Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Dotar ao alumno/a dunha visión plural e integradora da arte da Ilustración e do século XIX.
- Comprender as diferentes linguaxes formais e visuais que se dan neste período.
- Saber enmarcar a obra de arte nos contextos apropiados nos que se xestou e relacionala con outras formas de expresión cultural.
- Que o alumno/a adquira os fundamentos metodolóxicos e críticos básicos que lle permitan introducirse no exercicio da actividade investigadora.
PARTE I EXPOSITIVAS
Tema 1- As orixes da Arte Contemporáneo.
Tema 2- Pintura da Ilustración, a volta ao clasicismo. Tendencias clasicistas en Roma. O Neoclasicismo. Francés. A terceira vía de Greuze. David e a pintura de asuntos tráxicos.
Tema 3- O ideal romántico e a súa materialización na arte. Alternativas estilísticas a David: Girodet, Os Primitivos, Ingres, Gros. Tendencias no romanticismo francés: Gericault e Delacroix. A Terceira via: Paul Delaroche pintura romántica inglesa. O romanticismo alemán.
Tema 4- -Academicismos. Simbolismo
Tema 5- O Realismo.
Tema 6- O Impresionismo.
Tema 7- Os postimpresionistas
PARTE II INTERACTIVAS.
II.A ARQUITECTURA
Sesión 1- Arquitectura Ilustración e do Neoclasicismo.Antonio Canova y Bertel Thorwaldsen
Sesión2 - Dous “arquitectos visionarios, utópicos o revolucionarios”: Etienne-Louis Boullée y Claude-Nicolas Ledoux
Sesión 3- Arquitectura historicista e ecléctica.
Sesión 4- Arquitectura del hierro y el cristal
Sesión 5- Hacia la arquitectura racionalista. Funcionalidad, dominio de la técnica y nuevos materiales: La Escuela de Chicago.
Sesión 6-La arquitectura del modernismo: Víctor Horta y Hector Guimard.
II. B ESCULTURA
Sesión 7- A escultura Neoclásica.
Sesión 8- A escultura romántica. François Rude y Antoine Barye. O caso dos pintores escultores: Théodore Géricault.
Sesión 9-Escultura neobarroca. Jean-Baptiste Carpeaux y Charles-Henri Cordier. O Realismo e os seus diferentes aspectos. Constantin -Meunier: la importancia del trabajo. Daumier: la sátira política: la captación de la vida moderna.
Sesión 10- A ductilidade da materia escultórica e os contidos simbolistas. Menardo Rosso. Auguste Rodin y Camille Claudel
Sesión 11-Tendencias na escultura postimpresionista. A recuperación da forma: Adolf Hildebrand y Aristide Maillol. O Primitivismo: Paul Gauguin. A apertura expresionista: Antoine Bourdelle y George Minne.
Bibliografía de apoyo (V. aula virtual)
EISENMAN, S.F.: Historia crítica del arte del siglo XIX, Madrid, 2001.
FRASCINA, BLAKE. FER, GARB Y HARRISON: "la modernidad y lo moderno. La pintura francesa del siglo XIX". Madrid, 1993.
ROSEMBLUM, R. Y JANSON H.W.: El arte del siglo XIX. Madrid, 1992.
RAMÍREZ, J. A (DIRECTOR): El mundo contemporáneo, Madrid, 1997.
Bibliografía de referencia:
ARNALDO CUBILLA, J: El movimiento romántico. Madrid, 1989.
BENEVOLO, L.: Historia de la arquitectura Moderna, Barcelona 1979.
BOIME, A: "Historia social del arte moderno. 1. El arte en la época de la Revolución 1750-1850". Madrid, 1994.
BOIME, A: "Historia social del arte moderno. 2. El arte en la época del bonapartismo 1800-1815" Madrid, 1996.
BRYSON, N.: "Tradición y deseo. De David a Delacroix". Madrid, 2002.
CLARK, K.: La rebelión romántica. Madrid, 1990.
CLAY, J.: Le romantisme. París, 1994.
CROW, T. E.: Pintura y sociedad en el París del siglo XVIII, Madrid, 1989.
CROW, T. E.: Emulación, Madrid, 2003.
DAIX, P.: "Historia cultural del arte moderno. De David a Cézanne". Madrid, 2002.
DENVIR, Bernard.- Historia del Impresionismo. Madrid, 1992
DENVIR, Bernard.- El postimpresionismo. Barcelona, 2001
FRIENDLAENDER, W.: De David a Delacroix. Madrid, 1989.
FUSCO, R. de: "Historia de la arquitectura contemporánea". Madrid, 1991.
HITCHCOCK, H-R.: "Arquitectura de los siglos XIX y XX". Madrid, 2002.
HONOUR, H.: "El Neoclasicismo". Madrid, 1982.
HONOUR, H.: "El Romanticismo". Madrid, 1984.
JAMME, Ch.: El movimiento romántico. Madrid, 1998.
KAUFMANN, E.: "La arquitectura de la ilustración", Barcelona, 1974.
NOCHLIN, L.: "El realismo", Madrid, 1991.
PEVSNER, N.: "Los orígenes de la arquitectura moderna y del diseño". Barcelona, 1992.
REWALD, John.- Historia del impresionismo. Barcelona, 1994.
REWALD, John: El postimpresionismo. De Van Gogh a Gauguin. Barcelona, 1999.
ROSEN, CH. y ZERNER, H.:Romanticismo y realismo. Madrid, 1992.
SHIFF, R.: "Cezanne y el fin del impresionismo. Estudo de la teoría, la técnica y la valoración críticas del arte moderno", Madrid, 2002.
SMITH, P.: "Impresionismo" Madrid, 2006.
THOMSON, Belinda: El postimpresionismo. Madrid, 1999.
THOMSON, Belinda.- El impresionismo. Orígenes, práctica y acogida. Barcelona, 2001.
TOMAN, R.: Neoclasicismo y romanticismo. Arquitectura. Escultura. Pintura. Dibujo. Barcelona, 2000.
VAUGHAN, W.: Romanticismo y arte. Barcelona, 1995.
WALTHER, I. F.: La pintura del romanticismo. Madrid, 1999.
O alumno/a será capaz de:
- Desenvolver unha metodoloxía científica propia da Historia da Arte e utilizar as ferramentas historiográficas máis adecuadas.
- Asimilar os fundamentos e coñecementos básicos da Historia da Arte da Ilustración e do século XIX.
- Coñecer as características, funcións e liñas básicas da arte nas súas diferentes manifestacións ao longo do discorrer histórico obxecto de estudo así como as causas destas características, incardinando a obra de arte nos contextos apropiados nos que se xestou.
- Entender as diferentes linguaxes formais da arte da Ilustración e do século XIX, e saber deducir como estas condicionan actúan sobre a obra de arte.
Co obxecto de facilitar e racionalizar a docencia da materia utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clases expositivas, nas que, valéndose da lección maxistral e contando co apoio de imaxes, que ben poden ser a través do power point, vídeos ou CDs, explicaranse os distintos temas que figuran no programa.
- Clases interactivas, nelas o alumnado realizará traballos académicamente dirixidos sobre temas do programa; analizará aspectos/obras de arte representativas dos distintos movementos artísticos.
- Tutorización persoalizada.
Todo iso distribuirase da seguinte maneira:
TIPO DOCENCIA TOTAL HORAS/MATERIA
DOCENCIA EXPOSITIVA: 32 horas.
1ª e 2ª semanas: 4 horas semanais.
3ª a 8ª semanas: 2 horas semanais.
10ª a 14ª semanas: 2 horas semanais.
DOCENCIA INTERACTIVA: 16 horas.
3ª a 8ª semanas: 1 hora semanal.
10ª a 14ª semanas: 1 hora semanal.
15ª semana: 5 horas semanais correspondentes coa práctica de campo.
TUTORÍA PERSONALIZADA:
4ª e 5ª semanas: 2 hora.
9ª semana: 1 hora.
A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido. O
rendemento do estudante na materia cursada depende, entre outros, da combinación de
dous factores: o esforzo realizado e a capacidade do propio estudiante. O exame avalía o
resultado obtido pero non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe. Este
proceso, a través dos créditos ECTS, axústase a unha avaliación continua que debe
contribuír de forma decisiva a estimular ao alumnado a seguir o proceso e a involucrarse
máis na súa propia formación.
A avaliación levará a cabo mediante dúas actuacións conxuntas e complementarias:
avaliación continua, proba teórico-práctica final, exposición individual dun traballo e participación nas aulas.
A proba final terá un valor do 60%. Según a marcha do curso a devandita proba consistirá nunha comparanza entre dúas o máis obras. A Identificación das obras, do seu autor, cronoloxía aproximada das mesmas é requisito indispensable para aprobar a asignatura.Nesta proba deberá acadarse unha cualificación superior a 2 sobre 6. En caso de ser necesario, dita proba farase coma unha tarefa na aula virtual.
A evaluación continua das exposicións públicas e participación activa nas aulas terá un peso na valoración final ata o 40% da materia interactiva.
Esta procentaxe aplicarase do seguinte modo:
1.- Participación no aula: 10%
2.- Realización de traballos e exposicións para o aula, lecturas, etc.: 20%. A entregar na aula virtual ou expor en teams, según o permitan as circunstancias.
3.- Recoñecemento das obras expostas nos traballos individuais expostos nas clases interactivas: 10%
No caso de que algún estudante non puidese cumprir na primeira oportunidade cos requisitos establecidos para a avaliación continua, previa xustificación das razóns que o impiden, fixaráselle un procedimento singularizado a través do cal poder cubrir esa parte da cualificación final a través dos materiais, traballos e lecturas arbitrados polo profesor.
No caso de que algún estudiante non tivese aprobada a parte das clases expositivas. Terá que contestar no exame de segunda oportununidade a preguntas sobre a materia traballada en elas.
Dispensa:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba específica que suporá o 100% da cualificación.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TEMPO PRESENCIAL DO ALUMNO: 51 horas.
Docencia expostiva: 32 horas.
Docencia interactiva: 16 horas.
Tutorías personalizadas: 3 horas.
TEMPO DE ESTUDO E ACTIVIDADE PERSOAL: 99 horas.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 56 horas.
Lecturas recomendada, actividades de biblioteca e similar: 28 horas.
Preparación de presentacións orais, debates e similares: 8 horas.
Outras tarefas propostas polo profesores: 7 horas.
A asistencia ás sesións expositivas e interactivas é fundamental para o seguimento e superación da materia.
O alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado (análise de casos, revisión de bibliografía e exerciciosprácticos) para superar con éxito a materia- Preparación da materia impartida a través dos apuntamentos recollidos na aula. Completalos valéndose da bibliografía recomendada.
Poderanse programar actividades complementarias para un desenvolvemento máis completo da materia: visitas a museos e exposicións temporais, asistencias a conferencias, etc.
O material docente se poñerá a disposición do alumnado a través del Campus Virtual da USC.
PLAN DE CONTINXENCIA
Supoñendo que a “normalidade adaptada” no fora viable, a USC contempla dous posibles escenarios, un deles, o do “distanciamento” e outro, o do “peche das instalacións”.
Nesta materia para ambas as dúas situacións, seguiranse os mesmos criterios, que son:
PROGRAMACIÓN
Manterase a programación dos contidos.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
Optarase pola sincronía como norma habitual e a presencialidade será obrigatoria. Utilizarase en xeral, como instrumento de apoio, a bibliografía básica, aínda que se poidan incluír lecturas específicas, sobre todo para as clases interactivas.
Para as clases expositivas prevese o formato da clase maxistral e que o alumnado prepare, expoña e defenda, preferentemente en grupos reducidos, que o profesor establecerá, un determinado número de temas, sendo este o encargado de determinar en quen recaia a responsabilidade de exposición e defensa. Cada un deses temas será preparado por dous grupos co fin de que a información recibida polo alumnado sexa o máis completa posible, encargándose un da réplica doutro. O conxunto dos temas expostos polo alumnado será obxecto dunha proba, polo que o alumnado deberá tomar as notas que considere oportuno. Excepcionalmente, algún destes temas poderá ser preparado individualmente por toda a clase e discutido nela.
As clases interactivas incluirán: a recensión de artigos ou capítulos de libros, que serán expostas e discutidas en clase; lecturas razoadas, que tamén serán objecto de discusión en clase; e a análise de certo número de obras que o profesor irá asignando a cada alumno, pois se trata, como nos dous casos anteriores, dun traballo individual, no que se seguirán os trámites previstos para os temas das clases expositivas: exposición e defensa en clase, réplica e proba, polo que se recomenda a toma de notas correspondente.
As titorías levaranse a través da plataforma Microsoft Teams previa cita por correo electrónico.
AVALIACIÓN
Alterarase a proporcionalidade da nota entre expositivas e interactivas, que pasará do 70 e 30%, respectivamente, ao 60 e 40%. Para a primeira oportunidade a cualificación consistirá nunha avaliación continua sen proba final, polo que é necesario levar ao día a materia, mentras que para a segunda oportunidade o alumnado se someterá a unha proba oral de todo o programa en base á bibliografía básica prevista. As ausencias serán penalizadas con retirada de puntos e máis aló dun 20% o alumnado declina o seu dereito a ser avaliado na primeira oportunidade.
CANLES DE COMUNICACIÓN
Os medios de comunicación previstos serán: as plataformas Microsoft Teams e Aula Virtual, e o servizo de correo electrónico.
Jose Manuel Lopez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812678
- Correo electrónico
- josemanuel.lopez.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pedro De Llano Neira
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- pedro.dellano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Carme Lopez Calderon
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- carme.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 10 |
Venres | |||
15:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 10 |
22.01.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
25.06.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |