Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Serán os mesmos para os tres escenarios.
Estabelecer dende un punto de vista teórico e crítico as condicións que determinan o desenvolvemento da literatura, o cinema, a televisión, a narrativa, a poesía, o teatro e a arte na denominada “era das Humanidades dixitais”, dende unha perspectiva pedagóxica.
O programa prestará unha atención especial a algúns produtos culturais cuxas estratexias de produción e recepción foron transformadas como resultado do seu contacto coas novas tecnoloxías: novas formas de textualidade e representación editorial, hipertextualidade e hipermedia, arte dixital, teatro dixital, cinema, televisión e performance, entre outros.
Este programa presenta un espazo onde se dará cabida á parte non-canónica e antixerárquica da literatura e da cultura, nada atento ás taxonomías xenéricas, un espazo intermedial e híbrido constituído por textos nos que conflúen o verbal, o visual e o sonoro, nun marcado carácter multimedia.
A materia tenta ser unha resposta ás necesidades da sociedade. Veremos, polo tanto, a importancia do que se denomina "Literatura e cultura aplicadas", poñendo en execución os elementos promovidos pola UNESCO en canto aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): http://es.unesco.org/sdgs> con estratexias APS (aprendizaxe e servizo)
Poderán ser adaptados en función do cambio de escenario.
1. Proposta dunha educación para un Desenvolvemento sostible. O impacto dos novos medios na cultura, na sociedade e no medio ambiente. Principios da UNESCO.
2. Humanidades dixitais. Cibercultura e ciberliteratura. Conceptos básicos.
3. Imaxe e artes visuais no século XXI. A nova Estética e as súas relacións cos Estudos literarios.
4. A narrativa na era dixital. O transmedia.
5. Educomunicación 3.0. Activismo, videoxogos, redes sociais, televisión, cine, poesía, danza, teatro.
Para unha bibliografía básica, vid. http://proxectole.es/bibliografia/ e Narrativas cruzadas https://narrativascruzadas.wordpress.com/>
Lecturas de carácter obrigatorio:
APARICI, R. (2010). Educomunicación. Más allá del 2.0. Gedisa.
APARICI, R. e D. García Marín (2018). Comunicar y educar en el mundo que viene. Gedisa.
APARICI, R. e D. García Marín (2019). La posverdad. Gedisa.
MARTÍN PRADA, J. (2015). Prácticas
MARTÍN PRADA, J. (2018). El ver y las imágenes en el tiempo de Internet. Akal.
AARSETH, Espen J. (1997), Cybertext. Perspectives on Ergodic Literature. Baltimore: The John Hopkins U. P.
ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2006). Escenarios del caos. De la hipertextualidad a la performance en la era electrónica. Valencia: Tirant lo Blanch.
BOLTER, J. D. (1991). Writing Space: The Computer, Hypertext, and the History of Writing,. Lawrence Erlbaum: Hillsdale.
BORRÀS CASTANYER, L. (ed.) (2005). Textualidades electrónicas. Nuevos escenarios para la literatura. Barcelona: UOC.
DOUGLAS, J. Yellowlees (2000). The End of Books-or Books without End? Reading Interactive Narratives. Michigan: The University of Michigan Press.
JENKINS, HENRY (2006). Convergence Culture. Where Old and New Media Collide. New York and LonDon: New York University Press.
JOYCE, M., (1995). Of two minds: Hypertext Pedagogy and Poetics. Michigan: Ann Arbor: The University of Michigan Press.
LANDOW, G. P. (1992). Hypertext: The Convergence of Contemporary Critical Theory and Technology. Baltimore e Londres: The John Hopkins University Press. Trad. AO castelán de Patrick Ducher, Hipertexto. La convergencia de la teoría crítica contemporánea y el hipertexto. Paidós: Barcelona, 1995.
---------------- (comp.) (1994). Hyper/Text/Theory. The Johns Hopkins University Press: Baltimore. Trad. ó cast. por P. Ducher, Teoría del hipertexto. Barcelona: Paidós, 1997.
---------------- (2006). Hypertext 3.0. Critical Theory and New Media in an Era of Globalization. The John Hopkins University Press.
MARTÍN PRADA, JUAN (2015). Prácticas artísticas en Internet en la era de las redes sociales. Akal.
URRAY, J. H. (1997). Hamlet on the Holodeck. The Future of Narrative in Cyberspace. The Free Press: Nueva York. Trad.ó cast. de <http://www.jamillan.com/hamlet.htm>
NELSON, TH. H. (1981). Literary Machines. Swarthmore, Pa, Publicación propia.
PAJARES TOSCA, Susana (2004). Literatura digital. El paradigma hipertextual. Cáceres: Universidad de Extremadura.
RYAN, M.-L. (2001). Narrative as Virtual Reality: Immersion and Interactivity in Literature and Electronic Media. Baltimore: Johns Hopkins University Press, series Parallax.
RYAN, M.-L. (2006). Avatars of Story University of Minnesota Press, series Electronic Mediations Sample.
ROMERA CASTILLO et Al. (eds.) (1997). Literatura y multimedia. Actas del VI Seminario Internacional del Instituto de Semiótica Literaria, Teatral y de Nuevas Tecnologías de la UNED. Madrid: Visor.
SÁNCHEZ MESA-MARTÍNEZ, D. (COMP.) (2004). Literatura y cibercultura. Madrid: Arco Libros.
VEGA, Mª. José (ed.) (2003). Literatura hipertextual y Teoría literaria. Madrid: Mare Nostrum.
VILARIÑO PICOS, Mª. T. y Abuín González, A. (comp.) (2006). Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica. Madrid: Arco Libros.
VILARIÑO PICOS, Mª.-T. (2011). Textos a escape: a literatura e a cultura na era dixital. Boletín Galego de Literatura, vol 46.
VILARIÑO PICOS, Mª-T. (2017). Hibridación, transmedia y performatividad en las Humanidades digitales. Vigo: Academia del Hispanismo.
-Tranversais:
-CT1: Que os estudantes teñan unha visión actualizada dos sistemas teóricos e metodolóxicos no campo dos Estudios Literarios e culturais.
-CT2: Que os estudantes poidan profundizar nos coñecementos xa adquiridos, enriquecéndose desde unha perspectiva interdisciplinar.
-CT3: Que os estudantes posúan os instrumentos metodolóxicos que sirvan para desenvolver un espíritu crítico e reflexivo, áxil e práctico de cara a distintos fenómenos culturais.
-CT4: Que os estudantes aprendan a desenvolver criterios que atendan á igualdade entre os sexos e á inclusión, así como a diversidade cultural.
-CT5: Que os estudantes adquiran as ferramentas para unha educación á cidadanía para o desenvolvemento sostible.
Específicas:
-CE1: Que os estudantes poidan aproximarse, de maneira rigurosa, ao que nos últimos anos se denominou "postliteratura", reflexionando e cuestionando a concepción máis tradicional do termo e concepto Literatura.
-CE2: Que os estudantes sexan capaces de ampliar a noción de literatura a través da súa relación cos novos medios tecnolóxicos, os medios de comunicación, o cinema, a televisión, o videoxogo, a banda deseñada e as artes, así como a diversidade xenérica, social, cultural, en definitiva.
-CE3: Que os estudantes aborden o concepto de texto e textualidade dun modo aberto, dando cabida a outras formas culturais, non estrictamente literarias, atendendo a distintas artes e á irrupción dos novos medios.
As sesións expositivas a cargo do profesorado complementaranse cunha grande participación nas clases dos alumnos/as, mediante intervencións individuais, que demanden aclarar dúbidas ou ampliación de contidos, e tamén a través de propostas conxuntas derivadas de intereses específicos do grupo ou dun sector do mesmo.
Estas sesións non terán un carácter reservadamente teórico, senón que incorporarán dimensións prácticas e aplicacións concretas do marco conceptual presentado ao grupo.
As sesións de seminario reforzarán o traballo persoal e directo dos estudantes verbo do corpus de textos literarios, visuais, audiovisuais, dixitais e culturais sobre os que gravitarán os conceptos das sesións expositivas.
No fundamental, as liñas de traballo que os alumnos desenvolverán ao longo do curso, de forma individual ou en grupo, consistirán na aplicación dos conceptos e ferramentas metodolóxicas, a análise, crítica e interpretación dos textos e a súa aplicación práctica no entorno máis próximo, orientado claramente a un compromiso social.
No contexto da lexislación vixente, a avaliación das materias impartidas pola Área de Teoría da literatura e Literatura comparada comprende, xunto coa convocatoria das probas oficiais que cada curso efectúa o Decanato, posíbeis probas complementarias acordadas expresamente entre profesorado e alumnado. Ademais, serán factores relevantes con incidencia directa na cualificación a participación activa e continuada nas sesións expositivas e interactivas e o seguimento doutras actividades prácticas que o equipo docente considere de especial interese formativo e académico.
Un 40% da cualificación final dependerá dunha exposición grupal, que se avaliará de maneira grupal e individualizada. Os grupos non superarán as tres persoas. Será preciso aportar un guión, facer unha presentación virtual e aportar material práctico. Esta exposición grupal relacionarase co último tema do programa.
Un 30% dependerá da realización dun exame final, que se realizará na data fixada porlo Decanato da Facultade.
Un 30% corresponderá á participación crítica e informada nas clases expositivas, de maneira presencial ou por foros, e ás tarefas programadas nas sesións interactivas da materia. Estas tarefas programadas serán cinco de extensión breve, alternándose entre tests, enquisas, autoavaliación, avaliación entre pares e mapa conceptual. Cada apartado xeral puntuarase sobre 10 puntos.
A asistencia non computa de seu mais é obrigatoria. Un índice de ausencias non xustificadas superior ao 20% implica a non superación da materia.
Avaliación da segunda oportunidade e convocatorias seguintes.
Nas seguintes oportunidades non variarán os criterios seguidos na primeira, polo que se refire ao dominio dos contidos teóricos e das estratexias aprendidas e demostradas na práctica crítica. A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos estabelecidos será de “suspenso”. Todas as cualificacións acadadas na realización dos traballos resérvase o curso académico e son válidas para a segunda oportunidade.
Os casos de dispensa académica estarán obrigados a facer o seguimento do curso mediante a entrega de traballos parciais e do traballo obrigatorio. En casos excepcionais de enfermidade debidamente xustificada ou outras razón que impidan a asistencia e a participación nas clases poden contemplarse modalidades de avaliación similares.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión de cualificacións.
As horas non presenciais poderán distribuirse do seguinte modo, que son os mínimos requeridos.
-Estudo e reflexión sobre as sesións expositivas, interactivas, titoriais; estudo e reflexión sobre a bibliografía: 28 horas.
-Realización de traballos e de actividades de diversa índole: 37 horas.
-Lectura de textos literarios, acceso ás redes: 37 horas.
Dado que a programación de contidos e prácticas está moi axustada na súa temporalización, recoméndase ao alumno a asistencia regular e puntual á clase, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serena e profunda dos textos de traballo e o uso de todas as canles comunicativas co/a profesor/a e coas fontes de aprendizaxe. O/a profesor/a poderá manter entrevistas individuais con cada alumno ao longo do curso, que será convocado ao seu despacho en distintas ocasións para facer un seguimento do seu progreso.
No aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia lectora rica tanto nun sentido cuantitativo como cualitativo (multixenérica, multicultural, etc.). Só deste xeito, os contidos teóricos poderán ser contrastados e valorados na súa dimensión hermenéutica e analítica nunha proxección mesmo retrospectiva.
Fomentarase o uso e acceso a certos MOOCs da UNED, como complemento da materia, como o impartido por Juan Martín Prada na UNED.
Fomentarase e valorarase dunha maneira moi especial a creatividade, a empatía, a tolerancia e o respecto cos demais compañeiros, co profesor e co entorno social.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Segundo o fixado polas "Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (Curso 2020-2021)" da USC, nun posíbel escenario de distanciamento (Escenario 2), a docencia expositiva-interactiva desenvolverase cunha distribución presencial/virtual definida polo Decanato da Facultade de Filoloxía. Arbitraranse mecanismos telemáticos ad hoc para a atención titorial e a execución da exposición colectiva.
A docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos, ben con asíncronos, xustificando a porcentaxe de reparto entre ambas modalidades. Na docencia interactiva poderase combinar a presencialidade física e telemática, en todo caso garantindo para a primeira un mínimo do 50% das horas prácticas de cada materia. As actividades “en remoto” que se programen como parte do traballo persoal da/o alumna/o distribuíranse ao longo do tempo, combinando tarefas individuais con traballo colaborativo. Potenciarase a aprendizaxe autónoma por medio de elementos de retroalimentación e autoavaliación. As probas finais terán un carácter telemático, así como a exposición grupal (a través de MS Teams) e os cinco traballos sinalados.
Un posíbel escenario de peche das instalacións (Escenario 3), a docencia expositiva-virtual desenvolverase completamente de xeito virtual, de maneira síncrona ou asíncrona, con mantemento do horario programado, atención titorial telemática e execución telemática da exposición colectiva. Todas as probas de avaliación terán un carácter telemático.
Maria Teresa Vilariño Picos
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811771
- Correo electrónico
- mteresa.vilarino [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D14 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D14 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C02 |
08.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
08.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |