Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Achegarse á tradición dos Estudos teatrais con particular atención aos conceptos que son de aplicación directa á análise de textos.
2) Coñecer as grandes áreas de investigación teórica sobre a literatura, a cultura e o teatro.
3) Visualizar de forma xeral as principais correntes teórico-crÃticas contemporáneas sobre o fenómeno literario-teatral e as súa simplicacións.
4) Fundamentar a análise crÃtica de textos teatrais nos niveis formal-estrutural, semiótico, hermenéutico, cultural e sistémico.
5) Coñecer os conceptos e recursos da análise crÃtica do texto dramático e teatral /espectacular.
6) Coñecer os elementos básicos para poder abordar desde unha perspectiva moderna e interdisciplinar o fenómeno literario como un proceso complexo e suxeito a unha reflexión teórica e comparada.
7) Conseguir fundamentos rigorosos para o seu uso e aplicación nos Estudos literarios e teatrais.
8) Adquirir conceptos e métodos que desenvolvan nos estudantes estratexias de observación persoal do feito literario-espectacular.
9) Ampliar o campo de estudo do alumnado cara ás esferas problemáticas do comparatismo actual, é dicir, cara aos eidos que tan só esta disciplina ten como propios.
1. O espectáculo e o espectador. O personaxe e o actor
2. Segmentación do texto dramático e espectacular. Os códigos teatrais
3. A enunciación teatral. O diálogo teatral
4. O tempo e o espazo escénicos
5. A dramaturxia no século XX. Historia da posta en escena
6. Teatro e multiculturalismo. Conclusión: Cara a unha análise dos espectáculos teatrais
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ABIRACHED, R., La crise du personnage dans le théâtre moderne, Grasset, ParÃs, 1978.
ABU�N, A., El narrador en teatro, Universidade de Santiago, 1997.
BADIOU, A., Rapsodia por el teatro (Breve tratado filosófico), Agora, Málaga, 1993.
BOBES NAVES, M. del C., SemiologÃa de la obra dramática, Taurus, Madrid, 1987.
BOBES NAVES, M. del C. (ed.), TeorÃa del teatro, Arco, Madrid, 1997.
BOGATYREV, P., "Les signes du théâtre", en Poétique, 8 (1971), pp. 517-530.
DEMARCY, R., Élémentsd'unesociologie du spectacke, UGE, ParÃs, 1973.
DE MARINIS, M., Semiotica del teatro. L'analisitestualedellospettacolo, Bompiani, Milán, 1982.
DE TORO, F., Semiótica del teatro. Del texto a la puesta en escena, Galerna, Buenos Aires, 1987.
ELAM, K., The Semiotics of Theatre and Drama, Methuen, Londres, N. Y., 1980.
FERRANDO, B., El arte de la performance, Valencia, Mahali, 2009.
FISCHER-LICHTE, E., The Semiotics of Theater, Indiana University Press, 1992 (trad inglesa de Semiotik des Theaters, Gunter NarrVerlag, Tübingen, 1983).
GARCÃ�A BARRIENTOS, J.L., Cómo se comenta una obra de teatro, SÃntesis, Madrid, 2002.
HORMIGON, J. A., Trabajo dramatúrgico y puesta en escena, Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena de España, Madrid, 1991.
ISSACHAROF, M., Le Spectacle du discours, José Corti, ParÃs, 1985.
KOWZAN, T., "Le Signe au théâtre", en Diogène, 61 (1968). Hay traducción en Th. Adorno (comp.), El teatro y su crisis actual, Monte Avila, Caracas, 1969, pp. 23-60.
PAVIS, P., Diccionario del teatro, Paidós, Barcelona, 1983.
*PAVIS, P., El análisis de los espectáculos, Paidós, Barcelona, 2001.
PFISTER, M., The Theory and Analysis of Drama, Cambridge University Press, Cambridge, 1977.
ROUBINE, J.-J., Introducción ás grandes teorÃas do teatro, Vigo: Galaxia, 2002.
SANCHIS SINISTERRA, J., La escena sin lÃmites, Madrid, Ñaque, 2002.
SEGRE, C., Teatro e romanzo. Due tipi di comunicazioneletteraria, Einaudi, TurÃn, 1984.
TRANCÓN, S., TeorÃa del teatro, Fundamentos, Madrid, 2006.
UBERSFELD, A., Semiótica teatral, Cátedra/Universidad de Murcia, Madrid, 1989.
VEINSTEIN, A., La Mise en scènethéâtrale et saconditionesthétique, Flammarion, ParÃs, 1955.
ZARRILLI, Ph., A interpretación (re)considerada, Galaxia, Vigo, 2010.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BADIOU, A., Rapsodia por el teatro (Breve tratado filosófico), Agora, Málaga, 1993.
DEMARCY, R., Élémentsd'unesociologie du spectacke, UGE, ParÃs, 1973.GARCÃ�A BARRIENTOS, J.L., Drama y tiempo, CSIC, Madrid, 1991.
RUFFINI, F., Semiotica del testo. L'esempio teatro, Bulzoni, Roma, 1978.
SARRAZAC, J.-P., L'Avenir du drame. Ecrituresdramatiquescontemporaines, Ed. de l'Aire, Lausanne, 1981.
1) Entender os obxectivos, posibilidades e métodos dos Estudos teatrais no marco dinámico da súa propia tradición.
2) Asumir a pluralidade da noción de "teatro" e dos propios Estudos teatrais.
3) Asimilar unha noción ampliada do concepto de "texto" e das análises correlativas.
4) Estabelecer as metas e mecanismos apropiados dunha análise textual.
5) Correlacionar conceptos como forma, estrutura, código, discurso, autorÃa, lectura, significado, interpretación, repertorio, posición e canon coa análise textual.
6) Entender e saber aplicar os fundamentos da análise dramático-teatral.
7) Comprender unha serie de distincións nocionais básicas indispensábeis para se aproximar aos diferentes aspectos implicados no proceso teatral.
8) Entender a diversidade de enfoques e modelos teóricos contemporáneos nos Estudos teatrais.
9) Asimilar os principios e métodos fundamentais para unha lectura crÃtica de textos teóricos e teatrais.
10) Desenvolver a capacidade de reflexión crÃtica e de argumentación sobre o feito teatral a partir do manexo dunha terminoloxÃa teórica sólida e ben asimilada.
Estudos teatrais aspira a articularse ademais como unha guÃa sólida para a comprensión e a análise dos textos teatrais e espectaculares na actualidade. Trátase polo tanto de fornecer das ferramentas necesarias para emprender esa tarefa atendendo aos seguintes parámetros:
• Lectura crÃtica dos espectáculos teatrais dende unha perspectiva semiolóxica.
• Información detallada de cada un dos posÃbeis códigos que interveñen nunha posta en escena.
• Coñecemento das principais correntes teóricas naanálise do feito teatral.
• Valoración crÃtica da relación entre o texto espectacular e o texto literario, dentro dos procesos de transducción.
Considerouse apropiado que cada tema ocupe dúas sesión expositivas, de maneira que haxa tempo suficiente para introducir pausadamente os contidos da materia. Contarase ademais con sesións de balance transversal e de prospectiva sobre cada bloque de temas, o que deixa asà mesmounhamarxe de axuste para algún imprevisto que xurda durante o curso ou para atender algunhasuxestión especÃfica do alumnado destinada a complementar a información compartida.
As sesións expositivas a cargo do profesorado complementaranse coa participación nas clases dos alumnos/as mediante intervenciónsindividuais que demanden maiorclaridade, profundidadeou ampliación de contidos, e tamén a través de propostasconxuntas derivadas de intereses especÃficos do grupo oudun sector do mesmo. Estas sesións non terán un carácter reservadamente teórico senón que incorporarán dimensións prácticas e aplicacións concretas do marco conceptual presentado ao grupo.
As sesións de seminario reforzarán a interactividade e os momentos de debatearredor da proxección de espectáculos en vÃdeo. Os materiais de apoio —textos espectaculares, fragmentos teóricos e crÃticos relacionados cos temas do programa, asà como outras producións artÃsticas e discursivas— están destinados a incentivar unha comunicación posta aoservizo dos obxectivos e competencias expostos.
Aula Virtual
Activarase unha Aula Virtual para a materia e promoverase o uso e aproveitamento dos seusmateriais e recursos. A continuidade no seguimento desta ferramenta terá incidencia directa na nota final.
Valorarase a participación nas clases expositivas e interactivas, a preparación e elaboración de traballos (como mÃnimo un individual e un en grupo), o uso da Aula Virtual, a capacidade de interactuar cos compañeiros e a execución doutras actividades prácticas.
A nota dun traballo final representa o 60% da calificación final, tanto na primeira coma na segunda oportunidade (xaneiro e xuño/xullo). Da participación en clases expositivas e seminarios e do uso da Aula Virtual terase en conta a constancia na interactividade, o nivel e o interese das intervencións e o progreso neses parámetros ao longo do curso. Igualmente, valorarase a disposición a colaborar no marco do grupo, con atención particular á interacción co alumnado Erasmus (integración, apoio mutuo, activación de propostas en común...). Este apartado constitúe o 40% da nota final.
Das actividades prácticas nas sesións de seminario (resumos, traballos individuais e en grupo, etc.) valorarase a orixinalidade e a creatividade, a asimilación dos conceptos e modelos de análise expostos, o rigor argumentativo, a presentación escrita e a calidade da exposición oral.
Os criterios expostos manterán validez nas calificacións da segunda oportunidade. Excepcionalmente, estimaranse circunstancias individuais que condicionen o seguimento estrito das tarefas programadas no día a día. Os alumnos con dispensa realizarán un exame polo que obterán unha única nota final.
Non se realizará exame final nesta materia. A avaliación realizarase a partir do seguimento das actividades propostas.
Sesiones expositivas: 30
Estudio y preparación de actividades programadas en la clase: 30
Sesiones de seminario: 15
Sesiones de tutorÃa programadas: 2
Lecturas: 25
Realización de trabajos de diverso tipo: 30
Sesiones de evaluación: 3
Preparación de exámenes: 15
Total de horas de actividad presencial: 50
Total de horas de actividad no presencial: 100
No aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia lectora rica e plural, non só en sentido cuantitativo senóntamén cualitativo (multixenérica, multicultural e multilingüÃstica). Resulta de especial incidencia o hábito de lerensaio e asistir ao teatro, e de afacerse á consulta e seguimento de revistas especializadas no campo teatral. É asà mesmo pertinente lembrar aquà o carácter teórico-comparado da materia e a apertura do horizonte textual e discursivo a prácticas artÃsticas e mediais diversas que serán contrastadas coas literarias (narrativas de transmisión oral, pintura, hipertexto, performance, música, variantes interartÃsticas, etc.). Por último, recoméndase vivamente ao alumnado que poña en relación os contidos abordados nesta materia cosdoutras materias afÃns, en especial con TeorÃa e CrÃtica literarias e cos coñecementos adquiridos sobre as tradicións literarias e culturais propias de cada Grao.
PLAN DE CONTNXENCIA:
Segundo as "Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (Curso 2020-2021)", nun escenario de distanciamento (Escenario 2), a docencia desenvolverase cunha distribución presencial/virtual definida polo Decanato da Facultade de Filoloxía. Arbitraranse mecanismos telemáticos, especialmente Microsoft Teams, para a atención titorial e a execución das tarefas sinaladas. Nun escenario de peche das instalacións (Escenario 3), a docencia desenvolverase completamente de xeito virtual mantendo o horario programado, con atención titorial telemática e avaliación telemática das actividades propostas.
Angel Eugenio Abuin Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811770
- Correo electrónico
- anxo.abuin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C08 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D11 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | C02 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | C02 |
08.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C03 |
08.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
08.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C03 |
03.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D09 |
03.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
03.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D09 |