Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionarlle ao alumnado unha aproximación comprensible dos procesos que teñen lugar durante o desenvolvemento ó nivel anatómico, celular, molecular e de expresión xénica.
INTRODUCIÓN Á BIOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO. Antecedentes históricos. Conceptos básicos. Organismos Modelo. Etapas do desenvolvemento. Principais métodos de estudio.
GAMETOXÉNESE. Orixe das células xerminais. Comparación entre espermatoxénese e ovoxénese. Bioloxía dos espermatozoides. Control hormonal e paracrino da espermatoxénese. Ovoxénese. Diferenciación do folículo e do ovocito. Cubertas do óvulo. Maduración, selección dos folículos e ovulación. Control hormonal e paracrino.
FECUNDACIÓN. Etapas e tipos. Capacitación do espermatozoide e aproximación ao óvulo. Bioloxía do recoñecemento, contacto e fusión dos gametos nos mamíferos. Prevención da polispermia. Fusión dos pronúcleos. Activación do ovo e comezo da etapa de segmentación. Polispermia a as súas consecuencias. Partenoxénese
SEGMENTACIÓN. Tipos de segmentación. Mecanismos da segmentación. Regulación da segmentación. Organización e propiedades do embrión durante a segmentación. A segmentación nos mamíferos euterios: formación e bioloxía do blastocisto e os seus compoñentes. Implantación do embrión.
GASTRULACIÓN. Movementos celulares básicos da gastrulación. Mapas de territorios presuntivos. O caso da gastrulación en mamíferos: formación do embrión bilaminar e trilaminar. Aceleración diferencial dos procesos.
BASES CELULARES E MOLECULARES DA MORFOXÉNESE. Forma celular, movementos morfoxenéticos. Interaccións celulares. Adhesión celular no desenvolvemento e moléculas mediadoras. Citoesqueleto. Polaridade celular. Migracións celulares.
PROGRAMA DO DESENVOLVEMENTO. Constancia xenómica e transplante nuclear: experimentos nos anfibios e mamíferos. Idea xeral da especificación e diferenciación das células. O ADN durante o desenvolvemento. Importancia das rexións xénicas reguladoras. Impronta xenética e a sua herencia nos linaxes celulares. Células nai e pluripotencia. Reversibilidade da diferenciación: Células nai inducidas e reprogramación xénica.
EXPRESIÓN XÉNICA DIFERENCIAL DURANTE O DESENVOLVEMENTO TEMPERÁN. Xenes do desenvolvemento na mosca do vinagre (Drosophila)
e formación do patrón axial e dorsoventral. Conservación do patrón xénico do desenvolvemento en animais.
EMBRIOLOXÍA EXPERIMENTAL NOS VERTEBRADOS. Descubrimento da indución e os fenómenos de regulación. Formación dos eixos do embrión. Gradientes. Organizador e centros sinalizadores.
MOLÉCULAS SINALIZADORAS E RECEPTORES DURANTE O DESENVOLVEMENTO. Factores de transcrición. Moléculas de superficie. Efectores intracelulares. Redes moleculares e xenes implicados.
MEMBRANAS EXTRAEMBRIONARIAS. Tipos. Formación das membranas extraembrionarias e da placenta en mamíferos. Tipos de placentas. Bioloxía da placenta.
DESENVOLVEMENTO DAS PARTES DO EMBRION. ECTODERMA NEURAL: neurulación, crestas neurais. Neuroxénese. Indución e especificación das partes do sistema nervioso central. Xenes e mecanismos implicados.
A CRISTA NEURAL. Funcións organizadoras da crista. PLACODAS CEFÁLICAS. Derivados placodales. Bioloxía do desenvolvemento das placodas. A ECTODERMA CUTÁNEA. A pel e outros derivados cutáneos.
MESODERMA. Diferenciación e segmentación do mesoderma. Especificación e diferenciación dos somites. Redes xénicas e interaccións implicadas. Placa mesodérmica lateral. Desenvolvemento do corazón, sistema vascular e sanguíneo..Mesoderma intermedio. Desenvolvemento do sistema uroxenital.
ENDODERMA. Formación e diferenciación rexional do endoderma. A endoderma como centro director da diferenciación de outras estruturas. Derivados endodérmicos.
DESENVOLVEMENTO DAS EXTREMIDADES. Formación do patrón. Bioloxía das interaccións entre derivados ectodérmicos e mesodérmicos. Establecemento do patrón da extremidade. Morte celular programada na extremidade en desenvolvemento.
DETERMINACIÓN DO SEXO. Determinación cromosómica do sexo e determinación por factores ambientais. Determinación dos carácteres sexuais primarios e secundarios nos mamíferos. Orixe das células xerminais.
DESENVOLVEMENTO FETAL E POSNATAL. Crecemento e maduración. Interaccións hormonais. BIOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO E MEDICINA.
Bibliografía: (Chave: BB, Biblioteca de Bioloxía; BE, Biblioteca de Enfermería; BF, Biblioteca de Farmacia; BM, Biblioteca de Medicina)
Bibliografía básica:
- Carlson BM. Embriología Humana y Biología del Desarrollo. Elsevier. 2014 (5ª ed.) y anteriores. BB, BE, BM.
-Gilbert SF, Barresi MJF. Developmental Biology, Sinauer. 2018 (11th ed) (e as anteriores). BM, BB (A edición do 2000, 6ª ed., está dispoñible en aberto https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK9983/?term=. A edición do 2005, 7ª ed., está traducida ao castelán na editorial Médica-Panamericana
- Langman J, Sadler TW. Embriología Médica. Philadelphia: Wolters Kluwer. 2016 (13ª ed.) y anteriores. BM, BE.
- Wolpert L, Beddington R, Jessell T, Lawrence P, Meyerowitz E, Smith J. Principles of Development, Oxford UP. 2015 (5th ed.) (e as anteriores). A edición do 2009 (3ª ed.) está traducida ao castelán na editorial Médica-Panamericana) BE, BB
Bibliogafía complementaria:
- Browder LW. Developmental Biology: a Comprehensive Synthesis. 1985. BB.
- Carlson. Embriología Básica de Patten. Interamericana. 1990 (5ª ed.). BB.
- Martínez Arias A. Molecular Principles of Animal Development. Oxford. 2002. BB.
- Moore, K, Persaud. Embriología Básica, 1995. BB, BM
- Moore, KL, Persaud TVN, Torchia MG. Embriología Clínica, 10ª Ed. 2016 (y anteriores). BM.
- Stern, C.D: (ed.) Gastrulation: from Cells to Embryo. Cold Spring Harbor Press, 2004. BB.
Recursos Web
Recursos genéticos sobre el ratón, modelos de enfermedades humanas:
- Mouse Genome Informatics: http://www.informatics.jax.org/
- Whole Mouse Catalog – Genome: http://wmc.rodentia.com/domain_genome.html
- The Jackson Laboratory: https://www.jax.org/
- Three-Dimensional Digital Mouse Atlas Using High-Resolution MRI: https://authors.library.caltech.edu/63440/
- Society for Developmental Biology: http://www.sdbonline.org/
- Dynamic Development (U. de Calgary): http://people.ucalgary.ca/~browder/virtualembryo/dev_biol.html
- The Zebrafish Book http://zfin.org/zf_info/zfbook/zfbk.html
- PubMed: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/ http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books?term=embryo
Ao rematar o curso, espérase que o alumnado de esta materia
-Dispoña dunha aproximación comprensible dos procesos básicos que teñen lugar no desenvolvemento dun individuo ao nivel anatómico, celular, molecular e de expresión génica, a través da análise dos resultados dos experimentos que foron cruciais para o avance da Bioloxía do Desenvolvemento.
-Sexa capaz de identificar as etapas de desenvolvemento embrionario características dos principais organismos modelo e describilas dende as etapas temperás ate o estado de plan corporal básico.
-Coñeza os métodos de estudio na investigación en desenvolvemento e a súa aplicación.
-Sexa capaz de aplicar os principios teóricos aprendidos á práctica.
-Manexe as fontes de información e a bibliografía xeral e especializada relacionada coa materia.
-Coñeza a terminoloxía específica da materia e a utilice de forma fluída e con propiedade na comunicación escrita e oral.
-Amose habilidade para traballar de forma autónoma e en grupo.
Utilizaranse:
- Clases maxistrais.
- Seminarios impartidos polo alumnado. Os seminarios son obrigatorios. Cada persoa deberá expoñer, defender e presentar por escrito os traballos que lle será asignados pola profesora. Tamén deberá participar activamente durante as presentacións das outras persoas mediante a formulación de cuestións que estimulen o debate.
- Titorías (unha titoría de 1 h).
- A USC Virtual será utilizada para facilitar o acceso ás presentación da profesora nas clases maxistrais, así como aos resumos das presentacións do alumnado nos seminarios.
As persoas que cursen esta materia:
- deberán superar un exame que representará ó 60% da nota final. O aprobado está en 5 sobre 10;
- deberán participar activamente nas clases e tamén nos debates que se promoverán nos seminarios. A participación nas clases tamén se terá en conta e suporá o 10% da nota final.
- deberán elaborar e presentar traballos individuais e en grupo, ben de temas xerais ou de análises de artigos de investigación. Esta actividade suporá ó 30% sa nota final.
Horas presenciais (24+2h exame) e horas de traballo persoal (37)
- Teoría: 9 horas presenciais e 15 horas de traballo persoal
(horas totais: 24).
- Asistencia, preparación e exposición de seminarios: 14 horas presenciais e 22 horas de traballo persoal (horas totais: 36).
- Titorías : 1 hora presencial (horas totais: 1).
- Realización do examen: 2 horas presenciais (horas totais: 2).
- Asistencia e participación activa na clase.
- Estudo utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida nas clase (é fundamental que o estudo sexa o máis próximo posible á hora de clase).
- Estudo e revisión semanal da materia dada, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida nas clases.
- Aclaración coa profesora de posibles dúbidas.
- Repaso para o exame final.
Plan de Continxencia. No caso de que a docencia se desenvolva nos escenarios 2 e 3, realizaranse as seguintes adaptacións:
Modificaríanse os contidos
• Impartiríanse so os contidos teóricos que figuran na guía docente.
Modificaríase a bibliografía básica
A través da aula virtual poríase a disposición do alumnado os pdfs de recursos bibliográficos da nosa biblioteca (artigos e libros) aos que o alumnado non teña acceso.
Modificaríase a Metodoloxía da ensinanza
• A docencia sería virtual síncrona en remoto polos mecanismos que habilite a USC para a transmisión.
• A través da aula virtual proporcionaranse presentacións en power point elaboradas para facilitar, na medida do posible, a comprensión da materia en ausencia da explicación presencial na aula. As presentacións terán contidos que promoverán a aprendizaxe autónoma canalizada a través de lecturas de artigos e libros.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
-Non haberá exame final presencial nin probas específicas de avaliación non presenciais.
-A avaliación será non presencial sen probas específicas, baseada nas actividades propostas que terán avaliación continua.
-A cualificación final será a suma das cualificacións parciais obtidas trala avaliación das tarefas correspondentes (Cuestionarios de Autoavaliación, Exercicios e Traballo de Seminario, ...).
Usarase a aula virtual e o correo electrónico para formular dúbidas (por parte do alumnado) e para resolvelas (por parte da profesora).
Maria Isabel Rodriguez-Moldes Rey
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816950
- Correo electrónico
- isabel.rodriguez-moldes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 9 |