15.02.2023 | 13.00h-15.00h
Mª Encina Calvo Iglesias
Prof.ª Titular do Dpto. de Física Aplicada
Universidade de Santiago de Compostela
O vindeiro mércores, 15 de febreiro, retomarase o ciclo de conferencias “Reactiva a túa Química” co relatorio da profesora Dª. Mª Encina Calvo Iglesias (Dpto. Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela), baixo o título Perspectiva de Xénero na Ciencia (Aula Magna - 13:00 h).
Co gallo do 11F, Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, e xunto coa actividade antes referida, o centro aproveita para dar difusión do libro Mulleres na Química, no cal colabora o Colexio Oficial de Química de Galicia xunto á Asociación de Químicos de Galicia (https://www.colquiga.org/libros).