Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 147.4 Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tal e como recolle o Real decreto 292/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios, as prácticas externas teñen como obxectivos principais:
a) Contribuír á formación integral dos estudantes complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica.
b) Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional en que os estudantes deberán operar, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos.
c) Favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
d) Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa empregabilidade futura.
e) Favorecer os valores da innovación, a creatividade e o emprendemento
Así, as prácticas do Grao en Filoloxía Clásica teñen como obxectivo xeral a formación do alumnado nalgún dos aspectos lingüísticos, literarios e/ou culturais desenvolvidos no seu plan de estudos.
As prácticas académicas externas curriculares son prácticas integradas no sistema de créditos da titulación, recoñecidas como 6 ECTS pertencentes ao módulo optativo dos estudos de Grao, e, por tanto, computan para a obtención do título. Por este motivo, estas prácticas non son remuneradas.
Os contidos concretos e as tarefas ligadas ás prácticas externas están en relación cos proxectos formativos propostos polos centros ou institucións nos que o alumnado realice as súas prácticas.
A oferta de prácticas externas para o Grao en Filoloxía Clásica é a seguinte:
Empresa/Institución
Cuadrimestre
Número de prazas
Titor/a académico
Titor/a profesional
Centro “Ramón Piñeiro”
Rúa de San Roque 2
15714 Santiago de Compostela
Primeiro
5*
Virgilio García Trabazo
Manuel González González
Ruth Otero Vilar
*O número de prazas corresponde ao total de ofertadas para todos os Graos da Facultade.
Obxectivos
Os alumnos poderán ser adscritos nas súas prácticas a diversos proxectos, procurando sempre seleccionar aqueles que sexan máis acordes cos seus estudos e dos que poidan tirar un maior proveito para o seu futuro profesional.
Na situación actual o Centro pon ao dispor dos alumnos en prácticas os seguintes proxectos:
a) Proxecto: Fraseoloxía
1. Lograr certa familiaridade coa tradución do inglés ao galego e ao castelán, nun contexto de alta formalidade, como é o dunha revista especializada.
2. Dominar a terminoloxía lingüística e particularmente do mundo da fraseoloxía tanto en inglés coma en galego e castelán.
3. Dado que a fraseoloxía ten unha forte compoñente popular, a través das versións dos fraseoloxemas o alumno terá ocasión de enfrontarse ás expresións de distintas visións do mundo que reflicten as distintas culturas, e de buscar equivalentes nestas culturas para expresalas.
4. Que o alumno aprenda a relacionarse con especialistas para resolver as súas dúbidas lingüísticas e de interpretación dos textos.
b) Proxecto: Terminoloxía
1. Que o alumno se enfronte na práctica co traballo de terminoloxía sistemática desde unha perspectiva multilingüe.
2. Que o alumno aprenda a deseñar unha árbore de campo, cando traballe con terminoloxía sistemática.
3. Que o alumno entre en contacto coa metodoloxía de traballo da terminoloxía puntual.
4. Que o alumno aprenda a buscar a documentación necesaria para o traballo terminolóxico.
c) Proxecto: Corpus de referencia do galego actual
1. Que o alumno recoñeza a importancia que ten a elaboración dos córpora lingüísticos e as súas posibles aplicacións.
5
2. Que o alumno se familiarice e comprenda as esixencias metodolóxicas necesarias para a elaboración dun corpus lingüístico.
3. Que o alumno sexa quen de preparar un texto para ser incorporado ao CORGA
d) Proxecto: Bibliografía informatizada da lingua galega
1. Que o alumno sexa capaz de dominar as fontes ás que debe acudir para estar ao tanto do que se produce en lingüística galega.
2. Que o alumno se decate da función e da importancia instrumental que teñen os repertorios bibliográficos como ferramenta de axuda á investigación.
3. Que o alumno sexa capaz de introducir todos os datos relevantes nunha ficha bibliográfica exhaustiva como as que integran a BILEGA.
e) Proxecto: Dicionario galego-italiano
a) Que o alumno se familiarice cos diversos enfoques que pode recibir unha obra lexicográfica bilingüe de acordo coa súa finalidade e orientación.
b) Que o alumno vexa que un dicionario bilingüe non é unha simple lista de equivalentes léxicos entre dúas linguas.
c) Que o alumno saiba reaccionar ante a frecuente presenza de falsos amigos.
d) Que o alumno sexa quen de buscar os recursos e os medios para elaborar unha entrada lexicográfica aceptable.
e) Que o alumno se habitúe á utilización dun programa informático para a realización dun dicionario bilingüe.
f) Proxecto: Base de datos do Atlas Linguistique Roman
a. Que o alumno perciba a importancia que ten unha base de datos dialectal que abrangue todas as variedades románicas para a investigación lingüística e cultural.
b. Que o alumno se decate da importancia do traballo colaborativo para a construción de ferramentas básicas para o estudo lingüístico.
c. Que o alumno sexa capaz de introducir os datos de tipo fonético, gramatical, léxico-semántico e xeográfico na Base de datos do ALiR.
g) Proxecto: Elaboración de recursos para o desenvolvemento das tecnoloxías da fala
a. Que o alumno se decate da importancia que teñen as tecnoloxías da fala na sociedade actual e, particularmente, na automatización das comunicacións e da transmisión da información.
b. Que o alumno se familiarice con programas de análise do son e de aliñamento texto-son.
c. Que o alumno sexa capaz de transcribir e etiquetar textos orais.
h) Proxecto: Informes de literatura
a. Que o alumno capte a complexidade do fenómeno literario: escritura, produción e recepción.
b. Que o alumno se familiarice cos medios para a busca de información sobre a produción e a recepción literaria.
c. Que o alumno sexa capaz de extractar o máis importante dunha obra literaria e facer unha valoración dela.
i) Proxecto: Arquivo Galicia Medieval
a. Que o alumno de decate da importancia que ten a produción literaria medieval dentro do contexto da literatura románica.
6
b. Que o alumno se familiarice cos problemas retóricos, lingüísticos e de edición da produción literaria medieval.
c. Que o alumno vexa a importancia que ten a edición electrónica e os recursos informáticos para o estudo e difusión da literatura medieval.
os alumnos poderán ser adscritos nas súas prácticas a diversos proxectos, procurando sempre seleccionar aqueles que sexan máis acordes cos seus estudos e dos que poidan tirar un maior proveito para o seu futuro profesional.
Actividades profesionais
A) Fraseoloxía:
a. Traducións dunha lingua estranxeira ao galego e ao castelán.
b. Revisións de traducións realizadas por outros.
c. Realizacións de resumos ou abstracts de artigos especializados.
B) Terminoloxía:
a. Colaboración nun proxecto de terminoloxía sistemática dalgunha lingua de especialidade.
b. Resposta, supervisada, a posibles consultas de terminoloxía puntual.
c. Alimentación de bases de datos terminolóxicas.
C) Corpus de referencia do galego actual
a. Revisión de textos.
b. Etiquetación de textos mediante editores de xml.
c. Incorporación de textos de distinta índole ao CORGA.
D) Bibliografía informatizada da lingua galega
a. Busca de publicacións producidas no ano sobre a lingua galega.
b. Introdución dos datos bibliográficos na Base de datos BILEGA.
c. Elaboración de resumos dos traballos publicados para introducir en BILEGA.
E) Dicionario galego-italiano
a) Colaborar na redacción de entradas lexicográficas do Dicionario.
b) Buscar recursos en corpus de tradución para a elaboración das entradas.
c) Revisar entradas realizadas que necesitan unha actualización.
F) Base de datos do Atlas Linguistique Roman
a. Lectura e análise dos datos presentes nos “tablaux” e nas sínteses románicas do Atlas Linguistique Roman.
b. Introdución de datos das distintas linguas románicas na BD-ALiR.
c. Asignación dunha motivación semántica a cada denominación.
G) Elaboración de recursos para o desenvolvemento das tecnoloxías da fala
a. Axudar na construción de corpus específicos para o desenvolvemento dalgunha ferramenta de tecnoloxías da fala.
b. Introducir textos orais a través de ELAN.
c. Revisar transcricións automáticas de textos orais co auxilio do SFS ou outro programa similar.
H) Informes de literatura
7
a. Buscar nas revistas, particularmente nas literarias, e nos xornais as recencións sobre obras literarias.
b. Buscar nas revistas e xornais información sobre representacións de obras teatrais e presentacións de obras literarias.
c. Elaborar a sinopse de obras literarias para a súa incorporación aos Informes de literatura.
I) Arquivo Galicia Medieval
a. Colaborar na realización de novas edicións, seguimento dos estudos aparecidos e análise de aspectos literarios e l ingüísticos da lírica profana galego-portuguesa.
b. Colaborar na realización de novas edicións, seguimento dos estudos aparecidos e análise de aspectos literarios e lingüísticos da produción en prosa galego-portuguesa.
c. Colaborar na realización de novas edicións, seguimento dos estudos aparecidos e análise de aspectos literarios e lingüísticos das cantigas de Santa María.
A bibliografía básica e complementaria será aportada durante a realización das prácticas atendendo ás diferentes tarefas formativas que oferta cada centro de prácticas.
CG2, CG3, CG6, CG8, CG9, CG10, CB2, CB3, CB4 da Memoria Verificada do título.
Segundo establece o artigo 7 da Normativa USC de prácticas externas en empresas e institucións (Acordo do Consello de Goberno do 29 de xullo de 2015), o Grao en Filoloxía Clásica conta coas seguintes figuras para a orientación e titorización das prácticas externas:
1. Un coordinador ou coordinadora de prácticas. A súa misión é a de incentivar a participación de empresas, entidades e estudantes no programa de prácticas, coordinar todo o proceso, participar na designación e asignación de titores/as e coordinar o seguimento e avaliación das prácticas.
2. A Comisión de Prácticas Externas está composta por representantes de todas as titulacións da Facultade, un representante de estudantes, un representante do PAS e dous membros da dirección do Centro. A súa principal función é velar por un sistema de adxudicación conforme a procedementos e criterios que garantan os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.
8
3. Un/ha titor/a académico/a asignado/a a cada estudante que será un/ha docente da titulación para cada práctica ofertada (vid. sección 3). A súa misión é facer un seguimento máis directo da práctica, dar resposta ás expectativas formativas establecidas, asegurar o seu correcto desenvolvemento e avalialo de acordo co proxecto formativo e cos criterios de avaliación establecidos na programación da materia (vid. sección 7).
4. Un/ha titor/a externo/a na entidade colaboradora onde realice as prácticas (vid. sección 3). Será a persoa responsable de aplicar o plan de formación previsto e elaborar os informes de valoración que lle sexan solicitados sobre o traballo desenvolvido polo estudante.
Unha vez que a adxudicación das prazas sexa comunicada ao alumnado e a praza sexa aceptada por este, o/a estudante contactará co seu/súa titor/a académico/a para acordaren os horarios e a data de incorporación á entidade. Esta información está tamén accesible na páxina web da Facultade de Filoloxía.
Cando o/a estudante dispoña do seu horario e dun plan de actividades ratificados entre o titor/a académico/a e o/a titor/a profesional, estará en disposición de organizar o seu calendario e de planificar as tarefas relacionadas co plan formativo da entidade en relación coa súa titulación. O/A estudante dedicará 150 horas á realización das prácticas externas
Unha vez rematado o período de prácticas, o/a estudante remitiralle ao/á titor/a académico/a unha memoria final segundo o modelo de memoria de prácticas facilitado na páxina web da Facultade. O/A titor/a académico/a será quen se encargue de realizar a avaliación.
O sistema de avaliación para a primeira oportunidade consta dos seguintes apartados:
a) Memoria de prácticas do estudante: 50% da cualificación
b) Informe do titor/a profesional: 50% da cualificación.
Na segunda oportunidade presentarase unha nova memoria de prácticas, que supoñerá o 50% da cualificación. O 50% restante da cualificación será a xa outorgada polo informe do/a titor/a profesional para a primeira oportunidade.
Na Memoria de verificación do Grao en Filoloxía Clásica atribúeselle a cada crédito un valor de 25 horas de traballo do/a estudante, polo que ás prácticas externas, materia de 6 créditos, correspóndenlle 150 horas de dedicación. O/A estudante dedicará 140 horas á realización de actividades na entidade e 10 horas á redacción da memoria final.
Recoméndase ao alumnado que consulte na web da Facultade a sección de Prácticas externas.
Rosa Marta Gomez Pato
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811839
- Correo electrónico
- gomez.pato [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade