Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
· Aprender os conceptos básicos da linguaxe cinematográfica.
· Empregar de forma rigorosa e axustada a terminoloxía propia desta linguaxe.
· Desenvolver a capacidade de interpretar calquera peza audiovisual desde unha perspectiva crítica e analítica.
· Practicar o emprego de distintos elementos desta linguaxe.
· Conceptos básicos: toma, plano, escena e secuencia; campo, contracampo e fóra de campo; son diexético e extradiexético, etc.
· O traballo de cámara: cadro e composición, tipos de planos, perspectiva e profundidade de campo, tipos de movementos de cámara.
· A luz e a cor
· A posta en escena
· O son
· O espazo
· O tempo
· A imaxe-movemento e a imaxe-tempo
· A narrativa
· Os personaxes
· Os xéneros
· A montaxe
· A produción
· Os oficios do cinema
· Práctica de campo: visita á Casa do Cinema Manoel de Oliveira e ao Batalha Centro de Cinema do Porto (Portugal)
BÁSICA
Aumont, J.; Bergala A.; Marie, M. & Vernet, M. 1989. Estética del cine. Espacio fílmico, montaje, narración, lenguaje. Barcelona: Paidós.
Aumont, J. & Marie, M. 1990. Análisis del Film. Barcelona: Paidós.
Bordwell, D. & Thompson, K. 1995. El arte cinematográfico. Una introducción. Barcelona: Paidós.
Cassetti, F. & Di Chio, F. 1991. Cómo analizar un film. Barcelona: Paidós.
Chion, M. 1993. La audiovisión: introducción a un análisis conjunto de la imagen y el sonido. Barcelona: Paidós.
Edgar-Hunt, R.; Marland, J.; Rawle, S. 2011. El lenguaje cinematográfico. Badalona: Parramón.
Konigsberg, I. 2004. Diccionario Técnico de Cine. Madrid: Akal.
Fernández Díez, F. & Martínez Abadía, J. 1999. Manual básico de lenguaje y narrativa audiovisual. Barcelona: Paidós.
COMPLEMENTARIA
Balló, J. 2000. Imágenes del silencio. Los motivos visuales en el cine. Barcelona: Anagrama.
Canet, F. & Prósper, J. 2009. Narrativa audiovisual. Madrid: Síntesis.
Chion, M. 1992. El cine y sus oficios. Madrid: Cátedra.
Deleuze, G. 1984. La imagen-movimento. Estudios sobre cine 1. Barcelona: Paidós.
Deleuze, G. 1987. La imagen-tiempo. Estudios sobre cine 2. Barcelona: Paidós.
Jullier, L. 2007. El sonido en el cine. Barcelona: Paidós.
Loiseleux, J. 2005. La luz en el cine. Barcelona: Paidós.
Pinel, V. 2004. El montaje. El espacio y el tiempo. Barcelona: Paidós.
Martin, M. 2005. A linguagem cinematográfica. Lisboa: Dinalivro.
Rodríguez Tranche, R. 2015. Del papel al plano. El proceso de la creación cinematográfica. Madrid: Alianza.
Strauss, F. & Huet, A. 2007. Hacer una película. Barcelona: Paidós.
· Saber identificar os elementos da linguaxe cinematográfica.
· Comprender, analizar e interpretar o significado dun filme dende una perspectiva semiótica e discursiva.
· Construír argumentacións dende unha perspectiva crítica e analítica a través da linguaxe oral, escrita e mesmo audiovisual.
· Adquirir habilidades no manexo da linguaxe audiovisual como medio para a creación, o estudo e a difusión de obras de arte.
· Dominar a linguaxe cinematográfica antes de avanzar no estudo doutras materias relacionadas coa historia do cinema.
· Bloque conceptual: sesións expositivas para explicar contidos empregando fragmentos de filmes.
· Bloque analítico: sesións interactivas para cada grupo de seminario, para ensinar a identificar e interpretar os elementos da linguaxe cinematográfica.
· Bloque procedimental: sesións interactivas para cada grupo de seminario, para practicar a utilización desta linguaxe.
Actividades avaliábeis:
· Un traballo escrito individual: comentario de algún dos filmes proxectados en clase que identifique e interprete de forma explícita distintos elementos de linguaxe cinematográfica. Extensión: 1500-2000 palabras. Porcentaxe na avaliación final: 30% (3 puntos)
· Un traballo filmado en grupo: unha peza audiovisual que empregue conscientemente varios elementos de linguaxe cinematográfico. Duración: 1-2 minutos. Porcentaxe na avaliación final: 30% (3 puntos).
· Un exame final, que será un comentario dunha peza audiovisual. Porcentaxe na avaliación final: 40% (4 puntos).
Segunda oportunidade. A cualificación nesta opción obterase a partir da entrega dun traballo escrito individual de análise fílmica e da realización dun exame similar ao da primeira oportunidade.
Dispensa: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na 'Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións'.
Ademais das horas presenciais contempladas no plano de estudos, 3 horas semanais para o estudo da materia impartida e a realización das actividades correspondentes ás clases interactivas.
Dadas as características xa expostas respecto da materia e do exame, cómpre a asistencia regular ás clases, máxime tendo en conta o feito de que moitos alumnos amósanse moi pouco familiarizados coa historia e características específicas do medio cinematográfico. Neste sentido, as prácticas de análise adoitan resultar de moita utilidade para complementar o desenvolvemento da materia de cara a enfrontar a realización do exame.
Xose Ivan Villarmea Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- ivan.villarmea [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Laura Calvo Gens
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812724
- Correo electrónico
- l.calvo.gens [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Abraham Roberto Cea Nuñez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- abrahamroberto.cea.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Martes | |||
17:00-19:00 | Grupo/CLE_02 | Castelán | Aula 05 |
Mércores | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo/CLE_02 | Castelán | Aula 05 |
28.05.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
28.05.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
05.07.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |