Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer o concepto de Fonte para o estudio da Historia da arte.
- Coñecer a tipoloxía e casuística das Fontes textuais da arte.
- Aproximación ás Fontes textuais que permitan un coñecemento máis profundo da obra de arte no seu contexto histórico e cronolóxico.
- Aprender a empregar as Fontes dende a análise crítica e a interdisciplinariedade.
- Aprender as aplicacións desas Fontes na obra de arte.
- Formar o alumno para un adecuado tratamento das Fontes, a súa inserción no contexto histórico-artístico, para o seu emprego no estudo e investigación das obras de arte.
- Impulsar o alumno ao contacto con outras disciplinas, cuxo obxecto de estudo é, en ocasións, común á Historia da arte (paleografía, codicoloxía, epigrafía, numismática, etc.)
Estes contidos impartiránse para os tres escenarios, presencial, semipresencial ou non presencial
INTRODUCIÓN: Fontes literarias e documentais. Metodoloxías para o seu estudo
PRIMEIRA PARTE: FONTES DOCUMENTAIS E EPIGRÁFICAS PARA A HISTORIA DA ARTE
1. O documento: tipoloxías e aportacións das fontes arquivísticas
2. Fontes epigráficas, tipoloxías e súa achega ao estudo da Arte
SEGUNDA PARTE: FONTES LITERARIAS PARA A HISTORIA DA ARTE ANTIGA
3. Fontes para o estudo da arte antiga: Escritos sobre teoría das Artes
4. Fontes historiográficas: textos sobre os artistas e a súa creación
5. Artes da palabra e artes visuais
6. Mito, relato e imaxe
7. A literatura de viaxes na Antigüedade
TERCEIRA PARTE: FONTES LITERARIAS PARA A HISTORIA DA ARTE MEDIEVAL
8. Escritos, apuntes e repertorios sobre artes visuais e arquitectura
9. A memoria dos promotores artísticos: textos historiográficos
10. A interacción imaxe-texto na cultura medieval
11. A literatura odepórica na Idade Media
12. Fontes lexislativas. Fontes litúrxicas: características e evolución
CUARTA PARTE: FONTES LITERARIAS PARA A HISTORIA DA ARTE MODERNA
14. Entre a memoria e a historia: as vidas de artistas no Renacemento
15. Tratados sobre disciplinas artísticas
16. A arte na literatura: os libros de viaxes
17. Textos e imaxes: sacro e profano a partir das fontes relixiosas e mitolóxicas
QUINTA PARTE: FONTES LITERARIAS PARA A HISTORIA DA ARTE CONTEMPORÁNEA
18. A crítica de arte como información e análise nas publicacións periódicas
19. Revistas e manifiestos de grupos de vangarda
20. As fontes orais: entrevistas a artistas e arquitectos
21. Catálogos de exposicións: documentación e investigación
22. Os arquivos dixitais e o tratamento da imaxe
Bibligrafía básica:
As obras de referencia precédense de asterisco (*) para que podan empregarse a modo de manual de ser preciso
- *SCHLOSSER, J.: La literatura artística. Ed. Cátedra. Madrid, 1993 (Viena, 1924).
- *KULTERMAANN, V.: Historia de la historia del arte. El camino de una ciencia, Madrid, Akal, 1996.-
- RAMÍREZ, J.A.: Cómo escribir sobre arte y arquitectura, Barcelona, Ediciones del Serbal, 1999.-
- SÁNCHEZ CANTÓN, F.J.: Fuentes literarias para la historia del arte español (varios tomos). Madrid, 1923-1941.
- URQUÍZAR HERRERA, A. Y GARCÍA MELERO, J.E.: La construcción historiográfica del Arte. Ed. Ramón Areces. Madrid, 2012.
- VIGO TRASANCOS, A. (coord.) y otros: Fontes escritas para a Historia da Arquitectura e do Urbanismo en Galicia (séculos XI-XX) (2 vols.). Santiago de Compostela,
Fontes da Historia da Arte antiga e medieval:
- PITARCH et al.: Fuentes y documentos para la Hª del Arte Antiguo: (Próximo Oriente, Grecia y Roma). Gustavo Gili, Barcelona, 1982.
-TAMAYO, A.: Archivística, diplomática y sigilografía. Madrid, Cátedra, 1996.
- *YARZA LUACES, J.: Fuentes de la Historia del Arte I. Ed. Historia 16. Madrid, 1997.
- YARZA LUACES, J.; GUARDIA, M. Y VICENS, T.: Fuentes y documentos para la Hª del Arte (Medieval I: Alta Edad Media y Bizancio). Gustavo Gili. Barcelona, 1982.
- YARZA LUACES, J. et al.: Fuentes y documentos para la Hª del Arte (Medieval II: Románico y Gótico). Gustavo Gili. Barcelona, 1982.
Fontes da Historia da Arte moderna e contemporánea:
- *CALVO SERRALLER, F. y PORTÚS, J.: Fuentes de la Historia del Arte II, Madrid, Historia 16, nº 22, 2001.
- GRIGERA, J. (comp.): Renacimiento en Europa (“Fuentes y documentos para la historia del arte”). Gustavo Gili. Barcelona, 1983.
- FERNÁNDEZ ARENAS, J. y BASSEGODA, B.: Barroco en Europa (“Fuentes y documentos para la historia del arte”). Gustavo Gili. Barcelona, 1983.
- FERNÁNDEZ ARENAS, J.: Renacimiento y Barroco en España (“Fuentes y documentos para la historia del arte”). Gustavo Gili. Barcelona, 1982.
Competencias específicas
O/A alumno/a será capaz de:
1) Comprender conceptos básicos e terminoloxía sobre fontes da historia da arte.
2) Coñecer os múltiples abordaxes de aproximación ó feito artístico para
que o alumno poida instrumentalizar, de xeito coas posibilidades
que cada un deles poida ofrecer, aquél ou aqueles métodos que le
permitan comprender o fenómeno u obxecto de análise.
3) Comprender a correspondencia entre eses conceptos teóricos e as
liñas metodolóxicas derivadas.
4) Tomar conciencia da permeabilidade e complementariedade dos
diferentes sistemas de interpretación e da desigual adecuación destes
con respecto á variada casuística do obxecto de estudo
5) Coñecer e interpretar as diversas fontes –literarias, documentais,
visuais- empregadas para o coñecemento e interpretación da obra de
arte.
Competencias transversais:
O/A alumno/a será capaz de:
CT-1 Adquisición de destrezas no manexo de textos e documentos indispensables para a iniciación na investigación.
CT-2 - Desenvolvemento dunha expresión escrita e oral correcta e axeitada para o ámbito desta materia.
CT-3 - Claridade na comprensión dos contidos e no emprego do vocabulario axeitado.
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da asignatura utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula.
- Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia.
(Empregaranse as ferramentas da USC Virtual para orientacións e materiais de traballo das clases prácticas).
- Prácticas de campo en Institucións de apoio á investigación e enclaves artísticos relevantes na cidade de Santiago de Compostela.
- Titorizacións personalizadas.
1. AVALIACIÓN SOBRE OS CONTIDOS DAS CLASES EXPOSITIVAS (TEÓRICAS):
exame que suporá o 60% da nota total (6 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 3 neste exame para poder sumar a nota das clases interactivas. Quen non consiga esta nota mínima de 3 terá que presentarse ao exame da segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
2. AVALIACIÓN DAS CLASES INTERACTIVAS:
Asistencia e participación nos debates, seminarios, prácticas propostas polos profesores e entregados por escrito dentro dos prazos fixados, e prácticas de campo. Esta parte suporá o 40% da nota total (4 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 2 nesta parte para poder facer media coa nota do exame.
Quen non consiga esta nota mínima de 2 terá que responder a unhas preguntas das devanditas prácticas nun exame da segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Este sistema de avaliación será empregado tanto para a convocatoria de maio como para a segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
3. ALUMNOS CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun examen final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO: 50 h.
30 h. docencia expositiva, 15 h. docencia interactiva, 5 h. de titorías personalizadas (total de horas presenciais: 50)
TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO: 100 h.
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 h.
- Lecturas recomendadas, actividades de búsqueda bibliográfica, redacción de comentarios, e similares: 32 h.
- Preparación de presentacions orais, debates e similares na aula: 16 h.
- Outras tarefas propostas polos profesores: 3 h.
- Coñecementos básicos de Historia da Arte
- Haber cursado as materias do Primeiro Curso do Grao en Historia da Arte
- Esta materia está estreitamente relacionada con Fundamentos teóricos da historia da Arte de Primeiro Curso.
- Recoméndase a lectura dalgunhos textos sobre arte
PLAN DE CONTINXENCIA
A metodoloxía da ensinanza adaptarase aos escenarios de docencia semipresencial e docencia non presencial, si fose necesario:
A) Plan de continxencia escenario de distanciamento con docencia semipresencial
B) Plan de continxencia escenario de peche coa docencia non presencial
Os CONTIDOS da materia serán iguales para tódolos escenarios.
A) PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIO DE DISTANCIAMENTO: docencia semipresencial
Metodoloxía:
Clases expositivas: a docencia será telemática e impartirase intentando combinar as modalidades sincrónica (para todolos alumnos ao mesmo tempo e en horario de clase -videoconferencia-) e asíncrona (entrega de materiais: powerpoint, pdf, etc.) en función do desenvolvemento da docencia.
Para ello se utilizarán los siguientes canales: correo electrónico institucional, aula virtual de la USC y Teams, fundamentalmente.
Clases interactivas: Impartiranse na aula, de modo presencial.
Sistema de avaliación:
1. AVALIACIÓN SOBRE OS CONTIDOS DAS CLASES EXPOSITIVAS (TEÓRICAS):
Proba final telemática e realizarase a través de aula virtual. Suporá o 60% da nota total (6 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 3 nesta proba final para poder sumar a nota das clases interactivas. Quen non consiga esta nota mínima de 3 terá que presentarse a proba telemática na segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
2. AVALIACIÓN DAS CLASES INTERACTIVAS:
Avaliación continua da participación nos debates, seminarios, prácticas e traballo propostos polos profesores e entregados por escrito dentro dos prazos fixados, e prácticas de campo. Esta parte suporá o 40% da nota total (4 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 2 nesta parte para poder facer media coa nota do exame.
Quen non consiga esta nota mínima de 2 terá que responder a unhas preguntas das devanditas prácticas nunha proba telemática na segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Este sistema de avaliación será empregado tanto para a convocatoria de maio como para a segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
3. ALUMNOS CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba final telemática específica que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
B) PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIO DE CIERRE: docencia non presencial
Metodoloxía:
Clases expositivas: a docencia será telemática e impartirase intentando combinar as modalidades sincrónica (para todolos alumnos ao mesmo tempo e en horario de clase -videoconferencia-) e asíncrona (entrega de materiais: powerpoint, pdf, etc.) en función do desenvolvemento da docencia.
Empregaranse os seguintes canles: correo electrónico institucional, aula virtual da USC e Teams, fundamentalmente
Clases interactivas: Impartiranse tamén a través da Aula Virtual e Teams.
Sistema de avaliación:
1. AVALIACIÓN SOBRE OS CONTIDOS DAS CLASES EXPOSITIVAS (TEÓRICAS):
Proba final telemática e realizarase a través de aula virtual. Suporá o 60% da nota total (6 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 3 nesta proba final para poder sumar a nota das clases interactivas. Quen non consiga esta nota mínima de 3 terá que presentarse á proba telemática na segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
2. AVALIACIÓN DAS CLASES INTERACTIVAS:
Avaliación continua da participación nos debates, seminarios, prácticas e traballo propostos polos profesores e entregados por escrito dentro dos prazos fixados, e prácticas de campo. Esta parte suporá o 40% da nota total (4 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 2 nesta parte para poder facer media coa nota do exame.
Quen non consiga esta nota mínima de 2 terá que responder a unhas preguntas das devanditas prácticas nunha proba telemática na segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Este sistema de avaliación será empregado tanto para a convocatoria de maio como para a segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
3. ALUMNOS CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba final telemática específica que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Maria Dolores Fraga Sampedro
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812598
- Correo electrónico
- mdolores.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sara Moure López
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812724
- Correo electrónico
- saramoure.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Xoves | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
18.05.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
16.07.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |