Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer as principais manifestacións das artes decorativas no seu desenvolvemento histórico e artístico
Comprender os fundamentos formais, técnicos e simbólicos, así como os contextos espaciais, sociolóxicos e culturais das artes decorativas
Reflexionar sobre os límites da tradicional xerarquización das artes en maiores e menores, ou belas artes e artes aplicadas ou industriais
Conectar a comprensión das artes decorativas coa tendencia de estudios de historia da arte dirixidos cara o papel da materialidade e os enfoques sobre a cultura material máis xerais
Tema 1. Épocas antiga e medieval. 1.1. Antigüedade. Exipto. Interiores dos palacios. Mobiliario. Grecia. Interiores das vivendas e mobiliario. Roma: recursos decorativos e mobiliario nas domus e villae. Palacios imperiais. Luxus e luxuria. 1.2. O final da Antigüedade. Bizancio e os palacios de Constantinopla. Idade Media. Interiores dos castelos. Disposición e decoración do Great Hall. Tapices. Mobiliario litúrxico e civil. Mobiliario gótico. Interiores das casas burguesas.
Tema 2. Época moderna. 2.1. Renacemento. Italia: novas pautas e refinamentos na decoración de interiores. Interiores dos palazzi. Mobiliario. Os cassoni. Novos recursos: pinturas ao fresco e estucos. Século XVI. Francia e Inglaterra. España e o mobiliario do século de ouro. 2.2. Barroco. Italia e os interiores dos palacios romanos. Venecia e a fabricación de vidrio. Francia e a época de Louis XIV. Grandilocuencia e clasicismo nos interiores de Versalles. Mobiliario barroco e pezas decorativas. Importación de obxetos orientais. Lacados. Hôtels parisinos. Vivendas das élites no resto de Europa. Holanda. Ouro e prata para a escena sagrada. 2.3. Século XVIII. Francia. Louis XV. Rococó como síntese e esplendor das artes decorativas. Mobiliario rococó: confort, femineidade e novos tipos de mobles. Chinoiseries e outras pezas decorativas. Expansión da porcelana. Artes decorativas na Inglaterra do Barroco.
Tema 3. Época contemporánea. 3.1. Do Neoclasicismo ao estilo Imperio. Francia e a época de Louis XVI: cambios na distribución interior dos hôtels e mobiliario. Inglaterra. Contexto neopalladiano. Do Adam Style ao Sheraton Style. Porcelana inglesa. Inicios do Gothic revival. Outras modas. Napoleón e o estilo Imperio. 3.2. Época victoriana. Inglaterra. Historicismos e eclecticismo. Interiores das casas de campo e das vivendas urbanas. Francia e o pleno eclecticismo. Estilo II Imperio. Alternativa da sinxeleza: o biedermeier alemán. 3.3. Fin de século. Francia e as novas pautas domésticas. Renovación do orientalismo: o xaponismo. 3.4. Cara o Art Nouveau. William Morris e o Arts and Crafts. Art Nouveau franco-belga. Modernismo xeométrico de Mackintosh. A Secession vienesa e o Wiener Werkstätte. 3.5. Século XX. A renovación das vangardas. Deseño industrial na Bauhaus. Movemento Moderno. Mobiliario en Mies e Le Corbusier. 3.6. Art Déco como versión estilizada das vangardas. O streamlined norteamericano. 3.7. Interiores e mobiliario na segunda metade do XX. Do comfort tradicional ás neovangardas. Italia. Países Nórdicos. Inglaterra e as visións futuristas. 3.8. A posmodernidade: crise económica, terceira revolución industrial e globalización. Últimas tendencias. Minimalismo, reciclaxe e retorno ás artesanías.
Bibliografía básica (os libros marcados con * se considerarán, en caso de necesidade, como manuais da asignatura)
ÁLVARO ZAMORA, M. I., “Artes Decorativas”, en Introducción General al Arte, (Colección Fundamentos, nº 64), Madrid, Istmo, 1994, pp. 279-497.
BARTOLOMÉ ARRAIZA, A. (Coord.), Las Artes Decorativas en España. Artes Decorativas I y II. Summa Artis, vol. XLV. Espasa-Calpe, Madrid, 1999.
* BENNET OATES, Ph., Historia dibujada del mueble occidental. Celeste ediciones, Madrid, 1995.
*BONET CORREA, A. (Coord.), Historia de las artes aplicadas e industriales en España. Cátedra, Madrid, 1994.
FLEMING, J. y HONOUR, H., Diccionario de las artes decorativas. Alianza Editorial, Madrid, 1987.
*LUCIE-SMITH, E., Breve historia del mueble, Ed. del Serbal, Barcelona, 1980.
*McCORQUODALE, CH., Historia de la decoración. Ed. Stylos, Barcelona, 1985.
Bibliografía específica
-BELOZERSKAYA, M., Luxury Arts of the Renaissance, J. Paul Getty Museum, Los Angeles, 2005.
- BENTON, CH., BENTON, T., WOOD, G., Art Déco, 1910-1939, V&A Museum, London, 2003.
- BORRÁS GUALÍS, G. M., Las Artes Decorativas, en Teoría del Arte I, (Conocer el Arte). Historia 16, Madrid, 1996.
- BRYDEN, I., FLOYD, J., Domestic Space: Reading the Nineteenth-Century Interior, Manchester University Press, 1999.
- BROWN, S., O´CONNOR, D., Vidrieros (Artesanos Medievales). Akal, Madrid, 1999.
- DARDI, D., PASCA, V., Design History Handbook (Design and Designers), Silvana Editoriale, Milano, 2019.
- DORMER, P. Diseñadores del siglo XX: las figuras clave del diseño y las artes aplicadas. CEAC, Barcelona, 1993.
- DURANT, S., La ornamentación. De la Revolución Industrial a nuestros días, Alianza Editorial, Madrid, 1991.
- EDWARDS, J., HART, I., eds., Rethinking the interior c. 1867-1896: aestheticism and arts and crafts, Ashgate, 2010.
-FINLAY, V., The Brilliant History of Color in Art, J. Paul Getty Museum, 2014.
- FLEMING, J. y HONOUR, J., Diccionario de las Artes Decorativas, Alianza Editorial, Madrid, 1987.
- GARNER, PH., Contemporary decorative Arts from 1940 to the present, Chartwell Books Inc., New York, 1987.
- GERE, Ch., Nineteenth-Century Decoration: the Art of the Interior, Widenfeld&Nicolson, London, 1989.
- GOMBRICH, E., El sentido del orden: estudio sobre la psicología de las artes decorativas. Debate, Madrid, 1999.
- GONZÁLEZ-PALACIOS, A., Il tempo del gusto. Le arti decorative in Italia fra classicismi e barroco. 2 vols, Longanes&Cia, Milano, 1984.
- GREEN, Oliver, Art Deco, Stroud, Amberley, 2018.
- GREENHALGH, P., ed., Art Nouveau, 1890-1914, V&A Museum, London, 2000.
- GRUBER, A. (Dir.), Las Artes Decorativas en Europa. Del Renacimiento al Barroco. Summa Artis, vol. XLVI-I, Espasa-Calpe, Madrid, 2000.
- HINCHMAN, M., History of Furniture: a Global View, Bloomsbury, 2009.
- HOLLIS, E., The Memory Palace: a Book of Lost Interiors, Portobello Books, London, 2013.
- HUNT, T., The Lives of the Objects, V&A, 2019.
- HUSSEY, D., PONSONBY, M., Buying for the Home. Shopping for the Domestic from the Seventeenth Century to the Present, Ashgate, 2009.
-LAPATIN, K., Luxus: The Sumptuous Arts of Greece and Rome, J. Paul Getty Museum, 2015.
- LASC, A. I., DOWNEY, G., TAYLOR, M., Designing the French Interior. The Modern Home and Mass Media, Bloomsbury, 2015.
- LAVER, J., Breve historia del traje y la moda. Cátedra, Madrid, 1989.
- LEHNERT, G., Historia de las artes industriales, Labor, Barcelona, 1925-33.
- MALTESE, C. (Coord.), Las técnicas artísticas, Cátedra, Madrid, 1994.
Competencias xenéricas:
Capacidade para sintetizar información a partir de distintas fontes, tanto escritos teóricos como publicacións de investigación e artigos de prensa, así como fontes gráficas
Capacidade para traballar en grupo colaborando na achega de propostas para os casos de estudo e comentarios expostos
Acceso e manexo dos contidos e recursos sobre artes decorativas dispoñibles nas webs dos principais museos e na internet
Competencias específicas:
Manexar correctamente a terminoloxía histórico-artística referida ás artes decorativas
Capacidade para relacionar os contextos sociais, culturais e estéticos coa evolución e características específicas das artes decorativas
Capacidade para integrar o desenvolvemento das artes decorativas nas tendencias e gustos estéticos de cada período
Docencia expositiva ou teórica en escenarios 1 e 2: desenvolvemento do programa de contidos teóricos a través da metodoloxía de clase participativa. Para unha mellor comprensión destes conceptos, xunto coa bibliografía recomendada no apartado correspondente, o estudante dispoñerá de material docente complementario que será proporcionado polo profesor e que estará dispoñible na aula virtual da materia
Docencia interactiva ou práctica en escenarios 1 e 2: clases interactivas presenciais a desenvolver con traballos individuais. Haberá tres modalidades posibles de traballos. Modalidade A: aproximación ás artes decorativas a partir da súa representación en pintura – caso das escenas ambientadas en interiores -, literatura ou cinema. Trátase de analizar e recuperar a partir de imaxes e textos as características máis destacadas das producción das artes decorativas e mobiliario; no caso da representación en literatura histórica, e especialmente cinema (mínimo 3 filmes trátase, ademais, de someter a crítica a verosimilitude con que se introduciron eses elementos nunha obra de ficción. Modalidade B: realizar comentarios de 10 pezas de artes decorativas e mobiliario baixo a condición de que pertezan a un mesmo ambente interior orixinal (ambente de época ou dun propietario específico). Estas pezas poderán localizarse en museos e coleccións de calquera ámbito, galego ou internacional. A modo de exemplo, un traballo podería consistir na descripción e comentario de 10 pezas de artes decorativas e mobiliario entre as conservadas en museos como Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, Pazo de Tor, Museo de Pontevedra, Museo Provincial de Lugo, Hostal RRCC - antigo Hospital Real-, Catedral de Santiago, Casa Amatller de Barcelona, Musée Jacquemart-André de París, John Soane Museum de Londres, Museo del Romanticismo de Madrid, Museo Cerralbo de Madrid… Modalidade C: Reconstruir ambentes decorativos e mobiliario coherente cunha época e estilo, proxecto orientado a deseñar unha Period Room argumentando e presentando visualmente os diferentes elementos decorativos.
No horario asignado de interactivas desenvolveranse diferentes actividades para orientación e realización dos traballos, como comentarios de fragmentos de películas históricas ou selección de ambentes de decoración interior. Os traballos entregaranse en PDF, a subir na Aula Virtual con plazo máximo do 18 de maio. As últimas semanas de interactivas poderan dedicarse á exposición e debate dunha selección dos traballos, cun tempo de 10 minutos por traballo. A realización e presentación deste traballo individual de curso e condición indispensable para superar a materia na primeira e segunda oportunidade.
Campus virtual
Acceso aos recursos e ferramentas de comunicación da materia dispostas na USC Virtual. Acceso ás imaxes explicadas nas clases expositivas inseridas na USC Virtual.
Práctica de campo
Visita a algún museo de Galicia ou de ámbito estatal con interese pola presenza de pezas ou coleccións de artes decorativas e mobiliario
Adaptación á docencia non presencial no Escenario 3: como adaptación desta metodoloxía a unha situación non presencial, as clases expositivas se substitúen por clases gravadas en video e accesibles polo Campus Virtual, co complemento dos pdfs cos guións e imaxes explicadas e outros materiais como textos de manuais. O traballo das interactivas desenvolveráse semanalmente con control e revisión tanto en sesión virtuais de grupo como en posibles revisións e comentarios achegados vía email. Para complementar as explicacións teóricas e traballos en grupo poderanse suxerir actividades de comentario de casos prácticos a realizar e entregar individualmente.
A avaliación da aprendizaxe nesta materia nas modalidades presenciais e non presenciais parciais e totais -Escenarios 1, 2 e 3- comprende o proceso diario e semanal de traballo. Polo tanto é un sistema de avaliación continua, baseado exclusivamente na realización e entrega dun traballo de curso individual e obrigatorio. Non será posible superar a asignatura na primeira e segunda oportunidade de non ter participado ou realizado os traballos de curso e as actividades desenvoltas semanalmente nas clases interactivas, agás os casos de dispensa de asistencia.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
No caso de que algún estudante non puidese cumprir na primeira oportunidade da convocatoria cos requisitos establecidos para a avaliación continua, previa xustificación das razóns da imposibilidade, fixarase un procedemento singularizado, para poder cubrir esa parte da valoración final, a través de traballos individuais ou lecturas que o profesor lle indicará, e que deberán de ser entregados coa debida antelación para proceder á súa corrección, alomenos 15 días antes da data de peche de actas da segunda oportunidade.
A avaliación continua terá un peso do 100 % da cualificación final, cunha desagregación de:
-Asistencia e participación, tanto nas clases presenciais como nas actividades de control e comentarios online (incluida a posible práctica de campo): 20 % nota final
-Realización e entrega do traballo de curso: 80%
Como rúbrica de avaliación orientativa dos traballos de curso e outras posibles tareas alternativas realizadas e entregadas se propón a siguiente baremación: Entregas cumplindo plazos (0-1 puntos) - Caracterización espacial e funcional (0-2 puntos) - Manexo de terminoloxía específica (0-1 puntos) – Análise material e técnico de elementos e pezas (0-2 puntos) -Dimensións socioculturais e simbólicas (0-2 puntos) – Materiais complementarios aportados (0-2 puntos).
Para os casos de realización fraudulenta de traballos ou probas con impacto na calificación será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo traballo presencial estudiantes.- 47 horas
Docencia expositiva.- 32 horas
Docencia interactiva.- 16 horas
Titorías.- 3horas
Tempo de estudio e actividade persoal.- 103 horas
Estudio autónomo individual ou en grupo.- 60 horas
Lecturas propostas, actividades de biblioteca.- 28 horas
Preparación de presentacións.- 8 horas
Outras tareas.- 7 horas
Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas. Realización das diferentes prácticas interactivas semanais. Realización do traballo de curso. Consulta da bibliografía. Acceso e consulta aos contenidos docentes na páxina web da USC Virtual. Consultas nos horarios de titorías presenciais e a través de titoría virtual dentro da USC Virtual.
A asistencia ás sesións de clases expositivas e interactivas é fundamental para a superación da materia. Os estudiantes terán que realizar todas as actividades propostas ou compensatorias para superar con éxito a materia.
O material docente comentado nas clases expositivas e a bibliografía estarán a disposición dos estudiantes na aula do Campus Virtual da USC. É posible que se programen con antelación actividades alternativas para o desenvolvemento da materia
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ESCENARIO DE DISTANCIAMENTO (Escenario 2)
Mantense o conxunto da programación excepto nos seguintes puntos:
Metodoloxía do ensino - Clases expositivas realizaranse tentando combinar as modalidades sincrónica (para todos os alumnos ao mesmo tempo e en horario de clase -videoconferencia, chats-) e asíncrona (clases gravadas en vídeo, materiais de estudo en powerpoint, pdf, etc.) en función do desenvolvemento da docencia. Para iso utilizaranse as seguintes canles: correo electrónico institucional, aula virtual da USC e Teams, fundamentalmente.
PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIO DE PECHE (Escenario 3)
Mantense o conxunto da programación excepto nos seguintes puntos:
Metodoloxía do ensino - Clases expositivas e interactivas realizaranse tentando combinar as modalidades sincrónica (para todos os alumnos ao mesmo tempo e en horario de clase -videoconferencia, chats-) e asíncrona (clases gravadas en vídeo, materiais de estudo en pdf, powerpoint, etc.) en función do desenvolvemento da docencia e adaptaranse aos horarios das clases. Para iso utilizaranse as seguintes canles: correo electrónico institucional, aula virtual da USC e Teams, fundamentalmente.
Jesus Angel Sanchez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812597
- Correo electrónico
- jesusangel.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Martes | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
Mércores | |||
17:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03 Filosofía |
18.05.2021 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
12.07.2021 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |