Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea, Historia Moderna
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo da materia historia de España é a presentación, análise e discusión das grandes transformación ocorridas en España no período de tempo que se estende entre a constitución dos reinos hispánicos (ss. XI-XIII) e a consolidación democrática e o nacemento do estado das autonomías (s. XX). Preténdese que o alumnado consiga unha comprensión da xénese e desenvolvemento dos principais procesos históricos que ten vivido a sociedade española, que atenda á multicausalidade e que coñeza os conceptos fundamentais que definen a evolución espazo-temporal dos mesmos co obxecto de asimilar unha visión plural e crítica da conformación da sociedade, a economía, o sistema político e a cultura no momento actual. Dous obxectivos máis específicos serán, por unha parte, conseguir que o alumno se achegue aos contidos xerais da materia a partir do coñecemento de conceptos e correntes intelectuais da Historiografía e por outra parte, prestar atención aos procesos de democratización e construción da cidadanía.
Os contidos da materia organízanse arredor de dous eixos temáticos. O primeiro deles céntrase no coñecemento da Historia de España na idade moderna, en concreto veranse en detalle as estruturas da economía e da sociedade, as manifestacións culturais (Renacemento, Barroco e Ilustración) e os procesos políticos acontecidos en España ao longo dos séculos XVI-XVIII. O segundo dos eixos da materia consiste na presentación e análise dos debates e temas centrais que plantexa o estudo do período de tempo que se estende entre finais do século XVIII e a actualidade. Preténdese especialmente que o alumnado adquira unha visión axeitada da xénese e desenvolvemento histórico dos principais procesos que se relacionan máis directamente coa configuración actual de España (formación da democracia, xurdimento e evolución do problema nacional, articulación económica do país no contexto internacional), de acordo co seguinte programa:
BLOQUE I. HISTORIA MODERNA DE ESPAÑA
1. Poboación, economía e sociedade
2. Institucións e política na España do Antigo Réxime
3. Cultura española e pensamento moderno
BLOQUE II. HISTORIA DE ESPAÑA CONTEMPORÁNEA
1. As culturas políticas da España Contemporánea
2. A sociedade liberal: cidadanía e cultura
3. A construción da España democrática. Da "cultura do medo" á acción colectiva.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA XERAL
PEREZ, J., Historia de España. Barcelona: Crítica, 2000.
TUSELL, J.; MARTÍN, J. L.; MARTINEZ SHAW, C., Historia de España, 2 vol. Madrid: Taurus, 2001.
VALDEÓN, J.; PEREZ, J.; JULIÁ, S., Historia de España. Madrid: Austral, 2003.
VIDAL, P., Historia de España. Barcelona: Crítica, 2008.
BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA BLOQUE I
ÁLVAREZ PALENZUELA, V. A. (coord..), Historia de España de la Edad media, Barcelona 2002.
GARCÍA DE CORTÁZAR, J. A., La época medieval (vol. 2 de la Historia de España dirigida por Miguel Artola). Madrid, Alianza, 1973.
LADERO QUESADA, M. A., La formación medieval de España, Madrid, 2004.
MANZANO MORENO, E., Épocas medievales. Barcelona, Crítica, 2010.
MARTÍN RODRÍGUEZ, J. L., La España medieval, Madrid, 1993.
MIRANDA GARCÍA, F.; GUERRERO NAVARRETE, Y., Medieval. Territorio, sociedades y culturas. Madrid, Silex, 2008.
RIU RIU, M., Edad Media. Madrid, Espasa-Calpe, 1989.
SARASA SÁNCHEZ, E.; IRADIEL, P., Historia medieval de la España cristiana. Madrid: Cátedra, 2008.
BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA BLOQUE II
BUSTOS RODRÍGUEZ, M., Época moderna: de la monarquía hispánica a la crisis del Antiguo Régimen. Madrid, Silex, 2007.
FLORISTÁN, A. (coord.), Edad moderna. Historia de España, Ariel, 2005.
FLORISTÁN, A. (coord.), Historia de España en la edad moderna, Ariel, 2004.
GARCÍA CÁRCEL, R., La España Moderna: siglos XVI y XVII, Vol. 3, Madrid, 1993
GARCÍA-BAQUERO GONZÁLEZ, A. et alii, El reformismo borbónico (1700-1789), Barcelona, 1988.
MARCOS MARTÍN, A., España en los siglos XVI, XVII y XVIII. Barcelona, 2000.
MARTÍNEZ RUIZ, E. et alii., La España Moderna, Madrid, Istmo, 1992.
RODRÍGUEZ GARCÍA, J; y CASTILLA SOTO, J; Diccionario de términos de Historia de España. Edad Moderna. Barcelona, 1998.
BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA BLOQUE III
BARRIO ALONSO, A., La modernización de España (1917-1939): política y sociedad, Madrid, Síntesis, 2004
BERNECKER, W., España entre tradición y modernidad: política, economía, sociedad: (siglos XIX y XX), Madrid, Siglo XXI, 1999
CASANOVA, J., República y Guerra Civil, Barcelona, Crítica, 2007
GRACIA, J.; RUIZ CARNICER, M.A., La España de Franco (1939-1975). Cultura y vida cotidiana, Madrid, Síntesis, 2004
URÍA, J., La España liberal (1868-1917). Cultura y vida cotidiana, Madrid, Síntesis, 2008
Competencias xerais:
1) Que os estudantes posúan os coñecementos básicos relativos á área de Historia de España derivados da educación secundaria e que sexan capaces de amplialos e desenvolvelos mediante o contacto con textos especializados e acercamentos recentes (CG1)
2) Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da Historia de España (CG2).
3) Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos da historia de España) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética (CG3).
4) Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado (CG4).
5) Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía (CG5).
Competencias transversais:
1) Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos (CT2).
2) Habilidade no uso das novas tecnoloxías (CT3)
Competencias específicas:
1) Adquisición de coñecementos profundos acerca da Historia de España (CE4).
2) Capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras e textos relacionados coa historia de España (CE5).
3) Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación (CE6).
1.- Clases presenciais teóricas (lección maxistral participativa);
2.- Seminarios presenciais prácticos (comentario colectivo e/ou individual de diferentes materiais para cada unidade temática e posta en común das lecturas individuais);
3.- Titorías presenciais (conversacións individuais ou grupais para guiar aos alumnos na súa aprendizaxe autónoma e para aclarar as súas dúbidas).
A base mínima indispensable de coñecementos poderá ser conseguida coa axuda do programa, a través das explicacións na aula e do estudo dalgún manual indicado na bibliografía.
Ao longo do curso, explicaranse os temas do programa.
As explicacións teóricas completaranse, en cada caso, con clases interactivas. Usarase todo aquel material didáctico que facilite a comprensión dos temas que se van tratar. A estas clases interactivas dedicarase 24 horas totais e será fundamental a asistencia do/a alumno/a ás mesmas.
Dependendo do número de alumnos que asistan regularmente á clase, a metodoloxía basearase na exposición dos apartados do programa por parte dos alumnos, tras unha breve explicación por parte do/a profesor/a das liñas fundamentais do tema.
Tamén se prevé o uso do Campus Virtual da USC para proporcionar materiais e para a realización de probas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou pruebas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións"
A) SISTEMA DE AVALIACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE.
Estará integrado pola proba final (50%), a avaliación das competencias teórico-prácticas (20%) e a valoración da asistencia, participación e aplicación das competencias prácticas (30%):
1) Proba teórica de conxunto. Na data sinalada polo calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade realizarase unha proba escrita global na que os alumnos serán examinados sobre os temas do programa contemplado na Guía Docente da materia, así como dos contidos teóricos e prácticos desenvolvidos nas clases expositivas. Dita proba computará por valor do 50% da cualificación final. A puntuación da proba estará comprendida entre 0 e 10 puntos e para que sexa tida en conta o alumno deberá obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10.
2) Traballo individual consistente na lectura, recensión e comentario crítico dunha monografía escollida entre as propostas polo profesorado ao comezo do curso. O traballo será presentado por escrito antes da data oficial do exame. A ponderación correspondente a esta proba na cualificación final será do 20%.
3) Asistencia e participación nas actividades prácticas: seminarios monográficos dedicados a algunha temática concreta. Valorarase a capacidade de síntese e a presentación oral. A ponderación correspondente a esta proba na cualificación final será do 30%.
A realización e presentación de todas as actividades anteriores (exame, traballos conxuntos e individuais e actividades prácticas) é obrigatoria e sen elas non será posible a superación da materia. No caso das actividades desenvolvidas nas sesións de aula durante o período de clase, a non asistencia a non asistencia deberá ser compensada coa realización dos traballos que lle sexan encomendados polo profesorado. A avaliación positiva de certas actividades (exame, traballo individual e actividades prácticas persoais) poderá ser conservada para a oportunidade de recuperación e/ou durante un curso académico, sempre que exista conformidade entre os profesores que imparten a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercizos ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de evaluación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións". A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exigida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso/a na convocatoria correspondente. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ó público sen relaboración ou reinterpretación e sen citas /ásós autores e das fontes. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a alumno/a infractor/a. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
B) PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE E DE REPETIDORES
1) Proba teórica de conxunto coas mesmas característica que a ordinaria (computará por valor do 50% da cualificación final).
2) Traballo individual monográfico. No caso de ter sido avaliado positivamente con anterioridade conservarase a cualificación, no caso contrario deberá ser reelaborado e presentado na data do exame (20%).
3) As actividades prácticas, no caso de ter sido avaliadas positivamente con anterioridade conservarase a cualificación, no caso contrario deberán ser reelaboradas e presentadas na data do exame. A ponderación correspondente a esta proba na cualificación final será do 30%.
C) NORMATIVA DE ASISTENCIA Á CLASE
A asistencia regular a clase será un requisito preceptivo para superar a materia. No caso daqueles alumnos que teñan dispensa de asistencia a avaliación continuada realizarase a través de contactos a concretar cos profesores.
Seguindo as orientacións da Declaración de Boloña sobre o Espazo Europeo de Ensino Superior, as actividades prácticas suscitadas nesta materia pretenden potenciar o traballo persoal de cada alumno fóra da aula. Do volume de traballo total do alumno na materia, o 66% corresponde ao traballo individual ou en grupo que o alumno se compromete a realizar sen a presencia do profesor. Nestas horas de traballo inclúese a preparación das clases, o estudo, ampliación e síntese da información recibida, a resolución de problemas, a elaboración e redacción de traballos, a escritura, a preparación e ensaio de exposicións, a preparación de exames…
Así, por cada hora de clase presencial contémplanse dúas de traballo persoal que o alumno dedicará a lecturas e á fixación do explicado polo profesor na aula e á realización de actividades prácticas e complementarias.
A distribución das cargas de traballo en horas conforme aos créditos ECTS para cada tipo de actividade é o seguinte:
- Clases expositivas e interactivas (presencial): 48 horas
- Titorías de grupo (presencial): 6 horas
- Sesións de avaliación: 4 horas
- Outras actividades: 2 horas
- Traballo persoal do alumno (non presencial): 90 horas
Total de horas estimadas: 150
Tendo en conta a extensión e relativa complexidade dos contidos da materia e o seu carácter obrigatorio recoméndase dedicar un tempo cotián á súa preparación, que debería facerse recorrendo á lectura e realización de esquemas que permitan unha ordenación e xerarquización dos contidos para facilitar o seu estudo e asimilación. Do mesmo xeito, é case imprescindible a lectura da bibliografía de apoio xeral e da específica que aporte o profesor co programa para obter unha visión máis completa da que é posible ofrecer nas clases expositivas. Tamén é recomendable o manexo de atlas históricos, dicionarios especializados e outras fontes informativas editadas ou dixitais.
É conveniente así mesmo a realización persoal polo alumno de comentarios de textos, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio desta disciplina e unha mellor comprensión dos contidos da materia. É frecuente que caia na paráfrase ou ben que se esqueza por completo dos textos e redacte o tema, que é un calco dos apuntamentos recibidos. O alumno debe aprender a organizar os datos que se lle ofrecen e a os estruturar e explicar debidamente.
Na realización dos traballos bibliográficos e das actividades prácticas obrigatorias convén coidar tanto a expresión como a presentación no aspecto formal, do mesmo xeito que a creatividade persoal e o rigor científico.
Os apartados anteriores están deseñados para o escenario 1 definido no documento "Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura", é dicir, nun escenario de presencialidade. A seguir detállanse as adaptacións de continxencia para os escenarios 2 (semipresencialidade) e 3 (non presencialidade) referidas aos apartados de metodoloxía e avaliación.
Escenario 2:
Metodoloxía.
Mantense o estabelecido para o escenario 1, coas seguintes modificacións.
-A docencia será virtual, síncrona e asíncrona a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente Campus Virtual e a plataforma Ms Teams.
-Para la realización de titorías, así como para mantener una comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e a docente, usaranse as ferramentas do Campus Virtual (mensaxería, foro, etc.) , mediante Ms. Teams ou ben mediante o correo electrónic
Sistema de avaliación:
-O exame pasará a ser realizado a través das ferramentas dispoñibles no campus virtual e na plataforma Teams
Escenario 3:
Mantense o estabelecido para o escenario 2.
Maria Concepcion Burgo Lopez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Correo electrónico
- mconcepcion.burgo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Cabana Iglesia
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- ana.cabana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Tamara Lopez Fernandez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- tamaralopez.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 16 |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Aula 15 |
26.05.2021 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
28.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |