Revisión bibliográfica sobre os usos do khat e as catinonas sintéticas como drogas de abuso
Autoría
R.A.I.
Grao en Farmacia (2ªed)
R.A.I.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Catha edulis (Vahl) Endl., orixinaria do leste de África, é ampliamente recoñecida polos seus efectos psicoestimulantes e o seu profundo arraigamento cultural en rexións como o Corno de África e a Península Arábiga. A sua utilización remontase a épocas antigas, inicialmente con fins ceremoniais y medicinais, sendo documentada por primeira vez no século XI en tratados médicos islámicos. Co paso do tempo, o seu uso popularizouse en contextos sociais, particularmente a través de reunións tradicionais. Actualmente, o seu cultivo concéntrase principalmente en Etiopía, país que lidera a producción global, aínda que tamén se extendeu a outras zoas de África oriental debido á sua rentabilidade e adaptación a climas áridos. Dende o punto de vista farmacolóxico, o principal composto activo do khat é a catinona, un alcaloide con efectos similares aos das anfetaminas. Este composto serviu como base para a síntese de diversos análogos, clasificadas como novas substancias psicoactivas (NPS). Estas emerxeron nos últimos anos como alternativas a drogas fiscalizadas, sendo consumidas con fins recreativos e comercializadas en mercados europeos baixo diversas presentacións, mesmo como adulterantes de substancias como MDMA. Este fenómeno suscitou preocupación polos riscos que conleva o seu consumo, tanto a nivel sanitario como legal. Neste traballo abórdase o orixe, evolución e expansión do khat, así como o impacto que as catinonas sintéticas xeraron no contexto actual do consumo de drogas.

Dirección
GONZALEZ JARTIN, JESUS MARIA (Titoría)
GONZALEZ JARTIN, JESUS MARIA (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Uso inadecuado de antibióticos en otitis pediátrica: revisión sistemática e metaanálisis
Autoría
G.A.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
G.A.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Antecedentes: A prescrición inadecuada en pediatría referida á otitis media aguda en países desenvolvidos de Europa, E.E.U.U., Australia e Canadá parece seguir estando bastante presente nos ambientes ambulatorios a pesar dos múltiples esforzos para diminuíla nos últimos anos. Neste traballo tentarase medir a frecuencia destas prescricións e en que aspectos da prescrición non foron apropiadas nos último 11 anos. Resultados: Despois de analizar 13 artigos onde se valora a inadecuación das prescricións en varios países desenvolvidos occidentais, repórtanse porcentaxes elevadas de consultas con prescricións non indicadas ou innecesarias, con prescricións non acordes coas primeiras liñas de tratamento segundo as guías e con pautas maiores das recomendadas polos últimos estudos. A realización dun metaanálisis cos resultados mostrou unha enorme heteroxeneidade entre os estudos, que seguramente se deba ás diferenzas no deseño e os obxectivos, as variacións entre guías e as distincións nas prácticas dos médicos. Conclusión: Aínda se seguen prescribindo moitos antibióticos en pacientes que non presentan as características necesarias para que estean indicados (otorrea, otalgia intensa, febre, otitis recorrente, inmunodepresión, ser menor de 2 anos), a elección do antibiótico non sempre é a apropiada, usándose antibióticos de amplo espectro cando o seu uso está desaconsellado e as duracións das pautas tenden a ser maiores do recomendado polas guías, especialmente en nenos de máis de 24 meses de idade.

FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO (Titoría)
FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
Novos axentes hidroxelantes transportadores de fármacos
Autoría
A.A.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.A.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O avance na comprensión dos xeles abriu un novo ámbito de investigación dentro da química. Estes materiais destacan fundamentalmente pola súa gran versatilidade debido á diversidade das súas estruturas, a súa capacidade para encapsular líquidos no seu interior, así como pola súa flexibilidade e suavidade. Ademais, a súa reversibilidade, a súa natureza biodegradable, biocompatibilidade e capacidade para responder frente a estímulos externos convértenos en candidatos ideais para múltiples aplicaciones. Este Traballo de Fin de Grado está orientado ao estudio de novos axentes xelificantes de baixo peso molecular (LMWGs). Proponse unha ruta de síntese que dá lugar a unha molécula derivada de beta-aminoácidos ciclohexánicos, da cal evalúase a súa capacidade de formación de xeles en distintos disolventes de diferentes constantes dieléctricas. Ademais, realízase un estudo sobre a capacidade dos seus hidroxeles para atrapar e liberar fármacos en medios acuosos, así como estudos biolóxicos in vitro onde se compara a eficacia bactericida de diferentes antibióticos encapsulados nos seus hidroxeles.

Estévez Cabanas, Juan Carlos (Titoría)
Estévez Cabanas, Juan Carlos (Titoría)
Tribunal
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN (Presidente/a)
GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)

Estudo da actividade iMAO de derivados de benzalftalida
Autoría
G.A.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
G.A.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
As monoaminooxidasas (MAO) son isoenzimas que catalizan a desaminación oxidativa de aminas dietéticas e neurotransmisores monoamínicos. Estudos recentes suxiren un papel clave da MAO como fonte de dano tisular, especies reactivas de osíxeno (ERO) e estrés oxidativo. Ademais, a MAO e a principal véa de degradación de catecolaminas, que regulan a resposta inmune mediante a proliferación e diferenciación celular, apoptosis e produción de citocinas. Todo isto suxire que a inhibición da MAO pode ser unha diana importante na estratexia terapéutica da inflamación con dous mecanismos de acción definidos: a redución dos niveis de subproductos tóxicos e o aumento dos niveis de catecolaminas. Ambos converxen na regulación da expresión de citocinas proinflamatorias e a redución do estrés oxidativo. Os inhibidores da MAO (iMAO) xa se empregan como antidepresivos (iMAO-A), antiparkinsonianos (iMAO-B) e no tratamento de diversos trastornos mentais ou na enfermidade de Alzehimer (EA) baixo a hipótese da redución do estrés oxidativo e as especies reactivas de osíxeno. O obxectivo deste traballo foi avaliar a potencia e selectividade como iMAO dunha serie de compostos con estrutura de (Z)-3-benzilidenftalida. Moito destes compostos resultaron ser potentes inhibidores de MAO-B, mostrando maior potencia e selectividade in vitro que alguns dos fármacos empregados en clínica.

VIÑA CASTELAO, MARÍA DOLORES (Titoría)
VIÑA CASTELAO, MARÍA DOLORES (Titoría)
Tribunal
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)

Hepatite C e terapia con antivirais de accion directa
Autoría
L.A.A.
Grao en Farmacia (2ªed)
L.A.A.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A hepatite C esta considerada unha enfermidade de declaración obrigatoria que a día de hoxe continua sendo un importante problema de saude publica mundial, por iso a OMS fixou para o ano 2030 a eliminacion das hepatites viricas mediante a proposta dunha serie de medidas adaptadas a cada enfermidade. Ainda que actualmente coa chegada dos novos antivirais de accion directa conseguense altas taxas de curacion e mellores respostas ao tratamento que coas terapias anteriores, o seu elevado custo fai que estes tratamentos non sexan accesibles do mesmo xeito en todos os territorios En España, grazas ao plan estratexico para a abordaxe da hepatite C no sistema sanitario conseguimos situarnos como un pais con baixa taxa de incidencia que preve cumprir o obxectivo marcado pola OMS nos proximos anos Por iso a presente revision inclue os aspectos xerais sobre o virus da hepatite C asi como unha descricion actual do seu tratamento con antivirais de accion directa

SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Titoría)
SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Titoría)
Tribunal
CAMPOS TOIMIL, MANUEL (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)

SOLANÁCEAS: Diversidade e interese na alimentación humana
Autoría
J.A.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
J.A.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
As solanáceas constitúen unha das familias botánicas máis diversas e relevantes no eido agrícola, nutricional e sanitario. Este traballo ofrece unha revisión sobre nove especies seleccionadas (Solanum lycopersicum, Capsicum annuum, Solanum melongena, Solanum tuberosum, Solanum betaceum, Solanum quitoense, Physalis alkekengi, Atropa belladonna e Datura stramonium), analizando a súa diversidade morfolóxica, a súa orixe, domesticación, expansión e as características que as fan valiosas desde o punto de vista alimentario, farmacolóxico e funcional. A través dunha revisión bibliográfica especializada, recompílanse datos sobre o seu contido en compostos bioactivos, propiedades nutricionais e potenciais aplicacións na prevención de enfermidades. Identifícanse, así mesmo, os principais riscos toxicolóxicos relacionados co consumo de determinadas especies, subliñando a importancia dun uso axeitado e regulado. O traballo conclúe destacando o potencial das solanáceas como fonte de compostos de interese na nutrición humana, e como modelo de integración entre biodiversidade, cultura alimentaria e ciencia.

ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Titoría)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Titoría)
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
LIMA RODRIGUEZ, LUIS JESUS (Secretario/a)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Vogal)

Nanotecnoloxía farmacéutica no diagnóstico e tratamento do glioblastoma
Autoría
D.A.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
D.A.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O glioblastoma (GB) é o tumor cerebral primario máis agresivo e frecuente en adultos, cunha esperanza de vida media que raramente supera os 15 meses. A elevada heteroxeneidade, o complexo microambiente tumoral e a case impenetrable barreira hematoencefálica expoñen grandes desafíos no seu diagnóstico e tratamento. Neste contexto, a nanotecnoloxía farmacéutica emerxeu como unha ferramenta revolucionaria que, mediante o deseño de nanosistemas específicos, permite superar as barreiras biolóxicas, facilitando a orientación selectiva de fármacos, a súa liberación controlada e a mellora das técnicas de diagnóstico. Este traballo aborda os avances máis recentes no uso de nanosistemas para o diagnóstico e tratamento do GB, destacando o seu potencial para mellorar a calidade de vida e a supervivencia dos pacientes. Os resultados resaltan o prometedor papel das estratexias baseadas en nanotecnoloxía, pero subliñan a necesidade de realizar máis estudos preclínicos e clínicos para garantir a súa viabilidade na práctica clínica.

ALONSO FERNANDEZ, MARIA JOSEFA (Titoría)
ALONSO FERNANDEZ, MARIA JOSEFA (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)

Síntese de estruturas heterocíclicas con potencial actividade fronte a trastornos neurodexenerativos
Autoría
L.A.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
L.A.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A procura de novos fármacos dirixidos aos mecanismos implicados nas enfermidades neurodexenerativas é unha prioridade na investigación biomédica a nivel mundial. Neste contexto, a modificación estrutural do riluzol, un dos poucos fármacos aprobados en España para o tratamento da esclerose lateral amiotrófica (ELA), representa unha estratexia prometedora. Neste proxecto levouse a cabo a síntese, purificación e caracterización dunha serie de compostos derivados de benzotiazol (esqueleto químico do riluzol) funcionalizados en posición 2 mediante un enlace amida con distintos substituíntes. A síntese efectuouse a través da reacción de Schotten-Baumann entre aminas e cloruros de ácido, seguida dunha extracción líquido-líquido e purificación por columna cromatográfica. A pureza dos compostos determinouse por HPLC, e a súa caracterización estrutural realizouse mediante espectroscopía 1H-RMN e 13C-RMN, espectrometría de masas e punto de fusión. Ademais, predixéronse as súas propiedades farmacocinéticas utilizando o software ADMET-AI. Sintetizáronse dez compostos con rendementos moderados e elevadas purezas, en torno ao 98%. A caracterización confirmou a estrutura esperada de cada derivado, e as predicións computacionais indicaron perfís farmacocinéticos favorables. En conxunto, os resultados suxiren que esta familia de compostos pode ter potencial como base para o desenvolvemento de novos axentes terapéuticos capaces de acceder ao sistema nervioso central.

CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Titoría)
CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Presidente/a)
Souto Salom, Manuel (Secretario/a)
QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)

Intervencións para reducir a prescrición de antibióticos en pacientes pediátricos: unha revisión sistemática
Autoría
M.D.P.A.D.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.D.P.A.D.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
RESUMO INTRODUCION A resistencia aos antimicrobianos (RAM) é un perigo crecente para a saúde pública, especialmente en pediatría, onde os antibióticos adoitan prescribirse con frecuencia ante infeccións víricas. Esta revisión sistemática avalía a eficacia de intervencións e da aplicación de guías de práctica clínica destinadas a reducir a prescrición inadecuada de antibióticos na poboación pediátrica. METODOS Realizouse unha busca en MEDLINE PubMed (2014 a 2024), seguindo as directrices PRISMA 2020. Incluíronse artigos en inglés, español ou portugués que revisasen intervencións dirixidas a optimizar a prescrición en pediatría. Avaliouse a calidade metodolóxica mediante ferramentas do NHLBI. Definiuse como prescrición total (PTA) o número total de antibióticos prescritos, e como adecuación (AP) a concordancia coas guías clínicas. RESULTADOS Incluíronse dezaseis estudos: 13 (81 por cento) realizados en atención primaria e 3 (19 por cento) en contornas hospitalarias. As intervencións, dirixidas a médicos de familia e pediatras, e nalgúns casos tamén a coidadores, incluíron formación clínica, recursos educativos, algoritmos de toma de decisións e ferramentas diagnósticas. Doce estudos (75 por cento) avaliaron a prescrición total de antibióticos, dous (12,5 por cento) os resultados clínicos, un (6,25 por cento) a adecuación da prescrición e un (6,25 por cento) a toma de decisións. Oito estudos (50 por cento) mostraron resultados positivos, tres (18,75 por cento) resultados mixtos e cinco (31,25 por cento) non atoparon beneficio. CONCLUSION As intervencións multifacéticas poden reducir a prescrición inadecuada de antibióticos e contribuír a diminuír a resistencia aos antimicrobianos (RAM). PALABRAS CLAVE Pediatría; Prescrición antibiótica; Intervencións multifacéticas; Atención primaria; Resistencia aos antimicrobianos. FINANCIAMENTO Instituto de Saúde Carlos III, proxecto PI24 barra 00480, cofinanciado pola Union Europea

CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Presidente/a)
COUSO PEREZ, SEILA (Secretario/a)
DE CASTRO RIOS, ANA (Vogal)

Síntese de 2-Aminopiridinas para a Inmunoterapia do Cancro Mediante Estratexias Multicompoñente
Autoría
I.A.A.
Grao en Farmacia (2ªed)
I.A.A.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
No presente traballo desenvolveuse unha nova reacción multicompoñente de catro compoñentes que permite a síntese eficiente e rápida de quimiotecas de 2-Aminopiridinas, unha estructura privilexiada con elevado potencial bioactivo na inmunoterapia do cancro. Inspirados polos resultados previos de ComBioMed na síntese de derivados de 2-Aminopirimidinas con afinidade polos receptores de adenosina, e tomando como referencia a relevancia farmacolóxica das 4-Aminopirimidinas na investigación oncolóxica, aplicamos unha estratexia de farmacomodulación para redirixir estes esqueletos cara a un novo farmacóforo de 2-Aminopiridina. Ademais, realizáronse derivatizacións dirixidas dos compostos obtidos, co obxectivo de mellorar a súa afinidade polos receptores de adenosina, en particular polos subtipos menos explorados. O enfoque sintético empregado demostrou ser altamente eficiente e versátil, permitindo unha rápida expansión do espazo químico e facilitando o deseño de futuros antagonistas selectivos con aplicacións potenciais na inmunoterapia do cancro.

SOTELO PEREZ, EDDY (Titoría)
SOTELO PEREZ, EDDY (Titoría)
Tribunal
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)

Análise do impacto da obesidade inducida pola dieta nos estados de pluripotencia das células nai pluripotentes inducidas (iPSCs).
Autoría
L.A.J.
Grao en Farmacia (2ªed)
L.A.J.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A obesidade é un trastorno metabólico definido por unha acumulación excesiva de graxa que pode afectar a funcionalidade celular, representando un risco para a saúde. Neste traballo estudouse como a obesidade inducida por unha dieta rica en graxas (HFD) inflúe na identidade e no estado funcional das células nai pluripotentes inducidas (iPSCs). A través de análises transcriptómicos comparativos entre iPSCs obtidas de cultivos primarios de células somáticas derivadas de ratos alimentados con dieta estándar (STD) ou dieta HFD, observouse que as HFD-iPSCs conservan unha sinatura transcriptómica diferencial, mesmo tras longos períodos de cultivo. Esta pegada molecular asóciase a alteracións nas vías de pluripotencia e a patoloxías metabólicas relacionadas coa obesidade, o que suxire a existencia dunha memoria obesoxénica persistente en cultivo. Mediante análises bioinformáticos, observouse que as HFD-iPSCs presentan un perfil de pluripotencia máis naïve, caracterizado por unha maior inmadurez funcional asociada ás etapas temperás do desenvolvemento embrionario. Este achado confirmouse funcionalmente mediante ensaios de fusión celular, onde as HFD-iPSCs amosaron unha maior capacidade reprogramadora, evidenciada por unha activación máis temperá de xenes clave de pluripotencia. Finalmente, identificáronse compostos bioactivos, como flucitosina, fluoxetina e topotecán, con potencial para reverter parcialmente os cambios de expresión xénica asociados á memoria obesoxénica persistente nas HFD-iPSCs. En conxunto, estes resultados subliñan a influencia da dieta sobre a identidade e funcionalidade das iPSCs, con implicacións directas para a súa aplicación en medicina rexenerativa e no modelado de enfermidades.

FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Titoría)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Implantes cerámicos bioactivos para rexeneración ósea
Autoría
A.A.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.A.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
rexeneración de defectos óseos críticos constitúe un dos principais retos da medicina rexenetariva, especialmente no contexto do envellecemento poboacional e o aumento de enfermidades como a osteoporose, que diminúen a densidade mineral ósea e dificultan a reparación tisular. Ante esta problemática, a enxeñería de tecidos propón alternativas como os andamios cerámicos bioactivos fabricados mediante impresión 3D, capaces de reproducir estruturas complexas e promover a rexeneración ósea. Este traballo ten como obxectivo desenvolver unha tinta cerámica baseada en fosfato tricálcico alfa (alfa-TCP) e hidroxipropilmetilcelulosa (HPMC) para a fabricación de andamios tridimensionais por impresión 3D. O alfa-TCP foi seleccionado pola súa capacidade de transformarse, en condicións fisiolóxicas, en apatita deficiente en calcio (CDHA), compoñente principal mineral óseo. Con todo, o seu uso exclusivo presenta limitacións en canto a imprimibilidade e integridade das estruturas obtidas, o que require o uso dun aglutinante como a HPMC para conferir viscosidade e cohesión adecuadas. Por iso, formulouse unha tinta baseada en alfa-TCP e HPMC con propiedades reolóxicas aptas para a súa extrusión e avaliáronse diferentes tratamentos de fraguado destinados a inducir a conversión do alfa-TCP a CDHA. A tinta desenvolvida permitiu a fabricación de andamios con alta fidelidade ao deseño orixinal. O tratamento de fraguado máis eficaz combinou unha exposición inicial a vapor de auga cunha inmersión posterior en disolución salina tamponada con fosfato (PBS), o que favoreceu a formación de nanoláminas de CDHA, observadas mediante microscopía electrónica de varrido.

DIAZ RODRIGUEZ, PATRICIA (Titoría)
DIAZ RODRIGUEZ, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
A microbiota e a súa relación co desenvolvemento, diagnóstico e tratamento do cancro colorrectal
Autoría
S.A.V.
Grao en Farmacia (2ªed)
S.A.V.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A disbiose é unha condición caracterizada por un aumento de bacterias nocivas que proliferan sobre as beneficiosas, o que resulta nun desequilibrio nos procesos moleculares esenciais para o correcto funcionamento dos nosos corpos. Numerosos estudos relacionaron estas alteracións co desenvolvemento de moitas enfermidades, incluído o cancro colorrectal. O obxectivo deste traballo é realizar unha revisión bibliográfica actualizada sobre a relación entre a microbiota e a fisiopatoloxía do cancro colorrectal e analizar como os microbiomas asociados poden participar no desenvolvemento de novas estratexias de diagnóstico, prevención e tratamento. Realizouse unha busca bibliográfica principalmente a través das bases de datos PubMed, Scielo e Medline utilizando as palabras clave indicadas. Identificáronse os mecanismos que relacionan o cancro colorrectal con alteracións na microbiota intestinal. As bacterias máis significativamente asociadas son Fusobacterium nucleatum, Eschericchia coli e Bacteroides fragilis. Proponse o uso destas bacterias como biomarcadores de diagnóstico temperán, así como o desenvolvemento de estratexias terapéuticas destinadas a modificar a microbiota para o tratamento do cancro colorrectal. Aínda que os estudos preliminares apoian estas aplicacións, o seu uso clínico aínda non é viable debido á falta de ensaios a gran escala e á alta variabilidade interindividual da microbiota. A evidencia actual xustifica o crecente interese na investigación da microbiota no cancro colorrectal, que ofrece oportunidades para mellorar o diagnóstico e o tratamento, aumentando potencialmente a supervivencia dos pacientes.

Novos tratamentos orais para a psoríase en placas
Autoría
M.A.A.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.A.A.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A psoriasis en placas é unha enfermidade inflamatoria inmunomediada cun forte impacto físico e psicolóxico. Aínda que os tratamentos biolóxicos revolucionaron o seu manexo terapéutico, presentan limitacións como o custo, a vía parenteral e a necesidade dunha monitorización estreita. Este traballo avalía novos tratamentos orais dirixidos a dianas intracelulares como alternativa eficaz e máis accesible. Realizouse unha revisión sistemática de cinco ensaios clínicos publicados entre 2015 e 2023, nos que se analizaron a eficacia, seguridade e posoloxía de apremilast, tofacitinib, deucravacitinib, brepocitinib e belumosudil. Os resultados amosaron que deucravacitinib e brepocitinib acadaron taxas elevadas de resposta (PASI 75 en mas del 50%) e boa tolerancia, posicionándose como terapias prometedoras. Apremilast, aínda que menos eficaz, mantén un bo perfil de seguridade, sendo ideal para pacientes con comorbilidades. Tofacitinib, a pesar da súa alta eficacia, presenta limitacións por riscos cardiovasculares. Belumosudil, inhibidor de ROCK2, introduciu un mecanismo innovador, pero precisa máis estudos debido á súa eficacia modesta. Os tratamentos analizados valoráronse positivamente pola súa vía oral, posoloxía sinxela e perfil de seguridade aceptable, o que podería mellorar a adhesión e a calidade de vida dos pacientes. Con todo, sinalouse a necesidade de ensaios fase III máis prolongados e con poboacións máis diversas. En conxunto, estes novos axentes representan unha evolución terapéutica relevante que combina comodidade, eficacia e potencial impacto positivo na práctica clínica.

Varela Calviño, Rubén (Titoría)
Varela Calviño, Rubén (Titoría)
Tribunal
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)
Resinas de intercambio ionico: das propiedades fisicoquimicas ao tratamento de dislipemias
Autoría
M.A.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.A.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
As resinas de intercambio iónico son materiais poliméricos capaces de intercambiar ións co seu contorno, o que lles confire unha gran versatilidade en aplicacións industriais, ambientais e biomédicas. Este traballo ofrece unha revisión exhaustiva da súa evolución histórica, fundamentos químicos, estrutura, propiedades fisicoquímicas e clasificación, centrando especialmente a atención na súa aplicación terapéutica no tratamento das dislipemias. Analízanse as características estruturais, funcionais e de reticulación que condicionan a súa capacidade de intercambio e a súa eficacia en distintos contextos de uso. No ámbito biomédico, estúdase o seu papel como secuestradores de ácidos biliares, compostos cos que forman complexos insolubles que se eliminan pola vía fecal, o que reduce a reabsorción intestinal do colesterol e estimula a súa captación hepática. Esta acción terapéutica compárase con outros tratamentos hipolipemiantes como estatinas, ezetimiba e inhibidores de PCSK9, valorando vantaxes, limitacións e posibles efectos adversos. A través dunha revisión bibliográfica da literatura científica, guías clínicas e artigos especializados, examínanse tamén outras aplicacións clínicas relevantes como o seu uso en hiperpotasemia, hiperfosfatemia e intoxicacións por metais pesados. Ademais, revísanse as liñas emerxentes de investigación centradas no desenvolvemento de resinas intelixentes, máis selectivas e biocompatibles. O traballo conclúe que estas resinas constitúen ferramentas terapéuticas eficaces, seguras e non invasivas, cun gran potencial en pacientes con dislipemias complexas, mesmo en contextos como o embarazo ou a diabetes.

CASAS PARADA, MATILDE (Titoría)
CASAS PARADA, MATILDE (Titoría)
Tribunal
CAMPOS TOIMIL, MANUEL (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
CAMPOS TOIMIL, MANUEL (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
Influencia da microbiota intestinal na dermatite atópica
Autoría
E.B.V.
Grao en Farmacia (2ªed)
E.B.V.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A dermatite atópica (DA) é unha enfermidade inflamatoria crónica da pel cunha incidencia crecente, especialmente nos países industrializados. A súa orixe é multifactorial, onde destaca a implicaión da microbiota intestinal, elemento clave na regulación do sistema inmunitario. Ao longo deste Traballo de Fin de Grao, revisouse a literatura científica empregando bases de datos de calidade como PubMed e Google Scholar, priorizando as publicacións máis recentes, co obxectivo de comprender os mecanismos subxacentes a esta relación. As etapas máis críticas no risco de desenvolver DA son o embarazo, a lactación e a infancia. Factores como a microbiota materna, o modo de dar a luz, a alimentación do lactante e a exposición temperá a antibióticos inflúen no equilibrio bacteriano durante estes momentos, o que pode afectar o desenvolvemento do sistema inmunitario. Ao longo da vida, outros elementos como a dieta, o uso de antimicrobianos ou a presenza de comorbilidades seguen a xogar un papel fundamental neste equilibrio. Tamén, abordáronse diversas estratexias terapéuticas e preventivas, entre as que destacan os probióticos, especialmente no contexto perinatal. Tamén se analizaron outras alternativas, como os prebióticos e os transplantes fecais. Ademais, destacouse a importancia de integrar todas as intervencións nun estilo de vida saudable. En conxunto, este traballo destaca o papel central da microbiota intestinal na fisiopatoloxía da DA e subliña o valor dos farmacéuticos na súa prevención e xestión clínica dentro das prácticas asistencial.

CAMPOS TOIMIL, MANUEL (Titoría)
CAMPOS TOIMIL, MANUEL (Titoría)
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
LIMA RODRIGUEZ, LUIS JESUS (Secretario/a)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Vogal)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
LIMA RODRIGUEZ, LUIS JESUS (Secretario/a)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Vogal)
Osteocalcina: unha hormona multifacética derivada do óso.
Autoría
M.B.D.O.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.B.D.O.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A visión tradicional do óso, definida pola súa estaticidade e a súa concepción como un compoñente meramente estrutural, evolucionou considerablemente nos últimos anos. Na actualidade, é recoñecido non só polas súas funcións tradicionais senón tamén pola súa función como órgano endócrino, redefinindo o óso como unha estrutura dinámica. Este cambio débese ao descubrimento de proteínas como a osteocalcina (OC). Estudos demostran como esta proteína de orixe osteoblástica, a pesar do seu rol establecido como marcador de formación ósea, na súa forma descarboxilada (dcOC) manifesta propiedades endócrinas, con influencia sobre múltiples sistemas máis alá do esquelético. Este TFG proporciona unha revisión actualizada da OC, abarcando a súa bioloxía molecular, síntese e os seus roles establecidos no metabolismo mineral, facendo especial énfase na súa implicación en diversos procesos fisiolóxicos. Estudos murinos evidencian o impacto da dcOC na homeostase da glicosa, a capacidade muscular e o metabolismo lipídico; mellora a secreción insulínica por células beta pancreáticas, aumenta a sensibilidade á insulina en tecidos diana e potencia o rendemento físico. Ademais, desempeña un papel clave na función reprodutiva masculina, promovendo a biosíntese de testosterona nas células de Leydig, dos testículos. Tamén inflúe nalgunhas funcións cerebrais como a ansiedade e a memoria. Estudos preclínicos revelan o seu potencial terapéutico en enfermidades metabólicas (diabetes mellitus tipo 2, obesidade, síndrome metabólica), disfuncións reprodutivas masculinas e trastornos cognitivos e neurodexenerativos. Non obstante, a extrapolación á fisioloxía humana esixe validación clínica.

MANCEBO SEOANE, MARIA JOSE (Titoría)
MANCEBO SEOANE, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)
Parches e aloinxertos incluindo células nai para rexeneración de tecido cardíaco
Autoría
L.B.B.
Grao en Farmacia (2ªed)
L.B.B.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
As patoloxías cardiovasculares están entre as máis prevalentes e constitúen unha das principais causas de morte a nivel mundial. Debido á escasa capacidade rexenerativa do tecido cardíaco, resulta imposible lograr de forma natural a recuperación de todos os cardiomiocitos e células perdidas a causa dun infarto. Por este motivo, o estudo das terapias rexenerativas adquiriu unha importancia destacada e experimentou un notable crecemento nos últimos anos. Neste traballo realizouse unha revisión bibliográfica sobre parches e aloinxertos que conteñen células nai para a rexeneración do tecido cardíaco tras lesións como o infarto de miocardio ou a insuficiencia cardíaca. Ambas patoloxías implican unha perda de funcionalidade cardiovascular, presentan unha alta prevalencia e carecen dun tratamento definitivo capaz de conseguir a rexeneración das células perdidas, sendo necesario, nos casos máis graves, un transplante de corazón. Os resultados atopados mostraron que os parches e aloinxertos cargados con células nai son capaces de aumentar a proliferación, diferenciación e retención celular sen producir arritmias nin outros efectos adversos. Por tanto, melloran os efectos terapéuticos, dando lugar a maiores taxas de rexeneración e recuperación funcional cardíaca en comparación con outras terapias celulares, como o uso de inxeccións directas de células nai ou cardiomiocitos. A pesar de todos estes beneficios, segue sendo necesario un maior número de ensaios para asegurar a eficacia e a seguridade en humanos.

RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Titoría)
RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Presidente/a)
Souto Salom, Manuel (Secretario/a)
QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Presidente/a)
Souto Salom, Manuel (Secretario/a)
QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
Bioimpresión 3D de modelos de cancro de páncreas para a cribaxe de fármacos.
Autoría
S.B.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
S.B.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O adenocarcinoma ductal pancreático (PDAC) é a forma máis común e agresiva de cancro de páncreas, caracterizado por unha baixa taxa de supervivencia debido ao seu diagnóstico tardío e á limitada eficacia dos tratamentos convencionais. Un factor clave no seu desenvolvemento é o microambiente tumoral (TME), que presenta un estroma denso, un entorno inmunosupresor e unha alteración da matriz extracelular (MEC), especialmente polo aumento do coláxeno tipo I. Esta proteína incrementa a rixidez do tumor e modula o seu comportamento, dificultando o seu tratamento. Nos últimos anos, desenvolvéronse modelos tridimensionais in vitro que permiten replicar aspectos clave do PDAC humano. A impresión 3D, en particular, permitiu recrear con maior fidelidade a organización celular e a heteroxeneidade do tumor, ofrecendo unha alternativa máis eficaz e ética fronte aos modelos animais. Non obstante, para que estes modelos sexan verdadeiramente representativos, é fundamental empregar biotintas que imiten a MEC tumoral. Neste contexto, desenvolvéronse novas biotintas baseadas en coláxeno tipo I, formuladas para reproducir as propiedades biofísicas e bioquímicas do entorno tumoral do PDAC. Estas biotintas permiten xerar modelos 3D máis realistas, facilitando así o estudo da progresión do tumor e da súa resposta aos fármacos, co obxectivo de avanzar no desenvolvemento de terapias máis efectivas.

BLANCO FERNANDEZ, BARBARA (Titoría)
BLANCO FERNANDEZ, BARBARA (Titoría)
Tribunal
CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Presidente/a)
COUSO PEREZ, SEILA (Secretario/a)
DE CASTRO RIOS, ANA (Vogal)
CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Presidente/a)
COUSO PEREZ, SEILA (Secretario/a)
DE CASTRO RIOS, ANA (Vogal)
Presenza de metais pesados en complementos alimenticios
Autoría
E.B.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
E.B.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo presenta unha revisión bibliográfica centrada na presenza de metais pesados, mercurio, cadmio e chumbo, en complementos alimenticios. O obxectivo principal é avaliar a contaminación por estes axentes mediante a análise de investigacións científicas publicadas dende 2015 ata a actualidade. Analízase en profundidade a susceptibilidade de certos tipos de suplementos, como os produtos herbais, multivitamínicos, os que conteñen algas e os elaborados a partir de peixes de gran tamaño. Ademais, recompílanse e compáranse as técnicas analíticas máis utilizadas para a detección destes metais, tales como a espectrometría de absorción atómica e a espectrometría de masas con plasma acoplado inductivamente (ICP-MS). Os estudos revisados amosan que a maioría dos complementos alimenticios analizados cumpren cos límites legais establecidos para os tres metais estudados. Porén, evidencian unha notable variabilidade nos niveis de contaminación segundo o tipo de suplemento, a forma de presentación e o país de orixe, o que expón implicacións para a saúde do consumidor e a regulación destes produtos.

Sendón García, Raquel (Titoría)
Sendón García, Raquel (Titoría)
Tribunal
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
Pole de gramíneas: aerobioloxía e alerxias
Autoría
A.C.A.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.C.A.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O pole de gramíneas constitúe un dos principais axentes alerxénicos presentes na atmosfera, cun impacto sanitario significativo na poboación mundial. Este traballo revisa as características biolóxicas e alerxénicas deste tipo polínico, así como a metodoloxía empregada no seu seguimento e as implicacións clínicas derivadas da súa exposición. Analízanse os principais alérxenos responsables, como Phl p 1 e Phl p 5, e destácase a elevada prevalencia de sensibilización e a frecuente reactividade cruzada entre especies. Os datos aerobiolóxicos recollidos en diferentes cidades españolas evidencian unha marcada variabilidade estacional e xeográfica nas concentracións de pole, o que subliña a importancia dunha vixilancia continua e adaptada a cada rexión. Finalmente, abórdanse as estratexias actuais para o diagnóstico e tratamento da alerxia ao pole de gramíneas, así como a necesidade de continuar investigando para optimizar a prevención e o manexo clínico desta patoloxía.

AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Titoría)
AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Efectos da topografía do substrato no desenvolvemento da fibrose
Autoría
M.C.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.C.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A fibrose está asociada cunha porcentaxe significativa de mortes nos países industrializados e orixínase pola activación patolóxica dos fibroblastos que evolucionan a miofibroblastos. Esta transición celular provoca unha deposición desordeada da matriz extracelular, o que altera as propiedades mecánicas do tecido e compromete o seu funcionamento adecuado. Entre os factores que regulan esta diferenciación, a topografía da superficie do substrato desempeña un papel esencial. Neste contexto, a enxeñaría de tecidos constitúe unha ferramenta útil para modelar e comprender os mecanismos que explican a progresión da fibrose. Neste estudo avaliouse o efecto da topografía e da porosidade en estruturas impresas en tres dimensións e modificadas mediante ablación láser sobre o comportamento dos fibroblastos. As estruturas de policaprolactona foron fabricadas mediante extrusión de filamento fundido, o que permitiu unha impresión por capas de alta precisión. Posteriormente, aplicouse ablación láser de femtosegundos para xerar microcanles de trinta micrómetros de ancho sen provocar dano térmico. As estruturas obtidas reproduciron con fidelidade o deseño CAD, mostrando unha topografía clara e reproducible. O cultivo de fibroblastos dérmicos humanos sobre estas estruturas mostrou unha morfoloxía máis alongada e unha orientación segundo a dirección dos microcanles. Ademais, observouse unha maior diferenciación cara miofibroblastos nas estruturas tratadas, o que demostra unha influencia directa da topografía na activación celular. Estes resultados poñen de relevo o potencial dos modelos microestruturados para o estudo da fibrose e o desenvolvemento de novas terapias antifibróticas.

DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Titoría)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
Inhibidores da tirosina quinasa de Bruton no tratamento de enfermidades autoinmunes e alérxicas
Autoría
E.C.E.
Grao en Farmacia (2ªed)
E.C.E.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A tirosina quinasa de Bruton (BTK) é unha enzima clave na sinalización de diversas células do sistema inmune, especialmente dos linfocitos B. Nos últimos anos, desenvolvéronse e aprobáronse inhibidores desta encima para o tratamento de neoplasias hematolóxicas de células B. Porén, a súa capacidade para mediar procesos inflamatorios e inmunolóxicos posiciónaa tamén como una diana terapéutica prometedora para o tratamento de diversas enfermidades non oncolóxicas. Nesta revisión preséntanse as principais liñas de investigación sobre o uso de inhibidores da BTK (iBTK) na esclerose múltiple (EM), no lupus eritematoso sistémico (LES) e en enfermidades alérxicas. Ata o momento, o tratamento destas patoloxías presenta certas limitacións, como unha inmunosupresión prolongada, toxicidade ou falta de eficacia no control da progresión. Por iso, os iBTK preséntanse como unha alternativa prometedora, ao modular as vías implicadas nestes procesos, ofrecendo un mellor perfil de seguridade e eficacia.

MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Titoría)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Titoría)
Tribunal
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN (Presidente/a)
GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN (Presidente/a)
GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
Deseño e síntese de antagonistas do receptor EP4 para a inmunoterapia do cancro
Autoría
M.D.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.D.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Neste traballo preséntase unha metodoloxía multicompoñente como ferramenta exploratoria nas etapas iniciais do descubrimento de antagonistas do receptor de prostaglandina EP4. Empregouse a reacción Ugi-Joullié para ensamblar, de xeito accesible e rápido, 6 novas moléculas como potenciais antagonistas de EP4. Estas series están orientadas ao desenvolvemento de novos fármacos para a inmunoterapia do cancro. A evaluación farmacolóxica dos compostos permitiu identificar un fármaco con elevada afinidade polo receptor EP4 humano.

SELAS LANSEROS, ASIER (Titoría)
SELAS LANSEROS, ASIER (Titoría)
Tribunal
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)
Hepatite C: diagnóstico, prevención e tratamento.
Autoría
V.D.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
V.D.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A infección provocada polo virus da hepatite C (VHC) é unha das principais causas de enfermidade hepática no mundo, xa que as persoas que adquiren VHC desenvolven unha infección aguda que, na maioría dos casos, se cronifica, derivando en cirrose, carcinoma hepatocelular, trasplante de fígado e morte. Actualmente, a Organización Mundial da Saúde estima que no mundo hai aproximadamente 50 millóns de persoas infectadas de maneira crónica por VHC, das cales cerca do 1% corresponden a pacientes españois. Entre o 65% e o 75% non saben que están infectados. Na última década introducíronse os tratamentos antivirais de acción directa (AAD), que provocaron grandes avances na curación da enfermidade. Estes actúan en diferentes lugares do ciclo vital do VHC, impedindo a súa replicación e eliminando o virus do organismo. O seu uso e eficacia fai posible que se poidan alcanzar grandes tasas de curación.

BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
LIMA RODRIGUEZ, LUIS JESUS (Secretario/a)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Vogal)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
LIMA RODRIGUEZ, LUIS JESUS (Secretario/a)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Vogal)
Avaliación Clínica da Terápia Hormonal de Afrimación de Xénero en Persoas Trans
Autoría
L.D.D.
Grao en Farmacia (2ªed)
L.D.D.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A terapia hormonal de afirmación de xénero, THAX, constitúe unha intervención médica chave no proceso afirmativo das persoas trans. Este traballo ten como obxectivo avaliar os perfís de eficacia e seguridade da THAX, así como o seu impacto sobre a saúde física e o benestar psicosocial. Para isto, levouse a cabo unha revisión bibliográfica da literatura científica máis recente, consultando bases de datos especializadas e guías clínicas de referencia. Os resultados evidenciaron que a THAX é eficaz para inducir os cambios físicos acordes coa identidade de xénero do individuo, con beneficios significativos sobre a calidade de vida, a disforia de xénero e a saúde mental. Porén, identificáronse riscos asociados, como eventos trombóticos ou alteracións metabólicas, que poden minimizarse mediante unha monitorización clínica adecuada. A evidencia respalda que, integrada nun enfoque multidisciplinar, a THAX é una ferramenta segura e eficaz para promover o benestar integral daspersoastrans.

YAÑEZ JATO, MATILDE (Titoría)
YAÑEZ JATO, MATILDE (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)
Os liques e as súas aplicacións.
Autoría
S.D.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
S.D.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Os liques son organismos simbióticos que están formados pola asociación entre un alga e un fungo. Os fungos que interveñen na asociación son Ascomycetes e Basidiomycetes, mentres que as algas atopadas poden ser Clorofitas ou Cianofitas. Esta simbiose permítelles aos liques colonizar diferentes ambientes extremos (desde os polos ata o ecuador, crecendo sobre superficies moi diversas, como poden ser substratos inertes ou orgánicos), e desenvolver estratexias metabólicas únicas, o que lles permite desenvolverse en condicións adversas. Nos últimos anos, os liques pasaron de considerarse un mero colonizador paisaxístico a recoñecerse como unha valiosa fonte de compostos bioactivos. Estes compostos mostraron propiedades antimicrobianas, antioxidantes, antiinflamatorias e antitumorais, o que abre unha nova oportunidade para o desenvolvemento de antibióticos, conservantes naturais e axentes terapéuticos. Ademais da súa relevancia na saúde, os liques desempeñan un papel claro como biomarcador ambiental, grazas á súa alta sensibilidade á contaminación e ás variacións climáticas, útiles para estudar a calidade do aire e avaliar os efectos do cambio climático. Esta dobre faceta, como fonte de compostos bioactivos e como biomarcador ambiental, fai dos liques un grupo de organismos especialmente interesante para o seu estudo desde un punto de vista multidisciplinar. Neste contexto, o presente traballo analiza a súa bioloxía, diversidade e aplicacións, destacando a súa crecente importancia na investigación científica e o seu potencial en diversos sectores ecolóxicos e industriais.

LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Titoría)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Presidente/a)
Souto Salom, Manuel (Secretario/a)
QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Presidente/a)
Souto Salom, Manuel (Secretario/a)
QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
A Esclerose Múltiple e os seus biomarcadores
Autoría
I.E.A.
Grao en Farmacia (2ªed)
I.E.A.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A Esclerose Múltiple (EM) é unha enfermidade inflamatoria, desmielinizante e neurodexenerativa do sistema nervioso central, cuxa heteroxeneidade clínica e patoxénica dificulta o seu diagnóstico e seguimento. Nas últimas décadas, os biomarcadores emerxeron como ferramentas clave na abordaxe integral da enfermidade, facilitando o diagnóstico precoz, a estratificación prognóstica e o seguimento terapéutico. Entre os diversos biomarcadores, algúns xa se empregan na práctica clínica habitual, como as placas desmielinizantes detectadas por resonancia magnética ou as bandas oligoclonais, mentres que outros aínda están en fase de investigación. En calquera caso, os avances na caracterización e validación de biomarcadores representan un paso decisivo cara á medicina personalizada na EM.
A Esclerose Múltiple (EM) é unha enfermidade inflamatoria, desmielinizante e neurodexenerativa do sistema nervioso central, cuxa heteroxeneidade clínica e patoxénica dificulta o seu diagnóstico e seguimento. Nas últimas décadas, os biomarcadores emerxeron como ferramentas clave na abordaxe integral da enfermidade, facilitando o diagnóstico precoz, a estratificación prognóstica e o seguimento terapéutico. Entre os diversos biomarcadores, algúns xa se empregan na práctica clínica habitual, como as placas desmielinizantes detectadas por resonancia magnética ou as bandas oligoclonais, mentres que outros aínda están en fase de investigación. En calquera caso, os avances na caracterización e validación de biomarcadores representan un paso decisivo cara á medicina personalizada na EM.
Dirección
VIÑA CASTELAO, MARÍA DOLORES (Titoría)
VIÑA CASTELAO, MARÍA DOLORES (Titoría)
Tribunal
CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Presidente/a)
COUSO PEREZ, SEILA (Secretario/a)
DE CASTRO RIOS, ANA (Vogal)
CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Presidente/a)
COUSO PEREZ, SEILA (Secretario/a)
DE CASTRO RIOS, ANA (Vogal)
Nanosistemas: aplicacións e retos no desenvolvemento de formulacións inhalables para o tratamento de infeccións crónicas por Pseudomonas aeruginosa
Autoría
A.E.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.E.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Nas últimas décadas, a resistencia aos antibióticos converteuse nunha preocupación crecente para a comunidade científica e as autoridades sanitarias. Un dos patóxenos máis relevantes neste contexto é Pseudomonas aeruginosa, cuxa forma de crecemento en biofilme reduce a eficacia dos tratamentos antibióticos convencionais e dotáaa da capacidade de xerar infeccións crónicas en pacientes con comorbilidades, como a fibrosis quística. Unha das estratexias máis prometedoras para abordar este problema é o uso de formulacións empregando nanotecnoloxía. Esta revisión bibliográfica analiza a utilidade das nanopartículas para tratar infeccións resistentes, así como as vantaxes e desafíos que supón deseñar formulacións deste tipo destinadas á administración pulmonar. As nanopartículas permiten vehiculizar antibióticos, modificando as súas características farmacocinéticas e farmacodinámicas, o que mellora a difusión do fármaco no biofilme e protégelle fronte á degradación das enzimas inactivadoras de antibióticos, como as betalactamasas. Ao mesmo tempo, permiten unha liberación controlada e dirixida do fármaco ao lugar diana. Pola súa banda, certos materiais demostraron ter actividade antimicrobiana e, mesmo, antibiofilme. Se ademais se combinan con antibióticos ou outros tratamentos emerxentes, como péptidos catiónicos ou inhibidores do Quorum Sensing, mostran un efecto sinérxico na erradicación do patóxeno. Actualmente, existe unha gran cantidade de ensaios in vitro sobre nanosistemas con acción bactericida contra P. aeruginosa, non obstante, o número de formulacións inhalables dispoñibles para o uso clínico segue sendo moi reducido.

CSABA , NOEMI STEFANIA (Titoría)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Titoría)
Tribunal
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
AINE e análgos en enfermidades neurodexenerativas
Autoría
E.F.B.
Grao en Farmacia (2ªed)
E.F.B.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Na actualidade, as enfermidades neurodexenerativas, como o Alzheimer e o Parkinson, representan un reto importante para a saúde pública debido ao progresivo envellecemento da población. Neste contexto, os antiinflamatorios non esteroideos (AINE), coñecidos principalmente por aliviar a dor, constitúen un crecente interés polo seu posible efecto neuroprotector. Este traballo céntrase en analizar cómo os AINE poderían axudar a previr ou tratar enfermidades neurodexenerativas, baseándose nos seus mecanismos de acción, na relación coa inflamación crónica do sistema nervioso central e nos seus posibles beneficios en etapas temperás da enfermidade. Para elo, revísanse diferentes estudos científicos que analizan as vías moleculares involucradas no dano ás neuronas, así como novas formulacións de AINE que buscan ser máis seguras e efectivas. Aínda que os resultados son prometedores, tamén teñen certas limitacións e fan falta máis estudos clínicos concluíntes. A pesar de elo, os AINE poderían formar parte de futuras estratexias terapéuticas combinadas, sempre que se evalúe cada caso de forma individual.

FONTENLA GIL, JOSE ANGEL (Titoría)
FONTENLA GIL, JOSE ANGEL (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Aplicación da economía circular na industria farmacéutica
Autoría
L.F.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
L.F.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A industria farmacéutica europea é un dos sectores máis relevantes en termos económicos e sociais, destacando pola súa capacidade innovadora e aportacións á saúde pública. Actualmente, enfróntase a diversos desafíos como a carencia de materias primas, a crecente presión regulatoria e os problemas derivados dos procesos de producción. Ao longo deste traballo desenvólvese unha análise orientada a abordar eses desafíos aplicando a economía circular, estudando os principios básicos do modelo e o papel da Unión Europea (UE) na súa promoción, entre elas a reciclaxe , o deseño ecolóxico dos procesos ou o uso de enerxías renovables. Así mesmo preséntase un caso práctico enfocado na optimización do uso de disolventes, de xeito específico o etanol, na producción de aeroxeles, materiais que espertan un interese maior no mercado biomédico e ambiental.

GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Titoría)
GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
Vacinas víricas incluidas no calendario vacinal español
Autoría
E.F.D.S.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
E.F.D.S.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo é unha revisión bibliográfica sobre as vacinas, unha das intervencións con maior impacto positivo na saúde pública. Concretamente, sobre as vacinas víricas incluídas no calendario vacinal español. Dada a súa contribución decisiva á prevención de enfermidades víricas transmisibles e á mellora da calidade de vida xeral, o obxectivo deste TFG é analizar distintas características da vacinación: evolución, pautas, coberturas e impacto epidemiolóxico para, con esta información, reforzar a percepción de seguridade destes tratamentos fronte ao incremento das correntes antivacinas tras a pandemia da COVID-19. Recompilouse información das seguintes vacinas: poliomielite, triple vírica, varicela, hepatite B, virus do papiloma humano (VPH), rotavirus, gripe, COVID-19 e herpes zóster. Os resultados amosan que España é un país que acadou coberturas elevadas de vacinación (xeralmente superiores ao 95%) e que as vacinas lograron reducións drásticas (varicela) ou mesmo a erradicación da transmisión de enfermidades anteriormente endémicas (sarampelo). Os datos revelan que as vacinas víricas son eficaces e seguras, non só polo desenvolvemento farmacolóxico detrás de cada unha, senón tamén pola aceptación social que tiveron durante moito tempo en España. Popularidade que a pandemia, a globalización e certos discursos poden chegar a debilitar.

Síndrome antifosfolípido: patoxénese, diagnose e manexo.
Autoría
C.F.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
C.F.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A síndrome antifosfolípido (SAF) defínese como unha enfermidade autoinmune sistémica caracterizada pola presenza de forma persistente de autoanticorpos antifosfolípidos (AAF) que promoven estados protrombóticos e complicacións obstétricas. Este traballo analiza íntegramente a fisiopatoloxía, criterios diagnósticos actualizados e abordaxes terapéuticas farmacolóxicas e non farmacolóxicos do SAF. En canto a súa patoxenia, faise fincapé na interacción entre os AAF e diferentes compoñentes fisiolóxicos do noso organismo, como as células endoteliais, plaquetas ou trampas de neutrófilos entre outros; responsables de desencadear unha resposta tromboinflamatoria multifactorial. Dende un punto de vista clínico, o SAF pode manifestarse con trombose arterial ou venosa, trombocitopenia, afectación neurolóxica, obstétrica e outros signos e síntomas multiorgánicos. O diagnóstico baséase nunha combinación de criterios clínicos e de laboratorio que son actualizados periodicamente en guías clínicas. Respecto ao tratamento, diferéncianse principalmente estratexias de profilaxe primaria e secundaria destacando o papel dos anticoagulantes clásicos en detrimento dos anticoagulantes orais de acción directa (ACODs), ademais do uso de terapias inmunomoduladoras como a hidroxicloroquina e terapias biolóxicas dirixidas en casos de especial complicación. Finalmente, esbózanse os principios do manexo do SAF catastrófico, enxalzando a importancia dunha actuación rápida debido á elevada mortalidade desta variante do SAF. En conxunto, esta memoria ofrece unha versión actualizada do SAF dende un punto de vista multidisciplinar que facilite o diagnóstico precoz e a instauración dunha terapia efectiva.

CAMIÑA DARRIBA, MANUEL FELIX (Titoría)
CAMIÑA DARRIBA, MANUEL FELIX (Titoría)
Tribunal
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN (Presidente/a)
GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN (Presidente/a)
GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
Deseño, síntese e estudo computacional de híbridos cumarina-riluzol destinados a enfermidades neurodexenerativas.
Autoría
A.F.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.F.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A procura de novas estratexias terapéuticas fronte ás enfermidades neurodexenerativas levou ao deseño de moléculas capaces de actuar sobre múltiples dianas biolóxicas ao mesmo tempo. Neste proxecto, combináronse dúas estruturas bioactivas (cumarina e riluzol) para xerar novos híbridos con potencial actividade neuroprotectora. Sintetizáronse quince derivados que foron purificados e caracterizados mediante técnicas clásicas de Química Orgánica: RMN de 1H e 13C, espectrometría de masas, punto de fusión. Empregouse tamén a técnica de HPLC para analizar a súa pureza. Para predicir a súa actividade biolóxica, realizáronse estudos de docking molecular empregando programas como Autodock e Chimera, valorando a afinidade de unión dos compostos con diversas dianas implicadas na neurodexeneración. Así mesmo, levouse a cabo a predición de propiedades ADME, fundamental para estimar o seu comportamento farmacolóxico. Os resultados experimentais e computacionais suxiren que varios destes híbridos presentan características prometedoras como candidatos multidiana, abrindo camiño ao seu estudo en futuros ensaios farmacolóxicos
A procura de novas estratexias terapéuticas fronte ás enfermidades neurodexenerativas levou ao deseño de moléculas capaces de actuar sobre múltiples dianas biolóxicas ao mesmo tempo. Neste proxecto, combináronse dúas estruturas bioactivas (cumarina e riluzol) para xerar novos híbridos con potencial actividade neuroprotectora. Sintetizáronse quince derivados que foron purificados e caracterizados mediante técnicas clásicas de Química Orgánica: RMN de 1H e 13C, espectrometría de masas, punto de fusión. Empregouse tamén a técnica de HPLC para analizar a súa pureza. Para predicir a súa actividade biolóxica, realizáronse estudos de docking molecular empregando programas como Autodock e Chimera, valorando a afinidade de unión dos compostos con diversas dianas implicadas na neurodexeneración. Así mesmo, levouse a cabo a predición de propiedades ADME, fundamental para estimar o seu comportamento farmacolóxico. Os resultados experimentais e computacionais suxiren que varios destes híbridos presentan características prometedoras como candidatos multidiana, abrindo camiño ao seu estudo en futuros ensaios farmacolóxicos
Dirección
CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Titoría)
CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Titoría)
Tribunal
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)
Diabetes LADA: tratamentos dispoñibles e proposta de atención farmacéutica personalizada
Autoría
S.F.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
S.F.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A diabetes autoinmune latente do adulto (LADA) é un subtipo de diabetes con características intermedias entre a diabetes tipo 1 e tipo 2, o que dificulta o seu diagnóstico e control adecuado. Este traballo ten como obxectivo proporcionar ferramentas ao farmacéutico para mellorar a atención individualizada a estes pacientes. A metodoloxía empregada consistiu nunha revisión bibliográfica en bases de datos científicas e fontes especializadas, priorizando estudos recentes e revisións sistemáticas. Definíronse aqueles aspectos que diferencian LADA doutros subtipos de diabetes, e revisáronse os tratamentos dispoñibles, destacando as diferenzas con outros tipos de diabetes. Seguidamente, describíronse as complicacións máis frecuentes e os parámetros e ferramentas relevantes para un seguimento adecuado. Finalmente, elaborouse un protocolo de actuación farmacéutica, para orientar a supervisión de pacientes con LADA dende a oficina de farmacia.

GIL LONGO, JOSE (Titoría)
GIL LONGO, JOSE (Titoría)
Tribunal
CAMPOS TOIMIL, MANUEL (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
CAMPOS TOIMIL, MANUEL (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
Suplementación nutricional na saúde da muller
Autoría
S.F.V.
Grao en Farmacia (2ªed)
S.F.V.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A saúde da muller nas súas distintas etapas vitais foi a gran descoñecida por moitos anos. Os datos sobre enfermidades e a súa prevención e tratamento eran obtidos a partir de estudos realizados en homes. Na actualidade, existe evidencia científica que determina as diferenzas fisiolóxicas entre o home e a muller e descarta que os datos obtidos no home sexan extrapolables á muller. As catro etapas máis importantes na vida dunha muller son a menstruación, menopausa, o embarazo e a lactación. Isto débese ás variacións hormonais e fisiolóxicas que sofre e os síntomas físicos, emocionais e psicolóxicos que os acompañan. Hoxe en día existen estudos realizados en mulleres de distintas etnias e idades e con diversas patoloxías que demostran que a suplementación con complementos alimenticios pode ser suficiente para acompañar á muller durante unha destas catro etapas, achegando unha complementación nutricional e un tratamento na súa sintomatoloxía e afeccións fisiolóxicas, segundo evidencia científica demostrada e fontes de datos fiables como a OMS (Organización Mundial da Saúde). En cada etapa comentarase a evidencia científica do uso de catro complementos alimenticios distintos: na menstruación do ácido fólico, ferro, vitamina D e aceite de onagra; na menopausa do extracto de pole, salvia officinalis, actaea racemosa e extracto de soia; no embarazo do ácido fólico, ferro, vitamina D e calcio e na lactación do ácido fólico, a vitamina D, a colina e o ácido docosahexaenoico.

Uso de autoanticorpos no diagnóstico de enfermidades autoinmunes
Autoría
M.E.F.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.E.F.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo céntrase en demostrar a utilidade das técnicas de detección de autoanticorpos para o diagnóstico de enfermidades autoinmunes, explicando brevemente como funciona o sistema inmunitario e centrándose posteriormente na perda da autotolerancia. O obxectivo é comprender como a indicación axeitada das probas de autoanticorpos pode axudar aos médicos a confirmar unha hipótese diagnóstica. A metodoloxía empregada consistiu nunha busca en varias bases de datos científicas como Google Scholar e ScienceDirect. Entre os artigos seleccionados, buscamos principalmente aqueles que se centraban na importancia clínica dos autoanticorpos en diversas enfermidades autoinmunes, así como nas técnicas utilizadas na súa detección. Os resultados desta revisión bibliográfica confirman a gran utilidade destas moléculas, sempre que a interpretación destes resultados teña en conta o estado clínico do paciente e estea apoiada por outras probas de laboratorio. En conclusión, cando se combinan con probas de detección de autoanticorpos clinicamente apropiadas e estandarizadas, os autoanticorpos resultan ser de gran valor para o diagnóstico preciso e preciso das enfermidades.

BUSCH , LISA KAY (Titoría)
BUSCH , LISA KAY (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Presidente/a)
Souto Salom, Manuel (Secretario/a)
QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Presidente/a)
Souto Salom, Manuel (Secretario/a)
QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
Patoloxías relacionadas coa inxesta de glute: Sensibilidade ao glute non celíaca
Autoría
C.G.A.
Grao en Farmacia (2ªed)
C.G.A.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O glute é unha proteína que se atopa en cereais como o trigo, o centeo, a cebada e a avea. Está composto por prolaminas (gliadina, secalina, hordeína, avenina) e a súa inxestión pode desencadear tres tipos principais de trastornos: alerxia ao glute (AG), enfermidade celíaca (EC) e sensibilidade ao glute non celíaca (SGNC). A AG é unha reacción inmunitaria mediada por IgE, con síntomas como urticaria ou inflamación, pero sen dano intestinal. A EC é unha enfermidade autoinmune caracterizada por atrofia das vellosidades intestinales, a presenza de anticorpos específicos e a necesidade dunha dieta estrita sen glute de por vida. A SGNC causa síntomas similares á EC, como dor abdominal, fatiga e cambios de humor, pero sen dano intestinal nin marcadores inmunolóxicos específicos. A SGNC diagnostícase por exclusión e utilizando criterios clínicos como o Protocolo de Salerno, dada a ausencia de biomarcadores específicos. Pode estar máis estreitamente ligada aos FODMAP (carbohidratos fermentábeis) presentes no trigo que ao propio glute, o que complica o seu diagnóstico. En todos os casos, unha dieta sen glute (DSG) é o tratamento principal, aínda que non é necesaria unha monitorización estrita para a SGNC. Actualmente están a ser investigadas terapias alternativas como encimas dixestivos, vacinas (por exemplo, Nexvax2) e trigo modificado xeneticamente para reducir a súa toxicidade. Aínda que a DSG é eficaz, o seu custo, a dificultade de monitorización e os impactos sociais fan necesario desenvolver tratamentos máis accesibles e específicos.

Ginkgo biloba L.: características botánicas, usos e interese farmacéutico.
Autoría
P.G.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
P.G.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Ginkgo biloba L. é unha das especies vexetais máis antigas do planeta, considerada un fósil vivente. Este artigo aborda un estudo detallado da súa historia, morfoloxía, distribución e propiedades farmacolóxicas, centrándose especialmente no extracto estandarizado EGb 761. A través dunha revisión bibliográfica, analízase a súa utilidade terapéutica en enfermidades neurodexenerativas como o Alzheimer e o Parkinson, así como en trastornos mentais e enfermidades vasculares. Os datos recollidos suxiren que a Ginkgo biloba ten un perfil farmacolóxico moi prometedor, aínda que se requiren estudos clínicos máis rigorosos para confirmar a súa eficacia nalgunhas indicacións.
Ginkgo biloba L. é unha das especies vexetais máis antigas do planeta, considerada un fósil vivente. Este artigo aborda un estudo detallado da súa historia, morfoloxía, distribución e propiedades farmacolóxicas, centrándose especialmente no extracto estandarizado EGb 761. A través dunha revisión bibliográfica, analízase a súa utilidade terapéutica en enfermidades neurodexenerativas como o Alzheimer e o Parkinson, así como en trastornos mentais e enfermidades vasculares. Os datos recollidos suxiren que a Ginkgo biloba ten un perfil farmacolóxico moi prometedor, aínda que se requiren estudos clínicos máis rigorosos para confirmar a súa eficacia nalgunhas indicacións.
Dirección
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Titoría)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Titoría)
Tribunal
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
Carcinoma de pulmón non microcítico avanzado: revisión da evidencia científica en inmunoterapia como primeira liña de tratamento
Autoría
A.G.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.G.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O cancro de pulmón constitúe unha das principais causas de morbilidade e mortalidade oncolóxica a nivel mundial, cunha incidencia e unha taxa de mortalidade en constante aumento que o converten nun desafío prioritario para a saúde pública. O cancro de pulmón non microcítico (CPNM) representa a maioría dos casos, sendo o subtipo histolóxico máis frecuente. En estadios avanzados e en ausencia de mutacións oncoxénicas, a quimioterapia foi o tratamento estándar durante décadas, mostrando beneficios limitados e unha toxicidade considerable. A introdución da inmunoterapia, concretamente os inhibidores de puntos de control inmunitario (ICIs), transformou a abordaxe terapéutica do CPNM, especialmente en pacientes cunha alta expresión de PD L1. Esta revisión analiza a evidencia clínica actual sobre o uso dos principais ICIs (atezolizumab, cemiplimab e pembrolizumab) como tratamento de primeira liña en pacientes con CPNM avanzado sen mutacións oncoxénicas tratables. Os principais ensaios clínicos mostran que estes fármacos, tanto en monoterapia como en combinación con quimioterapia, melloran significativamente a supervivencia global, a supervivencia libre de progresión e a taxa de resposta obxectiva, en comparación coa quimioterapia convencional. A monoterapia con ICIs asóciase a un perfil de toxicidade máis favorable, mentres que a combinación con quimioterapia pode aumentar a eficacia en determinados subgrupos de pacientes. Así mesmo, os datos de seguimento a longo prazo apoian a durabilidade da resposta inmunoterapéutica, consolidando o seu papel como estratexia de primeira liña no tratamento do CPNM avanzado.

GARCIA ALONSO, ANGEL (Titoría)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Determinantes da automedicación en España
Autoría
S.G.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
S.G.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Introdución: A automedicación, entendida como o uso de medicamentos sen prescrición médica, é unha práctica frecuente con implicacións relevantes na saúde pública. Aínda que pode mellorar a accesibilidade e a eficiencia do sistema sanitario, tamén implica riscos, como o uso inadecuado de fármacos, efectos adversos e retrasos na atención médica. Aínda que en España, existen estudios previos sobre esta práctica, ningún analizou os datos da Enquisa Europea de Saúde en España (EESE) 2020. Obxectivos: Avaliar a automedicación e os factores asociados na poboación española. Método: Utilizáronse os datos da EESE 2020, cunha mostra representativa de persoas maiores de 15 años da poboación española. A variable principal foi a automedicación nas dúas semanas previas e como variables independentes analizáronse variables demográficas, sociais e de hábitos de vida (actividade física e consumo de alcohol y tabaco). Realizáronse análises descritivos y empregouse a proba chi-cadrado para a comparación entre grupos. Resultados: Incluíronse 22.072 suxeitos, sendo o 52,9% mulleres e a idade media 54,6 anos. A prevalencia da automedicación foi do 9,8%. Esta práctica foi significativamente máis común en mulleres, persoas novas, con maior nivel educativo, con seguros privados o mutuas, con necesidades médicas non cubertas, sanitarios, persoas fisicamente activas, fumadoras e consumidoras de alcohol. Os medicamentos máis consumidos sen receita médica foron analxésicos, medicamentos para o arrefriado e vitaminas. Conclusión: A automedicación afecta aproximadamente ao 10% da poboación española. Detectáronse factores demográficos, sociais e de hábitos de vida asociados.

SALGADO BARREIRA, ANGEL (Titoría)
SALGADO BARREIRA, ANGEL (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
Reacción de Stille para a síntese de isatinas diversamente substituídas con potente actividade citotóxica
Autoría
D.G.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
D.G.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Os derivados da isatina espertaron o interese da comunidade científica nas últimas décadas, particularmente pola súa relevancia na investigación contra o cancro. A reacción de Stille permite sintetizar novas biomoléculas diversamente substituídas de tipo isatina mediante o uso dun catalizador de paladio. Neste proxecto de investigación deseñáronse por farmacomodulación seis novas isatinas e sintetizáronse mediante reacción de Stille. Durante o proceso optimizáronse as condicións de reacción para estes compostos e utilizouse un novo catalizador monolítico nanoporoso de SiO2/Zn Pd, fabricado polo noso propio grupo. Este catalizador foi caracterizado e avaliouse a súa estabilidade, reciclabilidade e eficiencia catalítica para a síntese de fármacos tipo isatina. Os compostos obtidos tamén foron caracterizados e realizouse unha avaliación da súa actividade citotóxica fronte a liñas tumorais HeLa, MCF 7 e MDA MB 231. Finalmente, a partir dos resultados obtidos nos ensaios celulares, establecéronse novas relacións estrutura actividade de N bencil isatinas substituídas nas posicións 1 e 5 co obxectivo de facilitar o deseño de novos prototipos e achegar información sobre o mecanismo de acción responsable da actividade antiproliferativa.

Coelho Cotón, Alberto José (Titoría)
Coelho Cotón, Alberto José (Titoría)
Tribunal
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)
Uso de trastuzumab no cancro de mama HER2-positivo
Autoría
A.G.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.G.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O cancro de mama é a neoplasia con maior prevalencia no xénero feminino. O subtipo tumoral HER2-positivo, caracterizado pola sobreexpresión do receptor 2 do factor de crecemento epidérmico humano (HER2), representa aproximadamente o 20% dos diagnósticos. As terapias anti-HER2 destinadas a limitar a progresión da enfermidade conseguiron grandes avances clínicos. Dentro delas, trastuzumab, un anticorpo monoclonal selectivo fronte ao receptor HER2, converteuse no fármaco de referencia tanto en estados precoces como metastásicos. A súa acción complementaria sobre vías de sinalización intracelular e como mediador da resposta inmune permite limitar o avance tumoral, diminuír a agresividade da patoloxía e, por conseguinte, mellorar a calidade e a esperanza de vida das doentes. Non obstante, a aparición de resistencias farmacolóxicas e a toxicidade asociada ao seu uso poñen de manifesto a necesidade de optimización e deseño de novas terapias. Este feito, xunto co desenvolvemento de novos métodos de diagnóstico, orienta a oncoloxía cara un enfoque personalizado, sendo un dos principais obxectivos da investigación médica actual. O presente traballo afonda no emprego de trastuzumab como tratamento de referencia no cancro de mama HER2-positivo, mediante unha revisión bibliográfica enfocada na análise do seu mecanismo de acción, principais limitacións de uso, combinacións terapéuticas e estratexias futuras.

Impresión 3D para a elaboración de formas farmacéuticas formuladas con carnitina
Autoría
V.G.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
V.G.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A deficiencia conxenita primaria de carnitina é una patolxía, a cal atópase baixo a consideración de enfermidade rara, polo que, os pacientes afectados por ela non teñen demasiadas opcións en relación ao emprego de terapias adecuadas a sus necesidades. Debido a isto consederase a mellor opción a terapia individualizada. Dentro deste preséntese coma prometedor o emprego de impresión 3D co obxeto de ofrecer un tratamento de maior precisión e aceptabilidade por parte dos seus pacientes; así coma con menor dificultade e tempo de preparación. Debido a isto procedese a elaboración de diferentes formulacións masticables, contendo coma principio activo carnitina en diferentes proporcións, realizando comparacións entre diferentes bases para xelificación, así coma diferentes excipientes e métodos tanto de preparación coma de impresión, ata acadar formulacións que cumpran con todolos estándares para ser consideradas aptas para impresión. O emprego de diferentes métodos tales coma HPLCmasas ou pesada, sirven para a avaliación tanto da súa seguridade coma eficacia, demostrando a súa validez á hora da súa incorporación en terapias farmacolóxicas. Deste xeito preséntase o emprego de impresión 3D coma unha promesa, tanto no ámbito da terapéutica actual, coma de cara ao futuro.

GOYANES GOYANES, ALVARO (Titoría)
GOYANES GOYANES, ALVARO (Titoría)
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
LIMA RODRIGUEZ, LUIS JESUS (Secretario/a)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Vogal)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
LIMA RODRIGUEZ, LUIS JESUS (Secretario/a)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Vogal)
Células CAR T en Leucemia Linfocítica Aguda
Autoría
C.G.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
C.G.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A leucemia linfocítica aguda (LLA) é un tipo de cancro hematoloxico caracterizado pola proliferacion descontrolada de linfoblastos en médula ósea e sangue. As terapias convencionais como a quimioterapia e os transplantes de médula ósea presentan limitacións e numerosos efectos secundarios indesexados. Cabe destacar que existe unha ampla porcentaxe de pacientes que presentan recaídas ou resistencia a estes tratamentos convencionais, traducíndose isto en nun mal pronóstico. Neste contexto, a inmunoterapia con células CAR T emerxe como unha alternativa moi prometedora. Estas células T modificadas xenéticamente expresan receptores quiméricos que recoñecen antíxenos tumorais sin depender do MHC, aumentando a eficacia antitumoral ao activar respostas citotóxicas dirixidas. A terapia con células CAR T mostrou altas taxas de remisión en LLA refractaria, especialmente en terapia dirixidas contra o antíxeno CD19. Sen embargo, a terapia presenta complicacións e toxicidades como a síndrome de liberación de citoquinas (SLC), neurotoxicidade (ICANS) e linfohistocitosis hemofagocítica secundaria (sLHH). As recaídas tras a administración desta terapia (por perda ou mutación do antíxeno), o efecto fraticida, o elevado custo e os tempos de producción seguen sendo desafíos importantes. Para mitigalos, desenvolvéronse estratexias como CAR T biespecíficas, aloxénicas e con modificacións xenéticas avanzadas realizadas por tecnoloxía de edicion xenética como CRISPR/Cas9.

PEREZ-PARALLE MERA, MARIA LUZ (Titoría)
PEREZ-PARALLE MERA, MARIA LUZ (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)
O pez cebra como modelo animal para o estudo da esquizofrenia
Autoría
J.M.H.A.D.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
J.M.H.A.D.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A seguinte revisión bibliográfica céntrase en establecer cales son as principais características que permiten ao peixe cebra ser considerado un dos modelos máis prometedores para estudar diferentes trastornos neurolóxicos e psiquiátricos, poñendo o foco na enfermidade da esquizofrenia. Estes trastornos aumentaron considerablemente nas últimas décadas, pero no caso da esquizofrenia, os datos de prevalencia poden estar condicionados pola exclusión de certos marcadores. Ademais, a esquizofrenia ten un tratamento limitado e non se coñecen todos os seus mecanismos patolóxicos. Por iso, os modelos animais modificados poden servir para estudar a etiología e o tratamento da esquizofrenia. O peixe cebra xorde como alternativa aos modelos murinos, debido á súa alta capacidade de manipulación xenética, o seu rápido desenvolvemento e as vantaxes ético-legais de usar modelos larvarios. Para producir modificacións nos peixes empréganse diversos métodos, como a manipulación xenética, que permiten inducir cambios de comportamento nos modelos. Desta maneira pódense relacionar os síntomas dos peixes cos da esquizofrenia, mediante ensaios do comportamento.

LAMA LOPEZ, RAQUEL (Titoría)
LAMA LOPEZ, RAQUEL (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Presidente/a)
Souto Salom, Manuel (Secretario/a)
QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Presidente/a)
Souto Salom, Manuel (Secretario/a)
QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
Alcaloides nos alimentos
Autoría
J.D.L.I.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
J.D.L.I.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Os alcaloides son compostos nitroxenados naturais presentes en moitas plantas que forman parte da dieta humana. Este traballo ofrece unha revisión crítica sobre a súa clasificación, estrutura química e funcións fisiolóxicas, abordando tanto os seus posibles efectos terapéuticos como os seus riscos tóxicos. Identifícanse os principais alimentos que os conteñen, analizándose especialmente alcaloides como a cafeína, a piperina ou os glicoalcaloides. Ademais, revísase a lexislación vixente sobre os límites máximos permitidos e avalíase o seu impacto na seguridade alimentaria, destacando a importancia dunha regulación axeitada, vixilancia e comunicación do risco para garantir a protección dos consumidores.

LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Titoría)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Titoría)
Tribunal
CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Presidente/a)
COUSO PEREZ, SEILA (Secretario/a)
DE CASTRO RIOS, ANA (Vogal)
CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Presidente/a)
COUSO PEREZ, SEILA (Secretario/a)
DE CASTRO RIOS, ANA (Vogal)
Desenvolvemento de biotintas para a creación de modelos 3D de glioblastoma para o cribado de fármacos.
Autoría
M.I.B.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.I.B.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O glioblastoma é un dos tumores sólidos máis agresivos e difíciles de tratar, cunha supervivencia media inferior a dous anos, debido á súa heteroxeneidade molecular e á rápida recorrencia que limita as terapias actuais. Os modelos tradicionais (cultivos 2D, xenoinxertos e ratos transxénicos) non reproducen nin o microambiente tumoral nin a arquitectura cerebral humana, o que reduce o seu valor preclínico. Para mellorar a translación, cómpre incorporar á matriz extracelular, que no cerebro regula mecanotransdución, migración e resistencia a fármacos. Tecnoloxías de biofabricación como a microfluídica e a bioimpresión 3D permiten posicionar con precisión células e biomateriais, crear gradientes fisiolóxicos e perfundir canles vasculares, achegando os cultivos in vitro á fisioloxía in vivo. As matrices descelularizadas conservan as señales bioquímicas nativas e melloran a viabilidade e o fenotipo tumoral en hidrogeles impresos. Este proxecto combina matriz cerebral porcina descelularizada e bioimpresión por extrusión para xerar un modelo 3D que reproduza a interacción tumor:matriz e sirva de plataforma para cribado farmacolóxico e identificación de novas dianas terapéuticas.
O glioblastoma é un dos tumores sólidos máis agresivos e difíciles de tratar, cunha supervivencia media inferior a dous anos, debido á súa heteroxeneidade molecular e á rápida recorrencia que limita as terapias actuais. Os modelos tradicionais (cultivos 2D, xenoinxertos e ratos transxénicos) non reproducen nin o microambiente tumoral nin a arquitectura cerebral humana, o que reduce o seu valor preclínico. Para mellorar a translación, cómpre incorporar á matriz extracelular, que no cerebro regula mecanotransdución, migración e resistencia a fármacos. Tecnoloxías de biofabricación como a microfluídica e a bioimpresión 3D permiten posicionar con precisión células e biomateriais, crear gradientes fisiolóxicos e perfundir canles vasculares, achegando os cultivos in vitro á fisioloxía in vivo. As matrices descelularizadas conservan as señales bioquímicas nativas e melloran a viabilidade e o fenotipo tumoral en hidrogeles impresos. Este proxecto combina matriz cerebral porcina descelularizada e bioimpresión por extrusión para xerar un modelo 3D que reproduza a interacción tumor:matriz e sirva de plataforma para cribado farmacolóxico e identificación de novas dianas terapéuticas.
Dirección
BLANCO FERNANDEZ, BARBARA (Titoría)
BLANCO FERNANDEZ, BARBARA (Titoría)
Tribunal
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
Impacto dos disruptores endócrinos sobre a función tiroidea.
Autoría
M.I.D.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.I.D.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Introdución. Existen factores ambientais capaces de influir na función tiroidea, como a exposición a disruptores endócrinos. A función tiroidea consiste na síntese e secreción das hormonas tiroideas, implicadas en importantes procesos fisiolóxicos do organismo. Os disruptores endócrinos son substancias que producen alteracións a varios niveis no sistema hormonal tiroideo, en ocasións, detectables a nivel clínico. Obxectivos. Identificación dos principais disruptores tiroideos, os seus mecanismos de acción, vías de exposición e manifestacións clínicas resultantes. Se explicarán as limitacións da evidencia dispoñible e se propondrán estratexias preventivas que permitan minimizar o seu impacto na saúde. Material e métodos. Revisión exhaustiva da literatura dispoñible en dúas bases de datos: PubMed e Web of Science. A estratexia de busca consistiu no emprego de combinacións de termos relevantes con respecto á temática de interese. Tras un proceso de selección, incluíronse 29 artículos xunto a 2 libros. Resultados e discusión. Os disruptores tiroideos amosan vías de entrada e mecanismos de acción variados que poden derivar nunha disminución dos niveis circulantes de hormonas tiroideas, alteracións no neurodesenvolvemento o tumorixénese tiroidea. Son necesarios estudios lonxitudinais baixo condicións máis próximas á realidade. A nivel preventivo, é necesaria unha acción tanto institucional coma individual. Conclusións. A exposición a disruptores endócrinos pode estar relacionada coa reciente tendencia á alza de trastornos tiroideos. Debe continuar a súa investigación, co fin de coñecer mellor o risco que implica a súa exposición e o deseño de estratexias preventivas de maior eficacia.

BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Titoría)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Bases da inmunoloxía no embarazo e novos tratamentos inmunolóxicos para mellorar a fertilidade.
Autoría
C.I.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
C.I.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
As bases da regulación do sistema inmunitario durante o embarazo foron estudadas desde o século XX. A comunicación entre a nai e o feto é clave para levar a cabo o embarazo. Para isto é moi importante a presenza e funcións das células inmunitarias que regulan o medio e fan que se dean as condicións apropiadas para o desenvolvemento fetal. Ademais destes tipos celulares existen outros factores inmunitarios que afectan a este proceso como son os autoanticorpos ou o complexo principal de histocompatibilidade. O funcionamento deste sistema tras a fecundación non está plenamente definido hoxe en día Existen varias teorías respecto diso, pero sábese que é un proceso dinámico que varía ao longo do tempo desde que se produce a fecundación ata o parto. Actualmente investígase sobre posibles terapias que poidan tratar os erros ou desaxustes do sistema inmunitario que impiden a fecundación ou o desenvolvemento fetal nalgúns casos, aínda que na práctica estas terapias han de ser analizadas para cada caso concreto.

GOMEZ TOURIÑO, IRIA MARIA (Titoría)
GOMEZ TOURIÑO, IRIA MARIA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Vogal)
Exposición prematura a antibióticos e desenvolvemento de sobrepeso y obesidad durante a infancia e adolescencia: revisión sistemática e análise ecolóxico sobre a poboación española
Autoría
R.I.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
R.I.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
ANTECEDENTES A asociación entre a administración temperá de antibióticos e a súa influencia no desenvolvemento de sobrepeso/obesidade segue sen ser clara. Realizamos unha revisión sistemática para abordar esa cuestión. MÉTODOS Realizouse unha busca en PubMed desde marzo de 2022 ata abril de 2025 para identificar os estudos máis recentes que analizan a asociación entre a exposición temperá aos antibióticos e o peso. Exclúronse artigos de revisións sistemáticas previas e estudos prenatais. Para o estudo ecolóxico recompilouse datos das DHD no ano 2000 e de sobrepeso, obesidade e exceso de peso no ano 2006 e 2023. RESULTADOS Incluíronse 10 estudos cuxos datos podemos agrupar segundo o tipo de exposición aos antibióticos: exposición ambiental (6.313 nenos), consumo durante o primeiro ano de vida (125.127) e administración directa de antibióticos (21.832). Os estudos coincidiron na existencia dunha relación dosis-resposta, onde por cada curso adicional de terapia antibiótica prodúcese un aumento no risco de obesidade entre un 4% e un 14%. A exposición nos primeiros 0-5 meses de vida mostrou maior impacto (aHR 1,12, IC 95%: 1,08-1,17) comparado con exposicións posteriores. O consumo de antibióticos ao nivel das CCAA españolas explica entre o 5,2% e o 27,4% da variabilidade rexional en obesidade, sobrepeso e exceso de peso infantil, sendo a correlación máis forte a atopada co exceso de peso (R=0,2607). CONCLUSIÓN Demostrouse unha asociación positiva entre a exposición temperá aos antibióticos e o aumento do risco de desenvolver sobrepeso e obesidade infantil. Requírese maior investigación longitudinal prospectiva para establecer unha relación causal definitiva e desenvolver estratexias preventivas baseadas en evidencia sólida.

Estudo da bioaccesibilidade oral de substancias químicas provenientes dos materiais de contacto alimentario.
Autoría
P.I.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
P.I.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
As resinas epoxi, amplamente usadas como recubrimento de latas e envases en contacto con alimentos, baséanse no éter diglicidílico do bisfenol A (BADGE), composto que foi obxecto de estudo, xunto cos seus derivados, polos seus potenciais riscos para a saúde. Neste traballo, estudouse a bioaccesibilidade oral in vitro do BADGE e dos seus derivados ademais da influencia que teñen nesa bioaccesibilidade a matriz alimentaria e variantes fisiolóxicas como o pH. Para iso, leváronse a cabo dixestións semi-dinámicas in vitro variando o pH da fase gástrica, pH 2 e pH 4 representativos de diferentes grupos de poboación. Os resultados mostraron que nunha dixestión cuxa fase gástrica ocorre a pH 2 a bioaccesibilidade do BADGE é dun 21,14%, mentres que nun proceso dixestivo cunha fase gástrica a pH 4, esta porcentaxe aumenta. Este comportamento pódese explicar pola degradación do BADGE en BADGE·2HCl e BADGE·HCl durante a fase gástrica a pH 2. Ademais un aumento do pH nesta fase aumenta a súa solubilidade. Os ensaios de interacción revelaron que as condicións de almacenamento diminúen considerablemente a cantidade de BADGE no alimento. Finalmente, nos ensaios de estabilidade observouse que o Ciclo-di-BADGE atópase no atún envasado e despois do proceso dixestivo, bioaccesible. É necesaria máis investigación para esclarecer a bioaccesibilidade destes compostos en diferentes condicións fisiolóxicas e a influencia dos períodos de conservación.

BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Titoría)
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Titoría)
Tribunal
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)
Predición da Hipertensión a partir de Parámetros Bioquímicos empregando Técnicas de Learning na Base de Datos MIMIC-IV
Autoría
P.D.J.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
P.D.J.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O aprendizaxe automático é unha tecnoloxía basada na Intelixencia Artificial (IA) que permite estudar e detectar patróns presentes en bases de datos complexas, e cuxo uso é cada vez máis común no eido da saúde. Os modelos de IA son adestrados empregando bases de datos de gran tamaño e complexidade, ás que ás veces é difícil acceder. Neste estudo utilizouse a base de datos MIMIC-IV para adestrar modelos de aprendizaxe automático, incluíndo CatBoostClassifier, Random Forest, k-nearest neighbors (KNN) e Multilayer Perceptron (MLP), co obxectivo de predicir a hipertensión arterial. Empregáronse dezasete medidas bioquímicas agregadas de forma non temporal como variables predictoras. Os resultados revelan que varios dos parámetros bioquímicos máis comúns en análises de sangue, que non se empregan habitualmente na práctica clínica para o diagnóstico da hipertensión, presentan un poder predictivo significativo. Ademais, observouse que a inclusión destas variables mellora de forma consistente o rendemento predictivo en comparación co uso exclusivo de medidas de presión arterial. Estes achados suxiren que a análise de biomarcadores alternativos podería enriquecer os enfoques actuais de detección e seguimento da hipertensión.

Desenvolvemento dun recubrimento comestible a partir de residuos da industria alimentaria
Autoría
L.J.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
L.J.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Os subproductos de froitas constitúen unha fonte moi interesante de compostos antioxidantes. Este estudo céntrase na produción dun recubrimento comestible de pectina de cítricos con extracto de subproducto de cereixa ao 5%, 10% e 20%. Determinouse a capacidade antioxidante do extracto mediante ensaios colorimétricos (DPPH e ABTS), o contido total de polifenoles (TPC) e a súa identificación e cuantificación mediante Cromatografía Líquida de Alta Eficacia (HPLC). Os films caracterizáronse física e químicamente, realizáronse estudos de migración en simulantes alimentarios e determinouse a súa capacidade antioxidante. Finalmente, avaliouse a efectividade do recubrimento para estender o tempo de vida útil das frambuesas, mediante a variación de parámetros de calidade como peso, cor, determinación do contido en polifenoles por TPC e HPLC e capacidade antioxidante. Os resultados do estudo avalan a valorización dos subproductos das froitas para o desenvolvemento de novas aplicacións como recubrimentos activos para prolongar da vida útil dos froitos vermellos, contribuíndo á redución do desperdicio e á economía circular dentro do sector agroalimentario.
Os subproductos de froitas constitúen unha fonte moi interesante de compostos antioxidantes. Este estudo céntrase na produción dun recubrimento comestible de pectina de cítricos con extracto de subproducto de cereixa ao 5%, 10% e 20%. Determinouse a capacidade antioxidante do extracto mediante ensaios colorimétricos (DPPH e ABTS), o contido total de polifenoles (TPC) e a súa identificación e cuantificación mediante Cromatografía Líquida de Alta Eficacia (HPLC). Os films caracterizáronse física e químicamente, realizáronse estudos de migración en simulantes alimentarios e determinouse a súa capacidade antioxidante. Finalmente, avaliouse a efectividade do recubrimento para estender o tempo de vida útil das frambuesas, mediante a variación de parámetros de calidade como peso, cor, determinación do contido en polifenoles por TPC e HPLC e capacidade antioxidante. Os resultados do estudo avalan a valorización dos subproductos das froitas para o desenvolvemento de novas aplicacións como recubrimentos activos para prolongar da vida útil dos froitos vermellos, contribuíndo á redución do desperdicio e á economía circular dentro do sector agroalimentario.
Dirección
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Titoría)
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Titoría)
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
LIMA RODRIGUEZ, LUIS JESUS (Secretario/a)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Vogal)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
LIMA RODRIGUEZ, LUIS JESUS (Secretario/a)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Vogal)
Aplicacións e tecnoloxías útiles no manexo da diabetes: funcionalidade e beneficios para pacientes e profesionais da saúde
Autoría
P.J.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
P.J.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A diabetes mellitus (DM) é unha enfermidade crónica, caracterizada pola insuficiencia de insulina e/o a resistencia á insulina e as súas comorbilidades. Existen múltiples tecnoloxías que os pacientes poden empregar para facilitar o manexo da enfermidade: glucómetros, monitores continuos de glicosa (MCG), plumas de insulina, plumas de insulina intelixentes, capuchones intelixentes, bombas de insulina, sistemas semiautomáticos de administración de insulina (SSAI) ou aplicacións móbiles, entre outras. Todas elas deben ser recomendadas por profesionais sanitarios, tendo en conta aspectos relativos á enfermidade e preferencias persoais de cada paciente. Para garantir a adherencia a estes dispositivos, é conveniente que os pacientes comprendan o seu uso, onde cobra especial importancia a figura do farmacéutico.
A diabetes mellitus (DM) é unha enfermidade crónica, caracterizada pola insuficiencia de insulina e/o a resistencia á insulina e as súas comorbilidades. Existen múltiples tecnoloxías que os pacientes poden empregar para facilitar o manexo da enfermidade: glucómetros, monitores continuos de glicosa (MCG), plumas de insulina, plumas de insulina intelixentes, capuchones intelixentes, bombas de insulina, sistemas semiautomáticos de administración de insulina (SSAI) ou aplicacións móbiles, entre outras. Todas elas deben ser recomendadas por profesionais sanitarios, tendo en conta aspectos relativos á enfermidade e preferencias persoais de cada paciente. Para garantir a adherencia a estes dispositivos, é conveniente que os pacientes comprendan o seu uso, onde cobra especial importancia a figura do farmacéutico.
Dirección
GIL LONGO, JOSE (Titoría)
GIL LONGO, JOSE (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)
Benzodiacepinas: Historia, uso clínico e controversias no tratamento da ansiedade
Autoría
J.E.L.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
J.E.L.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
As benzodiacepinas (BZD) son psicofármacos amplamente utilizados polos seus efectos ansiolíticos, hipnóticos, anticonvulsivantes e relaxantes musculares. Dende o seu descubrimento nos anos 50, revolucionaron o tratamento da ansiedade pola súa eficacia e rapidez de acción; con todo, o seu uso prolongado evidenciou riscos importantes como a tolerancia, a dependencia e os efectos adversos, especialmente en persoas maiores e embarazadas. Este traballo ofrece unha revisión crítica e estruturada da súa evolución histórica, mecanismos de acción, aplicacións clínicas e controversias actuais. A través da análise da literatura científica, examínanse tamén alternativas terapéuticas máis seguras e sostibles, como os inhibidores selectivos da recaptación de serotonina (ISRS), os fármacos “Z” e a terapia cognitivo-conductual. Os resultados destacan que, aínda que as BZD poden ser eficaces en situacións agudas, o seu uso debe ser limitado no tempo e estritamente supervisado. As guías clínicas actuais desaconsellan o seu emprego como tratamento de primeira liña na ansiedade crónica e promoven estratexias de retirada gradual nos casos de consumo prolongado. Neste contexto, sublíñase a necesidade dunha prescrición máis racional, unha maior formación dos profesionais sanitarios e unha axeitada educación do paciente, co fin de minimizar os riscos e fomentar prácticas clínicas máis seguras e responsables.

URIARTE VILLARES, EUGENIO (Titoría)
URIARTE VILLARES, EUGENIO (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Presidente/a)
Souto Salom, Manuel (Secretario/a)
QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Presidente/a)
Souto Salom, Manuel (Secretario/a)
QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
TDAH, Tratamento farmacolóxico, Drogas de abuso, Alcol, Cocaína, Anfetaminas.
Autoría
A.L.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.L.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Debido ao maior risco de consumo de drogas de abuso en persoas con TDAH, realízase unha revisión bibliográfica sobre a toxicidade que presentan algunhas das substancias de abuso en combinación cos medicamentos utilizados no seu tratamento farmacolóxico. O estudo céntrase na combinación deste tipo de fármacos co alcol, por ser a droga psicoactiva de maior prevalencia, e coa cocaína e as anfetaminas de uso recreativo, debido á súa semellanza en canto ao mecanismo en acción. Os resultados da revisión evidencian o risco asociado ao combinar os fármacos para o TDAH coas tres drogas de abuso estudadas. A cocaína e as anfetaminas, ao ter o mesmo mecanismo de acción que algúns destes fármacos, consistente en aumentar o nivel de neurotransmisores no espazo sináptico, poden producir unha hiperestimulación con efectos nocivos fundamentalmente no sistema cardiovascular. A combinación do alcol co metilfenidato, un dos fármacos estimulantes máis utilizados no tratamento desta enfermidade, dá lugar á formación de etilfenidato (metabolito activo), cunha semivida máis longa que o metilfenidato, que pode potenciar nalgúns casos os efectos estimulantes do alcol e noutros enmascarar os seus efectos sedantes.

DE CASTRO RIOS, ANA (Titoría)
DE CASTRO RIOS, ANA (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)
Do síntoma á solución. Evaluación do papel do relugolix no tratamiento dos miomas uterinos.
Autoría
J.L.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
J.L.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Os fibromas uterinos son tumores benignos que ata o setenta u oitenta por cento das mulleres desenvolverán ao longo da súa vida aínda que solo unha fracción presentará síntomas clínicos. Analizarase a evolución das opcións de tratamento ao longo dos anos, o que finalmente levará á combinación de relugolix, estradiol e noresterona, un novo fármaco deseñado especificamente para tratar a afección.

ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Titoría)
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Titoría)
Tribunal
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
Desenvolvemento de modelos 3D bioimpresos de cancro de páncreas para o cribado de fármacos
Autoría
A.L.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.L.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A alta mortalidade asociada ao adenocarcinoma ductal pancreático, xunto co número crecente de casos, poñen de manifesto a urxente necesidade de desenvolver novos tratamentos máis eficaces e descubrir dianas terapéuticas. Sen embargo, a limitada capacidade dos modelos actuais baseados no monocultivo 2D e animais para mimetizar o complexo microambiente tumoral provocou que moitas moléculas que pareceron prometedoras nos estudos preclínicos fracasasen ao dar o salto aos estudos clínicos. Neste contexto, os avances recentes en enxeñaría de tecidos permitiron desenvolver modelos 3D in vitro que tratan de mimetizar con maior exactitude as características biolóxicas do PDAC mediante a incorporación de compoñentes clave do microambiente tumoral ou da replicación das súas propiedades. Tendo isto en consideración, neste proxecto enfocouse no desenvolvemento dun modelo 3D obtido mediante bioimpresión por extrusión, co obxectivo de reproducir con maior exactitude o microambiente tumoral do adenocarcinoma ductal pancreático co fin de contribuír a reducir o salto entre os estudos preclínicos e clínicos. Para iso, sintetizaranse dous hidroxeles, unha biotinta, GAC2, desenvolvida polo grupo e composta por alginato, coláxeno 1 e xelatina metacrilada, e un novo xel a base de coláxeno metacrilado. A estes incorporaráselles células presentes no estroma tumoral co fin de avaliar a súa viabilidade, proliferación e diferenciación en ditos entornos. Ademais, desenvolverase un sistema de tricultivo en Transwell para estudar os efectos da biotinta e das células estromais sobre as tumorais.

ALVAREZ LORENZO, CARMEN ISABEL (Titoría)
ALVAREZ LORENZO, CARMEN ISABEL (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Validación de modelos neuronais 3D para o screening de fármacos que modulen os síntomas de déficit cognitivo asociados á enfermidade da esquizofrenia
Autoría
J.L.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
J.L.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O deterioro cognitivo, síntoma relevante na esquizofrenia, é resistente aos tratamentos actuais e presenta mecanismos celulares aínda descoñecidos. Os modelos celulares 2D teñen limitacións para replicar a complexidade do tecido nervioso. Por iso, propóñese un modelo 3D baseado en esferoides formados por neuronas SH-SY5Y. Estas células foron cultivadas nunha matriz con metilcelulosa para a inducción de formación dos esferoides. Posteriormente, aplicouse un protocolo de diferenciación en dúas fases: primeiro, tratáronse as células con ácido retinoico (RA) durante cinco días e, despois, expuxéronse durante sete días a PMA ou GLP-1. A avaliación morfolóxica incluíu a análise da esfericidade, a definición do bordo e a cohesión estrutural dos esferoides. A nivel funcional, medíuse a mobilización de calcio intracelular mediante o uso do colorante Calcium 6 tras unha estimulación despolarizante. Os esferoides diferenciados mostraron unha morfoloxía máis regular e compacta en comparación cos esferoides non diferenciados, que presentaban formas irregulares e células dispersas. Durante os ensaios funcionais, os esferoides tratados con GLP-1 responderon cun aumento na liberación de calcio tras a estimulación con KCl, o que indica unha maior madurez. Este modelo 3D representa unha ferramenta reproducible para o estudo da diferenciación neuronal. A diferenciación con GLP-1 favorece a adquisición dun fenotipo competente, relacionado coa sinalización glutamatérxica, un aspecto clave nos procesos cognitivos afectados na esquizofrenia. A súa caracterización posicionao como unha plataforma prometedora para investigar a resposta celular, facilitando así a exploración dos mecanismos patolóxicos e posibles enfoques terapéuticos.

Estudo epidemiolóxico da anisakiose gastroalérxica en España
Autoría
D.L.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
D.L.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Anisakis simplex é o axente causal da enfermidade zoonótica e cosmopolita denominada anisakiose. O ser humano inféctase de forma accidental ao inxerir peixe cru ou pouco cociñado. As manifestacións clínicas poden presentarse de maneira gastrointestinal ou como reaccións alérxicas mediadas por inmunoglobulina E (IgE). Os tratamentos farmacolóxicos que existen para esta enfermidade son limitados, utilizados en casos moi graves ou específicos, sendo así os puntos chave a prevención e as medidas de control para reducir a infección. Nos últimos anos, a gastronomía xaponesa experimentou unha expansión internacional, contribuíndo ó aumento dos casos de anisakiose a nivel mundial, sendo España o segundo país con maior número de casos diagnosticados por esta enfermidade. Existe un número significativo de casos mal diagnosticados, debido ás limitacións de ferramentas diagnósticas, variedade de síntomas e escaseza de datos epidemiolóxicos, dando lugar a unha prevalenza global moi subestimada. Polo tanto, para abordar adecuadamente esta parasitose, é fundamental educar tanto a profesionais da saúde como ás persoas que manipulan peixe habitualmente e reforzar as campañas de prevención, ademais de dispor de métodos de diagnóstico fiables. Nesta revisión bibliográfica, realizarase unha análise dos aspectos máis relevantes da anisakiose, tales como o ciclo biolóxico, fontes de infección, diagnóstico, tratamento e prevención, así como os datos epidemiolóxicos máis recentes en España.

ROMARIS MARTINEZ, FERNANDA (Titoría)
ROMARIS MARTINEZ, FERNANDA (Titoría)
Tribunal
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN (Presidente/a)
GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN (Presidente/a)
GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
Papel das hormonas sexuais femininas no cancro de ovario
Autoría
C.L.H.
Grao en Farmacia (2ªed)
C.L.H.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O cancro de ovario é un cancro xinecolóxico caracterizado por unha alta mortalidade e baixas taxas de supervivencia. Isto débese, en parte, á resistencia ao tratamento quimioterápico estándar, baseado en derivados do platino e taxanos, o que leva a altas taxas de recorrencia. A sobreexpresión de receptores hormonais no cancro de ovario, particularmente receptores de estróxenos e proxesterona, suxire que as hormonas sexuais femininas xogan un papel no desenvolvemento e proliferación desta enfermidade, exercendo unha dobre función: oncoxénica no caso dos estróxenos e protectora no caso da proxesterona. Neste contexto, a terapia endocrina baseada en fármacos antiestróxenos xorde como unha alternativa terapéutica válida para pacientes con cancro de ovario recorrente, especialmente para aquelas con opcións terapéuticas limitadas e tumores hormonodependentes. Os ensaios clínicos realizados ata a data indican que o bloqueo da vía estroxénica demostrou ser eficaz para estabilizar o crecemento tumoral e lograr unha resposta clínica favorable.

TOBIO AGEITOS, ARACELI (Titoría)
TOBIO AGEITOS, ARACELI (Titoría)
Tribunal
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)
Administración de fármacos mediante a utilización de hidroxeles
Autoría
M.L.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.L.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Os hidroxeles son redes poliméricas tridimensionais cun gran contido de auga na sua composición, constituidas por diversos polímeros reticulados entre si con maior ou menor resistencia. Como consecuencia da súa capacidade para lograr sistemas de liberación sostida e controlada de fármacos, estos materiais poden ser utilizados para optimizar o tratamento de diversas patoloxías ao permitir disminuir a prevalencia de reaccións adversas, asi como mellorar a adherencia terapéutica e a biodisponibilidade do fármaco. Neste traballo, levarase a cabo una revisión dos distintos tipos de hidroxeles que se utilizan na actualidade, os principais mecanismos de liberación de fármacos e a capacidad destes para responder a certos estímulos, tanto internos (pH, temperatura, enzimas, etc.) como externos (luz NIR), permitindo asi obter unha liberación selectiva do seu contido. Ademais, levarase a cabo unha revisión dalgunhas das principais aplicación clínicas dos hidroxeles, centrándonos nos conocidos como hidroxeles inyectables utilizados no campo da oncoloxía, onde poden utilizarse para disminuir a toxicidade sistémica dos fármacos antineoplásicos ou para servir como vehículo para a administración de vacinas frente os tumores, entre outras aplicacións.

OTERO ESPINAR, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
OTERO ESPINAR, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
CAMPOS TOIMIL, MANUEL (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
CAMPOS TOIMIL, MANUEL (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
Cáncro de mama e molecular farming: síntese de proteínas terapéuticas a partir de plantas modificadas
Autoría
N.L.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
N.L.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O cancro de mama é unha das neoplasias máis comúns a nivel mundial. A pesar dos importantes avances terapéuticos, a elevada incidencia e o custo dos tratamentos actuais impulsan a busca de métodos de produción farmacéutica máis eficaces, accesibles e sostibles. Este traballo de fin de grao presenta o molecular farming como unha técnica alternativa de fabricación de fármacos baseada no uso de plantas transxénicas. Mediante unha revisión bibliográfica, estúdanse os mecanismos de produción de anticorpos monoclonais como trastuzumab, pertuzumab e pembrolizumab, así como as vacinas vexetais en desenvolvemento. Os resultados amosan que os anticorpos sintetizados en plantas (como os nanocorpos VHH antiHER2) presentan unha eficacia comparable ou superior aos seus equivalentes tradicionais e poderían superar resistencias terapéuticas actuais. Así mesmo, descríbense as vantaxes do molecular farming, como o seu baixo custo, alta escalabilidade, baixo risco de contaminación e menor pegada ambiental. Tamén se detallan os obstáculos actuais, como os retos regulamentarios, as dificultades de purificación e a aceptación pública. Finalmente, conclúese que, aínda que aínda non existen tratamentos contra o cancro de mama comercializados mediante esta vía, a evidencia preclínica é prometedora e o avance biotecnolóxico e normativo será clave para a súa implementación clínica.

RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
LIMA RODRIGUEZ, LUIS JESUS (Secretario/a)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Vogal)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
LIMA RODRIGUEZ, LUIS JESUS (Secretario/a)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Vogal)
MicroARN: aplicacións clínicas na enfermidade de Alzheimer
Autoría
A.L.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.L.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Introdución: os microARNs son pequenos ARN non codificantes de acción postranscricional que participan na regulación de procesos relevantes como a neuroxénese, a plasticidade sináptica e a resposta fronte ao dano celular no sistema nervioso central. Obxectivo: estudar a implicación do microARN na enfermidade de Alzheimer, considerando a súa posible utilidade como ferramenta diagnóstica e prognóstica, así como a súa aplicación en terapias xénicas orientadas a regular procesos fisiopatolóxicos fundamentais desta patoloxía. Métodos: realizouse unha revisión bibliográfica en diferentes bases de datos científicas, nas cales se seleccionaron 17 estudos relevantes mediante criterios específicos, publicados nos últimos 11 anos. Resultados: os estudos analizados evidenciaron alteracións específicas na expresión do microARN na enfermidade de Alzheimer, tanto en tecidos cerebrais afectados como en fluídos biolóxicos. Este achado impulsou a investigación de moléculas cuxa expresión se atopa diminuída, así como doutras sobreexpresadas, o que as converte en posibles biomarcadores non invasivos, con capacidade de detección tanto en fases preclínicas como sintomáticas. Ademais, grazas á súa capacidade para regular xenes implicados en rutas como a formación de placas amiloides, a fosforilación da tau, a neuroinflamación ou o estrés oxidativo, tamén se perfilan como ferramentas terapéuticas prometedoras. Nos ensaios realizados en modelos animais de Alzheimer, as estratexias baseadas na administración de miméticos (agomirs) ou de antagonistas (antagomirs) amosaron efectos positivos sobre a cognición, a carga patolóxica e a plasticidade sináptica. Conclusión: estes resultados reforzan o gran potencial dos microARN na investigación translacional, aínda que persisten certas limitacións, como a falta de estandarización, a variabilidade intraindividual e os desafíos relacionados coa súa degradación e administración no contexto da terapia moduladora.

VALENZUELA LIMIÑANA, RITA (Titoría)
VALENZUELA LIMIÑANA, RITA (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)
A pandemia dos opioides: desenvolvemento e situación actual nos EE.UU e en Europa.
Autoría
C.L.V.
Grao en Farmacia (2ªed)
C.L.V.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A crise dos opioides considérase unha das emerxencias de saúde pública máis importantes dos últimos anos, especialmente nos Estados Unidos. Esta problemática foise expandindo a Europa, en maior medida nalgúns países como o Reino Unido e Estonia, aínda que por agora, en ningún deles se rexistraron os niveis epidémicos dos Estados Unidos. Os fármacos opioides utilízanse maioritariamente para aliviar a dor, pero tamén presentan efectos negativos, como a dependencia e a tolerancia, que provocan adicción, e o síndrome de abstinencia ao interromper o consumo. Estes efectos son a orixe do grave impacto que xeran estas substancias: taxas de mortalidade moi elevadas, propagación de enfermidades infecciosas, barrios en situación de indigencia e un declive na economía son algunhas das consecuencias que provoca esta crise. Para tratar de frear o desenvolvemento da “pandemia” ideáronse algunhas estratexias de prevención e tratamento. Un maior acceso aos tratamentos de deshabituación é imprescindible para reducir o número de persoas dependentes, así como unha maior distribución de naloxona é necesaria para previr as sobredoses. Ademais, nos Estados Unidos é esencial que se controlen as prescricións de opiáceos en maior medida ca no pasado. Todos os escenarios son posibles, pero se se seguen as pautas de prevención poderíase chegar a mitigar a crise nos Estados Unidos e reducila aínda máis en Europa. Con todo, débese ter coidado, especialmente cos novos opioides emerxentes, xa que poderían traer consigo efectos devastadores.

Terapia de células T con receptor de antíxeno quimérico (CAR-T) tisagenlecleucel (Kymriah) na leucemia linfoblástica aguda
Autoría
A.M.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.M.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A leucemia linfoblástica aguda de estirpe B (LLA-B) representa a neoplasia hematolóxica máis común en idade pediátrica. Durante anos, o enfoque terapéutico desta patoloxía estruturouse de forma escalonada. Iníciase cunha quimioterapia intensiva como primeira liña de tratamento, incorporando nalgúns casos de recaída ou resistencia o uso de anticorpos monoclonais e recorrendo como opción definitiva de consolidación e rescate ao transplante aloxénico de proxenitores hematopoéticos. Aínda así, existe unha porcentaxe elevada de recaídas ou resistencias ao tratamento, o que xerou unha grande necesidade de novas estratexias terapéuticas. Neste contexto, tisagenlecleucel (Kymriah) foi a primeira terapia CAR-T aprobada para esta indicación en pacientes pediátricos e adultos novos. Trátase dunha terapia xénica baseada en células T modificadas, que consegue xerar unha resposta inmune personalizada contra as células tumorais CD19+. Nesta revisión bibliográfica preténdese realizar unha análise do contexto clínico da LLA-B, o desenvolvemento e funcionamento das terapias CAR-T e afondar nos aspectos clínicos e farmacolóxicos de Kymriah. A través do estudo pivotal ELIANA principalmente, e doutros estudos complementarios, avaliouse a eficacia, seguridade e persistencia deste medicamento. Neste traballo exploráronse os efectos secundarios máis relevantes, o seu impacto e o tratamento correspondente para xestionalos. Tamén se expoñen os desafíos actuais, como as recaídas, e as estratexias que se están a desenvolver para superalas.

CASTRO PEREZ, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
CASTRO PEREZ, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
Tribunal
CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Presidente/a)
COUSO PEREZ, SEILA (Secretario/a)
DE CASTRO RIOS, ANA (Vogal)
CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Presidente/a)
COUSO PEREZ, SEILA (Secretario/a)
DE CASTRO RIOS, ANA (Vogal)
A betatalasemia: da epidemioloxía ás novas terapias.
Autoría
A.M.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.M.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A beta-talasemia é unha hemoglobinopatía herdada autosómica recesiva causada por mutacións no xene que codifica a cadea beta da hemoglobina. Estas alteracións provocan unha diminución ou ausencia da síntese de hemoglobina, o que impide a formación do tetrámero funcional da hemoglobina A1 que se atopa nos adultos. Orixinalmente, a beta-talasemia limitábase a rexións xeográficas onde a malaria é endémica e con recursos limitados. Non obstante, debido á migración na procura de mellores condicións de vida, a súa prevalencia e incidencia están a aumentar progresivamente en rexións que antes estaban relativamente inafectadas. Polo tanto, é de interese actualizar os profesionais sanitarios sobre os procedementos de diagnóstico e as opcións terapéuticas. Desde unha perspectiva fisiopatolóxica, a beta-talasemia caracterízase por eritropoese ineficaz, anemia crónica e múltiples complicacións, como sobrecarga de ferro, deformidades óseas e disfunción endócrina. Dependendo da gravidade do defecto na produción da cadea beta e da necesidade de terapia transfusional, distínguense tres formas clínicas principais: beta-talasemia maior, beta-talasemia intermedia e beta-talasemia menor, con síntomas que van desde graves ata asintomáticos, respectivamente. O diagnóstico da beta-talasemia emprega análises hematolóxicas, estudos moleculares da hemoglobina e probas xenéticas para identificar o tipo e a gravidade da enfermidade e diferenciala doutras hemoglobinopatías. As opcións terapéuticas inclúen terapias tradicionais como transfusións, quelantes de ferro, esplenectomía ou transplante de medula ósea, ou terapias máis novas e prometedoras como a terapia xénica ou o transplante de células hematopoéticas.

Relación entre a microbiota intestinal e a tiroiditis de Hashimoto: uso de probióticos como tratamento complementario.
Autoría
L.M.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
L.M.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Tanto a palabra microbiota como a palabra enfermidade autoinmune son moi coñecidas pola poboación xeral, pero en realidade descoñecemos o seu significado e as consecuencias que poden ter na nosa saúde. A microbiota intestinal defínese como o conxunto de bacterias, virus, fungos, parásitos e arqueas que habitan dentro do noso tracto gastrointestinal. Estes microorganismos manteñen unha relación simbiótica co ser humano participando no mantemento do equilibrio nutricional, metabólico e inmunolóxico do hóspede. A tiroiditis de Hashimoto é unha enfermidade autoinmune na que o propio sistema inmunolóxico ataca erroneamente á glándula tiroides. Nos últimos anos realizáronse diversos estudos nos que se demostrou unha relación entre o desequilibrio na microbiota intestinal e o desenvolvemento desta enfermidade. Esta disbiosis intestinal pode alterar a absorción e utilización de micronutrientes esenciais para a función tiroidea, afectar á síntese e metabolismo de hormonas e provocar desequilibrios na homeostasis tiroidea. Neste contexto, o mantemento dunha microbiota intestinal equilibrada mediante o uso de probióticos postúlase como unha estratexia terapéutica complementaria ao manexo da enfermidade de tiroiditis de Hashimoto. Estes demostraron ter bos resultados na restauración da eubiosis intestinal e na redución dos procesos inflamatorios.

Nanotransportadores Decorados con Membranas Celulares para Vectorización
Autoría
J.M.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
J.M.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo trata dunha revisión sistemática do uso de nanopartículas recubertas de distintas membranas celulares. Esta é unha metodoloxía emerxente, pertencente ao campo da nanomedicina. A través da utilización das membranas para recubrir nanopartículas, búscase aumentar a seguridade e eficacia de terapias altamente agresivas como a terapia antitumoral, buscando vectorizar os fármacos de forma específica. Tamén se dán un golpe de ollo a como as propiedades e funcións finais están condicionadas principalmente pola célula de orixe e como a membrana pode ser modificada para engadir funcionalidade. Ademais, un vistazo a técnicas que poden beneficiarse desta metodoloxía para aumentar o rendemento, a eficacia ou a seguridade; e todos os posibles campos nos que esta técnica nos augura un amplo campo de desenvolvemento e avances terapéuticos, que se atopan en moitos casos, en estudos clínicos e poderían comezar a utilizarse en uns anos.
Este traballo trata dunha revisión sistemática do uso de nanopartículas recubertas de distintas membranas celulares. Esta é unha metodoloxía emerxente, pertencente ao campo da nanomedicina. A través da utilización das membranas para recubrir nanopartículas, búscase aumentar a seguridade e eficacia de terapias altamente agresivas como a terapia antitumoral, buscando vectorizar os fármacos de forma específica. Tamén se dán un golpe de ollo a como as propiedades e funcións finais están condicionadas principalmente pola célula de orixe e como a membrana pode ser modificada para engadir funcionalidade. Ademais, un vistazo a técnicas que poden beneficiarse desta metodoloxía para aumentar o rendemento, a eficacia ou a seguridade; e todos os posibles campos nos que esta técnica nos augura un amplo campo de desenvolvemento e avances terapéuticos, que se atopan en moitos casos, en estudos clínicos e poderían comezar a utilizarse en uns anos.
Dirección
ALVAREZ LORENZO, CARMEN ISABEL (Titoría)
ALVAREZ LORENZO, CARMEN ISABEL (Titoría)
Tribunal
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN (Presidente/a)
GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN (Presidente/a)
GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
Uso da morfina para o tratamento da dor oncolóxica
Autoría
I.M.I.
Grao en Farmacia (2ªed)
I.M.I.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O impacto da dor no paciente oncolóxico é moi elevado, polo que o seu tratamento adecuado resulta fundamental. Para iso, é de especial relevancia realizar unha valoración exhaustiva da dor ou dores que presenta o paciente, o que permitirá elixir o tratamento máis adecuado en cada caso. A morfina é o opioide de referencia para o tratamento da dor oncolóxica intensa, polo que adoita ser a opción máis indicada en moitos casos. Con todo, existen situacións, como a da dor neuropático ou insuficiencia renal, nas que a morfina pode non ser o fármaco máis adecuado. Ademais, nalgúns pacientes, o tratamento con morfina pode resultar intolerable ou ineficaz. Nestas situacións, existen alternativas terapéuticas, sendo a rotación de opioides a estratexia máis efectiva.

FERNANDEZ MASAGUER, JORGE CHRISTIAN (Titoría)
FERNANDEZ MASAGUER, JORGE CHRISTIAN (Titoría)
Tribunal
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)
Uso de bacteriófagos no tratamento de infeccións por Pseudomonas aeruginosa de feridas por queimaduras
Autoría
M.M.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.M.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A crecente ameaza da resistencia antimicrobiana impulsou a procura de alternativas terapéuticas fronte a infeccións bacterianas multirresistentes. Neste contexto, os bacteriófagos, virus que infectan bacterias, rexorden como unha opción prometedora. Este traballo céntrase no uso de fagos para tratar infeccións por Pseudomonas aeruginosa en feridas por queimaduras. Para iso, analízanse os seus mecanismos de acción, ciclos de vida, especificidade, resposta inmunitaria e farmacoloxía, así como as distintas estratexias terapéuticas: monoterapia, cócteles de fagos, combinación con antibióticos, encimas derivadas e bioingeniería. Ofrécese unha visión xeral do problema clínico que representan estas infeccións, destacando a súa elevada mortalidade, os mecanismos de virulencia de P. aeruginosa e o panorama crítico actual debido á proliferación de cepas multirresistentes. Examínase a capacidade dos fagos para degradar biopelículas e modular o Quorum Sensing bacteriano, o que mellora a penetración e eficacia do tratamento. Ademais, revísanse estudos in vitro, in vivo e ensaios clínicos que apoian o seu potencial terapéutico e seguridade. A pesar deste potencial, tamén se repara en retos como a neutralización inmunitaria, a necesidade de formulacións estables e a falta de regulación estandarizada. Finalmente, abórdanse as perspectivas futuras, incluíndo o desenvolvemento de fagos de segunda xeración e o papel de institucións pioneiras como o Instituto Eliava. Este traballo conclúe con que a terapia fágica representa unha alternativa viable e en expansión fronte a infeccións por P. aeruginosa en queimaduras, aínda que require maior investigación clínica e avances regulatorios para a súa implementación.

Miguel Bouzas, María Trinidad de (Titoría)
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Titoría)
Tribunal
CAMPOS TOIMIL, MANUEL (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
CAMPOS TOIMIL, MANUEL (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
Anticorpos monoclonais para o tratamento da enfermidade de Alzheimer
Autoría
A.M.A.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.M.A.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A enfermidade de Alzheimer (EA) afecta a máis de 35 millóns de persoas en todo o mundo e estímase que esta cifra se triplicará para o ano 2050. Esta patoloxía compromete a memoria, a funcionalidade e a independencia afectando á calidade de vida do paciente. Isto sinala a importancia de atopar terapias capaces de modificar o curso da enfermidade, xa que ata agora só estaban dispoñibles terapias puramente sintomáticas como os inhibidores da acetilcolinesterasa (donepezilo) ou os antagonistas do receptor de NMDA (memantina). A inmunoterapia pasiva con anticorpos monoclonais (mAbs) gañou impulso nos últimos anos coa aprobación pola FDA de lecanemeab e donanemab, conseguindo por primeira vez unha desaceleración clinicamente significativa do deterioro cognitivo. Os mAbs diríxense principalmente contra tres obxectivos: 1) mAbs anti-Abeta, que tratan de eliminar as placas amiloides para reducir a progresión da enfermidade. 2) mAbs anti-tau, que buscan frear a propagación de p-tau interrompendo a formación de NFTs e atrasando así o deterioro sináptico e cognitivo. 3) mAbs dirixidos contra dianas implicadas na desregulación da homeostase e na neuroinflamación, como os agonistas de TREM2, que teñen como obxectivo promover a activación da microglía e atenuar o dano neuronal mediado pola inflamación.

BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Titoría)
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
LIMA RODRIGUEZ, LUIS JESUS (Secretario/a)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Vogal)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
LIMA RODRIGUEZ, LUIS JESUS (Secretario/a)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Vogal)
Toxinas bacterianas e as súas aplicacións
Autoría
F.N.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
F.N.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
No presente traballo analízase e descríbese o funcionamento e a estrutura xeral das toxinas bacterianas, afondando naquelas que teñen unha posible utilidade en beneficio do ser humano. Destácanse os factores que permiten a estas toxinas inducir efectos patolóxicos no hóspede e como interactúan coas células do organismo afectado, facilitando a súa proliferación e propagación. A continuación, explóranse as aplicacións destas toxinas no ámbito da biomedicina, salientando o seu uso no desenvolvemento de tratamentos anticanceríxenos. Ademais, examínanse aplicacións biotecnolóxicas, como a súa utilización en control biolóxico. En xeral, este traballo ofrece unha visión das toxinas bacterianas, sen centrarse unicamente no seu rol como axentes patóxenos, senón tamén desde a súa perspectiva como ferramentas biotecnolóxicas con aplicacións en diversos campos da ciencia e da medicina. Discútense os avances recentes, así como os desafíos que implica a súa utilización e as consideracións de seguridade asociadas á súa manipulación.

MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Titoría)
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Titoría)
Tribunal
CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Presidente/a)
COUSO PEREZ, SEILA (Secretario/a)
DE CASTRO RIOS, ANA (Vogal)
CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Presidente/a)
COUSO PEREZ, SEILA (Secretario/a)
DE CASTRO RIOS, ANA (Vogal)
Cara novos tratamentos para o Alzhéimer: Estudo sintético e biolóxico de derivados 2-amidobenzotiazol
Autoría
M.N.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.N.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O Alzhéimer é a forma máis frecuente de demencia, sendo o custo asociado a estas enfermidades unha carga crecente para as economías mundiais. O seu tratamento actual é meramente sintomático, polo que a procura de novos fármacos capaces de alterar o curso da enfermidade resulta de gran interese. Fármacos empregados na terapéutica actual doutras enfermidades neurodexenerativas, como o riluzol, contan cun esqueleto común de 2-aminobenzotiazol que lles confire interesantes propiedades neuroprotectoras mediante a captación de especies reactivas de osíxeno (ROS) ou o antagonismo dos receptores NMDA.Levouse a cabo a síntese e caracterización dunha familia de 14 compostos con estrutura de 2-amidobenzotiazol mediante a reacción de Schotten-Baumann e diferentes metodoloxías en unha ou dúas etapas para a formación de amidas, e avaliáronse 51 compostos nun modelo fenotípico de células SH-SY5Y diferenciadas con ácido retinoico e péptido similar ao glucagón tipo 1, e transfectadas coas mutacións MAPT P301L e APP V717I, para comprobar a súa actividade protectora fronte ao dano inducido pola agregación de beta-amiloide e tau hiperfosforilada mediante un cribado de alto rendemento. Estudouse a actividade destes compostos nun ensaio de excitabilidade neuronal tras despolarización con KCl, mediante a medición dos niveis de calcio intracelular. A formación de amidas vía cloruro de acilo constituíu un método eficaz de síntese, obténdose produtos con rendementos superiores ao 30% e graos de pureza superiores ao 95%. Dous compostos dos 51 avaliados foron capaces de exercer un efecto neuroprotector fronte ao dano inducido, preservando a capacidade de excitabilidade celular.

Implicación da microbiota intestinal na fisiopatoloxía da enfermidade de Alzheimer: mecanismos e perspectivas terapéuticas
Autoría
L.N.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
L.N.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A enfermidade de Alzheimer (EA), una patoloxía neurodexenerativa caracterizada polo deterioro cognitivo progresivo e a perda de memoria, representa unha das principais causas de demencia a nivel mundial. Historicamente, a súa etiopatoxenia vinculouse a procesos como a acumulación de placas amiloides e á formación de nobelos neurofibrilares de proteína tau. Sen embargo, nos últimos anos emerxeu una nova liña de investigación que sitúa ao eixo microbiota-intestino-cerebro como un elemento clave no seu desenvolvemento e progresión. Diversos estudos demostraron que os pacientes con EA presentan unha disbiose intestinal significativa, caracterizada por unha maior abundancia de bacterias proinflamatorias como Bacteroidetes e Proteobacteria, e una diminución de bacterias beneficiosas como Firmicutes, Lactobacillus e Bifidobacterium. Este desequilibrio contribúe ao aumento da permeabilidade da barreira intestinal e da barreira hematoencefálica (BHE), o que facilita a translocación de metabolitos microbianos e outros compoñentes ao sistema nervioso central. Ademais, a diminución de bacterias beneficiosas asociouse cunha menor produción de ácidos graxos de cadea corta (SCFAs), compostos clave no mantemento da integridade das barreiras. Algunhas bacterias proinflamatorias producen lipopolisacáridos (LPS), moléculas capaces de acceder ao cerebro e provocar respostas inflamatorias a nivel cerebral contribuíndo á neurodexeneración. Xurdiron novas estratexias terapéuticas que teñen como obxectivo reducir a progresión da EA mediante a modulación da microbiota intestinal. Entre elas inclúense a administración de probióticos, prebióticos, o transplante de microbiota fecal (TMF) e a implementación de patróns dietéticos específicos como a dieta Mediterránea, DASH, MIND ou a dieta cetoxénica. Aínda que estas intervencións mostraron resultados alentadores en modelos animais, a evidencia en humanos segue sendo limitada e require dun maior estudo a través de ensaios clínicos mellor deseñados.

Desenvolvemento de Antagonistas Duais A2A/A2B como Fármacos Anticancerosos.
Autoría
A.P.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.P.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
No marco deste Traballo de Fin de Grao descríbese o deseño e a síntesis de 28 novos ligandos derivados da estrutura 3,4-dihidropirimidin-2(1H)-ona para a inmunoterapia do cancro. Avaliouse a afinidade farmacolóxica destes 28 compostos polos receptores de adenosina e estudouse a súa relación estrutura-actividade. Obtivéronse 4 novos antagonistas duais dos receptores de adenosina (A2A e A2B) e dez novos ligandos selectivos do receptor A2B.
No marco deste Traballo de Fin de Grao descríbese o deseño e a síntesis de 28 novos ligandos derivados da estrutura 3,4-dihidropirimidin-2(1H)-ona para a inmunoterapia do cancro. Avaliouse a afinidade farmacolóxica destes 28 compostos polos receptores de adenosina e estudouse a súa relación estrutura-actividade. Obtivéronse 4 novos antagonistas duais dos receptores de adenosina (A2A e A2B) e dez novos ligandos selectivos do receptor A2B.
Dirección
SOTELO PEREZ, EDDY (Titoría)
SOTELO PEREZ, EDDY (Titoría)
Tribunal
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
Ensamblaxe topolóxico de alfa-APNs
Autoría
E.P.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
E.P.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Dende un punto de vista químico, a combinación estrutural entre o esqueleto peptídico das proteínas e a presenza de nucleobases fai dos ácidos nucleicos peptídicos (alfa-PNA) un híbrido perfecto, capaz de unirse a moléculas de ADN ou ARNm para regular a expresión xénica e potencialmente deter a progresión dunha enfermidade ou a proliferación neoplásica celular. Extrapolar este mesmo concepto á asociación con material non xenético supón un campo prometedor no futuro da investigación en terapia xénica, do que se agarda que algún día produza resultados válidos para a explotación deste recurso en calquera área imaxinable da biotecnoloxía. Este traballo presenta un breve estudo sobre os primeiros pasos na síntese, purificación, caracterización e unión dun alfa-PNA coa melamina, coa que forma unha estrutura extraordinariamente estable.

BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Titoría)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Novos tratamentos para o déficit cognitivo asociado á esquizofrenia
Autoría
A.P.B.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.P.B.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A esquizofrenia é unha enfermidade mental altamente debilitante que afecta a ao redor de 24 millóns de persoas en todo o mundo. O déficit cognitivo é unha compoñente clave desta enfermidade e é un mellor predictor da funcionalidade do paciente que os outros síntomas. Actualmente, os medicamentos dispoñibles para o tratamento da enfermidade unicamente son útiles para tratar os síntomas psicóticos e, en menor medida, negativos da enfermidade, pero carecen de efecto sobre o compoñente cognitivo desta patoloxía. Debido a isto, neste traballo analizaranse os principais fármacos que teñen unha evidencia previa de que poderían ser útiles para estes pacientes. Mediante unha procura bibliográfica nas bases de datos PubMed e Clinicaltrials.gov, na que se incluíron ensaios publicados nos últimos 7 anos, identificáronse diferentes tratamentos que poderían ser de utilidade para tratar o déficit cognitivo asociado á esquizofrenia. A maioría deles están dirixidos a modular diferentes receptores de neurotransmisores (muscarínicos, NMDA e CB1), aínda que tamén se incluíron algunhas moléculas relacionadas coa tensión oxidativo e a guanilato ciclasa. Tamén se avaliaron técnicas baseadas na estimulación eléctrica do cerebro. Entre as diferentes terapias que se incluíron, as máis prometedoras parecen ser a xanomelina, un agonista muscarínico, luvadaxistat, un fármaco que potencia a transmisión NMDA e a tDCS, que fornece descargas eléctricas ao cerebro.

Migraña: Estratexias farmacolóxicas clásicas e emerxentes
Autoría
A.P.I.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.P.I.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A migraña representa unha das patoloxías neurolóxicas máis frecuentes e discapacitantes a nivel mundial. Caracterízase por episodios recorrentes de dor cefálica, habitualmente unilateral e pulsátil, acompañados de síntomas como náuseas, fotofobia ou fonofobia. A pesar dos avances no seu manexo clínico, a súa fisiopatoloxía non está completamente esclarecida, recoñecéndose unha orixe multifactorial que inclúe predisposición xenética, alteracións hormonais e influencias ambientais. Este traballo ten como obxectivo analizar as estratexias terapéuticas actuais fronte ao ataque agudo de migrana, incluíndo o uso de fármacos tradicionais como os antiinflamatorios non esteroides (AINEs), triptanes e derivados ergóticos. Así mesmo, abórdanse os avances en terapias innovadoras ou en desenvolvemento, como os gepantes, ditanes e os anticorpos monoclonais dirixidos contra o péptido relacionado co xene da calcitonina (CGRP) ou o seu receptor. A implicación deste péptido na activación da vía trigémino-vascular supuxo un cambio de paradigma no tratamento desta patoloxía. Estúdanse a farmacoloxía destes axentes, os seus mecanismos de acción, estruturas moleculares e a relación entre as modificacións químicas introducidas e os seus perfís de seguridade e tolerancia. O obxectivo é poñer en valor como o deseño racional destes fármacos permitiu desenvolver alternativas máis específicas, seguras e eficaces, especialmente en pacientes que non responden aos tratamentos convencionais ou presentan contraindicacións cardiovasculares.

Nanotecnoloxía farmacéutica para a liberación de ARN ao sistema nervioso central: tratamento da enfermidade de Alzheimer.
Autoría
A.P.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.P.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A enfermidade de Alzheimer é unha afección neurodexenerativa caracterizada por un deterioro progresivo da memoria e da capacidade cognitiva. Trátase da forma de demencia máis común e dunha das patoloxías con maior impacto sobre a calidade de vida das persoas que a padecen. A pesar de décadas de estudo, o avance no coñecemento da súa base fisiopatolóxica acompáñase da aparición constante de novos interrogantes. Ata o momento, a evidencia biomolecular suxire a implicación dun bucle patolóxico complexo, no que se entrelazan múltiples sistemas e vías fisiolóxicas nunha dinámica de retroalimentación que favorece a progresión clínica acelerada. Distínguense dúas formas principais: unha hereditaria, responsable dun porcentaxe reducido dos casos, e unha variante predominante de aparición esporádica. En ámbolos casos, o compoñente xenético xoga un papel clave: na forma familiar, como causa directa; e na forma tardía, como condicionante de risco. Neste contexto, a terapia xénica permite intervir sobre os desencadeantes moleculares mediante o uso de mRNA, siRNA, miméticos de miRNA e antagomiRs, entre outros. Non obstante, a inestabilidade enzimática destas moléculas, xunto coa dificultade para acadar as células diana cerebrais, principalmente debido á natureza restritiva da barreira hematoencefálica, impulsou o uso da nanotecnoloxía farmacéutica, que permite protexer o axente terapéutico e optimizar a súa entrega ao lugar de acción. Para concluír, a modalidade nose to brain, xunto coa implementación doutras técnicas innovadoras, está a abrir un novo camiño no abordaxe das afeccións neurolóxicas.

Desenvolvemento de hidroxeles biomiméticos a partir de tecido mamario porcino para modelos 3D de cancro de mama.
Autoría
M.P.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.P.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A complexidade do microambiente tumoral (TME) e as limitacións dos modelos tradicionais en 2D ou en animais poñen de relevo a necesidade urxente de desenvolver sistemas in vitro avanzados capaces de replicar a matriz extracelular (MEC) dos tumores mamarios humanos. Este traballo ten como obxectivo desenvolver hidroxeles biomiméticos a partir de tecido mamario porcino descelularizado para modelos tridimensionais de cancro de mama.Avaliáronse distintos protocolos de descelularización, incluíndo métodos baseados en deterxentes e en fluídos supercríticos. O protocolo B4, baseado en CO2 supercrítico con despresurizacións rápidas e tratamento con DNAsa, demostrou unha maior eficacia na eliminación do material celular, conservando compoñentes clave da MEC como o coláxeno e os glicosaminoglicanos. Porén, a matriz derivada de tecido (TDM) obtida non mostrou capacidade suficiente de xelificación por si soa, polo que se combinou con xelatina metacrilada (GelMA) para formar hidroxeles estables. Avaliáronse catro formulacións de xeles para analizar a viabilidade e proliferación de células tumorais de mama MDA-MB-231. Os xeles suplementados con fibronectina e/ou coláxeno mostraron unha maior proliferación celular en comparación cos controis, como se evidenciou mediante ensaios de AlamarBlue e cuantificación de ADN. A microscopía confocal con tinción faloidina-DAPI revelou unha boa distribución e organización estrutural das células. Os resultados obtidos respaldan o uso de TDM porcino combinado con GelMA como unha plataforma biomimética prometedora para o modelado 3D do cancro de mama, con aplicacións potenciais en estudos preclínicos máis predictivos e relevantes desde o punto de vista fisiolóxico.

Avances no desenvolvemente de novas vacinas e tratamentos fronte a Mycobacterium tuberculosis
Autoría
E.P.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
E.P.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A tuberculose é unha enfermidade infecciosa producida por Mycobacterium tuberculosis. Na actualidade, existe a crenza estendida de que se trata dunha enfermidade erradicada. A realidade é moi diferente: a tuberculose é a enfermidade infecciosa con maior prevalencia no mundo. A aparición de cepas resistentes, a ineficacia en adultos da única vacina autorizada, BCG, ou a complexa interacción de M. tuberculosis co seu hóspede son algunhas das causas de que a prevalencia desta enfermidade continúe presentando valores tan elevados. Deste xeito, xorde a necesidade de desenvolver novas vacinas e tratamentos efectivos fronte a M. tuberculosis. A procura de novas vacinas antituberculosas comprende 4 liñas de investigación: vacinas vivas atenuadas, representadas por MTBVAC, a única vacina viva de M. tuberculosis, e VPM1002, unha versión optimizada de BCG; vacinas inactivadas, constituídas por 3 vacinas terapéuticas, MIP, RUTI e MV; vacinas de subunidades, con MT72AS01E como principal representante; e as vacinas xenéticas. As investigacións sobre novos tratamentos avanzan moi positivamente. Recentemente foi autorizado un réxime terapéutico, o método BPaLM, enfocado no tratamento da tuberculose resistente. A pesar da súa eficacia, BPaLM presenta limitacións, polo que se están a desenvolver novos fármacos, como sutezolid ou TBAJ587, que permitan optimizar esta terapia. O ganfeborole é un dos fármacos en desenvolvemento máis prometedores, cun perfil totalmente innovador. Finalmente, e cun enfoque máis inmediato, estase a valorar a reintroducción de fármacos xa comercializados para outras indicacións, como o saquinavir ou a metformina.

Fármacos para combatir o VIH baseados en plantas transxénicas
Autoría
S.R.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
S.R.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O virus da inmunodeficiencia adquirida (VIH) é o causante dunha pandemia a nivel global. Aínda que coas terapias actuais se consegue controlar este problema nos países desenvolvidos, nos países con escaso acceso sanitario constitúe unha problemática cada vez máis grave, e segue sen existir unha cura efectiva. Debido a isto, recorreuse ao molecular farming na procura de novas alternativas terapéuticas, grazas ás múltiples vantaxes que ofrecen as plantas transxénicas na producción de biofármacos. Nelas poden expresarse unha ampla variedade de moléculas, seguido diferentes estratexias para o tratamento desta infección vírica. O estudo do tratamento do VIH céntrase na síntese de anticorpos, antíxenos e lectinas para tratar ou previr esta enfermidade, expresados principalmente en Nicotiana tabacum, Nicotiana benthamiana e arroz. Mediante estas estratexias conseguiuse producir microbicidas tópicos para previr a transmisión vírica, sintetizar anticorpos neutralizantes que poden actuar como antirretrovirais e iniciar procesos que nos achegan a vacinas capaces de proporcionar inmunidade fronte ao virus.
O virus da inmunodeficiencia adquirida (VIH) é o causante dunha pandemia a nivel global. Aínda que coas terapias actuais se consegue controlar este problema nos países desenvolvidos, nos países con escaso acceso sanitario constitúe unha problemática cada vez máis grave, e segue sen existir unha cura efectiva. Debido a isto, recorreuse ao molecular farming na procura de novas alternativas terapéuticas, grazas ás múltiples vantaxes que ofrecen as plantas transxénicas na producción de biofármacos. Nelas poden expresarse unha ampla variedade de moléculas, seguido diferentes estratexias para o tratamento desta infección vírica. O estudo do tratamento do VIH céntrase na síntese de anticorpos, antíxenos e lectinas para tratar ou previr esta enfermidade, expresados principalmente en Nicotiana tabacum, Nicotiana benthamiana e arroz. Mediante estas estratexias conseguiuse producir microbicidas tópicos para previr a transmisión vírica, sintetizar anticorpos neutralizantes que poden actuar como antirretrovirais e iniciar procesos que nos achegan a vacinas capaces de proporcionar inmunidade fronte ao virus.
Dirección
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)
Macroalgas na alimentación humana: Cultivos e aproveitamentos
Autoría
D.R.V.
Grao en Farmacia (2ªed)
D.R.V.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
As algas como alimento realmente non tiveron presenza notable na gastronomía da nosa rexión ou a doutras culturas similares. A pesar disto, en tempos recentes grazas á globalización e o contacto con culturas asiáticas esta fonte de alimento está a empezar a gañar popularidade no noso país pouco a pouco. Con este aumento no seu uso en alimentación, non só estase poñendo de manifesto os seus beneficios nutricionais, senón que trae consigo un aumento na investigación de novos métodos para mellorar a súa produción, como os sistemas AMTI. Ademais, está a explorarse con certo éxito a posibilidade de empregar as algas (así como os seus refugallos) en novos usos e aproveitamentos tales como biocombustibles, pensos animais e mesmo na investigación de novos posibles principios activos.

AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Presidente/a)
Souto Salom, Manuel (Secretario/a)
QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Presidente/a)
Souto Salom, Manuel (Secretario/a)
QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
Blastocystis hominis: un parásito emerxente
Autoría
M.A.R.B.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.A.R.B.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao se revisa a literatura científica disponible sobre os asepctos máis importantes de Blastocystis sp. e a blastocystose humana, especialmente súa epidemioloxía e situación actual en España, ademais da súa bioloxía e características morfolóxicas principais. Blastocystis hominis é un parásito pertencente ao grupo dos protistas, moi frecuente no tracto intestinal do ser humano e de numerosos animais vertebradores e distribuido de forma ubicua a nivel mundial. Nos últimos anos observouse un incremento da prevalencia, chegando a acadar o 100% nalgunhas rexións, e cuxas variación se deben principalmente ao nivel de desenvolvemento do país e comunidade. Debido ao seu polimorfismo xenético, describíronse 17 subtipos (ST), dos cales 9 afectan ao ser humano. Tanto a distribución como a incidencia de cada subtipo varían entre rexións, sendo o subtipo ST3 o máis distribuido globalmente. En España, a prevalencia de B. hominis oscila entre o 2,5% e o 35,2%. Predomina novamente o subtipo ST3 e destaca a alta incidencia do subtipo ST4 con respecto a outro países. A pesar do aumento no número de estudios epidemiolóxicos, a discrepancia en ascpectos importantes como é a relación da prevalencia con certos factores (idade, sexo, sintomatoloxía, ...) abre as portas a futuras investiagacións.

GOMEZ COUSO, HIPOLITO (Titoría)
GOMEZ COUSO, HIPOLITO (Titoría)
Tribunal
CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Presidente/a)
COUSO PEREZ, SEILA (Secretario/a)
DE CASTRO RIOS, ANA (Vogal)
CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Presidente/a)
COUSO PEREZ, SEILA (Secretario/a)
DE CASTRO RIOS, ANA (Vogal)
Farmacoloxía do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH)
Autoría
N.R.I.
Grao en Farmacia (2ªed)
N.R.I.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Introdución: O Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) é un dos trastornos do neurodesenvolvemento máis prevalentes na infancia, e pode persistir na idade adulta. Caracterízade por inatención, hiperactividade e/ou impulsividade, e o seu diagnóstico baséase nos criterios do DSM-5 (Manual Diagnóstico e Estatístico dos Trastornos Mentais). O tratamento é personalizado e combina intervencións farmacolóxicas e non farmacolóxicas. Obxectivo: Realizar una revisión bibliográfica sobre a patoloxía e o tratamento do TDAH. Métodos: Realizouse unha revisión bibliográfica de ensayos clínicos e artigos científicos a través de bases de datos como PubMed, Scopus e Gool¡gle Académico. Seleccionáronse os artigos que abordaban a farmacoterapia do TDAH, as súas controversisas e o seu contexto social. Revisión: Os tratamentos farmacolóxicos máis utilizados para o TDAH son os estimulantes e os non estimulantes. Preséntanse novos fármacos en fase de investigación, con diversos mecanismos de acción. Dentro do tratamento non farmacolóxico, destaca a terapia conductual, por ser a que conta cunha maior evidencia científica. Analízase a importancia do papel do farmacéutico na educación sanitaria e no seguimiento terapéutico, así como o estigma social, a desinformación nas redes sociais, o mal uso da medicación e a relación entre o TDAH e o trastorno por uso de substancias (TUS). Conclusións: O tratamento do TDAH debe ser individualizado e multimodal. A combinación de fármacos con apoio psicolóxico e un entorno informado mellora a calidade de vida do paciente. É fundamental un diagnóstico preciso, así como reducir a desinformación e combater o estigma social.

Presenza de azucres fermentables nos alimentos
Autoría
R.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
R.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Esta revisión bibliográfica céntrase no estudo dos azucres fermentables coñecidos baixo o acrónimo FODMAP presentes en alimentos de orixe vexetal, co obxectivo de determinar os métodos comúnmente empregados para a súa identificación e cuantificación. Para iso realizouse unha busca en bases de datos científicas como PubMed e ScienceDirect, elixindo estudos publicados entre os anos 2015 e 2025. Revisáronse distintas técnicas analíticas, entre as que destacan a cromatografía líquida de alta eficacia (HPLC), a cromatografía de intercambio iónico (HPAEC-PAD) e a cromatografía de gases (GC). Así mesmo, recompiláronse datos sobre as concentracións destes azucres en distintas matrices alimentarias de orixe vexetal, prestando especial atención ás diferenzas nos niveis atopados segundo o tipo de alimento, a variedade da especie ou a parte examinada. Esta revisión proporciona unha visión xeral das ferramentas dispoñibles para o estudo destes compostos e ofrece unha base de datos valiosa para futuros estudos no ámbito da análise de alimentos.
Esta revisión bibliográfica céntrase no estudo dos azucres fermentables coñecidos baixo o acrónimo FODMAP presentes en alimentos de orixe vexetal, co obxectivo de determinar os métodos comúnmente empregados para a súa identificación e cuantificación. Para iso realizouse unha busca en bases de datos científicas como PubMed e ScienceDirect, elixindo estudos publicados entre os anos 2015 e 2025. Revisáronse distintas técnicas analíticas, entre as que destacan a cromatografía líquida de alta eficacia (HPLC), a cromatografía de intercambio iónico (HPAEC-PAD) e a cromatografía de gases (GC). Así mesmo, recompiláronse datos sobre as concentracións destes azucres en distintas matrices alimentarias de orixe vexetal, prestando especial atención ás diferenzas nos niveis atopados segundo o tipo de alimento, a variedade da especie ou a parte examinada. Esta revisión proporciona unha visión xeral das ferramentas dispoñibles para o estudo destes compostos e ofrece unha base de datos valiosa para futuros estudos no ámbito da análise de alimentos.
Dirección
Sendón García, Raquel (Titoría)
Sendón García, Raquel (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Inhibidores do cotransportador de sodio e glicosa tipo 2: antidiabéticos usados no tratamento da insuficiencia cardíaca
Autoría
L.R.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
L.R.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Os inhibidores do cotransportador de sodio e glicosa tipo 2 (iSGLT-2) cobraron unha gran importancia no tratamento da insuficiencia cardíaca, unha enfermidade que constitúe un grave problema sanitario debido á súa elevada prevalencia e ás súas altas taxas de mortalidade y mobilidade. Por este motivo, realizouse esta revisión bibliográfica. Nela, analizáronse os ensaios clínicos con estes fármacos coa finalidade de avaliar a súa seguridade cardiovascular en pacientes con diabetes mellitus tipo 2, xa que esa era a súa indicación inicial. Os resultados positivos obtidos motivaron novos ensaios clínicos con pacientes que tiñan insuficiencia cardíaca establecida, independentemente de se eran diabéticos ou non. Nestes ensaios demostrouse que os iSGLT-2 non só diminúen a hiperglucemia, senón que tamén reducen as hospitalizacións por insuficiencia cardíaca, melloran a sintomatoloxía e a calidade de vida dos pacientes e reducen a mortalidade cardiovascular nalgúns fenotipos da enfermidade. A pesar disto, o mecanismo de acción mediante o cal se produce esta mellora non está totalmente esclarecido. O salto a unha nova indicación supuxo un gran impacto na terapia da insuficiencia cardíaca, xa que os iSGLT-2 se teñen posicionado como tratamento de elección en calquera dos fenotipos da enfermidade. Finalmente, a creación dun audio divulgativo emprégase como ferramenta para achegar estes coñecementos científicos á poboación xeral dun xeito claro, ameno e conciso.

Farmacoxenómica mitocondrial do cancro
Autoría
M.R.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.R.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A mitocondria non só representa un papel esencial no metabolismo enerxético, senón que tamén regula numerosos procesos fundamentais para a vida celular. Este orgánulo conta con material xenético propio, que da lugar á existencia de variantes fenotípicas coñecidas como haplogrupos, e compórtase como principal punto de xeración de sustancias reactivas de osíxeno (ROS), que poden provocar estrés oxidativo. No cancro ocorren unha serie de disfuncións metabólicas que alteran o funcionamento celular e promoven o proceso tumoral. Numerosos estudos propoñen que as diferenzas fenotípicas que caracterizan aos haplogrupos mitocondriáis poden estar relacionadas cun maior ou menor risco de padecer esta patoloxía. Do mesmo xeito, as ROS desempeñan un papel clave na homeostase redox e na sinalización intra- e intercelular. Durante un proceso canceríxeno prodúcese unha alteración na xeración/eliminación de ROS que afecta á promoción e o desenvolvemento tumoral. Na seguinte revisión bibliográfica abórdanse as relacións e influencias dos diferentes haplogrupos, niveis de ROS e disfuncións metabólicas mitocondriáis sobre o cancro, así como a posibilidade de incidir directamente sobre estas vías co obxectivo de desenvolver tratamentos farmacolóxicos individualizados que optimicen os resultados das terapias.

GOMEZ DURAN, AURORA (Titoría)
GOMEZ DURAN, AURORA (Titoría)
Tribunal
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN (Presidente/a)
GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN (Presidente/a)
GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
Estratexias terapéuticas fronte á resistencia bacteriana: alternativas aos antibióticos e situación actual en España.
Autoría
R.R.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
R.R.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Na actualidade, as bacterias multirresistentes representan unha amenaza que causa a morte de milleiros de persoas en todo o mundo. É esencial aumentar a conciencia sobre o uso inadecuado dos antibióticos e reforzar o investimento na investigación científica, encamiñada ao descubrimento de novos fármacos capaces de reducir os problemas de saúde existentes. Resulta prioritario centrarse nos bacilos gramnegativos, para os cales o desenvolvemento de novos antimicrobianos constitúe unha necesidade crítica. As investigacións deben orientarse tamén a explorar outras alternativas, como a fagoterapia, a nanoterapia e o transplante de microbiota fecal, que poderían ofrecer solucións innovadoras fronte á resistencia bacteriana. Esta revisión bibliográfica recompila información sobre a introdución de terapias alternativas, de novos antibióticos para combater as bacterias multirresistentes, e fai unha revisión dos estudos e investigacións qeu se están a levar a cabo en España arredor do tema.
Na actualidade, as bacterias multirresistentes representan unha amenaza que causa a morte de milleiros de persoas en todo o mundo. É esencial aumentar a conciencia sobre o uso inadecuado dos antibióticos e reforzar o investimento na investigación científica, encamiñada ao descubrimento de novos fármacos capaces de reducir os problemas de saúde existentes. Resulta prioritario centrarse nos bacilos gramnegativos, para os cales o desenvolvemento de novos antimicrobianos constitúe unha necesidade crítica. As investigacións deben orientarse tamén a explorar outras alternativas, como a fagoterapia, a nanoterapia e o transplante de microbiota fecal, que poderían ofrecer solucións innovadoras fronte á resistencia bacteriana. Esta revisión bibliográfica recompila información sobre a introdución de terapias alternativas, de novos antibióticos para combater as bacterias multirresistentes, e fai unha revisión dos estudos e investigacións qeu se están a levar a cabo en España arredor do tema.
Dirección
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Titoría)
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Titoría)
Tribunal
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)
SALGADO SECO, MODESTO RAMON (Presidente/a)
MARTINEZ RODRIGUEZ, ANTON LEANDRO (Secretario/a)
García Santos, María Isabel (Vogal)
Esclerose Lateral Amiotrófica: Desafíos no diagnóstico precoz e a intervención terapéutica
Autoría
E.R.T.
Grao en Farmacia (2ªed)
E.R.T.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A ELA é unha enfermidade neurodexenerativa sen cura e con síntomas similares aos doutras enfermidades da mesma categoría. Estanse a realizar varios estudos para desenvolver unha posible terapia. Esta revisión bibliográfica examina a enfermidade, os posibles biomarcadores, as terapias actuais e as novas abordaxes.
A ELA é unha enfermidade neurodexenerativa sen cura e con síntomas similares aos doutras enfermidades da mesma categoría. Estanse a realizar varios estudos para desenvolver unha posible terapia. Esta revisión bibliográfica examina a enfermidade, os posibles biomarcadores, as terapias actuais e as novas abordaxes.
Dirección
GARCIA ALONSO, ANGEL (Titoría)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Titoría)
Tribunal
CAMPOS TOIMIL, MANUEL (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
CAMPOS TOIMIL, MANUEL (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
Aplicación de liposomas por vía tópica para tratamentos da pel
Autoría
C.R.D.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
C.R.D.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Co fin de mellorar os tratamentos a nivel tópico de distintas afeccións que afectan a millóns de persoas a nivel mundial, especialmente aquelas relacionadas coa dermocosmética, foron desenvolvidas técnicas e procedementos cada vez máis eficaces e compatibles coas capas da nosa pel, para garantir a adecuada penetración de diferentes produtos. Os liposomas son, sen lugar a dúbida, un destes casos, sendo a súa composición e mecanismo de acción dos máis estudados, e cuxas aplicacións non deixan de perfeccionarse co tempo.
Co fin de mellorar os tratamentos a nivel tópico de distintas afeccións que afectan a millóns de persoas a nivel mundial, especialmente aquelas relacionadas coa dermocosmética, foron desenvolvidas técnicas e procedementos cada vez máis eficaces e compatibles coas capas da nosa pel, para garantir a adecuada penetración de diferentes produtos. Os liposomas son, sen lugar a dúbida, un destes casos, sendo a súa composición e mecanismo de acción dos máis estudados, e cuxas aplicacións non deixan de perfeccionarse co tempo.
Dirección
OTERO ESPINAR, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
OTERO ESPINAR, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
LIMA RODRIGUEZ, LUIS JESUS (Secretario/a)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Vogal)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
LIMA RODRIGUEZ, LUIS JESUS (Secretario/a)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Vogal)
Dermocosméticos e sensibilización cutánea: revisión bibliográfica sobre o efecto das fragrancias na poboación.
Autoría
A.S.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.S.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao afonda na problemática da sensibilización cutánea inducida por alérxenos que se atopan presentes en produtos dermocosméticos. O estudo consiste nunha revisión bibliográfica e tamén crítica, que analiza os compoñentes máis comúns que desencadean reaccións alérxicas na pel, especialmente as fragrancias. A lista de ingredientes dun dermocosmético é moi ampla, por iso este escrito se centra en dous alérxenos específicos: o Isoeuxenol e o Xeraniol, ambos moi utilizados na industria cosmética polas súas propiedades aromáticas. No estudo analízanse as propiedades destes alérxenos, os mecanismos polos cales provocan sensibilización, as manifestacións clínicas das alerxias que producen e os métodos de diagnóstico empregados para a súa identificación. Finalmente, este TFG proporá unha perspectiva sobre como poderíamos solucionar os problemas causados por estas substancias mediante a reformulación do etiquetado dos produtos co fin de proporcionarlles aos consumidores información clara e accesible para tomar decisións informadas e minimizar o risco de reaccións alérxicas.
Este Traballo de Fin de Grao afonda na problemática da sensibilización cutánea inducida por alérxenos que se atopan presentes en produtos dermocosméticos. O estudo consiste nunha revisión bibliográfica e tamén crítica, que analiza os compoñentes máis comúns que desencadean reaccións alérxicas na pel, especialmente as fragrancias. A lista de ingredientes dun dermocosmético é moi ampla, por iso este escrito se centra en dous alérxenos específicos: o Isoeuxenol e o Xeraniol, ambos moi utilizados na industria cosmética polas súas propiedades aromáticas. No estudo analízanse as propiedades destes alérxenos, os mecanismos polos cales provocan sensibilización, as manifestacións clínicas das alerxias que producen e os métodos de diagnóstico empregados para a súa identificación. Finalmente, este TFG proporá unha perspectiva sobre como poderíamos solucionar os problemas causados por estas substancias mediante a reformulación do etiquetado dos produtos co fin de proporcionarlles aos consumidores información clara e accesible para tomar decisións informadas e minimizar o risco de reaccións alérxicas.
Dirección
OTERO ESPINAR, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
OTERO ESPINAR, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Presidente/a)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Secretario/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Vogal)
Grupo sanguíneo Rh. Relevancia nas reaccións transfusionais e na inmunización materno-fetal.
Autoría
D.S.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
D.S.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O sistema de grupo sanguíneo Rh é o máis polimórfico dos presentes na membrana eritrocitaria. Está constituído por 56 antíxenos, entre os cales destacan os antíxenos C, c, E, e e, especialmente, o antíxeno D pola súa alta inmunoxenicidade. Forman parte das proteínas RhD e RhCE, codificadas polos xenes homólogos RHD e RHCE. Este sistema ten gran relevancia nas transfusións sanguíneas, xa que a administración de eritrocitos Rh+ a un receptor Rh- pode xerar aloinmunización. O sistema inmunitario do receptor, ao non recoñecer os antíxenos D eritrocitarios do doante, produce anticorpos que, ao unirse aos antíxenos, forman complexos antíxeno-anticorpo e provocan hemólise no receptor. Para previlo, realízanse probas pretransfusionais que aseguren a compatibilidade e garantan unha transfusión eficaz e segura. Débense considerar os fenotipos D variantes, xa que poden inducir erros na tipificación que deriven en reaccións transfusionais. A enfermidade hemolítica do recentemente nacido pode producirse cando o feto é Rh+ e a nai Rh-. O paso de eritrocitos fetais á circulación materna pode causar aloinmunización, e os anticorpos maternos IgG atravesan a placenta, formando complexos que provocan hemólise fetal. Para evitar esta sensibilización, realízanse probas como a tipificación sanguínea materna e a detección de anticorpos irregulares. Ademais, establecéronse protocolos de prevención baseados na administración profiláctica de inmunoglobulina IgG anti-D.

Uso dunha impresora 3D farmacéutica para a personalización de dose de baclofeno e control de calidade en liña
Autoría
R.S.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
R.S.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Os tratamentos orais convencionais en comprimidos poden dificultar a adherencia e eficacia terapéutica, especialmente en pacientes con problemas para tragar. No caso da esclerose múltiple (EM), moitas persoas presentan disfaxia, o que complica a administración de fármacos como o baclofeno, utilizado para tratar a espasticidade asociada a esta enfermidade. Ante esta realidade, a impresión 3D de medicamentos ofrece novas posibilidades para personalizar os tratamentos de forma precisa e accesible. Neste estudo, elaboráronse pastillas de baclofeno mediante unha impresora 3D farmacéutica, con doses de 5 mg, 10 mg e 20 mg, permitindo adaptar a medicación ás necesidades de cada paciente. Ademais, avaliouse o uso de tecnoloxías analíticas de proceso (PAT) para o control de calidade en liña, empregando un sensor de presión, unha balanza integrada na impresora e a espectroscopía de infravermello próximo (NIR). Observouse que tanto o sensor como a balanza resultaron eficaces no control das formulacións, mentres que o NIR non foi útil debido á súa alta sensibilidade a diversas variables. A personalización, a automatización e un control de calidade rigoroso optimizan a produción de medicamentos, reducindo erros e mellorando a seguridade dos tratamentos. A impresión 3D pode contribuír de maneira significativa a mellorar a adherencia terapéutica e a calidade de vida das persoas con EM.

Plantas transxénicas como biofábricas:produción de proteínas recombinantes e vacunas.
Autoría
S.S.V.
Grao en Farmacia (2ªed)
S.S.V.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo explora o uso de plantas transxénicas como plataformas biotecnolóxicas para a produción de proteínas recombinantes, con especial énfase no desenvolvemento de vacinas. Fronte a sistemas tradicionais como bacterias ou células animais, as plantas ofrecen vantaxes como escalabilidade, menor custo, seguridade biolóxica e capacidade de realizar modificacións postraduccionales. Revísanse estratexias como a transformación xenética, a edición xénica e a expresión transitoria, ademais de aspectos clave como a purificación, plegamiento e glicosilación. Analízase o potencial das vacinas vexetais e as vacinas comestibles, destacando os seus beneficios loxísticos e a súa posible aplicación en rexións con recursos limitados. Aínda que enfrontan retos técnicos e regulatorios, desenvolvéronse solucións innovadoras que melloran a súa eficacia e estabilidade. O traballo conclúe valorando a viabilidade global destas tecnoloxías en diferentes contextos sanitarios, recoñecendo o seu papel como alternativas prometedoras para a produción biofarmacéutica.

CARRILLO BARRAL, NESTOR (Titoría)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Titoría)
Tribunal
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
Resposta inmune específica de rodaballo fronte a vacinas e adxuvantes.
Autoría
J.S.T.
Grao en Farmacia (2ªed)
J.S.T.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
No presente traballo analízase a resposta inmune específica de rodaballo (Scophthalmus maximus) vacinado fronte a Aeromonas salmonicida subespecie salmonicida, axente etiolóxico da forunculose, una enfermidade infecciosa de gran importancia na acuicultura responsable, de elevadas mortalidades nos cultivos piscícolas. A resposta inmune específica avaliouse mediante a detección de anticorpos fronte a A. salmonicida spp. salmonicida, utilizando un ensaio ELISA indirecto. Para iso, procedeuse en primeiro lugar á purificación e marcado con biotina de una anti-inmunoglobulina de rodaballo previamente obtida e dispoñible no laboratorio. As mostras de soro de rodaballo vacinado con vacinas acuosa e adxuvada, e inxectado con adxuvante oleoso ou tampón fosfato salino (PBS, soros control negativo) recolléronse en diferentes tempos post tratamento (0, 7, 21, 45 y 90 días). Os resultados amosaron un incremento significativo nos títulos de anticorpos nos peixes inmunizados, evidenciando unha resposta inmune humoral específica que se iniciaba a partir dos 21 días post tratamento e decaía transcorridos 45 días desde a administración das vacinas. Ademais, o estudo inclúe unha revisión dos aspectos epidemiolóxicos e da patoxenia da bacteria e da enfermidade, e destaca a relevancia da vacinación e o uso de adxuvantes como ferramentas clave na prevención de enfermidades infecciosas como a forunculose na acuicultura.

SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Secretario/a)
FERRO COSTAS, DAVID (Vogal)
Adicións no século XXI: prevalencia, consecuencias e tratamento.
Autoría
C.T.V.
Grao en Farmacia (2ªed)
C.T.V.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
No presente traballo realízase un abordaxe das adiccións a drogas de abuso desde unha perspectiva social e sanitaria, centrada especialmente no funcionamento de distintas institucións de rehabilitación para o tratamento destas adiccións. O traballo contextualiza o fenómeno das adiccións desde unha perspectiva global, afondando na prevalencia do consumo de substancias, os efectos sobre o sistema nervioso central e as diferenzas de xénero. Posteriormente, a través dun estudo comparativo baseado en entrevistas estruturadas, examínanse catro asociacións relevantes neste ámbito: Proyecto Hombre, ACLAD, Alborada e AGALURE. A partir dos datos obtidos nas entrevistas, desenvólvese unha análise exhaustiva das respostas institucionais para describir a estrutura terapéutica dos centros, os modelos de intervención empregados (abstencionismo, redución de danos, atención ambulatoria ou residencial) e a integración do tratamento farmacolóxico e psicolóxico. Finalmente, identifícanse os elementos comúns entre as entidades entrevistadas, así como as súas diferenzas metodolóxicas, organizativas e filosóficas. O estudo pon de manifesto a necesidade dun abordaxe integral, personalizado e coordinado entre o sistema público e as entidades especializadas, salientando a importancia do traballo en rede, a implicación familiar e a sensibilización social para combater o estigma que persiste arredor das persoas con adiccións.

Monitorización terapéutica de anticorpos monoclonais
Autoría
L.V.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
L.V.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Os anticorpos monoclonais (mAb) revolucionaron o tratamento de numerosas patoloxías en ámbitos como a oncoloxía e as enfermidades inflamatorias, grazas á súa elevada especificidade e eficacia. Non obstante, a súa aplicación na práctica clínica vése limitada pola variabilidade interindividual que amosan a nivel farmacocinético e de resposta terapéutica; ambos condicionados por factores como a expresión de antíxeno diana, a inmunoxenicidade e a presenza doutros medicamentos. A monitorización terapéutica (TDM) exponse como unha ferramenta esencial para optimizar estes tratamentos, permitindo reaxustar a dosis en función das concentracións de fármaco e a resposta clínica observada en cada paciente. Este enfoque permite mellorar a eficacia do tratamento, reducir os efectos adversos e personalizar a terapia. Para a súa implementación é esencial seleccionar analito, mostra biolóxica e técnica de análise adecuada. Aínda que todavía existen certas limitacións como a falta de intervalos terapéuticos, metodoloxía estandarizada e dispoñibilidade de métodos unificados, o uso de TDM en combinación cos algoritmos de decisión clínica e modelos farmacocinéticos poblacionais, supoñen un gran avance e o futuro da medicina personalizada.
Os anticorpos monoclonais (mAb) revolucionaron o tratamento de numerosas patoloxías en ámbitos como a oncoloxía e as enfermidades inflamatorias, grazas á súa elevada especificidade e eficacia. Non obstante, a súa aplicación na práctica clínica vése limitada pola variabilidade interindividual que amosan a nivel farmacocinético e de resposta terapéutica; ambos condicionados por factores como a expresión de antíxeno diana, a inmunoxenicidade e a presenza doutros medicamentos. A monitorización terapéutica (TDM) exponse como unha ferramenta esencial para optimizar estes tratamentos, permitindo reaxustar a dosis en función das concentracións de fármaco e a resposta clínica observada en cada paciente. Este enfoque permite mellorar a eficacia do tratamento, reducir os efectos adversos e personalizar a terapia. Para a súa implementación é esencial seleccionar analito, mostra biolóxica e técnica de análise adecuada. Aínda que todavía existen certas limitacións como a falta de intervalos terapéuticos, metodoloxía estandarizada e dispoñibilidade de métodos unificados, o uso de TDM en combinación cos algoritmos de decisión clínica e modelos farmacocinéticos poblacionais, supoñen un gran avance e o futuro da medicina personalizada.
Dirección
OTERO ESPINAR, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
OTERO ESPINAR, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN (Presidente/a)
GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN (Presidente/a)
GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
Transplante de Proxenitores Hematopoéticos: Complicacións e Tratamentos.
Autoría
N.V.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
N.V.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O transplante de proxenitores hematopoéticos, tradicionalmente coñecido como transplante de medula ósea, constitúe unha estratexia médica esencial no manexo de determinadas enfermidades hematolóxicas malignas, insuficiencias medulares, trastornos xenéticos ou inmunodeficiencias, sendo en moitos casos o único tratamento curativo dispoñible. Esta denominación ten a súa orixe no feito de que, inicialmente, as células nai obtíñanse mediante punción directa na medula ósea das cristas ilíacas do óso pélvico. Na actualidade, existen outras fontes viables para a obtención de proxenitores hematopoéticos: o sangue periférico mobilizado e o sangue do cordón umbilical. O procedemento consiste na reconstitución ou substitución dos proxenitores hematopoéticos mediante a infusión de células nai sas, tras unha terapia de acondicionamento. As células nai son previamente seleccionadas en función de diversos criterios clínicos e inmunolóxicos, sendo o principal a compatibilidade HLA entre doante e receptor, co obxectivo de garantir a máxima eficacia do transplante e minimizar o número de efectos adversos para o paciente. Estas células poden obterse tanto do propio paciente como dun doante aloxénico, emparentado ou non. Para garantir a eficacia do tratamento, son fundamentais as medidas profilácticas dirixidas a diminuír o risco de complicacións postransplante, como a enfermidade do enxerto contra hóspede, as infeccións microbiolóxicas ou o fallo do enxerto.

Tratamento farmacolóxico do TDAH: análise das formas farmacéuticas actuáis
Autoría
V.V.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
V.V.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
O TDAH é un trastorno do neurodesarrollo común na infancia e a adolescencia, caracterizado por inatención persistente, hiperactividade e impulsividad. O seu tratamento require un enfoque multidisciplinario baseado nunha combinación de terapias farmacolóxicas e non farmacolóxicas, co obxectivo de mellorar a sintomatología e a calidade de vida do paciente. O tratamento farmacolóxico inclúe os estimulantes de primeira liña, metilfenidato e lisdexanfetamina, recoñecidos pola súa alta eficacia, e opcións non estimulantes, atomoxetina e guanfacina. Ambos os grupos presentan formulacións de liberación inmediata e prolongada en comprimidos, cápsulas duras e solucións orais. Recentemente, desenvolvéronse novas formas farmacéuticas para mellorar a adherencia ao tratamento e a eficacia, que recibiron a aprobación da FDA, como Azstarys, Qelbree e Xelstrym, aínda que non foron autorizadas en Europa. Outros fármacos en fase de desenvolvemento, como a centanafadina e a tipepidina, poderían representar novas alternativas terapéuticas para o tratamento do TDAH.
O TDAH é un trastorno do neurodesarrollo común na infancia e a adolescencia, caracterizado por inatención persistente, hiperactividade e impulsividad. O seu tratamento require un enfoque multidisciplinario baseado nunha combinación de terapias farmacolóxicas e non farmacolóxicas, co obxectivo de mellorar a sintomatología e a calidade de vida do paciente. O tratamento farmacolóxico inclúe os estimulantes de primeira liña, metilfenidato e lisdexanfetamina, recoñecidos pola súa alta eficacia, e opcións non estimulantes, atomoxetina e guanfacina. Ambos os grupos presentan formulacións de liberación inmediata e prolongada en comprimidos, cápsulas duras e solucións orais. Recentemente, desenvolvéronse novas formas farmacéuticas para mellorar a adherencia ao tratamento e a eficacia, que recibiron a aprobación da FDA, como Azstarys, Qelbree e Xelstrym, aínda que non foron autorizadas en Europa. Outros fármacos en fase de desenvolvemento, como a centanafadina e a tipepidina, poderían representar novas alternativas terapéuticas para o tratamento do TDAH.
Dirección
CSABA , NOEMI STEFANIA (Titoría)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Titoría)
Tribunal
CAMPOS TOIMIL, MANUEL (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
CAMPOS TOIMIL, MANUEL (Presidente/a)
RIOS RODRIGUEZ, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Vogal)
Avances no tratamento da Esclerose Lateral Amiotrófica
Autoría
N.V.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
N.V.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
A esclerose lateral amiotrófica (ELA) é unha enfermidade neurodexenerativa do sistema nervioso central caracterizada pola pérdida progresiva de neuronas motoras. A pesar de décadas de investigación, aínda non existe unha cura definitiva. Este traballo revisa os avances máis recentes no tratamento da ELA, analizando tanto as terapias aprobadas como aquelas en fases avanzadas de investigación clínica. Analízanse diferentes mecanismos de acción, entre eles antioxidantes, antiinflamatorios, inhibidores de vías celulares específicas, así como terapias máis individualizadas dirixidas a mutacións xenéticas concretas como SOD1, C9orf72 e FUS.
A esclerose lateral amiotrófica (ELA) é unha enfermidade neurodexenerativa do sistema nervioso central caracterizada pola pérdida progresiva de neuronas motoras. A pesar de décadas de investigación, aínda non existe unha cura definitiva. Este traballo revisa os avances máis recentes no tratamento da ELA, analizando tanto as terapias aprobadas como aquelas en fases avanzadas de investigación clínica. Analízanse diferentes mecanismos de acción, entre eles antioxidantes, antiinflamatorios, inhibidores de vías celulares específicas, así como terapias máis individualizadas dirixidas a mutacións xenéticas concretas como SOD1, C9orf72 e FUS.
Dirección
FONTENLA GIL, JOSE ANGEL (Titoría)
FONTENLA GIL, JOSE ANGEL (Titoría)
Tribunal
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Presidente/a)
BERGUEIRO ALVAREZ, JULIAN (Secretario/a)
DIAZ TAPIA, PILAR (Vogal)
Enfoque integral para a prevención e o tratamento do cancro de pel inducido pola radiación solar
Autoría
O.Z.
Grao en Farmacia (2ªed)
O.Z.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
21.07.2025 09:00
21.07.2025 09:00
Resumo
Introdución. O cancro de pel representa un dos maiores desafíos en saúde pública. Clasifícase en cancro de pel non melanoma, que á súa vez se divide en cancro basocelular e espinocelular, e melanoma. Este último é menos común, pero presenta un prognóstico desfavorable, sobre todo nos casos avanzados. Porén, o carcinoma non melanoma é máis frecuente e, na maioría dos casos, responde ben ao tratamento. Obxectivos. O obxectivo principal deste traballo é afondar na prevención e nos tratamentos e estratexias terapéuticas do cancro de pel asociado á radiación ultravioleta. Material e métodos. Esta revisión bibliográfica abrangue artigos científicos de diferentes bases de datos (PubMed, SciELO, Dialnet, Elsevier, Cochrane, Google Académico, Linkspringer, Scoops). Tamén se empregou información de libros e páxinas oficiais que tratan a temática. Resultados e discusión. A radiación solar (UV) posúe efectos tanto positivos como negativos. A prevención primaria, mediante o uso de fotoprotección tópica e oral, e a secundaria, a través da detección precoz, son claves para reducir a frecuencia. Os tratamentos varían segundo o tipo de cancro de pel e inclúen terapias tópicas, cirúrxicas e sistémicas. Conclusións. Protexer a nosa pel dos raios prexudiciais require unha combinación integral de fotoprotectores tópicos con suplementos orais que conteñen antioxidantes, ademais de hábitos axeitados para mellorar a defensa fronte aos danos solares.