Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
ARTE NOS CENTROS DE INTERNAMENTO DE ESTRANXEIROS: UN CAMPO DE PROBAS PARA A LITERATURA COMPARADA
Esta materia, que se imparte en galego, posúe dous obxectivos principais. O primeiro obxectivo é introducir ao alumnado na historia e os fundamentos teóricos e metodolóxicos da literatura comparada, unha disciplina que atende a dimensión interliteraria, interartística e interdiscursiva dos estudos literarios. O seminario definirá unha perspectiva apropiada para a comprensión da literatura como fenómeno supranacional, á vez que identificará algúns dos problemas que dan sentido á literatura comparada como disciplina cun compromiso ético.
O segundo obxectivo é proxectar e poñer en práctica os coñecementos teóricos-conceptuais e metodolóxicos mediante a análise comparada de obras específicas. A este respecto, a materia configúrase coma un seminario que se achega aos centros de internamento de estranxeiros como símbolo de "zonas de indistinción" (Giorgio Agamben) ou "zonas de indeterminación" (Elizabeth A. Povinelli) a través da produción artística neles/sobre eles.
ARTE NOS CENTROS DE INTERNAMENTO DE ESTRANXEIROS: UN CAMPO DE PROBAS PARA A LITERATURA COMPARADA
Programa
1. Introdución á literatura comparada
2. Eixe interliterario
3. Eixe interartístico
4. Eixe interdiscursivo
O cartafol de lecturas críticas e outros materiais está dispoñíbel na Aula Virtual/Servizo de Reprografía.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Agamben, Giorgio. Homo sacer : el poder soberano y la nuda vida, I. Traducido por Antonio Gimeno Cuspinera. Valencia: Pre-Textos, 1998.
Apter, Emily. The Translation Zone: A New Comparative Literature. Princeton: Princeton UP, 2006.
Apter, Emily. Against World Literature: On the Politics of Untranslatability. Londres: Verso, 2013.
Bassnett, Susan. Comparative Literature: A Critical Introduction. Oxford: Blackwell, 1993.
Casanova, Pascale. La República mundial de las letras. Traducido por Jaime Zulaika. Barcelona: Anagrama, 2001.
Damrosch, David. What Is World Literature? Princeton: Princeton UP, 2003.
Derrida, Jacques. Fuerza de ley. El fundamento místico de la autoridad. Traducido por Patricio Peñalver e Adolfo Barberá del Rosal. 3.ª ed. Madrid: Tecnos, 2018.
Derrida, Jacques e Anne Dufourmantelle. La hospitalidad. Bos Aires: Ediciones de La Flor, 2006.
Domínguez, César, Haun Saussy e Darío Villanueva. Lo que Borges enseñó a Cervantes. Introducción a la Literatura comparada. Traducido por David Mejía. Madrid: Taurus, 2016.
Foucault, Michel. Defender la sociedad. Editado por François Ewald e Alessandro Fontana. 2. reimpr. México: Fondo de Cultura Económica.
Foucault, Michel. Vigilar y castigar. Nacimiento de la prisión. Traducido por Aurelio Garzón del Camino. 5.ª reimpr. Bos Aires: Siglo XXI, 2006.
Franco, Bernard. La Littérature comparée. Histoire, domaines et méthodes. París: Armand Colin, 2016.
Guillén, Claudio. Múltiples moradas. Ensayo de literatura comparada. Barcelona: Tusquets. 1998.
Guillén, Claudio. Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la Literatura comparada (Ayer y hoy). Barcelona: Crítica, 2005.
Heise, Ursula K. et al., eds. Futures of Comparative Literature: ACLA State of the Discipline Report. Londres: Routledge, 2017.
Majcher, Izabella, Michael Flynn e Mariette Grange. Immigration Detention in the European Union: In the Shadow of the "Crisis". Cham: Springer, 2020.
Moretti, Franco. La literatura vista desde lejos. Traducido por Marta Pino Moreno. Barcelona: Marbot, 2007.
Moretti, Franco. Lectura distante. Traducido por Lilia Mosconi. Buenos Aires: Fondo de Cultura Económica, 2015.
Naupert, Cristina, ed. Tematología y comparatismo literario. Madrid: Arco/Libros, 2003.
Naupert, Cristina. La Tematología comparatista entre teoría y práctica. La novela de adulterio en la segunda mitad del siglo XIX. Madrid: Arco/Libros, 2001.
Povinelli, Elizabeth A. Economies of Abandonment: Social Belonging and Endurance in Late Liberalism. Durham, NC: Duke University Press, 2011.
Romero López, Dolores, ed. Orientaciones en literatura comparada. Madrid: Arco/Libros, 1998.
Stone, Dan. Concentration Camps: A Very Short Introduction. Oxford: Oxford University Press, 2019.
Vega, María José e Neus Carbonell. La Literatura comparada: principios y métodos. Madrid: Gredos, 1998.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Proporciónase no Campus Virtual, xa que o espazo máximo desta aplicación non permite rexistrala.
• Coñecer as aplicacións da literatura comparada ao entendemento crítico do concepto de literatura.
• Adquirir os instrumentos básicos para unha reflexión sobre a idea de supranacionalidade literaria.
• Aplicar o instrumental teórico-comparado á análise de textos literarios e outros artefactos culturais.
• Aprehender algúns dos problemas centrais na investigación e análise literario-cultural.
A filosofía docente do seminario aséntase na figura do docente como guía —e non como transmisor de contidos— e adestramento en “pensamento crítico”. Segundo a definición de Michael Scriven e Richard Paul, o pensamento crítico é “un proceso intelectual disciplinado que conceptualiza, aplica, analiza, sintetiza e/ou avalía activamente información obtida de, ou xerada por, observación, experiencia, reflexión, razoamento ou comunicación”. O grupo no seu conxunto é xerador e receptor de pensamento crítico.
O Espazo Europeo de Ensino Superior (EEES) foi creado co obxectivo central de favorecer un proceso de aprendizaxe centrado no alumnado. Este obxectivo só pode conseguirse en grupos moi reducidos. Segundo afírmase, por exemplo, polo Times Higher Education Rankings, "unha ratio docente:alumnado baixa contribúe a que o alumnado cultive relacións máis próximas co docente, teña acceso máis rápido á retroalimentación e poida implicarse máis nas discusións e seminarios". Con todo, nesta materia a ratio docente:alumnado, cuxa responsabilidade é allea ao docente, é improcedente para á devandita aprendizaxe centrada no alumnado en grupos reducidos.
Para contrarrestar na medida do posíbel esta situación, o docente aplica, por unha banda, a metodoloxía chamada "aula invertida", que se basea na secuencia estudo (Aula Virtual de forma asíncrona) > avaliación > ensino, e, por outro parte, o recurso ás tecnoloxías da información e a comunicación. En concreto, os contidos expositivos impártense a través do Campus Virtual de maneira asíncrona, de forma que todos os grupos en que o PDA/POD divide o número total do alumnado matriculado empréganse para a aprendizaxe centrada no alumnado (contidos interactivos síncronos) mediante unha redistribución equitativa.
A materia posúe dous sistemas de avaliación, dos que o alumnado escollerá libremente un durante a primeira semana do semestre obrigatoriamente mediante rexistro na aula Virtual. A escolla ten carácter definitivo, agás en caso de incumprimento dos requisitos da Opción 1, en cuxo caso procede pasar á Opción 2. Quen non realice o rexistro da súa opción en tempo e forma, queda automaticamente adscrito á Opción 2.
* OPCIÓN 1: Avaliación continua (100% da cualificación final).
A Opción 1 consiste en:
A) asistencia obrigatoria: un número de ausencias non xustificadas superior ao 20% do número total de horas síncronas implicará a imposibilidade de proseguir a avaliación continua, coa posibilidade de avaliarse mediante a Opción 2 (alternativa á Opción 1). A efectos informativos, completado o calendario oficial de clases, farase pública unha relación do alumnado que superou o máximo de faltas. A USC non dispón dun sistema propio de rexistro de asistencia. Por iso farase uso da aplicación Acadly, que o alumnado debe descargar nos seus dispositivos móbiles con Bluetooth activado para rexistrar a asistencia. Ademais, a través desta aplicación distribuiranse documentos, reserva de atención titorial, cuestionarios, etc.
B) avaliarse mediante intervencións orais informadas (50% da cualificación final), que se poden realizar ben a petición propia, ben a pedimento do docente, xa sexa con antelación ou sen aviso previo en clase. As intervencións consisten en discusións, presentacións, aclaracións, problematizacións, etc. baseadas nas lecturas literarias e críticas en relación cos contidos teóricos. Cada estudante debe realizar un mínimo de 6 intervencións (o número pode variar un función do número final de asistentes) ao longo do semestre a pedimento do docente e/ou por decisión propia. No caso de realizarse un número superior, poderán escollerse aquelas cunha mellor cualificación para a súa inclusión na avaliación continua. Cada intervención será rexistrada polo alumnado nunha ficha con nome completo (Apelido 1 Apelido 2, Nome/s), Código da materia, Nome da materia e Número de Grupo e entregarase ao docente ao final da sesión con indicación de data e título da intervención. O docente cualificará a intervención en función de: 1) dominio teórico-conceptual (3 puntos), 2) reflexión crítica (3 puntos), 3) profundidade de análise (3 puntos) e 4) corrección expresiva (1 punto). Por causas sobrevindas, o docente poderá solicitar a entrega da intervención oral por escrito.
C) ensaio comparativo (50% da cualificación final): nun espazo máximo de 3.000 palabras (as “Obras citadas” e, de ser o caso, as notas a rodapé e o apéndice non computan), o alumnado realizará un ensaio sobre un tema do seminario a través da análise comparada de dúas obras de libre elección, que seguirá o modelo dun artigo dunha publicación científica periódica e entrégase a través da Aula Virtual na data das convocatorias oficiais fixada polo Decanato da Facultade de Filoloxía. A proposta do tema do ensaio comparativo debe ser aprobada polo docente. A cualificación fundamentarase no grao de claridade, concisión e minuciosidade con que se realice o ensaio, que debe organizarse mediante introdución, na que se presente a tese, desenvolvemento argumentativo e conclusión. En cada un destes apartados débese demostrar habilidade interpretativa e crítica. En ningún caso o ensaio consistirá nun resumo dos materiais, senón nunha análise crítica deles. Os criterios de corrección do ensaio comparativo son:
1) corrección ortográfica e claridade expositiva: 1.5 puntos;
2) adecuación ás normas formais e estilísticas da escritura académica: 1.5 puntos;
3) profundidade de análise e interrelación argumental, pensamento crítico e argumentación persoal: 3.5 puntos; e
4) dominio teórico-conceptual e aplicabilidade literaria orixinal: 3.5 puntos.
O alumnado que non aprobe o ensaio debe volver avaliar o seu ensaio na convocatoria de segunda oportunidade, para o que se ofrece apoio titorial e se conserva o restante 50% da avaliación mediante as intervencións. Na convocatoria de segunda oportunidade, de non aprobarse o ensaio final, a cualificación final será suspenso.
* OPCIÓN 2 (alternativa á Opción 1): Avaliación por exame final (100% da cualificación final) nas convocatorias oficiais fixadas polo Decanato da Facultade de Filoloxía.
A Opción 2 está contemplada para:
a) alumnado que decida libremente avaliarse por este medio como alternativa á Opción 1;
b) alumnado excluído da Opción 1 (por superarse a porcentaxe de inasistencia permitido e/ou incumprimento-non superación das intervencións);
c) alumnado con dispensa oficial de asistencia.
Os criterios de corrección do exame final son:
a) corrección ortográfica e claridade expositiva (1.5 puntos);
b) adecuación ás normas formais e estilísticas da escritura académica (1.5 puntos);
c) profundidade de análise e interrelación argumental, pensamento crítico e argumentación persoal (3.5 puntos); e
d) dominio teórico-conceptual e aplicabilidade literaria orixinal (3.5 puntos).
O nivel de esixencia no dominio dos contidos teóricos, conceptuais e analíticos é idéntico na súa plasmación no exame final ao requirido para a Opción 1.
CRONOGRAMA:
Semana 1: Introdución á literatura comparada
Semana 2: Introdución á literatura comparada
Semana 3: Introdución á literatura comparada
Semana 4: Eixe interliterario
Semana 5: Eixe interliterario
Semana 6: Eixe interliterario
Semana 7: Eixe interliterario
Semana 8: Eixe interartístico
Semana 9: Eixe interartístico
Semana 10: Eixe interartístico
Semana 11: Eixe interdiscursivo
Semana 12: Eixe interdiscursivo
Semana 13: Eixe interdiscursivo
Convocatoria ordinaria: ensaio comparatista (avaliación continua) ou exame (avaliación por exame final).
Convocatoria de segunda oportunidade: ensaio comparatista (avaliación continua), reavaliación (ensaio comparatista suspendido en convocatoria ordinaria que se somete a reavaliación), exame (avaliación por exame final) ou reavaliación (exame suspendido en convocatoria ordinaria; realización dun novo exame).
Prácticas de campo
De haber en Galiza algunha actividade cultural vinculada cos contidos do seminario durante o semestre, poderá propoñerse a visita e práctica de campo correspondente.
Esta materia ten oficialmente 6 ECTS, que equivalen a 150 horas totais (6 créditos por 25, tendo presente que un crédito presupón 25 horas de traballo –presencial e non presencial– para o alumnado). Dita carga distribúese da seguinte forma:
a) sesións expositivas (asíncronas en Aula Virtual): 1.04 ECTS=26 horas;
b) asimilación dos contidos expositivos: 1.04 ECTS=26 horas;
c) sesións interactivas síncronas: 0.52 ECTS=13 horas;
d) lecturas e asimilación de textos literarios e críticos(*): 2.32 ECTS=58 horas;
e) intervencións informadas: 0.48 ECTS=12 horas (Opción 1) // non é de aplicación para Opción 2.
f) ensaio comparatista: 0.6 ECTS=15 horas (Opción 1) // exame final: 1.08 ECTS=27 horas (Opción 2).
(*) O tempo asignado ao traballo de lectura de textos literarios e críticos (58 horas) baséase na calculadora de carga de traballo do Center for Teaching Excellence de Rice University segundo tres variábeis: a) número de palabras por páxina, b) dificultade máxima de asimilación e c) obxectivo dirixido á comprensión. En función do número de horas e as tres variábeis mencionadas, a calculadora dá un resultado dunha media de 44.61 páxinas por semana.
Dado que a programación de contidos e prácticas está moi axustada na súa temporalización, esíxese ao alumnado acollido á Opción 1 de avaliación unha asistencia puntual ás clases, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serena e crítica dos textos de traballo e o uso das canles comunicativas previstas co docente e coas fontes de aprendizaxe. En particular, aconséllase ao alumnado o aproveitamento das horas de titoría, onde a aprendizaxe pode ser máis personalizada.
En virtude dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e do contexto bilingüe de Galiza, a interacción —tanto verbal como escrita— realizarase en calquera das dúas linguas oficiais (galego ou castelán).
Segundo a Táboa de equivalencias do MECR, é recomendable ter as seguintes competencias:
* Galego: mínimo B1
* Castelán, Inglés: mínimo A2
ATENCIÓN TITORIAL:
As sesións presenciais teñen o seu complemento na atención titorial, que o docente ofrece durante seis horas por semana; para consultar o horario, prémase na hiperligazón correspondente da web da Facultade de Filoloxía (dado que poden producirse variacións no horario, recoméndase consultar periodicamente o horario de atención titorial). Para facer uso da atención titorial, debe solicitarse cita previa mediante hiperligazón dispoñíbel na Aula Virtual e Acadly.
COMUNICACIÓN ELECTRÓNICA E USO DO CAMPUS VIRTUAL:
A comunicación electrónica realízase EXCLUSIVAMENTE mediante os servizos de mensaxería do Campus Virtual. En consecuencia, é responsabilidade do alumnado a súa consulta periódica, así como o redireccionamento das mensaxes a unha conta de correo electrónico activa. NON SE ATENDEN CONSULTAS POR CORREO ELECTRÓNICO. Tamén é deber do alumnado a consulta periódica do Campus Virtual e a realización telemática e entrega en prazo das tarefas programadas.
DISTRIBUCIÓN DE GRUPOS:
A distribución do alumnado entre grupos persegue garantir unha distribución numérica equitativa. Neste sentido, é obrigatorio respectar dita distribución, sen que se poidan facer modificacións de grupo. En consecuencia, NON se aceptan solicitudes de cambio de grupo, agás aquelas por causas sobrevindas de forza maior cursadas tramitadas durante a PRIMEIRA SEMANA do semestre.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Metodoloxía de ensino:
En atención ao establecido polo "Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022" da USC, non se prevé ningún cambio nin na impartición dos contidos nin no sistema de avaliación para os escenarios 1 (xa con contidos asíncronos na aula Virtual), 2 e 3, excepto nun contexto de peche das instalacións (Escenario 3), no que os grupos recibirán a docencia interactiva mediante Aula Virtual e Teams de forma síncrona. Neste último caso, o alumnado que optase polo sistema de avaliación alternativo á avaliación continua, isto é, avaliación por exame final da materia, realizará o devandito exame de forma telemática a través das canles antes mencionadas nas datas das convocatorias oficiais.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión de cualificacións.
Cesar Pablo Dominguez Prieto
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811801
- Correo electrónico
- cesar.dominguez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B10 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B10 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego | B10 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego | B10 |
24.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
24.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
24.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
24.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D12 |
24.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D12 |
24.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
24.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D14 |
24.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D14 |
24.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D14 |
29.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
29.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
29.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |