Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Estabelecer a importancia dos trasvases entre os ámbitos literario e cinematográfico ao longo da historia do século XX, con especial atención aos xéneros narrativo e dramático.
-Acceder aos instrumentos básicos da análise dos textos cinematográficos e verificar as coincidencias deses instrumentos cos da análise literaria.
-Coñecer os elementos fundamentais na escritura do guión cinematográfico dende unha perspectiva interartística a través dos manuais máis utilizados neste campo.
-Adquirir, en xeral, conceptos e métodos que axuden a localizar a presenza intermedial do cinematográfico na obra literaria, tanto no que atinxe a técnicas como a contidos.
-Ampliar o campo de estudo do alumnado cara ás esferas problemáticas do comparatismo actual, é dicir, cara aos eidos que tan só esta disciplina ten como propios.
1. Aspectos da articulación estrutural das linguaxes fílmica e literaria. Teoría da narración audiovisual e narratoloxía comparada. As relacións históricas entre a literatura e o cinema. Modos de representación. Teoría da montaxe. Cine e vangardas poéticas.
2. Do cine silencioso ao sonoro. O cine clásico. Modernidade, Manierismo e Posmodernidade.
3. Cine e teatro: o falso amigo. Códigos semiolóxicos compartidos.
4. Análise do guión cinematográfico. Monomito e paradigmas.
ESTUDIOS DE CASO
5. Formas cinematográficas non narrativas: Chris Marker. Cine posmoderno e cidade. Playtime e One from the Heart.
6. Series e transmedialidade: Os Soprano e The Wire
INTERACTIVAS
TEMA 1
De Méliès a David W. Griffith (proxección e comentario)
TEMA 2
Cidadán Kane
Bergman
TEMA 3
Neorrealismo e Nouvelle Vague
TEMA 4
Adaptation
TEMA 5
La Jetée
TEMA 6
Os Soprano
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
Abuín, Anxo. El teatro en el cine. Madrid: Cátedra, 2012.
Bluestone, George, Novels into film, Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2003.
Chatman, Seymour, Historia y discurso. La estructura narrativa en la novela y el cine, Madrid: Taurus, 1990.
Faro Forteza, Agustín, Películas de libros, Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza, 2006.
Felipe, Fernando de, e Iván Gómez, Adaptación, Barcelona : Blanquerna, 2008.
Field, Syd, El libro del guión, Madrid: Plot, 1994.
Gaudreault, André, El relato cinematográfico: cine y narratología, Barcelona: Paidós, 1995.
Gubern, Román, Historia del cine, Barcelona: Lumen. 2006.
Hutcheon, Linda, A theory of adaptation, New York: Routledge, 2006.
McKee, Robert, El guión. Sustancia, estructura, estilo y principios de la escritura de guiones, Barcelona: Alba Editorial, 2002.
Peña-Ardid, Carmen, Literatura y cine: una aproximación comparativa, Madrid: Cátedra, 1999.
Piñera Tarque, Ismael, Mundos narrativos: relato literario y relato fílmico, Kassel: Reichenberger, 2006.
Sánchez Noriega, José Luis, De la literatura al cine: teoría y análisis de la adaptación, Barcelona: Paidós, 2000.
Stam, Robert, Literature through film: realism, magic, and the art of adaptation, Malden: Blackwell, 2005.
Stam, Robert, compilador, Teorías del cine: una introducción, Barcelona: Paidós, 2005.
Stam, Robert, Burgoyne, R. y Flitterman-Lewis, S. (compiladores), Nuevos conceptos de la teoría del cine, Barcelona: Paidós, 1999.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Becerra, Carmen (ed.), Cine y teatro, Vigo: Academia del hispanismo, 2009.
Manzano Espinosa, Cristina, La adaptación como metamorfosis: transferencias entre el cine y la literatura, Madrid: Fragua, 2008.
Iglesias Simón, Pablo, De las tablas al celuloide: trasvases discursivos del teatro al cine primitivo y al cine clásico de Hollywood, Madrid : Fundamentos, 2007.
Pérez Bowie, José Antonio (ed.), La adaptación cinematográfica de textos literarios: teoría y práctica, Salamanca: Plaza Universitaria Ediciones, 2003.
Romera Castillo, José (ed.), Del teatro al cine y la televisión en la segunda mitad del siglo XX, Madrid: Visor, 2002.
Vilariño Picos, Teresa, y Patricia Fra (eds.), Literatura y cine. Boletín Galego de Literatura, 27, 1, 2002.
Villanueva, Darío, Imágenes de la ciudad: poesía y cine, de Whitman a Lorca, Valladolid: Universidad de Valladolid, Servicio de Publicaciones, 2008. 2ª edición, 2009.
-Incorporar o estudo das relacións entre cinema e literatura ao ámbito da Literatura Comparada e da Teoría da Literatura.
-Recoñecer o interese do estudio interdisciplinar, isto é, o estudo de fenómenos que se sitúan a medio camiño entre dúas ou máis disciplinas.
-Aquilatar a importancia da análise textual concreta dos textos literarios e cinematográficos.
-Poñer en relación conceptos e métodos que teñen abordado o literario dende o cinematográfico, e á inversa.
- Asimilar unha noción ampliada do concepto de "texto" e das análises correlativas.
-Desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación sobre o feito literario e cinematográfico a partir do manexo dunha terminoloxía teórica sólida e ben asimilada.
Combinaranse as sesións expositivas (30 horas) coa proxección e comentario de textos literarios e cinematográficos nas sesións prácticas (24 horas). O resto do curso dedicarase á clarificación máis personalizada de dúbidas ou á aprofundización nalgún dos conceptos empregados (6 horas).
A materia estrúturase en seis temas, que ocuparán un tempo similar no desenvolvemento do curso. A temporalización proposta, é de 5 sesións expositivas e de 3 interactivas dunha hora por tema. Salvo elementos agora mesmo imponderabeis, cada tema ocupará dúas semanas do cadrimestre, a razón de 4 horas semanais. Ao anterior cómpre engadir unha sesión expositiva de carácter introdutorio por tema.
TITORÍAS
As titorías constitúen un reforzo personalizado das sesións expositivas e interactivas. Servirán para profundizar nas cuestións que presenten dificuldades ou para ampliar sectores que sexan do específico interese do alumnado. Nese labor titorial o profesor/a terá a ocasión de comprobar en qué medida progresa cada alumno/a na aprendizaxe, polo que as horas de titoría acaban proxectando unha dimensión didáctica de axuste de posíbeis disfuncións tanto no plano individual como no colectivo.
A materia posúe un sistema de avaliación único –avaliación continua formativa– de acordo coas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (Curso 2020-2021) da USC. A avaliación continua consistirá na proposta periódica de actividades a través das cales o alumno mostrará a súa competencia na materia: participación nas discusións, exercicios orais/escritos, individuais/colectivo; exposicións.
A asistencia ás clases é obrigatoria. A ausencia non xustificada nun 20% da materia conlevará a imposibilidade de superar esta materia en calquera das dúas oportunidades.
Traballo ou exame final (60%), valoración da participación en clase (10%), elaboración de dous traballos e exposicións (30%).
Serán obxecto de estimación positiva a corrección ortográfica e gramatical e a propiedade na expresión oral e escrita, así como a coherencia lóxica do discurso e a capacidade de síntese.
Os criterios expostos manterán validez nas calificacións da primeira e segunda oportunidade. Excepcionalmente, estimaranse circunstancias individuais que condicionen o seguimento estrito das tarefas programadas no día a día. Os alumnos con dispensa académica terán dereito a un exame escrito na data e hora marcadas pola Facultade.
Tempo de estudo e traballo persoal
Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 30 HORAS
Realización de traballos de diverso tipo: 30
Lecturas: 25
Preparación de exames: 15
Total de horas de actividade non presencial : 100
AS CLASES SERÁN IMPARTIDAS EN GALEGO. Recoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serea e crítica dos textos de traballo e o uso de todas as canles comunicativas co profesor/a e coas fontes de aprendizaxe. En particular aconséllase ao alumnado o aproveitamento das horas de titoría, onde a aprendizaxe pode ser máis personalizada.
Para obter un pleno rendemento na materia, é recomendábel unha posta ao día dos coñecementos básicos relacionados coa cultura audiovisual, e un repaso dos conceptos adquiridos en anos anteriores no ámbito da Teoría da Literatura.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Segundo as "Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (Curso 2020-2021)", nun escenario de distanciamento (Escenario 2), a docencia desenvolverase cunha distribución presencial/virtual definida polo Decanato da Facultade de Filoloxía. Arbitraranse mecanismos telemáticos, especialmente Microsoft Teams, para a atención titorial e a execución das tarefas sinaladas. Nun escenario de peche das instalacións (Escenario 3), a docencia desenvolverase completamente de xeito virtual mantendo o horario programado, con atención titorial telemática e avaliación telemática das actividades propostas.
Angel Eugenio Abuin Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811770
- Correo electrónico
- anxo.abuin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D08 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D08 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | C01 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | C01 |
18.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C05 |
18.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C05 |
18.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C05 |
21.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C05 |
21.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C05 |
21.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C05 |