O congreso celebrarase en formato híbrido. As comunicacións aprobadas polo Comité Científico de fora do Sistema Universitario de Galicia defenderanse a través de Teams. Os accesos estarán dispoñibles na Web, tamén para os/as asistentes que teñan interese en conectarse as defensas. As conferencias e mesas redondas poderán seguirse a través da canle de Youtube da USC de xeito síncrono e/ou asíncrono, sen interactividade.
Os/as participantes no Congreso poderán presentar contribucións (comunicacións) relacionadas con teorías, experiencias prácticas ou resultados de investigacións na modalidade PRESENCIAL e/ou A DISTANCIA, en calquera dos ámbitos temáticos do Congreso, nunha ou nas dúas modalidades seguintes:
1. COMUNICACIÓN PRESENCIAL (ACCESO Á PLANTILLA EN “DOCUMENTACIÓN”)
2. COMUNICACIÓN A DISTANCIA (ACCESO Á PLANTILLA EN “DOCUMENTACIÓN”)
Poderán presentarse con autoría individual ou grupal (máximo de catro autores/as). Cada autor/a poderá aparecer nun máximo de tres contribucións e obrigatoriamente terá que se matricular no Congreso. Unha vez finalizado o congreso si tiveran interese en que fora publicado o seu texto, deberán remitilo ao mesmo enderezo de correo, respectando as normas de redacción e o prazo límite de recepción pola organización.
Na redacción das propostas seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2020, que se poden consultar nos seguintes enlaces:
Enlace oficial da APA sobre a listaxe de referencias (con exemplos por tipos de documento) https://apastyle.apa.org/style-grammar-guidelines/references
Enlace oficial da APA sobre as citas no texto: https://apastyle.apa.org/style-grammar-guidelines/citations
Enlace ao titorial da BUSC sobre redactar referencias (todos os estilos existentes): https://rebusca.usc.gal/guia-citas-referencias-bibliograficas
En atención a criterios de igualdade de xénero recoméndase facer uso da linguaxe non sexista. Pode obterse información ao respecto de como aplicala no acceso:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
Os resumos e texto completo enviaranse ao correo: congreso.23gapt [at] usc.es (congreso[dot]23gapt[at]usc[dot]es)
Prazos
₋ Proposta (resumo 200 palabras máximo): ata o 20 de outubro de 2023 AMPLIADO ATA 6 NOVEMBRO ÁS 14:00 HORAS
₋ Aceptación polo Comité Científico: ata o 10 de novembro de 2023 AMPLIADO ATA 15 NOVEMBRO ÁS 14:00 HORAS
₋ Texto completo (5 páxinas máximo): ata o 22 de decembro de 2023
Desenvolvemento
Nas salas de defensa, formaranse foros coas comunicacións afíns temáticamente. Con anterioridade a celebración do congreso, poderá consultarse na súa web a planificación e desenvolvemento das defensas, tanto presenciais como en liña.
Visitas
Mosteiro de San Salvador de Celanova