Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coa materia Lingua Alemá I empeza a formación práctica en lingua alemá da titulación de Linguas e Literturas Modernas. Aprenderanse o vocabulario de diferentes campos temáticos, as estruturas elementais da gramática alemá e as bases da fonética do alemán. O curso centrarase na formación das destrezas da pronunciación, da expresión oral e escrita, e da comprensión lectora e auditiva. Os obxectivos do curso consisten en desenvolver unha competencia comunicativa ampla a un nivel básico, coñecer e aplicar determinadas técnicas de aprendizaxe e coñecer algúns aspectos socio-culturais dos países de fala alemá.
Non se presupoñen coñecementos previos do alemán; ao final do curso acadarase o nivel A1 do marco de referencia europeo.
Actos comunicativos:
Orais: saudar e presentarse, preguntar e pedir explicacións, concertar citas, describir obxectos, persoas e procesos; intercambiar información e manter unha conversa sobre asuntos cotiáns, etc.
Escritos: redactar textos sinxelos descritivos e narrativos, escribir cartas persoais.
De lectura: orientarse en textos sinxelos e entender os contidos principais; entender en detalle textos sinxelos; ler en voz alta con fluidez e coa entoación correcta.
Auditivos: entender globalmente textos auditivos sinxelos; extraer de maneira selectiva informacións de textos auditivos.
Léxico
Vocabulario de diversos campos temáticos como por exemplo: acenos persoais, familia, países e cidades, traballo e ocio, etc.
Gramática
Estruturas oracionais e frasais: tipos de oracións; posición do verbo e paréntese oracional; frases nominais sinxelas.
Morfoloxía e sintaxes do verbo: conxugación de indicativo; verbos prefixados; verbos auxiliares e verbos modais; o pretérito perfecto; o imperativo.
Morfoloxía e sintaxes do nome: artigo definido e indefinido, posesivos; xéneros; formación do plural; casos; preposicións temporais e locais; pronomes persoais; compostos nominais.
Fonética
Acentuación da palabra e da oración; vocais, "Umlaute" e ditongos; consoantes e combinacións de consoantes.
Técnicas de aprendizaxe
Estratexias de comprensión lectora e auditiva, técnicas de adquisición de vocabulario, uso do dicionario, uso de ferramentas on-line para a aprendizaxe do alemán.
Libros de texto:
Evans, Sandra / Pude, Angela / Specht, Franz (2013): MENSCHEN A1.1, Libro de alumno+Guía, München: Hueber. ISBN 978-3-19-721901-1
Evans, Sandra / Pude, Angela / Specht, Franz (2013): MENSCHEN A1.2, Libro de alumno+Guía, München: Hueber. ISBN 978-3-19-741901-5
Glas-Peters, Sabine / Pude, Angela / Reimann, Monika: MENSCHEN A1, Libro de exercicio, München: Hueber. ISBN 978-3-19-111901-0
Gramáticas e exercicios:
Castell, Andreu (1997): Gramática de la lengua alemana. Madrid, Editorial Idiomas.
Castell, Andreu / Braucek, Brigitte (2000): Ejercicios. Gramática de la lengua alemana. Madrid, Editorial Idiomas.
Dreyer, Hilke / Schmitt Richard (2001): Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik, Neubearbeitung, Deutsch-Spanisch, Practicas de gramatica alemana. Ismaning: Hueber.
Fandrych, Christian / Tallowitz, Ulrike (2012): Klipp und Klar. Gramática práctica de alemán. Barcelona: Difusion.
Reimann, Monika, Grundstufen-Grammatik für Deutsch als Fremdsprache. München: Hueber.
Scheffler, Birthe (2016): Menschen Intensivtrainer A1. München: Hueber. ISBN: 9783190419012
Os estudantes saberán
- desenvolverse en situacións comunicativas básicas en lingua alemá;
- escribir correctamente;
- pronunciar e entonar o alemán correctamente;
- recoñecer e usar estruturas elementais da gramática alemá;
- ler e entender textos escritos sinxelos;
- comprender globalmente e extraer información específica de textos auditivos sinxelos;
- recoñecer algúns aspectos característicos da cultura dos países de fala alemá;
- usar determinadas técnicas de aprendizaxe.
As unidades didácticas desta materia teñen carácter teórico-práctico. Os distintos contidos introduciranse en situacións comunicativas e mediante textos ou materiais audio-visuais. Nunha segunda fase, as estruturas introducidas explicaranse de maneira teórica, para pasar a seguir coa consolidación e aprofundamento das mesmas en exercicios de diferentes tipos. Esta terceira fase práctica, que constitúe a parte central da materia, consiste na aplicación das estruturas aprendidas en actividades didácticas enfocadas ao desenvolvemento das distintas habilidades e destrezas lingüísticas. Para garantir un proceso de traballo homoxéneo e continuado nas clases prensenciais e para acadar os obxectivos da materia, será de gran importancia a participación regular e activa nestas actividades por parte do alumnado.
O traballo na clase apoiarase e complementarase coas actividades na aula virtual. A organización dos contidos das clases presenciais seguirá a dos libros de texto MENSCHEN A1.1 e A1.2.
No caso de que se decrete algún dos escenarios de continxencia aplicarase o indicado no apartado de observacións baixo o epígrafe "Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22".
Para superar esta materia os estudantes deben cumprir os seguintes requisitos:
1. Asistencia regular e participación activa na clase: 20% da nota final. Tratarase dunha breve proba semanal. Para obter esta parte da nota, os alumnos deberán realizar polo menos 10 probas durante o semestre.
2. Exame final escrito: 50% da nota final.
3. Exame final oral: 30% da nota final. Ao exame oral só se poderán presentar aqueles estudantes que aproben o exame escrito.
Para aprobar a materia é necesario aprobar cada unha das catro destrezas lingüísticas mencionadas no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (compresión e expresión orais e escritas)
Na segunda oportunidade mantéñense os mesmos criterios de avaliación coas mesmas porcentaxes. Os estudantes deberán repetir aquela(s) parte(s) (2 ou 3) da avaliación que non superen na primeira convocatoria.
Os alumnos con dispensa oficial de asistencia ás clases serán avaliados sobre a base dos seguintes criterios, tanto na primeira como na segunda convocatoria:
1. Exame final escrito: 60% da nota final
2. Exame final oral: 40% da nota final. Ao exame oral só se poderán presentar aqueles estudantes que aproben o exame escrito.
Neste caso tamén os estudantes deberán superar as catro destrezas lingüísticas.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito no art. 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións.
No caso de que se decrete algún dos escenarios de continxencia aplicarase o indicado no apartado de observacións baixo o epígrafe "Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22".
Por cada hora presencial o alumnado debería dedicar 2 horas de traballo autónomo fóra da aula.
Os estudantes deberían buscar o contacto directo coa lingua alemá tamén fóra da aula (prensa, televisión, cine, internet, etc.).
Recoméndase, así mesmo, buscar intercambios con estudantes Erasmus dos países de lingua alemá.
"Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22":
METODOLOXÍA:
Escenario 2 (distanciamento): a docencia expositiva será parcialmente virtual (MS Teams/Campus Virtual), tanto sincrónica como asincrónicamente. As titorías realizaranse virtualmente (MS Teams).
Escenario 3 (peche das instalación): a docencia e as titorías serán completamente de carácter virtual a través de Campus Virtual e MS Teams.
No caso de que as autoridades pertinentes decretasen os escenarios 2 ou 3 a metodoloxía adaptaranse ás directrices establecidas pola USC e aos parámetros acordados polo centro, de modo que as actividades docentes que non poidan executarse de modo presencial desenvolveranse de modo virtual recorrendo ás ferramentas institucionais postas a disposición pola USC, combinando actividades de carácter síncrono (principalmente a través da plataforma TEAMS) e/ou asíncrono (principalmente a través de TEAMS ou Moodle) dependendo do tipo de actividade.
AVALIACIÓN:
Na modalidade de docencia semipresencial manterase, sempre que sexa posible, o mesmo sistema de avaliación que no escenario 1. En caso de non ser posible e no caso do escenario 3 as probas presenciais substituiranse por probas telemáticas ( síncronas ou asíncronas, orais ou escritas) utilizando as ferramentas institucionais.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o establecido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións".
Jaime Feijoo Fernandez
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811835
- Correo electrónico
- jaime.feijoo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Laura Alina Stupperich
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | Castelán | C02 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_02 (G-L) | Alemán | D06 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_04 (R-Z) | Alemán | C02 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | Castelán | D06 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | Castelán | C05 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_02 (G-L) | Alemán | C06 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_04 (R-Z) | Alemán | C05 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | Castelán | C06 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | Alemán | D12 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | Alemán | D12 |
18.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | D08 |
18.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | D08 |
18.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (G-L) | D08 |
18.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (R-Z) | D08 |
18.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | D08 |
18.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | D08 |
18.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | D09 |
18.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | D09 |
18.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (G-L) | D09 |
18.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (R-Z) | D09 |
18.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | D09 |
18.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | D09 |
13.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 (A-L) | D09 |
13.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | D09 |
13.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-L) | D09 |
13.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 (R-Z) | D09 |
13.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | D09 |
13.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | D09 |