Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
– Coñecemento dos elementos básicos que conforman o sistema literario do romanés.
– Recoñecemento da importancia da literatura oral e popular romanesas.
– Adquisición dos datos esenciais relativos á literatura culta e á súa evolución, con particular atención aos períodos, obras e autores non considerados na materia Literatura romanesa II.
– Análise dos trazos característicos da literatura romanesa, contrastándoa cos sistemas literarios que se manifestan, para similares períodos, nas literaturas doutras linguas románicas.
SECCIÓN I. Introdución
Tema 1. Os romaneses e Romanía. Panorama histórico e literario.
SECCIÓN II. Literatura popular
Tema 2. Conceptos xerais
2.1. Folclore; popular, tradicional e folclórico; literatura popular e literatura do pobo.
2.2. Criterio cultural (folclore dos costumes) e criterio literario (xéneros e especies). Tipoloxía textual: colinde ‘panxoliñas’; baladas ou cântece batrenesti ‘cantos antigos’.
Tema 3. A folclorística romanesa
3.1. Etapas principais: a escola de Vasile Alecsandri, a escola de Bogdan Petriceicu Hasdeu e a etapa contemporánea.
3.2. Fases na recolleita da poesía popular: Vasile Alecsandri (1852-1853), Gheorghe Dem. Teodorescu (1855) e Grigore G. Tocilescu (1890) .
3.3. Recolleita da prosa popular: E. Stanescu Aradanu (1860) e Petre Ispirescu (1882).
Tema 4. O folclore dos costumes: cancións das estacións do ano e de traballos marcados polo calendario
4.1. Ciclo de Nadal e Aninovo.
4.1.1. Colinde (“panxoliñas”).
4.1.2. Cancións da estrela.
4.1.3. Felicitacións de Aninovo.
4.2. Ciclo primaveral e estival.
4.3. Festas populares en tempo de sequía.
Tema 5. O folclore dos costumes: cancións relativas ás idades do ser humano
5.1. Votos de nacemento e de bautismo.
5.2. Ceremonial da voda e variantes.
5.3. Ceremonial do enterro ou bocete (cantos fúnebres de enterro e enterro-voda).
5.4. Esconxuros ou descântece.
Tema 6. Xéneros e especies literarios
6.1. Lírica popular. A doină.
6.2. Narrativa popular. Balade ‘baladas’ ou cântece batrenesti ‘cantos antigos’.
6.2.1. Cantos fantásticos: “Soarele si Luna” (‘O Sol e a Lúa’).
6.2.2. Cantos da vida pastoril: “Mioritsa” (‘A ovelliña’), a raíña dos cantos antigos romaneses.
6.2.3. Cantos sobre a corte feudal: “Manastirea Arges” ou “Manole mesterul” (‘O mosteiro de Arges' ou ‘O mestre Manole’).
6.2.4. Cantos danubianos: “Antofica”, “Kira”.
6.2.5. Épica heroica. Ciclo de haiducie: “Mihu Copilu” (‘Miguel o Neno’), “Toma Alimos”, “Corbea”.
6.2.6. Épica heroica. Ciclo dos novaci (loitadores antiotomanos): “Gruia în Tsarigrad” (‘Gruia en Constantinopla’). “Constantin Brâncoveanu”, canto da decapitación do príncipe de Valaquia e os seus catro fillos.
6.2.7. Baladas familiares: “Brumarel” (‘Outubro’), “Ghitsa Catanuta".
6.3. Teatro. Teatro popular laico: teatro de marionetas e de sombras. Teatro popular relixioso: “Vicleimul” (‘Auto de Nadal’)
6.4. Proverbios. Adiviñas.
SECCIÓN III. Literatura culta antiga e premoderna (ata 1830)
Tema 7 . Os primeiros textos literarios: clasificación e descrición. Os textos relixiosos. A historiografía en Moldavia (Grigore Ureche, Miron Costin, Ion Neculce, Dimitrie Cantemir) e en Valaquia (Constantin Cantacuzino).
Tema 8. O iluminismo transilvano: “Scoala Ardealana” (A Escola Transilvana). A Tsiganiada de Ioan Budai-Deleanu e a parodia da epopea. Poesía amorosa na época fanariota.
SECCIÓN IV. Literatura culta moderna.
Tema 9. Do racionalismo iluminista ó romanticismo: Gheorghe Asachi e Ioan Heliade Radulescu.
Tema 10. O Romanticismo romanés no contexto europeo. Vasile Alecsandri, a “liña nacional” da literatura romanesa. Dimitre Bolinteneanu. Alexandru Odobescu.
Tema 11. A época dos grandes clásicos. Titu Maiorescu e a arte poloa da xeración Junimea. Os grandes clásicos: Mihai Eminescu, Ion Creanga e Ion Luca Caragiale.
Tema 12. Reacción á arte pola arte. O simbolismo romanés: Alexandru Macedonski e George Bacovia. O realismo popular na narrativa de Ion Slavici e de Alexandru Vlahuta. A poesía popular de George Cosbuc.
BÁSICA
I
Dinca, I. (2001): Antologie de texte literare si interpretari critice pentru clasele V-VIII. Bucuresti: Niculescu.
Pop, I.-A. (2006): Los rumanos y Rumanía. Una breve historia. Trad. Iulia Bobaila. Cluj-Napoca: Instituto Cultural Rumano [especialmente pp. 71-228].
II
Cepraga, D. O. / Renzi, L. / Sperandio, R. (2004): Le Nozze del Sole. Canti vecchi e colinde romene. Roma: Carocci.
Cortés, L. L. (1955): Antología de la poesía popular rumana. Edición bilingüe con un estudio preliminar y notas. Madrid: CSIC, Universidad de Salamanca.
Lirica obiceiurilor traditsionale românesti. Poesía popular tradicional rumana (1979). Editsie bilingva româno-spaniola;. Tradución de O. Lara e V. Ivanovici. Limiar de O. Lara. Bucuresti: Minerva.
Renzi, L. (1969): Canti narrativi tradizionali romeni. Firenze: Olschki.
Mioritsa:
- Texto, música de Porumbescu
https://www.youtube.com/watch?v=lB8qTxQnf54
- Mª Murgoci (recitado), V. Valesereanu (frauta) https://www.youtube.com/watch?v=U7ccfhcbI_k
- Recitado, sen texto
https://www.youtube.com/watch?v=0BDlGnpY-OA
- 2014 Recitado e música T. George
https://www.youtube.com/watch?v=KNj23AhLUZs
- 2017 Recita L. Dumbrava, música K. MacLeod https://www.youtube.com/watch?v=lPYB1y93RTQ
- 2018 Miorita curtametraxe (7’ 21”) https://www.youtube.com/watch?v=IJCN7dnHnm8
III
Cartojan, N. (1980): Istoria Literaturii române vechi. Posfatsa si bibliografii finale de Dan Simonescu. Prefatsa de Dan Zamfirescu. Bucuresti: Minerva.
Fugariu, F. (1983): Scoala ardeleana, vol I-II. Editise critica, note, bibliografie si glosar de F. Fugariu; introducere de D. Ghise si P. Teodor. Bucuresti: Minerva [Tsiganiada, I, 256-314].
Ortega Ramón, J. J. (2007): “Festín en el paraíso. Tsiganiada de Ioan Budai-Deleanu”, RFR, nº extra 5, 117-125.
Piru, A (1977): Istoria literaturii române de la origini pîna la 1830. Bucuresti: Editura Stiintsifica si Enciclopedica. [Da literatura relixiosa en lingua eslavona do XV á poesía de Vacarescu, Cantacuzino e Mumuleanu].
Teculescu, A. (2018): Tsiganiada lui Budai-Deleanu, primul mare creator al literaturii române. Radio România Timisoara, vídeo (4’02”).
https://www.youtube.com/watch?v=uO1-By1iOfo
IV
Cioculescu, S. (redactor resp.) (1973): Istoria literaturii române. III Epoca marilor clasici. Bucuresti: Editura Academiei RSR.
Munteanu, G. (1980): Istoria literaturii române. Epoca marilor clasici. Bucuresti: Editura Didactica si Pedagogica. [Movemento Junimea; Maiorescu, Eminescu, Creanga, Caragiale e Slavici]
Ionescu, C. (1991): “A literatura romanesa moderna. Un informe panorámico”, Boletín Galego de Literatura, 16, 7-38.
COMPLEMENTARIA
Bulei, I. (1999): Breve storia dei romeni, Alessandria: Edizioni dell’Orso.
Calinescu, G. (1941): Istoria literaturii române de la origini pîna în prezent. Bucuresti: F.R.L.A. (Bucuresti: Minerva, 19822).
Dima, AL. (red. resp.) (1968): Istoria literaturii române. II De la Scoala Ardeleana; la Junimea. Bucuresti: Editura Academiei RSR.
Eliade, M. (1985): De Zalmoxis a Gengis-Khan: religiones y folklore de Dacia y de la Europa oriental, Madrid: Cristiandad.
Lupi, G. (1995): Storia della letteratura romena. Firenze: Sansoni.
Mazzoni, B. / Tarantino, A. (2010): Geografia e storia della civiltà letteraria romena. Tomo II, Pisa: Plus Pisa University Press.
Rossetti, Al. (red. resp.) (1964): Istoria literaturii romîne. I Folclorul, literatura romîna; în perioada feudala; (1400-1780). Bucuresti: Editura Academiei RPR.
– Capacidade para interpretar, analizar e valorar o compoñente oral e culto da literatura romanesa e a súa evolución.
– Asimilación e manexo con corrección dos conceptos clave da materia, fomentando a capacidade de análise e de síntese, para así discriminar a información imprescindible da accesoria.
– Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na análise de textos literarios seleccionados.
– Adquisición da capacidade para relacionar os datos obtidos durante o proceso de aprendizaxe, favorecendo así o labor de conceptualización durante este proceso.
– Capacidade para valorar e emitir xuízos críticos, como consecuencia das destrezas anteriores, que aplicados, en primeiro lugar, aos temas obxecto da materia, buscarán a súa proxección noutros ámbitos de estudo e a incorporación á formación intelectual do alumno.
AVISO: As normas que se indican aquí son de aplicación unicamente nun contexto docente libre de coronavirus. De haber novos brotes da pandemia, aplicaranse no seu lugar os protocolos indicados no apartado de observacións.
Basearase na explicación, por parte do profesor, das nocións fundamentais do programa, para que o alumnado as empregue correctamente e poida asimilar os contidos da bibliografía recomendada, que deberá lerse nas horas de traballo individual. Esas nocións acompañaranse co material didáctico e cos textos literarios de apoio que se estime oportunos.
Nas clases interactivas realizaranse e presentaranse exercicios relacionados cos temas explicados. Estas actividades consistirán, fundamentalmente, na lectura e análise de fragmentos de obras da literatura romanesa dos temas do programa (textos populares e cultos, con especial atención ás baladas ou cantos antigos) e dalgunhas referencias bibliográficas. Estes exercicios poderán prepararse na aula ou, a petición do profesor, fóra do horario de clases, tanto en grupo como individualmente.
O profesor porá a disposición do estudantado un dossier de materiais de traballo para o desenvolvemento esencial dalgúns temas do programa, xunto con escolmas de textos para comentar nas clases ou para a realización de exercicios, mesmo para o traballo final. Eses materiais estarán a dispor do alumnado no Servizo de reprografía da Facultade de Filoloxía, antes de comezaren as clases; en todo caso, total ou parcialmente tamén se poderán pendurar na aula virtual.
Existe un horario de titorías personalizadas para resolver dúbidas suscitadas polas explicacións do profesor ou a preparación dos comentarios e exercicios, aínda que tamén se poden utilizar para consultar calquera aspecto de interese para o alumnado
AVISO: As normas que se indican aquí son de aplicación unicamente nun contexto docente libre de coronavirus. De haber novos brotes da pandemia, aplicaranse no seu lugar os protocolos indicados no apartado de observacións.
1ª oportunidade (xaneiro)
Segundo prevé a normativa, o estudante debe asistir con regularidade ás clases (a porcentaxe mínima que se require é do 80% das horas totais previstas). Ademais, é necesaria a participación activa do alumnado na discusión dos puntos do programa e no comentario dos textos literarios que se propoñan para a súa análise.
A avaliación será continua e realizarase, fundamentalmente, con exposicións de puntos do programa e comentarios de textos. Os exercicios poderán realizarse na aula ou fóra dela e terán como finalidade o control do traballo do alumnado ó longo do cuadrimestre. Ademais, deberase realizar un traballo final centrado nun movemento, nun autor ou en varias obras da literatura popular.
Os aspectos que se avaliarán e o seu peso na cualificación final son os seguintes:
1. Asistencia e intervencións voluntarias de tipo persoal con interese para o desenvolvemento da materia: 15% do total.
2. Exposicións de temas e/ou textos: 25% do total.
3. Comentarios de textos: 30% do total.
4. Traballo monográfico final: 30% do total.
O alumnado con dispensa de asistencia ás aulas e que a acredite debidamente, terá que realizar comentarios escritos (70% da materia), que irá entregando no período lectivo; e tamén fará un traballo monográfico final (30%) , que entregará antes de finalizar o período lectivo.
Exame final
O estudantado que asista con regularidade e non acade a nota mínima de 5 na avaliación final (50% do total) e o estudantado con dispensa de asistencia que non obteña esa nota mínima, así coma o alumnado presencial que falte a un 20% ou máis das clases, ten que realizar un exame final sobre cuestiones de temas del programa na data que establece a Facultade de Filoloxía da USC. Suporá o 100% da nota.
2ª oportunidade (xuño)
O alumnado que non supere a materia na 1ª oportunidade ou que conste como non presentado, terá que realizar unha proba escrita na data fixada pola Facultade, que suporá o 100% da nota. Tratará sobre cuestións de temas do programa.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polo profesor e as outras 75 horas (50%) a traballo autónomo por parte do alumnado para completar os coñecementos e habilidades traballados na clase.
As horas de traballo dirixido distribuiranse en 54 de actividades formativas presenciais (o que supón o 36% do traballo total) e 21 (14% do total) de actividades dirixidas non presenciais.
PLAN DE CONTINXENCIA
METODOLOXÍA
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
En principio, manterase o exposto sobre as actividades expositivas e interactivas indicado no apartado correspondente, pero coas seguintes alteracións: en caso de que a docencia expositiva se deba impartir parcialmente de xeito virtual, tanto o profesor coma o estudantado seguirán pola plataforma Teams as leccións do curso de xeito síncrono, isto é, no horario habitual das clases.
A docencia interactiva deberá impartirse de xeito presencial nun 50% como mínimo; e de ser necesario, o resto impartirase virtualmente pola devandita plataforma. A asistencia ás clases é obrigatoria, calquera que sexa a súa modalidade. As titorías atenderanse por esta plataforma e polo correo electrónico.
Para o desenvolvemento das clases virtuais, o profesor proporcionaralle ó alumnado por medios telemáticos material necesario para preparar a materia, ben como complemento das clases expositivas e / ou para a realización das tarefas interactivas. Estas últimas realizaranse tendo en conta un calendario flexible que o profesor establecerá consonte as circunstancias da docencia no escenario de confinamento parcial.
As tarefas interactivas serán fundamentalmente de carácter individual, aínda que tamén se tratará de fomentar no alumnado o traballo colaborativo. En todo caso, o profesor promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
En principio, manterase o exposto sobre as actividades expositivas e interactivas indicado no apartado correspondente, pero coas seguintes alteracións: en caso de que a docencia expositiva se deba impartir totalmente de xeito virtual, tanto o profesor coma o estudantado seguirán pola plataforma Teams as leccións do curso, de xeito síncrono, isto é, no horario habitual das clases.
A docencia interactiva deberá impartirse enteiramente nestas mesmas condicións, mentres que as titorías se atenderán por este sistema e polo correo electrónico. A asistencia a clase é obrigatoria, mesmo na modalidade telemática.
Para o desenvolvemento das clases virtuais, o profesor proporcionaralle ó alumnado por medios telemáticos material necesario para preparar a materia, ben como complemento das clases expositivas e / ou para a realización das tarefas interactivas. Estas últimas realizaranse tendo en conta un calendario flexible que o profesor establecerá consonte as circunstancias da docencia no escenario de confinamento total.
As tarefas interactivas serán preferiblemente de carácter individual dada a situación de illamento, aínda que tamén se tratará de fomentar no alumnado o traballo colaborativo. En todo caso, o profesor promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
1ª oportunidade (xaneiro)
A nota da materia procederá nun 85% dos traballos (orais e/ou escritos, presenciais ou telemáticos etc), que teña que realizar o alumnado de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita. As intervencións voluntarias de tipo persoal (presenciais e/ou telemáticas) con interese para o desenvolvemento da materia valoraranse co 15% restante da cualificación final.
O criterio de avaliación para o alumnado non presencial consistirá na entrega por correo electrónico de comentarios escritos e breves traballos (70%) durante o período lectivo e na entrega, todo máis tardar na data oficial da 1ª oportunidade, dun traballo monográfico (30%); as súas características comunicaraas o profesor coa antelación suficiente.
2ª oportunidade (xuño)
Tanto o alumnado con dispensa de asistencia coma o presencial que falte a un 20 % ou máis das clases e o alumnado que asista con regularidade pero non acade unha media de 5 nos comentarios e traballos da avaliación continua terá que realizar un traballo de certa complexidade, que se entregará na data fixada pola Facultade para a 2ª oportunidade e que suporá o 100% da nota.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
1ª oportunidade (xaneiro)
A nota da materia procederá nun 85% dos traballos, orais e/ou escritos, que teña que realizar telematicamente o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita. As intervencións voluntarias de tipo persoal que teñan interese para o desenvolvemento da materia valoraranse co 15% restante da cualificación final.
O criterio de avaliación para o alumnado non presencial consistirá na entrega por correo electrónico de comentarios escritos e breves traballos (70%) durante o período lectivo e na entrega, todo máis tardar na data oficial da 1ª oportunidade, dun traballo monográfico (30%); as súas características comunicaraas o profesor coa antelación suficiente.
2ª oportunidade (xuño)
Tanto o alumnado con dispensa de asistencia coma o alumnado presencial que faltou a un 20 % ou máis das clases e o que asistiu pero non acadou unha media de 5 na realización dos diferentes comentarios e traballos da avaliación continua ten que realizar un traballo de certa complexidade, que entregará na data fixada pola Facultade para a 2ª oportunidade e que suporá o 100% da nota.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.