Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O/A alumno/a saberá e comprenderá:
1. A estrutura diacrónica xeral da Historia Medieval e os procesos de continuidade e cambio nas distintas etapas do medievo
2. Os fundamentos e coñecementos básicos de índole política, socioeconómica, relixiosa e cultural das sociedades medievais
3. O carácter interdisciplinar nos estudios das ciencias sociais e humanidades
Introdución a Idade Media
Presentación do longo período de 1200 anos que constitúe a Idade Media.
Bloque 1. Inicios da Idade Media (ss. IV-VII)
1. Crise e transformacións do Baixo Imperio Romano. Migracións e asentamento dos pobos xermánicos
2. Evolución política, económica e social dos reinos xermánicos
3. Igrexa e cultura nos reinos xermánicos
Bloque 2. Alta Idade Media (ss. VIII-X)
4. Os espazos políticos europeos. Formación e desenvolvemento do reino franco
5. Economía e sociedade nos séculos VIII-X
6. Igrexa e cultura na Alta Idade Media
Bloque 3. Plena Idade Media (ss. XI-XIII)
7. A expansión da Plena Idade Media: a madurez da sociedade feudal
8. Pontificado Romano, Imperio xermánico e monarquías feudais
9. Igrexa e cultura: clérigos, monxes e herexías. Das escolas as Universidades
Bloque 4. Baixa Idade Media (ss. XIV-XV)
10. Crise e renovación socioeconómica na Baixa Idade Media
11. As transformacións políticas baixomedievais
12. Igrexa e cultura na Baixa Idade Media
ALVAREZ PALENZUELA, V. A. (coord.) Historia universal de la Edad Media. Barcelona: Ariel, 2013.
ALVAREZ PALENZUELA, V. A. (coord.) Historia de España de la Edad Media. Barcelona: Ariel, 2011
BASCHET, J. , La civilización feudal. Europa del año mil a la colonización de América, México, Fondo de Cultura económica, 2009.
BLOCKMANS, W., HOPPENBROUWERS, P. Introduction to medieval Europe, 300-1550. London: Routledge, 2007.
CABRERA, E. Historia de Bizancio. Barcelona: Ariel, 2012.
CLARAMUNT, S., PORTELA, E., GONZÁLEZ, M., MITRE, E., Historia de la Edad Media. Barcelona, Ariel, 2014.
CORONADO, G., DÍAZ,M., MONDRAGÓN, S., ZAPATERO, M. Manual de Historia Medieval: siglos III a XV. Mar del Plata, Universidad Nacional de Mar del Plata, 2015. Dispoñibel en:
http://pdfhumanidades.com/sites/default/files/apuntes/Manual%20de%20His…
GARCÍA DE CORTÁZAR, J. A., SESMA MUÑOZ, J.A., Manual de historia Medieval .Madrid: Alianza, 2014. Dispoñibel en: https://www.academia.edu/36452135/MANUAL_DE_HISTORIA_MEDIEVAL-_J.A._Gar…
GARCÍA DE CORTÁZAR, J. A. Historia religiosa del occidente medieval (313-1464). Madrid, Akal, 2014.
IRADIEL, P. Las claves del feudalismo, 860-1500. ePub r1.oronet 11.12.2017 . Dispoñibel en:
https://5add1e9a-8d65-43dc-8996-2021dd50b3be.filesusr.com/ugd/ec84ca_f7…
Heers, J., La invención de la Edad Media, Barcelona, Crítica, 1995.Dispoñibel en:
https://www.bibliotecadigsan.com/edad-media?fbclid=IwAR3U7LMsI7LmBbFqcf…
LADERO QUESADA, M.A. Historia Universal. Edad Media. Barcelona: Vicens-Vives, 2001
LADERO QUESADA, M.F., LÓPEZ PITA, P. Los siglos medievales del occidente europeo. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces, 2016.
LADERO QUESADA, M.A. La formación medieval de España: territorios, regiones, reinos. Madrid: Alianza, 2004.
LE GOFF, J. La civilización del occidente medieval. Barcelona: Paidós, 1999. Dispoñibel en:
https://5add1e9a-8d65-43dc-8996-2021dd50b3be.filesusr.com/ugd/ec84ca_59…
LEWIS, D. l. El crisol de Dios: el Islam y la construcción de Europa (570-1215).Barcelona: Paidós, 2009.
MACKAY, A. y DITCHBURN, D. (eds.), Atlas de Europa Medieval, Madrid, Cátedra, 1997.
MANZANO MORENO, E. , Historia de España. Vol. 2: Épocas medievales, Barcelona - Madrid, Crítica- Marcial Pons, 2010.
MCKITTERICK, R. La Alta Edad Media. Europa 400-1000. Crítica:Barcelona,2002. Dispoñibel en:
https://5add1e9a-8d65-43dc-8996-2021dd50b3be.filesusr.com/ugd/ec84ca_4b…
Mitre, E., La Iglesia en la Edad Media: una introducción histórica, Madrid, Síntesis, 2003
NIETO SORIA, J.M. (coord.). Europa en la Edad Media. Madrid: Akal, 2016.
NIETO SORIA, J. M., Sanz Sancho, I. La Época medieval: Iglesia y cultura. Madrid: Istmo, 2001
POWER, D. El cenit de la Edad Media. Europa 950-1320. Barcelona, Crítica, 2006.Dispoñibel en:
https://kupdf.net/download/d-power-ed-el-cenit-en-la-edad-media_5afb094…
WICKHAM, C., El legado de Roma. Una historia de Europa de 400 a 1000, Barcelona, Pasado y Presente, 2013.
WICKHAM, C. Europa en la Edad Media. Una nueva interpretación. ePub r1.1Titivillus 14.05.18 edición digital . Dispoñibel en: https://5add1e9a-8d65-43dc-8996-2021dd50b3be.filesusr.com/ugd/ec84ca_93…
Bases de datos y revistas electrónicas en BUSC:
http://sp.bugalicia.org/san/subjects/databases.php?letter=bysub&subject….
Competencias específicas
O/a alumno/a será capaz de:
CE-1 Propor, analizar, validar e interpretar modelos de situacións reais sinxelas, utilizando as ferramentas historiográficas.
CE-2 Adquirir competencias informacionais na materia usando as novas tecnoloxías.
CE-3 Tomar conciencia da importancia de desenvolver a capacidade de iniciativa e a autocrítica.
CE-4 Tomar conciencia de que o saber histórico é una disciplina en permanente construción
CE-5 Explicar en termos históricos a diversidade que presenta a sociedade medieval.
Competencias transversais
O/a alumno/a será capaz de:
CT-1 Localizar e seleccionar dunha forma crítica a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas.
CT-2 Elaborar con rigor un traballo de síntese histórica, seleccionando, xerarquizando e organizando de forma axeitada e crítica a información e os materiais dispoñibles.
CT-3 Elaborar por escrito e expor oralmente contidos históricos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias da ciencia histórica.
CT-4 Desenvolver a capacidade de argumentación lóxica no debate.
CT-5 Organizarse e traballar en equipo, achegando información, análise e argumentacións
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da materia utilizaranse as seguintes técnicas:
-Clases expositivas nas que, se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial en aula.
- Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia
-Titorización personalizada
Na seguinte táboa indícase a distribución das actividades.
Docencia Expositiva: 32 horas segundo horario e grupo
Docencia Interactiva: 16 horas segundo horario e grupo
Tutorización personalizada: 3 horas previstas en horario e grupo
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación será continua segundo o estipulado na Memoria do Grao de Historia da Arte . Xa que a avaliación é continua, a asistencia e participación nas actividades desenvolvidas no aula é obrigatoria, polo que unha ausencia superior ao 20% suporía a imposibilidade de que a/o alumna/o puidese ser avaliado na primeira oportunidade, excepto as/os alumnas/os con dispensa.
A avaliación levarase a cabo ao longo do curso e constará de:
1.- Proba ou probas escritas sobre os contidos teóricos e prácticos das clases expositivas e interactivas. Esta/s proba/s escrita/s suporá o 70% da cualificación final.
2.- A participación e realización dos traballos encomendados nas clases interactivas e prácticas de campo suporán o 30% da cualificación final.
** A avaliación definitiva alcanzarase logo de superar o 50% en cada unha das partes.
3.- Os/as alumnos/as con dispensa realizarán a proba ou probas escritas sobre os contidos teóricos (60%) e prácticos (40%) das clases expositivas e interactivas
Segunda oportunidade (convocatoria de xullo):
1.- Os/as alumnos/as que realizaran e aprobaran as actividades correspondentes a docencia interactiva poderán conservar esta cualificación e só terán que examinarse da materia impartida nas clases expositivas.
2.- Os/as alumnos/as que non realizaran as actividades correspondentes á docencia interactiva ou non as aprobaran, terán que realizar un exame no que terá cabida tanto a materia exposta nas clases expositivas (60%) como nas clases interactivas (40%).
O alumno dedicará entre 45 e 50 minutos de estudio por hora teórica e 2 horas de preparación por cada clase interactiva.
- Ter ou adquirir coñecementos básicos de Historia, de latín e de linguas modernas.
- Esta materia está estreitamente relacionada cas de Historia e Cultura Antiga, Historia e Cultura da Época Moderna, Literatura e Arte no mundo Antigo e Medieval, Historia da Arte Románica e Historia da Arte Gótica
*Os CONTIDOS da materia e os RECURSOS a utilizar serán iguais para todos os escenarios.
PLAN DE CONTINXENCIA
A metodoloxía da ensinanza adaptarase a os escenarios de docencia semipresencial e docencia non presencial, se fora necesario:
A) Plan de continxencia escenario de distanciamento con docencia semipresencial
B) Plan de continxencia escenario de peche con docencia non presencial
A) PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIO DE DISTANCIAMENTO: docencia semipresencial
Metodoloxía da ensinanza:
- Clases expositivas: tentarase combinar as modalidades sincrónica (para todos os alumnos ao mesmo tempo e no horario da clase -videoconferencia-) e asíncrona (entrega de materiais: powerpoint, pdf, etc.) consonte co desenrolo da docencia e empregándose os seguintes medios: aula virtual da USC, Teams, e correo electrónico institucional, fundamentalmente.
-Clases interactivas: impartiranse na aula, de xeito presencial.
Sistema de avaliación:
1. AVALIACIÓN DAS CLASES EXPOSITIVAS (TEÓRICAS):
Proba final telemática que se levará a cabo a través da aula virtual. Suporá o 60% da nota total (6 puntos). Será obrigatorio acadar unha nota mínima de 3 nesta proba final para poder sumar a nota das clases interactivas.
Quen non obteña esta nota mínima de 3 terá que presentarse a proba da segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
2. AVALIACIÓN DAS CLASES INTERACTIVAS (PRÁCTICAS):
Avaliación continua da participación nos debates, seminarios, prácticas e traballos propostos polos profesores e entregados por escrito dentro dos prazos fixados. Esta parte suporá o 40% da nota total (4 puntos). Será obrigatorio acadar unha nota mínima de 2 nesta parte para poder facer media ca nota da proba final.
Quen non obteña esta nota mínima de 2 terá que responder a unhas preguntas sobre ditas interactivas na proba telemática da segunda oportunidad da convocatoria (xullo).
*Este sistema de avaliación será empregado tanto para a primeira oportunidade como para a segunda oportunidade (xullo).
**Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
3. ALUMNOS CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cunha proba final telemática específica que suporá o 100% da cualificación.
*Este sistema de aliación será empregado tanto para a primeira oportunidade como para a segunda oportunidade (xullo).
**Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
3. ALUMNOS CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cunha proba final telemática específica que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
B) PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIO DE CIERRE: docencia non presencial
Metodoloxía da ensinanza:
- Clases expositivas e interactivas: tentarase combinar as modalidades sincrónica (para todos os alumnos ao mesmo tempo e no horario da clase -videoconferencia-) e asíncrona (entrega de materiais: powerpoint, pdf, etc.) consonte co desenrolo da docencia e adaptándose aos horarios das clases.
Empregaranse os seguintes medios: aula virtual da USC, Teams e correo electrónico institucional fundamentalmente.
Sistema de avaliación:
1. AVALIACIÓN DAS CLASES EXPOSITIVAS (TEÓRICAS):
Proba final telemática que se levará a cabo a través da aula virtual. Suporá o 60% da nota total (6 puntos). Será obrigatorio acadar unha nota mínima de 3 nesta proba final para poder sumar a nota das clases interactivas.
Quen non obteña esta nota mínima de 3 terá que presentarse a proba da segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
2. AVALIACIÓN DAS CLASES INTERACTIVAS:
Avaliación continua da participación nos debates, seminarios, prácticas e traballos propostos polos profesores e entregados por escrito dentro dos prazos fixados a través da aula virtual. Esta parte suporá o 40% da nota total (4 puntos). Será obrigatorio acadar unha nota mínima de 2 nesta parte para poder facer media ca nota da proba final.
Quen non obteña esta nota mínima de 2 terá que responder a unhas preguntas sobre ditas interactivas na proba telemática da segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
*Este sistema de avaliación será empregado tanto para a primeira oportunidade como para a segunda oportunidade (xullo).
** Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
3. ALUMNOS CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cunha proba final telemática específica que suporá o 100% da cualificación.
* Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Luz Rios Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812620
- Correo electrónico
- marialuz.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roque Sampedro Lopez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- roque.sampedro [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
17:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 09 |
Mércores | |||
15:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 09 |
Xoves | |||
15:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Venres | |||
17:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
11.01.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
30.06.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
30.06.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |