área nas zonas ocupadas actualmente. A combinación de idoneidade de hábitat e do análise da conectividade identificou as áreas críticas para a conservación, vinculadas á calidade óptima do hábitat de carballeira termófila, apoiando a ampliación das actuais zonas de especial conservación (ZEC) para garantir a conservación destes fieitos ameazados. Estes achados subliñan a vulnerabilidade dos fieitos relictos ante a mudanza climática e a necesidade de integrar ENM e EFAs para mellorar as estratexias de conservación.

SERRANO PEREZ, LUIS MIGUEL (Titoría)
SERRANO PEREZ, LUIS MIGUEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
BASELGA FRAGA, ANDRES (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
BASELGA FRAGA, ANDRES (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
Baixo a calor: impacto do estrés climático e da fragmentación do hábitat nos ecosistemas bentónicos mariños
Autoría
M.R.G.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
M.R.G.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
Data da defensa
25.02.2025 10:00
25.02.2025 10:00
Resumo
As ondas de calor mariñas (MHWs) inducidas polo cambio climático e a fragmentación do hábitat son cada vez máis recoñecidas como factores clave nos cambios ecolóxicos dos ecosistemas bentónicos mariños. Este estudo investiga os efectos individuais e interactivos das MHWs e da fragmentación do hábitat na dinámica das comunidades, no potencial de recuperación e na vulnerabilidade ás invasións biolóxicas. Empregando Sistemas Autónomos de Monitorización de Arrecifes (ARMS), recolléronse mostras bentónicas no Faro de las Puercas (Golfo de Cádiz) para establecer as condicións de referencia. Posteriormente, as comunidades sintéticas foron expostas a experimentos controlados en mesocosmos que simularon escenarios moderados (24C) e extremos (28C) de MHW en combinación con tratamentos de fragmentación do hábitat. Finalmente, as comunidades non fragmentadas foron situadas nunha contorna de mariña para avaliar a recuperación posterior á perturbación en condicións naturais. Os resultados da fase de mesocosmos revelaron que as MHWs e a fragmentación influíron significativamente na composición da comunidade bentónica, pero non tiveron un efecto significativo na riqueza de especies nin nos índices de diversidade. A fragmentación modificou a distribución das especies, aumentando a heteroxeneidade da comunidade sen reducir necesariamente a biodiversidade. Non se observou unha interacción sinerxética clara entre as MHWs e a fragmentación, o que suxire que estes factores de estrés actúan de forma independente. Na fase experimental na mariña, detectouse o recrutamento de cinco novas especies, incluíndo Bugula neritina (Linnaeus, 1758) e Clavelina cf. oblonga Herdman, 1880. En xeral, os achados subliñan que, aínda que as MHWs alteran a composición das especies e a fragmentación do hábitat modifica a heteroxeneidade estrutural, o seu impacto combinado non agrava estes efectos. A ausencia de interaccións significativas entre estes factores de estrés suxire que as respostas da comunidade poden estar mediadas polas tolerancias específicas das especies en lugar de efectos puramente aditivos ou sinerxéticos.

Gestoso García, Ignacio José Cotitoría
Carmona Barnosi, Leila María Cotitoría
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Titoría)
Gestoso García, Ignacio José Cotitoría
Carmona Barnosi, Leila María Cotitoría
Tribunal
BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Memorias de Avramar
Autoría
S.R.S.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
S.R.S.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
Data da defensa
11.02.2025 12:00
11.02.2025 12:00
Resumo
Memoria de prácticas externas na empresa Avramar situada na provincia de Alacante, Comunidade Valenciana, durante os meses de setembro e xaneiro (2024 - 2025). Na empresa cultívanse especies de corvina, dourada e robaliza nun total de 48 gaiolas, unhas de 25 metros de diámetro e outras de 38 metros de diámetro. A alimentación está automatizada desde unha plataforma - silo situado dentro da instalación offshore. Neste, a alimentación cárgase en diferentes tanques dependendo do tipo de penso e do tamaño do pellet. O feed diríxese desde a oficina ou desde a propia plataforma. Finalmente tiven a sorte de participar en todas as manobras que se realizaban na explotación, como a pesca ou a plantación de alevines.

Gil Cardona, Daniel Cotitoría
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
Gil Cardona, Daniel Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Vogal)
Biodiversidade de aves en hábitats de Quercus robur e Eucalyptus globulus puros e mixtos da provincia de Pontevedra.
Autoría
E.R.F.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
E.R.F.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Data da defensa
21.02.2025 09:30
21.02.2025 09:30
Resumo
Nun contexto de aumento de plantacións forestais en Galicia para a súa explotación industrial, diversos traballos teñen estudado cal é o efecto na biodiversidade dos eucaliptais fronte aos bosques autóctonos. Sen embargo, prestouse pouca atención aos hábitats mixtos, cunha mestura de especies autóctonas e alóctonas. Neste estudo, proponse analizar as diferencias en abundancia, composición e riqueza de especies na comunidade de aves en catro tipos de hábitats forestais: plantacións de Eucalyptus globulus, carballeiras (dominadas por Quercus robur), e bosques mixtos: carballeiras con presenza de eucaliptos dispersos (CM), e eucaliptais con presenza de carballos dispersos (EM). Para levar a cabo o estudo, rexistráronse as vocalizacións (cantos e reclamos) de aves a través de gravadoras para un total de 32 localidades, 8 para cada tipo de hábitat, ao longo de diferentes momentos do día. A partir das mostras recollidas, para cada localidade extraeuse o número e duración das vocalizacións, como indicativo da abundancia de aves, e identificáronse as especies detectadas en cada gravación para obter a riqueza e a composición de especies para cada localidade. Posteriormente, realizáronse as análises estatísticas para a abundancia e riqueza de especies (ANOVA, proba de Fisher e proba de Tukey), fixéronse as curvas de rarefacción e aplicouse o indicador de riqueza estimada Chao2, e realizouse a análise da composición de especies (ANOSIM, NMDS e CDA). As análises revelaron un efecto significativo do tipo de hábitat na riqueza alfa (por parcela) de especies, número de vocalizacións e composición de especies, pero non na duración das vocalizacións. As formacións mixtas, CM e EM, presentaron a maior abundancia e riqueza alfa, pero non se atopan diferencias significativas respecto ás carballeiras. Sen embargo, si que se atopan diferencias significativas entre EP e o resto de hábitats (con todos eles ou só con CM e EM, segundo a proba estatística realizada). EP é o que menor abundancia de especies e riqueza alfa ten, aínda que a riqueza total (entre parcelas) non é a máis baixa. Tamén se atopan as maiores diferencias en composición de especies entre o EP e o resto dos hábitats. En EP rexístranse aves ligadas á presenza de matogueiras e adaptadas a hábitats máis humanizados, e móstrase unha menor frecuencia relativa de aves forestais xeneralistas e especialistas. A capacidade inesperada dos hábitats forestais mixtos para albergar biodiversidade de aves mostrada neste traballo, invita a reflexionar sobre o papel que pode ter a conservación da biodiversidade a nivel rexional e nas implicacións destes resultados para a xestión forestal, tendo en conta os efectos negativos estudados do eucalipto noutros contextos, por comportarse como unha especie exótica invasora no sur de Europa. A mellora significativa nas comunidades de aves entre os eucaliptais puros e os mixtos alenta a realizar medidas de xestión nesta dirección, podendo xerar un efecto considerable na biodiversidade destas plantacións, reducindo de forma significativa o seu impacto negativo. Futuras liñas de investigación poden basearse en profundar no coñecemento actual sobre os hábitats forestais mixtos en Galicia, estudando os seus efectos sobre outros grupos taxonómicos.

Calviño Cancela, María (Titoría)
Martín Herrero, Julio Cotitoría
Calviño Cancela, María (Titoría)
Martín Herrero, Julio Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
BASELGA FRAGA, ANDRES (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
BASELGA FRAGA, ANDRES (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
Efectos da HD tACS na memoria de traballo en adultos con deterioro cognitivo leve e subxectivo
Autoría
A.P.R.P.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
A.P.R.P.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 16:05
18.07.2025 16:05
Resumo
A estimulación transcraneal por corrente alterna (tACS) permite modular a actividade oscilatoria cerebral e, en persoas sans, asociouse con melloras na memoria de traballo (MT). Porén, a súa eficacia en persoas maiores con deterioro cognitivo subxectivo (DCS) ou deterioro cognitivo leve (DCL) continúa sendo pouco explorada. O obxectivo deste estudo foi avaliar se a tACS theta gamma combinada con adestramento cognitivo (EC) mellora o rendemento nunha tarefa de MT e modula a actividade electrofisiolóxica relacionada coa atención dirixida (N2b) e cos procesos de actualización da memoria de traballo (P3b), así como se estes efectos difiren segundo o sexo. Participaron 26 adultos con DCS DCL (de 57 a 83 anos) nun deseño cruzado contrabalanceado, no que cada participante recibiu dúas intervencións (real e placebo), separadas por un período de 6 a 12 semanas. Cada intervención consistiu en oito sesións consecutivas de estimulación tACS (20 minutos) xunto cun EC (30 minutos). Aplicouse tACS theta gamma a 6 Hz, con ráfagas de 80 Hz acopladas aos picos de cada ciclo de theta, sobre o electrodo AF3, correspondente á cortiza prefrontal dorsolateral esquerda (DLPFC). A MT foi avaliada antes e despois de cada intervención mediante unha tarefa visual de emparellamento demorado. Rexistráronse medidas condutuais (acertos, tempos de reacción e rexeitamentos correctos) e analizáronse as amplitudes dos compoñentes N2b (en F3, F4, C3 e C4) e P3b (en F3, F4, P3 e P4) dos potenciais evocados (PEs). Os ANOVAs (Condición x Sesión x Sexo) amosaron melloras significativas nas mulleres tras a tACS real, con tempos de reacción máis baixos (F(1,24)=5,211, p=0.032) en comparación coa intervención placebo. Nos homes non se observaron efectos significativos. En canto aos PEs, as análises de varianza de medidas repetidas (Condición x Sesión x Sexo) mostraron, para o compoñente N2b, un incremento consistente da amplitude tras a intervención en comparación coa avaliación previa, principalmente en tarefas de baixa carga cognitiva, independentemente do sexo. No tocante ao compoñente P3b, as ANOVAs de medidas repetidas (Condición x Sesión x Electrodo x Sexo) tamén mostraron un incremento da amplitude na sesión post intervención, así como interaccións segundo a localización do electrodo. Non se rexistraron efectos sistemáticos da condición experimental nin do sexo. Os achados suxiren que a tACS theta gamma podería contribuír a unha mellora parcial na velocidade de resposta en mulleres con DCS DCL. Ademais, podería considerarse como unha ferramenta para modular procesos atencionais e de actualización nesta poboación.

Modelización da Probabilidade de Ocurrencia de Incendios Forestáis no Municipio de Villaflores.
Autoría
A.P.S.C.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
A.P.S.C.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Data da defensa
27.06.2025 12:00
27.06.2025 12:00
Resumo
O municipio de Villaflores, Chiapas, situado nun clúster de alta densidade de incendios forestais en México, experimentou un aumento na frecuencia e na superficie queimada entre 2019 e 2024, superando as medias de 2012 a 2024, especialmente en bosques de coníferas e de montaña mesófila. Este estudo modelizou a probabilidade de ocorrencia de incendios forestais (2012 a 2024) mediante regresión lóxica, utilizando predictores topoclimáticos (ex.: velocidade do vento), paisaxísticos (ex.: densidade de biomasa verde, interface bosque-agricultura) e demográficos (ex.: densidade de poboación). Xerouse un mapa de probabilidade de incendios, e avaliouse a importancia relativa dos predictores. O modelo, avaliado en 100 iteracións, amosou unha capacidade discriminatoria útil (AUC ROC medio de 0,791, desviación estándar de 0,018), pero cun baixo valor predictivo positivo (34%), o que indica unha maior identificación de zonas ambientalmente susceptibles de incendios que de ignicións precisas. Os predictores máis influentes foron a densidade de biomasa verde (WDVI.Q3, caída do 15% no AUC ROC ao excluílo), densidade do estrato herbáceo (MSAVI.Q1, 10%), porcentaxe de bosque afectado (Perc.Des) e velocidade do vento (Wind). As interaccións entre variables antrópicas e paisaxísticas son claves para analizar as dúas zonas de máxima probabilidade: Oeste (85%, coníferas, baixa accesibilidade) e Leste (95%, bosque mesófilo, incendios atípicos en febreiro) próximas a núcleos de poboación. As limitacións inclúen a resolución de 1 km2, que suaviza as variacións locais, e a exclusión de rexistros de incendios sen polígonos de superficie queimada, o que pode sesgar os patróns espaciais.

DIAZ VARELA, RAMON ALBERTO (Titoría)
REGOS SANZ, ADRIAN Cotitoría
Vega Nieva, Daniel José Cotitoría
DIAZ VARELA, RAMON ALBERTO (Titoría)
REGOS SANZ, ADRIAN Cotitoría
Vega Nieva, Daniel José Cotitoría
Tribunal
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Secretario/a)
REYES FERREIRA, OTILIA (Vogal)
Impacto da fatiga mental e a súa relación co risco de caídas: estudo piloto
Autoría
E.S.C.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
E.S.C.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 13:15
18.07.2025 13:15
Resumo
A fatiga mental é un estado psicobiolóxico caracterizado por un aumento da sensación de cansazo e/ou unha diminución transitoria do rendemento cognitivo, causados por períodos prolongados de actividade cognitiva esixente. Investigacións recentes suxiren que a fatiga mental pode producir alteracións no control motor, afectando a estabilidade postural. As teorías clásicas consideran que o control postural está esencialmente regulado por reflexos espinais e troncoencefálicos, requirindo unha mínima participación executiva. Porén, recentemente suxeriuse un papel substancial do control executivo (top-down) sobre as estruturas motoras implicadas no equilibrio. Estes achados invitan a pensar que distintas áreas implicadas no control executivo (diferentes rexións do córtex prefrontal PFC, activas na realización de distintas tarefas cognitivas) poden estar implicadas de maneira diversa no control postural. De ser así, a fatiga mental podería alterar o control postural. Algúns estudos preliminares, escasos, así o apuntan, pero os mecanismos son descoñecidos. Polo tanto, neste traballo pretendemos determinar o impacto da fatiga xerada por tarefas cognitivas vinculadas a diferentes funcións executivas (control inhibitorio e memoria de traballo) na estabilidade postural. Para iso, leváronse a cabo 3 sesións experimentais (n=8, persoas novas) nas que se xerou fatiga mental mediante 3 tarefas cognitivas distintas (incluída unha de control), repetidas varias veces en cada sesión e avaliándose a estabilidade postural estática dos participantes. Tamén se avaliou a excitabilidade das motoneuronas espiñais mediante a curva de recrutamento do reflexo H ao inicio e ao final da sesión, cuxa pendente da curva se asocia negativamente coa estabilidade postural. O nivel de fatiga xerado polas tres tarefas aumentou coa progresión das repeticións. Cando o control postural se avaliou durante a realización das tarefas cognitivas, observouse maior inestabilidade postural co avance das repeticións, acompañada dunha diminución da amplitude do reflexo H. Non obstante, estes efectos foron independentes do tipo de tarefa cognitiva que xerou a fatiga. Os nosos resultados suxiren un importante control prefrontal no equilibrio postural humano.

Arias Rodríguez, Pablo (Titoría)
Rivadulla Fernández, Juan Casto Cotitoría
Arias Rodríguez, Pablo (Titoría)
Rivadulla Fernández, Juan Casto Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Pombal Diego, Manuel Ángel (Presidente/a)
Covelo Fernández, Ana (Secretario/a)
Folgueira Otero, Mónica (Vogal)

Procesos cognitivos e modulación del dor: índices de actividade cerebral
Autoría
C.S.L.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
C.S.L.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 16:05
18.07.2025 16:05
Resumo
Investigacións previas demostraron unha interacción entre a actividade cognitiva e a nocicepción, atopando que a realización de tarefas cognitivas diminúe a percepción da dor. Ademais, a presentación de estímulos dolorosos interfire coa realización de ditas tarefas, efectos que se reflicten en cambios na actividade eléctrica cerebral (EEG). Nestes estudos, as tarefas cognitivas adoitan presentarse habitualmente nunha pantalla de ordenador, mentres que os estímulos dolorosos se aplican na man. Isto fai que non sexa posible disociar se os efectos se deben ao desvío atencional da man estimulada ou a outros factores como a carga cognitiva das tarefas. Para separar os efectos do desvío atencional e a carga cognitiva, deseñamos unhas pulseiras con pantalla que, colocadas en ambos pulsos, permiten a realización de tarefas de maneira ipsilateral ou contralateral á man que recibe a estimulación nociceptiva. Na sesión experimental, rexistramos o EEG durante a aplicación dun paradigma de sumación temporal da segunda dor (TSSP), consistente na presentación de series de 12 estímulos térmicos nociceptivos. Ao mesmo tempo, os participantes realizaban dúas tarefas de memoria de traballo n-back: 0-back (baixa carga cognitiva) e 2-back (elevada carga cognitiva). A mostra estivo composta por 21 universitarios sans (de entre 18 e 29 anos). Avaliouse a magnitude da TSSP e os potenciais evocados (ERPs) relacionados coas tarefas cognitivas para cada unha das condicións. Ademais, utilizamos escalas auto-informadas relacionadas coa ansiedade anticipatoria e o catastrofismo ante a dor. As análises indicaron que a TSSP non se ve afectada significativamente polo nivel de carga cognitiva ou desvío da atención, nin pola interacción entre estes factores. Non obstante, a amplitude dos compoñentes N2 e P3 ante os estímulos visuais usados na tarefa cognitiva aumentou coa carga cognitiva (2-back mayor 0-back) e co desvío atencional (contralateral mayor ipsilateral). Estes resultados suxiren que a atención a estímulos nociceptivos resta recursos de procesamento dedicados á realización de tarefas cognitivas, ao tempo que mostran a complexidade da interacción entre procesos nociceptivos e cognitivos.

Carrillo De la Peña, María Teresa (Titoría)
Gil Ugidos, Antonio Cotitoría
Carrillo De la Peña, María Teresa (Titoría)
Gil Ugidos, Antonio Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Presidente/a)
CESPON GONZALEZ, JESUS (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Coordinador)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Presidente/a)
CESPON GONZALEZ, JESUS (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Abundancia e diversidade de especies demersais na costa noroeste galega (2017-2022)
Autoría
R.S.A.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
R.S.A.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
Data da defensa
25.02.2025 10:00
25.02.2025 10:00
Resumo
Neste estudo analizaron os patróns de abundancia e diversidade da comunidade de especies demersais na costa noroeste de Galicia, e relacionáronse cos factores ambientais, temporais e espaciais. Empregáronse datos das Campañas Centinela de Cigala realizadas entre 2017 e 2022, abarcando un rango batimétrico entre 111 e 530 m. Os análise de abundancia realizáronse para toda a comunidade e, por separado, para cada un dos grupos taxonómicos descritos: osteíctios, condrictios, crustáceos, cefalópodos, equinodermos e “outros”. Todos os grupos mostraron unha relación significativa coa profundidade, pero non houbo efecto para toda a comunidade no seu conxunto. Ao longo da serie temporal, detectouse un incremento significativo na abundancia xeral e por grupos, pero cómpre ter en conta algunhas limitacións metodolóxicas á hora de interpretar os resultados. A zona de pesca El Fondón e o norte do cabo Fisterra rexistraron os puntos de maior diversidade no noso estudo, sendo esta última, unha área caracterizada pola presenza de fortes afloramentos que provocan unha alta produtividade primaria.