Soporte Vital Básico pediátrico e escolas infantís.
Autoría
C.A.F.
Grao en Medicina
C.A.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Introdución: ós/as mestres/as e educadores/as das escolas infantís A Galiña Azul de Galicia non se lles esixe ter coñecementos de Soporte Vital Básico para poder traballar nestes centros con nenos de 0-3 anos. Uns coñecementos básicos en como actuar ante una situación de emerxencia podería salvar a vida do menor e/ou minimizar o dano que produza esta situación. Ante unha situación de parada cardiorrespiratoria, realización de compresións torácicas de calidade ten unha verdadeira relación ca supervivencia da vítima, polo tanto, é importante a realización correcta das mesmas. Obxectivos: o obxectivo principal é valorar a eficacia das compresións torácicas pediátricas logo de que os participantes recibiran información teórica e práctica utilizando o dispositivo low cost baby. Do mesmo modo, tamén se busca transmitir aos docentes formación en SVB pediátrico e comprobar que o emprego do dispositivo de baixo coste serve para o entrenamento das compresións torácicas. Material e métodos: a formación e recollida de datos levarase a cabo de xeito presencial, empregando o dispositivo low cost baby para o entrenamento e un maniquí máis sofisticado para a evaluación das variables a analizar. Resultados e conclusións: a participación no estudo foi activa e, en términos xerais, o emprego do dispositivo low cost baby demostrou ser una boa ferramenta para o aprendizaxe da realización das compresións torácicas pediátrias.

Dirección
Gonzalez Quintela, Arturo (Titoría)
RODRIGUEZ RUIZ, EMILIO Cotitoría
Gonzalez Quintela, Arturo (Titoría)
RODRIGUEZ RUIZ, EMILIO Cotitoría
Tribunal
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)

Avaliación da fotobiomodulación para o tratamento do síndrome de boca ardente
Autoría
A.B.B.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
A.B.B.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
O síndrome da boca ardente é unha patoloxía crónica que se caracteriza por unha sensación de queimazón na cavidade oral sen lesións visibles nin alteracións clínicas que a xustifiquen. Na actualidade, non existe unha terapia definitiva que remita o síndrome, e moitas das terapias dispoñibles teñen efectos limitados ou pouco tolerables a longo prazo. Neste contexto, o presente traballo ten como obxectivo principal avaliar a eficacia da fotobiomodulación con láser de baixa potencia na redución da dor oral en pacientes con síndrome da boca ardente. Como obxectivo secundario, preténdese analizar se esta intervención tamén mellora a calidade de vida dos pacientes durante e despois do tratamento. Para iso, realizouse un estudo piloto, aleatorizado e dobre cego, cunha mostra de 20 pacientes diagnosticados con síndrome da boca ardente primario. Dividíronse en dous grupos: o grupo de estudo, que recibiu oito sesións semanais de fotobiomodulación con láser infravermello (808 nm), mentres que o grupo control recibiu sesións simuladas co láser apagado. A dor mediuse mediante a Escala Visual Analóxica e a calidade de vida mediante o cuestionario de impacto da saúde oral na calidade de vida, en diferentes momentos: antes do tratamento, ao rematalo e dous meses despois. Utilizouse a proba t de mostras independentes para realizar a análise estatística. Os resultados mostraron unha mellora significativa na percepción da dor no grupo que recibiu tratamento con fotobiomodulación: a puntuación media na escala visual analóxica baixou de 7,6 a 2,7 puntos (p menor de 0,001), o que reflicte unha mellora do 64,5 %. En canto á calidade de vida, apreciouse unha mellora mantida, cunha diminución do 38,7 % nas puntuacións do cuestionario de impacto da saúde oral na calidade de vida (de 34,4 a 21,1 puntos; p menor de 0,001). En contraste, o grupo control non presentou cambios relevantes en ningunha das variables. Estes resultados coinciden con estudos recentes que mostran que a fotobiomodulación, empregada coa dose adecuada e de forma constante, pode estimular mecanismos de reparación celular, reducir mediadores inflamatorios e mellorar a función neurosensorial. Ademais, é unha terapia cómoda, sen efectos adversos relevantes e ben aceptada polos pacientes. Concluímos que a fotobiomodulación con láser de baixa potencia demostrou ser unha alternativa efectiva e segura para tratar o síndrome da boca ardente. Este estudo piloto avala o seu uso clínico como parte dun enfoque multidisciplinar e personalizado. Con todo, é necesario realizar ensaios cun maior tamaño muestral e seguimento prolongado para confirmar estes achados e establecer procedementos clínicos mellorados.

BLANCO CARRION, ANDRES (Titoría)
BLANCO CARRION, ANDRES (Titoría)
Tribunal
GARCIA GARCIA, ABEL (Presidente/a)
LOPEZ CASTRO, GONZALO (Secretario/a)
GANDARA VILA, PILAR (Vogal)
GARCIA GARCIA, ABEL (Presidente/a)
LOPEZ CASTRO, GONZALO (Secretario/a)
GANDARA VILA, PILAR (Vogal)
Eficacia dos concentrados plaquetarios fronte ao coágulo sanguíneo convencional como andamios nos procedementos endodónticos rexenerativos de dentes permanentes inmaturos necróticos: revisión sistemática
Autoría
M.R.B.A.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
M.R.B.A.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Obxectivos: Avaliar e comparar a eficacia dos concentrados plaquetarios autólogos (PRF, PRP) fronte ao coágulo sanguíneo (BC) como andamios nos procedementos endodónticos rexenerativos (REP) de dentes permanentes inmaturos con necrose pulpar. Material e métodos: Realizouse unha revisión sistemática conforme ás directrices PRISMA 2020. A busca bibliográfica levouse a cabo nas bases de datos PubMed/Medline, Scopus, Cochrane, Web of Science e CINAHL, incluíndo literatura en inglés ou castelán publicada entre xaneiro de 2015 e xaneiro de 2025. Seleccionáronse ensaios clínicos controlados aleatorizados (RCT) que comparasen REP con concentrados plaquetarios (PRP ou PRF) fronte ao uso convencional de BC, en dentes inmaturos necróticos, cun seguimento clínico e radiográfico mínimo de 12 meses. A calidade metodolóxica dos estudos incluídos foi avaliada mediante a ferramenta Cochrane Risk of Bias 2.0 (RoB 2.0). Realizouse unha síntese cualitativa dos achados obtidos. Resultados: Seleccionáronse 11 RCT que cumprían cos criterios de inclusión. A análise destes estudos suxire que os REP constitúen unha alternativa terapéutica eficaz para dentes permanentes inmaturos necróticos, con elevadas taxas de éxito clínico e radiográfico independentemente do andamio empregado. Non se identificaron diferenzas estatisticamente significativas entre os grupos tratados con PRP, PRF ou BC nos resultados clínicos nin nos parámetros radiográficos de maduración radicular. En canto á calidade dos estudos incluídos, 4 foron clasificados como de calidade “baixa”, 5 como de calidade “moderada” e 2 como de calidade “alta”. Conclusións: O tipo de andamio utilizado - xa sexa un concentrado plaquetario ou o coágulo sanguíneo convencional - non parece influír de maneira significativa na taxa de éxito dos REP. Aínda que PRP e PRF son considerados alternativas prometedoras, non demostraron vantaxes clínicas consistentes respecto ao coágulo sanguíneo, que continúa sendo unha opción fiable, económica e doada de empregar, con resultados altamente satisfactorios e comparables aos dos concentrados plaquetarios.

GARCIA VARELA, SANDRA (Titoría)
Méndez Díaz, Ramón Cotitoría
GARCIA VARELA, SANDRA (Titoría)
Méndez Díaz, Ramón Cotitoría
Tribunal
GARCIA GARCIA, ABEL (Presidente/a)
LOPEZ CASTRO, GONZALO (Secretario/a)
GANDARA VILA, PILAR (Vogal)
GARCIA GARCIA, ABEL (Presidente/a)
LOPEZ CASTRO, GONZALO (Secretario/a)
GANDARA VILA, PILAR (Vogal)
Uso de novas moléculas para indicacións fóra de ficha técnica en dermatoloxía pediátrica.
Autoría
P.C.N.
Grao en Medicina
P.C.N.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: Un fármaco fóra de ficha técnica (FFT) é aquel que se prescribe para unha indicación non aprobada, ou a unha idade, dose ou vía de administración non autorizada. Na práctica clínica diaria, a falta de resposta ás primeiras liñas terapéuticas ou a ausencia de alternativas de tratamento leva ao uso de fármacos nestas condicións. As peculiaridades da poboación pediátrica e adolescente resultan nunha escaseza de ensaios clínicos e nun maior uso de tratamentos FFT neste grupo. OBXETIVO: Describir as novas pequenas moléculas empregadas para o tratamento de enfermidades dermatolóxicas distintas das indicadas en ficha técnica, en nenos e adolescentes. Secundariamente, determinar as patoloxías subsidiarias das mesmas e avaliar a súa eficacia e seguridade. METODOLOXÍA: Revisión exhaustiva da literatura de artigos publicados en PubMed e Web of Science, que incluísen o uso de novas pequenas moléculas FFT en menores de 18 anos. RESULTADOS: Recolléronse 34 artigos que achegaron información sobre 57 pacientes (idade media: 9 anos; 52,6% mulleres). A pequena molécula máis empregada foi baricitinib (61,4%), seguida de ruxolitinib tópico e upadacitinib (14% en ambos casos). Entre as patoloxías subsidiarias destes tratamentos destacaron a dermatomiosite (43,9%) e a alopecia areata (21%). Nun 25% dos pacientes documentouse a remisión da dermatose, nun 66,1% unha melloría e no 9% restante, ausencia de resposta. Rexistráronse 5 efectos adversos entre 32 pacientes con datos individualizados, ningún deles grave. CONCLUSIÓNS: A pequena molécula FFT máis empregada na poboación pediátrica e adolescente foi baricitinib. A dermatomiosite e a alopecia areata foron as patoloxías máis habitualmente tratadas. Na maioría dos pacientes acadouse remisión ou melloría da dermatose. Os eventos adversos foron escasos e de carácter leve.

RODRIGUEZ BLANCO, MARIA ISABEL (Titoría)
Batalla Cebey, Ana Cotitoría
RODRIGUEZ BLANCO, MARIA ISABEL (Titoría)
Batalla Cebey, Ana Cotitoría
Tribunal
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)
Características das rugas palatinas en individuos con Síndrome de Down
Autoría
E.M.C.D.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
E.M.C.D.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Introdución: A síndrome de Down (SD) asóciase con diversas alteracións craniofaciais e orais, entre elas, modificacións na morfoloxía do padal. As rugas palatinas son estruturas anatómicas únicas, estables ao longo do tempo e útiles en contextos clínicos e de identificación. Porén, existen poucos estudos que describan as súas características en individuos con SD mediante ferramentas dixitais tridimensionais. Obxetivos: 1) Analizar as características morfolóxicas das rugas palatinas en individuos con SD; 2) Comparar variables cuantitativas e cualitativas cun grupo control emparellado por idade e sexo; 3) Explorar a súa aplicabilidade clínica e biométrica mediante escaneados intraorais e modelos dixitais 3D. Material e métodos: Analizáronse 40 escaneados intraorais do maxilar superior, correspondentes a 20 individuos con síndrome de Down e 20 controis emparellados por idade e sexo. As medicións realizáronse de forma lineal empregando o software Meshmixer 3.5, unha vez delimitadas as rugas palatinas. Avaliáronse variables cuantitativas (número e lonxitude) e cualitativas (forma, grosor, dirección e patrón de unión). A análise estatística efectuouse mediante probas t de Student e chi cadrado, cun nivel de significación establecido en p0,05. Resultados: Non se atoparon diferenzas estatisticamente significativas nas variables cuantitativas. O número total medio de rugas foi de 10,5+-3,8 no grupo control e de 9,6+-3,5 no grupo con SD (p = 0,368). Tampouco se observaron diferenzas significativas na lonxitude lineal das rugas. Pola contra, as variables cualitativas si amosaron diferenzas destacables. No grupo con SD observouse unha distribución máis heteroxénea de formas (curvas, rectas e circulares), mentres que nos controis predominou o patrón ondulado (p0,001). As rugas de grosor forte foron máis frecuentes no grupo con SD, especialmente nas mulleres, fronte a un maior número de rugas febles nos controis (p0,001). Ademais, o patrón de unión amosou unha maior proporción de rugas non unidas no grupo con SD en comparación co grupo control (p0,001). Conclusións: Os individuos con síndrome de Down presentan diferenzas morfolóxicas nas rugas palatinas respecto dos suxeitos sen alteracións xenéticas, especialmente no relativo á forma, ao grosor e á unión. Estes resultados suxiren que as rugas palatinas poderían considerarse estruturas anatómicas útiles para caracterizar o fenotipo palatino nesta poboación, con posibles aplicacións clínicas e de investigación. Porén, o tamaño muestral e as limitacións inherentes ao sistema de clasificación empregado xustifican a necesidade de futuros estudos con metodoloxías máis avanzadas.

Diniz Freitas, Márcio (Titoría)
Diniz Freitas, Márcio (Titoría)
Risco de insuficiencia pancreática exocrina asociada ao desenvolvemento de pancreatites en pacientes con fibroses quística e enfermidades relacionadas coa mutacións de CFTR. Unha revisión sistemática.
Autoría
C.C.B.
Grao en Medicina
C.C.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Introdución: A fibrose quística (FQ) é unha enfermidade autosómica recesiva común na poboación caucásica. Está causada por mutacións no xene CFTR, cuxa disfunción altera o transporte de cloruro e bicarbonato nas glándulas exocrinas, causando secrecións espesas que afectan a múltiples órganos. Existen máis de 2000 variantes do xene CFTR, que se clasifican en seis clases segundo o seu efecto sobre a proteína. As mutacións máis graves están asociadas coa FQ clásica, mentres que as mutacións leves poden causar trastornos relacionados co CFTR (CFTR-RD), como pancreatite, bronquiectasia ou infertilidade. Clinicamente, a FQ é unha enfermidade multiorgánica que afecta principalmente os sistemas respiratorio e dixestivo, especialmente o páncreas. Este contexto xustifica o interese en estudar a relación entre a pancreatite e a EPI en pacientes con FQ e mutacións do CFTR e explorar se a pancreatite representa un factor de risco para a progresión á insuficiencia pancreática neste grupo de pacientes. Obxectivos: Realizar unha revisión sistemática da literatura publicada e avaliar o risco de insuficiencia pancreática exocrina (IPE) en pacientes con fibrose quística e enfermidades asociadas a mutacións do CFTR e ao desenvolvemento de pancreatite. Metodoloxía: Realizouse unha busca nas bases de datos PubMed e Web of Science utilizando a metodoloxía PRISMA, seleccionando estudos publicados desde 1998. Resultados: Tras a selección inicial e a lectura crítica, incluíronse un total de catro estudos observacionais retrospectivos, que avaliaron a progresión á IPE asociada á pancreatite. Conclusións: A pancreatite é unha complicación prevalente en pacientes con fibrose quística que conservan algunha función pancreática exocrina. A evidencia dispoñible indica que a inflamación pancreática recorrente pode contribuír a unha progresión máis rápida á insuficiencia pancreática exocrina (IPE), especialmente en pacientes portadores de mutacións do xene CFTR con menor impacto funcional.

DOMINGUEZ MUÑOZ, JUAN ENRIQUE (Titoría)
DOMINGUEZ MUÑOZ, JUAN ENRIQUE (Titoría)
Tribunal
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)
Trastornos de ansiedade e depresión en mulleres con síndrome de ovario poliquístico.
Autoría
M.C.S.
Grao en Medicina
M.C.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Introdución e obxectivo: Ademais das súas manifestacións reprodutivas e metabólicas, a síndrome do ovario poliquístico (SOP) está fortemente asociada a trastornos do estado de ánimo, especialmente depresión e ansiedade. O obxectivo deste estudo foi revisar a evidencia científica máis recente para estimar a prevalencia destes síntomas en mulleres con SOP e analizar o seu impacto clínico e psicosocial. Material e método: Realizouse unha revisión da evidencia científica máis recente, cunha busca nas bases de datos PubMed e Scopus ata maio de 2025. Seleccionáronse catorce estudos publicados en inglés ou español que avaliaban os síntomas de ansiedade e depresión en mulleres diagnosticadas con síndrome do ovario poliquístico. Extraéronse datos sobre o deseño, a poboación, os instrumentos de avaliación psicolóxica e os resultados. Dada a heteroxeneidade metodolóxica, realizouse unha síntese narrativa en lugar dunha metaanálise. Resultados: A maioría dos estudos revisados informaron dunha prevalencia significativamente maior de depresión e ansiedade en mulleres con PCOS en comparación cos controis sans. Tamén se documentaron altos niveis de estrés e trastornos de personalidade. A obesidade, a infertilidade, o baixo nivel educativo e o estado civil foron factores que modulaban o risco emocional. Nos adolescentes, era evidente unha maior vulnerabilidade emocional, relacionada coa imaxe corporal, a autoestima e a presión social. Conclusións: A presente revisión confirma a asociación entre o síndrome do ovario poliquístico e os trastornos de ansiedade e depresión. A prevalencia dos síntomas depresivos oscila entre o 16,3 % e o 75,6 % e a dos síntomas de ansiedade entre o 10,2 % e o 67,85 %. Estes trastornos psicolóxicos seguen a ser pouco recoñecidos na práctica clínica diaria. É necesario empregar instrumentos de cribado como a Escala de Ansiedade e Depresión Hospitalaria (HADS), o Cuestionario de Saúde do Paciente (PHQ-9) ou a Escala de Depresión, Ansiedade e Estrés (DASS-21).

VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)
Caracterización histolóxica da pulpa dental: en busca de novas ferramentas para a terapia con células nai
Autoría
G.C.L.
Grao en Medicina
G.C.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Antecedentes: As células nai caracterízanse pola súa capacidade de autorrenovación e diferenciación. Durante os últimos anos a comunidade científica mostrou especial interese no seu estudo para buscar tratamentos a enfermidades, principalmente de carácter crónico, tras demostrar as súas propiedades curativas en estudos con animais. Estas células están distribuídas ao longo do organismo, sendo a pulpa dental unha das localizacións onde residen. Obxectivos: Este traballo pretende realizar unha revisión bibliográfica sobre as posibles opcións terapéuticas que ofrecen as células nai da pulpa dental, tras aclarar a súa localización dental e describir os seus principais características microscópicas, detallando as vantaxes, inconvenientes e desafíos que comprenderían a súa translación clínica. Metodoloxía: A revisión bibliográfica realizouse en varias fases. Primeiro fíxose unha procura exploratoria co uso de libros de texto e revisións sistemáticas. Isto deu paso á procura principal na que se aplicou un operador booleano en diversas bases de datos, seleccionándose os traballos que cumprisen cos criterios de inclusión. Resultados: As células nai da pulpa dental son células de orixe ectomesenquimal con gran capacidade de proliferación e diferenciación, especialmente cara á estirpe neural. O seu uso experimental en animais, como ratas e ratos, demostrou a súa eficacia para tratar diversas enfermidades de varios aparellos e sistemas, sobre todo do sistema nervioso. A súa facilidade de illamento e cultivo fan que sexan moi utilizadas en investigación preclínica, xa que na actualidade non existen métodos estandarizados que aseguren o seu correcto uso médico. Conclusións: Os efectos curativos das células nai da pulpa dental son exercidos pola súa capacidade de segregar moléculas con efecto proliferativo, antiapoptótico e inmunomodulador sobre as células do hóspede. Requírense máis investigacións que caractericen os mecanismos moleculares que subxacen para estes efectos.

GARCIA-CABALLERO PEREZ, LUCIA (Titoría)
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. Cotitoría
FERREIROS LOPEZ, ALBA Cotitoría
GARCIA-CABALLERO PEREZ, LUCIA (Titoría)
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. Cotitoría
FERREIROS LOPEZ, ALBA Cotitoría
Tribunal
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)
Filicidio e xénero: análise médico-legal
Autoría
A.C.P.
Grao en Medicina
A.C.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Este estudo sobre o filicidio, o asasinato dun fillo por parte dun ou de ambos proxenitores realizouse de xeito integral e cunha perspectiva de xénero. A través dunha revisión sistemática da literatura, da análise de casos xudiciais e de protocolos contra o maltrato infantil, investigá-ronse as principais motivacións, os perfís dos agresores, os patróns de conduta e as consecuen-cias legais asociadas. Evidénciase que nais e pais constitúen perfís moi diferentes: as mulleres adoitan cometer filicidios por motivos psiquiátricos ou altruístas e empregan métodos máis benévolos; mentres que os homes o fan con máis frecuencia por accidente ou vinganza, e me-diante métodos máis violentos. Porén, e en contraste con outros países occidentais, en España ambos sexos reciben penas semellantes. Así mesmo, resáltase a importancia dunha detección temperá dos factores de risco desde ámbitos como a Atención Primaria, a Obstetricia ou a Saúde Mental, especialmente en contextos de depresión perinatal ou sospeita de maltrato in-fantil. Por último, proponse a implantación de protocolos preventivos que inclúan algoritmos de cribado e actuación en defensa do menor, así como a avaliación da saúde mental perinatal e a sensibilización profesional. O filicidio é un fenómeno complexo que require máis estudo e comprensión para desenvolver estratexias preventivas eficaces e uniformes que aborden o pro-blema desde a raíz.

Rodriguez Calvo, Maria Sol (Titoría)
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Titoría)
Tribunal
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)
Síndrome da Aorta Media en adultos. Presentación dun caso e revisión da literatura.
Autoría
S.D.L.
Grao en Medicina
S.D.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Antecedentes: A síndrome de aorta media (SAM) é unha entidade vascular rara caracterizada polo estreitamento segmentario ou difuso da aorta torácica distal ou abdominal, a miúdo con afectación de ramas viscerales (tronco celiaco, arteria mesentérica superior, arterias renais e arteria mesentérica inferior). Trátase do 0,5-2% das coartacións aorticas. Esta condición pode ter orixe conxénita (asociándose a síndromes xenéticas ou problemas na embriogénesis), idiopático, adquirido, e adoita manifestarse clinicamente na infancia ou adolescencia con hipertensión arterial severa, insuficiencia cardíaca, claudicación intermitente ou síntomas de isquemia visceral. Obxectivo: Presentar unha actualización sobre o cadro clínico, o diagnóstico e o tratamento, mediante a recompilación e análise dos casos estudados en pacientes adultos. Método: Realizouse unha procura da bibliografía nas bases de datos (Pubmed, Cinahl/Medline e Web of Science) en base ao formato PICO e posteriormente, analizáronse. Resultados: Obsérvase que afecta máis o sexo feminino, a etiología máis frecuente é a idiopática, a zona anatómica máis afectada é a nivel suprarrenal e con afectación de ramas viscerales, as complicacións máis frecuentes é a hipertensión arterial refractaria seguida do dano orgánico, a abordaxe diagnostico máis empregado é a exploración física e angio-TC e por último o tratamento adoita ser combinado: médico e cirurxía aberta (leste ultimo sendo o máis efectivo e definitivo para curar a enfermidade). Conclusión: SAM é unha enfermidade moi rara no adulto, que a pesar das técnicas diagnósticas e tratamentos existentes segue esta infradiagnosticada, sendo necesario a continuidade na súa investigación abrindo novas frontes diagnósticos temperáns e novas liñas de tratamento definitiva.

Fernández González, Angel Luis (Titoría)
Fernández González, Angel Luis (Titoría)
Tribunal
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)
Experiencia da terapia xénica na atrofia muscular espinal
Autoría
C.E.F.
Grao en Medicina
C.E.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A Atrofia Muscular Espinal (AME) é unha enfermidade neuromuscular autosómica recesiva caracterizada pola degeneración progresiva das motoneuronas inferiores, o que provoca unha debilidade muscular simétrica e crecente, asociada a unha elevada morbilidade e mortalidade en idades temperás. Nos últimos anos, o desenvolvemento de terapias dirixidas, como a terapia xenética, supuxo un cambio radical no manexo clínico da enfermidade, favorecendo a súa inclusión nos programas de cribado neonatal. O presente traballo ten como obxectivo realizar unha revisión sistemática da literatura publicada entre 2015 e 2024, centrada na eficacia, eficiencia e tolerabilidade da terapia xenética en pacientes con AME. Analizáronse os tratamentos actualmente dispoñibles (Nusinersen, Risdiplam e Onasemnogene Abeparvovec) e o seu impacto na evolución clínica, prestando especial atención á súa administración en fases presintomáticas.

BLANCO BARCA, MANUEL OSCAR (Titoría)
Melcón Crespo, Cristina Cotitoría
BLANCO BARCA, MANUEL OSCAR (Titoría)
Melcón Crespo, Cristina Cotitoría
Tribunal
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)
Revisión sistemática sobre o potencial terapéutico do cannabidiol (CBD) no tratamento da psicose
Autoría
A.E.M.
Grao en Medicina
A.E.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é realizar unha revisión sistemática sobre o potencial terapéutico do cannabidiol (CBD) no tratamento das psicoses, empregando a metodoloxía PRISMA. A psicose é un trastorno psiquiátrico grave que afecta aproximadamente ao 1% da poboación mundial, caracterizándose por alucinacións, delirios e alteracións do pensamento. Esta revisión céntrase no análise de 20 estudos publicados entre 2020 e 2024, avaliando os efectos do CBD sobre os síntomas positivos e negativos da psicose en comparación cos antipsicóticos tradicionais. Os estudos revisados suxiren que o CBD presenta un perfil de seguridade favorable e podería reducir os efectos secundarios asociados aos antipsicóticos convencionais. Ademais, destácase a interacción do CBD co sistema endocannabinoide, converténdoo nunha alternativa prometedora para os pacientes que non responden adecuadamente aos tratamentos actuais. Aínda que os resultados preliminares son alentadores, é necesaria máis investigación para confirmar estes achados. En resumo, o CBD ofrece un potencial terapéutico significativo, cuxo papel no tratamento das psicoses segue sendo obxecto de estudo.

ARROJO ROMERO, MANUEL (Titoría)
Veiga Ramos, Iria Cotitoría
ARROJO ROMERO, MANUEL (Titoría)
Veiga Ramos, Iria Cotitoría
Tribunal
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)

Sindrome de ovario poliquístico e cancros xinecolóxicos. Unha revisión sistemática.
Autoría
A.F.A.
Grao en Medicina
A.F.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Introdución: O síndrome de ovario poliquístico é o trastorno endocrino-metabólico máis frecuente en mulleres en idade reproductiva. Caracterízase por un exceso de andróxenos, disfuncións ovulatorias e ovarios con aspecto poliquístico en ecografía. Múltiples estudos suxeriron que o SOP podería aumentar o risco de certos cancros xinecolóxicos, especialmente o de endometrio, ovario e mama. Sen embargo, nalgúns casos os resultados resultan contradictorios. Obxectivo: Analizar se o síndrome de ovario poliquístico está asociado a un maior risco de desenvolver cancros xinecolóxicos (endometrio, ovario, mama, cérvix, vaxina e vulva). Metodoloxía: Lévose a cabo unha busca sistemática nas bases de datos MEDLINE, Scopus e Web of Science co obxectivo de identificar estudos observacionais de cohortes e casos-controis que investigasen a relación entre o SOP e os diferentes cancros xinecolóxicos publicados entre 2003 e 2025. Resultados: Despois do periodo de selección, finalmente foron incluídos na revisión 9 estudos, 7 estudos de cohorte e 2 de casos-controis. Destes, 5 estudaron a relación entre o SOP e o cancro de endometrio, 3 centráronse no cancro de ovario, 5 no cancro de mama e só 1 estudo investigou a asociación entre o síndrome e o cancro de cérvix. Conclusións: Os resultados suxiren que as mulleres con SOP teñen maior risco de desenvolver cancro de endometrio, especialmente as mulleres premenopáusicas. En xeral a asociación entre o síndrome e o cancrro de ovario e mama é máis inconclusa, podendo estar influenciada polo estado menopáusico. Non existe evidencia suficiente para poder estudar a relación entre o SOP e outras neoplasias xinecolóxicas, probablemente pola falta de mecanismo causais comúns. Son necesarios máis estudos prospectivos, con perigos de seguimento e axustes por factores de confusión adecuados para poder extraer conclusións máis sólidas.

SAMPAYO MONTENEGRO, MARIA VICTORIA (Titoría)
Turrado Sánchez, Elena María Cotitoría
SAMPAYO MONTENEGRO, MARIA VICTORIA (Titoría)
Turrado Sánchez, Elena María Cotitoría
Tribunal
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Vogal)
Implicacións da hepatite B durante a xestación e o parto
Autoría
M.D.F.S.
Grao en Medicina
M.D.F.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Introdución: A hepatite B é unha infección viral de alta prevalencia a nivel mundial, cun risco significativo de transmisión vertical durante o embarazo e o parto. As mulleres embarazadas portadoras do virus da hepatite B (VHB), especialmente aquelas cunha carga viral elevada ou positivas para o antíxeno e (HBeAg), presentan un risco incrementado de transmitir a infección ao recentemente nacido. Sen medidas preventivas, a cronificación pode acadar ata o 90% dos casos en neonatos infectados. A combinación do cribado prenatal, o tratamento antiviral materno e a profilaxe neonatal demostrou ser altamente eficaz, aínda que a súa implementación varía segundo os contextos sanitarios e sociais. Método: Realizouse unha revisión sistemática da literatura científica co obxectivo de avaliar a eficacia das estratexias actuais para previr a transmisión nai-fillo do VHB. A busca realizouse nas bases de datos PubMed e Cochrane Library, incluíndo estudos publicados entre 2018 e 2024. Seleccionáronse ensaios clínicos, estudos observacionais e revisións sistemáticas que analizaban intervencións como o cribado durante o embarazo, o uso de tenofovir disoproxil fumarato (TDF) no terceiro trimestre e a inmunoprofilaxe neonatal mediante vacina e inmunoglobulina específica. Resultados: A evidencia dispoñible avala con solidez a eficacia do TDF administrado no terceiro trimestre en mulleres con alta carga viral, combinado coa inmunización precoz do neonato, para reducir de forma significativa a transmisión vertical do VHB. As intervencións resultaron seguras tanto para a nai como para o recentemente nacido. Porén, identificáronse importantes barreiras de acceso, especialmente en poboacións migrantes ou sen seguimento prenatal axeitado, o que dificulta unha aplicación equitativa das estratexias preventivas. Conclusións: As intervencións combinadas de cribado, tratamento antiviral e inmunoprofilaxe neonatal constitúen unha medida eficaz e segura para previr a transmisión perinatal do VHB, e deberían ser integradas como estándar nos programas de saúde materno-infantil. Non obstante, persisten retos para acadar unha aplicación universal, especialmente en contextos de vulnerabilidade social. É preciso avanzar cara a políticas máis inclusivas e continuar a investigación en alternativas terapéuticas e modelos de seguimento posnatal que garantan unha prevención sostida e equitativa.

MORANO AMADO, LUIS ENRIQUE (Titoría)
González Rodríguez, Laura Cotitoría
MORANO AMADO, LUIS ENRIQUE (Titoría)
González Rodríguez, Laura Cotitoría
Tribunal
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)
Hixiene oral en persoas con Trastorno do Espectro Autista: unha análise de factores potencialmente condicionates.
Autoría
N.F.R.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
N.F.R.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Introdución: O Trastorno do Espectro Autista (TEA) é unha alteración do neurodesenvolvemento de etioloxía descoñecida que afecta fundamentalmente á comunicación social e á flexibilidade condutual. Suxeriuse que as persoas con TEA están expostas a numerosos factores de risco relacionados coa aparición de caries, pero non se dispón dunha evidencia sólida sobre o impacto dos condicionantes conductuais no estado de saúde oral. O obxectivo deste estudo foi analizar se a hixiene oral se ve comprometida nestes pacientes pola severidade do trastorno. Métodos: este estudo realizouse entre 2023 e 2024 na sede de Santiago de Compostela de ASPANAES (Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista). De cada participante rexistráronse variables demográficas (Idade, Sexo, Tipo de Escolarización), variables DSM V (nivel de Comunicación Social e de Severidade Conductual) e Perfil Sensorial (Rexistro, Busca, Sensibilidade e Evitación). Ademais, cuantificáronse as acumulacións de cálculo e de placa dental, e determinouse o Índice de Hixiene Oral Simplificado (IHOS). Resultados: o grupo de estudo conformárono 68 participantes con TEA, 44 varóns e 24 mulleres, cun rango de idade de 6 a 55 anos. A acumulación media de cálculo foi 1,86 máis menos 1,73, a de placa foi 6,54 máis menos 2,32 e o IHOS medio foi de 1,39 máis menos 0,58. A Idade correlacionouse positivamente co cálculo (p menor a 0,001), pero non coa placa. O Sexo, o Nivel de Comunicación Social e o de Severidade Condutual non condicionaron nin o cálculo nin a placa. Os individuos con Escolarización Parcial tiñan menos cálculo e menos placa que os de Escolarización Total (p menor a 0,001). Ningún compoñente do Perfil Sensorial se correlacionou significativamente coa placa. Conclusión: o nivel de hixiene oral das persoas con TEA non está relacionado coa severidade do trastorno.

Limeres Posse, Jacobo (Titoría)
Limeres Posse, Jacobo (Titoría)
Tribunal
GARCIA GARCIA, ABEL (Presidente/a)
LOPEZ CASTRO, GONZALO (Secretario/a)
GANDARA VILA, PILAR (Vogal)
GARCIA GARCIA, ABEL (Presidente/a)
LOPEZ CASTRO, GONZALO (Secretario/a)
GANDARA VILA, PILAR (Vogal)
Utilidade da Ecografía Clínica no manexo urxente da patoloxía musculoesquelética
Autoría
T.M.G.A.
Grao en Medicina
T.M.G.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: A ecografía clínica (EC) foi adquirindo un papel medrante na Medicina de Urxencias e Emerxencias (MUE), tanto na contorna hospitalaria coma na exrahospitalaria, consolidándose coma unha ferramenta diagnóstica accesíbel, rápida e polivalente. A súa aplicación no ámbito musculoesquelético (MSK) non se atopa estandarizada, o que xera variabilidade entre centros e profesionais e limita o seu aproveitamento. OBXECTIVOS: Avaliar de forma crítica a utilidade da EC no manexo urxente da patoloxía musculoesquelética. Como obxectivos secundarios, preténdese estudar as distintas lesións musculoesqueléticas que motivan a consulta nos SUH, realizar unha comparación con outras probas de imaxe médica (radiografía, TC, RM) no manexo agudo deste tipo de lesións e analizar tanto as vantaxes como as limitacións desta técnica, así como explorar a súa aplicabilidade en diferentes contornas asistenciais. MÉTODOS: Realizouse unha revisión sistemática da literatura científica en tres bases de datos co obxectivo de identificar e sintetizar a evidencia dispoñíbel, incluíndo artigos publicados nos últimos 10 anos que comparasen a ecografía realizada por médicos de urxencias coa realizada por radiólogos e con outras técnicas de imaxe. RESULTADOS: Cinco publicacións cumpriron os criterios de inclusión. A EC mostrou, para o diagnóstico de sospeita de fractura en xeral, unha sensibilidade de 0,91 e especificidade de 0,94; para fracturas de membro superior Sn 0,93 e Sp 0,92; inferior Sn 0,82 e Sp 0,93; ósos longos Sn 0,9 e Sp 0,94. Taxas de éxito na redución de fracturas de ósos longos 100 %. Fracturas de clavícula, antebrazo distal, metacarpo e cranio presentaron Sn e Sp maior que 90 %. Para o diagnóstico de luxación de ombreiro Sn 100 % e Sp 100 % e fracturas asociadas Sn 0,97 e Sp 0,99. CONCLUSIÓNS: O rendemento da EC na patoloxía musculoesquelética resulta prometedor, aínda que se require máis evidencia que avalíe con rigor o seu desempeño segundo a rexión anatómica, a metodoloxía empregada e a formación do operador.

SANCHEZ SANTOS, RAQUEL (Titoría)
Pichel Loureiro, Ángel Cotitoría
Maza Vera, María Teresa Cotitoría
SANCHEZ SANTOS, RAQUEL (Titoría)
Pichel Loureiro, Ángel Cotitoría
Maza Vera, María Teresa Cotitoría
Tribunal
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)
Revisión Sistemática sobre a Eficacia dos Tratamentos Biolóxicos e Convencionais na Asma Grave Pediátrica
Autoría
G.G.B.
Grao en Medicina
G.G.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A asma grave pediátrica supón un desafío importante na saúde pública debido ao seu impacto na calidade de vida dos nenos afectados e do seu contorno familiar. Aínda que os tratamentos convencionais, baseados en corticoides inhalados e broncodilatadores, melloraron o control da asma nas formas leves e moderadas, presentan limitacións importantes nos casos graves. O desenvolvemento de terapias biolóxicas dirixidas a dianas inmunolóxicas específicas, como omalizumab, mepolizumab, dupilumab e tezepelumab, supuxo un avance relevante no tratamento da asma grave pediátrica. Este traballo realiza unha revisión sistemática da literatura publicada entre 2019 e 2025, avaliando a eficacia, seguridade e o papel dos biomarcadores na elección do tratamento biolóxico. Os resultados mostran que os tratamentos biolóxicos reducen significativamente as exacerbacións, melloran a función pulmonar e a calidade de vida, e diminúen o uso de corticoides sistémicos. Destácase a necesidade de avanzar cara unha medicina personalizada e de mellorar o acceso equitativo a estas terapias na práctica clínica.

Pereiro Fernández, Sara Cotitoría
Arosa Sineiro, Claudia Cotitoría
BLANCO BARCA, MANUEL OSCAR (Titoría)
Pereiro Fernández, Sara Cotitoría
Arosa Sineiro, Claudia Cotitoría
Tribunal
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)
Afectación ocular na enfermidade celíaca.
Autoría
N.G.C.
Grao en Medicina
N.G.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Contexto: A enfermidade celíaca (EC) é unha patoloxía caracterizada por unha intolerancia inmunomediada ao glute da dieta. É unha enfermidade cunha prevalencia en torno ao 1% a nivel mundial e unha incidencia crecente. Entre as súas manifestacións extraintestinales, unhas das máis incapacitantes son as oftalmolóxicas. Obxectivos: recompilar e analizar a evidencia sobre as manifestacións oftalmolóxicas na enfermidade celíaca, así como determinar os beneficios derivados do tratamento dietético de exclusión de glute (DSG) e da substitución carencial asociado á disfunción intestinal. Metodoloxía: Realizouse unha revisión sistemática da literatura publicada en español e inglés dende o ano 2015 sobre a afectación ocular na EC, seguindo as directrices da declaración PRISMA, utilizando como bases bibliográficas PubMed, Scopus, WoS. Resultados: Incluímos 25 artigos nesta revisión. Da literatura analizada evidenciouse que a enfermidade celíaca pode afectar a todas as partes do ollo (conxuntiva, úvea, córnea, cristalino, retina) coas seguintes manifestacións: queratomalacia inducida por hipovitaminosis A, ollo seco, uveítis, telanxiectasia yuxtafoveolar, dor corneal neuropático, catarata, nictalopía e retinopatía. A maior parte delas responden adecuadamente a DSG e ao emprego de suplementos para corrixir desequilibrios nutricionais asociados á afectación dixestiva da EC. Conclusións: esta revisión confirma a afectación ocular como unha das principais manifestacións extraintestinales na EC e reafirma a relevancia do estudo e seguimento multidisciplinario nas enfermidades sistémicas, co fin de detectar e tratar a tempo manifestacións oftalmolóxicas. O tratamento dietético e os suplementos son chave tanto para evitar a aparición da oftalmopatía da EC como para frear a súa evolución.

FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Titoría)
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
Gonzalez Quintela, Arturo (Presidente/a)
BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Secretario/a)
Sierra Paredes, German (Vogal)

Consecuencias clínicas na saúde mental do consumo de catinonas sintéticas
Autoría
N.G.S.
Grao en Medicina
N.G.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Introdución: as catinonas sintéticas (CS) son un grupo de novas substancias psicoactivas de tipo estimulante, con efectos similares aos da cocaína, metanfetamina ou 3,4-metilenedioximetanfetamina (MDMA). Véndense baixo o nome de “sales de baño” para evitar o seu control, presentándose como alternativas “legais” a outras drogas de uso recreativo. Obxectivos: o obxectivo principal deste traballo é revisar a literatura científica dispoñible acerca dos efectos clínicos das CS sobre a saúde mental. Revísase tamén o seu mecanismo de acción, efectos adversos xerais, asociación con psicose e suicidio, así como a epidemioloxía do seu consumo en España. Metodoloxía: seguindo o método PRISMA, realízase unha busca nas bases de datos PubMed e Web of Science, incluíndo artigos publicados entre 2019 e 2024 centrados na clínica do consumo de CS, e en particular sobre os efectos adversos sobre á saúde mental. Resultados: obtéñense 15 artigos para esta revisión, que describen os efectos clínicos das CS en xeral e de substancias concretas, así como a súa asociación co suicidio e a psicose inducida por substancias. Completouse a revisión con outros documentos como os publicados por UNODC, EUDA e OEDA. Conclusións: os principais efectos adversos das CS prodúcense a nivel cardiovascular, neurolóxico e psiquiátrico. Os efectos adversos psicopatolóxicos a corto prazo do consumo de CS son: axitación, inquietude, ansiedade, ideación paranoide, agresividade, violencia e insomnio. A largo prazo, as catinonas poden producir insomnio, depresión, ansiedade, ideación paranoide, psicose, dependencia e adicción.

SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Titoría)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Titoría)
Tribunal
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)
utilidade da estadiaxe cirurxica fronte aos estudos de imaxe dos ganglios paraorticos no cancro de cervix unha revision sistematica
Autoría
N.G.F.
Grao en Medicina
N.G.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
O CANCRO DE CERVIX REPRESENTA UNHA NEOPLASIA XINECOLOXICA DE ALTA PREVALENCIA QUE REQUIRE UN ABORDAJE TERAPEUTICO RIGUROSO, SENDO A QUIMIORRADIOTERAPIA O TRATAMENTO ESTANDAR NOS ESTADIOS LOCALMENTE AVANZADOS OU EN PRESENCIA DE METASTASES GANGLIONARES. A CORRECTA PLANIFICACION DO TRATAMENTO DEPENDE EN GRAN MEDIDA DO ESTADIAXE GANGLIONAR, PARTICULARMENTE DOS GANGLIOS LINFATICOS PARAORTICOS, CUXA AFECTACION METASTASICA CONDICIONA A DOSE DE RADIACION ADMINISTRADA LOCALMENTE. ESTA REVISION SISTEMATICA TEN COMO OBXECTIVO AVALIAR A EVIDENCIA CIENTIFICA DISPONIBLE SOBRE A UTILIDADE COMPARATIVA DO ESTADIAXE CIRURXICO FRONTE AO ESTUDIO MEDIANTE TECNICAS DE IMAXE PARA A AVALIACION DOS GANGLIOS PARAORTICOS NA PLANIFICACION DO TRATAMENTO CON QUIMIORRADIOTERAPIA. A ANALISE DOS ESTUDIOS REVISADOS AMOSA QUE A EXTIRPACION CIRURXICA DOS GANGLIOS LINFATICOS PERMITE DETECTAR ENTRE UN 8 E UN 44 POR CENTO DE METASTASES NON EVIDENCIADAS NOS ESTUDIOS DE IMAXE. SEN EMBARGO, A MAIORIA DOS ESTUDIOS NON ATOPARON DIFERENZAS SIGNIFICATIVAS NA SUPERVIVENCIA GLOBAL NIN NA SUPERVIVENCIA LIBRE DE ENFERMIDADE ENTRE OS PACIENTES ESTADIFICADOS CIRURGICAMENTE E AQUELLOS AVALIADOS MEDIANTE TECNICAS DE IMAXE. A ANALISE CONXUNTA DESTES ESTUDIOS PON DE MANIFESTO A NECESIDADE DE DESENVOLVER INVESTIGACIONS ESPECIFICAMENTE DESENADAS PARA COMPARAR AMBAS AS TECNICAS E ORIENTAR A ELECCION DO METODO DE ESTADIAXE MAIS AXEITADO.

ARIAS BALTAR, MARIA EFIGENIA (Titoría)
Yáñez Madriñán, Sara Cotitoría
ARIAS BALTAR, MARIA EFIGENIA (Titoría)
Yáñez Madriñán, Sara Cotitoría
Tribunal
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)
Tratamento Antirretrovírico de Longa Duración: Situación Actual e Futuro Próximo
Autoría
S.G.O.
Grao en Medicina
S.G.O.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A terapia antirretroviral de longa duración (TAR-LD) preséntase como unha alternativa innovadora en comparación cos tratamentos orais diarios no manexo do VIH. A súa administración espazada a través de formulacións inyectables ou subcutáneas ofrece vantaxes clínicas e psicosociais, especialmente en poboacións con problemas de adherencia. Este estudo examina o seu efecto en termos de eficacia virológica, seguridade, satisfacción do paciente e viabilidade sanitaria. Os obxectivos son o examinar de maneira crítica a evidencia científica recente sobre a TAR-LD, valorando a súa eficacia, perfil de seguridade, nivel de aceptación por parte do paciente, e o seu uso tanto no tratamento como na profilaxe do VIH. Igualmente, búscase explorar o seu papel na simplificación terapéutica e a equidade en saúde.

Antela López, Antonio Rafael (Titoría)
Antela López, Antonio Rafael (Titoría)
Tribunal
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)
Manexo das lesións endo-periodontais: Revisión literaria.
Autoría
S.D.V.H.F.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
S.D.V.H.F.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Introdución: As lesións endo-periodontais (LEP), son patoloxías de orixe combinada que afectan simultaneamente ao tecido pulpar e ao periodonto, inteconectadas por vías anatómicas e, nalgúns casos, patolóxicas. Esta relación estreita dificulta tanto o diagnóstico como o tratamento, polo que se require un enfoque clínico interdisciplinario. Nos últimos anos propuxéronse distintas clasificacións e protocolos terapéuticos, máis aínda non existe un consenso claro sobre a abordaxe óptima. Obxectivo: Analizar as estratexias terapéuticas actuais no manexo das LEP e avaliar a súa eficacia clínica e prognóstico. Materiais e métodos: Realizouse unha revisión da literatura consultando nas bases de datos Pubmed e Scopus (2014-2024). Incluíronse 17 artigos en inglés, seleccionados pola súa relevancia clínica e calidade metodolóxica. A busca realizouse empregando palabras clave relacionadas co diagnóstico, tratamento e prognóstico das LEP. Resultados: mostraron que tanto o tratamento secuencial como o simultáneo melloran os parámetros clínicos, aínda que iniciar coa endodoncia pode favorecer o control da infección. As técnicas rexenerativas, como a rexeneración tisular guiada (GTR), amosaron beneficios en casos seleccionados. O prognóstico depende da extensión da lesión, o estado periodontal, a resposta ao tratamento e a colaboración do paciente. Conclusión: O manexo das LEP requiren un diagnóstico preciso, unha planificación terapéutica individualizada e coordinación entre especialistas. Aínda que existen diversas opcións efectivas, é necesario seguir investigando para estandarizar protocolos e mellorar os resultados a longo prazo.

MIGUENS VILA, RAMON Cotitoría
GARCIA VARELA, SANDRA (Titoría)
MIGUENS VILA, RAMON Cotitoría
Tribunal
SEOANE LESTON, JUAN MANUEL (Presidente/a)
ABELEIRA PAZOS, MARIA TERESA (Secretario/a)
Pérez-Sayáns García, Mario (Vogal)

Impacto de la Multirrealidad en la Clínica Odontológica.
Autoría
L.H.I.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
L.H.I.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Introducción: La integración de las tecnologías emergentes como la realidad mixta (RM) en el ámbito clínico está transformando la odontología moderna. A lo largo de este trabajo se evalúa el impacto de la RM, específicamente mediante el uso de las gafas HoloLens 2, en dos fases clave del flujo digital odontológico: el escaneado intraoral (escaneado asistido por realidad aumentada o ARIOS) y la visualización tridimensional de CBCT, radiografías y modelos STL durante procedimientos quirúrgicos. Objetivos: Evaluar la viabilidad, utilidad clínica y beneficios ergonómicos del uso de la RM en odontología, mediante la combinación del escaneado intraoral asistido por realidad aumentada (ARIOS) y la visualización tridimensional durante procedimientos quirúrgicos. Asimismo, identificar las ventajas y limitaciones tecnológicas actuales en comparación con la evidencia científica disponible. Material y métodos: Se llevó a cabo una revisión sistemática de la literatura, según los criterios PRISMA, completada con una experiencia clínica piloto en un entorno odontológico real. Se implementaron dos estudios de caso: uno para el escaneado intraoral con visualización holográfica del modelo en tiempo real, y otro para la visualización tridimensional de CBCT y modelos STL durante una cirugía implantológica. Se evaluaron variables como la ergonomía, la interacción visual, la eficiencia clínica y la utilidad docente. Conclusiones Pese a que la evidencia científica actual aún es limitada, los resultados del presente estudio muestran mejoras significativas en la ergonomía, la continuidad visual y la experiencia del operador gracias a la proyección holográfica en el campo operatorio. La metodología de conexión implementada (sin necesidad de software intermedio ni programación) representa un avance respecto a estudios precios. Este trabajo ofrece datos preliminares prometedores sobre la viabilidad de la RM en odontología clínica y docente, proponiendo una vía aplicable para su integración futura.

LOPEZ CASTRO, GONZALO (Titoría)
LOPEZ CASTRO, GONZALO (Titoría)
Revisión da relación entre as vacinas de adenovirus contra o COVID-19 e o incremento do risco de positividade para anticorpos antifosfolípidos
Autoría
N.E.H.P.
Grao en Medicina
N.E.H.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Antecedentes: o COVID19 é unha doenza cunha presentación clínica moi heteroxénea, varía desde infeccións asintomáticas ata insuficiencia multiorgánica. Asóciase con complicacións como tromboembolismos arteriais e venosos, que poden chegar a ser letais. As vacinas desenvolvidas contra esta infección tamén se relacionaron con eventos trombóticos. O síndrome antifosfolípido (SAF) é unha doenza autoinmune que se produce en presenza dun ou máis anticorpos antifosfolípidos (anticorpos anticardiolipina, o anticoagulante lúpico e o anticorpo contra a beta2 glicoproteína I) e a presenza de eventos trombóticos (TEP, ACV, etc.) ou abortos espontáneos. Publicáronse varios estudos nos que se tentou establecer unha asociación entre síndrome antifosfolípido (SAF) e COVID19, baseándose en características fisiopatolóxicas da trombose similares en ambas doenzas. O VITT (Trombose Trombocitopénica Inmunitaria Inducida por Vacinas contra o SARSCoV2) é unha resposta autoinmune rara que se asociou principalmente coas vacinas de adenovirus replicantes contra o COVID19. A miúdo describíronse paralelismos entre VITT, TIH (trombocitopenia inducida por heparina) e SAF, xa que son procesos mediados por anticorpos asociados con manifestacións tromboembólicas. Obxectivo: O obxectivo principal da nosa revisión sistemática é avaliar a posible asociación entre a positividade de anticorpos antifosfolípidos e a vacinación contra o COVID-19. Material e métodos: Realizouse unha revisión sistemática para explorar a posible relación entre os fenómenos trombóticos e as vacinas contra o COVID-19. Para a procura, utilizáronse as bases de datos PubMed, Cochrane Library, utilizando a combinación de palabras chave , COVID vaccine and antiphospholip antibody. O período de procura abarcou desde setembro de 2021 ata o 15 de outubro de 2024. Revisáronse os títulos e resumos, seleccionando aqueles artigos de interese, e posteriormente, procedeuse á revisión dos textos completos. Resultados, conclusións: Aínda que parece que en nalgúns estudos aumenta a positividade de aPL coas vacunas de vector viral, semella un evento transitorio, polo que non se pode establecer unha relación causa efecto de vacunación COVID19 e positividade de aPL.

MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Titoría)
Sueiro Delgado, Diana Cotitoría
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Titoría)
Sueiro Delgado, Diana Cotitoría
Tribunal
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)
Relación entre redes sociais e intentos autolíticos en adolescentes.
Autoría
N.I.F.
Grao en Medicina
N.I.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Introducción: A adolescencia é unha etapa vulnerable na que a saúde mental pode verse afectada por factores como o acoso escolar, a violencia e o nivel socioeconómico. O suicidio é unha das principais causas de mortalidade a esta idade. Existen ferramentas como a escala SAD PERSONS para avaliar o risco, e a detección precoz é fundamental. Distínguense comportamentos como a ideación suicida. as autolesións non suicidas, o intento de suicidio e o suicidio consumado, as primeiras sen intención letal, pero con riscos asociados. A nivel biolóxico, o suicidio implica unha interacción complexa entre neurotrasmisores, factores xenéticos, hormonais, inmunolóxicos e ambientais. Xustificación: As autolesións e as conductas suicidas nos adolescentes aumentaron, especialmente despois da pandemia. As redes sociais xogan un papel importante neste fenómeno, promovendo desafíos perigosos como o Desafío Superman. As estadísticas recentes mostran un preocupante aumento de casos o que subliña a necesidade de educación, prevención e atención multidisciplinar. Obxectivos: O obxectivo principal foi investigar a relación causal entre as redes sociais e os intentos de suicidio nos adolescentes. Materiais e Métodos: Realizouse unha revisión sistemática baseada nas directrices PRISMA, utilizando bases de datos académicas (PubMed, Scopus,etc.) e palabras chave específicas. Incluíronse estudos desde 2015 en diante, centrados en adolescentes de 10 a 19 anos. O proceso de selección pasou por varias fases (identificación, cribado elixibilidade e inclusión), descartando artigos irrelevantes. Resultados e Discusión: Tras revisar 18 estudios de calidade media e alta, identificouse unha relación significativa, aínda que moderada, entre o uso das redes sociais e a autolesión ou comportamento suicida en adolescentes. Este risco aumenta nos casos de uso problemático, exposición a contidos autolesivos, ciberacoso e baixa autoestima derivada de comparacións sociais. Tamén se observou unha maior vulnerabilidade en nenas e adolescentes LGTBI, que presentan máis síntomas depresivos e un maior risco de cibervictimización. O contido que circula nas redes sociais, pode ter tanto efectos negativos (normalización da autolesión, contaxio emocional, desafíos perigosos) como efectos positivos (redución do illamento, acceso a apoio e recursos de saúde mental). A calidade das interaccións e o tipo de contido consumido son máis importantes que a cantidade total de tempo dedicado. Conclusións: Aínda que a iniciativa non propón prohibir o uso das redes sociais, si que fai fincapé na necesidade de educar, apoiar e supervisar aos adolescentes, así como mellorar os sistemas de contidos perigosos. Recoméndase o establecemento de protocolos de detección precos e a creación de contornas dixitais máis seguras, especialmente para os grupos vulnerables. As redes sociais deben considerarse un factor de risco significativo, pero tamén unha ferramenta de apoio potencial, se se usan con responsabilidade e enfocadas no benestar.

GAGO AGEITOS, ANA MARIA (Titoría)
GAGO AGEITOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Presidente/a)
Barge Caballero, Eduardo (Secretario/a)
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Vogal)
Impacto do hábito tabáquico e idade na predición diagnóstica de biomarcadores moleculares subxinxivais de periodontite
Autoría
M.I.L.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
M.I.L.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Obxectivo: Avaliar o impacto das variables clínicas de idade e hábito de fumar na capacidade diagnóstica das proteínas subxinxivais para detectar a periodontite. Material e métodos: Recolléronse mostras de fluído xinxival crevicular (FXC) de 44 suxeitos periodontalmente sans e 40 con periodontite en estadios III-IV. As mostras foron analizadas coa técnica proteómica “sequential window acquisition of all theoretical mass spectra” (SWATH-MS). As proteínas identificáronse utilizando a base de datos UniProt e avaliouse a súa capacidade diagnóstica mediante o paquete “generalised additive models” (GAM). Os modelos proteicos individuais obtidos foron calculados sen axustar e axustándose por idade e tabaco (anos fumando e índice paquete-ano). Aplicouse validación cruzada con tres particións para controlar o sobreaxuste dos modelos predictivos, e calculáronse os parámetros de clasificación. Resultados: As oito proteínas avaliadas (gliceraldehído-3-fosfato deshidroxenase [GAPDH], queratina, tipo II citoesquelética 6A, proteína do gránulo de zimóxeno 16 homóloga B [ZG16B], inhibidor da protease plasmática C1, anhidrase carbónica 1 e as subunidades da hemoglobina [Hbs] alfa, beta e delta) mostraron unha precisión (PRE) de 64,3-91,7% (sensibilidade/especificidade de 42,5-95,0%/68,2-88,6%) sen axustar. Axustándose por idade, a capacidade preditiva aumentou para os oito biomarcadores (PRE: 88,1-96,4%; sensibilidade/especificidade: 87,5-97,5%/81,8-97,7%). Segundo o hábito de fumar, o rendemento mellorou para seis proteínas (PRE: 81,0-92,9%; sensibilidade/especificidade: 67,5-95,0%/72,7-93,2%), pero reduciuse para a GAPDH considerando os anos fumando e índice paquete-ano (PRE: 71,4% e 85,7%; sensibilidade/especificidade: 72,5% e 87,5%/70,5% e 84,1%) e para a Hb beta considerando os anos fumando (PRE: 72,6%; sensibilidade/especificidade: 57,5%/86,4%). Conclusións: A idade e hábito de fumar inflúen na precisión diagnóstica das proteínas subxinxivais para detectar a periodontite. O impacto da idade resulta máis consistente e sistemático permitindo alcanzar valores preditivos excepcionais. O efecto do tabaco é máis variable e dependente do biomarcador. Con todo, estes resultados deben ser validados en futuras investigacións.

TOMAS CARMONA, INMACULADA (Titoría)
Blanco Pintos, Triana Cotitoría
TOMAS CARMONA, INMACULADA (Titoría)
Blanco Pintos, Triana Cotitoría
Tribunal
SEOANE LESTON, JUAN MANUEL (Presidente/a)
ABELEIRA PAZOS, MARIA TERESA (Secretario/a)
Pérez-Sayáns García, Mario (Vogal)
SEOANE LESTON, JUAN MANUEL (Presidente/a)
ABELEIRA PAZOS, MARIA TERESA (Secretario/a)
Pérez-Sayáns García, Mario (Vogal)
Uso de Aliñadores en Persoas con Necesidades Especiais: unha serie de casos
Autoría
A.J.D.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
A.J.D.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
INTRODUCIÓN: As persoas con necesidades especiais (PNE) presentan desafíos específicos no tratamento ortodóncico, especialmente no que respecta á tolerancia sensorial, a colaboración clínica e o control da hixiene oral. Polas súas características, os aliñadores transparentes poden representar unha alternativa terapéutica máis axeitada que a aparatoloxía fixa nestes casos. OBXECTIVO: Describir e analizar as indicacións e vantaxes do uso de aliñadores ortodóncicos nunha serie de pacientes con necesidades especiais. METODOLOXÍA: Estudo descriptivo dunha serie de 9 pacientes con diversas condicións sistémicas e perfís neurodiverxentes, tratados (ou valorados para tratamento) con aliñadores transparentes na Unidade de Pacientes Especiais da Facultade de Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Recolléronse características clínicas (médicas e odontolóxicas), datos do tratamento e valoracións de familiares e profesionais mediante cuestionario. RESULTADOS: 7 dos 9 pacientes iniciaron o tratamento; 3 completárono, 3 mantéñeno en curso e en 1 caso tivo que ser interrompido. As principais indicacións para empregar aliñadores foron a hipersensibilidade sensorial, a necesidade de mellorar a hixiene oral e a conveniencia de evitar aparatoloxía fixa por razóns médicas. Na maioría dos casos foi precisa unha fase previa de desensibilización. Non se observaron úlceras nin complicacións mecánicas. O tratamento foi valorado de forma xeral positiva tanto por profesionais como por familias. CONCLUSIÓN: Os aliñadores constitúen unha opción terapéutica viable e segura en PNE, sempre que se individualice a indicación e se adapte o enfoque clínico.

García Mato, Eliane Cotitoría
Limeres Posse, Jacobo (Titoría)
García Mato, Eliane Cotitoría
Tribunal
GARCIA GARCIA, ABEL (Presidente/a)
LOPEZ CASTRO, GONZALO (Secretario/a)
GANDARA VILA, PILAR (Vogal)
GARCIA GARCIA, ABEL (Presidente/a)
LOPEZ CASTRO, GONZALO (Secretario/a)
GANDARA VILA, PILAR (Vogal)
Caracterización e capacidade predictiva do microbioma subenxival asociado á periimplantite
Autoría
E.L.F.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
E.L.F.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
- Obxectivo: Caracterizar a diversidade do microbioma subenxival en saúde periimplantaria, periimplantite, saúde periodontal e periodontite; e desenvolver modelos preditivos para distinguir entre saúde periimplantaria e periimplantite. - Material e métodos: Analizáronse 167 mostras (saúde periimplantaria-Imp H=36, periimplantite-Imp P=41, saúde periodontal-Sub H=45, periodontite-Sub P=45). As secuencias Illumina procesáronse con mothur, e a taxonomía asignouse cunha base de datos específica oral. As análises estatísticas realizáronse en R-Bioconductor. Avaliouse a alfa-diversidade mediante: ASVs observadas, índice de cobertura 95%, e os índices de Shannon e Pielou. A estrutura microbiana analizouse mediante análise de compoñentes principais (PCA) e PERMANOVA. As diferenzas de abundancia das variantes de secuencia de amplicón (ASVs) avaliáronse coa proba U de Mann-Whitney. Os modelos preditivos construíronse mediante análise discriminante de mínimos cadrados parciais dispersos e random forest. - Resultados: Observáronse máis ASVs en saúde periimplantaria ca en periimplantite (421,00 vs. 288,00; p menor que 0,01). A riqueza e diversidade periimplantarias foron menores ás periodontais tanto en saúde (cobertura=97,50 vs. 178,00; p menor que 0,05) como en enfermidade (cobertura=83,00 vs. 132,00; Shannon=3,59 vs. 4,14; Pielou=0,62 vs. 0,68; p menor que 0,01). A PCA mostrou unha agrupación das mostras segundo o grupo de pertenza (p menor que 0,01). As maiores diferenzas de ASVs abundantes observáronse entre Imp H vs. Imp P (87 ASVs) e Sub H (76); sendo menores entre Imp P e Sub P (29). O modelo Imp H vs. Imp P incluíu 50 ASVs e obtivo unha área baixo a curva (AUC) de 0,87, cunha exactitude do 80,95%, sensibilidade do 92,06% e especificidade do 69,84%. - Conclusións: A placa subenxival en saúde periimplantaria é máis rica ca na periimplantite. O microbioma subenxival periimplantario é menos alfa-diverso que o periodontal en saúde e enfermidade. Ademais, a estrutura dos microbiomas varía de xeito significativo entre os grupos de estudo. En termos de abundancia, o microbioma subenxival difire notablemente entre saúde periimplantaria e periimplantite. As diferenzas entre saúde periimplantaria e saúde periodontal son maiores ca entre as respectivas condicións de enfermidade. Finalmente, o noso modelo preditivo demostra unha excelente capacidade para discriminar entre saúde periimplantaria e periimplantite, apoiando o uso do microbioma subenxival como ferramenta diagnóstica de precisión da condición clínica periimplantaria.

Regueira Iglesias, Alba Cotitoría
TOMAS CARMONA, INMACULADA (Titoría)
Regueira Iglesias, Alba Cotitoría
Tribunal
SEOANE LESTON, JUAN MANUEL (Presidente/a)
ABELEIRA PAZOS, MARIA TERESA (Secretario/a)
Pérez-Sayáns García, Mario (Vogal)
SEOANE LESTON, JUAN MANUEL (Presidente/a)
ABELEIRA PAZOS, MARIA TERESA (Secretario/a)
Pérez-Sayáns García, Mario (Vogal)
Adestramento de médicos residentes no manexo eficaz da vía aérea pediátrica: intubación con videolaringoscopio asistida por un experto mediante smartglasses.
Autoría
T.L.G.
Grao en Medicina
T.L.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Obxectivo: Analizar a eficacia das smartglasses como ferramenta didáctica para a guía e aprendizaxe da intubación orotraqueal en médicos residentes, empregando un modelo simulado de vía aérea pediátrica dun paciente escolar. Métodos: Realizouse un ensaio clínico prospectivo, aleatorizado, enmascarado e unicéntrico, cun deseño cruzado. Os participantes foron asignados aleatoriamente en proporción 1:1 a dous grupos, realizando as mesmas técnicas en distinta orde. Na primeira medición (P1), o Grupo 1 realizou a intubación sen asistencia (T1), mentres que o Grupo 2 recibiu asistencia en tempo real dun experto a través das smartglasses (T2). Tras un breve descanso, os grupos intercambiaron as técnicas na segunda medición (P2). Analizáronse variables de eficacia (determinadas segundo o cumprimento dos pasos establecidos no protocolo de manexo da vía aérea pediátrica e o éxito na intubación), variables de tempo e covariables. A percepción dos participantes avaliouse mediante as escalas de Likert e NASA-TLX. Resultados: Non se observaron diferenzas estatisticamente significativas na maioría das variables analizadas. Non obstante, na medición da Técnica 1 (intubación sen asistencia), o Grupo 2, que previamente recibira asistencia, logrou tempos significativamente menores en tres variables temporais (p menor de 0,05). Ademais, mostrou maior adherencia ao protocolo, menor número de intentos e maior éxito no primeiro intento de intubación, aínda que sen significación estatística. Conclusións: O uso de smartglasses podería reducir o tempo de intubación pediátrica e mellorar a aprendizaxe, o que suxire que podería ser unha ferramenta prometedora para o adestramento de médicos residentes. Con todo, requírense máis estudos con maior tamaño muestral para obter conclusións definitivas e confirmar o seu impacto na formación médica.

Gómez Silva, Graciela Cotitoría
RODRIGUEZ RUIZ, EMILIO Cotitoría
Gonzalez Quintela, Arturo (Titoría)
Gómez Silva, Graciela Cotitoría
RODRIGUEZ RUIZ, EMILIO Cotitoría
Tribunal
SEOANE PRADO, RAFAEL (Presidente/a)
VIDAL MILLARES, MARIA (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
SEOANE PRADO, RAFAEL (Presidente/a)
VIDAL MILLARES, MARIA (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Impacto do Bisphenol A en pubertade precoz. Unha revisión sistemática.
Autoría
M.L.S.
Grao en Medicina
M.L.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Introdución: a pubertade precoz (PP) defínese como a alteración no inicio do crecemento e desenvolvemento dos nenos, dando comezo antes dos 8 anos en nenas ou antes dos 9 anos en nenos. Entre as posibles etioloxías responsables do cadro inclúese a exposición aos disruptores endócrinos tales coma o Bisphenol A (BPA). Obxectivos: avaliar a evidencia dispoñible acerca da relación entre a exposición ao composto químico BPA e a PP en nenos. Materiais e métodos: realizouse unha revisión sistemática da literatura dispoñible ata o momento. Coas bases de datos Medline e Scopus tentouse responder á pregunta PICO proposta para este traballo. Resultados: incluíronse un total de 10 artigos para comparar os seus resultados. Cinco aportaron relación entre os niveis de BPA presentes en ouriños/soro e a presencia de PP e outros cinco non acharon devandita relación. Conclusión: tras a realización desta revisión sistemática, concluíuse que son necesarios máis estudos sobre o tema, así como que estes teñan unha mellor calidade metodolóxica. Tamén é necesaria unha maior inclusión de varóns nos estudos.

CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Titoría)
Vázquez Gómez, Lorena Cotitoría
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Titoría)
Vázquez Gómez, Lorena Cotitoría
Tribunal
Gonzalez Quintela, Arturo (Presidente/a)
BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Secretario/a)
Sierra Paredes, German (Vogal)
Gonzalez Quintela, Arturo (Presidente/a)
BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Secretario/a)
Sierra Paredes, German (Vogal)
Tumores Neuroendocrinos Gastroenteropancreáticos. Características e Algoritmo Terapéutico. Unha Revisión Bibliográfica.
Autoría
J.M.R.
Grao en Medicina
J.M.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
As neoplasias neuroendocrinas gastroenteropancreáticas (GEP-NENs) constitúen un grupo heteroxéneo de tumores cun comportamento clínico variable. Nas últimas décadas, a súa incidencia aumentou de forma significativa, en parte grazas aos avances nas técnicas diagnósticas e a unha maior concienciación clínica. Este traballo revisa de forma integral a epidemioloxía, etioloxía, diagnóstico e tratamento das GEP-NENs, clasificándoas segundo a súa localización anatómica e grao de diferenciación. Analízanse as principais guías clínicas internacionais (ENETS e NCCN), así como as estratexias terapéuticas actuais, desde a resección cirúrxica ata as terapias dirixidas. O obxectivo é ofrecer unha visión actualizada e práctica para o manexo clínico destas neoplasias.

VARELA PONTE, RAFAEL (Titoría)
Martínez Lago, Nieves Purificación Cotitoría
VARELA PONTE, RAFAEL (Titoría)
Martínez Lago, Nieves Purificación Cotitoría
Tribunal
Gonzalez Quintela, Arturo (Presidente/a)
BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Secretario/a)
Sierra Paredes, German (Vogal)
Gonzalez Quintela, Arturo (Presidente/a)
BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Secretario/a)
Sierra Paredes, German (Vogal)
Diagnóstico e manexo terapéutico da anafilaxia en urxencias pediátricas. Unha revisión sistemática.
Autoría
C.M.C.
Grao en Medicina
C.M.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A anafilaxia é unha reacción alérxica grave, instáurase de forma rápida e pode ser mortal. Adoitan tratarse no servizo de urxencias, polo que o desenvolvemento de protocolos e a formación correcta baseada en evidencia dos facultativos é clave. En pediatría os alimentos son os principais causantes deste cadro. Os pacientes adoitan presentar manifestacións mucocutáneas, acompañada de afectación respiratoria, dixestiva ou cardiovascular.. O diagnóstico baséase en criterios clínicos e a penas pódese apoiar en probas complementarias. A valoración inicial debe seguir a sistemática ABCDE e empregar o Triángulo de Avaliación Pediátrica, sumada á administración de adrenalina intramuscular. Unha vez controlados os síntomas, recoméndase un período de observación hospitalaria para vixiar posibles reaccións bifásicas. Ao alta, todos os pacientes deben recibir instrucións sobre evitación do alérgeno, dispoñer de autoinyectables de adrenalina e educación a preto do seu uso, así como ser derivados a un especialista en alergoloxía para un estudo completo. Algúns casos atípicos representan un reto diagnóstico, especialmente en lactantes, polo que se require un alto nivel de sospeita. O obxectivo deste traballo é realizar unha revisión sistemática dos criterios diagnósticos e manexo terapéutico da anafilaxia en pediatría.

Leis Trabazo, María Rosaura (Titoría)
Presno López, Iván Cotitoría
Leis Trabazo, María Rosaura (Titoría)
Presno López, Iván Cotitoría
Tribunal
Gonzalez Quintela, Arturo (Presidente/a)
BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Secretario/a)
Sierra Paredes, German (Vogal)
Gonzalez Quintela, Arturo (Presidente/a)
BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Secretario/a)
Sierra Paredes, German (Vogal)
Crononutrición e soño en pediatría: influencia do ritmo circadiano na regulación hormonal e o metabolismo enerxético
Autoría
J.B.M.G.B.
Grao en Medicina
J.B.M.G.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Introducción: A obesidade infantil converteuse nunha preocupación sanitaria global, con repercusións metabólicas que se estenden ata a idade adulta. Xunto cos factores clásicos como a dieta e a actividade física, nas últimas décadas recoñeceuse a importancia de variables circadianas como o sono, o cronotipo e a crononutrición na regulación hormonal e enerxética. A crononutrición, entendida como a disciplina que estuda a interacción do momento da inxestión alimentaria cos ritmos circadianos, representa unha vía emerxente para a prevención do exceso ponderal desde idades temperás do desenvolvemento. Obxetivos: Analizar a influencia do ritmo circadiano a través de factores como o sono, o cronotipo e a distribución horaria da alimentación na regulación hormonal e no metabolismo enerxético en poboación pediátrica, mediante unha revisión sistemática da literatura científica recente. Material e Método: Realizouse unha revisión sistemática seguindo as directrices PRISMA. A busca levouse a cabo nas bases de datos PubMed, Scopus e Web of Science, e complementouse cunha revisión manual das referencias bibliográficas relevantes. Incluíronse estudos orixinais en humanos de 0 a 18 anos que analizaran variables circadianas (sono, cronotipo, desfase horario entre días laborais e libres), hormonais (melatonina, leptina, grelina, insulina, cortisol) e metabólicas (IMC, Z-BMI, graxa corporal, glicosa, lípidos, presión arterial). Definíronse e aplicáronse criterios específicos de inclusión e exclusión. Resultados e discusión: Seleccionáronse 15 estudos que cumprían os criterios de elixibilidade. A evidencia mostra que a privación crónica de sono, os cronotipos vespertinos, o desfase horario social e a inxesta alimentaria tardía asócianse cunha maior adiposidade, alteracións hormonais circadianas e disfunción metabólica en nenos e adolescentes. Así mesmo, identificouse o impacto negativo da exposición nocturna á luz artificial e da omisión do almorzo sobre o eixo circadiano-metabólico. Conclusión: Os achados poñen de manifesto o papel fundamental da sincronía entre os ritmos circadianos e os hábitos de vida cotiáns na prevención da obesidade pediátrica e no adecuado control hormonal. Incorporar o enfoque cronobiolóxico nas estratexias clínicas e educativas podería constituír unha ferramenta preventiva eficaz, non invasiva e custo-efectiva para mellorar a saúde metabólica dende a infancia.

Castro Feijoo, Lidia Cotitoría
Leis Trabazo, María Rosaura (Titoría)
Castro Feijoo, Lidia Cotitoría
Tribunal
Gonzalez Quintela, Arturo (Presidente/a)
BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Secretario/a)
Sierra Paredes, German (Vogal)
Gonzalez Quintela, Arturo (Presidente/a)
BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Secretario/a)
Sierra Paredes, German (Vogal)
Estudo das hormonas implicadas na regulación do apetito e a saciedade, xunto co seu potencial uso clínico no control da obesidade
Autoría
G.M.H.
Grao en Medicina
G.M.H.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A obesidade é unha enfermidade multifactorial e, como tal, o seu tratamento pode abordarse por moitas vías diferentes. Entre elas, o control da inxesta mediante a regulación do apetito e a saciedade é un enfoque efectivo que pode evitar procedimentos invasivos como a cirurxía bariátrica. Neste traballo se revisou a literatura médica sobre o funcionamento das diferentes hormonas involucradas nos mecanismos da saciedade e o su valor terapéutico. Concluíuse que a administración endóxena de leptina, colecistoquinina e péptido YY ofrece resultados clínicos limitados por diversos motivos; por outra parte, no tratamento con agonistas do receptor de GLP1 (en particular semaglutida) observouse que, a maiores do seu obxectivo orixinal como medicamentos para a diabetes tipo 2, conseguen regular o apetito dos pacientes, o cal leva consigo unha pérdida de peso considerable demostrada tanto en estudos clínicos como na práctica médica real. Ademáis, os efectos adversos resultaron asumibles na gran maioría de pacientes. Estableceuse tamén o importante rol da microbiota intestinal no apetito e a súa frecuente interacción coas hormonas xa mencionadas, de modo que dedicar esforzos terapéuticos a propiciar o desenrolo dunha flora bacteriana favorable podería resultar moi beneficioso para o tratamento da obesidade.

Análisise do pulido mediante perfilometría da rugosidade de composites estéticos e de recheo
Autoría
V.M.S.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
V.M.S.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Introdución e obxectivos: A supervivencia e o éxito clínico das restauracións dentais poden verse afectados polas características e composición do material restaurador, a rugosidade da superficie e o brillo. Os procedementos de acabado e pulido son esenciais para o éxito clínico das restauracións, xa que a rugosidade da superficie dos composites pode facilitar a formación de biopelículas e a adhesión de bacterias. Obxectivo: O obxectivo principal do noso traballo é comparar o pulido final de diferentes tipos de composites cos sistemas de pulido máis frecuentemente utilizados. Material e Métodos: Un total de 28 mostras foron analizadas mediante perfilometría (Ra). Establecéronse un total de 7 grupos de diferentes tipos de composites. Para cada grupo xeráronse 4 bloques en cubos de 0.4 cm de diámetro mediante unha matriz preformada e lámpada de polimerización. Utilizáronse 7 bloques por cada sistema de pulido: con discos, copas de pulido, matriz de acetato e unha mostra control sen pulir. Resultados: A perfilometría media de todas as mostras foi 0,1718482 μm. As medias de perfilometría máis baixas obtivéronse co composite SDI Wave HV (0,0551200 μm) e co sistema de pulido coa matriz de acetato (0,0154100 μm). Asociando as variables de pulido e tipo de composite os mellores resultados de rugosidade obtivéronse co composite SDI Luna 2 con matriz de acetato (0,00342 μm). A perfilometría media obtida foi estatisticamente superior en todas as mostras non puídas (p=0.03) comparado coas mostras puídas con calquera dos sistemas estudados. Conclusión: Os resultados perfilómetricos indican que a totalidade das mostras puídas con calquera dos sistemas de pulido presentaban un Ra inferior a 0,15 μm. Ningún material de composite demostrou mellores resultados perfilométricos estatisticamente significativos tras o pulido con calquera dos sistemas estudados

Rivas Mundiña, Berta (Titoría)
CHAMORRO PETRONACCI, CINTIA MICAELA Cotitoría
Rivas Mundiña, Berta (Titoría)
CHAMORRO PETRONACCI, CINTIA MICAELA Cotitoría
Tribunal
SEOANE LESTON, JUAN MANUEL (Presidente/a)
ABELEIRA PAZOS, MARIA TERESA (Secretario/a)
Pérez-Sayáns García, Mario (Vogal)
SEOANE LESTON, JUAN MANUEL (Presidente/a)
ABELEIRA PAZOS, MARIA TERESA (Secretario/a)
Pérez-Sayáns García, Mario (Vogal)
Coñecemento sobre o cancro e precancro oral en alumnos de ciencias da saúde, unha revisión de alcance.
Autoría
A.M.L.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
A.M.L.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Obxectivos: A presente revisión de alcance ten como obxectivo identificar na literatura dispoñible aqueles artículos que estuden o coñecemento sobre o cancro e precancro oral en estudantes de ciencias da saúde a través de cuestionarios. Material e métodos: Se realizaron dúas búsquedas xerais a través de tres bases de datos: PubMed, Scopus e Web of Science. Non se aplicou ningún filtro en canto ao ano de publicación. Se incluíron artigos en castelán e inglés, e se descartaron os artigos que non presentaron cuestionarios para a valoración do coñecemento, ou ben se os cuestionarios estaban incompletos. A revisión executouse de acordo coa metodoloxía PRISMA-ScR. Se incluíron finalmente 26 artigos. Resultados: O contido dos cuestionarios seleccionados da literatura dispoñible é heteroxéneo, aínda que comparten estructura temática similar. Na súa maioría, os estudantes identifican o tabaco e alcohol como factores de riesgo do cancro oral, pero non recoñecen adecuadamente outros como a radiación solar. A maioría de cuestionarios únicamente preguntan pola eritroplasia e leucoplasia, deixando á marxe outras lesións precancerosas. Ademáis, todos os estudantes enquisados consideran necesario ampliar os seus coñecementos sobre o cancro y precancro oral. Conclusións: A revisión realizada pon de manifesto a necesidade de implementar programas educativos sobre o coñecemento, prevención e diagnóstico das devanditas patoloxías en todos os estudantes de ciencias da saúde. Tamén consideramos que se deben seguir desenvolvendo e aplicando cuestionarios estandarizados que permitan avaliar de forma rigurosa o coñecemento sobre o cancro oral e as lesións potencialmente malignas.

REBOIRAS LOPEZ, MARIA DOLORES (Titoría)
SEIJAS NAYA, FLAVIO Cotitoría
REBOIRAS LOPEZ, MARIA DOLORES (Titoría)
SEIJAS NAYA, FLAVIO Cotitoría
Tribunal
MAREQUE BUENO, SANTIAGO (Presidente/a)
SEOANE ROMERO, JUAN MANUEL (Secretario/a)
RILO POUSA, BENITO (Vogal)

Análise morfométrica en cortes axiais da mandíbula a nivel do conduto dentario e a súa relación co edentulismo
Autoría
S.N.S.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
S.N.S.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Todos os factores que afectan á forma da mandíbula (ontoxénicos, filoxénicos, crecemento, xénero, edentulismo e patrón esponxoso/cortical) tamén inflúen na posición do conduto dentario, que é determinante nas técnicas quirúrxicas. A colocación de implantes e a ciruxía ortognática precisan novos estudos morfolóxicos que axuden a coñecer o óso mandibular. As técnicas de imaxe prequirúrxicas que se empregan con frecuencia nestas ciruxías son as radiografías e as proxeccións tomográficas en cortes saxitais, coronais e axiais. A ampla variedade de estudos que valoraron a morfoloxía mandibular con estas técnicas e proxeccións contrasta coa escasa bibliografía dispoñible sobre o estudo axial mandibular mediante a técnica de Cone-Bean. Proponse un proxecto para o estudo morfométrico axial da mandíbula a nivel do conduto dentario.

SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Titoría)
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Titoría)
Tribunal
MAREQUE BUENO, SANTIAGO (Presidente/a)
SEOANE ROMERO, JUAN MANUEL (Secretario/a)
RILO POUSA, BENITO (Vogal)
MAREQUE BUENO, SANTIAGO (Presidente/a)
SEOANE ROMERO, JUAN MANUEL (Secretario/a)
RILO POUSA, BENITO (Vogal)
Aplicacións forenses das tecnoloxías single-cell
Autoría
A.S.N.Y.
Grao en Medicina
A.S.N.Y.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo aborda as aplicacións forenses das tecnoloxías single-cell, que permiten o illamento e análise individualizada de células dentro de mostras biolóxicas complexas. Analízanse técnicas como DEPArray, LCM, FACS, MACS e micromanipulación, así como os seus usos, vantaxes e limitacións no contexto da xenética forense. A súa integración promete revolucionar a identificación individual, mellorar a análise de mostras degradadas ou mesturadas, e ampliar o campo da investigación criminal.

PUENTE VILA, MARIA DEL CARMEN DE LA (Titoría)

Relación entre COVID-19 e sangrados uterinos anormales: revisión sistemática
Autoría
A.O.F.
Grao en Medicina
A.O.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Introdución: A pandemia da COVID-19 puxo de manifesto múltiples efectos sistémicos do SARS-CoV-2 e xerou preocupacións sobre os posibles efectos adversos das vacinas, especialmente en relación coa saúde menstrual. Numerosas mulleres informaron de sangrados uterinos anormais tras a infección ou a vacinación, o que motivou a investigación dunha posible relación causal. Obxectivos: O obxectivo principal foi avaliar a posible relación causal entre a infección por SARS-CoV-2 ou a vacinación fronte á COVID-19 e o sangrado uterino anormal (SUA) en mulleres adultas non embarazadas. Os obxectivos secundarios incluíron analizar se os cambios foron transitorios ou persistentes, e se se relacionaban coa plataforma vacinal, o número de doses ou a fase do ciclo menstrual. Metodoloxía: Realizouse unha revisión sistemática segundo as directrices da declaración PRISMA 2020. Incluíronse estudos de cohorte con grupo de comparación non exposto, publicados entre 2020 e 2025 en inglés ou castelán. Consultáronse as bases de datos PubMed, Scopus e Web of Science. Finalmente, seleccionáronse 9 estudos: 4 prospectivos e 5 retrospectivos. Resultados: Os estudos amosan unha asociación estatisticamente significativa, aínda que leve e transitoria, entre a vacinación fronte á COVID-19 e cambios na duración do ciclo menstrual, especialmente tras a segunda dose de vacinas de ARNm. Tamén se observaron alteracións no volume, duración e regularidade do sangrado, sen evidencia de persistencia. A evidencia sobre a relación coa infección por SARS-CoV-2 foi menos consistente. Conclusións: Existen indicios dunha asociación entre a vacinación fronte á COVID-19 e alteracións menstruais lixeiras, autolimitadas e de curta duración, principalmente na frecuencia e no volume do sangrado. Non se atopou evidencia sólida dunha relación causal persistente nin de repercusións clínicas relevantes. Con todo, cómpre seguir investigando para mellorar a información e a confianza da poboación feminina nas vacinas.

Gonzalez Cea, Ana Cristina Cotitoría
SAMPAYO MONTENEGRO, MARIA VICTORIA (Titoría)
Gonzalez Cea, Ana Cristina Cotitoría
Tribunal
Gonzalez Quintela, Arturo (Presidente/a)
BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Secretario/a)
Sierra Paredes, German (Vogal)
Gonzalez Quintela, Arturo (Presidente/a)
BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Secretario/a)
Sierra Paredes, German (Vogal)
Pericardites Purulenta como forma de debut de Carcinoma de Esófago. Presentación dun caso e revisión da literatura.
Autoría
C.M.P.V.V.F.
Grao en Medicina
C.M.P.V.V.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
O cancro de esófago avanzado pode perforar e fistulizar nas vías respiratorias, o mediastino ou a cavidade pericárdica. Máis da metade das fístulas afectan á traquea e aos bronquios principais. As fístulas esófago pericárdicas son raras. A maioría da pericardite purulenta secundaria a cancro de esófago perforado fistulizado no pericardio foi descrita en pacientes previamente tratados con radioterapia, quimioterapia ou stent. Pola contra, a fístula esófago pericárdica como primeira manifestación do cancro de esófago é excepcional e adoita aparecer en homes con carcinoma epidermoide avanzado localizado no terzo inferior. Os síntomas inclúen febre, dor epigástrica e dor subesternal. O enchufe adoita ser cedo. Se se sospeita dunha fístula esofago-pericárdica, recoméndase realizar unha tomografía computarizada xa que permite identificar o derrame pericárdico, a presenza de gas fóra da luz esofáxica e, ás veces, unha comunicación franca entre o esófago e a cavidade pericárdica. A pericardite purulenta e o taponamento requiren un tratamento urxente mediante pericardiocentese ou toracotomía. Os microorganismos observados adoitan ser típicos da flora oral. O prognóstico dos pacientes é malo e a maioría morre en días ou semanas por tratarse de tumores avanzados. O tratamento estará dirixido a aliviar os síntomas, previr a reaparición da fístula, mellorar a calidade de vida e, en casos seleccionados, tratar o proceso neoplásico. A implantación dunha endoprótese permite o peche da fístula e asegura a permeabilidade da luz esofáxica, aínda que non sempre é posible pola fraxilidade dos tecidos. Describíronse algúns casos de supervivencia a longo prazo que combinan cirurxía, quimioterapia e radioterapia. Preséntase o caso clínico dun paciente que presentou pericardite purulenta e taponamento cardíaco por unha fístula esófago pericárdica provocada por un carcinoma de células escamosas de esófago.

Antipsicóticos inxetables de liberación prolongada: Análise da eficacia en pacientes con patoloxía dual a 10 anos
Autoría
M.P.A.
Grao en Medicina
M.P.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Sobre unha mostra clínica de pacientes con patoloxía dual levouse a cabo un estudo para comparar a eficacia e seguridade de 2 fármacos antipsicóticos de longa duración nun período de 10 anos. Os fármacos a estudo son o Aripiprazol e a Paliperidona. Métodos: Analízase a historia de 210 pacientes con patoloxía dual da Asociación Cidadá de Loita contra a Droga da Coruña, no que estudamos a evolución con antisicóticos de longa duración. Para avaliar a calidade dos tratamentos empregouse a escala CGI, os criterios SMARTS, o número de visitas a urxencias e os ingresos nos servizos hospitalarios, así como a abstinencia de tóxicos e a permanencia no programa. Resultados: os antipsicóticos de longa duración evidencian eficacia e seguridade en pacientes con patoloxía dual. Observamos unha melloría significativa no CGI previo e posterior en ambos os tratamentos, así como a redución do número de urxencias e ingresos. Ademais, demóstrase unha elevada taxa de permanencia no programa cos dous APLD.

Abordaxe integral da depresión resistente ao tratamento. Revisión sistemática.
Autoría
L.E.P.F.
Grao en Medicina
L.E.P.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A depresión maior é un trastorno do estado do ánimo que se caracteriza por unha estado tristeza, perda de interese e pracer, así como doutros síntomas que afectan no funcionamento na vida persoal, social e profesional da persoa que o padece. A pesar dos avances no tratamento deste trastorno, estímase que preto do 40% dos pacientes non responde adecuadamente á medicación existente, presentando o que se denomina depresión resistente ao tratamento (TRD). Por iso o estudo STAR-D, un dos ensaios clínicos máis amplos neste ámbito, observou a elevada complexidade requirida para achar unha melloría nestes casos, resaltando a necesidade dun manexo máis amplo e integral que se adapte ás necesidades reais destes pacientes. Obxectivos: Explorar o manexo da TRD desde cinco perspectivas fundamentais: farmacolóxica, psicolóxica, enfermería especializada, nutricional e exercicio, co obxectivo de proporcionar unha visión máis completa das intervencións efectivas. Material e métodos: Revisión sistemática seguindo o modelo PRISMA. Realizouse unha procura bibliográfica na base de datos PubMed. Debido á similitude de resultados obtidos, non se incluíron artigos doutras bases de datos. Seleccionáronse 14 artigos dun total de 13093. Resultados e discusión: Nas estratexias farmacolóxicas evidenciouse que a TEC resultou máis efectiva en pacientes con depresión resistente grave-moi grave e en contextos hospitalarios, a esketamina mostrou unha resposta máis rápida, desde a primeira semana de tratamento. Valoráronse estratexias como a rTMS, potenciación con antipsicóticos e antidepresivos atípicos que melloran de forma máis modesta síntomas en TRD aínda que presentan menos riscos cognitivos, físicos ou efectos adversos que a esketamina e o TEC. A TCC mostrou eficacia sostida lixeiramente superior respecto a a TIP e a MBCT aínda que as tres resultaron eficaces na mellora dos síntomas depresivos, taxas de remisión e mellora de calidade de vida cando se engadían á farmacoterapia. Intervencións de enfermería optimizaron a adherencia, seguimento, resiliencia e integración á comunidade. A nutrición baseada dieta mediterránea e o exercicio aeróbico tivo beneficios complementarios en mellora do estado de ánimo e a cognición superior á medicación por si soa. Conclusións: A maioría de estudos presentan limitacións metodolóxicas pola limitada evidencia, pero en conxunto, os resultados apoian unha abordaxe multidimensional, personalizado e sostido, que combine terapias convencionais e integrais para abordar a complexidade clínica da TRD.

TORRES IGLESIAS, ANGELA JUANA (Titoría)
NUÑEZ ARIAS, DANIEL Cotitoría
TORRES IGLESIAS, ANGELA JUANA (Titoría)
NUÑEZ ARIAS, DANIEL Cotitoría
Tribunal
SEOANE PRADO, RAFAEL (Presidente/a)
VIDAL MILLARES, MARIA (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
SEOANE PRADO, RAFAEL (Presidente/a)
VIDAL MILLARES, MARIA (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Impacto da preparación intestinal preoperatoria no contexto de ciruxía citorredutora para tratamento de cancro de ovario avanzado: unha revisión sistemática.
Autoría
L.R.P.P.
Grao en Medicina
L.R.P.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Introdución: O cancro de ovario é unha neoplasia xinecolóxica moi prevalente asociada a alta mortalidade debido a un diagnóstico frecuentemente tardío xa en fases avanzadas. Nestes casos, a ciruxía citorreductora é o pilar fundamental do tratamento, sendo habitual a necesidade de resección intestinal. Así, a preparación intestinal preoperatoria foi tradicionalmente empregada como medida preventiva, pero nos últimos anos diversos estudos cuestionan a súa eficacia e seguridade. Obxectivo: Avaliar o grao de implantación e o impacto da preparación intestinal preoperatoria no contexto da ciruxía citorreductora para tratamento de cancro de ovario avanzado. Materiais e métodos: Realizouse unha revisión sistemática seguindo as directrices da declaración PRISMA. A busca bibliográfica, limitada a artigos publicados dende 2016, desenvolveuse nas bases de datos PubMed, Web of Science e Scopus, empregando os termos -ovarian cancer surgery- AND -bowel preparation-. Seleccionáronse artigos orixinais en inglés ou español que abordasen a preparación intestinal no contexto cirúrxico en oncoloxía xinecolóxica. Excluíronse revisións, meta-análises, guías e estudos sen acceso dispoñible. Resultados e conclusións: Seleccionáronse 13 artigos (6 enquisas e 7 estudos clínicos) para o estudo do grao de utilización e o impacto da preparación intestinal preoperatoria en ciruxía citorreductora de cancro de ovario, tanto no ámbito da implantación de protocolos ERAS como noutros contextos. O análise dos mesmos permite concluir que existe unha notable resistencia a abandonar a práctica rutineira da preparación intestinal mecánica e unha baixa adherencia ás recomendacións ERAS relativas a este item incluso nos centros que declararan a implantación deste tipo de protocolos. Por outra banda, o estudo pon de manifesto a heteroxeneidade e as limitacións dos estudos clínicos dispoñibles, evidenciando a necesidade dun amplo estudo clínico aleatorizado, multicéntrico e estandarizado, que analice específicamente os distintos tipos de preparación intestinal (e a omisión de preparación) e achegue luz sobre esta controvertida práctica no manexo preoperatorio da cirurxía de cancro de ovario avanzado.

Correa Orbán, Cándida Rosa Cotitoría
ARIAS BALTAR, MARIA EFIGENIA (Titoría)
Correa Orbán, Cándida Rosa Cotitoría
Tribunal
SEOANE PRADO, RAFAEL (Presidente/a)
VIDAL MILLARES, MARIA (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
SEOANE PRADO, RAFAEL (Presidente/a)
VIDAL MILLARES, MARIA (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Uso de pantallas como factor de risco para a obesidade infantil. Unha revisión sistemática.
Autoría
E.P.G.
Grao en Medicina
E.P.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Xustificación: As intervencións no tempo fronte ás pantallas, unha boa educación nutricional e o exercicio físico contribúen a unha boa saúde en nenos e adolescentes, así como á prevención de complicacións a longo prazo. Ademais, o desenvolvemento destes hábitos desde a infancia favorece o seu mantemento na idade adulta. Obxectivo: Analizar a evidencia dispoñible para avaliar se o tempo fronte ás pantallas en nenos e adolescentes pode ser un factor de risco para a obesidade pediátrica. Material e métodos: A estratexia de busca en PubMed foi: (Obesidade [Mesh] OU Sobrenutrición [Mesh] OU Overweight [Mesh] OU Obesidade pediátrica [Mesh]) E (tempo fronte ás pantallas [Mesh] OU Comportamento sedentario [Mesh]). Tamén se exploraron Scopus e a Cochrane Library. O sesgo analizouse mediante Rob-2 e Robins-E. Resultados: Obtivéronse un total de 237 artigos, dos cales se incluíron 11: 3 ensaios clínicos, 6 estudos de cohorte e 2 estudos observacionais, cun total de 38.888 nenos con idades comprendidas entre 1 mes e 16 anos. O aumento do tempo fronte ás pantallas, combinado cun estilo de vida sedentario, é un factor de risco para o desenvolvemento da obesidade a curto e longo prazo. Pode levar a consecuencias como a redución da calidade do sono, hábitos alimentarios pouco saudables con aumento do consumo de alimentos hipercalóricos e bebidas azucradas, e metabolismo hormonal alterado. Conclusións: O tempo fronte ás pantallas é un factor de risco para o desenvolvemento da obesidade infantil. A planificación das estratexias de prevención debe incluír información e formación para nenos e as súas familias sobre a cantidade adecuada e recomendada de tempo fronte ás pantallas. O papel potencial desta variable na saúde de nenos e adolescentes debe difundirse aos profesionais sanitarios, ás escolas e á sociedade.

García García, Eva María Cotitoría
Leis Trabazo, María Rosaura (Titoría)
García García, Eva María Cotitoría
Tribunal
SEOANE PRADO, RAFAEL (Presidente/a)
VIDAL MILLARES, MARIA (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
SEOANE PRADO, RAFAEL (Presidente/a)
VIDAL MILLARES, MARIA (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Relación entre maloclusión dental e dor orofacial en adultos: unha revisión da evidencia científica actual
Autoría
A.P.R.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
A.P.R.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Obxectivos: O obxectivo deste estudo foi realizar unha revisión bibliográfica de alcance sobre a relación entre a presenza de diversas maloclusións e a sintomatoloxía de dor orofacial na poboación adulta. Deseño: Revisión bibliográfica de alcance. Métodos: A súa redacción seguíu a guía PRISMA-ScR. Utilizouse toda a literatura atopada nas seguintes bases de datos: MEDLINE vía PUBMED, Rexistro Central Cochrane de Ensaios Controlados e Scopus. Os criterios de exclusión foron: estudos en animais, artigos considerados literatura gris e artigos sen acceso ao texto completo. Incluíronse estudos transversais publicados en revistas indexadas, escritos en inglés, e que investigaran a relación entre a presenza de maloclusións e a sintomatoloxía de dor orofacial en adultos. Realízase a avaliación da calidade a través da Jbi Critical Appraisal Checklist For Analytical Cross Sectional Studies. Resultados: Incluíronse un total de seis estudos observacionais que avaliaron maloclusións esqueléticas e dentais en poboacións adultas. Os métodos diagnósticos empregados incluíron criterios clínicos estandarizados como o DC/TMD e RDC/TMD, así como ferramentas ortodóncicas como o índice DAI, o índice PAR e a análise cefalométrica. Valoráronse diferentes tipos de dor orofacial, entre eles, dor miofascial, articular, periauricular e dor muscular asociada a TMD. Os resultados mostraron que non en todos os estudos se atoparon asociación estatisticamente significativas; con todo, algunhas maloclusións como a Clase II esquelética, o resalte aumentado, a mordida cruzada posterior e as asimetrías molares presentaron maior prevalencia en individuos con dor muscular ou articular. Conclusións: Aínda que non se poden establecer asociacións directas, existen certos tipos de maloclusións, como a Clase II esquelética, que poderían representar factores predispoñentes para o desenvolvemento de dor orofacial. Cos resultados obtidos, conclúese que sería necesaria no futuro una investigación máis exhaustiva que inclúa grupos control, períodos de seguimento e mostras máis amplas.

Santana Mora, Urbano Alejandro (Titoría)
González Mosquera, Antonio Cotitoría
Santana Mora, Urbano Alejandro (Titoría)
González Mosquera, Antonio Cotitoría
Tribunal
MAREQUE BUENO, SANTIAGO (Presidente/a)
SEOANE ROMERO, JUAN MANUEL (Secretario/a)
RILO POUSA, BENITO (Vogal)
MAREQUE BUENO, SANTIAGO (Presidente/a)
SEOANE ROMERO, JUAN MANUEL (Secretario/a)
RILO POUSA, BENITO (Vogal)
Ultrasonido Focalizado de Alta Intensidade (HIFU): Aplicacións terapéuticas na oncoloxía e outras patoloxías. Da imaxe ao tratamento: o uso terapéutico dos medios radiodiagnósticos.
Autoría
D.P.B.
Grao en Medicina
D.P.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
O ultrasonido focalizado de alta intensidade (HIFU) é unha técnica non invasiva que utiliza ondas ultrasónicas para xerar calor localizado e destruír tecido patolóxico de forma precisa, preservando as estruturas circundantes. A súa crecente aplicación en oncología, particularmente en tumores como o de próstata, mama e uterinos (fibromas), sitúao como unha alternativa terapéutica innovadora. Ademais, investíganse as súas posibles aplicacións en outras patoloxías, como o dor crónico e enfermidades neurolóxicas. Con todo, persisten desafíos relacionados coa súa dispoñibilidade, custos e estandarización clínica. Este traballo ten como obxectivo describir o principio físico e técnico do HIFU como ferramenta terapéutica e analizar as súas aplicacións en oncología e outras patoloxías non oncolóxicas, como o manexo do dor crónico ou patoloxías neurolóxicas (por exemplo, temblor esencial), avaliando a súa efectividade, beneficios e limitacións a través dunha revisión bibliográfica.
O ultrasonido focalizado de alta intensidade (HIFU) é unha técnica non invasiva que utiliza ondas ultrasónicas para xerar calor localizado e destruír tecido patolóxico de forma precisa, preservando as estruturas circundantes. A súa crecente aplicación en oncología, particularmente en tumores como o de próstata, mama e uterinos (fibromas), sitúao como unha alternativa terapéutica innovadora. Ademais, investíganse as súas posibles aplicacións en outras patoloxías, como o dor crónico e enfermidades neurolóxicas. Con todo, persisten desafíos relacionados coa súa dispoñibilidade, custos e estandarización clínica. Este traballo ten como obxectivo describir o principio físico e técnico do HIFU como ferramenta terapéutica e analizar as súas aplicacións en oncología e outras patoloxías non oncolóxicas, como o manexo do dor crónico ou patoloxías neurolóxicas (por exemplo, temblor esencial), avaliando a súa efectividade, beneficios e limitacións a través dunha revisión bibliográfica.
Dirección
VARELA PONTE, RAFAEL (Titoría)
Martínez Lago, Nieves Purificación Cotitoría
VARELA PONTE, RAFAEL (Titoría)
Martínez Lago, Nieves Purificación Cotitoría
Tribunal
SEOANE PRADO, RAFAEL (Presidente/a)
VIDAL MILLARES, MARIA (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
SEOANE PRADO, RAFAEL (Presidente/a)
VIDAL MILLARES, MARIA (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Impacto do uso do chupete na saúde do lactante. Unha análise do contido de YouTube
Autoría
R.R.R.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
R.R.R.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Introdución: O uso do chupete xera controversia; moitas familias acoden a YouTube para informarse. Obxectivos: Verificar a fiabilidade da información sobre o chupete en YouTube describindo quén dí o qué, con qué fontes, cánto de axustado está ás guías e onde se aparta delas, para dar a país e sanitarios un punto de referencia claro e actualizado. Material e métodos: Estudio transversal dos 50 vídeos en castelán. Recolleuse información sobre metadatos, beneficios, riscos, postura e referencias. Resultados: O 64% citou beneficios e o 68% riscos. Beneficios: calma (44%), prevención do SMSL (26%), otite (14%). Só o 18% citou fontes; 36% defendeu o chupete, 44% rexeitouno e 20% foi neutral. Conclusión: A mayoría dos vídeos carece de respaldo científico. Precísanse vídeos breves e ben referenciados para axudar ás familias a tomar decisións fundamentadas.

RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Titoría)
MULERO DE CASO, MARTA Cotitoría
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Titoría)
MULERO DE CASO, MARTA Cotitoría
Tribunal
MAREQUE BUENO, SANTIAGO (Presidente/a)
SEOANE ROMERO, JUAN MANUEL (Secretario/a)
RILO POUSA, BENITO (Vogal)
MAREQUE BUENO, SANTIAGO (Presidente/a)
SEOANE ROMERO, JUAN MANUEL (Secretario/a)
RILO POUSA, BENITO (Vogal)
Atención integral en pacientes con Enfermidade de Párkinson. Un estudo piloto.
Autoría
M.R.F.S.S.
Grao en Medicina
M.R.F.S.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A Enfermidade de Párkinson (EP) é a segunda enfermidade neurodexenerativa máis prevalente en todo o mundo. Neste estudo conclúese que a atención integral que combina seguemento neurolóxico con exercicio físico e intervención baseada en mindfulness pode contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con EP.

MARTINON TORRES, FEDERICO (Titoría)
Sánchez Alonso, Mª Pilar Cotitoría
MARTINON TORRES, FEDERICO (Titoría)
Sánchez Alonso, Mª Pilar Cotitoría
Tribunal
SEOANE PRADO, RAFAEL (Presidente/a)
VIDAL MILLARES, MARIA (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
SEOANE PRADO, RAFAEL (Presidente/a)
VIDAL MILLARES, MARIA (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Abordaxe do maltrato infantil no consultorio dental
Autoría
A.D.P.R.Q.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
A.D.P.R.Q.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
O maltrato infantil é un grave problema social a nivel mundial que impacta negativamente na saúde e no ben estar de nenos, nenas e adolescentes, resultando en consecuencias físicas e emocionáis devastadoras. Este maltrato pode manifestarse en diversas formas, como abuso físico, psicolóxico, neglixencia e abuso sexual, e require atención urxente e esforzos intersectoriais para a súa prevención e tratamento. A pesar das enquisas realizadas, a magnitude do problema segue sendo difícil de cuantificar debido á falta de rexistros e denuncias. Os profesionais da saúde, e en particular os odontólogos, son clave na detección do maltrato físico, xa que as lesións son comúns en áreas que revisan regularmente. Con todo, moitos dentistas teñen dificultades para identificar e reportar estes casos, o que subliña a necesidade de capacitación no recoñecemento de signos de abuso. Esta investigación céntrase no manexo dos casos de maltrato infantil na consulta dental, buscando identificar indicadores de maltrato relacionado coa saúde bucal e avaliando o coñecemento e a actitude dos odontólogos sobre lesións sospeitosas, así como as barreiras para realizar denuncias. A través dunha revisión bibliográfica en PubMed, atopáronse 151 rexistros, dos que se seleccionaron os máis relevantes sobre o tema. Destácase que máis do 50% dos casos de maltrato presentan lesións orofaciais, sendo entre o 58% e o 80% dos nenos maltratados afectados na rexión oral. A pesar de que moitos dentistas recoñecen a súa importancia na detección do maltrato, só unha pequena porcentaxe reporta casos sospeitosos, debido a temores legais, inseguridades diagnósticas e descoñecemento dos procedementos de denuncia. Isto resalta a necesidade de mellorar a capacitación e os protocolos para que o persoal odontolóxico poida actuar de maneira efectiva ante situacións de maltrato infantil.

CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Titoría)
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Titoría)
Tribunal
MAREQUE BUENO, SANTIAGO (Presidente/a)
SEOANE ROMERO, JUAN MANUEL (Secretario/a)
RILO POUSA, BENITO (Vogal)
MAREQUE BUENO, SANTIAGO (Presidente/a)
SEOANE ROMERO, JUAN MANUEL (Secretario/a)
RILO POUSA, BENITO (Vogal)
Caracterización fenotípica do fallo primario a anti-TNF en pacientes con Enfermidade Inflamatoria Intestinal
Autoría
P.R.B.
Grao en Medicina
P.R.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN. Os fármacos anti-TNF son anticorpos monoclonais dirixidos contra o factor de necrose tumoral (TNF), unha citoquina fundamental na regulación da resposta inflamatoria e inmunolóxica. O seu emprego como tratamento biolóxico de primeira liña na Enfermidade Inflamatoria Intestinal está amplamente extendido. Porén, o fallo deste tratamento é habitual debido á perda de eficacia e aos seus posibles efectos adversos. OBXECTIVO. Avaliar a prevalencia da falta de resposta ao tratamento anti-TNF, ou fallo primario, en pacientes con EII na nosa contorna, e analizar os factores clínicos asociados. MÉTODO: Estudo transversal e prospectivo observacional dunha cohorte de pacientes con EII que iniciaron tratamento con fármacos anti-TNF (adalimumab, infliximab e golimumab) na Unidade de EII do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo entre os anos 2020 e 2023. RESULTADOS. A mostra de pacientes que participaron no estudo foi de 209, cunha idade media ao inicio do tratamento de 43,5 (17,1) anos. Deles, 127 tiñan Enfermidade de Crohn e 82 Colite Ulcerosa. Durante os 23,3 meses de seguimento medio, o tratamento con anti-TNF foi suspendido no 42,1% dos pacientes, sendo debido a fallo primario no 16,3% do total. Deste grupo, un 61,8% correspondían a pacientes con CU e só un 38,2% a EC. Isto mostra que, nesta cohorte, o fallo primario foi máis frecuente (p = 0,003) en pacientes con CU. Ademais, a análise das variables clínicas amosou que o fallo primario non se asociaba coa idade, o IMC, o estado HLA, o tempo de evolución da enfermidade, cirurxía previa ou fenotipos complexos. Tampouco se atopou relación significativa cos índices clínicos de gravidade, niveis basais de PCR, CPF, albúmina ou Hg. Pola contra, a non resposta si se asociou cun maior uso de corticoides ó inicio do tratamento (76,5% dos pacientes) (p = 0,02). CONCLUSIÓNS. O fallo primario é unha causa frecuente de suspensión do tratamento anti- TNF, sendo máis habitual en pacientes con colite ulcerosa. Das diversas variables clínicas e analíticas analizadas, só o uso concomitante de esteroides ao inicio do tratamento se asociou de xeito significativo cunha maior probabilidade de fallo primario.

DE CASTRO PARGA, MARIA LUISA (Titoría)
Ucha Abal, Patricia Cotitoría
DE CASTRO PARGA, MARIA LUISA (Titoría)
Ucha Abal, Patricia Cotitoría
Tribunal
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
ABRALDES LOPEZ-VEIGA, MAXIMINO JOSE (Secretario/a)
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Vogal)

Colgallos microquirúrxicos para ciruxía reconstructiva en membro inferior
Autoría
J.R.L.
Grao en Medicina
J.R.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A cirurxía reconstructiva beneficiouse significativamente do desenvolvemento da microcirurxía, especialmente no tratamento de lesións complexas como traumatismos, queimaduras graves ou infeccións crónicas. Esta técnica permite reparar secuelas previamente irreversibles e mellora a funcionalidade, a estética e a calidade de vida do paciente. No caso dos membros inferiores, os traumatismos adoitan ser de alta enerxía, e presentan unha gran variabilidade na súa gravidade, o que esixe abordaxes cirúrxicas adaptadas a cada situación: fracturas expostas, avulsións, lesións pechadas ou amputacións. Os colgallos libres microvasculares proporcionan unha cobertura eficaz con tecido ben vascularizado, achegando a versatilidade necesaria para estas reconstrucións complexas. Este traballo ten como obxectivo analizar a efectividade da microcirurxía na reconstrución de lesións traumáticas nos membros inferiores. Inclúe unha revisión da literatura actual e unha análise retrospectiva de 36 pacientes tratados no Servizo de Cirurxía Plástica do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña entre xaneiro de 2015 e xaneiro de 2025. Analizáronse variables clínicas como comorbilidades, tipo de colgallo empregado, técnica cirúrxica e aparición de complicacións postoperatorias. Descríbense as características demográficas, os tipos de colgallo empregados e a técnica de anastomose, así como as principais complicacións, como necrose parcial ou total e hematomas. Aínda que non se atoparon asociacións estatisticamente significativas entre factores clínicos (como tabaquismo ou diabetes) e as complicacións, si se identificaron certas tendencias clínicas que poderían ser relevantes en estudos con maior mostra. Os resultados están en consonancia coa literatura revisada e respaldan a microcirurxía como unha ferramenta eficaz e segura para a reconstrución de membros inferiores, aínda que dependente de múltiples factores técnicos e clínicos que requiren unha avaliación individualizada e experiencia cirúrxica especializada.

BREA GARCIA, BEATRIZ (Titoría)
Mate Martín, Diego Cotitoría
BREA GARCIA, BEATRIZ (Titoría)
Mate Martín, Diego Cotitoría
Tribunal
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
ABRALDES LOPEZ-VEIGA, MAXIMINO JOSE (Secretario/a)
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Vogal)
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
ABRALDES LOPEZ-VEIGA, MAXIMINO JOSE (Secretario/a)
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Vogal)
Psicodélicos no tratamento da depresión. Psilocibina, unha revisión sistemática.
Autoría
N.R.C.
Grao en Medicina
N.R.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A depresión maior, é unha enfermidade mental frecuente, cun alto impacto sociosanitario e limitacións significativas dos tratamentos actuais, especialmente nos casos de depresión resistente. Neste contexto, a psilocibina, un psicodélico clásico con acción agonista sobre os receptores serotoninérxicos 5HT2A, emerxe como unha alternativa terapéutica innovadora. A presente revisión sistemática analiza a evidencia recente sobre a eficacia, seguridade e viabilidade clínica da psilocibina no tratamento do trastorno depresivo maior (TDM), con especial atención aos casos resistentes ao tratamento convencional. Os estudos revisados mostran unha resposta terapéutica rápida, intensa e sostida tras unha ou dúas doses, con tamaños do efecto moderado a grande, manténdose os beneficios ata 12 meses. A psilocibina mostra un perfil de seguridade favorable, cunha baixa taxa de efectos adversos leves e transitorios, e sen evidencia de dependencia. A eficacia é dependente da dose e o contexto psicoterapéutico, aínda que persisten limitacións metodolóxicas (tamaños de mostra pequenos, heteroxeneidade, seguimento curto) que dificultan a súa implementación xeneralizada. Conclúese que a psilocibina presenta un potencial clínico prometedor no tratamento do TDM, mais é necesario avanzar cara á estandarización dos protocolos terapéuticos, á avaliación do custo-efectividade e á validación en contornas clínicas reais antes da súa integración na práctica habitual.

Núñez Sande, Carmen Cotitoría
ARROJO ROMERO, MANUEL (Titoría)
Núñez Sande, Carmen Cotitoría
Tribunal
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
ABRALDES LOPEZ-VEIGA, MAXIMINO JOSE (Secretario/a)
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Vogal)
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
ABRALDES LOPEZ-VEIGA, MAXIMINO JOSE (Secretario/a)
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Vogal)
Uso da tinción vital de Lugol no cribado das lesións potencialmente malignas.
Autoría
F.R.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
F.R.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Introdución. Na actualidade non existe ningunha proba diagnóstica que nos permita coñecer a evolución das lesións potencialmente malignas no que respecta á súa posible transformación maligna. Entre estas lesións inclúense a leucoplasia (LO), o liquen plano oral (LPO), a leucoplasia verrugosa proliferativa (LVP) e a lesión liquenoide oral (LLO), cada unha cun distinto potencial de transformación. Ademais, algunhas destas lesións poden solaparse entre si ou comezar cunha forma clínica determinada e evolucionar cara a outra diferente co paso do tempo, o que dificulta o seu diagnóstico inicial. As tincións vitais son métodos non invasivos, rápidos e indoloros empregados na exploración da mucosa oral. Entre elas, a tinción con lugol destaca por ser de baixo custo e doada aplicación na práctica clínica diaria. Obxectivos. O obxectivo principal deste estudo é avaliar a eficacia da tinción con lugol como axuda diagnóstica clínica nas fases iniciais das lesións potencialmente malignas, co fin de previr a súa evolución cara á malignidade. Ademais, preténdese determinar se é posible distinguir entre as lesións LO, LVP e LPO unicamente mediante o patrón clínico visual tras a aplicación da tinción con lugol. Por tanto, analízase o patrón clínico resultante da tinción para establecer se é posible acadar un consenso sobre o aspecto visual característico de cada tipo de lesión, comparándoo cos resultados da biopsia, considerada actualmente o “gold standard”. Materiais e método. Realizouse un estudo retrospectivo cunha mostra de 58 pacientes atendidos no Departamento de Medicina Oral da Universidade de Santiago de Compostela (USC), divididos nun grupo de casos (48 pacientes con lesións potencialmente malignas confirmadas por biopsia) e un grupo control (10 pacientes sans sen lesións orais). Utilizouse unha solución de lugol ao 3% para realizar a tinción vital e avaliar visualmente as lesións, comparando a captación do colorante entre o tecido sano e o tecido afectado. O protocolo incluíu a preparación da mucosa, a aplicación da solución de lugol, a avaliación clínica dos patróns de coloración, o rexistro fotográfico e a comparación cos diagnósticos histopatolóxicos. Finalmente, analizáronse a sensibilidade, especificidade e os valores predictivos da técnica como ferramenta complementaria no cribado de lesións orais potencialmente malignas. Discusión. Os resultados obtidos suxiren que a tinción vital con lugol permite identificar patróns clínicos específicos asociados a determinadas lesións potencialmente malignas. En particular, o patrón en placa mostrou unha alta sensibilidade para a leucoplasia, o que indica a súa utilidade no cribado destas lesións. No líquen plano oral, a combinación de patrón reticular, en malla e con placa mostrou unha alta especificidade, sendo útiles para confirmar o diagnóstico cando están presentes. Na leucoplasia verrugosa proliferativa, o patrón verrugoso ou mixto con placa tamén presentou unha boa especificidade. Estes achados apoian a idea de que a forma de aparición do patrón de tinción pode ser un indicador clínico relevante, máis aló do tipo de patrón en si mesmo. Polo tanto, a tinción vital con lugol podería ser unha ferramenta complementaria útil no cribado e abordaxe diagnóstica de lesións orais sospeitosas. Conclusión. A tinción vital con solución de lugol é unha técnica accesible e eficaz como ferramenta complementaria no cribado de lesións orais potencialmente malignas. Aínda que presenta boa sensibilidade e especificidade, non permite establecer un diagnóstico definitivo, xa que os patróns de tinción non se asocian de forma exclusiva cun tipo específico de lesión. O seu uso pode favorecer a detección precoz na práctica clínica, mais sempre debe ir acompañado dunha confirmación histopatolóxica. Recoméndase formación específica do persoal sanitario e a realización de máis estudos que avalen a súa aplicación e estandarización.

GANDARA VILA, PILAR (Titoría)
Sanmartín Barragáns, Valeria Cotitoría
GANDARA VILA, PILAR (Titoría)
Sanmartín Barragáns, Valeria Cotitoría
Tribunal
BLANCO CARRION, JUAN (Presidente/a)
CASTELO BAZ, PABLO (Secretario/a)
Rivas Mundiña, Berta (Vogal)
BLANCO CARRION, JUAN (Presidente/a)
CASTELO BAZ, PABLO (Secretario/a)
Rivas Mundiña, Berta (Vogal)
Influencia da calidade do sono como factor determinante na morbilidade, hábitos de vida e calidade de vida.
Autoría
A.S.M.
Grao en Medicina
A.S.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Introdución: A calidade do soño constitúe un determinante fundamental na saúde e o benestar xeral, con implicacións directas na calidade de vida e morbilidade da poboación. O obxectivo deste estudo foi analizar a asociación entre calidade do soño, calidade de vida e prevalencia de enfermidades crónicas en adultos adscritos a centros de saúde de Galicia. Material e métodos: Realizouse un estudo descritivo transversal nunha mostra aleatoria de 350 persoas de 35 a 74 anos. Recolléronse variables sociodemográficas, clínicas, de hábitos de vida e avaliouse a calidade do soño mediante o test de Pittsburgh, así como a calidade de vida mediante os cuestionarios EQ-5D, EVA e SF-12. Realizouse unha análise descritiva e bivariante Resultados: O 53,4% (IC 95%: 48;58,8) da mostra foron mulleres, cunha mediana de idade de 54 anos (RIQ:18). O 40% (IC 95%: 34,7;45,3) presentou mala calidade do soño, sendo esta porcentaxe maior en mulleres. O 18,8% (IC 95%: 14,6;23,1) reportou uso frecuente de medicación para durmir. A mediana de horas de soño foi de 6,5(RIQ:1), cunha eficiencia do 87,5%. Observouse asociación significativa entre mala calidade do soño e puntuacións máis baixas nos índices de calidade de vida (EQ-5D, EVA, SF-12), así como unha percepción xeral de saúde máis negativa. Ademais, a mala calidade do soño asociouse con maior prevalencia de trastornos afectivos 23,4% (17,5;29,4) e diabetes mellitus 11,5% (6,9;16), pero non con enfermidades cardiovasculares nin con hábitos de vida como consumo de alcol, actividade física ou adherencia a dieta mediterránea. Conclusións: A mala calidade do soño asóciase significativamente con peor calidade de vida, especialmente nos ámbitos físico e mental, e con maior prevalencia de morbilidade psicolóxica e metabólica. Estes achados subliñan a necesidade de abordar a calidade do soño nos ámbitos da atención primaria e hospitalaria para mellorar a saúde global da poboación.

GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Titoría)
FERNANDEZ DOMINGUEZ, MARIA JOSE Cotitoría
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Titoría)
FERNANDEZ DOMINGUEZ, MARIA JOSE Cotitoría
Tribunal
SEOANE PRADO, RAFAEL (Presidente/a)
VIDAL MILLARES, MARIA (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
SEOANE PRADO, RAFAEL (Presidente/a)
VIDAL MILLARES, MARIA (Secretario/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Terapeutica baseada na evidencia, protocolo clinico para o deseño, colocacion, carga e biomecanica de microimplantes palatais asociados ao MARPE.
Autoría
P.S.S.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
P.S.S.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
A colocacion de microimplantes palatinos como ancoraxe osea estacionaria para a disxunción palatina con MARPE Miniscrew Assisted Rapid Palatal Expansion consolidouse como unha técnica eficaz para o tratamento da expansion maxilar en adultos e adultos novos. O seu éxito clinico depende dunha adecuada estabilidade primaria dos microtornillos, xunto cunha correcta planificación e inserción destes. A incorporación deste sistema permitiu o tratamento de compresions maxilares esqueléticas en adultos, librandoos das comorbilidades asociadas.

OTERO CASAL, MARIA DE LA PAZ (Titoría)
OTERO CASAL, MARIA DE LA PAZ (Titoría)
Tribunal
BLANCO CARRION, JUAN (Presidente/a)
CASTELO BAZ, PABLO (Secretario/a)
Rivas Mundiña, Berta (Vogal)
BLANCO CARRION, JUAN (Presidente/a)
CASTELO BAZ, PABLO (Secretario/a)
Rivas Mundiña, Berta (Vogal)
Medicina Gráfica aplicada á formación en pacientes con diabetes mellitus tipo 1: elaboración de material educativo dirixido ao paciente pediátrico
Autoría
C.S.V.
Grao en Medicina
C.S.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Contexto: A diabetes mellitus tipo 1 (DM1) é unha das enfermidades crónicas máis frecuentes na infancia e adolescencia. As guías clínicas internacionais destacan a importancia da educación terapéutica como ferramenta esencial para acadar un adecuado control metabólico e fomentar o automanexo e empoderamento, debendo ser adaptada á idade e ao contexto individual do paciente. Neste contexto, a Medicina Gráfica emerxe como unha estratexia innovadora para mellorar a comprensión e o afrontamento da enfermidade, mediante o uso do cómic como medio narrativo e pedagóxico. Obxectivos: Elaboración de material gráfico (tarxeta de xogo e cómics), dirixido a nenos e adolescentes con DM1, que permita instruir a pacientes pediátricos nos conceptos básicos da súa enfermidade, adaptados e tendo en conta a etapa do seu desenvolvemento. Materiais e métodos: Proxecto creativo en formato tarxetas didácticas para preescolares (3 a 6 anos) e dous cómics dirixidos a poboación escolar (7 a 12 anos) e adolescente (máis de 12 anos), desde a concepción teórica (guion) ata a elaboración final. O contido validouse mediante cuestionarios anónimos en liña e comentarios por mensaxería escritos por persoal médico especializado. Resultados e conclusión: O uso da Medicina Gráfica facilita a comprensión de contidos médicos complexos, promove a implicación do paciente e favorece unha comunicación sanitaria máis empática e horizontal. A súa aplicación resulta especialmente interesante na DM1 en idade pediátrica, pola súa flexibilidade e potencial educativo. Os cómics e tarxetas desenvolvidos neste traballo constitúen ferramentas didácticas, e a súa validación foi moi positiva.

López Mato, Pablo Cotitoría
Gonzalez Quintela, Arturo (Titoría)
López Mato, Pablo Cotitoría
Tribunal
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
ABRALDES LOPEZ-VEIGA, MAXIMINO JOSE (Secretario/a)
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Vogal)
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
ABRALDES LOPEZ-VEIGA, MAXIMINO JOSE (Secretario/a)
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Vogal)
Xestión da calidade nos servicios odontolóxicos: estado actual
Autoría
N.T.N.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
N.T.N.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Introdución: A calidade nos servizos odontolóxicos gañou relevancia, especialmente dende a perspectiva da satisfacción do paciente. Non obstante, a investigación e a implementación de iniciativas de mellora da calidade neste ámbito aínda están nos seus inicios. Obxectivos: O obxectivo deste estudo é revisar sistemáticamente a implementación da xestión da calidade por parte das clínicas dentais privadas como empresas de servizos sanitarios odontolóxicos e determinar os posibles criterios de selección empregados polos usuarios dende a súa experiencia co servizo prestado. Deseño: Revisión sistemática. Métodos: Empregouse a base de datos WoS para identificar estudos publicados en inglés entre 2015 e 2025 que evaluaran a calidade das clínicas dentais privadas dende a perspectiva do usuario. Seleccionáronse 8 artigos que empregaron a satisfacción do paciente como mecanismo principal para implementar melloras na calidade do servizo. Resultados: A revisión determinou unha completa concordancia na avaliación da satisfacción do paciente como ferramenta para implementar iniciativas de xestión da calidade. Foron empregadas enquisas de satisfacción para avaliar as opinións/percepcións dos pacientes, e os seus resultados derivaron en recomendacións centradas na mellora da satisfacción e a relación paciente-provedor. Conclusións: Evidénciase a relevancia de avaliar a satisfacción do paciente no campo da atención odontolóxica como un factor esencial para mellorar a calidade do servizo prestado. Recoméndase empregar unha comunicación clara, establecer relacións de confianza que impliquen aos pacientes no autocoidado, desenvolver habilidades empáticas, incorporar tecnoloxías organizativas e empregar enquisas de satisfacción para adaptar a atención ás necesidades e expectativas dos pacientes.

GALLAS TORREIRA, MARIA MERCEDES (Titoría)
GALLAS TORREIRA, MARIA MERCEDES (Titoría)
Tribunal
BLANCO CARRION, JUAN (Presidente/a)
CASTELO BAZ, PABLO (Secretario/a)
Rivas Mundiña, Berta (Vogal)
BLANCO CARRION, JUAN (Presidente/a)
CASTELO BAZ, PABLO (Secretario/a)
Rivas Mundiña, Berta (Vogal)
Análise comparativa da eficiencia e resultados dos DIEPs primarios fronte aos DIEPs de rescate na reconstrucción mamaria
Autoría
A.V.C.
Grao en Medicina
A.V.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Obxectivos: Obxectivo xeral: 1. Obxectivo xeral é estimar a prevalencia de complicacións que se produciron tanto nos DIEP realizados de forma primaria como nos que foron realizados de rescate. Obxectivos específicos: 1. Identificar factores de risco asociados con complicacións. 2. Analizar o número de intervencións necesarias en función da reconstrucción primaria. 3. Comparar o porcentaxe de complicacións entre os DIEP primarios e os DIEP de rescate. Pacientes e métodos: Levouse a cabo un estudo analítico retrospectivo en 72 pacientes maiores de 18 anos sometidas a reconstrucción mamaria autóloga cun colgajo DIEP tras mastectomía por cancro de mama, entre maio de 2017 e maio de 2024, no CHUAC. Clasifícanse en reconstrucción primaria ou de rescate, segundo os antecedentes reconstructivos. Analizáronse variables demográficas, clínicas, quirúrxicas e relacionadas con comorbilidades. A información obtívose das historias clínicas electrónicas mediante o sistema IANUS, cumprindo os principios éticos da Declaración de Helsinki. Resultados: Analizáronse 72 reconstruccións mamarias con colgajo DIEP, das cales o 63,9% foron primarias e o 36,1% de rescate. A taxa global de complicacións mamarias foi do 37,5%, sen diferenzas significativas entre ambos grupos (p=0,899). A necrose graxa foi significativamente máis frecuente no grupo de rescate (15,4% fronte a 2,2%; p(menor*)0,05). A perda de colgajo rexistrouse no 11,1% do total de pacientes. As complicacións abdominais foron escasas (6,9%) e non houbo diferenzas significativas entre os grupos. Conclusión: Os resultados do presente estudo amosan que a reconstrucción mamaria con colgajo DIEP presenta unha taxa de complicacións global similar tanto en procedementos primarios como de rescate. Non obstante, certas complicacións específicas, como a necrose graxa, foron significativamente máis frecuentes no grupo de rescate. Estes achados respaldan a eficacia do DIEP en ambos contextos, pero suxiren que a súa indicación como primeira opción podería evitar futuras complicacións asociadas a reconstrucións fallidas.

CARREIRA VILLAMOR, JOSE MARTIN (Titoría)
González Rodríguez, Alba Cotitoría
CARREIRA VILLAMOR, JOSE MARTIN (Titoría)
González Rodríguez, Alba Cotitoría
Tribunal
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
ABRALDES LOPEZ-VEIGA, MAXIMINO JOSE (Secretario/a)
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Vogal)
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
ABRALDES LOPEZ-VEIGA, MAXIMINO JOSE (Secretario/a)
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Vogal)
Uso racional de antibióticos en odontopediatría. Unha revisión sistemática.
Autoría
L.V.L.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
L.V.L.
Grao en Odontoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Introdución: os antibióticos constitúen unha ferramenta esencial na medicina moderna, mais o seu uso elevado e desapropiado favorece ao desenvolvemento de resistencias bacterianas, consideradas pola OMS como unha ameaza global para a saúde. Son os medicamentos máis prescritos no ámbito da odontopediatría, o que pode xerar riscos para o benestar nenos. Por todo isto, promóvese o enfoque “One Health” para abordar a resistencia antimicrobiana de xeito global e interdisciplinario. Obxectivos: describir o uso de antibióticos en odontopediatría, analizar cales e cantos se prescriben, describir as súas principais indicacións, analizar a frecuencia de prescrición, describir as guías de práctica clínica empregadas e analizar a metodoloxía de recollida de datos nesta especialidade. Metodoloxía: realizouse unha busca nas bases de datos de PubMed e Scopus, incluíndo artigos publicados entre 2019 e 2025. Para a realización desta revisión sistemática seguíronse as directrices PRISMA. Resultados: dos 2158 artigos atopados, finalmente seleccionáronse 8 que cumprían os criterios de inclusión, todos estudos transversais. Os estudos amosan unha prescrición inadecuada de antibióticos, malia que os odontopediatras presentas mellores prácticas. A amoxicilina é a máis utilizada. Fanse maioritariamente prescricións semanais e empréganse sobre todo en casos de risco cardiovascular, infeccións graves e cirurxías. A falta de adherencia ás guías clínicas e o uso de métodos de recollida pouco precisos dificultan avaliar o consumo real. Conclusións: a prescrición inadecuada de antibióticos segue a ser frecuente, o que evidencia a necesidade actualizar protocolos e reforzar a formación, aínda que os odontopediatras adoitan seguir mellores criterios ca outros profesionais. A amoxicilina destaca como o antibiótico máis empregado, facéndose na maioría dos casos prescricións semanais. As indicacións máis comúns son o risco cardiovascular, as infeccións e as cirurxías. A pouca presenza de guías e métodos de recollida pouco fiables complican a análise real do seu consumo.

Avances diagnósticos e terapéuticos na síndrome de POEMS
Autoría
C.V.N.
Grao en Medicina
C.V.N.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A síndrome de POEMS é unha enfermidade rara cuxo nome é un acrónimo dos seus signos e síntomas máis frecuentes: polineuropatía, organomegalia, endocrinopatía, gamapatía monoclonal e cambios na pel. Trátase dun trastorno paraneoplásico pouco frecuente, asociado ás neoplasias de células plasmáticas. Afecta a múltiples sistemas do corpo, o que dificulta un diagnóstico precoz e un tratamento eficaz. O descoñecemento desta enfermidade debido á súa baixa prevalencia e á heteroxeneidade dos seus síntomas, supón todo un reto clínico e diagnóstico. Non obstante, o prognóstico da síndrome de POEMS mellorou nos últimos anos grazas a unha maior precisión diagnóstica e ao desenvolvemento de tratamentos específicos, aínda que segue a ser variable segundo a gravidade das manifestacións e o momento do diagnóstico. O obxectivo desta revisión é analizar os avances recentes no diagnóstico da síndrome de POEMS, tendo en conta novos criterios, marcadores de laboratorio, como a sobreprodución do factor de crecemento endotelial vascular (VEGF), e técnicas de imaxe que melloran a detección temperá. Tamén se abordan os avances no ámbito terapéutico, estudando a eficacia e seguridade de novas opcións como o tratamento con axentes inmunomoduladores, inhibidores do proteasoma e alternativas ao transplante autólogo de células nai. Os resultados deste traballo sitúan o VEGF como principal biomarcador para o diagnóstico e seguimento da enfermidade, así como para detectar recidivas e valorar a resposta ao tratamento. Aínda que o transplante autólogo de células nai continúa a ser o tratamento cos mellores resultados demostrados, para quen non son candidatos a el, a lenalidomida con dexametasona e os inhibidores do proteasoma, como o ixazomib, son opcións terapéuticas prometedoras. A día de hoxe, a escasa evidencia segue a limitar a existencia de guías diagnósticas e terapéuticas internacionais.

POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Titoría)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Titoría)
Tribunal
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
ABRALDES LOPEZ-VEIGA, MAXIMINO JOSE (Secretario/a)
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Vogal)
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
ABRALDES LOPEZ-VEIGA, MAXIMINO JOSE (Secretario/a)
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Vogal)
Infeccións bacterianas multirresistentes en pacientes con neoplasia hematolóxica: Revisión sistemática
Autoría
Y.Y.A.
Grao en Medicina
Y.Y.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Obxetivos: Caracterizar as infeccións por bacterias multirresistentes (BMR) en pacientes con neoplasias hematolóxicas (NH), poboación especialmente vulnerable pola súa inmunosupresión asociada á enfermidade e aos seus tratamentos. Métodos: Realizouse unha revisión sistemática da literatura mediante a base de datos PubMed, seleccionando 34 artigos relevantes publicados entre 1994 e a actualidade. Resultados: Os estudos mostran unha alta prevalencia de infeccións por BMR, especialmente en pacientes con leucemia mieloide aguda (LMA), neutropenia severa e prolongada o receptores dun trasplante de precursores hematopoiéticos (TPH). O uso previo de antibióticos, en particular de fluoroquinolonas, aumentou significativamente o risco de desenvolver infeccións por BMR. Así mesmo, detectouse unha alta taxa de antibioterapia empírica inapropiada (IEAT) nestes pacientes, o que se relacionou con peores desenlaces clínicos. Outros factores asociados foron a colonización previa por BMR, o uso de catéteres venosos centrais (CVC), o ingreso en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) e as hospitalizacións prolongadas. As infeccións por BMR provocaron maior mortalidade, sendo clave a identificación temperá e a adecuación da terapia antibiótica. Conclusións: É imprescindible establecer estratexias de prevención, diagnóstico precoz e un uso racional de antibióticos para reducir o impacto destas infeccións nunha poboación xa de por si de alto risco.

PERNAS SOUTO, BERTA (Titoría)