Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos básicos desta primeira materia do módulo de COÑECEMENTOS SISTEMÁTICOS E INTEGRADOS DO FEITO ARTÍSTICO son:
-coñecemento e comprensión dos conceptos básicos relacionados coa arte como fenómeno humano, histórico e social
-coñecemento e comprensión dos conceptos básicos da teoría da arte e o seu desenvolvemento
-o coñecemento dos múltiples enfoques e formas de abordar o feito artístico para comprendelo como fenómeno ou obxecto de análise.
PARTE I EXPOSITIVAS
Tema. 1.- ¿Qué é arte? ¿Dónde hai arte? A evolución do concepto. A arte trala “condición postmedia”, e o “todo o mundo é artista” e o “todo vale”. Xogando cas lindes: a creación de procesos e a creación de sistemas. ¬A necesidade de xulgar a obra de arte dende a poética en que foi concebida.
Tema 2.- A tradicional consideración da historia da arte como ciencia humanista. -Imaxe conceptual e imaxe naturalista.-Nocións de estilo e iconografía.
Tema 3.- A institución arte como sistema. Os distintos xéneros da literatura artística. Do Museo ao Centro de arte contemporánea e as Cidades da cultura. O mercado da arte: do mecenas as galerías e as casas de poxas. A burbulla da arte contemporánea.
PARTE II INTERACTIVAS.
Sesión 1.- Nociones de estilo e iconografía.
Sesión 2.- Iconografía de Jesús.
Sesión 3.- Iconografía de María.
Sesión 4.- El precursor. El patriarca san José. O orden Anxélico.
Sesión 5.- Os apóstolos.
Sesión 6.-Os evangelistas e os Padres da Iglesia.
Sesión 7.- Mártires.
Sesión 8.- Fundadores.
Sesión 9.- Os confesores mais representados na arte galega.
Sesión 10. Escenas do antigo testamento
Bibliografía de apoyo (V. aula virtual)
John Dewey El arte como experiencia:
http://archivos.liccom.edu.uy/Figuras/Dewey,%20John%20%20El%20arte%20co…
Peter Weibel: La Condición Postmedia
http://www.medialabmadrid.org/medialab/medialab.php?l=0&a=a&i=324
Eugenio Tisselli, El jolgorio cultural , "Jugando con los límites":
http://www.eljolgoriocultural.org.mx/index.php/opinion/columnas/medios-…
Burnham, Estética de sistemas (ArtForum 1968) en inglés “Systems Esthetics”.
http://www.arts.ucsb.edu/faculty/jevbratt/readings/burnham_se.html
José Luis Brea "El museo contemporáneo y la esfera pública" http://aleph-arts.org/pens/public.html
Gustavo Bueno "¿Qué queremos decir cuando hablamos de cultura? http://www.fgbueno.es/hem/1992b08.htm
BIALOSTOCKI, J., Estilo e Inocrafía, Barcelona, Seix Barral, 1973.
GOMBRICH, E.: Meditaciones sobre un caballo de juguete, Barcelona, 1968.
--- Imágenes simbólicas, estudio sobre el arte del Renacimiento, Madrid, 2001.
PANOFSKY, E.: El significados de las artes visuales, Buenos Aires, 1970
Bibliografía de referencia
BIALOSTOCKI, J, "Iconografía e Iconología" en Enciclopedia Universale dell´Arte. VIII, 1962, pp. 162-176.
Borras Gualís, G., Marías, F.: Teoría del arte I, Historia 16, Madrid, 1996.
BOZAL, V. (Editor): Historia de las ideas estéticas y de las teorías artísticas contemporáneas. Madrid, 1999-2000. (2 vols.)
FOCILLON, H.: La vida de las formas y elogio de la mano, Madrid, 1983.
FRANCASTEL, P.: sociología del arte, Madrid, 1990.
GOMBRICH, E.: Freud y la psicología del arte, Barcelona, 1971.
--- "Estilo", Encilopedia de las artes sociales, Madrid, 1974. pp. 497-504.
--- Tras la historia de la cultura, Barcelona 1977.
--- Arte e Ilusión, Barcelona 1979.
--- Norma y forma, Barcelona, 1994.
Hauser A.: Historia Social del arte y la literatura, Madrid, 1971.
KULTERMANN, U.: Historia de la historia del arte : el camino de una ciencia. Madrid, 1996.
Kubler, G.: La configuración del tiempo. Observaciones sobre la historia de las cosas, Madrid, 1988.
1951,
LAFUENTE FERRARI, E.: La fundamentación y los problemas de la Historia del arte, Madrid.
MALREAUX, A.: El museo imaginario, Buenos Aires, 1965.
MARÍAS, Fernando: Teoría del arte II. Madrid, 1996.
MARTÍNEZ MAHÍQUES. R.: Iconografía e Iconología, Madrid, 2009 (2 vols.).
MORALEJO, S.: Formas elocuentes : reflexiones sobre la teoría de la representación. Madrid, 2004
PÄCHT, O.: Historia del arte y metodología. Madrid, 1993.
PANOFSKY, E.: --- Estudios sobre iconología, Madrid, 1972-
---La perspectiva como forma simbólica, Barcelona, 1973.
--- Renacimiento Rehacimientos en el arte occidental, Madrid, 1975.
---Arquitectura Gótica y pensamiento escolástico, Madrid, 1986.
---- Los primitivos flamencos, Madrid, 1998.
--- Sobre el estilo. Tres ensayos inéditos, Barcelona, 2000.
Pareyson, L. :Estética. Teoría della formativitá, Bolonia 1960 .
--- I problemi dell'estetica, MIlán, 1966.
Ramírez, Juan Antonio. Ecositema y explosión de las artes, Anagrama, Barcelona, 1994
READ, H.: Arte y sociedad, Barcelona 1970.
---Orígenes del a forma en el arte; Buenos Aires, 1965.
SCHAPIRO, M.: Estilo, artista y sociedad: teoría y filosofía del arte, Madrid, 1999.
VENTURI, l.: Historia de la crítica de arte, Buenos Aires, 1949.
WÖLFFLIN, H.: Renacimiento Y Barroco, Barcelona, 1978.
---Conceptos Fundamentales de la Historia Del Arte, Madrid.
O alumno será quende comprender os conceptos básicos relacionados coa arte como fenómeno humano, histórico e social, coñecerá e comprenderá os conceptos básicos da teoría da arte e o seu desenvolvemento e estará familiarizado cos múltiples enfoques e formas de abordar o feito artístico para comprendelo como fenómeno ou obxecto de análise.
Ademais, o alumno adestrarase en desenvolver o seu capácidade de análise, reflexión e crítica, adquirindo ferramentas de xuízo e traballando a súa capacidade de abstracción, discernimiento e relación.
Isto materializarase de xeito efectivo na adquisición das destrezas básicas que require unha materia de tipo teórico como:
- desenvolver unha capacidade de lectura e comprensión de textos e imaxes.
- saber elaborar comentarios de ideas
- compor e redactar textos, comentarios e apuntas
- utilizar e citar a bibliografía e os medios específicos da disciplina
- manexar o vocabulario científico e técnico da materia e a disciplina
Docencia expositiva: nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Respecto ao material para o seguimento da materia, a maiores da bibliografía de apoyo e de referencia, o alumnado disporá do material docente complementario.
Docencia interactiva: as sesións de docencia interactiva levarán a cabo no aula e en sesións fora da aula fixadas con antelación. Os alumnos participaran activamente practicando primeiro o método iconolóxico e logo coa exposición de traballos referidos a iconografía cristiá.
No caso de non se poder desenvolver unha docencia presencial, esta impartirase tanto na docencia expositiva coma interactiva a través da aula virtual (a la que podrán subirse textos, videos, power-points, etc.) e da aplicación teams.
Tutorías personalizadas: las tutorías están destinadas al seguimiento del aprendizaje del alumnado. En las sesiones de tutoría se realizará un seguimiento del trabajo del alumnado tanto en los casos prácticos como en la resolución de problemas derivados del trabajo fin de curso.
TIPO DOCENCIA TOTAL HORAS/MATERIA
DOCENCIA EXPOSITIVA: 32 horas.
1ª e 2ª semanas: 4 horas semanales.
3ª a 8ª semanas: 2 horas semanales.
10ª a 14ª semanas: 2 horas semanales
DOCENCIA INTERACTIVA: 16 horas.
3ª a 8ª semanas: 1 hora semanal.
10ª a 14ª semanas: 1 hora semanal.
15ª semana: 5 horas semanales correspondientes con la práctica de campo.
TUTORÍA PERSONALIZADA:
4ª e 5ª semanas: 2 horas.
9ª semana: 1 hora.
A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido. O rendemento do estudante na materia cursada depende, entre outros, da combinación de dous factores: o esforzo realizado e a capacidade do propio estudiante. O exame avalía o resultado obtido pero non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe. Este proceso, a través dos créditos ECTS, axústase a unha avaliación continua que debe contribuir de forma decisiva a estimular ao alumnado a seguir o proceso e a involucrarse máis na súa propia formación.
A avaliación levará a cabo mediante dúas actuacións conxuntas e complementarias: avaliación continua, proba teórico-práctica final, exposición individual dun traballo e participación nas aulas.
A proba final terá un valor do 60%. Esta proba consistirá en un test de 24 preguntas, secuenciais co que non se permitirá volver atrás.Cada pregunta constará de 5 items, con só una resposta verdadeira . A pregunta acertada valerá un 100%. As érroneas -50% e Non sabe/ non contesta -25%.
Nesta proba deberá acadarse unha cualificación superior a 2 sobre 6.
A evaluación continua das exposicións públicas e participación activa nas aulas terá un peso na valoración final ata o 40% da materia interactiva.
Esta procentaxe aplicarase do seguinte modo:
1.- Participación nas aulas: 10%
2.- Realización de traballos e exposicións para o aula, lecturas, etc.: 20%. A entregar na aula virtual ou expor en teams, según o permitan as circunstancias.
3.- Recoñecemento das obras expostas nos traballos individuais expostos nas clases interactivas: 10%.
No caso de que algún estudante non puidese cumprir na oportunidade de maio cos requisitos establecidos para a avaliación contínua, previa xustificación das razóns que o impiden, fixaráselle o procedimento singularizado a través do cal poder cubrir esa parte da cualificación final a través dos materiais, traballos e lecturas arbitrados polo profesor.
Devanditos materiais deberán ser entregados coa debida antelación para a súa correspondente avaliación na aula virtual, cinco días antes da data fixada para a realización do exame. Este mesmo procedemento aplicarase a aqueles estudantes que non puidesen cumprir na convocatoria de xullo cos requisitos establecidos para a avaliación contínua, sempre previa xustificación das razóns que o impiden. Neste caso devanditos materiais de entregarán no día e hora en que se fixou o exame de devandita convocatoria para a materia.
Dispensa:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba específica que suporá o 100% da cualificación.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TEMPO PRESENCIAL DO ALUMNO: 51 horas.
TIEMPO PRESENCIAL DEL ALUMNO: 51 horas.
Docencia expostiva: 32 horas.
Docencia interactiva: 16 horas.
Tutorías personalizadas: 3 horas.
TEMPO DE ESTUDO E ACTIVIDADE PERSOAL: 99 horas.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 56 horas.
Lecturas recomendada, actividades de biblioteca e similar: 28 horas.
Preparación de presentacións orais, debates e similares: 8 horas.
Outras tarefas propostas polo profesores: 7 horas.
.
É moi recomendable posuír coñecementos básicos de historia da arte, literatura e filosofía.
É altamente recomendable ter a capacidade de ler noutras linguas modernas -aparte da lingua castella e a lingua galega- e de xeito especial en lingua inglesa.
A asistencia ás sesións expositivas e interactivas é fundamental para o seguimento e superación da materia.
O alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado (análise de casos, revisión de bibliografía e exercicios prácticos) para superar con éxito a materia.
Programaranse outras actividades complementarias para un desenvolvemento máis completo da materia: prácticas de campo, visitas a museos e exposicións temporais, asistencia a conferencias, ciclos de cine, etc.
El material docente se pondrá a disposición del alumnado a través del Campus Virtual de la USC.
PLAN DE CONTINXENCIA
Supoñendo que a “normalidade adaptada” no fora viable, a USC contempla dous posibles escenarios, un deles, o do “distanciamento” e outro, o do “peche das instalacións”.
Nesta materia para ambas as dúas situacións, seguiranse os mesmos criterios, que son:
PROGRAMACIÓN
Manterase a programación dos contidos.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
Optarase pola sincronía como norma habitual e a presencialidade será obrigatoria. Utilizarase en xeral, como instrumento de apoio, a bibliografía básica, aínda que se poidan incluír lecturas específicas, sobre todo para as clases interactivas.
Para as clases expositivas prevese o formato da clase maxistral e que o alumnado prepare, expoña e defenda, preferentemente en grupos reducidos, que o profesor establecerá, un determinado número de temas, sendo este o encargado de determinar en quen recaia a responsabilidade de exposición e defensa. Cada un deses temas será preparado por dous grupos co fin de que a información recibida polo alumnado sexa o máis completa posible, encargándose un da réplica doutro. O conxunto dos temas expostos polo alumnado será obxecto dunha proba, polo que o alumnado deberá tomar as notas que considere oportuno. Excepcionalmente, algún destes temas poderá ser preparado individualmente por toda a clase e discutido nela.
As clases interactivas incluirán: a recensión de artigos ou capítulos de libros, que serán expostas e discutidas en clase; lecturas razoadas, que tamén serán objecto de discusión en clase; e a análise de certo número de obras que o profesor irá asignando a cada alumno, pois se trata, como nos dous casos anteriores, dun traballo individual, no que se seguirán os trámites previstos para os temas das clases expositivas: exposición e defensa en clase, réplica e proba, polo que se recomenda a toma de notas correspondente.
As titorías levaranse a través da plataforma Microsoft Teams previa cita por correo electrónico.
AVALIACIÓN
Alterarase a proporcionalidade da nota entre expositivas e interactivas, que pasará do 70 e 30%, respectivamente, ao 60 e 40%. Para a primeira oportunidade a cualificación consistirá nunha avaliación continua sen proba final, polo que é necesario levar ao día a materia, mentras que para a segunda oportunidade o alumnado se someterá a unha proba oral de todo o programa en base á bibliografía básica prevista. As ausencias serán penalizadas con retirada de puntos e máis aló dun 20% o alumnado declina o seu dereito a ser avaliado na primeira oportunidade.
CANLES DE COMUNICACIÓN
Os medios de comunicación previstos serán: as plataformas Microsoft Teams e Aula Virtual, e o servizo de correo electrónico.
Jose Manuel Lopez Vazquez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812678
- Correo electrónico
- josemanuel.lopez.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carme Lopez Calderon
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- carme.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Begoña Alvarez Seijo
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- b.alvarez.seijo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Daniel Lucas Teijeiro Mosquera
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- daniellucas.teijeiro.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
15:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Martes | |||
15:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 09 |
Mércores | |||
17:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 09 |
Xoves | |||
17:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
31.05.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
06.07.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |