Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 2do curso (Si)
A materia ten como obxectivo fundamental realizar un percorrido cronolóxico polo proceso de configuración e desenvolvemento do corpus literario galego dende a Idade Media ata o comezo do século XX. Esta materia centrarase sobre todo nos problemas de fixación dunha periodización específica, nas sús principais etapas, correntes e movementos, de xeito que o alumnado estea capacitado ó seu remate para definir o singular desenvolvemento cronolóxico da historia literaria galega, tanto dende un punto de vista interno coma externo.
1. Conceptos básicos da análise formal da literatura galega medieval a través dos textos.
2. Os Séculos Escuros. O contexto histórico.
2.1. Problemática lingüística e cultural.
2.2. Textos fundamentais
3. O século XIX. O contexto histórico.
3.1 Etapas e grupos xeracionais.
3.2 As grandes voces líricas.
3.3 A prosa e o teatro do Rexurdimento.
Bibliografia básica:
AA. VV. Historia da literatura galega. Vigo: ASPG/A Nosa Terra, 5 vols., 1996. Beramendi, Xusto, De provincia a nación. Vigo: Xerais, 2007.
Carballo Calero, Ricardo, Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo: Galaxia, 1981.
Tarrío, Anxo (coord.), Proxecto Galicia. Literatura. Vol. XXXI: Os Séculos Escuros. O século XIX. A Coruña: Hércules Edicións, 2000.
Vilavedra, Dolores (coord.), Diccionario da literatura galega. I. Autores (1995), II. Publicacións periódicas (1997), III. Obras (2000). Vigo: Galaxia.
Villares, Ramón, Historia de Galicia. Vigo: Galaxia, 2004.
VV. AA., A gran Historia de Galicia, 32 vols. A Coruña: Arrecife/La Voz de Galicia, 2007.
Bibliografía complementaria:
Lanciani, Giulia / Giuseppe Tavani (coord.) (1993): Dicionário da literatura medieval galega e portuguesa. Lisboa: Caminho.
Pena, Xosé Ramón (2013): Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853. Vigo: Xerais.
Corral Díaz, Esther (coord.) (2010): Guía para o estudo da lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / CRPIH.
López Martínez-Morás, Santiago (2007): “Aparición e florecemento da prosa medieval galega”, en A. I. Boullón Agrelo (ed.): Na nosa lyngoage galega: A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 447-472. Ed. en liña: http://consellodacultura.org/mediateca/extras/lyngoage_galega_2.pdf
Tavani, Giuseppe (1986): A poesía lírica galego-portuguesa. Vigo: Galaxia.
A materia debe garanti-la capacidade do estudantado para identificar e interpreta-las principais singularidades da historia da literatura galega no período descrito, tanto no seu desenvolvemento cronolóxico como na súa periodización interna, así como na súa organización xenérica e sistémica.
No escenario 1, sesións expositivas que se alternarán con seminarios onde se solicita a participación activa e crítica do estudantado.
Lecturas: elemento fundamental. Ó longo do curso haberá que facer unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non presenciais. Sobre elas traballarase posteriormente nas sesións presenciais.
ESCENARIO l .-
Primeira Oportunidade: A avaliación da consecución das competencias esixidas terá en conta:
a) Asistencia ás clases e participación, tanto na aula coma en actividades que se vaian propoñendo ao longo do curso. A asistencia é obrigatoria e só se permiten 6 faltas sen xustificar. Esta parte suporá un 30% da cualificación global.
b) Exame ou exames escritos dos contidos da materia: supón o 70% da cualificación final. Para aprobar a materia a cualificación non deberá ser inferior a 4.
Os alumnos que non poidan asistir regularmente á clase deben obter unha dispensa outorgada polo Decanato e deberán realizar unha serie de traballos e lecturas personalizadas, que suporá un 30% da nota final. O 70% restante será avaliado mediante exame ou exames. Para aprobar a materia, a cualificación na parte correspondente ao exame ou exames non deberá ser inferior a 4. O alumnado con dispensa debe comunicar ao profesorado esta situación nas dúas primeiras semanas de clase.
Segunda Oportunidade:
A aqueles alumnos que suspendan a materia na primeira oportunidade e que deban acudir á 2ª, gardaránselles as notas correspondentes ao apartado a), coa mesma porcentaxe (30%). Ademais, realizarase un exame, cuxa porcentaxe de valoración e condicións para aprobar a materia coinciden co indicado para a primeira oportunidade (70%).
Os alumnos con dispensa de asistencia á clase serán avaliados mediante o mesmo sistema indicado para a primeira oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na" Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Horas de estudo e preparación de actividades: 150
Sesións de seminario: 16
Sesións expositivas: 32
Sesións de avaliación: 3
Lecturas: 50
Preparación de exames: 35
Outras actividades: asistencia a cursos, conferencias, etc.:6.
Asistir á clase e participar.
Levar a materia ó día
Ler detidamente os textos que se facilitan.
Convén ter unha certa preparación en Historia Xeral e de Galicia e en Historia da Arte.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía
No escenario 2, no que respecta á actividade presencial, o método será similar ó descrito no escenario 1. Esta actividade presencial complementarase coa elaboración de materiais preparados polo profesor e postos ó dispor do alumnado no Campus Virtual. A docencia telemática por medio das ferramentas institucionais vaise impartir de xeito asíncrono.
No escenario 3, o alumno disporá dos materiais dispostos polo profesor no Campus Virtual, e impartirase a docencia de modo asíncrono por medio das ferramentas institucionais.
Sistema de avaliación
ESCENARIO 2:Adóptase un sistema de avaliación continua (pequenas probas, comentarios sobre temas literarios), que pesará o 30% da nota final, complementaria cunha proba final telemática e asíncrona (o 70%); todos eles serán propostos e avaliados a través do Campus Virtual
ESCENARIO 3:establecerase un sistema de avaliación continua (probas escritas, comentarios diversos), combinada cunha proba telemática e asincrona final; todos eles serán propostos e avaliados a través do Campus Virtual, e na mesma proporción có escenario 2
Nos Escenarios 2 e 3 adoptarase o mesmo sistema de avaliación para ámbalas dúas oportunidades.
Jose Manuel Antonio Salgado Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811787
- Correo electrónico
- xosem.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C07 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C07 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego | C05 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego | C07 |
12.01.2021 15:00-21:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
12.01.2021 15:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | D11 |
12.01.2021 15:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
07.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D09 |
07.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | D09 |
07.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D09 |