Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Grega
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Poder ler e traducir da «Ilíada» e «Odisea» e realizar comentarios e análises dos planos lingüístico e literario.
1. Lectura, tradución e comentario filolóxico do canto I da Ilíada de Homero como traballo de clase.
2. Como traballo persoal, os alumnos terán que preparar a tradución e comentario do canto I da Odisea de Homero.
Edicións da Ilíada:
- Monro, D. B. & T. W. Allen (1969), Homeri Ilias. Oxford: Clarendon Press.
- van Thiel, H., (2010), Homeri Ilias, Hildesheim: Olms.
- West, M. L. (1998-2000), Homeri Ilias. Stuttgart: Teubner.
Comentarios da Ilíada:
- Kirk, G.S. (1985), The Iliad: A Commentary. Volume I: books 1-4, Cambridge : Cambridge University Press.
- Pulleyn, S. (2000), Homer. Iliad I, Oxford : Oxford University Press.
- Harrison, J. A. & R. H. Jordan (1983), Homer. Iliad I, London: Bristol Classical Press, 1983
Edicións da Odisea:
- Allen, T. W. (1962), Homeri Odyssea. Oxford: Clarendon Press.
- von der Muehll, P. (1962), Homeri Odyssea, Leipzig: Teubner.
- van Thiel, H. (1991), Homeri Odyssea, Hildesheim. Olms.
Comentarios da Odisea:
- Heubeck, A., West, S. & J.B. Hainsworth (1988), A Commentary on Homer´s Odyssey. I. Books 1-VIII, Oxford: Clarendon Press.
de Jong, Irene J. F. (2001), A Narratological Commentary on the Odyssey, Cambridge: CUP.
Gramáticas homéricas
- Chantraine, P. (2013-15, 6 ed.), Grammaire homérique, 1: Phonétique et morphologie. 2: Syntaxe (Rev M. Casevitz), Paris: Klincksieck.
- Monro, D. B. (1891 / 1998 reimpr.), Homeric grammar, London: Bristol Classical Press.
- Coñecemento da lingua homérica nos seus trazos fonéticos, morfológicos e sintácticos máis relevantes.
- Desenvolver a competencia de lectura, tradución e comentario filolóxico da poesía homérica.
O alumno debe realizar a lectura e tradución dos autores propostos; algunhas desas traducións serán corrixidas e matizadas en clase coas correspondentes explicacións de todo tipo (lingüístico, literario, de «realia», etc.) por parte do profesor. Estas explicacións en clase servirán ao alumno como punto de referencia para o comentario das outras traducións que ten que facer pola súa conta e que non serán obxecto de explicación en clase, senón que se deixarán á propia capacidade crítica e de reflexión do alumno, e que si serán obxecto de exame.
A porcentaxe da cualificación para as dúas convocatorias é a seguinte:
1.- Participación activa na aula: 10% (1 sobre 10)
2.- Exame final 90% (9 sobre 10)
As probas finais serán sobre a totalidade do programa e consistirán en:
A) - exame SEN dicionario (tradución e comentario) dos textos vistos en clase e en casa (45% da cualificación global).
B) - exame CON e SEN dicionario (tradución e comentario) de outros textos (45% da cualificación global.
- Será necesario superar de forma independente cada proba para poder efectuar a media
- Quen non aproben a materia na primeira oportunidade examinaranse na segunda de todo o programa.
- Os alumnos con dispensa oficial de asistencia ás clases examinaranse de todo o programa ó final do curso e as porcentaxes serán: Exame final: 100%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
O tempo de traballo persoal do alumno dependerá sempre e fundamentalmente das súas capacidades e afeccións, pero debe ter como norma básica que en tradución a calidad é fruto da cantidade e que aprender unha lingua nos seus textos é unha inmersión na que a cantidade de texto traducido é o único sustituto válido do que é a práctica oral na inmersión en linguas vivas.
É moi importante a constancia diaria na tradución.
PLAN DE CONTINXENCIA EN CASO DE REBROTE DA COVID-19:
1. O contido dos ítems precedentes refírese exclusivamente ao suposto do Escenario 1 (“normalidade adaptada”) descrito nas bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021 aprobada pola USC o 19 de xuño de 2020.
Detállanse a continuación, as adaptacións que terán lugar no caso de que se produzan os Escenarios 2 e 3.
2.-Escenario 2 (clases presenciais pero con distanciamento e medidas de prevención de contaxios)
-Salvo que a situación se agrave, a docencia será fundamentalmente presencial.
-As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas.
-Os contidos do programa manteranse.
-As probas finais serán presenciais, salvo que o Reitorado prescriba o contrario.
-Os criterios de avaliación non sufrirán modificacións respecto dos expostos supra, isto é, asistencia a clase, traballo activo e participativo, e proba final.
3.-Escenario 3 (peche das instalación)
-A docencia será completamente virtual vía Teams ou Skype e realizarase de forma síncrona.
-As titorías serán telemáticas.
-Os contidos do programa sufrirán modificacións que se especificarán no seu momento, dependendo de en que momento producísese o escenario 3.
-As probas finais serán telemáticas (vía Teams ou Skype).
-Os criterios de avaliación sufrirán as modificacións que o reitorado indique pero, no fundamental, seguirá sendo obxecto de avaliación a asistencia ás clases telemáticas, a participación activa nestas e a proba final. O alumnado con pouca ou nula conectividad nos seus domicilios han de porse en contacto coa profesora no momento mesmo de inicio deste hipotético Escenario 3.
-O material bibliográfico estará a disposición do alumnado na aula virtual desta materia.
María José García Blanco
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811885
- Correo electrónico
- mariajose.garcia.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Mercedes Diaz De Cerio Diez
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811850
- Correo electrónico
- mmercedes.diazdecerio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D06 |
Martes | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D06 |
Mércores | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D06 |
20.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |
20.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
23.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
23.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |