Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Familiarizar o alumno coas características da civilización helénica, a súa peculiar visión do mundo e os seus logros artísticos, facendo especial fincapé na necesidade de coñecer o trasfondo cultural grego imprescindible para comprender a súa producción artística.
TEMA I.- INTRODUCCIÓN.- A arte grega e o inicio da civilización occidental.
TEMA II.- ARQUITECTURA. A concepción grega da arquitectura. O sistema adintelado e as ordes arquitectónicas: o dórico e o xónico e a peculiaridade do corintio.- O templo.- A cultura do rectilíneo e o papel da cor.- As orixes e os primeiros templos.- A época arcaica. Da madeira a pedra. O dórico e o xónico.- A época clásica. Arquitectura e arquitectos. Do templo de Zeus en Olimpia a Acrópolis de Atenas na época de Pericles. O nacemento do corintio e as novas tipoloxías.- O período helenístico. Expansión e seducción da arquitectura grega. De Pérgamo a o Olimpeion de Atenas.- Santuarios e cidades. Deuses e homes.
TEMA III.- AS ARTES FIGURATIVAS. ESCULTURA. O período arcaico. Realismo e idealismo. O kuros e a Kore. Os frontons: temas e composición.- O período clásico. Esculturas e escultores dos séculos V e IV. a. C. De Mirón a Lisipo.- O helenismo. Centros, talleres, xéneros e obras.- PINTURA. O período arcaico e a pintura cerámica. Da técnica de figuras negras a de figuras vermellas.- O período clásico e os grandes mestres.A idade de ouro da pintura grega.- O período helenístico.
Aínda que a explicación do profesor será sempre prioritaria, como libro de apoio os alumnos dispoñerán, ademais da bibliografía que se acompaña, do seguinte manual de referencia:
Elvira Barba, M. A., Manual de arte griego. Obras y artistas de la Antigua Grecia, Madrid, 2013.
Bibliografía de referencia:
Blanco Freijeiro, A., Arte Griego, Madrid, 1971; Bianchi Bandinelli, R. y Paribeni, E., El arte de la antigüedad clásica: Grecia, Madrid, 1998; Boardman, J., El arte griego, Barcelona, 1991; Richter, G.M,A., El arte griego, Madrid, 1984; Robertson, M., El arte griego, Madrid, 1985; Siebler, M., Arte griego, Köln, Taschen, 2007.
Bibliografía complementaria:
Becatti, G., La época clásica, s.f.; Bianchi Bandinelli, R.(dir.), Historia y civilización de los griegos, Barcelona, 1984 (10 vols.); Boardman, J., Escultura griega. El período clásico, Barcelona, 1999; íd. Escultura griega. El período clásico tardío, Barcelona, 2001; Boardman, J. (ed.), The Oxford History of Classical Art, Oxford, 1993; Charbonneaux, J., Martin, R. y Villard, F., Grecia arcaica, Madrid, 1969; íd. Grecia clásica, Madrid, 1970; íd. Grecia helenística, Madrid, 1971; Grimal, P., Diccionario de mitología griega y romana, Barcelona, 1982; Hurwit, J. M., The Acrópolis in the Age of Pericles, Cambridge, CUP, 2004; Lawrence, A.W., Greek Architecture, Hardmondsworth, 1972; Martiensen, R., La idea del espacio en la arquitectura griega, Buenos Aires, 1958; Martin, R., Arquitectura griega, Madrid, 1989; Moreno, P., Pintura griega: de Polignoto a Apeles, Madrid, 1988; Müller, W. y Vogel, G., Atlas de arquitectura, Madrid, 1984 (vol.I); Onians, J., Arte y pensamiento en la época Helenística, 1996; Papaioannou, K., Arte griego, Barcelona, G. Gili, 1973; Pollit, J. J., The Ancient Viw of Greek Arte. Criticism, History and Terminology, New Haven y londres, 1974; íd., Arte y experiencia en la Grecia clásica, Madrid, 1975; íd. El arte helenístico, Madrid 1989; Robertson, D.S., Arquitectura griega y romana, Madrid, 1981; Sánchez, C., Una nueva mirada al arte de la Grecia antigua, Madrid, 2006; Spawforth, A., Los templos griegos, Madrid, 2007; Stewart, A., Greek Sculpture, New Haven y Londres, 1990; Zanker, G., Modes of viewing in Hellenistic poetry and art, Madison, Univ. Wisconsin, 2004.
O alumno será capaz de:
1. Datar e clasificar as obras da arte grega.
2. Contextualizar as súas diferentes manifestacións artísticas
3. Valorar a débeda de Occidente coa arte clásica.
4. Desenrolar un espírito crítico e analítico que lle permita valorar a obra en sí mesma e como documento dunha civilización.
O profesor nas clases expositivas realizará unha aproximación aos temas desde unha perspectiva multidisciplinar que permita o estudo da obra de arte como totalidade, facendo fincapé nos aspectos morfológicos e de contido da arte románica.
As clases interactivas centraranse na análise e comentario de diferentes obras relacionadas coa materia. Neste caso, cada alumno, individualmente, terá que preparar, expoñer e defender públicamente unha ou varias obras previamente seleccionadas. Así mesmo terá tamén a obrigación de formular unha serie de preguntas en relación cos temas que se expuxeron.
As prácticas de campo, terán lugar preferentemente no aula e incidirán preferente sobre cuestións xa vistas nas clases expositivas ou interactivas.
Empregarase o recurso do CAMPUS VIRTUAL como ferramenta docente, tanto para informar aos alumnos sobre cuestións de interese como para facilitar material de especial importancia.
A avaliación dependerá dunha proba escrita, da participación nas clases interactivas e dos traballos persoais obligatorios.
A proba escrita supoñerá o 70% da cualificación final. A participación nas clases interactivas e os traballos supoñerán o 30% da cualificación final. O aprobado alcanzarase unha vez superado o 50% de cada unha das partes.
Xa que a avaliación é continua a asistencia ás aulas é obligatoria polo que unha ausencia reiterada ás mesmas superior ao 20%, supoñerá a imposibilidad de que o alumno poida ser evaluado.
A participación dos alumnos nas clases interactivas que se contemplen como exposición dun traballo persoal é obligatoria e, polo tanto, imprescindible para obter a cualificación final.
Opción de xullo:
1.- Nas probas de segunda oportunidade os alumnos que cumprisen con todo o obrigatorio nas clases prácticas e traballos persoais conservaránselles as mesmas cualificacións e só terán que examinarse da materia impartida nas clases expositivas.
2.- Aqueles alumnos que non tivesen realizado as actividades prácticas obrigatorias terán que realizar un exame no que entrará tanto a materia exposta nas clases expositivas como nas clases interactivas. Esta última materia estará dispoñible na Aula Virtual da materia.
3.- O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
4.- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións.
- Entre 45 e 60 minutos por hora teórica de clase.
- 3 hora de preparación por cada clase práctica.
-15 horas para o traballo escrito.
O alumnado está obrigado, a partir da segunda o terceira semana, a ter ao día a materia impartida polo profesor nas exposicións teóricas e aquelas partes que, de xeito dosificado, sexan obxecto de discusión nas prácticas, pois, do contrario, anúlase a operatividade das mesmas. Sen esquecer que a correcta aprendizaxe visual require un esforzo continuado.
Solicitar do profesor, en calquera momento, as aclaracións que estime oportunas en relación con aqueles aspectos que no transcurso da exposición teórica ou nas clases prácticas non quedaran suficientemente explicados, pois o alumno non deberá nunca abandonar a aula sen ter perfectamente clarificado o tema obxecto de exposición e/ou discusión.
Facer uso das titorías para resolver calquera problema que lle xurda en relación coa materia.
Todo o indicado nos apartados anteriores está previsto para unha situación de docencia presencial na que non haxa alteracións por razóns do COVID 19. Con todo, ante un cambio de escenario a docencia terá que ser semipresencial ou non presencial polo que será necesario que o alumnado teña en conta o que aquí se indica.
ESCENARIO SEMIPRESENCIAL (Plan de contingencias escenario de distanciamiento). Nada cambia no referente a Obxectivos, Contidos, Bibliografía, Competencias, Sistema de Avaliación, Tempo de Estudo e Traballo Persoal. Respecto de Metodoloxía do Ensino, optarase preferentemente por unha docencia expositiva síncrona a través de teams, aínda que se poderá utilizar, se procede, a docencia asíncrona nalgún caso. Tamén se utilizará como complemento a ferramenta do Campus Virtual. As clases interactivas terán lugar en clase. As prácticas de campo serán igualmente en aula.
ESCENARIO NON PRESENCIAL (Plan de contingencias de escenario de pechadura): Nada cambia no referente a Obxectivos, Contidos, Bibliografía, Competencias, Sistema de Avaliación, Tempo de Estudo e Traballo Persoal. Respecto de Metodoloxía do Ensino, optarase preferentemente por unha docencia expositiva síncrona a través de teams, aínda que se poderá utilizar, se procede, a docencia asíncrona nalgún caso. Tamén se utilizará como complemento a ferramenta do Campus Virtual. As clases interactivas terán lugar a través de teams, do mesmo xeito que as prácticas de campo.
David Chao Castro
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812595
- Correo electrónico
- david.chao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alfredo Manuel Vigo Trasancos
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812712
- Correo electrónico
- alfredomanuel.vigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
15:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Martes | |||
15:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 09 |
Mércores | |||
17:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Xoves | |||
17:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 09 |
18.01.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
18.01.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
23.06.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |