Ir o contido principal

Xoves 14 de novembro ás 12.00h, na Aula Magna da Facultade de Química

Festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Ciencias

14 de novembro de 2024

O Acto con motivo da Festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Ciencias, terá lugar este xoves 14 de novembro ás 12.00h, na Aula Magna Antonio Casares da Facultade de Química

Programa do Acto Festividade San Alberte Magno
Programa do Acto Festividade San Alberte Magno

O xoves 14 de novembro de 2024 ás 12.00h, na Aula Magna Antonio Casares da Facultade de Química, terá lugar o Acto con motivo da Festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Ciencias. 

 

DESENVOLVEMENTO DO ACTO:

 

Apertura a cargo da Secretaria Xeral da USC, dona Dulce María García Mella 

Conferencia “Das fronteiras das ciencias e da ciencia sen límites”, impartida pola profesora dona Marta Lores Aguín 

Entrega de premios do concurso "A Ciencia en Imaxe"

Entrega de premios ás mellores comunicacións presentadas na IV Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da Química (XINQ_4)

Intervención do decano da Facultade de Química en nome dos centros de Ciencias

Intervención da Secretaria Xeral da USC, dona Dulce María García Mella

Xantar no Restaurante Caney 

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.11.2024.