Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Partindo dos coñecementos adquiridos en Introdución á gramática e Lingua Francesa 3, presentar en primeiro lugar unha visión de conxunto sobre o concepto de oración en francés e a súa problemática insistindo na oración complexa e nas relacións sintácticas. En segundo lugar introducir as subordinadas circunstanciais (temporais, concesivas, causais e finais) co obxectivo de analizar a súa natureza e o seu funcionamiento sintáctico-semántico.
1. A oración. Definición
1.1. Oración simple e oración complexa.
1.2. Coordinación, subordinación e xustaposición.
2. As subordinadas circunstanciais. Definición e clasificación.
2.1. As subordinadas temporais
2.2. As subordinadas concesivas
2.3. As subordinadas causais
2.4. As subordinadas finais
- DELATOUR, Y. et al. ((1991) Grammaire du français, Paris, Hachette.
- DENIS, D. et A. SANCIER-CHATEAU (1994) Grammaire du français, Paris, Le Livre de Poche.
- POISSON-QUINTON, S. et al. (2002) Grammaire expliquée du français, CLE International
--------------------------------------------------------------------------------------------------
- ARRIVÉ, M. et al. (1986) La grammaire d’aujourd’hui. Guide alphabétique de linguistique française, Paris, Flammarion.
- CHEVALIER, J.C. et al. (1964) Grammaire Larousse du français contemporain, Paris, Larousse
- GARDES-TAMINE, J. (1990) La grammaire. 2. Syntaxe, Paris, Armand Colin
- GREVISSE, M. - GOOSSE, A. (1936-1986) Le bon usage. Grammaire française, 14e éd., Paris-Gembloux, Duculot, 2008.
- LE GOFFIC, P. (1993) Grammaire de la phrase française, Paris, Hachette.
- LE QUERLER, N. (1994) Précis de syntaxe française, Presses Universitaires de Caen.
- MERCIER-LECA, F. (1998) Trente questions de grammaire française, Paris, Nathan.
- POUGEOISE, M. (1998) Dictionnaire de grammaire, Paris, A. Colin
- RIEGEL, M. et al. (1994) Grammaire méthodique du français, Paris, PUF, 4e éd. 2009.
- TOMASSONE, R. (2002) Pour enseigner la grammaire, Paris, Delagrave
- WAGNER, R.L. y J. PINCHON (1962) Grammaire du français classique et moderne,
Paris, Hachette.
Partindo dun nivel B1+ os estudantes deben acadar un nivel B2 en francés. A materia proporcionaralle ó alumno un dominio dos contidos básicos da sintaxe do francés, tanto teóricos como prácticos, e unha maior competencia lingüística nas súas destrezas: comprensión oral e escrita, expresión oral e escrita.
Utilizaráse unha metodoloxía descritiva e normativa. As clases teóricas irán acompañadas de clases prácticas de aplicación: as explicacións teóricas de cada tema do programa serán completadas por lecturas e por exercicios prácticos que servirán de apoio ás cuestións teóricas tratadas.
1ª convocatoria (maio-xuño 2021)
Ao longo do semestre realizaranse controles continuis (exercicios, recensións ou pequenos traballos) sobre os diferentes puntos e temas do programa.
Un exame final será obligatorio para todos os estudantes. Constará de 2 partes:
1) proba escrita: teoria e práctica sobre os diferentes puntos e temas do programa
2) proba oral
Estas actividades avaliaránse segundo as porcentaxes seguintes:
1) Teoría (proba escrita teórico-práctica): 60%
2) Práctica (probas escrita e oral): 30%
3) Traballos, exercicios, asitencia e participación activa nas clases teóricas e prácticas: 10%
Para que esta distribución poida ser aplicada será necesario acadar o 50% da nota global en cada un dos ítems e todas as notas parciais deberán ser iguais ou superiores a 5/10. Non haberá compensación entre ítems.
2ª convocatoria (xuño-xullo 2021):
1)Teoría (proba escrita teórico-práctica): 70%
2) Práctica (probas escrita e oral): 30%
Para que esta distribución poida ser aplicada será necesario acadar o 50% da nota global en cada un dos ítems e todas as notas parciais deberán ser iguais ou superiores a 5/10. Non haberá compensación entre ítems.
Estudantes con dispensa de asistencia a clase: aplicarase o sistema de avaliación correspondente á 2ª convocatoria.
- 2 horas de traballo persoal por cada hora de clase presencial.
Por tratarse da continuación da materia Lingua Francesa 3 partirase dun nivel B1+ para alcanzar o nivel B2 do CECR. A competencia lingüística dos estudiantes será avaliada en todas as probas realizadas. Será polo tanto requisito indispensable demostrar un nivel de expresión, escrita e oral, que demostre o dominio das competencias esixidas para o nivel que se pretende alcanzar.
- No caso de ter que pasar ao escenario 2 (distanciamento), tentaríase dividir o grupo, de ser necesario, ou ben as clases presenciais pasarían a ser virtuais. No referente ao modo de avaliación, a nota final resultaría das distintas actividades realizadas individualemente ou en grupo, dunha proba individual escrita e dunha proba oral telemática, de ser necesario.
-No escenario 3 (peche das instalacións),a docencia presencial pasaría a ser virtual e o modo de avaliación comprendería as actividades realizadas individualmente ou en grupo, dunha proba individual escrita e dunha proba oral individual telemática.
CONTACTAR COAS PROFESORAS
O alumnado tamén pode contactar coa profesora por teléfono (só durante as horas de atendemento, por favor), por correo ordinario ou por correo electrónico.
Os datos de contacto son os seguintes:
Laura Pino Serrano (despacho 428)
e-mail: laura.pino [at] usc.es (laura[dot]pino[at]usc[dot]es)
Jennifer Neveu (despacho 328)
e-mail: jennifernathalie.neveu [at] usc.es (jennifernathalie[dot]neveu[at]usc[dot]es)
Mª Dolores Laura Pino Serrano
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Correo electrónico
- laura.pino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jennifer Nathalie Neveu
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01(A-L) | Francés | C01 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_02(M-Z) | Francés | C04 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01(A-L) | Francés | C06 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_02(M-Z) | Francés | C02 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Francés | C12 |
27.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
27.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01(A-L) | D10 |
27.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02(M-Z) | D10 |
27.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
27.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01(A-L) | D11 |
27.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02(M-Z) | D11 |
30.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
30.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01(A-L) | D10 |
30.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02(M-Z) | D10 |