Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir competencias básicas propias dun lingüista que permiten:
(a) Abordar as linguas como usuarios reflexivos e curiosos.
(b) Aproximarse á Lingüística como aprendices de profesionais no campo, tratando de vencellar a descrición técnica coa realidade dos usos e das linguas.
(c) Prover ferramentas para a análise obxectiva da diversidade lingüística dende distintas perspectivas.
(d) Fomentar a capacidade de reflexión sobre a situación social dos grupos lingüísticos arredor do mundo.
(e) Analizar e contrastar a relación entre linguaxe e pensamento mediante o estudo de diferentes teorías, insistindo na necesidade de traballar con datos reais.
(f) Comprobar a importancia dos aspectos anatómicos e fisiolóxicos dos mecanismos que sustentan as producións lingüísticas.
(g) Describir e avaliar situacións de déficit comunicativo (infantil e adulto), reflexionando sobre as súas incidencias nas relacións interpersoais.
TEMA 1. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E PROCESAMENTO DAS LINGUAS: Unidade e variedade das linguas. Variación no plano social das linguas. Variación no plano neuropsicolóxico dos usuarios.
Os cinco SEMINARIOS correspondentes ao tema 1 abordarán os seguintes asuntos:
- Explicación do contido dos seminarios e titorías e mais do modo como se vai desenvolver e avaliar o traballo dos estudantes ao longo do cuadrimestre.
- Prácticas a partir de materiais relativos á variación intraidiomática cos que se traballará ao longo dos seminarios (depositados previamente na aula virtual).
- Proba de avaliación do tema 1 (22-23/10/2020)
TEMA 2. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E LINGUAS DO MUNDO: As linguas aredor do mundo. Linguas en contexto. Aplicacións da Lingüística ao abeiro da diversidade multilingüe.
Os tres SEMINARIOS correspondentes ao tema 2 abordarán os seguintes asuntos:
- Presentación e consulta de materiais actualizados relacionados co estudo e a catalogación das linguas do mundo.
- Actividades prácticas sobre distintas aplicacións da Lingüística
- Avaliación do tema 2_presentación proxecto (individual|parellas|pequeno grupo) (12-13/11/2020)
TEMA 3. LINGUAXE, MENTE E CEREBRO: A adquisición da lingua e a aprendizaxe de linguas. Fundamentos biolóxicos da linguaxe. Os trastornos comunicativos. Aplicacións da Lingüística en linguaxe, mente e cerebro.
Os cinco SEMINARIOS correspondentes ao tema 3 abordarán os seguintes asuntos:
- Visionado do vídeo "Genie: o miragre da nena salvaxe" e reflexión sobre o documental a partir dunha batería de preguntas entregada previamente.
- Traballo práctico con textos sobre adquisición da linguaxe
- Traballo práctico con mostras reais de fala infantil (mono-, bi-, plurilingües)
- Traballo práctico con mostras reais de fala disfuncional (infantil e adulta)
- Proba de avaliación do tema 3 (17-18/12/2020)
TITORÍAS PROGRAMADAS: o profesorado das clases interactivas tamén desenvolverán as seguintes titorías programadas
TITORÍA 1 (ao longo primeira semana de outubro)
- Resolución das cuestións ou dúbidas que presenten os estudantes derivadas dos seminarios anteriores.
- Normas de presentación de traballos e citas bibliográficas.
- Organización do proxecto de avaliación do tema 2 que os estudantes deberán presentar -oralmente e por escrito- nos días 12 ou 13 de novembro.
TITORÍA 2 (ao longo da primeira semana de novembro):
- Revisión e resolución de dúbidas do proceso de elaboración do traballo do tema 2.
- Aclaración de cuestións sobre calquera aspecto do tema 2 tratado nos seminarios anteriores.
TEMA 1. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E PROCESAMENTO DAS LINGUAS
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
FERNÁNDEZ PÉREZ, M. (1999): Introducción a la Lingüística. Barcelona: Ariel, 49-65.
MORENO CABRERA, J. C. (2000): "Apéndice A. Cien mitos, prejuicios y tópicos sobre las lenguas". En La dignidad e igualdad de las lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid: Alianza, 237-265.
MORENO FERNÁNDEZ, F. (1998): Principios de sociolingüística y sociología del lenguaje. Barcelona: Ariel, 2ª ed., 2005, 17-31.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
AITCHINSON, J. (1991): El cambio en las lenguas: ¿progreso o decadencia? Barcelona: Ariel, 1993.
FERNÁNDEZ PÉREZ, M. (1999): "El interés por la 'variación' en la lingüística actual". En Homenatge a Jesús Tuson. Barcelona: Empúries, pp. 104-125.
MILROY, L. (1980): Language and social networks. Oxford:Blackwell, 2ª ed., 1987.
MORENO CABRERA, J.C. (2008): El nacionalismo lingüístico:Una ideología destructiva. Barcelona:Península.
TRUDGILL, P. (1983): On Dialect (Social and Geographical Perspectives). Oxford: Blackwell.
TUSON, J. (2009): Patrimonio natural. Elogio y defensa de la diversidad lingüística. Barcelona: Ariel.
WIERZBICKA, A. (1999): Emotions Across Languages and Cultures. Cambridge: Cambridge University Press.
TEMA 2. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E LINGUAS DO MUNDO
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
AMORÓS, C. (2014): Las lenguas en la sociedad. Madrid: Síntesis, pp. 87-120.
MORENO CABRERA, J.C. (2006): “La diversidad lingüística en el siglo XXI”. En F. Martí et al. (eds.): Palabras y mundos. Informe sobre las lenguas del mundo. Barcelona: Icaria, 87-132 (selecc.).
ROMAINE, S. (1996): El lenguaje en la sociedad. Una introducción a la Sociolingüística. Barcelona: Ariel, cap. 1.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ABLEY, M. (2006): Aquí se habla… Un recorrido por las lenguas amenazadas. Barcelona: RBA Libros.
BERNÁRDEZ, E. (2016): Viaje lingüístico por el mundo. Madrid: Alianza Editorial.
JUNYENT, C. & C. MUNCUNILL (2010): El libro de las lenguas. Barcelona: Octaedro
MORENO CABRERA, J.C. (2003): El Universo de las lenguas: clasificación, denominación, situación, tipología, historia y bibliografía de las lenguas. Madrid:Castalia.
MORENO CABRERA, J.C. (2016): Multilingüismo y lenguas en contacto. Madrid: Síntesis.
TEMA 3. LINGUAXE, MENTE E CEREBRO
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
MARTÍN, J.M. (2005): "La adquisición de la lengua materna (Ll) y el aprendizaje de una segunda lengua(L2)/ lengua extranjera (LE): procesos cognitivos y factores condicionantes”, en J. Sánchez & I. Santos (dirs.) Vademécum para la formación de profesores: enseñar español como segunda lengua (L2)-lengua extranjera (LE), Alcobendas: SGEL, 261-286.
O’GRADY, W. (2010): Cómo aprenden los niños el lenguaje. Madrid: Akal, (pp. sel. 175-208).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
AITCHISON, J. (1992): El mamífero articulado. Introducción a la Psicolingüística. Madrid: Alianza.
CRYSTAL, D. (1981): Patología del lenguaje. Madrid: Cátedra, 3ª ed., 1993.
DIEZ-ITZA, E. (1992): Adquisición del Lenguaje. Oviedo: Pentalfa.
ENRÍQUEZ MARTÍNEZ, I. (2017): Del discurso a la gramática en el habla infantil. Madrid: Arco Libros-La Muralla.
FERNÁNDEZ PÉREZ, M. (1999): Introducción a la Lingüística. Barcelona: Ariel, 137-204.
GARAYZÁBAL,E. e CODESIDO,A.I. (2015): Fundamentos de Psicolingüística, Madrid: Síntesis.
MARIÑO, X. (2013): Neurociencia para Julia, Pamplona: Laetoli.
MARISCAL, S. e GALLO, P. (2014); Adquisición del lenguaje, Madrid: Síntesis.
OWENS, R. (2003): Desarrollo del lenguaje, Madrid: Pearson Ed
(1) Dominar conceptos, terminoloxía básica e métodos que desenvolvan nos estudantes estratexias de observación dos feitos comunicativos e que lles permitan a reflexión e o estudo lingüísticos.
(2) Emprego de recursos e fontes de información que permitan ao estudantado adquirir coñecementos sobre os feitos lingüísticos autonomamente.
(3) Comprender e explicar textos básicos relacionados coa materia.
(4) Expoñer oralmente as reflexións propias relacionadas cos contidos da materia.
(5) Desenvolver a motivación, a atención e o esforzo para a aprendizaxe, así como actitudes de apertura, participación e responsabilidade perante o traballo académico.
(6) Son requisitos imprescindibles que o alumno posúa un nivel de expresión escrita (redacción e ortografía) conforme coa súa situación académica, así como habilidades para a lectura e comprensión críticas en varias linguas ademais do galego e do español.
A asignatura distribuirase en tres horas semanais: unha sesión expositiva (1 hora e media) e unha sesión interactiva (1 hora e media). Haberá dúas sesións de titorías programadas de 1 hora e media en grupos reducidos. A súa finalidade é a de guiar o traballo autónomo do alumnado.
Como complemento das sesións expositivas e interactivas, habilitarase unha aula virtual que se utilizará para o depósito dos materiais dixitais que o profesorado vaia preparando ao longo do curso e para difundir calquera tipo de información.
Os textos dos programas que teñen validez legal para o profesorado desta materia son as versións en galego e castelán (elaboradas por eles mesmos).
1ª OPORTUNIDADE:
Realizarase por avaliación continuada: O 50% da cualificación (5 puntos) corresponderá ás probas, actividades e traballos programados para as sesións de seminario. O 50% restante (5 puntos) corresponderá ao exame de toda a materia, que versará sobre os contidos das sesións expositivas e as lecturas obrigatorias (depositadas na aula virtual da materia). Este exame realizarase o 11/01/2021.
Nesta 1ª oportunidade os 5 puntos correspondentes ás probas, actividades e traballos desenvolvidos nas sesións de seminario repártense da seguinte maneira:
- Proba de avaliación do tema 1 (que se realizará o 22-23/10/2020): 1,5 punto.
- Proba de avaliación do tema 2 (que se realizará o 12-13/11/2020): 1,5 puntos.
- Proba de avaliación do tema 3 (que se realizará o 17-18/12/2020): 2 puntos.
Os aspectos, criterios e instrumentos de avaliación aparecen reflectidos no seguinte esquema:
a) sesións interactivas:
ASPECTO
Asistencia, participación e aproveitamento das clases presenciais
CRITERIOS
- Grao de comprensión dos textos utilizados e capacidade de síntese.
- Adecuación das análises nas actividades de aplicación.
- Grao de comprensión dos conceptos e métodos aplicados.
- Calidade académica do traballo individual ou en grupo (contido, corrección idiomática, claridade expositiva e adecuación da selección de ideas).
- Grao de participación activa nos seminarios.
INSTRUMENTOS
Probas, actividades e traballos -escritos ou orais- entregados e/ou expostos (ben na sesión de clase, ben por medio de ferramentas virtuais de ensino-aprendizaxe do tipo correo-e, foros ou blogs).
VALOR: 50%
b) sesións expositivas:
ASPECTO
Conceptos, métodos e ferramentas aprendidos durante todo o curso a través das explicacións do profesor e das lecturas obrigatorias.
CRITERIOS
- Dominio dos conceptos teóricos e metodolóxicos da materia.
- Grao de aproveitamento das lecturas obrigatorias.
- Corrección idiomática.
INSTRUMENTO
- Exame de toda a materia ao remate do primeiro semestre
VALOR: 50%
2ª OPORTUNIDADE: A avaliación na segunda oportunidade efectuarase exclusivamente a través dun exame final (4/06/2021), que incluirá cuestións teóricas e prácticas relacionadas coas sesións expositivas e interactivas, así como coa bibliografía básica (depositada na aula virtual da materia).
ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
Os estudantes que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase e, polo tanto, non poidan seguir a avaliación continuada, serán avaliados exclusivamente a través dun exame final que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e ás sesións seminario) e que poderán realizar tanto na 1.ª (11/01/2021) coma na 2.ª oportunidade (4/06/2021).
INDICACIÓNS XERAIS PARA TODO O ESTUDANTADO:
1.- Debe terse moi en conta que para superar a materia, ademais de acadar o nivel requirido en canto a contidos e prácticas, será requisito indispensábel amosar na realización das diferentes probas –orais e/ou escritas– un nivel de dominio (exposición e argumentación, redacción e ortografía) conforme coa situación académica do estudante.
2.- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na 'Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións' [https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…]
SESIÓNS EXPOSITIVAS: 24 (horas presenciais) + 54 (horas non presenciais) = Total 78 horas
SESIÓNS SEMINARIO: 24 (horas presenciais) + 36 (horas non presenciais) = Total 60 horas
SESIÓNS TITORÍA GRUPO: 3 (horas presenciais) + 3 (horas non presenciais) = Total 6 horas
SESIÓNS AVALIACIÓN: 3 (horas presenciais) + 3 (horas non presenciais) = Total 6 horas
TOTAL: 54 (horas presenciais) + 96 (horas non presenciais) = Total 150 horas
Se ben a Lingüística non debera ser unha materia novidosa para os estudantes de segundo curso na Universidade, os contidos do programa están ordenados e secuenciados para facilitar a aprendizaxe progresiva sen perder de vista o conxunto. Faise, por tanto, imprescindible evitar baleiros de comprensión nos temas, xa que limitarán o avance en estadios posteriores. O traballo constante é o factor clave.
(1) As explicacións detalladas dos contidos do programa na aula facilitan a aprendizaxe. A información recibida directamente na clase pódese converter en coñecemento automaticamente coa vantaxe da interacción na dinámica das sesións de seminario.
(2) Sustentar os contidos proporcionados na aula mediante a consulta de fontes bibliográficas específicas para cada tema. A autoaprendizaxe, que será guiada nas titorías programadas, é importante; e a lectura selectiva segundo as pautas marcadas para cada apartado dos temas fornece os mecanismos de autocoñecemento e reflexión crítica.
(3) A posta en práctica dos conceptos e das técnicas de análise é imprescindible para asentar e madurar a preparación na materia mediante a realización dos exercicios propostos.
(4) Recoméndase que o estudantado posúa habilidades para a lectura (con capacidade de síntese) e comprensión crítica da información recollida en diferentes soportes.
(5) Tamén convén posuír un nivel medio-alto de comprensión escrita das linguas española, galega e inglesa, xa que os materiais de consulta recomendados así como os empregados nas sesións de clase inclúen textos publicados nestes idiomas.
(*) Para coñecer os horarios de atención a estudantes así como outros aspectos de natureza administrativa, remitímonos á información que será proporcionada oportunamente por cada docente ao inicio do curso académico.
PLAN DE CONTINXENCIA
1. ESCENARIO 2
1.1. CONTIDOS: na medida do posible manteranse os contidos previstos para o escenario 1, aínda que, dependendo da evolución das circunstancias, poderán ser adaptados á situación de convivencia da docencia presencial coa virtual. As titorías programadas manterán, sempre que for posible, o seu calendario de realización, se ben pasarán a ser desenvolvidas por medios virtuais (Campus virtual, MsTeams…). No caso de non ser posíbel, aquelas actividades que pidan ser presentadas oralmente nunha sesión de clase, serán entregadas a través da aula virtual da materia.
1.2. METODOLOXÍA DA ENSINANZA: a materia continuará a estar distribuída nunha sesión expositiva semanal e outra sesión interactiva de seminario tamén semanal. Corresponderá ao decanato da Facultade de Filoloxía definir as fórmulas de convivencia definitivas, para estas sesións expositivas e interactivas de seminario, das modalidades de docencia presencial e virtual. As dúas titorías programadas desenvolveranse virtualmente (Campus virtual, MsTeams…). Para o desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas habilitaranse canles de comunicación virtual (Campus virtual, MsTeams…) que se usarán para depósito dos materiais dixitais que o profesorado vaia elaborando ao longo do curso e para difundir calquera información sobre o seu desenvolvemento.
1.3. SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
1ª OPORTUNIDADE (MES DE XANEIRO): o exame de toda a materia será preferentemente telemático e realizarase o 11/01/2021. Dependendo das recomendacións das autoridades competentes, as probas de avaliación dos temas 1, 2 e 3 serán presenciais ou telemáticas nas datas previstas para o escenario 1.
2ª OPORTUNIDADE (MES DE XUÑO): a avaliación na 2.ª oportunidade efectuarase preferentemente por vía telemática a través dun exame final (4/06/2021) que incluirá cuestións teóricas e prácticas relacionadas coas sesións expositivas e interactivas así como coa bibliografía básica (depositada na aula virtual da materia).
INDICACIÓN XERAL PARA TODO O ESTUDANTADO: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na 'Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións' [https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…]
1.4. RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA: recoméndase ao estudantado unha atención constante ás canles de comunicación virtual habilitadas (Campus virtual, MsTeams…) para un axeitado seguimento dos contidos da materia, para conseguir unha autoaprendizaxe guiada e orientada polo profesorado e para establecer un proceso continuado de estudo.
2. ESCENARIO 3
2.1. CONTIDOS: na medida do posible manteranse os contidos previstos para o escenario 1, aínda que, dependendo da evolución das circunstancias, poderán ser adaptados á situación de docencia únicamente virtual. As titorías programadas manterán, sempre que for posible, o seu calendario de realización, se ben pasarán a ser desenvolvidas por medios virtuais (Campus virtual, MsTeams…). No caso de non ser posíbel, aquelas actividades que pidan ser presentadas oralmente nunha sesión de clase, serán entregadas a través da aula virtual da materia.
2.2. METODOLOXÍA DA ENSINANZA A materia continuará a estar distribuída nunha sesión expositiva semanal e outra sesión interactiva de seminario tamén semanal. A docencia será completamente virtual. As dúas titorías programadas desenvolveranse virtualmente (Campus virtual, MsTeams…). Para o desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas habilitaranse canles de comunicación virtual (Campus virtual, MsTeams…) que se usarán para depósito dos materiais dixitais que o profesorado vaia elaborando ao longo do curso e para difundir calquera información sobre o seu desenvolvemento.
2.3. SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
1ª OPORTUNIDADE (MES DE XANEIRO): o exame de toda a materia será telemático e realizarase o 11/01/2021. Así mesmo, as probas de avaliación dos temas 1, 2 e 3 serán telemáticas nas datas previstas para o escenario 1.
2ª OPORTUNIDADE (MES DE XUÑO): o exame realizarase telematicamente o 4/06/2021.
INDICACIÓN XERAL PARA TODO O ESTUDANTADO: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na 'Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións' [https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…]
2.4. RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA: recoméndase ao estudantado unha atención constante ás canles de comunicación virtual habilitadas (Campus virtual, MsTeams…) para un axeitado seguimento dos contidos da materia, para conseguir unha autoaprendizaxe guiada e orientada polo profesorado e para establecer un proceso continuado de estudo.
Maria Luz Zas Varela
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811767
- Correo electrónico
- luz.zas [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Isabel Codesido García
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811776
- Correo electrónico
- ana.codesido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Victor Manuel Longa Martinez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811764
- Correo electrónico
- victormanuel.longa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-Ch) | Galego | C07 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 (Ci-F) | Castelán | C08 |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_02 (G-O) | Castelán | C12 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | Galego | C07 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | Castelán | C12 |
Venres | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | Castelán | C11 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | Galego | D08 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_06 (Rodríguez González - Z) | Castelán | C01 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_05 (P - Rodríguez Cid) | Galego | C11 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C11 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_06 (Rodríguez González - Z) | C11 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | C11 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C11 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (Ci-F) | C11 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | C11 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C11 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-Ch) | C11 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_05 (P - Rodríguez Cid) | C11 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C12 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-Ch) | C12 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_05 (P - Rodríguez Cid) | C12 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C12 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_06 (Rodríguez González - Z) | C12 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | C12 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C12 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (Ci-F) | C12 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | C12 |