Aziridinas Miméticas do Substrato Natural para a Inhibición Irreversible de Enzimas Implicados na Virulencia Bacteriana
Autoría
A.A.L.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)

Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
A estratexia máis utilizada para combater as infeccións bacterianas baséase na interrupción da súa viabilidade ao impedir a síntese e o ensamblexe de compoñentes clave para a supervivencia bacteriana. Aínda que esta estratexia é moi eficaz e moitos antibióticos de uso clínico básanse neste principio, causa un estrés considerable á bacteria, o que favorece a aparición de cepas resistentes aos antibióticos. Para evitar este problema, nos últimos anos dedicouse un gran esforzo ao desenvolvemento de axentes capaces de reducir a capacidade da bacteria de causar infección (patoxenicidade). Neste contexto, no grupo da Profesora Concepción González-Bello centráronse no desenvolvemento de axentes antivirulencia baseados na inhibición do enzima deshidroquinasa tipo I (DHQ1), un axente de virulencia in vivo en Enterobacterias. Neste traballo fin de Máster vai dirixido ao desenvolvemento dun análogo do substrato natural no que se substitúe o grupo cetona por un grupo aziridina, co que se busca causar a inhibición irreversible do enzima.

Dirección
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Titoría)
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Titoría)
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
QUIÑOA CABANA, EMILIO (Presidente/a)
Vaz Araújo, Belén (Secretario/a)
Castro García, Socorro (Vogal)

Síntese, optimización e caracterización fisicoquímica de nanocápsulas magnéticas fluorescentes.
Autoría
V.A.T.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
V.A.T.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Dende o seu descubrimento, os nanomateriais foron empregados para unha gran variedade de aplicacións en campos moi diversos. As propiedades destos materiais, como a posibilidade de controlar o tamaño mediante a síntese, emisión de fluorescencia modificable, a versatilidade química ou o aumento das propiedades catalíticas e fotoquímicas observadas na nanoescala, captaron a atención dos investigadores á hora de atopar posibles aplicacións no campo da biomedicina. Neste sentido, o traballo levado a cabo nos laboratorios do grupo de Magnetismo e Nanotecnoloxía (NANOMAG) no iMATUS, Santiago de Compostela, centrouse na síntese de novas nanocápsulas magnéticas e fluorescentes que poidan ser usadas para imaxe médica ou terapias avanzadas. Por iso, elaborouse unha nanocápsula fluorescente que consiste nun núcleo de SPIONs embebidos nunha matriz de xelatina e funcionalizada con FeNCs. En primeiro lugar, prepáranse os SPIONs mediante o método de co-precipitación, e recóbrense coa xelatina por desolvatación. Á par, sintetízanse os FeNCs por redución química, e son anclados á superficie da cápsula magnética mediante métodos electrostáticos e covalentes. Todos os nanomateriais obtidos foron caracterizados mediante diversas técnicas como TGA, ATR-FTIR, DRX, DLS, ou TEM/STEM para verificar que as propiedades buscadas se conseguiran mediante a síntese. Finalmente, leváronse a cabo probas de microscopía confocal para coñecer o potencial destas nanocápsulas magnéticas fluorescentes para o uso en aplicacións biomédicas.

VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Titoría)
González Gómez, Manuel Antonio Cotitoría
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Titoría)
González Gómez, Manuel Antonio Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
Couce Fortúnez, Delfina (Presidente/a)
PELAZ GARCIA, BEATRIZ (Secretario/a)
Martínez Cebeira, Montserrat (Vogal)

Traballo fin de máster
Autoría
A.A.G.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
A.A.G.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Estudios recientes demuestran que el uso de antibioticos de amplio espectro compromete la estabilidad del microbioma y favorece la resistencia, lo que ha llevado a replantear el enfoque terapeutico utilizado en el tratamiento de las infecciones bacterianas. Inspirado en los avances de la medicina de precision en oncologia, el descubrimiento de antibioticos ahora se orienta hacia el uso de antibioticos de espectro reducido. Los antibioticos de precision con actividades focalizadas estan surgiendo como una forma de abordar las infecciones sin danar el microbioma ni incentivar la resistencia. Pseudomonas aeruginosa, uno de los patogenos mas preocupantes, senalado por la Organizacion Mundial de la Salud (OMS), es responsable de las enfermedades infecciosas resistentes a multiples farmacos mas desafiantes hoy en dia. Por lo tanto, es urgente buscar nuevos farmacos antipseudomonas con un nuevo mecanismo de accion que inhabilite selectivamente dianas bacterianas clinicamente inexploradas. Un enfoque antibacteriano innovador, comprende la inhibicion de la capacidad de la bacteria de causar infeccion. Este proyecto busca el descubrimiento de nuevos inhibidores de LasB (elastasa B de Pseudomonas, pseudolisina, codificada por el gen lasB, EC 3.4.24.26). El inhibidor propuesto, un derivado del fosforamidon, busca mejorar la selectividad frente a otras proteasas mediante la incorporacion de un grupo boronato, que imita el estado de transicion tetraedrica (mecanismo de adicion-eliminacion) involucrado en la catalisis de LasB.

TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Presidente/a)
Fraile Carrasco, Alberto (Secretario/a)
Filippone , Salvatore (Vogal)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Presidente/a)
Fraile Carrasco, Alberto (Secretario/a)
Filippone , Salvatore (Vogal)
Fotooxidación de contaminantes farmacéuticos catalizada por clústeres cuánticos atómicos
Autoría
P.B.R.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
P.B.R.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 15:30
17.07.2025 15:30
Resumo
Os contaminantes derivados de farmacos son una preocupacion ambiental creciente, ya que mediante los metodos convencionales de tratamientos de agua no es posible su eliminacion efectiva. En este contexto, las nuevas tecnologias basadas en procesos de oxidacion avanzados AOPs se presentan como una buena alternativa para su eliminacion. Dentro de estas aplicaciones destaca la fotocatalisis con oxido de titanio TiO2, que permite la fotooxidacion de moleculas organicas. Pese a esto, el TiO2 presenta limitaciones como la baja eficiencia fotocatalitica y la poca selectividad. En este trabajo, se estudio la actividad de catalizadores basados en clusteres cuanticos atomicos de plata AgMMP25, sintetizados por NANOGAP, en la fotodegradacion de dos contaminantes farmaceuticos como ibuprofeno y diclofenaco bajo varias fuentes de luz lampara UVA y simulador solar. Los ensayos realizados demuestran la viabilidad de la degradacion de ibuprofeno y diclofenaco bajo luz solar simulada y lampara UVA-Led. En base a los resultados obtenidos, utilizando diferentes catalizadores, se confirmo que la presencia de AgMM mejora la capacidad de degradacion del TiO2 P25 en comparacion con el P25 sin modificaciones, lo que muestra el potencial de este sistema para estudios futuros.

Rodríguez Arias, Iria Cotitoría
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Titoría)
Rodríguez Arias, Iria Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
SARANDESES DA COSTA, LUIS ALBERTO (Presidente/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Secretario/a)
Sánchez Vázquez, Pablo Breogán (Vogal)

Determinación do consumo de ketamina mediante a análise de augas residuais
Autoría
M.C.R.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
M.C.R.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Este proxecto céntrase na aplicación do enfoque da análise de augas residuais con fins epidemiolóxicas (WBE) para a determinación do consumo poboacional de ketamina e das potenciais rutas de consumo (ilícita ou prescrita) encontradas nas augas residuais. Para elo, desenvolveuse e validouse un método analítico baseado na inxección directa das mostras nun sistema de cromatografía líquida de alta resolución acoplada a espectrometría de masas en tándem (HPLC-QqQ-MS/MS) con separación enantiomérica mediante unha columna quiral. A metodoloxía foi optimizada para acadar unha adecuada exactitude, precisión e uns bos límites de detección e cuantificación nunha matriz complexa como é a auga residual. Analizáronse mostras recollidas en catro estacións depuradoras correspondentes a diferentes cidades, avaliando o consumo poboacional de ketamina. Por outra banda, a través do perfil enantiomérico, da información dispoñible da dispensación hospitalaria de ketamina e da análise de mostras reais de ketamina ilícita, logrouse distinguir entre consumo lícito (tanto en forma racémica como en forma de S-ketamina, ou esketamina) e ilícito (forma racémica exclusivamente). Os resultados mostraron que as concentracións de ketamina nas augas residuais, en todos os casos, foron moi superiores aos valores atribuíbles á dispensación hospitalaria, o que evidencia que existe unha fonte adicional de ketamina no medio urbano. O perfil enantiomérico mostrou valores de fracción enantiomérica de R-ketamina algo superiores a 0,5 na maioría dos casos, o cal indica unha presenza equimolar dos enantiómeros R e S, característica da ketamina racémica. Se ben este dato por si só non permite distinguir entre consumo hospitalario e ilícito, a combinación de dito perfil cos datos de prescrición apunta a que unha parte importante da ketamina presente na auga provén do consumo non regulado. Todo isto vese reforzado polo análise de mostras do mercado ilícito, que mostraron tamén unha composición racémica, confirmando a composición do produto distribuído con fins recreativos.

QUINTANA ALVAREZ, JOSE BENITO (Titoría)
ESTEVEZ DANTA, ANDREA Cotitoría
QUINTANA ALVAREZ, JOSE BENITO (Titoría)
ESTEVEZ DANTA, ANDREA Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
CASAIS LAIÑO, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
Ramos Berdullas, Nicolás (Secretario/a)
Alonso Rodríguez, Elia (Vogal)

Metodoloxía analítica para a extracción e a determinación de residuos en mostras de lodo
Autoría
I.D.V.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
I.D.V.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
A determinación de residuos de fármacos nos lodos das estacións depuradoras urbanas (EDARs) foi obxectivo de diversos estudos nos últimos anos para a súa utilización nalgúns sectores, como o industrial ou o agrícola. Estos estudos persiguen encontrar un uso sostible deste residuo, atendendo tanto a criterios económicos como medioambientais. Neste traballo validouse e aplicouse unha metodoloxía analítica para a extracción de diferentes fármacos de lodos de EDARs, basada na extracción dos mismos con acetonitrilo (ACN), en presenza de diferentes sales, seguida da súa determinación mediante cromatografía líquida e espectrometría de masas en tándem (LC-MS/MS). As mostras de lodo analizadas foron obtidas de diferentes EDARs situadas en Galicia. O procedemento analítico empregado presentou límites de cuantificación no rango dos baixos ng/g para a maioría dos compostos, eficacias de extracción elevadas e unha exactitude aceptable para 46 dos 49 compostos iniciais considerados. Os lodos das EDARs procesados mostraron resíduos da maioría dos micro contaminantes seleccionados, cun grupo de 28 compostos (todos eles fármacos ou metabolitos de excrección) presentes en todas as mostras a niveis superiores aos LOQs do procedemento de análisis.

RODRIGUEZ PEREIRO, ISAAC (Titoría)
RAMIL CRIADO, MARIA Cotitoría
RODRIGUEZ PEREIRO, ISAAC (Titoría)
RAMIL CRIADO, MARIA Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
CASAIS LAIÑO, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
Ramos Berdullas, Nicolás (Secretario/a)
Alonso Rodríguez, Elia (Vogal)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
CASAIS LAIÑO, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
Ramos Berdullas, Nicolás (Secretario/a)
Alonso Rodríguez, Elia (Vogal)
Optimización, validación e aplicación de varios métodos para a determinación de aditivos de materiais plásticos en mostras mariñas procedentes das Rías Galegas.
Autoría
N.D.F.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
N.D.F.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 15:00
17.07.2025 15:00
Resumo
Nos últimos anos, a presenza de certos compostos químicos comezou a chamar a atención. Aínda que non son novos, agora considéranse contaminantes de preocupación emerxente porque tenden a persistir no medio ambiente e poden afectar aos seres vivos mesmo en concentracións moi baixas. Estes inclúen ftalatos, aditivos para o caucho como o 6PPD (e o seu produto de transformación, a 6PPD-quinona), bisfenois e compostos perfluorados, que se estudarán neste traballo. Polo tanto, este estudo centrouse en determinar as concentracións destes contaminantes no medio mariño de Galicia. Para iso, desenvolvéronse e aplicáronse varios métodos baseados en: por unha banda, a extracción en fase sólida (SPE) acoplada a cromatografía de gases-espectrometría de masas (GC-MS) para analizar a auga de mar en busca de ftalatos, aditivos para o caucho e bisfenois. E, por outra banda, a dispersión en fase sólida de matriz (MSPD) seguida de cromatografía líquida-espectrometría de masas (LC-MS) para determinar compostos perfluorados en mexillóns. Os datos obtidos proporcionan unha idea bastante clara da presenza destes contaminantes nas rías gallegas, o que pode ser moi útil para comprender mellor o estado do medio mariño e proporcionar unha base para futuras avaliacións de riscos ambientais.

PEÑA VAZQUEZ, ELENA MARIA (Titoría)
Carro Mariño, Maria de las Nieves Cotitoría
PEÑA VAZQUEZ, ELENA MARIA (Titoría)
Carro Mariño, Maria de las Nieves Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
GONZALEZ ROMERO, ELISA (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
Avecilla Porto, Fernando Francisco (Vogal)

Síntese de 1,5-dienos multifuncionais a través de catálisis cooperativa de cobre e paladio.
Autoría
D.D.F.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
D.D.F.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
As reaccións multicomponentes poden dar lugar a produtos altamente funcionalizados mediante o emprego de tres ou máis reactivos de partida simples; con todo, estas vólvense todo un reto cando se busca illar un único produto, xa que para iso débese controlar á perfección a quimio-, rexio- e enantioselectividad. Entre este tipo de reaciones, destacan as alilboraciones de alenos, debido a que a especie de alil cobre xerada in-situ pode axustarse na posición alfa ou gamma coa posición alfa prima ou gamma prima do electrófilo alílico dando lugar á formación de ata catro posibles regioisómeros distintos de compostos 1,5-dienos. En base a isto, preséntase neste traballo o desenvolvemento dun sistema catalítico sinérxico de cobre e paladio para o axuste de alenos, B2Pin2 e carbonatos alílicos que dean lugar á formación 1,5-dienos borilados cunha selectividade de tipo gamma,alfa prima.

FAÑANAS MASTRAL, MARTIN (Titoría)
FAÑANAS MASTRAL, MARTIN (Titoría)
Tribunal
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Presidente/a)
Fraile Carrasco, Alberto (Secretario/a)
Filippone , Salvatore (Vogal)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Presidente/a)
Fraile Carrasco, Alberto (Secretario/a)
Filippone , Salvatore (Vogal)
Complexos de lantanoides como sensores luminiscentes
Autoría
C.D.F.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
C.D.F.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Neste traballo descríbense os resultados obtidos na síntese e caracterización de complexos metálicos heteronucleares de EuIII e TbIII derivados de ligandos macrocíclicos tipo LN6, co obxectivo de avaliar o seu funcionamento como sensores luminiscentes ratiométricos, tanto para a detección de anións en disolución acuosa como para a determinación da temperatura en estado sólido. Así, primeiro sintetizáronse e caracterizáronse os acetato-complexos {[Ln(LN6,en,r)(OAc)2](OAc)} de EuIII e TbIII, 1xH2O e 2xH2O, que serven como precursores para sintetizar complexos heteronucleares de EuIII:TbIII {[EuxTb1-x(LN6,en,r)(OAc)2](OAc)} con distintas relacións molares. Estudiouse o comportamento destes complexos heteronucleares como sensores ratiométricos de anións en disolución, demostrando que o complexo {{[Eu0.9Tb0.1(LN6,en,r)(OAc)2](OAc)}x0.5CHCl3 (4x0.5CHCl3) sensibiliza F-, H2PO4- e HSO4- individualmente e HSO4- nunha mestura dos tres analitos. Por outra banda, sintetizáronse e caracterizáronse os acetato-complexos de EuIII e TbIII derivados do ligando macrocíclico LN6,prop, co fin de sintetizar o complexo heteronuclear {[Eu0.1Tb0.9(LN6,prop)(OAc)2](BPh4)}xH2O (8xH2O). Avaliouse o comportamento como posible sensor ratiométrico de temperatura deste complexo metálico, demostrando que actúa como un eficiente sensor de temperatura no rango de 200-325 K, cunha sensibilidade relativa máxima do 8,9 %xK-1 e unha incerteza de 0.25 K a 325 K.

FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Titoría)
CORREDOIRA VAZQUEZ, JULIO Cotitoría
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Titoría)
CORREDOIRA VAZQUEZ, JULIO Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
Couce Fortúnez, Delfina (Presidente/a)
PELAZ GARCIA, BEATRIZ (Secretario/a)
Martínez Cebeira, Montserrat (Vogal)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
Couce Fortúnez, Delfina (Presidente/a)
PELAZ GARCIA, BEATRIZ (Secretario/a)
Martínez Cebeira, Montserrat (Vogal)
Estudo de sistemas microfisiolóxicos ( órganos nun chip, OoAC) para avaliar a toxicidade das nanopartículas nos alimentos
Autoría
I.D.R.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
I.D.R.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Dado o amplo uso dos nanomateriais na industria alimentaria, xorde a necesidade de optimizar métodos de determinación e caracterización de nanopartículas (NPs) en matrices biolóxicas, así como avaliar a bioaccesibilidade e biodispoñibilidade oral das mesmas. Neste traballo empregouse a espectrometría de masas con plasma acoplado por inducción medindo en modo de partículas individuais (spICP-MS) para a determinación do contido de NPs en diferentes mostras así como o tamaño das mesmas. Seleccionouse o modelo de dixestión in vitro proposto pola EFSA (INFOGEST) para a estimación da bioaccesibilidade das NPs mais comunmente empregadas (NPs de TiO2 e Ag) en alimentos ou envases alimenticios. Por outra parte, para avaliar a biodispoñibilidade desas NPs estudouse a posibilidade de empregar diferentes sistemas microfisiolóxicos (OoC) que simularan a barreira intestinal e as súas condicións dinámicas.

Domínguez González, María Raquel (Titoría)
MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO Cotitoría
Domínguez González, María Raquel (Titoría)
MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
CASAIS LAIÑO, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
Ramos Berdullas, Nicolás (Secretario/a)
Alonso Rodríguez, Elia (Vogal)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
CASAIS LAIÑO, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
Ramos Berdullas, Nicolás (Secretario/a)
Alonso Rodríguez, Elia (Vogal)
Determinación de pregabalina en sangue mediante GCMS.
Autoría
L.F.G.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
L.F.G.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
A pregabalina é un fármaco que se corresponde co enantiómero S do ácido 3aminometil5metilhexanoico e ten unha importante función inhibidora do sistema nervioso, polo que é utilizado para tratar cadros de epilepsia, ansiedade xeneralizada ou dores neuropáticos. Actualmente existe un mal uso e abuso importante da pregabalina, polos seus efectos secundarios similares aos de diferentes drogas, a potenciación destes mediante o uso simultáneo con opioides ou mesmo polo seu uso con finalidade suicida. O presente traballo ten como obxectivo desenvolver e validar un método analítico mediante GCMS para a detección e cuantificación de pregabalina en sangue. Desenvolveuse e optimizou un método analítico mediante GCMS que puidese resolver estas necesidades analíticas actuais dunha maneira eficaz, reproducible, rápida, económica e verde. Para iso, avaliáronse diferentes técnicas de extracción, reaccións de derivatización do fármaco, condicións de traballo e detección. O método deseñado final involucra unha extracción líquido líquido do fármaco en sangue humano, derivatización por acetilación e determinación mediante GCMS. Este validouse baixo os criterios recomendados pola FDA Food and Drug Administration para un rango lineal de concentracións 0,4 12 microg mL e finalmente aplicouse e avaliou en mostras reais de sangue humano postmortem.

SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Titoría)
Álvarez Freire, Iván Cotitoría
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Titoría)
Álvarez Freire, Iván Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
CASAIS LAIÑO, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
Ramos Berdullas, Nicolás (Secretario/a)
Alonso Rodríguez, Elia (Vogal)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
CASAIS LAIÑO, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
Ramos Berdullas, Nicolás (Secretario/a)
Alonso Rodríguez, Elia (Vogal)
Complexos de Terras Raras (Y, Dy, Gd) con PAHs Tridimensionais
Autoría
I.F.A.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
I.F.A.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Dadas as súas propiedades magnéticas e luminiscentes, os complexos de terras raras estimularon o desenvolvemento tecnolóxico global das últimas décadas, con aplicacións interesantes na medicina, sensores e todo tipo de dispositivos electrónicos e magnéticos. As propiedades electrónicas melloradas que ofrecen os PAHs non planos, curvados, acrecentaron o seu uso como ligandos de complexos metálicos. Unha aproximación sintética atractiva a estes PAHs non planares, en particular aqueles con aneis de oito membros, baséase na ciclotrimerización de COTinos mediante unha cicloadición 2+2+2. Neste proxecto de TFM abordarase a síntese dun PAH non plano que se pode considerar unha estrutura aberta dun hipotético alótropo de carbono tridimensional chamado grafito cúbico. Dadas as súas capacidades como doantes tipo pi, probaranse as súas posibilidades como ligando para complexar metais de terras raras.

SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Titoría)
VARELA CARRETE, JESUS ANGEL Cotitoría
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Titoría)
VARELA CARRETE, JESUS ANGEL Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
QUIÑOA CABANA, EMILIO (Presidente/a)
Vaz Araújo, Belén (Secretario/a)
Castro García, Socorro (Vogal)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
QUIÑOA CABANA, EMILIO (Presidente/a)
Vaz Araújo, Belén (Secretario/a)
Castro García, Socorro (Vogal)
Deseño de clústeres cuánticos atómicos para detección e tratamento de infeccións bacterianas
Autoría
S.F.G.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
S.F.G.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
A nanotecnoloxía converteuse nun campo revolucionario, con aplicacións que abarcan dende a biomedicina ata a catálise e a óptica. A súa importancia aumentou exponencialmente nos últimos anos debido á posibilidade de manipular materiais a escalas atómicas e moleculares, permitindo o desenvolvemento de dispositivos e materiais con propiedades novidosas, únicas e melloradas. Neste contexto tamén se inclúen os clústeres atómicos, que presentan propiedades fisicoquímicas excepcionais debido ao seu reducido tamaño, perdendo o seu comportamento metálico e achegándose a un comportamento máis propio de moléculas. Ata agora, os estudos realizados centráronse principalmente no uso de clústeres de metais nobres como a prata, o ouro ou o cobre, pero estes materiais resultan máis custosos e, por tanto, plantexouse a viabilidade do uso doutros metais de transición máis económicos. Por este motivo, neste proxecto centrámonos na síntese electroquímica e caracterización de clústeres de ferro de baixa atomicidade, co obxectivo de avaliar a súa aplicación como axentes antibacterianos. Sintetizáronse clústeres con diferentes distribucións de tamaño para comparar a súa función antibacteriana en función deste factor. Os resultados amosaron unha actividade catalítica prometedora en reaccións asociadas á xeración de estrés oxidativo, polo que se avaliou tamén a súa actividade antibacteriana. Estes ensaios amosaron igualmente resultados interesantes, cunha actividade antibacteriana digna de continuar estudando.

BLANCO TRILLO, JOSE MANUEL Cotitoría
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Titoría)
BLANCO TRILLO, JOSE MANUEL Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
Couce Fortúnez, Delfina (Presidente/a)
PELAZ GARCIA, BEATRIZ (Secretario/a)
Martínez Cebeira, Montserrat (Vogal)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
Couce Fortúnez, Delfina (Presidente/a)
PELAZ GARCIA, BEATRIZ (Secretario/a)
Martínez Cebeira, Montserrat (Vogal)
Caracterización de resina UF, MUF y PF mediante análises térmicos, espectroscopía FT-IR e determinación do perfil reolóxico, o contido en monómeros libres e outros parámetros fisicoquímicos e estruturais.
Autoría
M.G.A.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
M.G.A.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 15:00
17.07.2025 15:00
Resumo
FORESA é unha compañía ubicada comercialmente no sector madeideiro e a súa principal actividade céntrase no deseño e síntese de compostos químicos relacionados coa fabricación de produtos derivados da madeira, como son taboeiros de densidade media (MDF), contrachapados, etcétera. Entre os seus produtos atopamos todo tipo de resinas aminoplásticas e fenólicas, principalmente resinas urea-formaldehído (UF), melamina-formaldehído (MF), melamina-urea-formaldehído (MUF), fenol-formaldehído (PF), así como outros produtos de recubrimento de superficies, como poden ser axentes tensioactivos, ingifugantes, materiais que aportan illamento térmico, eléctrico, etcétera. A súa actividade comercial central é a venda de formol, principal materia prima na fabricación de adhesivos para a madeira. Tamén se dedica á produción de AdBlue, que está moi presente na industria do automobilismo. No presente traballo, feito no laboratorio de instrumentación do Departamento de Investigación Foresa Technologies, baixo a tutela do xefe do Departamento, o doutor Luis Alberto Otero, levouse a cabo a caracterización de tres resinas diferentes, unha UF, unha MUF e unha PF. No proceso de caracterización analizouse o perfil reolóxico das resinas, determináronse propiedades fisicoquímicas como a viscosidade, o pH, a densidade, e fixéronse probas estruturais e de composición, como o análise da distribución de pesos molecurales ou o contido en monómeros e/ou monómeros libres.

Sanmartin Matalobos, Jesus (Titoría)
Otero Vázquez, Luís Alberto Cotitoría
Sanmartin Matalobos, Jesus (Titoría)
Otero Vázquez, Luís Alberto Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
GONZALEZ ROMERO, ELISA (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
Avecilla Porto, Fernando Francisco (Vogal)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
GONZALEZ ROMERO, ELISA (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
Avecilla Porto, Fernando Francisco (Vogal)
Fotodegradación de contaminantes das augas procedentes da agricultura catalizada por Clústeres Cuánticos Atómicos.
Autoría
M.J.G.P.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
M.J.G.P.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 15:30
17.07.2025 15:30
Resumo
No presente Traballo Fin de Master estudouse a reducion fotocatalitica de nitratos en augas contaminadas, utilizando como fotocatalizadores TiO2 modificado con clusteres cuanticos de prata (Ag5-MM) baixo radiacion solar simulada. Compararonse diferentes mostras de Ag5-MM xunto con TiO2 (P25), baixo as mesmas condicions experimentais, avaliando tanto a cinetica de reducion como a eficiencia do procedemento. Ademais, analizouse o efecto de especies inhibidoras, como os sulfatos, e do pH do medio. Por ultimo, estudouse o efecto da sonicacion na estabilidade das mostras. Este estudo proporciona novos resultados que amosan o potencial dos clusteres cuanticos de cinco atomos de prata (Ag5-MM) para mellorar a eficiencia fotocatalitica en comparacion con TiO2 (P25), asi como a importancia das condicions experimentais neste procedemento.
No presente Traballo Fin de Master estudouse a reducion fotocatalitica de nitratos en augas contaminadas, utilizando como fotocatalizadores TiO2 modificado con clusteres cuanticos de prata (Ag5-MM) baixo radiacion solar simulada. Compararonse diferentes mostras de Ag5-MM xunto con TiO2 (P25), baixo as mesmas condicions experimentais, avaliando tanto a cinetica de reducion como a eficiencia do procedemento. Ademais, analizouse o efecto de especies inhibidoras, como os sulfatos, e do pH do medio. Por ultimo, estudouse o efecto da sonicacion na estabilidade das mostras. Este estudo proporciona novos resultados que amosan o potencial dos clusteres cuanticos de cinco atomos de prata (Ag5-MM) para mellorar a eficiencia fotocatalitica en comparacion con TiO2 (P25), asi como a importancia das condicions experimentais neste procedemento.
Dirección
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Titoría)
Rodríguez Arias, Iria Cotitoría
VAZQUEZ VAZQUEZ, CARLOS (Titoría)
Rodríguez Arias, Iria Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
SARANDESES DA COSTA, LUIS ALBERTO (Presidente/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Secretario/a)
Sánchez Vázquez, Pablo Breogán (Vogal)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
SARANDESES DA COSTA, LUIS ALBERTO (Presidente/a)
PARAJO MONTES, MARIA MERCEDES (Secretario/a)
Sánchez Vázquez, Pablo Breogán (Vogal)
Preparación de potenciais metalofármacos de paladio e platino con ligandos tiosemicarbazona
Autoría
E.L.P.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
E.L.P.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Mestrado (TFM) centrouse na obtención de complexos de paladio(II) e platino(II) a partir de ligandos bistiosemicarbazona tetradentados H2Ln carentes de átomo doador no espazador, empregando as metodoloxías de síntese electroquímica e química a partir de diversos sales. A síntese electroquímica xerou especies mononucleares [PdLn], mentres que a síntese química xerou especies de nuclearidade diferente dependendo do sal de paladio(II) ou platino (II) empregado. Cabe destacar a obtención dun composto trinuclear mixto, organometálico e de coordinación, de paladio(II). En todo caso a eliminación do átomo doador do espazador só permite a obtención de complexos dinucleares de [Pd2Ln2] potencialmente helicoidais para os ligandos etil e metoxifenil sustituídos empregando os sales PdCl2 e [Pd(CH3CN)4](BF4)2 e [PtLn]m obtidos a partir de K2PtCl4.

PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Titoría)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL Cotitoría
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA (Titoría)
MARTINEZ CALVO, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
Couce Fortúnez, Delfina (Presidente/a)
PELAZ GARCIA, BEATRIZ (Secretario/a)
Martínez Cebeira, Montserrat (Vogal)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
Couce Fortúnez, Delfina (Presidente/a)
PELAZ GARCIA, BEATRIZ (Secretario/a)
Martínez Cebeira, Montserrat (Vogal)
Materiais magnéticos moleculares de disprosio
Autoría
X.M.B.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
X.M.B.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Neste traballo preséntanse a síntese e caracterización dunha serie de acetato-complexos de disprosio(III) con ligandos hexaazamacrocíclicos: {[Dy(LN6,prop)(OAc)2](BPh4)} (1), {[Dy(LN6,propr)(OAc)2](OAc)}xH2O (2xH2O) e {[Dy(LN6,propr)(OAc)2](BPh4)} (3), e os resultados das reaccións de intercambio destes precursores con trifenilsilanolato. Os complexos 1 e 3 experimentan un intercambio parcial ou total dos ligandos acetato por trifenilsilanolato, dando lugar aos compostos {[Dy(LN6,prop)(OAc)(OSiPh3)](BPh4)}x0.5CH2Cl2 (4x0.5CH2Cl2) e {[Dy(LN6,propr)(OSiPh3)2](BPh4)}x3THF (5x3THF), respectivamente. O composto 4x0.5CH2Cl2 foi caracterizado cristalograficamente, revelando unha xeometría de antiprisma cadrado apicado distorsionada cara muffin. Os estudos das propiedades magnéticas de 4x0.5CH2Cl2 demostran un comportamento típico de imán molecular, no que a relaxación de spin ocorre a través dos mecanismos Orbach e túnel cuántico da magnetización.

Control da conformación de péptidos a través de disolventes eutécticos de composición diseñada
Autoría
M.M.G.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
M.M.G.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Os péptidos presentan un gran potencial coma ferramentas químicas, polo que o seu comportamento e plegamento é crucial para entender a expansión do seu uso alén dos límites dos sistemas vivos. Os disolventes eutécticos (DES) son entornos alternativos onde os péptidos poden ser solubilizados, expandindo as súas aplicación máis aló de tampóns acuosos. Cabe destacar que a capacidade de “diseño” dos DES pode ser empregada para controlar a paisaxe conformacional dos péptidos, proporcionando potencialmente disolventes que controlan a topoloxía peptídica. Sen embargo, a día de hoxe non se pode predecir con facilidade o efecto dos DES na estructura dos péptidos, polo que desenvolver un marco fundamental para entender a topoloxía dos péptidos convertiuse nun aspecto clave na química supramolecular. Nesta liña de investigación, trátase de establecer unha correlación entre a composición dos DES e a topoloxía de péptidos modelo. Para iso, sintetízase un conxunto de péptidos con diferente carga neta mediante síntesis de péptidos en fase sólida. Obsérvase que estes péptidos sufren cambios conformacionais dende unha estrutura completa de “random coil” a pH 7 en tampón fosfato a estructuras secundarias ordeadas unha vez disoltos en DES con propiedades prediseñadas. É importante destacar que esta topoloxía depende da composición dos DES e dos péptidos, onde a condensación de distintos contraións dirixe o grao de organización local. Estas observación poden levar ao diseño preciso de disolventes capaces de controlar con precisión a conformación dos péptidos, abrindo portas a novas posibilidades no desenvolvemento de biomateriais e sistemas estímulo-resposta.

MONTENEGRO GARCIA, JAVIER (Titoría)
SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN Cotitoría
MONTENEGRO GARCIA, JAVIER (Titoría)
SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN Cotitoría
Tribunal
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Presidente/a)
Fraile Carrasco, Alberto (Secretario/a)
Filippone , Salvatore (Vogal)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Presidente/a)
Fraile Carrasco, Alberto (Secretario/a)
Filippone , Salvatore (Vogal)
Ciclación en cascada fotocatalítica con isobutano: revelando unha disparidade rexioselectiva
Autoría
N.M.A.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
N.M.A.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Neste traballo presentamos unha ciclación en casacada entre N-aril acrilamidas e isobutano baseada nunha estratexia HAT fotocatalítica. Este método permite a incorporación de isobutano de forma eficiente e rexioselectiva a substratos non cíclicos en condición suaves, seguida dunha ciclación intramolecular para obter derivados de indolinona. As condicións óptimas permiten obter os produtos con rendementos de moderados a bos e alta selectividade. O estudo de substratos revelou boa tolerancia, especialmente con grupos delectroatraentes. Os estudos mecanísticos utilizando TEMPO como trampa de radicais mostraron unha relación de radicais alquilo lineal:ramificada de 96:4 na activación C-H, o que indica unha vía HAT altamente selectiva. Alternativamente, experimentos de control utilizando FeCl3 e TBADT suxiren que a especie activa podería orixinarse a partir dun complexo Fe-NFSI que xera un radical centrado no nitróxeno mediante un proceso LMCT. Para demostrar a utilidade sintética do método, realizouse unha reacción de acoplamento cruzado, obtendo un derivado con estruturas de relevancia farmaccolóxica como un núcleo de indolinona ou un grupo naftilo. Este é o primeiro uso reportado de isobutano como axente alquilante nunha ciclación en cascada fotocatalítica, o que pon de relevo o potencial aínda inexplorado dos alcanos gasosos na química sintética.

Escalado da extracción de compostos bioactivos de fontes naturais.
Autoría
F.J.M.V.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
F.J.M.V.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 15:00
17.07.2025 15:00
Resumo
Este traballo enfócase na obtención, caracterización e análise de extractos ricos en compostos bioactivos a partir de landras de aciñeira (Quercus ilex). O estudo realizouse mediante unha técnica de extracción rápida, sinxela, económica e respectuosa co medio ambiente: o sistema MSAT (mediana escala e temperatura ambiente), que emprega condicións suaves e disolventes xeralmente recoñecidos como seguros (GRAS). O traballo consta de tres partes. Primeiro, optimizouse o método de extracción para maximizar o índice de polifenoles totais (IPT) e a actividade antioxidante (AA). Ademais, estudouse a influencia da relación de disolventes e obtívose o perfil bioactivo completo dos extractos, cuantificando o IPT, a AA mediante o método DPPH e a concentración inhibitoria media (IC50). Os mellores resultados obtivéronse con lactato de etilo e auga ao 50%, tanto en IPT como en AA. Na segunda parte realizouse unha caracterización individual dos polifenoles mediante cromatografía de ultra alta resolución axustada a espectrometría de masas (UHPLC-QToF), detectándose 19 compostos de interese. Entre os principais compostos identificados destacan o ácido elágico, acedo gálico, 1,2,3,4,6-pentagaloil-glicosa, 1,2,3,6-tetragaloil-glicosa e 1,3,6-trigaloil-glicosa. Finalmente, na terceira fase, aplicouse a técnica optimizada a landras de carballo (Quercus robur), o que permitiu comparar os parámetros bioactivos e o perfil cromatográfico de ambos os extractos.

LORES AGUIN, MARTA (Titoría)
VERDES GOMEZ, JUAN JOSE Cotitoría
LORES AGUIN, MARTA (Titoría)
VERDES GOMEZ, JUAN JOSE Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
GONZALEZ ROMERO, ELISA (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
Avecilla Porto, Fernando Francisco (Vogal)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
GONZALEZ ROMERO, ELISA (Presidente/a)
Rodríguez Figueiras, Óscar (Secretario/a)
Avecilla Porto, Fernando Francisco (Vogal)
Extracción en fase sólida dispersiva empregando unha estrutura metalorgánica (MIL-100) para a determinación de filtros UV en augas ambientais
Autoría
N.M.R.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
N.M.R.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Nas últimas décadas, a crecente conciencia sobre os efectos nocivos da radiación solar na saúde incrementou significativamente a demanda de produtos con filtros solares. Estes axentes non só se atopan en formulacións fotoprotectoras, senón tamén nunha ampla variedade de produtos de uso diario como cremas, locións corporais e produtos para o cabelo. Estes compostos, que presentan unha gran diversidade estrutural, pertencen a diferentes familias, incluíndo benzofenonas, salicilatos, cinamatos e derivados do alcanfor. A produción a gran escala e o uso xeneralizado destes compostos deron lugar á súa liberación masiva no medio ambiente, converténdoos nun grupo significativo de contaminantes emerxentes. Os filtros ultravioleta (UV) chegan ao medio ambiente principalmente a través de actividades acuáticas e pola eliminación incompleta nas plantas de tratamento de augas residuais. A maioría destes compostos son persistentes, e reportáronse efectos nocivos non só en organismos mariños, senón tamén en anfibios e nalgunhas especies terrestres. Como exemplo da súa toxicidade, atribúese aos filtros UV o branqueamento dos corais, existindo evidencias de que poden causar efectos adversos mesmo a concentracións moi baixas. Algunhas destas substancias, como a Avobenzona e o Octocrileno, están prohibidas en determinados estados ou países. Polo tanto, o desenvolvemento de métodos analíticos eficientes e altamente sensibles para a análise de filtros UV resulta esencial. Neste traballo, desenvólvese unha metodoloxía baseada nunha extracción en fase sólida asistida por ultrasonidos e vórtice, utilizando como fase extractiva un material metal-orgánico (MIL-100), seguida de cromatografía de gases acoplada a espectrometría de masas en tándem para a análise simultánea de 15 filtros UV en auga. Os parámetros de extracción, incluíndo o formato de extracción, temperatura, pH, tempo de extracción e adición de sal, optimízanse mediante deseño experimental. Tras a validación, a metodoloxía aplícase á extracción de analitos en augas ambientais, augas residuais e augas recreativas. Entre as vantaxes do método desenvolvido destacan a súa alta eficacia, o baixo consumo de disolventes orgánicos, o procesamento rápido de mostras e a súa sensibilidade.

LLOMPART VIZOSO, MARIA PILAR (Titoría)
LLOMPART VIZOSO, MARIA PILAR (Titoría)
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
CASAIS LAIÑO, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
Ramos Berdullas, Nicolás (Secretario/a)
Alonso Rodríguez, Elia (Vogal)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
CASAIS LAIÑO, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
Ramos Berdullas, Nicolás (Secretario/a)
Alonso Rodríguez, Elia (Vogal)
Inventando novos catalizadores quirais “CpM” para catálise asimétrica
Autoría
S.M.R.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
S.M.R.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Os ligandos ciclopentadienilo (Cp) son moi relevantes no campo da catálise organometálica, por exemplo, no desenvolvemento de catalizadores de metais do grupo IX (Co, Rh, Ir) para reaccións de funcionalización C-H, que transforman directamente enlaces C-H inertes en grupos funcionais específicos. Desafortunadamente, as tecnoloxías para a preparación sintética destes ligandos Cp quirais son complexas e pouco versátiles. Por este motivo, o desenvolvemento de reaccións de funcionalización C-H enantioselecitvas con catalizadores CpM quirais foi escaso. Recentemente descubrimos unha cicloadición catalizada por cobalto que permite construír nun só paso ligandos ciclopentadienilo cunha ampla variedade de substituíntes que modulan as súas propiedades estéricas e electrónicas. Ademais, comprobamos que os complexos Cp-rodio derivados son cataliticamente activos. Con esta base, o noso obxectivo consistirá en preparar un ligando Cp quiral completamente novo e probar o seu respectivo complexo metálico en reaccións de funcionalización C-H asimétricas relevantes. Tamén ensaiaremos distintos métodos para obter ditos catalizadores Cp-rodio de maneira enantiopura, co fin de desenvolver variantes catalíticas asimétricas no futuro.

LÓPEZ GARCÍA, FERNANDO JOSÉ (Titoría)
Mascareñas Cid, Jose Luis Cotitoría
LÓPEZ GARCÍA, FERNANDO JOSÉ (Titoría)
Mascareñas Cid, Jose Luis Cotitoría
Tribunal
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Presidente/a)
Fraile Carrasco, Alberto (Secretario/a)
Filippone , Salvatore (Vogal)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Presidente/a)
Fraile Carrasco, Alberto (Secretario/a)
Filippone , Salvatore (Vogal)
Síntese de nanocables a partir de péptidos helicoidales autoensamblados
Autoría
A.M.T.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
A.M.T.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
As proteínas condutoras son filamentos proteicos naturais capaces de transportar a corrente eléctrica, isto motivou o deseño de polipéptidos sintéticos condutores con aplicación en dispositivos electrónicos de baixo custo de produción, baixa toxicidade e maior sustentabilidade ambiental. Estes nanofíos peptídicos transmiten corrente eléctrica mediante deslocalización de carga, facilitada por interaccións pi-pi entre as cadeas laterais de aminoácidos aromáticos. Neste estudo describimos a secuencia de segunda xeración (XQAXKAD)5, onde X é o aminoácido non natural e comercialmente dispoñible L-3-benzotienilalanina, un análogo estrutural do triptófano, no que o grupo indol foi substituído por unha cadea lateral de benzo[b]tiofen-3-il, que, dada a ampla aplicación dos tiofenos en materiais condutores, podería presentar propiedades melloradas de transporte electrónico. Este péptido presenta a capacidade de autoensamblarse en oligómeros e formar fibras homoxéneas cos residuos aromáticos amontoados no interior. A secuencia peptídica foi ensamblada mediante síntese en fase sólida, purificada por HPLC e a súa identidade confirmada por ESI-MS. A ensamblaxe supramolecular dos oligómeros foi caracterizada mediante: CD, espectroscopía UV-Vis, AFM, TEM, MALDI-TOF e SAXS.

VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Titoría)
VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Titoría)
Tribunal
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Presidente/a)
Fraile Carrasco, Alberto (Secretario/a)
Filippone , Salvatore (Vogal)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Presidente/a)
Fraile Carrasco, Alberto (Secretario/a)
Filippone , Salvatore (Vogal)
Preparación de compósitos quantum dots e polímeros de impronta molecular e a súa aplicación como fase sensora para o cribado fluorimétrico de tacrólimus en mostras clínicas
Autoría
L.O.R.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
L.O.R.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
O tacrólimus é un fármaco inmunosupresor empregado na profilaxe do rexeitamento de transplantes de órganos. A pesar de que o descubrimento deste fármaco revolucionou o mundo da medicina, este presenta unha farmacocinética variable, o cal provoca efectos adversos se non se controla adecuadamente a dose subministrada. Debido a isto, neste traballo proponse a implementación dunha nova metodoloxía de análise fluorimétrica rápida, baseada no uso de quantum dots funcionalizados con polímeros de impronta molecular (MIP@QDs) coma fase sensora, ca finalidade de poder determinar os niveis de tacrólimus en saliva. Comezouse o traballo experimental sintetizando a fase senora MIP@QDs, para a cal se sintetizou primeiramente os QDs de sulfuro de zinc dopados de manganeso (Mn-ZnS QDs), recubríndoos con polietilenglicol (PEG). Os MIP@QDs sintetizáronse mediante unha reacción de polimerización empregando o tacrólimus coma plantilla. Unha vez conformada a fase sensora, caracterizouse por FT-IR, XRPD, e HRTEM. As medidas fluorimétricas leváronse a cabo basándose na alteración da luminiscencia dos QDs, observando unha diminución da sinal obtida (efecto quenching). Obtivéronse as condicións óptimas da interacción tacrólimus-MIP@QDs, e, posteriormente avaliouse o posible efecto matriz ao empregar fluído oral coma matriz biolóxica. Determinouse o límite de detección do método (LOD), así como as recuperacións inter e intra día, o cal nos pode dar unha visión da exactitude das medicións. A metodoloxía proposta amósanos un gran potencial para o desenvolvemento de dispositivos miniaturizados para poder determinar os niveis de tacrólimus en saliva dos pacientes que o necesiten.

MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO (Titoría)
Domínguez González, María Raquel Cotitoría
MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO (Titoría)
Domínguez González, María Raquel Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
CASAIS LAIÑO, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
Ramos Berdullas, Nicolás (Secretario/a)
Alonso Rodríguez, Elia (Vogal)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
CASAIS LAIÑO, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
Ramos Berdullas, Nicolás (Secretario/a)
Alonso Rodríguez, Elia (Vogal)
Síntese de péptidos cíclicos para a formación de nanoreactores
Autoría
O.P.F.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
O.P.F.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo describe a estratexia sintética empregada para preparar un novo ciclopeptido deseñado para autoensamblarse en cápsulas supramoleculares catalíticas. O deseño inclúe modificacións estruturais clave como unha cadea alquil azida para ancorar grupos porfirina mediante química click, un grupo metileno naftilo para axudar a posicionar o capuchón molecular sobre a entrada da cavidade, e un aminoácido gama para restrinxir o equilibrio a un único dímero. O obxectivo principal foi sintetizar este ciclopeptido como precursor para este tipo de cápsulas, mellorando a rixidez estrutural e o control espacial. Para acadar isto, empregouse unha estratexia sintética converxente en fase de disolución. O aminoácido gama funcionalizado coa alquil azida, esencial para o ancorado da porfirina, sintetizouse a partir do precursor comercial Boc L gama Ace OH. Este proceso incluíu hidroxenación catalítica, esterificación do grupo carboxilo, intercambio de grupos protectores de Boc a Ns e finalmente alquilación N do derivado resultante. A continuación, sintetizáronse dous dipéptidos chamados Boc D Leu MeN L gama Acp OMe e Boc D gama Ach MeN L gama Acp OMe, mediante desprotección diferencial e acoplamento. Estes dipéptidos foron despois unidos para formar o tetrapéptido lineal. En resumo, sintetizouse un precursor robusto para futuras cápsulas catalíticas supramoleculares. O traballo futuro inclúe completar a síntese do péptido lineal, a súa ciclación e a confirmación do seu autoensamblaxe en forma de dímero. Finalmente, ancoraranse os grupos porfirina e realizaranse estudos de encapsulamento de diferentes tipos de ligandos, especialmente di e tetrapiridinas, así como a investigación das súas propiedades catalíticas.

AMORIN LOPEZ, MANUEL (Titoría)
Granja Guillán, Juan Ramón Cotitoría
AMORIN LOPEZ, MANUEL (Titoría)
Granja Guillán, Juan Ramón Cotitoría
Tribunal
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Presidente/a)
Fraile Carrasco, Alberto (Secretario/a)
Filippone , Salvatore (Vogal)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Presidente/a)
Fraile Carrasco, Alberto (Secretario/a)
Filippone , Salvatore (Vogal)
Novos conxugados sulfonopenicilina sideróforo para restaurar a eficacia dos antibióticos betalactámicos
Autoría
D.P.R.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
D.P.R.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
As infeccións causadas por bacterias resistentes son hoxe en día demasiado frecuentes, e algúns patóxenos mesmo chegaron a desenvolver resistencia a múltiples tipos de antibióticos, polo que existen poucos ou ningún tratamento dispoñible. Nos últimos anos, a estratexia máis exitosa no descubrimento de fármacos antiinfecciosos para o tratamento destas infeccións difíciles de erradicar é a terapia combinada antibiótico mais inhibidor da resistencia. Estes inhibidores permiten reutilizar antibióticos que xa demostraron ser seguros e eficaces para o uso clínico. Nas bacterias Gram negativas, o principal mecanismo de resistencia é a inactivación enzimática dos antibióticos betalactámicos, que constitúen o 70 por cento dos prescritos, catalizada polas betalactamases. Estas encimas hidrolizan o anel betalactámico, dando lugar a compostos inactivos. O noso grupo de investigación centrouse nas betalactamases máis complexas e difíciles de inhibir: as encimas de clase D con actividade carbapenemasa, amplamente distribuídas en especies de relevancia clínica como Acinetobacter baumannii p. ex., OXA 23 ou OXA 24 40; ou Enterobacteriales p. ex., OXA 48. A capacidade hidrolítica das encimas OXA 23 e OXA 24 40 débese á estrutura pouco común do seu centro activo, que presenta unha entrada en forma de túnel que actúa como un filtro hidrofóbico, controlando o acceso só a determinados substratos. Neste Traballo de Fin de Máster, proponse a preparación dun conxugado sulfonopenicilina sideróforo de carácter zwiteriónico, co obxectivo de desenvolver un inhibidor de amplo espectro fronte ás betalactamases máis desafiantes.

Detección de nanomateriais por técnicas espectrométricas
Autoría
M.R.Q.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
M.R.Q.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Os nanomateriais (NMs) son materiais de pequeno tamaño cuxas propiedades optoelectrónicas veñen dadas polo confinamento cuántico debido á redución do tamaño en relación ao material en estado masivo. Nos últimos anos, a nanotecnoloxía avanzou a un ritmo incontrolable e os nanomateriais aparecen cada vez máis en numerosos ámbitos como a biomedicina, industria farmacéutica e téxtil, cosmética, electrónica, informática ou medio ambiente. O obxectivo deste traballo é detectar a presenza dos NMs en disolución, polo que se propón un plan de deseño dun sensor portador dun grupo fluoróforo que sexa quen de unirse aos ións metálicos dos NMs, modificando as súas propiedades ópticas linealmente en función da súa concentración. Tras isto, foron aplicadas diversas técnicas para a caracterización da adhesión ligando-NP e, para a detección, estudouse a viabilidade de substituír a Espectroscopía de Fluorescencia pola Detección Colorimétrica (RGB). A finalidade é acadar un método para detectar NMs máis práctico, rápido, asequible e de baixo custe instrumental. Isto conséguese a través da toma e procesado de imaxes vía smartphone, o que evitaría acudir a instrumentación especializada en fluorescencia molecular. Os resultados preliminares apuntan cara unha posible viabilidade do método en disolución, primeiramente. A adhesión das NPs ao sensor fai que este diminúa a súa fluorescencia, o que denota un cambio observable nas súas características fluoróforas.

ABOAL SOMOZA, MANUEL Cotitoría
Sanmartin Matalobos, Jesus (Titoría)
ABOAL SOMOZA, MANUEL Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
Couce Fortúnez, Delfina (Presidente/a)
PELAZ GARCIA, BEATRIZ (Secretario/a)
Martínez Cebeira, Montserrat (Vogal)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
Couce Fortúnez, Delfina (Presidente/a)
PELAZ GARCIA, BEATRIZ (Secretario/a)
Martínez Cebeira, Montserrat (Vogal)
Obtención de complexos helicoidais derivados de ligandos funcionalizados con grupos voluminosos
Autoría
R.S.C.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
R.S.C.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Mestrado enmárcase dentro da liña de investigación “Química Supramolecular” do grupo Química Bioinorgánica e Supramolecular (SUPRABIOIN), e ten como finalidade a obtención de complexos metalosupramoleculares helicoidais a partir de ligandos funcionalizados con grupos voluminosos para estudar o efecto destes na arquitectura final dos compostos. Para isto empregáronse cinco ligandos base de Schiff H2Ln (onde n=1-5), potencialmente dianiónicos e tetradentados (N2O2), que presentan grupos metilo no espazador e grupos tert-butilo nas ramas. Sintetizáronse os complexos metalosupramoleculares neutros de cobalto, níquel, cobre e cinc mediante unha metodoloxía electroquímica. A súa caracterización en estado sólido e en disolución permitiu coñecer a súa estequiometría e arquitectura.

GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Titoría)
Fernández Fariña, Sandra Cotitoría
GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Titoría)
Fernández Fariña, Sandra Cotitoría
Tribunal
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
Couce Fortúnez, Delfina (Presidente/a)
PELAZ GARCIA, BEATRIZ (Secretario/a)
Martínez Cebeira, Montserrat (Vogal)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Coordinador)
Couce Fortúnez, Delfina (Presidente/a)
PELAZ GARCIA, BEATRIZ (Secretario/a)
Martínez Cebeira, Montserrat (Vogal)
Ciclacións en cascada bioortogonais catalizadas por ouro
Autoría
X.S.I.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
X.S.I.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
A química bioortogonal consolidouse como unha disciplina esencial, estudando reaccións químicas altamente selectivas dentro de contornas biolóxicas complexas sen interromper o seu funcionamento. Neste contexto, a introducción de transformacións non naturais dentro dos sistemas vivos converteuse nunha ferramenta clave en biomedicina, proporcionando oportunidades sen precedentes para o deseño de novos tratamentos e terapias. Dentro deste marco, é interesante considerar o uso de complexos catalíticos de metais de transición para desenvolver novas reactividades biocompatibles. Neste proxecto buscamos adaptar un proceso de ciclación en cascada múltiple a condicións biocompatibles, imitando mecanismos naturais como a biosíntese de esteroides. Con este fin, exploramos o uso do ouro como catalizador capaz de promover a activación de enlaces múltiples C-C para un ataque nucleofílico, o que conduce á formación in situ de estruturas heterocíclicas complexas e bioactivas de interese dunha maneira sinxela. Así, este traballo estuda a optimización dun proceso en cascada de dobre ciclación, logrando condicións de alta dilución, tolerancia ao aire e compatibilidade coa auga. Ademáis, avaliamos a súa tolerancia a medios biolóxicos relevantes e o efecto da presenza de diferentes biomoléculas, con resultados prometedores. Doutra banda, exploramos a expansión do sistema pi co obxectivo de formar produtos fluorescentes a través de tres ciclacións consecutivas promovidas por ouro. Finalmente, presentamos resultados preliminares da actuación da devandita reactividade no interior de células vivas de mamífero.

Mascareñas Cid, Jose Luis (Titoría)
TOMAS GAMASA, MARIA Cotitoría
Mascareñas Cid, Jose Luis (Titoría)
TOMAS GAMASA, MARIA Cotitoría
Tribunal
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Presidente/a)
Fraile Carrasco, Alberto (Secretario/a)
Filippone , Salvatore (Vogal)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Presidente/a)
Fraile Carrasco, Alberto (Secretario/a)
Filippone , Salvatore (Vogal)
Síntese e caracterización dun hexaazananografeno
Autoría
M.S.P.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
M.S.P.
Máster Universitario en Química Orgánica (3ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
A síntese de hidrocarburos policíclicos aromáticos (HPAs) de gran tamaño e nanografenos é complicada debido á ausencia de grupos funcionais nas súas estruturas e a súa solubilidade tipicamente baixa. Con todo, o considerable interese e o amplo rango de posibles aplicacións destes compostos impulsaron un progreso substancial nas últimas décadas. Entre os desafíos actuais, a incorporación de heteroátomos como o nitróxeno segue presentando dificultades sintéticas. Este proxecto deu lugar a un enfoque sintético sen precedentes para a síntese de nanografenos que conteñen nitróxeno.

PEÑA GIL, DIEGO (Titoría)
Pozo Míguez, Iago Cotitoría
PEÑA GIL, DIEGO (Titoría)
Pozo Míguez, Iago Cotitoría
Tribunal
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Presidente/a)
Fraile Carrasco, Alberto (Secretario/a)
Filippone , Salvatore (Vogal)
TORNEIRO ABUIN, MERCEDES (Presidente/a)
Fraile Carrasco, Alberto (Secretario/a)
Filippone , Salvatore (Vogal)
Determinación de gabapentina en sangue e humor vítreo mediante GCMS
Autoría
J.R.V.P.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
J.R.V.P.
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Gabapentina (GBP) é un fármaco con propiedades anticonvulsivas e analxésicas amplamente utilizado e con unha crecente tendenza ao seu uso fora da etiqueta, o que incrementou a súa relevancia na toxicoloxía forense. Neste traballo, o obxectivo foi desenvolver e validar un método analítico rápido e sensíbel para a determinación de GBP en sangue e humor vítreo mediante cromatografía de gases acoplada a espectrometría de masas (GCMS), conforme a guía de validación da US Food and Drug Administration (FDA). Evaluáronse distintas técnicas de extracción, senda a extracción en fase sólida (SPE) con columna Strata C18T a que ofreceu os mellores resultados en termos de recuperación e precisión. O método non requiriu derivatización, simplificando así o procedemento e apoiando os principios da química verde. A validación inclueu curvas de calibración lineais con coeficientes de determinación similares en ambas matrices, e ensayos intra e inter-día que demostraron presión e exactitude dentro dos límites aceptados. Finalmente, o método foi aplicado na análise de mostras reais para verificar a aplicabilidade do método a casos reais xestionados no Instituto de Ciencias Forenses (INCIFOR) da Universidade de Santiago de Compostela. A maiores, investigouse o potencial uso do humor vítreo como matriz alternativa, destacando a súa estabilidade e menor susceptibilidade de redistribución, á sangue cando non está dispoñible en contextos postmortem.

BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Titoría)
CABARCOS FERNANDEZ, PAMELA Cotitoría