Ir o contido principal
  • USC Vida

Sara González dirixirá a Cátedrade Mobilidade Sostible da USC

O día 08/04/2025 presentouse no Pazo de San Xerome a cátedra de Mobilidade Sostible que dirixirá a profesora titular do departamento de Enxeñaría Química Sara González.

A Cátedra Institucional USC-MONBUS de mobilidade sostible traballará orientada á transformación dixital e sostible do transporte colectivo e ao impulso da mobilidade activa e saudable. Neste contexto, tanto a institución universitaria como a empresa consideran que os traballos de investigación e innovación para avanzar cara a unha mobilidade de emisión cero teñen que intensificarse, sendo especialmente relevante a interrelación entre os sectores das tecnoloxías enerxéticas, o transporte e a industria.

Sara González García indicou que o obxectivo será definir “unha plataforma clave para promover a I+D+i en favor dunha xestión máis intelixente e sustentable da mobilidade”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.04.2025.