Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Grega
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia corresponde ao Módulo optativo "Formación avanzada en Filoloxía Clásica". O módulo ten por finalidade "tanto completar a formación do alumno en aspectos relevantes do ámbito da Filoloxía Clásica que non se contemplan noutros módulos da Titulación, como dar resposta a súas futuras demandas de formación" (Proyecto de Memoria para la Verificación del Título de Grado en Filología Clásica por la Universidade de Santiago de Compostela, p. 42).
No curso 2021-2022 explicarase o sistema métrico da poesía grega antiga con dous obxectivos principais:
— Introducir ao alumno no ámbito da produción poética clásica a través do coñecemento das técnicas de versificación da poesía grega.
— Facer un estudo descritivo da métrica grega, no que primará a aplicación práctica dos contidos teóricos mediante a lectura e a análise dunha selección de textos poéticos que abranguen os principais ritmos da poesía grega.
Métrica grega:
1. Introdución
1.1. Historia da versificación grega.
1.2. Métrica e prosodia grega.
2. Ritmos e unidades compositivas da poesía xonia e do modo recitado e recitativo do drama ático.
2.1. Versos homométricos (hexámetro dactílico, trímetro iámbico, coliambo, tetrámetro trocaico cataléctico, tetrámetro anapéstico cataléctico e sistemas).
2.2. Versos asinartetos.
2.3. Estrofas epódicas.
3. Ritmos e unidades compositivas da poesía doria e eolia.
3.1. Construcións "katà métron" (ritmo completo —dactílico, anapéstico, trocaico, iámbico— e ritmo sincopado —crético, docmíaco, xónico e coriámbico—).
3.2. Construcións "non katà métron" (eolocoriambos e dáctilo-epítritos).
Indícase unha bibliografía básica de tipo xeral: a máis específica será indicada no seu momento ao longo do curso.
Prosodia e métrica Grega:
— Barris, J. S. (2011), Metre and Rhythm in Greek Verse, Wien : Österreiche Akademie der Wissenschaften.
— Battezzato, L. (2009), “Metre and Music”, en: F. Budelmann (ed.), Greek Lyric, Cambridge : Cambridge University Press, 130-146.
— Ceccarelli, L. (1999), Prosodia y métrica del latín clásico. Con una introducción a la métrica griega, Sevilla : Universidad de Sevilla, S.P.
— Guzmán Guerra, A. (1997), Manual de métrica griega, Madrid : Ediciones Clásicas.
— Halporn, J. W., Ostwald, M. & T. G. Rosenmeyer (1994), The meters of Greek and Latin Poetry, Indianapolis / Cambridge : Hackett Publishing Company, Inc.-
— Kannicht, R. (1997), "Griechische Metrik", en: H. G. Nesselrath (ed.), Einleitung in die griechische Philologie, Stuttgart / Leipzig : B. G. Teubner, 343-362.
— Kazazis, J. N. (2007), "Ancient Greek Meter“, en: A. F. Christidis, M. Arapopoulou & M. Chriti (eds.), A History of Ancient Greek from the Beginnings to Late Antiquity, Cambridge, UK / New York : Cambridge UP, 1033-1044.
— Martinelli, M. Ch. (1995, 6ª reimpr. 2001), Gli strumenti del poeta. Elementi di Metrica greca, Bologna : Cappelli Editore.
— West, M. L. (1987), Introduction to Greek Metre, Oxford : Clarendon Press.
— Coñecer e comprender as nocións básicas do sistema métrico e prosódico da poesía grega: o ritmo cuantitativo; elementos rítmicos (a sílaba métrica e as licenzas prosódicas, a pausa e o acento).
— Coñecer e comprender as unidades e estruturas rítmicas nas que se expresa esta poesía: pé, metro, colon, verso, sistema e estrofa.
— Identificar os principais ritmos.
— Manexo da bibliografía básica.
— Aplicar estes contidos teóricos básicos ao comentario literario e lingüístico dos textos poéticos.
A materia consta de 6 créditos (6 x 25= 150 horas de traballo do alumno), dos que 42 horas son presenciais (28 Sesións Expositivas, 14 Sesións Interactivas de Seminario).
A pauta de traballo será a seguinte:
— Exposición teórico-práctica das nocións básicas de cada tema por parte da profesora.
— Exposición na aula por parte dos alumnos do seu traballo persoal, que consistirá na aplicación dos contidos teóricos básicos á análise métrica-prosódica de textos poéticos, previamente propostos pola profesora, e a exposición dos posibles problemas e dúbidas que poida presentar dita análise.
— Realización dun traballo persoal que consistirá na análise métrica e prosódica dun texto.
— Para apoio á docencia e titoría, contarase cunha aula no Campus Virtual da USC.
— Valorarase o traballo realizado polo alumnado na aula ao longo do cuadrimestre no que ten de esforzo, progreso na aprendizaxe,
participación activa nas tarefas a realizar. Esta valoración constituirá o 20 % da cualificación final.
— Traballo que consistirá na análise métrica dun texto poético. Valorarase a asimilación e aplicación no comentario das explicacións expostas na aula, e a súa presentación formal. Este traballo suporá o 20 % da cualificación.
— Exame final que representará o 60 % da cualificación na que se avaliará o coñecemento e a comprensión por parte do alumno dos
contidos teóricos básicos e a súa aplicación á análise métrica-prosódica dos textos poéticos.
Estes criterios de avaliación aplicaranse tanto na 1.ª Oportunidade (17-01-2022) coma na 2.ª Oportunidade (09-06-2022).
Os alumnos con dispensa de docencia recoñecida oficialmente realizarán un exame final, que suporá o 100% da cualificación. Este examen será nas datas oficiais das dúas oportunidades.
Tendo en conta que as horas presenciais son 42 horas, o alumno dispón de 108 horas de traballo persoal.
Recoméndase a asistencia á docencia impartida nas horas presenciais, dado o carácter eminentemente práctico e progresivo dos contidos desta materia.
PLAN DE CONTINXENCIA EN CASO DE REBROTE DA COVID-19:
Detállanse a continuación, as adaptacións que terán lugar no caso de que se produzan os Escenarios 2 e 3.
1.-Escenario 2 (clases presenciais pero con distanciamento e medidas de prevención de contaxios)
— Salvo que a situación se agrave, a docencia será fundamentalmente presencial.
— As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas (vía "Microsoft Teams").
— Os contidos do programa manteranse.
— As probas finais serán presenciais, salvo que o Reitorado prescriba o contrario.
— Os criterios de avaliación non sufrirán modificacións respecto dos expostos arriba no epígrafe 'Sistema de avaliación'.
2.-Escenario 3 (peche das instalacións)
Metodoloxía de ensinanza
— A docencia telemática no escenario 3 será síncrona a través da plataforma "Microsoft Teams". Respectarase o horario oficial.
— As titorías realizaranse a través do foro do Campus Virtual e da plataforma "Microsoft Teams".
— A documentación e información bibliográfica estará depositada no Campus Virtual ao igual que as actividades a realizar polo alumnado.
— Os contidos do programa sufrirán modificacións que se especificarán no que se produza o escenario 3.
— O alumnado con pouca ou nula conexión nos seus domicilios teñen que poñerse en contacto coa profesora no momento mesmo de inicio do escenario 3.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Os criterios de avaliación sufrirán as modificacións que o reitorado indique pero, no fundamental, para a primeira oportunidade optarase pola avaliación continua formativa. A porcentaxe da cualificación final será:
— Traballo na aula constitúe o 30 % da nota: valorarase a asistencia as clases telemáticas, participación na aula e realización de actividades na aula do Campus Virtual.
— Nota media das seguintes actividades que se realizarán ao longo do curso: catro tarefas que consistirán nun comentario métrico-prosódico de textos poeticos (70 %).
Indicarase na aula cales destas actividades serán síncronas ou asíncronas.
A segunda oportunidade consistirá en actividades compensatorias do traballo realizado no curso.
Os alumnos con dispensa de asistencia realizarán unha proba telemática síncrona (100 %) tanto na primeira coma na segunda oportunidade.
As probas telemáticas realizaranse a través do Campus Virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Amelia Del Carmen Pereiro Pardo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811887
- Correo electrónico
- ameliadelc.pereiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D14 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D14 |
17.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
17.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D10 |
10.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D10 |
10.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |