Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia 'Lingua Alemá 2' é unha das materias do plan de estudos que se adica á aprendizaxe da lingua alemá. O seu obxectivo principal é que os alumnos alcancen o nivel A2.1 do Marco de Referencia Europeo das linguas.
Ó final do curso o alumnado ten que ser capaz de comunicarse - atendendo ás catro destrezas lingüísticas - en situacións de carácter cotián.
Os contidos, que seguen o libro de texto "Menschen A2/1" (Hueber), abranguen as catro destrezas lingüísticas: receptivas (lectura, audición, e comprensión de textos en lingua estranxeira) e activas (producir textos sinxelos e falar nunha lingua estranxeira).
A continuación preséntanse os contidos de modo individual, anque a súa interrelación é imprescindible para o bo funcionamento do curso e para alcanzar os obxectivos mencionados.
Os contidos a adquirir en relación coas competencias son os que seguen:
Competencia receptiva escrita: Comprensión global de textos breves con vocabulario cotián. Traballarase tamén con textos reais.
Competencia receptiva oral: Comprensión global e detallada de diálogos e escenas da vida cotiá. Traballarase tamén con material auditivo real.
Competencia produtiva oral: Neste caso produciranse e executaranse diferentes tipos de fala relacionados con actividades da vida cotiá, como por exemplo, expresar unha opinión, describir persoas e obxectos, ir ó médico, concertar unha cita, etc. Os diálogos acompañaranse de diferentes materiais que presentan as formulacións propias atendendo ós actos de fala presentes nos mesmos.
Competencia produtiva escrita: O desenrolo desta competencia centrarase sobre todo no tipo de texto carta nas súas diferentes modalidades, como invitación, e-mail, etc. Outros tipos de textos apoiarán a progresión para a adquisición e consolidación desta competencia.
Entre os aspectos gramaticais axeitados ó nivel da materia abordaranse os seguintes:
- Verbos: Tempo (Perfekt), Modo (Imperativ), Tipoloxía verbal (verbos modais).
- Adxectivos en acusativo e dativo, adxectivos sen artigo en nominativo e acusativo.
- Artigos posesivos en dativo, pronomes persoais en acusativo.
- Comparativos (viel, gut, gern, wie, als), e superlativos.
- Subordinadas con weil/dass.
Cuestións básicas de pronunciación alemá e vocabulario básico formarán asimesmo parte dos contidos desta materia.
a.) Básica:
Franz Specht, Charlotte Habersack, Angela Pude: Menschen A2/1. Kursbuch mit DVD-ROM. Hueber Verlag. ISBN: 978-3-19-721902-8.
Anna Breitsameter, Sabine Glas-Peters, Angela Pude: Menschen A2/1. Arbeitsbuch mit Audio-CD. Hueber Verlag. ISBN: 978-3-19-311902-5.
b.) Complementaria:
HÄUBLEIN, Gernot u.a. (Hgg.): Memo. Wortschatz- und Fertigkeitstraining zum Zertifikat Deutsch als Fremdsprache. Lehr- und Übungsbuch. Berlin/ München 1995 Langenscheidt.
IVANOVA, Vessela/TSCHIRNER, Erwin: Lextra – Spanisch – Grund- und Aufbauwortschatz nach Themen / A1–B1. Übungsbuch Grundwortschatz. Berlin 2008 Cornelsen.
REIMANN, Monika: Grundstufen-Grammatik für Deutsch als Fremdsprache. Gramática esencial del alemán. München 2010 Hueber.
TSCHIRNER, Erwin: Lextra – Spanisch – Grund- und Aufbauwortschatz nach Themen / A1–B2 – Lernwörterbuch Grund- und Aufbauwortschatz. Berlin 2008 Cornelsen.
c.) Diccionarios
LANGENSCHEIDT Handwörterbuch Spanisch. Spanisch-Deutsch/ Deutsch-Spanisch. Wörterbuch mit Grammatik. Berlin/ München 2010 Langenscheidt.
O profesorado aportará ó alumnado ó longo do curso unha serie de materiais atendendo á evolución do mesmo.
- Competencia comunicativa integrada en lingua alemá a un nivel que se corresponda co nivel A2.1 do Marco de Referencia Europeo.
- Dominio dos aspectos gramaticais e discursivos desde un punto de vista receptivo e produtivo, de tal xeito que o alumnado sexa capaz de comunicarse en situacións da vida cotiá.
Para máis detalle véxanse as descricións do Marco de Referencia Europeo das linguas.
- Combínase un método indutivo e dedutivo..
- O libro do curso é 'Menschen A2/1', anque éste complementarase con materiais seleccionados polos docentes.
- Como tipoloxía de exercicios contémplanse os exercicios realizados nas aulas, sesións de internet e tarefas fóra das aulas, entre outros.
- Ofrécese ademáis material adicional no Campus Virtual.
- No caso de que se decrete algún dos escenarios de continxencia contemplados pola USC aplicarase o indicado na alínea de 'Observacións' baixo a epígrafe ‘Plan de continxencia’.
Para superar esta materia os estudantes terán que cumplir cos seguintes requisitos:
1) Asistencia regular e participación activa en clase (20% da nota final). Tratarase dunha breve proba semanal. Para obter esta parte da nota, os alumnos deberán ter realizado polo menos 10 probas.
2) Exame final escrito (50% da nota final).
3) Exame final oral (30% da nota final). Ao exame oral só se poderan presentar aqueles estudantes que aproben o exame escrito.
Para aprobar a materia é necesario aprobar cada unha das catro destrezas lingüísticas mencionadas no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (compresión e expresión orais e escritas)
Os alumnos que teñan dispensa oficial de asistencia ás clases serán avaliados en base ós seguintes criterios tanto na primeira coma na segunda oportunidade:
1) Exame final escrito (60% da nota final).
2) Exame final oral (40% da nota final). Ao exame oral só se poderán presentar aqueles estudantes que aproben o exame escrito.
Tamén neste caso os estudantes deberán superar as catro destrezas lingüísticas.
Na segunda oportunidade rexerán os mesmos criterios de avaliación coas mesmas porcentaxes. Os estudantes deberán repetir aquela(s) parte(s) (2 ou 3) da avaliación que non superasen na primeira oportunidade.
- No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
- No caso de que se decrete algún dos escenarios de continxencia contemplados pola USC, aplicarase o indicado na alínea de 'Observacións' baixo a epígrafe ‘Plan de continxencia’.
Por cada hora presencial o alumnado deberá dedicar dúas horas de traballo autónomo fóra das aulas (50 horas presencias = 100 horas de traballo autónomo).
- Máis aló da asistencia a clase - que é obrigatoria - é recomendable que o alumnado participe de maneira activa nas sesións presenciais.
- O alumnado debería buscar o contacto directo coa lingua alemá ben a través da lectura, ben a través dos medios de comunicación (prensa, televisión, cine, internet, etc.).
- Requisito para participar neste curso é ter coñecementos de alemán que correspondan ó nivel A1.2 do Marco de Referencia Europeo das linguas. Os estudantes terían que ter superado a materia 'Lingua Alemá 1'.
PLAN DE CONTINXENCIA
a. Metodoloxía da ensinanza:
En caso de que as autoridades pertinentes decretaran os escenarios 2 ou 3, a metodoloxía adaptarase ás directrices establecidas pola USC e ós parámetros acordados polo centro, de modo que as actividades docentes que non poidan executarse de modo presencial desenvolveranse de modo virtual, recorrendo ás ferramentas institucionais postas a disposición pola USC. Combinaranse actividades de carácter síncrono (principalmente a través da plataforma TEAMS) con outras de carácter asíncrono (principalmente a través de TEAMS ou Moodle) dependendo do tipo de actividade.
Escenario 2 ("distancia social"): A docencia será tanto presencial coma virtual, en función da forma concreta de semipresencialidade que se estableza en cada momento.
Escenario 3 ("confinamento"): A docencia será totalmente de carácter virtual, tanto con mecanismos síncronos como asíncronos.
b. Sistema de avaliación da aprendizaxe:
- Na modalidade de docencia semipresencial (escenario 2) manterase, sempre que sexa posible, o mesmo sistema de avaliación que no escenario 1. En caso de no ser posible, aplicarase o mesmo sistema que no escenario 3, no que os exercicios e as probas presenciais se sustituirán por tarefas e probas telemáticas (síncronas o asíncronas, orales o escritas), utilizando as ferramentas dixitais da institución.
- No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Emilio Gonzalez Miranda
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811834
- Correo electrónico
- emilio.gonzalez.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sebastian Windisch
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Correo electrónico
- sebastian.windisch [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Laura Alina Stupperich
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | Alemán | D11 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | Alemán | D11 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_02 (G-L) | Alemán | C02 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_03 (M-O) | Alemán | C03 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_04 (P-Z) | Alemán | C06 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | Alemán | D07 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_02 (G-L) | Alemán | C05 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_03 (M-O) | Alemán | C06 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | Alemán | C01 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_04 (P-Z) | Alemán | C03 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (M-O) | D08 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (G-L) | D08 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (P-Z) | D08 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | D08 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | D08 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | D08 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | D09 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | D09 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | D09 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (M-O) | D09 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (G-L) | D09 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (P-Z) | D09 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (M-O) | D10 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (G-L) | D10 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | D10 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (P-Z) | D10 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | D10 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | D10 |
29.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 (P-Z) | D10 |
29.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 (A-L) | D10 |
29.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | D10 |
29.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | D10 |
29.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (M-O) | D10 |
29.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-L) | D10 |