Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Dominar o uso oral e escrito da lingua occitana, acadando un grao de nivel medio na pronuncia e entonación da lingua occitana.
- Coñecer aa realidade dialectal do dominio lingüístico occitano.
- Coñecer o proceso de normativización e codificación da lingua occitana.
- Coñecer os problemas de linguas en contacto e/ou conflito (occitano-francés, occitano-catalán).
A) Contidos gramaticais e lingüísticos:
1. Os indefinidos
2. O modo condicional
3. Presente e imperfecto de subxuntivo
4. O imperativo
5. Comparativos e superlativos
6. Xerundio e participio
7. A proposición dependente. Conxuncións de subordinación
8. O dialecto provenzal
9. O dialecto gascón
10. O dialecto lemosino
11. O dialecto nizardo
12. A grafía mistraliana
13. Iniciación á lectura de textos medievais
14. Iniciación á lectura de textos modernos e contemporáneos
B) Situacións de comunicación e léxico:
Irase introducindo todo tipo de léxico para empregar en variadas situacións de comunicación, segundo vaia aparecendo nos textos cos que se traballe.
C) Contidos teóricos:
1. A busca do monolingüismo da nación francesa ao longo dos séculos vista desde Occitania
2. A codificación do occitano: dos trobadores ao Félibrige
3. A codificación do occitano moderno
4. O occitano en Italia
5. O occitano no Val de Arán
6. Contacto/conflito de linguas. A sociolingüística occitana
7. As relacións occitano-catalás
Ademáis da bibliografía de lingua occitana 1, utilizarase tamén a seguinte:
A) Manuais, dicionarios e gramáticas:
Mistral, F., (1932), Lou tresor dou Felibrige ou dictionnaire provençal-français. Slatkine Reprints, 1979.
Vernet, V., ( 2001), Dictionnaire gramatical de l'occitan moderne. Univ. Paul Valéry. Montpéllier.
B) Estudos:
Boyer, H., e Gardy, Ph. corrd., (2001), Dix siècles d'usages et d'images de l'occitan. Des troubadours à l'Internet. Paris. Hartman.
Boyer, H., (1991), Langues en conflit. Paris. Hartman.
Lafont, R., (1974), La revendication occitana. Paris. Flammarion.
Lafont, R., (1997), Quarante ans de sociolinguistique à la périphérie. Paris. Hartman.
Lamuela, X., (1987), Català, occità, friulà: llengües subordinades i planificaciò lingüística. Barcelona. Quaderns Crema.
- Emprego do occitano como medio de comunicación en situacións da vida cotiá e como medio de expresión persoal.
- Ler correctamente.
- Comprensión de textos escritos de diverso tipo e grao de formalidade.
- Redacción de textos en lingua occitana a un nivel elemental-medio.
- Ampliación do vocabulario para as necesidades comunicativas de nivel elemental-medio.
- Tradución de textos do ou ao occitano de rexistro estándar.
- Fomento dunha actitude crítica diante dos problemas de linguas en contacto e/ou conflito.
AVISO: AS NORMAS QUE SE INDICAN AQUÍ SON DE APLICACIÓN ÚNICAMENTE NUN CONTEXTO DOCENTE LIBRE DE CORONAVIRUS. EN CASO DE NOVOS BROTES DA PANDEMIA, APLICARÁNSE NO SEU LUGAR OS PROTOCOLOS INDICADOS NO APARTADO DE OBSERVACIÓNS
O curso terá carácter teórico e práctico, alternando as clases teóricas sobre sociolingüística occitana coas prácticas de laboratorio para a aprendizaxe da lingua occitana contemporánea.
A parte teórica será expositiva, na que o profesor introducirá cada tema e os alumnos o ampliarán mediante exposicións orais na clase e a presentación de traballos escritos.
A parte práctica realizarase no laboratorio de idiomas, utilizando o método audiovisual "Òc-Ben", do CRDP de Bordeaux.
AVISO: AS NORMAS QUE SE INDICAN AQUÍ SON DE APLICACIÓN ÚNICAMENTE NUN CONTEXTO DOCENTE LIBRE DE CORONAVIRUS. EN CASO DE NOVOS BROTES DA PANDEMIA, APLICARÁNSE NO SEU LUGAR OS PROTOCOLOS INDICADOS NO APARTADO DE OBSERVACIÓNS
Dado que a asistencia á clase e ás actividades que se propoñan son obrigatorias, a avaliación será contínua e realizarase a partir do traballo diario do alumno, con exercicios prácticos de lingua e comentarios persoais de documentos propostos polo profesor para tal fin.
Os sistemas de avaliación previstos son os seguintes:
A) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTÍNUA:
1. Dous comentarios escritos sobre calquera dos temas do apartado C) do programa. Cada comentario terá un valor de un punto como máximo.
2. Un traballo escrito sobre calquera tema do apartado C) do programa. Valorarase cun máximo de tres puntos.
3. Exercicios diarios, orais e escritos, no laboratorio de idiomas. A valoración global destes exercicios será dun máximo de cinco puntos.
Para superar a materia será necesario obter un mínimo de cinco puntos na suma dos tres exercicios de avaliación.
B) SISTEMA DE AVALIACIÓN MEDIANTE EXAME FINAL:
Os alumnos que non superen a avaliación contínua ou non asistan ás clases darán conta do programa no exame final oficial, con data proposta polo Decanato da Facultade. Dito examen será escrito e oral.
Actividades presenciais:
Sesións expositivas: 20h
Sesións de seminario / laboratorio de idiomas / aula de informática: 35h
Sesións de tutoría programadas: 2h
Sesiónss de avaliación: 3h
Total de horas de actividade presencial: 60h
Actividades non presenciais:
Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 30h
Realización de traballos de diverso tipo: 20h
Leituras: 10h
Preparación de exames: 30h
Total de horas de actividade non presencial: 90h
Total horas ECTS: 150
Aconséllase un nivel básico de lectura de textos en lingua francesa, pois a bibliografía está maioritariamente escrita nesa lingua.
Aconséllase ter superado os contidos da materia lingua occitana 1.
PLAN DE CONTINXENCIA METODOLOXÍA:
ESCENARIO 2 (CONFINAMENTO PARCIAL POR CORONAVIRUS): De xeito xeral, manterase o plantexamento das actividades expositivas e interactivas indicado no apartado correspondente, pero coas seguintes alteracións: en caso de que a docencia expositiva se deba impartir parcialmente de xeito virtual, tanto o profesor como os estudantes seguirán neste escenario as leccións do curso de xeito síncrono (é dicir, no horario habitual das clases) pola plataforma Teams. Pola súa banda, a docencia interactiva deberá impartirse de xeito presencial nun 50% como mínimo; de ser necesario, o resto se impartirá virtualmente por Teams. A asistencia a clase é obrigatoria, calquera que sexa a súa modalidade. As titorías serán atendidas de xeito exclusivo tamén por esta plataforma. Para o desenvolvemento das clases virtuais, o profesor proporcionará aos alumnos elementos de aprendizaxe (materiais libres de dereitos que se poidan atopar en internet, por exemplo) como complemento das clases expositivas e / ou para a realización das tarefas interactivas. Estas últimas serán levadas a cabo de acordo cun calendario flexible establecido polo profesor en función das circunstancias da docencia neste escenario. As tarefas interactivas serán preferiblemente de carácter individual, pero se fomentará o traballo colaborativo. En calquera caso, o profesor promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
ESCENARIO 3 (CONFINAMENTO TOTAL POR CORONAVIRUS): De xeito xeral, manterase o plantexamento das actividades expositivas e interactivas indicado no apartado correspondente, pero coas seguintes alteracións: en caso de que a docencia expositiva se deba impartir totalmente de xeito virtual, tanto o profesor como os estudantes seguirán as leccións do curso, de xeito síncrono (é dicir, no horario habitual das clases), pola plataforma Teams. A docencia interactiva deberá impartirse enteiramente nestas mesmas condicións. Todas as titorías tamén se atenderán por este sistema. A asistencia a clase é obrigatoria, mesmo na modalidade telemática. Para o desenvolvemento das clases virtuais, o profesor proporcionará aos alumnos elementos de aprendizaxe (materiais libres de dereitos que se poidan atopar en internet, por exemplo) como complemento das clases expositivas e para a realización das tarefas interactivas. Estas últimas serán levadas a cabo de acordo cun calendario flexible establecido polo profesor en función das circunstancias da docencia neste escenario. As tarefas interactivas serán preferiblemente de carácter individual dada a situación de aillamento, pero se fomentará o traballo colaborativo. En calquera caso, o profesor promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
SISTEMA DE AVALIACIÓN:
ESCENARIO 2 (CONFINAMENTO PARCIAL POR CORONAVIRUS): A nota da asignatura procederá nun 90% dos traballos, orais e/ou escritos, presenciais ou telemáticos, que teña que realizar o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita. As intervencións voluntarias de tipo persoal, tanto a nivel presencial como telemático, que teñan interese para o desenvolvemento da asignatura valoraranse co 10% restante da cualificación final. O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais consistirá na entrega por correo electrónico, na data oficial da proba final, dun traballo cun grao moito maior de complexidade que o dos efectuados en clase. As súas características serán anunciadas polo profesor coa antelación suficiente, e o seu valor será do 100% da nota da asignatura. Este será tamén o único criterio de avaliación para os alumnos presenciais que tiveran faltado a un 20 % ou máis das clases. O criterio de avaliación para os alumnos que asistiran regularmente ás clases pero que non fixeran parte dos traballos ou ningún deles ou suspenderan todos os traballos ou parte deles, a proba final consistirá na entrega ao profesor das tarefas pendentes ou dunha nova versión das suspensas, segundo o caso. O envío farase por correo electrónico na data marcada oficialmente para a proba final. O seu valor terá un peso porcentual calculado en relación co conxunto dos traballos obrigatorios da materia. A avaliación se efectuará sempre sobre o programa. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ESCENARIO 3 (CONFINAMENTO TOTAL POR CORONAVIRUS): A nota da asignatura procederá nun 90% dos traballos, orais e/ou escritos que teña que realizar telemáticamente o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita. As intervencións voluntarias de tipo persoal que teñan interese para o desenvolvemento da asignatura valoraranse co 10% restante da cualificación final. O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais consistirá na entrega por correo electrónico, na data oficial da proba final, dun traballo cun grao moito maior de complexidade que os efectuados en clase. As súas características serán anunciadas polo profesor coa antelación suficiente, e o seu valor será do 100% da nota da asignatura. Este será tamén o único