Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia forma parte do Módulo Complementario “Linguas e comunicación. Aplicacións”, cuxo obxectivo é proporcionar unha formación axeitada para se desenvolver na comprensión e a análise de diferentes niveis de comunicación, e que conduce á obtención do “Minor en Lingüística Xeral”. En concreto, o sentido da materia consiste en ofrecer unha panorámica das bases e fundamentos semióticos dos signos e os sistemas de signos, a súa significación (semiótica da significación) e o seu papel central na comunicación no seu sentido máis amplo (semiótica da comunicación), non restrinxida, dese xeito, á linguaxe (verbal ou de signos xestuais) nin aos sistemas semióticos humanos (a comunicación mediante códigos esténdese ao reino animal). Deste xeito, a materia pretende introducir os principios e a metodoloxía da Semiótica, tratando a organización, as bases referenciais e a función dos códigos en diferentes medios e soportes, de modo que o estudante sexa quen de analizar semioticamente de maneira autónoma os principais aspectos de moi variados códigos comunicativos, animais ou humanos, e dentro de estes, códigos lingüísticos e non lingüísticos.
En concreto, os obxectivos da materia consisten fundamentalmente en adquirir competencias básicas para analizar os fundamentos semióticos, tanto dende una perspectiva intrínseca, como aplicados ao eido da comunicación.
TEMA 1. A SEMIÓTICA
OBXECTIVOS: Caracterizar a Semiótica como disciplina, e tamén o seu obxecto de estudo.
GUIÓN
1.1. Caracterización da Semiótica como disciplina.
1.2. Obxecto de estudo: semiose e signos.
1.3. Información e comunicación.
1.4. Divisións e tipos de Semiótica.
Os seminarios correspondentes ao tema 1 abordarán as seguintes cuestións:
-Explicación do contido dos seminarios e titorías.
-Explicación das diferenzas entre as dúas grandes correntes da Semiótica (europea e americana).
-Exercicios sobre as nocións de información e comunicación.
-Exercicios sobre as nocións de semiose e signo e sobre os compoñentes do triángulo semiótico de Charles Peirce (representamen, obxecto e interpretante).
TEMA 2. FUNDAMENTOS DE SEMIÓTICA
OBXECTIVOS: Ofrecer unha síntese dos principais fundamentos e nocións semióticas, que serán aplicadas no tema 3 a sistemas concretos.
GUIÓN
2.1. Comunicación e representación.
2.2. Significación e tipos de sinais.
2.3. Indicialidade, iconicidade e simbolicidade.
2.4. Códigos e os seus tipos. Canais.
Os seminarios correspondentes ao tema 2 abordarán as seguintes cuestións:
-Diferenzas entre realidade e representación (obxecto dinámico vs. inmediato).
-Exercicios sobre a noción de semanticidade.
-Traballo coas tres relacións entre representamen e obxecto (indicialidade, iconicidade e simbolicidade).
-Traballo coas nocións de arbitrariedade e iconicidade.
-Traballo cos diferentes parámetros para clasificar códigos.
TEMA 3. CÓDIGOS SEMIÓTICOS E COMUNICACIÓN
OBXECTIVOS: Ofrecer unha panorámica dos principais sistemas semióticos (lingüísticos e non lingüísticos, así como humanos e non humanos), con especial atención ao eido comunicativo, que permita contemplalos e analizalos a partir dos fundamentos ofrecidos no tema anterior.
GUIÓN
3.1. Comunicación animal e humana.
3.2. Semiose humana como semiose sociocultural.
3.3. Semiose non lingüística.
3.4. Semiose lingüística. O signo lingüístico. Tipos de semiose lingüística: linguaxe oral, de signos, escritura.
Os seminarios correspondentes ao tema 3 abordarán as seguintes cuestións:
-Análise de varios sistemas de comunicación animal.
-Traballo sobre similitudes e diferenzas entre a comunicación animal e humana.
-Exposición e análise dos primeiros elementos simbólicos humanos.
-Visualización dun documental sobre a arte parietal da cova de Chauvet (Francia).
-Análise semiótica de signos ou sistemas de signos non lingüísticos.
TITORÍAS PROGRAMADAS
Desenvolverase unha titoría programada de 3 horas de duración, que se impartirá en sesión de tarde durante o mes de decembro, sobre a orixe e a evolución da escritura cuneiforme sumeria (a máis antiga coñecida, aprox. 3.500 a.C.), co obxectivo de que o alumnado poida apreciar a xénese dun aspecto semiótico tan complexo como un sistema de escritura.
BÁSICA
Dicionarios e panorámicas de Semiótica
BOUISSAC, P. (ed.) (1998): Encyclopedia of Semiotics. New York: Oxford UP.
COBLEY, P. (ed.) (2001): The Routledge companion to semiotics and linguistics. London: Routledge.
GREIMAS, A. e J. COURTÈS (1979): Semiótica: Diccionario razonado de la teoría del lenguaje. Madrid: Gredos, 1982.
SEBEOK, T. (ed.) (1986): Encyclopedic dictionary of semiotics. 3 vols. Berlin: de Gruyter.
Introducións á Semiótica e a comunicación
BAYLON, C. e X. MIGNOT (1994): La comunicación. Madrid: Cátedra, 1996.
BOVES NAVES, M.C. (1989): La semiología. Madrid: Síntesis.
CHANDLER, D. (2002): Semiotics: The basics. London: Routledge.
CLARK, H. (1996): Using language. Cambridge: CUP.
JOHANSEN, J. e S. LARSEN (2002): Signs in use. An introduction to Semiotics. London: Routledge.
LEEUWEN, T. van (2005): Introducing social semiotics. New York: Routledge.
NIÑO ROJAS, V.M. (2007): Fundamentos de Semiótica y Lingüística. 5ª ed. Bogotá: Ecoe.
SEBEOK, T. (1996): Signos: una introducción a la semiótica. Paidós: Barcelona, 1996.
SERRANO, S. (1984): La semiótica. Barcelona: Montesinos.
SERRANO, S. (1999): Comprender la comunicación. Barcelona: Paidós, 2000.
COMPLEMENTARIA
ANDERSON, S. (2004): Doctor Dolittle’s delusion. New Haven: Yale UP.
BARTHES, R. (1990): La aventura semiológica. Barcelona: Paidós.
BELTRÁN MARTÍNEZ, A. et al. (2001): Semiótica del arte prehistórico. Valencia: Diputación.
CESTERO MANCERA, A.M. (1999): Repertorio básico de signos no verbales del español. Madrid: Arco/Libros.
ECO, U. (1975): Tratado de semiótica general. Barcelona: Lumen, 1988.
ECO, U. (1997): Kant y el ornitorrinco. Barcelona: Lumen, 1999.
EMMOREY, Karen (2002): Language, cognition, and the brain. Insights from sign language research. Mahwah: Erlbaum.
HAARMAN, H. (1990): Language in its cultural embedding. Berlin: de Gruyter.
HALLIDAY, M. (1978): El lenguaje como semiótica social. Méjico: FCE, 2001.
HARRIS, R. (1995): Signos de escritura. Barcelona: Gedisa, 1999.
HARRIS, R. (2000): Rethinking writing. London & New York: Continuum.
LONGA, V.M. (2012): Lenguaje humano y comunicación animal: análisis comparativo. Bucaramanga: Universidad Industrial de Santander.
LONGA, V.M. (2013): "Bibliografía seleccionada y comentada sobre comunicación y semiosis animal". Moenia 19: 523-573.
LIUNGMAN, C.G. (1995): Thought signs. The semiotics of symbols – Western non-pictorial ideograms. Amsterdam: IOS Press.
LOCK, A. e C. PETERS (eds.) (1996): Handbook of human symbolic communication. Oxford: Blackwell.
LUBIOLA, J. e F. ZALAMEA (eds.) (2006): Charles Sanders Peirce. Razón e invención del pensamiento pragmatista. Revista Anthropos, nº 212.
MCNEILL, D. (ed.) (2000): Language and gesture. Cambridge: Cambridge UP.
MORRIS, C. (1938): Fundamentos de la teoría de los signos. Barcelona: Paidós, 1985.
PEIRCE, C. (1987): Obra lógico-semiótica. Madrid: Taurus.
POYATOS, F. (1994): La comunicación no verbal. Madrid: Itsmo, 3 vols.
RIBA, C. (1990): La comunicación animal. Un enfoque zoosemiótico. Barcelona: Anthropos.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, M.A. (1992): Lenguaje de signos. Barcelona: ONCE.
SAUSSURE, F. de (1916): Curso de lingüística general. Madrid: Akal, 1980.
SEBEOK, T. (ed.) (1977): How animals communicate. Bloomington: Indiana UP.
SEBEOK, T. e M. DANESI (2000): The forms of meaning. Modelling Systems Theory and semiotic analysis. Berlin: de Gruyter.
SIMONE, R. (1990): Fundamentos de lingüística. Barcelona: Ariel, 1993.
VERON, E. (1987): La semiosis social. Buenos Aires: G
(1) Dominar conceptos e fundamentos esenciais para o estudo das bases semióticas dos elementos significativos (semiótica da significación) e dos sistemas comunicativos (semiótica da comunicación).
(2) Obter unha visión ampla dos principios xerais da Semiótica que permitan situar a linguaxe humana no seo dos diferentes sistemas de comunicación.
(3) Entender o papel fundamental do proceso de semiose para calquera ámbito da vida.
(4) Manexar recursos semióticos básicos para analizar con desenvoltura aspectos como os diferentes tipos de sinais, os variados tipos de códigos, etc., de xeito que se podan aplicar a moi diferentes ámbitos.
(5) Entender que a comunicación non é un fenómeno exclusivo da linguaxe nin do eido humano.
(6) Comprender as diversas formas de comunicación e interacción e os procesos cos que se desenvolven.
(7) Recoñecer as diversas clases de signos que interveñen na vida social do ser humano e o seu papel fundamental nas sociedades e na comunicación.
(8) Desenvolver a capacidade de lectura crítica e interpretación de signos no eido social.
A materia distribúese en tres horas semanais: dúas sesións expositivas e unha sesión interactiva. Ademais, está prevista a realización dunha sesión de titorías programadas de 3 horas de duración, que se desenvolverá no mes de decembro. A conxunción dos diferentes tipos de sesión (expositivas, seminario e titorías en grupo) pretende facilitar ao alumnado unha base sólida para a adquisición de coñecemento (teórico e práctico) sobre a materia, e tamén guiar o seu traballo autónomo.
En cada tema o estudantado deberá realizar dúas lecturas obrigatorias, que serán un complemento ás explicacións do profesor para cada tema. Esas lecturas serán depositadas polo profesor na Aula Virtual da materia.
Como complemento das sesións expositivas e interactivas, habilitarase unha aula virtual que se empregará para o depósito dos materiais dixitais que o profesor vaia elaborando, para propor e recoller os exercicios da avaliación continuada e para difundir calquera tipo de información sobre o seu desenvolvemento.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Realizarase mediante unha combinación de avaliación continuada e unha proba final complementaria á avaliación continuada. O 50% da cualificación corresponderá a exercicios propostos polo profesor, e entregados polo estudantado, ben directamente en clase ou mediante a canle da Aula Virtual da materia. El profesor devolverá corrixidos os exercicios. Os exercicios son unha ferramenta fundamental para a aprendizaxe autónoma. O 50% restante corresponderá ao exame da materia, que abranguerá os contidos das sesións expositivas e as lecturas obrigatorias. O exame farase na data establecida oficialmente pola Secretaría do Centro.
SEGUNDA OPORTUNIDADE: A avaliación para a segunda oportunidade realizarase exclusivamente mediante un exame que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e de seminario). O exame realizarase na data establecida oficialmente pola Secretaría do Centro.
ALUMNOS CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE. Os estudantes que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase e, polo tanto, non poidan seguir a avaliación continuada, serán avaliados exclusivamente a través dun exame que poderán realizar tanto na primeira coma na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de
aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos
estudantes e de revisión de cualificacións.
Sesións expositivas: 32 horas presenciais + 64 non presenciais (96 horas).
Sesións seminario: 16 horas presenciais + 32 non presenciais (48 horas).
Sesións titoría programada: 3 horas presenciais + 3 non presenciais (6 horas).
Total: 51 horas presenciais + 99 non presenciais (150 horas).
Os contidos do programa están ordenados para facilitar a aprendizaxe progresiva. Por tanto, cómpre evitar baleiros conceptuais nos diferentes aspectos tratados, pois de existiren, limitarán grandemente o avance en estadios posteriores. O traballo constante, guiado polo profesor, é o factor fundamental.
As explicacións detalladas dos contidos do programa na aula facilitan a aprendizaxe. A información recibida directamente na clase pódese converter en coñecemento automaticamente, coa vantaxe da interacción nas sesións de seminario.
O estudantado debe sustentar os contidos proporcionados na aula coa realización das lecturas obrigatorias que o profesor indicará para cada tema. A lectura selectiva fornece os mecanismos de aprendizaxe autónoma e crítica.
É moi importante realizar a avaliación continuada, pois a realización dos exercicios propostos permitirá asentar o coñecemento adquirido nas sesións expositivas e interactivas.
A USC publicou o documento “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021”, que expande de xeito operativo o acordo de Consello de Goberno do 19/06/2020 polo que se regulan as bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021. Dada a situación de incerteza existente nestes momentos sobre a posible evolución da situación sanitaria, no devandito documento reflíctense tres posibles escenarios en que podería ter lugar a docencia: escenario 1 (normalidade adaptada), escenario 2 (distanciamento) e escenario 3 (peche das instalacións).
O programa da materia está confeccionado contemplando por defecto o escenario 1 (normalidade adaptada). Porén, dado que serán os condicionantes de índole sanitaria os que marquen cal dos tres escenarios será aplicado, cómpre adaptar o programa da materia á posibilidade de que no comezo do curso, ou ao longo do cuadrimestre, se produza un paso cara ao escenario 2 ou ao escenario 3.
PLAN DE CONTINXENCIA
ESCENARIO 2
Contidos
Na medida do posible, manteranse os contidos previstos para o escenario 1, aínda que, dependendo das circunstancias, poderán ser adaptados á situación de convivencia da docencia presencial coa virtual.
A titoría programada manterá, sempre que sexa posible, o seu calendario de realización, aínda que pasará a ser desenvolvida por medios virtuais (Moodle, MsTeams...).
Metodoloxía
A materia continuará a estar distribuída en dúas sesións expositivas semanais e outra sesión interactiva de seminario tamén semanal. Corresponderá ao Decanato da Facultade de Filoloxía definir as fórmulas de convivencia definitivas, para as sesións expositivas e interactivas de seminario, das modalidades de docencia presencial e virtual.
Os exercicios serán propostos polo profesor, e entregados polo estudantado, mediante a canle da Aula Virtual. O profesor devolverá os exercicios corrixidos ao alumnado.
A titoría programada desenvolverase virtualmente (Moodle, MsTeams...).
Para o desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas habilitaranse canles de comunicación virtual (Moodle, MsTeams...) que se empregarán para depósito dos materiais dixitais que o profesor vaia elaborando e para difundir calquera información sobre o seu desenvolvemento.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Realizarase mediante unha combinación de avaliación continuada (50%) e unha proba final complementaria á avaliación continuada (50%). O exame da materia será telemático, e terá lugar na data oficial fixada pola Secretaría da Facultade.
SEGUNDA OPORTUNIDADE: Realizarase exclusivamente mediante un exame, que será telemático, e terá lugar na data oficial fixada pola Secretaría da Facultade.
Recomendacións para o estudo da materia
Recoméndase ao estudantado unha atención constante ás canles de comunicación virtual habilitadas (Moodle, MsTeams...) para un axeitado seguimento dos contidos da materia, co obxectivo de conseguir unha autoaprendizaxe guiada e orientada polo profesor e para establecer un proceso continuado de estudo.
ESCENARIO 3
Contidos
Na medida do posible, manteranse os contidos previstos para o escenario 1, aínda que, dependendo das circunstancias, poderán ser adaptados á situación de clases impartidas unicamente por medios virtuais.
A titoría programada manterá, sempre que sexa posible, o seu calendario de realización, aínda que pasará a ser desenvolvida por medios virtuais (Moodle, MsTeams...).
Metodoloxía
A materia continuará a estar distribuída en dúas sesións expositivas semanais e outra sesión interactiva de seminario tamén semanal. A docencia será completamente virtual, combinando mecanismos síncronos e asíncronos.
Os exercicios serán propostos polo profesor, e entregados polo estudantado, mediante a canle da Aula Virtual. O profesor devolverá os exercicios corrixidos ao alumnado.
A titoría programada desenvolverase virtualmente (Moodle, MsTeams...).
Para o desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas habilitaranse canles de comunicación virtual (Moodle, MsTeams...) que se empregarán para depósito dos materiais dixitais que o profesor vaia elaborando e para difundir calquera información sobre o seu desenvolvemento.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Realizarase mediante unha combinación de avaliación continuada (50%) e unha proba final complementaria á avaliación continuada (50%). O exame final da materia será telemático, e terá lugar na data oficial fixada pola Secretaría da Facultade.
SEGUNDA OPORTUNIDADE: Realizarase exclusivamente mediante un exame que será telemático e terá lugar na data oficial fixada pola Secretaría da Facultade.
Recomendacións para o estudo da materia
Recoméndase ao estudantado unha atención constante ás canles de comunicación virtual habilitadas (Moodle, MsTeams...) para un axeitado seguimento dos contidos da materia, co obxectivo de conseguir unha autoaprendizaxe guiada e orientada polo profesor e para establecer un proceso continuado de estudo.
Victor Manuel Longa Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811764
- Correo electrónico
- victormanuel.longa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D10 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D10 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D09 |
08.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
08.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
08.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
08.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C11 |
03.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D08 |
03.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |