Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
. Mostrar as vantaxes dunha visión global da evolución do latín ás linguas románicas para comprender mellor os mecanismos internos de cada lingua románica en particular.
. Introducir o alumnado nos conceptos básicos e fundamentais que o capaciten para acceder ós contidos específicos da materia, que se desenvolven máis pormenorizadamente no "maior" en Filoloxía Románica.
. Permitir ós estudantes que decidan cursar un "minor" en Filoloxía Románica iniciarse nas características e obxectivos da materia e proporcionarlles mecanismos e instrumentos que lles faciliten profundar nos seus contidos.
I. ASPECTOS XERAIS
1. Lingüística románica: definición, obxectivos e finalidade, alcance xeográfico e cronolóxico. Relacións coa lingüística xeral e coas lingüísticas románicas especializadas.
2. Principais correntes e métodos no estudo da lingüística románica.
II. EVOLUCIÓN DO LATÍN ÁS LINGUAS ROMÁNICAS
1. O latín: orixe, situación e expansión. Latín literario e latín falado. Os conceptos romanus, romanicus e Romania.
1.1. Situacións de contacto e préstamos lingüísticos. Substratos e superstratos. Importancia destes elementos na evolución das linguas románicas.
1.2. A evolución do latín ás linguas románicas: causas externas e evolución interna.
2. O "latín vulgar" e o protorromance. Delimitación dos conceptos. Fontes para o seu coñecemento.
3. "Latín vulgar" e Protorromance. Fonética.
3.1. Os riscos suprasegmnentais. O acento.
3.2. Evolución do sistema vocálico.
3.3. Evolución do sistema consoántico.
4. "Latín vulgar" e Protorromance. Morfosintaxe: o substantivo e o adxectivo.
4.1. Evolución do sistema nominal. O substantivo:
Clases flexionais. As categorías de xénero, número e caso.
4.2. O adxectivo e os seus tipos.
Os graos do adxectivo e a expresión da comparación.
5. "Latín vulgar" e Protorromance. Morfosintaxe: determinantes e pronomes.
5.1. A expresión da determinación e a aparición do artigo determinado.
5.2. O pronome persoal. Os demostrativos.
5.3. Posesivos, indefinidos, relativos, numerais.
6. Latín vulgar e Protorromance. Morfosintaxe. O verbo.
6.1. Análise morfolóxica do verbo latino. As conxugacións.
6.2. Tema de presente, tema de perfecto. A voz pasiva.
6.3. Principais innovacións do protorromance: as formas analíticas para a expresión do perfecto e do futuro.
7. "Latín vulgar" e Protorromance. Morfosintaxe.
7.1. Adverbios.
7.2. Preposicións
8. "Latín vulgar" e Protorromance: Semántica.
8.1. Innovacións no léxico latino. Préstamos. Cambios de significado.
9. Do Protorromance ás Linguas Románicas.
Alén Garabato, C. – T. Arnavielle – Ch. Camps, La Romanistique dans tous ses états, Paris: L’Harmattan, 2009.
Alén Garabato, C. – X. A. Álvarez Pérez, M. Brea (eds.), Quelle linguistique romane au XXI siècle?, Paris: L’Harmattan, 2010.
Anderson, J. M., Aspectos estructurales del cambio lingüístico, Madrid: Gredos, 1997.
Ariza, M. et alt., El cambio lingüístico en la Romania, Lleida: Virgili & Pagés, 1990.
Bach, S. et alii, Quadrivio romanzo: dall'italiano al francese, allo spagnolo, al portoghese, Firenze: Accademia della Crusca, 2008.
Benedetti, M. et alt., Il cambiamento linguistico, Roma: Carocci, 2003.
Dardel, R., À la recherche du protoroman, Max Niemeyer, Tübingen, 1996.
Elcock, W. D., Le lingue romanze, Japadre, L’Aquila, 1975.
Elvira, J., Evolución lingüística y cambio lingüístico, Bern: Peter Lang, 2009.
Ernout, A. – A. Meillet, Dictionnaire étymologique de la langue latine. Histoire des mots, Klincksieck, Paris.
Fónagy, M., Dynamique et changement, Louvain: Peeters, 2006.
Fradejas, J. M., Las lenguas románicas, Madrid: Arco Libros, 2010
Gargallo, J. E. – M. R. Bastardas (eds.), Manual de lingüística románica, Ariel, Barcelona, 2007.
Gauger, H. M., Introducción a la lingüística románica, Gredos, Madrid, 1989.
Glessgen, M. D., Linguistique romane: domaines et méthodes en linguistique française et romane, Paris: A. Colin, 2007.
Herman, J., El latín vulgar, Ariel, Barcelona, 1997.
Herman, J., Du latin aux langues romanes: études de linguistique historique, Max Niemeyer, Tübingen, 1990.
Holtus, G., - Metzeltin, M. – Schmitt, Ch., Lexikon der romanistischen Linguistik, Tübingen: Max Niemeyer (varios volumes e anos)
Iliescu, M. y Slusanski, D., Du latin aux langues romanes, Egert Verlag, Wilhelmsfeld, 1991.
Iordan, I. - Manoliu, M.: Manual de Lingüística Románica. Madrid: Gredos, 1972, 2 vol.
Klausenburger, J., Coorsebook in romance linguistics, München, 2001.
Klinkenberg, J.M., Des langues romanes: introduction aux études de linguistique romane, Duculot, Paris, 1994.
Labov, W., Principios del cambio lingüístico, Madrid: Gredos, 1996-2006.
Lee, Ch., Linguistica romanza, Roma : Carocci, 2001.
Lüdtke, H., Historia del léxico románico, Madrid : Gredos, D.L. 1974.
Mariner Bigorra, S., Latín vulgar, UNED, Madrid, 1992.
Martín Butragueño, P. (ed.), El cambio lingüístico: métodos y problemas, México: Colegio de México, 2004.
Martinet, A.: Economía de los cambios fonéticos. Tratado de fonología diacrónica. Madrid: Gredos, 1974.
Martinet. A., Evolución de las lenguas y reconstrucción, Madrid: Gredos, 1983.
Meissner F.-J. - Meissner Cl., ¬ Klein H. G., ¬ Stegmann T. D. , EuroComRom. Les sept amis: lire les langues romanes dès le départ , Aachen: Shaker Verlag, 2004
Metzeltin, M., Las lenguas romanicas estándar. Historia de su formación y de su uso. Academia de la Llingua Asturiana, Uviéu, 2004.
Munteanu, D., Breve historia de la lingüística románica, Arco, Madrid, 2005.
Pöckl, W. et alii, Introducción a la lingüística románica, Gredos, Madrid, 2004.
Posner, R., Las lenguas romances, Cátedra, Madrid, 1998.
Reinheimer, S. e L. Tasmowski, Pratique des langues romanes, Harmattan, Paris, 1997.
Renzi, L. – A. Andreose, Manuale di linguistica
Sánchez Miret, F. – G. Holtus, Romanitas, Filología Románica, Romanística, Tübingen: Max Niemeyer, 2008.
Wartburg, W. von, Problemas y métodos de la lingüística, Madrid: CSIC, 1991.
. Coñecemento dos mecanismos que explican a evolución lingüística a través de máis de vinte séculos de historia.
. Comprensión do cambio lingüístico e das súas consecuencias na evolución dunha lingua.
. Consciencia da degradación interna do latín clásico e dos factores externos e internos que contribuíron á evolución ata a construción das linguas románicas actuais.
AVISO: AS NORMAS QUE SE INDICAN AQUÍ SON DE APLICACIÓN ÚNICAMENTE NUN CONTEXTO DOCENTE LIBRE DE CORONAVIRUS. EN CASO DE NOVOS BROTES DA PANDEMIA, APLICARÁNSE NO SEU LUGAR OS PROTOCOLOS INDICADOS NO APARTADO DE OBSERVACIÓNS
As clases expositivas permitirán que o profesor explique os contidos centrais do programa, pero os estudantes deberán manter un ritmo constante de lecturas complementarias, que completarán as explicacións do profesor.
Realizaranse tamén exercicios prácticos sinxelos (de complexidade progresiva) que permitan ir asimilando os mecanismos que rexen os procesos de cambio lingüístico nos distintos niveis.
AVISO: AS NORMAS QUE SE INDICAN AQUÍ SON DE APLICACIÓN ÚNICAMENTE NUN CONTEXTO DOCENTE LIBRE DE CORONAVIRUS. EN CASO DE NOVOS BROTES DA PANDEMIA, APLICARÁNSE NO SEU LUGAR OS PROTOCOLOS INDICADOS NO APARTADO DE OBSERVACIÓNS
Aplicarase un sistema de avaliación continua, o que supón un seguimento continuado do labor realizado polo alumno, tanto durante as actividades presenciais como nas non presenciais. A participación activa nas clases e presentación de traballos (orais ou escritos) requiridos equivalerá ó 30% da cualificación total da asignatura.
O 70% restante avaliarase a partir dun traballo escrito individual, no que se demostrará a adquisición dos contidos traballados en clase e facilitarase o seu correcto desenvolvemento na medida do posible. As características particulares do mesmo serán explicadas en clase, cando corresponda.
Os/as estudantes que non asistan a clase regularmente sen presentar documentación que os exima de asistencia irán directamente ó examen final, en datas marcadas desde o Decanato da Facultade. Dito exame consistirá na redacción dun traballo escrito sobre calquera dos temas do programa.
Os estudantes que non poidan asistir con regularidade a clase, pero que poidan xustificar a súa ausencia, poderán ser considerados como os estudantes de asistencia regular. O profesor poderá esixirlles a redacción dalgún traballo adicional.
A convocatoria de "segunda oportunidade" (xullo) constará dun traballo escrito sobre calquera dos temas do programa.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. De este conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse ó traballo dirixido pola profesora e as outras 75 horas (50%) ó traballo libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuiranse en 48 de actividades formativas presenciais (o cal supón o 32% do traballo total) e 27 de actividades dirixidas non presenciais.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (HORAS)
- Sesións expositivas: 30
- Sesións interactivas: 15
- Titorías programadas: 3
- Sesións de avaliación: 2
TOTAL: 50
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS (HORAS)
- Estudo, lectura e preparación das actividades programadas: 27
- Realización de comentarios: 23
- Elaboración do traballo monográfico: 50
TOTAL: 100
Dado que a materia se desenvolve cun sistema de avaliación continua, recoméndase ós alumnos un ritmo de traballo constante, que acompañe o desenvolvemento das actividades de carácter presencial. É imprescindible que o/a estudante complete as explicacións ofrecidas en clase cas lecturas que se lle aconsellen en cada momento.
É moi importante a asistencia a clase, por canto se trata dunha materia eminentemente práctica e requírise certa disciplina de traballo por parte dos/as alumnos/as, así como a capacidade para ler bibliografía en distintas linguas románicas.
PLAN DE CONTINXENCIA METODOLOXÍA:
ESCENARIO 2 (CONFINAMENTO PARCIAL POR CORONAVIRUS): De xeito xeral, manterase o plantexamento das actividades expositivas e interactivas indicado no apartado correspondente, pero coas seguintes alteracións: en caso de que a docencia expositiva se deba impartir parcialmente de xeito virtual, tanto o profesor como os estudantes seguirán neste escenario as leccións do curso de xeito síncrono (é dicir, no horario habitual das clases) pola plataforma Teams. Pola súa banda, a docencia interactiva deberá impartirse de xeito presencial nun 50% como mínimo; de ser necesario, o resto se impartirá virtualmente por Teams. A asistencia a clase é obrigatoria, calquera que sexa a súa modalidade. As titorías serán atendidas de xeito exclusivo tamén por esta plataforma. Para o desenvolvemento das clases virtuais, o profesor proporcionará aos alumnos elementos de aprendizaxe (materiais libres de dereitos que se poidan atopar en internet, por exemplo) como complemento das clases expositivas e / ou para a realización das tarefas interactivas. Estas últimas serán levadas a cabo de acordo cun calendario flexible establecido polo profesor en función das circunstancias da docencia neste escenario. As tarefas interactivas serán preferiblemente de carácter individual, pero se fomentará o traballo colaborativo. En calquera caso, o profesor promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
ESCENARIO 3 (CONFINAMENTO TOTAL POR CORONAVIRUS): De xeito xeral, manterase o plantexamento das actividades expositivas e interactivas indicado no apartado correspondente, pero coas seguintes alteracións: en caso de que a docencia expositiva se deba impartir totalmente de xeito virtual, tanto o profesor como os estudantes seguirán as leccións do curso, de xeito síncrono (é dicir, no horario habitual das clases), pola plataforma Teams. A docencia interactiva deberá impartirse enteiramente nestas mesmas condicións. Todas as titorías tamén se atenderán por este sistema. A asistencia a clase é obrigatoria, mesmo na modalidade telemática. Para o desenvolvemento das clases virtuais, o profesor proporcionará aos alumnos elementos de aprendizaxe (materiais libres de dereitos que se poidan atopar en internet, por exemplo) como complemento das clases expositivas e para a realización das tarefas interactivas. Estas últimas serán levadas a cabo de acordo cun calendario flexible establecido polo profesor en función das circunstancias da docencia neste escenario. As tarefas interactivas serán preferiblemente de carácter individual dada a situación de aillamento, pero se fomentará o traballo colaborativo. En calquera caso, o profesor promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
SISTEMA DE AVALIACIÓN:
ESCENARIO 2 (CONFINAMENTO PARCIAL POR CORONAVIRUS): A nota da asignatura procederá nun 90% dos traballos, orais e/ou escritos, presenciais ou telemáticos, que teña que realizar o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita. As intervencións voluntarias de tipo persoal, tanto a nivel presencial como telemático, que teñan interese para o desenvolvemento da asignatura valoraranse co 10% restante da cualificación final. O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais consistirá na entrega por correo electrónico, na data oficial da proba final, dun traballo cun grao moito maior de complexidade que o dos efectuados en clase. As súas características serán anunciadas polo profesor coa antelación suficiente, e o seu valor será do 100% da nota da asignatura. Este será tamén o único criterio de avaliación para os alumnos presenciais que tiveran faltado a un 20 % ou máis das clases. O criterio de avaliación para os alumnos que asistiran regularmente ás clases pero que non fixeran parte dos traballos ou ningún deles ou suspenderan todos os traballos ou parte deles, a proba final consistirá na entrega ao profesor das tarefas pendentes ou dunha nova versión das suspensas, segundo o caso. O envío farase por correo electrónico na data marcada oficialmente para a proba final. O seu valor terá un peso porcentual calculado en relación co conxunto dos traballos obrigatorios da materia. A avaliación se efectuará sempre sobre o programa. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ESCENARIO 3 (CONFINAMENTO TOTAL POR CORONAVIRUS): A nota da asignatura procederá nun 90% dos traballos, orais e/ou escritos que teña que realizar telemáticamente o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita. As intervencións voluntarias de tipo persoal que teñan interese para o desenvolvemento da asignatura valoraranse co 10% restante da cualificación final. O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais consistirá na entrega por correo electrónico, na data oficial da proba final, dun traballo cun grao moito maior de complexidade que os efectuados en clase. As súas características serán anunciadas polo profesor coa antelación suficiente, e o seu valor será do 100% da nota da asignatura. Este será tamén o único
Francisco Jose Fernandez Campo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811792
- Correo electrónico
- franciscojose.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B06 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B06 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | B06 |
25.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
25.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
28.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
28.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |