Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
(a) Acadar un coñecemento avanzado dos problemas históricos e conceptuais que presentan as latinidades vulgar, tardía e medieval.
(b) Adquirir un dominio fluído dos mecanismos lingüísticos característicos dos textos do latín vulgar, tardío e medieval.
(c) Familiarizarse coas peculiaridades lexicográficas dos textos do latín vulgar, tardío e medieval, especialmente no que atinxe ás diferenzas cos estadios anteriores do latín.
A) Contidos teóricos:
Discusión dos problemas de tipo conceptual das tres “latinidades” que, con criterios diastráticos e diacrónicos, abarca a materia, segundo o seguinte esquema:
(1) O concepto de «Latín vulgar» e a súa historia. Tipos de fontes.
(2) Grandes liñas dos cambios fonéticos e morfolóxicos. Orde de palabras. O léxico. Diferenciacións locais do latín.
(3) Movementos históricos que marcan o desenvolvemento do Latín tardío e medieval: as vagas de invasións bárbaras, o chamado Renacemento carolinxio e o do século XII.
(4) Latín tardío e latín medieval como conceptos cronolóxicos e/ou lingüísticos. Elementos que interveñen na súa configuración: latín “vulgar”, latín dos cristiáns, elementos gregos e románicos.
(5) Escolas e erudición. Lingua formular e lingua viva. Diversidade no Latín medieval.
(6) O latín da Península Ibérica. Rasgos peculiares. Momentos cronolóxicos.
B) Traballo práctico:
Lectura e comentario dos textos que de seguido se indican:
(1) Exeria, Itinerarium (selecta)
(b) Historia Compostellana (selecta)
(c) Martiño de Dumio, De correctione rusticorum (selecta)
Outros textos poderán ser propostos en función do desenvolvemento do curso.
A) Edicións e traducións dos textos propostos para o traballo na clase:
Égérie, Journal de voyage. Introduction, texte critique, traduction, notes, index et cartes par Pierre Maraval. / Valérius du Bierzo, Lettre sur la Bienheureuse Egérie. Introduction, texte et traduction par Manuel C. Díaz y Díaz, Paris, 1982
Itinerario de la Virgen Egeria (381-384), por A. Arce, Madrid, 1980.
Exeria, Viaxe a Terra Santa. Traducción, introducción e notas de X. E. López Pereira, Vigo, 1991.
Historia Compostellana, ed. E. Falque, Turnholti, 1988 (CC-CM 70).
Historia Compostelana. Introducción, traducción, notas e índices de E. Falque, Madrid, 1994.
Martini episcopi bracarensis opera omnia, ed. C. W. Barlow, New Haven, 1950.
J. E. López Pereira, Cultura, relixión e supersticións na Galicia sueva: Martiño de Braga «De correctione rusticorum», A Coruña, 1996.
B) Antoloxías:
M. C. Díaz y Díaz, Antología del latín vulgar, Madrid, 1962.
A. Fontán-A. Moure Casas, Antología del latín medieval, Madrid, 1987.
C) Estudos:
J. N. Adams, The Regional Diversification of Latin 200 BC-AD 600, Cambridge, 2007.
J. Bastardas Parera, “El latín de la península ibérica, 4: El latín medieval”, Enciclopedia lingüística hispánica, I, Madrid, 1959, p. 251-290.
M. Banniard, Viva voce. Communication écrite et communication orale du IVe au IXe siècle en Occident latin, Paris, 1992.
M. C. Díaz y Díaz, “El latín de la península ibérica, 1: Rasgos lingüísticos; 3: Dialectalismos”, Enciclopedia lingüística hispánica, I, Madrid, 1959, p. 153-197; 237-250.
M. C. Díaz y Díaz, “El cultivo del latín en el siglo X”, Anuario de Estudios Filológicos, 4, 1981, p. 71-81.
M. C. Díaz y Díaz, “El latín de España en el siglo VII: Lengua y escritura según los textos documentales”, Le septième siècle. Changements et continuités. Actes du Colloque bilatéral franco-britannique tenu au Warburg Institut les 8-9 juillet 1988, ed. J. Fontaine-J. N. Hillgarth, London, 1992, p. 25-40.
M. C. Díaz y Díaz, “La transición del latín al romance en perspectiva hispana”, La transizione dal latino alle lingue romanze. Atti della Tavola Rotonda di Lingüística Storica. Università Ca’ Foscari di Venezia, 14-15 giugno 1996, a cura di J. Herman, Tübingen, 1998, p. 155-172.
J. Gil, “El latín tardío y medieval (siglos VI-XIII”, R. Cano (coord.), Historia de la lengua española, Barcelona, 2004, p. 149-182.
F. González Muñoz, Latinidad mozárabe, A Coruña, 1996.
M. Goullet-M. Parisse (eds.), Les Historiens et le latin médiéval. Colloque tenu à la Sorbonne les 9, 10 et 11 septembre 1999, Paris, 2001.
J. Herman, El latín vulgar. Edición española reelaborada y ampliada por C. Arias Abellán, Barcelona, 1997.
E. Löfstedt, Late Latin, Oslo, 1959 (trad. italiana: Il latino tardo, Brescia, 1980).
F. A. C. Mantello-A. G. Rigg (eds.), Medieval Latin. An Introduction and Bibliographical Guide, Washington, 1996.
Ch. Mohrmann, Études sur le latin des chrétiens, vol. I-IV, Roma, 1961-1977.
D. Norberg, Manuel pratique de latin médiéval, Paris, 1968.
P. Stotz, Handbuch zur lateinischen Sprache des Mittelalters, Bd.2: Bedeutungswandel und Wortbildung -- Bd.3: Lautlehre -- Bd.4: Formenlehre, Syntax und Stilistik, München, 1996-1998.
V. Väänänen, Introducción al latín vulgar, Madrid, 1975 (edición orixinal francesa, Paris, 1967)
V. Väänänen, “Le problème de la diversification du latin”, Aufstieg und Niedergang der Römischen Welt, II Principat 29, herausgeben von W. Haase, Berlin-New York, 1983.
V. Väänänen, Le journal-épître d'Égérie (Itinerarium Egeriae). Étude linguistique, Helsinki, 1987.
I. Velázquez Soriano, Las pizarras visigodas (Entre el latín y su disgregación. La lengua hablada en Hispania, siglos VI-VIII), Real Academia Española, Instituto de la Lengua castellano y leonés, 2004.
R. Wright, Latín tardío y romance temprano en España y la Francia carolingia, Madrid, 1989 (versión original inglesa, Liverpool, 1982).
(a) Capacidade metodolóxica para a comprensión directa de textos do latín vulgar, tardío e medieval.
(b) Competencia para o manexo da gramática e do léxico dos textos das variantes do latín abordadas na materia, así como das peculiaridades da súa descrición.
(c) Capacidade de caracterización dos textos en función da súa diversidade cronolóxica e xeográfica.
(d) Habilidade na utilización dos instrumentos filolóxicos: léxicos e diccionarios, bases de datos, estudos históricos e gramaticais.
A actividade presencial incluirá os seguintes apartados:
(a) Explicación por parte do Profesor dos temas propostos no apartado A dos contidos.
(b) Lectura de textos escollidos para ilustrar as peculiaridades de cada variante do latín. No traballo sobre os textos, prestarase atención aos procedementos da súa configuración sobre a base da gramática, das fórmulas, da erudición ou de calquera outro elemento.
(c) Nas horas de titoría, que se planificarán ao longo do semestre, os alumnos traballarán na técnica de preparación e codificación de traballos. Tamén se prestará atención á utilización de instrumentos lexicográficos e de bibliotecas virtuais.
Na actividade dirixida non presencial, o profesor tutelará a elaboración dun traballo de aplicación práctica dos coñecementos a un texto libremente elixido por cada estudante.
Utilizarase o Campus Virtual da USC para a presentación de materiais e contidos, e para a realización dalgunhas actividades.
Nas dúas oportunidades oficiais, os criterios de avaliación serán os seguintes:
(a) O 50% da cualificación corresponderá á asistencia e participación activa nas clases presenciais e nas actividades delas derivadas. Tomarase en consideración a regularidade da asistencia e as intervencións mediante preguntas e comentarios, así como a preparación dos textos utilizados na aula.
(b) O traballo persoal realizado sobre un texto representará o 50%. Este traballo deberá ter unha estruturación formal adecuada e terá por obxecto a aplicación a un texto de latín tardío ou medieval das competencias contempladas no apartado correspondente.
N. B.: Os alumnos que, por calquera razón, teñan dispensa de asistencia, someteranse a unha proba final, que permitirá acadar o 100% da calificación e que terá dúas partes: (a) Responderán a unha pregunta relacionada cos temas teóricos, que se valorará como o 40%; (b) Exame de verificación da comprensión de textos de calquera das tres variantes do latín que abrangue o curso. Asemade, deberán identificar sobre o texto obxecto da proba a súa capacidade de recoñecemento das especificidades que caracterizan o texto proposto; esta parte valoraráse ata o 60%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
A materia consta de 6 créditos ECTS equivalentes a 150 horas de traballo do estudante: 75 horas (50%) serán de traballo obrigatorio dirixido polo profesor e 75 horas (50%) serán de traballo autónomo do estudante.
As 75 horas de traballo dirixido distribuiranse en 42 horas presenciais e 33 horas non presenciais :
1. Clases expositivas: 25 horas presenciais e 15 horas non presenciais.
2. Clases interactivas: 14 horas presenciais e 16 horas non presenciais. Pola natureza das clases interactivas, recoméndase que unha parte do tempo de traballo autónomo se dedique á preparación dos textos, polo menos 1 hora por cada clase.
3. Titorías programadas en grupo: 3 horas presenciais e 2 non presenciais.
Recoméndase a continuidade no traballo da materia.
(1) Metodoloxía e recursos:
(a) No caso de que sexa de aplicación o “Escenario 2: distanciamento”, das “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura” da USC, combinarase a docencia presencial coa virtual. A docencia expositiva será impartida maioritariamente de xeito virtual. O profesor canalizará as directrices da explicación e os materiais complementarios para a súa implementación a través dos medios disponibles da USC, como a aula virtual, o correo electrónico, ferramenta TEAMs, etc. A docencia práctica interactiva será impartida maioritariamente de xeito presencial. O profesor proporalles aos estudantes os textos previstos para a súa lectura, comprensión e comentario. Os alumnos prepararán os textos, que serán revisados e comentados de xeito presencial e, de ser preciso, a través do campus virtual.
(b) No caso de que sexa de aplicación o “Escenario 3: peche das instalacións”, das “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura” da USC, a docencia será únicamente virtual. O profesor seguirá a mesma metodoloxía ca na parte virtual do Escenario 2.
Nos dous escenarios contemplados, especialmente no caso do peche das instalacións, o profesor poderá levar a cabo reunións virtuais a través da ferramenta Teams.
(2) Sistema de avaliación no caso de que sexan de aplicación as “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura” da USC:
Tendo en conta o sistema de avaliación contemplado no caso do “Escenario 1: normalidade adaptada” —avaliación continua e traballo final—, manterase o mesmo para os supostos de aplicación dos escenarios 2 “distanciamento” e 3 “peche das instalacións”.
N. B.: Os alumnos que teñan dispensa de asistencia deberán entregar un traballo sobre un texto tardo ou mediolatino. Este traballo deberá acreditar a capacidade de comprensión do texto proposto mediante unha tradución e deberá igualmente probar a capacidade de recoñecemento das especificidades que caracterizan o texto proposto desde o punto de vista lingüístico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Manuel Enrique Vazquez Bujan
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811846
- Correo electrónico
- manuele.vazquez.bujan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | B05 |
12.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D05 |
12.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D05 |
07.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D05 |
07.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D05 |