Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo básico da materia “Traxectorias da literatura europea” é familiarizar ao estudante dos graos en linguas e literaturas con algúns dos principais problemas asociados á noción de literatura europea. Non se trata de ofrecer unha sinopse dos “clásicos europeos”, senón de introducir ao estudante nunha lectura crítica de obras que susciten unha reflexión sobre o sentido da fórmula “literatura europea” baixo enfoque comparatista. A materia presta especial atención tanto á propia traxectoria histórica da idea de literatura europea coma á súa redefinición actual no marco do proceso de integración europea e ao papel da literatura nas novas identidades.
1. Introdución. Europa e Literatura comparada.
Tendo en conta os precedentes da noción de literatura europea, examinarase a interacción entre tal noción e a disciplina da Literatura comparada. Isto implica revisar, por exemplo, as conexións entre os conceptos de literatura nacional e de cosmopolitismo e, de maneira máis concreta, algunhas propostas históricas sobre a noción de literatura europea xurdidas no ámbito do comparatismo.
2. Historiografía da idea de literatura europea.
A idea de literatura europea constituíuse modernamente en relación estreita co desenvolvemento da historia literaria. Neste sentido, proponse a análise dalgúns dos modelos historiográficos máis relevantes seguindo unha traxectoria cronolóxica.
3. Caso de estudo.
Como modelo de análise, abordarase unha selección de obras para, partindo dela, desenvolver un proxecto de análise, que permita identificar na práctica algunhas tramas relevantes da literatura e cultura europeas.
Anselmi, Gian Mario, ed. Mapas de la literatura europea y mediterránea. Barcelona: Crítica, 2000.
Backès, Jean-Louis. La Littérature européenne. Paris: Belin, 1996.
Bemong, N., M. Truwant e P. Vermeulen, eds. Re-Thinking Europe. Literature and (Trans)National Identity. Amsterdam: Rodopi, 2008.
Benoit-Dusausoy, Annick e Guy Fontaine. Histoire de la littérature européenne. Paris: Hachette, 1992.
Benoit-Dusausoy, Annick e Guy Fontaine, eds. Lettres européennes. Manuel universitaire d'histoire de la littérature européenne. Bruxelles: De Boeck, 2007.
Cabo Aseguinolaza, Fernando. El lugar de la literatura española. Barcelona: Crítica 2012.
Curtius, Ernst Robert. Ensayos críticos sobre la literatura europea. Barcelona: Seix Barral, 1972.
Dainotto, Robert M. Europe (In Theory). Durham: Duke UP, 2007.
D'haen, Theo e Iannis Goerlandt, eds. Literature for Europe? Amsterdam: Rodopi, 2009.
Didier, Béatrice, ed. Précis de littérature européenne. Paris: PUF, 1998.
Domínguez, César, ed. Literatura europea comparada. Madrid: Arco/Libros, 2013.
Fendler, Susan e Ruth Wittlinger, eds. The Idea of Europe in Literature. London: MacMillan, 1999.
Fumaroli, Marc et al. Identité littéraire de l'Europe. Paris: Presses Universitaires de France, 2000.
García Picazo, Paloma. La idea de Europa: historia, cultura, política. Madrid: Tecnos, 2008.
Gnisci, Armando e Dionyz Durisin, eds. Il Mediterraneo: Una rete interletteraria. Roma: Bulzoni, 2000.
Leerssen, J. T. e K. U. Syndram, eds. Europa Provincia Mundi: Essays in Comparative Literature and European Studies Offered to Hugo Dyserinck on the Occasion of His Sixty-Fifth Birthday. Amsteram: Rodopi,l 1992.
Lützeler, Paul Michael. Europäische Identität und Multikultur: Fallstudien zur deutschsprachigen Literatur seit der Romantik. Tübingen: Stauffenburg, 1997.
Marino, Adrian. The Biography of the "Idea of Literature". From Antiquity to Baroque. New York: State U of New York P, 1996.
Montandon, A., ed. Moeurs et images: études d'imagologie européenne. Clermont-Ferrand: Université Blaise Pascal, 1997.
Moretti, Franco. Atlas de la novela europea, 1800-1900. Madrid: Trama, 1997.
Sinopoli, Franca. Il mito della letteratura europea. Roma: Meltemi, 1999.
Sinopoli, Franca. La letteratura europea vista dagli altri. Roma: Meltemi, 2003.
Sinopoli, Franca. La dimensione europea nello studio letterario. Milano: Bruno Mondadori, 2009.
Steiner, Geoger. La idea de Europa. Madrid: Siruela, 2005.
• Coñecer as aplicacións da Literatura Comparada ao entendemento crítico do concepto de literatura europea.
• Adquirir os instrumentos básicos para unha reflexión sobre a idea de supranacionalidade literaria.
• Aplicar o instrumental teórico-comparado á análise de textos literarios e outros artefactos culturais.
• Aprehender algúns dos problemas centrais na investigación e análise literario-cultural.
1.- A materia implica unha importante dimensión teórica e conceptual que no se desatenderá no desenvolvemento do programa. Porén, a docencia orientarase cara unha dimensión fundamentalmente analítica e crítica nun sentido interliterario, interartístico e interdiscursivo. Con este propósito, buscarase conciliar equilibradamente a exposición dos marcos de análise e a presentación das ferramentas metodolóxicas oportunas co labor máis práctico e concreto, concentrado sobre todo nas sesións expositivas.
2.- Parte destacada da función dos profesores será proporcionar materiais de traballo axeitados aos obxectivos da materia e manter un seguimento do traballo dos alumnos, que é en último termo o elemento central na planificación da materia. A estes efectos, a aula virtual será un instrumento do que se procurará tirar o mellor partido posíbel.
3.- Os alumnos deberán desenvolver un traballo persoal constante e sostido ao longo do cuadrimestre. Unha primeira dimensión deste traballo se fundamentará na preparación da materia, seguindo as indicacións dos profesores e as liñas de indagación presentadas nas sesións expositivas. Unha segunda dimensión será a elaboración de traballos e a preparación consistente de debates e exposicións, cuxo marco preferente serán as sesións interactivas. A asistencia puntual as sesións expositivas e interactivas, así como as titorías colectivas, e fundamental e inescusable.
4.- En función de diversas variábeis (número de estudantes, método de traballo, etc.), pode valorarse o recurso a unha metodoloxía de ensinanza de tipo seminario.
1. CONSIDERACIÓNS XERAIS
No contexto da lexislación vixente, a avaliación das materias impartidas pola Área de Teoría da literatura e Literatura comparada comprende, xunto coa convocatoria das probas oficiais que cada curso efectúa o Decanato, posíbeis probas complementariamente acordadas expresamente entre profesorado e alumnado. Ademais, serán factores relevantes con incidencia directa na cualificación a participación activa e continuada nas sesións expositivas e interactivas e o seguimento doutras actividades prácticas que o equipo docente considere de especial interese formativo e académico.
2. ELEMENTOS QUE SE VALORARÁN
* Dominio dos contidos teóricos, das estratexias aprendidas e da práctica crítica.
* Asistencia e participación nas clases expositivas, interactivas e nas titorías colectivas que se convoquen.
* Participación dinámica nas distintas actividades e calidade desa participación.
* Asistencia regular e puntualidade.
* Realización e boa presentación formal de traballos escritos, así como participación continuada en debates e exposicións orais derivadas da preparación de traballos en grupo.
* Entidade da comprensión crítica, calidade da expresión oral e escrita, orixinalidade e creatividade.
* Boa execución de prácticas por escrito e de breves exposicións orais a partir de traballos realizados en grupo.
Un 50% da cualificación final procederá da realización dun exame ou doutra proba alternativa acordada entre o equipo docente e o alumnado. O outro 50% procederá da participación crítica e informada nas clases e da realización de traballos e outras tarefas asignadas polos docentes, entre as que destaca o desevolvemento en grupos de traballo do caso e estudo proposto. Este factor estará ligado fundamentalmente á actividade nas sesións interactivas e o desenvolvemento do proxecto proposto durante o período de docencia. A proporción indicada manterase no caso de que o alumno non aprobe tras o primeiro exame e recorra á segunda oportunidade en xullo. Por tanto, só é recuperable o 50% vinculado ao exame.
Resérvase a posibilidade de ter presente así mesmo como factor de valoración (até un 5% da nota final) a participación en eventuais actividades complementarias (conferencias, por exemplo), que sexan programadas ao longo do período lectivo.
* Observación importante sobre o plaxio: O plaxio na realización dos traballos programados ou a utilización indebida e non indicada de maneira adecuada das fontes impresas ou de Internet pode implicar o suspenso na convocatoria correspondente coa cualificación máis baixa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, incluída a práctica de plaxio, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes y de revisión de cualificacións.
3. AVALIACIÓN DAS SEGUINTES OPORTUNIDADES
Nas seguintes oportunidades non variarán os criterios seguidos na primeira polo que se refire ao dominio de contidos teóricos e das estratexias aprendidas e demostradas na práctica crítica. En concreto, o 50% da nota que corresponde á participación crítica e informada nas clases e realización de traballos e outras tarefas asignadas polos docentes (particularmente, a análise do caso de estudo) non será obxecto de recuperación ou revisión na segunda oportunidade. A cualificación dunha oportunidade na que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos estabelecidos será de "suspenso".
A asistencia ás clases é obrigatoria e por tanto non computa de seu. Un número de ausencias non xustificadas superior ao 20% implicará o suspenso. A efectos informativos, completado o calendario oficial de clases, o profesorado da materia fará pública unha relación dos alumnos/as que superaron ese máximo de faltas. En función da normativa vixente, quedan excluídos da obriga indicada só quen obteñan unha dispensa oficial de asistencia a clase notificada ao coordinador da materia polo Decanato da Facultade ou os repetidores que así o soliciten expresamente. No seu caso o exame final queda constituído en elemento único de avaliación.
4. No caso de que a metodoloxía de ensinanza sexa de tipo seminario, o sistema de avaliación adecuarase consecuentemente.
Esta materia ten oficialmente 6 créditos ECTS. Como xa se indicou, as horas presenciais divídense en 25 horas de sesións expositivas e 15 horas de sesións prácticas interactivas. Engádense a estas sesións as dedicadas as titorías colectivas (tres horas). Como no ensino reglado polos créditos ECTS é protagonista a aprendizaxe do alumno e o seu labor persoal, multiplícase por factores variábeis a presencialidade en horas de traballo asignado aos alumnos. En concreto, aplícase un factor 2 ás sesións expositivas e 1,5 ás interactivas, o que implica que se atribúe ao alumno un traballo adicional de 50 horas en relación ás expositivas e de 30 en relación ás interactivas.
ESENCIAIS. Competencia lectora en, cando menos, dúas linguas, ademais de galego e castelán. Requírese así mesmo unha cultura literaria de nivel medio.
ACONSELLÁBEIS. Resultará importante para o desenvolvemento do curso unha alta capacidade de lectura e de análise. Tamén é aconsellable o interese polos aspectos históricos e institucionais vinculados coa literatura.
PLAN DE CONTINXENCIA
O contido dos ítems precedentes refírese exclusivamente ao suposto do Escenario 1 ("normalidade adaptada") descrito nas "Bases para o Desenvolvemente dunha docencia presencial segura no curso 2020-21" aprobada pola USC o 19 de xuño de 2020.
Detállanse a continuación as adaptacións que terán lugar no caso de que se produzan os Escenarios 2 e 3.
1.-Escenario 2 (clases presenciais pero con distanciamento e medidas de prevención de contaxios):
-Agás que se determine outra cousa, a docencia será fundamentalmente presencial, pero coa posibilidade de distintos graos de semipresencialidade, sempre de acordo ao disposto pola Facultade de Filoloxía.
-As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas (vía Teams ou Moodle).
-Os contidos do programa poden ser adaptados, á xuízo do equipo docente, de acordo coas circunstancias.
-Os criterios de avaliación non sufrirán modificacións respecto aos expostos, salvo o que se refire a utilización de medios remotos para a entrega de tarefas ou realización de cuestionarios. Cabe tamén a realización de probas telemáticas por videoconferencia.
2.-Escenario 3 (peche das instalacións):
-A docencia será completamente virtual vía Teams ou Moodle, sexa de forma síncrona ou asíncrona.
-As titorías serán telemáticas.
- Os contidos do programa poden ser adaptados, á xuízo do equipo docente, de acordo coas circunstancias.
-Os criterios de avaliación poderían sufrir modificacións, pero, no fundamental, manterase o esquema e criterios indicados previamente, salvo o que se refire a utilización exclusiva de medios remotos para a entrega de tarefas ou realización de cuestionarios. Cabe tamén a realización de probas telemáticas por videoconferencia e seguirá a ser obxecto de avaliación a asistencia ás clases telemáticas e a participación activa nestas e o traballo final.
Fernando Cabo Aseguinolaza
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811807
- Correo electrónico
- fernando.cabo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D08 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C11 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | C12 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | C12 |
08.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D08 |
08.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D08 |
08.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
08.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
08.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D09 |
08.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D09 |
03.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
03.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D10 |
03.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D10 |