Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Proporcionar ao alumnado coñecementos racionais e críticos da cultura e a produción artística do Mundo Antigo.
2. Coñecer as linguaxes formais e visuais das Civilizacións Antigas, así como as distintas técnicas artísticas empregadas, coa fin de que poida comprender mellor como condicionan e actúan no resultado final da obra de arte.
3. Coñecer especificamente as fontes, as tendencias, os artistas e as obras máis importantes e representativas do Mundo Antigo.
4. Coñecer e manexar de forma rigorosa e axustada a linguaxe específica e a terminoloxía adecuada de cada unha das manifestacións da Arte Antiga.
5. Coñecer os distintos enfoques e as diferentes metodoloxías que permiten a comprensión dunha obra de arte do Mundo Antigo.
6. Contribuír ao desenvolvemento cultural de Galicia e Europa mediante a correcta valorización, interpretación e contextualización do legado patrimonial antigo que posúe.
I. CULTURAS MESOPOTÁMICAS. Marco xeográfico, relixioso e histórico. Trazos principais e desenvolvemento das manifestacións artísticas dos sumerios, acadios, babilonios, asirios e persas.
II. EXIPTO. Contextualización e periodización dunha cultura “autóctona”. Conexións entre arte, relixión e réxime político. A tumba e o templo como paradigmas arquitectónicos. A expresión plástica: estatuaria rexia, relixiosa e civil, o relevo e a pintura.
III. GRECIA. Concepto do clásico, pensamento antropocéntrico e periodización. A arquitectura grega: características xerais, as ordes e desenvolvemento das principais tipoloxías arquitectónicas. Xénese e desenvolvemento da escultura grega. A cerámica como vehículo da expresión pictórica.
IV. ROMA. Fontes, carácter e periodización. Materiais, sistemas de construción e concepción espacial. Tipoloxías arquitectónicas. A escultura a través do retrato e o relevo histórico. Os sistemas de decoración mural e o mosaico.
Lecturas recomendadas como introdución xeral aos temas:
Algunhas obras de referencia precédense de asterisco (*) porque en caso necesario, poden empregarse a modo de manual:
* Bianchi Bandinelli, R. y Torelli, M., El arte de la Antigüedad Clásica: Etruria-Roma, Madrid, 2000.
Blanco Freijeiro, A., Arte Griego, Madrid, 1971.
Blanco Freijeiro, A., Egipto I y II, Historia 16, Madrid, 1988.
Elvira, M.A., Arte clásico, Historia 16, Madrid, 1996.
Elvira, M.A. y Blanco Freijeiro, A., Etruria. Roma republicana. Historia 16, Madrid, 1990.
Frankfort, H., Arte y arquitectura del Oriente Antiguo, Madrid, 1986.
García Bellido, A., Arte romano, Madrid, 1972.
Grimal P., Diccionario de mitología griega y romana, Barcelona, 1982.
* Gómez López, C., El arte del Próximo Oriente Antiguo. Madrid, Ediciones JC Clementine, 2006.
Janson, H.W., Historia general del arte, vol. I: El mundo antiguo, Alianza, Madrid, 1990.
* Lara Peinado, F., El arte de Mesopotamia, Historia 16, Madrid, 1989.
López, J., Mitología y religión del oriente antiguo, v. I: Egipto y Mesopotamia, Ed. Aussa, 1993.
* Manniche, L., El arte egipcio, Madrid, 1997.
Martínez de la Torre, M.C.; C. Gómez López e I.Vivas Sáinz, Arte de las grandes civilizaciones antiguas: Egipto y Proximo Oriente, Madrid, ed. Ramón Areces, 2012.
Muller, W. y Vogel, G., Atlas de arquitectura, Madrid, 1984 (vol.I)
* Pollit, J. J., Arte y experiencia en la Grecia Clásica, Madrid,1984.
Pollit, J.J., El arte helenístico, Madrid 1989.
* Ramírez, J.A. (dir.), Historia del arte, vol. I: El mundo antiguo. Alianza. Madrid, 1996.
Richter, G.M.A., El arte griego, Madrid, 1984.
Robertson, D.S., Arquitectura griega y romana, Madrid, 1981.
Wheeler, M., El arte y la arquitectura de Roma, Barcelona, 1995.
1. Desenvolver o espírito analítico e crítico do alumno e a súa sensibilidade para ver e ler unha obra de arte da Antigüidade.
2. Usar, ordenar e interpretar as fontes da historia da arte das Culturas da Antigüidade.
3. Analizar os valores estéticos do Mundo Antigo. A obra de arte, ademais de posuír o seu propio valor intrínseco, é un excelente medio para entender e saber apreciar a cultura occidental antiga.
4. Explicitar as características, funcións e liñas básicas da arte nas súas diferentes manifestacións ao longo do discorrer histórico, así como as causas destas características, incardinando a obra de arte nos contextos apropiados nos que se xestou e conectándoa con outras formas de expresión cultural.
5. Desenvolver metodoloxías. Introducirse na execución de traballos bibliográficos, na elaboración de estados da cuestión dalgún tema específico da Cultura Antiga ou na análise e interpretación das fontes documentais e literarias propias do momento para comprender globalmente a obra artística.
6. Adquirir, coñecer e utilizar outras técnicas historiográficas para o coñecemento e valoración da obra de arte antiga.
7. Aprender de maneira autónoma novos coñecementos sobre a arte Antiga.
8. Entender as diferentes linguaxes formais e visuais, coñecer as distintas técnicas artísticas utilizadas nas Civilizacións Antigas e asimilar os fundamentos e coñecementos básicos da Historia da Arte Universal.
A actividade docente articúlase en tres seccións:
1- Clases expositivas presenciais nas que o profesor explicará os contidos teóricos do programa.
2- Clases interactivas nos que o alumnado realizará prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia (comentarios de obras de arte e planos de arquitectura e urbanismo, vistas aéreas, recreacións virtuais, comentarios de textos, crítica de exposicións, etc.).
3- Titoría personalizada.
1. AVALIACIÓN SOBRE OS CONTIDOS DAS CLASES EXPOSITIVAS (TEÓRICAS): exame que suporá o 60% da nota total (6 puntos). Para facer media/suma das diferentes partes será preciso que todas e cada unha delas sexan aprobadas. Quen non consga aprobar terá que presentarse ao exame da segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
2. AVALIACIÓN DAS CLASES INTERACTIVAS: Asistencia e participación nos debates, seminarios, prácticas propostas polos profesores e entregados por escrito dentro dos prazos fixados, e prácticas de campo. Esta parte supoñerá o 40% da nota total (4 puntos). Será obligatorio aprobar esta parte para poder facer media coa nota do exame. Quen non entregue as prácticas dentro dos prazos fixados terá que superar ditas prácticas mediante unhas preguntas no exame da segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Este sistema de avaliación será empregado tanto para a primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro) como para a segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
3. ALUMNOS CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba final telemática específica que suporá o 100% da cualificación.
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO: 50 h.
32 h. docencia expositiva, 16 h. docencia interactiva, 3 h. de titorías personalizadas
TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO: 100 h.
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 h.
- Lecturas recomendadas, actividades de búsqueda bibliográfica, redacción de comentarios, e similares: 32 h.
- Preparación de presentacions orais, debates e similares na aula: 16 h.
- Outras tarefas propostas polos profesores: 3 h.
Estudo do temario e participación das clases expositivas e interactivas.
Realización e exposición das prácticas requiridas co debido respaldo documental e bibliográfico.
Uso das titorías para resolver problemas e dúbidas relativas aos contidos da materia.
PLAN DE CONTINXENCIA
A metodoloxía da ensinanza adaptarase aos escenarios de docencia semipresencial e docencia non presencial, si fose necesario:
A) Plan de continxencia escenario de distanciamento con docencia semipresencial
B) Plan de continxencia escenario de peche coa docencia non presencial
Os CONTIDOS da materia serán iguales para tódolos escenarios.
A) PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIO DE DISTANCIAMENTO: docencia semipresencial
Metodoloxía:
Clases expositivas: a docencia será telemática e impartirase intentando combinar as modalidades sincrónica (para todolos alumnos ao mesmo tempo e en horario de clase -videoconferencia-) e asíncrona (entrega de materiais: powerpoint, pdf, etc.) en función do desenvolvemento da docencia.
Empregaranse os seguintes canles: correo electrónico institucional, aula virtual da USC e Teams, fundamentalmente
A docencia impartirase por métodos asíncronos –entrega de materiais en diversos formatos (vídeo, audio, powerpoint…) a través da aula virtual.
Clases interactivas: Impartiranse na aula, de modo presencial.
Sistema de avaliación:
1. AVALIACIÓN SOBRE OS CONTIDOS DAS CLASES EXPOSITIVAS (TEÓRICAS):
Proba final telemática e realizarase a través de aula virtual. Suporá o 60% da nota total (6 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 3 nesta proba final para poder sumar a nota das clases interactivas. Quen non consiga esta nota mínima de 3 terá que presentarse a proba telemática na segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
2. AVALIACIÓN DAS CLASES INTERACTIVAS:
Avaliación continua da participación nos debates, seminarios, prácticas e traballo propostos polos profesores e entregados por escrito dentro dos prazos fixados, e prácticas de campo. Esta parte suporá o 40% da nota total (4 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 2 nesta parte para poder facer media coa nota do exame.
Quen non consiga esta nota mínima de 2 terá que responder a unhas preguntas das devanditas prácticas nunha proba telemática na segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Este sistema de avaliación será empregado tanto para a convocatoria de maio como para a segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
3. ALUMNOS CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba final telemática específica que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
B) PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIO DE CIERRE: docencia non presencial
Metodoloxía:
Clases expositivas: a docencia será telemática e impartirase intentando combinar as modalidades sincrónica (para todolos alumnos ao mesmo tempo e en horario de clase -videoconferencia-) e asíncrona (entrega de materiais: powerpoint, pdf, etc.) en función do desenvolvemento da docencia.
Empregaranse os seguintes canles: correo electrónico institucional, aula virtual da USC e Teams, fundamentalmente
Clases interactivas: Impartiranse tamén a través da Aula Virtual y/o Teams
Sistema de avaliación:
1. AVALIACIÓN SOBRE OS CONTIDOS DAS CLASES EXPOSITIVAS (TEÓRICAS):
Proba final telemática e realizarase a través de aula virtual. Suporá o 60% da nota total (6 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 3 nesta proba final para poder sumar a nota das clases interactivas. Quen non consiga esta nota mínima de 3 terá que presentarse á proba telemática na segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
2. AVALIACIÓN DAS CLASES INTERACTIVAS:
Avaliación continua da participación nos debates, seminarios, prácticas e traballo propostos polos profesores e entregados por escrito dentro dos prazos fixados, e prácticas de campo. Esta parte suporá o 40% da nota total (4 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 2 nesta parte para poder facer media coa nota do exame.
Quen non consiga esta nota mínima de 2 terá que responder a unhas preguntas das devanditas prácticas nunha proba telemática na segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Este sistema de avaliación será empregado tanto para a convocatoria de maio como para a segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
3. ALUMNOS CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba final telemática específica que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Julio Vazquez Castro
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812714
- Correo electrónico
- julio.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
David Chao Castro
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812595
- Correo electrónico
- david.chao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Dolores Fraga Sampedro
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812598
- Correo electrónico
- mdolores.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Martes | |||
17:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Mércores | |||
15:15-17:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 07 |
Xoves | |||
15:15-17:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 07 |
13.01.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
02.07.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |