Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
No conxunto do Grao en Filoloxía Clásica, esta materia é a continuación do labor comezado con “Textos Latinos 1-3” para consolidar o coñecemento dos recursos do latín literario. Os obxectivos son, pois:
1. Coñecemento directo da lingua dos textos latinos do período arcaico, comprendidos entre o inicio dos textos escritos e os comezos do século I a. C.
2. Comprensión e interpretación dos textos máis salientables deste período, atendendo aos seus diferentes aspectos: lingüístico, literario e cultural.
3. Adquisición dun léxico latino que outorgue ao alumno soltura e autonomía na lectura destes textos e doutros similares.
4. Introdución elemental á métrica e aos recursos específicos dos textos en verso do período arcaico.
A. Parte teórica:
1. Características lingüísticas máis salientables da lingua latina no período arcaico.
2. Características literarias principais da lingua latina no período arcaico.
3. O teatro romano.
B. Parte práctica:
1. Lectura, tradución e comentario da “Aulularia” de Plauto.
2. Lectura, tradución e comentario dunha selección de textos epigráficos.
3. Lectura de Lucrecio, “De rerum natura”, libro 1.
4. Esporadicamente poderase propoñer a lectura, tradución e comentario dalgún outro texto do período arcaico que se considere oportuno.
A. Bibliografía básica:
1. Edicións:
Plauto: Lindsay, W. M., T. Macci Plauti Comoediae, Oxford Classical Texts, Oxford 1904-1905/1989.
Textos epigráficos: Ernout, A., Recueil des textes latins archaïques, Klincksieck, Paris 1957/1973, e Warmington, E. H., Remains of Old Latin, vol. 4: Archaic Inscriptions, Harvard University Press, Cambridge MA 1940/1967.
Lucrecio: Valentí Fiol, E., T. Lucreti Cari De rerum natura, 2 vols., Alma Mater, Barcelona 1961/1983.
2. Estudos:
Beare, W., La Escena romana: una breve historia del drama latino en los tiempos de la República, Eudeba, Buenos Aires 1972.
Frank, T., Vida y literatura en la República Romana, Eudeba, Buenos Aires 1971.
B. Bibliografía complementaria:
Devoto, G., Storia della lingua latina di Roma, Cappelli, Bologna 1987.
Lindsay, W. M., Handbook of Latin Inscriptions, Gieben, Amsterdam 1970.
Meillet, A., Historia de la lengua latina, Avesta, Reus 1973/1980.
Palmer, L. R., Introducción al latín, Ariel, Barcelona 1984.
Pisani, V., Storia della lingua latina. Le origini e la lingua letteraria fino a Virgilio e Orazio, Rosenberg, Torino 1962.
Pisani, V., Testi latini arcaici e volgari, Rosenberg, Torino 1975.
O alumno acadará competencias para a tradución, a análise e o comentario filolóxico de textos en prosa e en verso representativos da época arcaica, e a capacidade de elaborar o seu comentario filolóxico. O comentario filolóxico implicará:
• Coñecemento da grafía e dos elementos lingüísticos (fonéticos, fonolóxicos, morfolóxicos, sintácticos, etc.) máis característicos da lingua latina do período arcaico.
• Coñecemento dos elementos literarios máis característicos da literatura latina do período arcaico.
• Coñecemento dos métodos e procesos da análise filolóxica.
• Destreza na elaboración dun comentario de textos latinos arcaicos.
• Adquisición dun dominio instrumental do léxico e dos mecanismos lingüísticos característicos dos textos latinos desta época.
1. O curso desenvolverase nas sesións expositivas mediante as explicacións por parte dos profesores dos contidos teóricos e dos fundamentos prácticos básicos.
2. Nas sesións de seminario os estudantes terán que participar activamente na lectura, interpretación e comentario dos textos estudados, ata lograr unha comprensión completa deses textos.
3. Cada alumno/-a deberá preparar de forma especial a tradución e o comentario exhaustivo dalgún texto obxecto do programa. Os resultados serán presentados e debatidos tamén en sesións de seminario.
4. Os estudantes deberán ler pola súa conta o texto de Lucrecio indicado no apartado “Contidos B.3”.
5. Utilizarase a Aula Virtual da USC para aloxar materiais e para a realización dalgunhas actividades prácticas.
Nas dúas oportunidades de avaliación os elementos utilizados serán os seguintes:
1. A asistencia e participación activa nas clases permitirá acadar o 10% da cualificación.
2. O traballo de preparación exhaustiva dun texto ao que se fai referencia no apartado “Metodoloxía” e a presentación do resultado suporá o 20% da cualificación.
3. Un exercicio de control da lectura do texto de Lucrecio suporá outro 10% da cualificación.
4. A un exame de tradución e comentario de cada un dos textos propostos no apartado “Contidos B.1 e 2” corresponderalle o 60% da cualificación (30% cada un dos dous exames). Para poder aprobar a materia será necesario acadar un mínimo de 5 sobre 10 nos dous exames.
Os estudantes con dispensa oficial de asistencia ás clases serán avaliados nas dúas oportunidades mediante o exercicio de control de lectura mencionado no punto 3, que suporá o 10% da cualificación, e mediante os exames descritos no punto 4, que suporán o 90% da cualificación (45% cada exame).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
A materia consta de 6 créditos ECTS equivalentes a 150 horas de traballo do estudante: 75 horas (50%) serán de traballo obrigatorio dirixido polo profesor e 75 horas (50%) serán de traballo autónomo do estudante.
As 75 horas de traballo dirixido obrigatorio repartiranse en 48 horas (64%) de actividades presenciais e 27 horas (36%) de actividades non presenciais. A distribución de horas entre as distintas actividades previstas será a seguinte:
- Clases expositivas: 14 horas presenciais e 14 horas non presenciais.
- Clases de seminario: 28 horas presenciais e 56 horas non presenciais; 10 das horas non presenciais estarán dedicadas á preparación especial dalgún fragmento das obras obxecto do programa de acordo co explicado no apartado “Metodoloxía”; das 46 horas non presenciais de traballo autónomo do alumno é conveniente que se dedique polo menos 1 por cada hora de clase de seminario presencial para a preparación do texto co que se vai traballar en cada momento.
- Titorías programadas: 3 horas presenciais e 24 horas non presenciais; 17 destas horas non presenciais estarán dedicadas á lectura do texto de Lucrecio.
- Avaliación: 3 horas presenciais e 3 horas non presenciais.
Recoméndase o manexo sistemático dun dicionario etimolóxico e dalgún manual de lingüística latina.
É necesaria a aprendizaxe cotiá do léxico novo encontrado na lectura dos textos.
PLAN DE CONTINXENCIA para o desenvolvemento da docencia durante o curso 2021-22:
A. Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física):
1. Metodoloxía da ensinanza:
A docencia expositiva impartirase maioritariamente de forma virtual síncrona mediante as ferramentas tecnolóxicas postas a disposición pola USC, principalmente: campus virtual, correo electrónico, MS Teams. Os profesores proporcionarán aos estudantes os diferentes materiais e recursos necesarios para o seguimento dos contidos teóricos ou indicaranlles a maneira de poder acceder a eles.
As actividades prácticas desenvolveranse maioritariamente nas clases presenciais de acordo co explicado máis arriba nos puntos 2 e 3 do apartado “Metodoloxía”.
As titorías realizaranse prioritariamente por vía telemática.
2. Sistema de avaliación nas dúas oportunidades:
A asistencia e participación activa nas clases presenciais e o seguimento continuado e pertinente das actividades virtuais representará o 40% da cualificación.
De ser posible, o 60% restante corresponderá a un exame final presencial con dúas partes (30% cada parte) segundo o explicado máis arriba no punto 4 do apartado “Sistema de avaliación”. De non ser posible o exame presencial, ese 60% corresponderá a dous traballos individuais de tradución e comentario, un sobre Plauto e outro sobre textos epigráficos (30% cada traballo). Os resultados dos traballos serán comentados entre os profesores e cada estudante mediante unha entrevista a través de MS Teams dunha duración non superior a 15 minutos.
Os estudantes con dispensa oficial de asistencia serán avaliados exclusivamente mediante o exame final ou os traballos substitutivos descritos no parágrafo anterior, aos que corresponderá o 100% da cualificación (50% cada parte do exame ou cada traballo).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
B. Escenario 3: peche das instalacións:
1. Metodoloxía da ensinanza:
Tanto a docencia expositiva como a docencia interactiva desenvolveranse de forma virtual síncrona mediante as ferramentas tecnolóxicas postas a disposición pola USC, principalmente: campus virtual, correo electrónico, MS Teams. Os profesores proporcionarán aos estudantes os diferentes materiais e recursos necesarios para o seguimento dos contidos teóricos e prácticos ou indicaranlles a maneira de poder acceder a eles.
As titorías realizaranse por vía telemática.
2. Sistema de avaliación nas dúas oportunidades:
Realizarase avaliación continua tomando en conta os seguintes elementos:
- O 40% da cualificación final outorgarase pola continuidade no seguimento das diferentes actividades e pola calidade dos resultados desas actividades que sexan obxecto de entrega por parte dos alumnos.
- O 60% restante da cualificación corresponderá a dous traballos individuais de tradución e comentario, un sobre Plauto e outro sobre textos epigráficos (30% cada traballo). Os resultados dos traballos serán comentados entre os profesores e cada estudante mediante unha entrevista a través de MS Teams dunha duración non superior a 15 minutos.
Os estudantes con dispensa oficial de asistencia serán avaliados exclusivamente mediante os traballos descritos no parágrafo anterior, aos que corresponderá o 100% da cualificación (50% cada traballo).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Manuel Enrique Vazquez Bujan
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811846
- Correo electrónico
- manuele.vazquez.bujan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
José Carracedo Fraga
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811881
- Correo electrónico
- jose.carracedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B10 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B10 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C04 |
25.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
25.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D03 |
30.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
30.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D03 |